Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia

Size: px
Start display at page:

Download "Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia"

Transcription

1 Chioglossa, 3: A Coruña, 2011 Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia Martiño Cabana, Anxos Romeo & Adolfo Cordero Cabana, M., Romeo, A. & Cordero, A Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia. Chioglossa, 3: No presente artigo descríbense as primeiras observacións de Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758) en Galicia, que constitúen as citas máis occidentais da súa extensa área de distribución. Palabras clave: distribución, libélulas, odonatos, Sympetrum flaveolum. Con motivo da realización dunha serie de mostraxes para inventariar a fauna de anfibios presentes nos humidais galegos, visitamos un conxunto de charcas e lagoas situadas en diferentes zonas do occidente galego. Nestes inventarios puidemos detectar a presenza de Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758) en varias lagoas da montaña oriental de Galicia. Nunha primeira fase, realizáronse unha serie de mostraxes nos Ancares lucenses. Froito deste traballo puidéronse localizar numerosos exemplares de Sympetrum flaveolum no Pozo do Lago Maior, próximo á aldea de Hospital en Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Esta lagoa sitúase na cuadrícula UTM 29T PH5429 a unha altitude de 1330 msnm (Figura 1). Figura 1. Lagoa e hábitat circundante ó Pozo do Lago Maior no cal se observou a Sympetrum flaveolum. Pode observarse que está completamente seca. Fotografía de Anxos Romeo. [Pond and surrounding habitat at the Pozo do Lago Maior where we observed Sympetrum flaveolum. Note that it is completely dry. Photograph by Anxos Romeo.]

2 16 Chioglossa, 3 (2011) O día 14 de agosto do 2010 detectáronse nesta lagoa varias decenas de exemplares da especie en tándem e aparentemente realizando a posta en seco sobre o seu fondo. Nunha segunda visita, o día 18 do mesmo mes, atopáronse tres parellas en tándem e varios exemplares solitarios e mostrando unha menor actividade que na mostraxe anterior debido a que o día presentaba os ceos cubertos e unha maior humidade ambiental. En ambas mostraxes, a especie estaba acompañada por Lestes dryas Kirby, 1890 que presentaba unha grande abundancia. Segundo Ocharan e Torralba-Burrial (2004) ambas especies conviven habitualmente nas lagoas de alta montaña asturianas. Unha vez atopada esta primeira poboación, decidiuse facer unha prospección sistemática das lagoas da montaña lucense e ourensán. Prospectáronse a maioría das lagoas dos cordais montañosos do occidente galego: Ancares-Courel, Serra de Trevinca e Macizo Central. Na Táboa 1 indícanse as poboacións de Sympetrum flaveolum localizadas durante esta fase de traballo de campo. Sympetrum flaveolum é unha especie de libelúlido que se distribúe pola área paleártica. Na Península Ibérica está presente nas zonas de elevada altitude dos Pirineos, Sistema Ibérico, Sistema Central e Cordilleira Cantábrica (Dijkstra & Lewington, 2006; Ocharan et al., 2006). En Asturias esta especie atópase limitada ós medios acuáticos de alta montaña a cotas superiores a 1350 msnm. Ademais, é Figura 2. Parella de Sympetrum flaveolum observada no Pozo do Lago Maior, Pedrafita do Cebreiro, Lugo. Fotografía de Anxos Romeo. [Mating pair of Sympetrum flaveolum observed at Pozo do Lago Maior, Pedrafita Cebreiro, Lugo. Photograph by Anxos Romeo.]

3 Sympetrum flaveolum en Galicia 17 Figura 3. Mapa do noroeste ibérico e situación das cuadrículas UTM 10x10 km referenciadas no presente artigo. Imaxe de Martiño Cabana. [Map and location of the northwestern Iberian UTM 10x10 km grid squares referred in this article. Picture by Martiño Cabana.] o odonato que presenta a maior frecuencia de aparición corrixida a alturas comprendidas entre os 1350 e os 1500 msnm (Ocharan & Torralba-Burrial, 2004). A súa presenza en Galicia fora xa prognosticada por Cordero (1996), que indicaba que debía atoparse nas zonas orientais de Lugo e Ourense. Segundo Ocharan e colaboradores (2006) e Torralba-Burrial e colaboradores (en prensa), Sympetrum flaveolum é unha especie vulnerable a nivel ibérico debido a que presenta unha área de ocupación estimada menor a km 2 e presenta poboacións severamente fragmentadas, as cales sofren unha diminución continua da súa área de distribución e/ou perda da calidade do hábitat. Debido a isto, as presentes poboacións deberían ser incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Xunta de Galicia, 2007) e realizar un estudo detallado sobre o seu estado poboacional. Agradecementos Ó axente forestal Pío Antonio de la Peña e a Rafa Vázquez e Verónica Vázquez por acompañarnos na primeira mostraxe realizada. A Pablo Carballo e Mª Dolores Pardo, por cedernos o dato da súa observación independente e simultánea de Seoane (A Veiga) arriba indicada, dentro das prospeccións que realiza a sección entomolóxica do Grupo Naturalista Hábitat.

4 18 Chioglossa, 3 (2011) Abstract First records of Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) in Galicia Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758), new for the fauna of Galicia (NW Spain). The species was found in mountain ponds, between 1300 and 1500 masl, in localities of Lugo and Ourense provinces. Key words: Distribution, dragonflies, odonata, Sympetrum flaveolum. Bibliografía Cordero, A A preliminary checklist of the Odonata of Galicia. Advances in Odonatology, Suppl. 1: Dijkstra, K-D. B. & Lewington, R Field guide to the dragonflies of Britain and Europe. British. Wildlife Publishing, 320 pp. Ocharan, F. J. & Torralba-Burrial, A La relación entre los odonatos y la altitud: el caso de Asturias (Norte de España) y la Península Ibérica (Odonata). Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa, 35: Ocharan, F. J., Ferreras Romero, M., Ocharan, R. & Cordero Rivera, A Sympetrum flaveolum. In: Verdú, J. R. & Galante, E. (eds). Libro Rojo de los invertebrados de España. Dirección General para la Biodiversidad, Ministerio de Medio Ambiente, Madrid, Torralba-Burrial, A., Ocharan Larrondo, F. J., Outomuro Priede, D., Azpilicueta Amorín, M. & Cordero Rivera, A. (en prensa). Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758). In: Verdú, J.R., Numa, C. & Galante, E. (eds). Atlas y Lista roja de los invertebrados amenazados de España (Especies Vulnerables). Dirección General de Medio Natural y Politica Forestal, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Madrid. Xunta de Galicia Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Diario Oficial de Galicia, 89: Martiño Cabana Otero Dpto. de Bioloxía Animal, Vexetal e Ecoloxía Facultade de Ciencias. Universidade da Coruña Campus da Zapateira, s/n A Coruña mcohyla@yahoo.es Anxos Romeo Barreiro Asociación Saramaganta. Tellado, 8. Romeán Lugo Adolfo Cordero Rivera Grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación Universidade de Vigo, EUE Forestal Campus Universitario Pontevedra

5 Táboa 1. Observacións realizadas de Sympetrum flaveolum no occidente galego. [Observations of Sympetrum flaveolum in western Galicia.] Data / Date Humidal / Wetland UTM 1x1 km (29T) 21/08/2010 As Lagoas PG 7070 e 7071 Altitude (m) Sistema montañoso / Mountain range Localidade / Locality Observacións / Observations 1505 Serra Calva Porto de Sanabria (Zamora) Numerosos machos e varios tandems. A 380 metros da fronteira con Galicia. 29/08/2010 A Pena Aguda PG Serra Calva Seoane, A Veiga 3 machos nunha pequena xunqueira seca. 29/08/2010 Veiga do Couto PG Serra Calva Valdín, A Veiga 25 machos e 5 femias de S. flaveolum. 29/08/2010 Mallada dos Baños PG Serra Calva Valdín, A Veiga Numerosos S. flaveolum. 10 machos e tandems de S. sanguineum. 30/08/2010 Lagoa do Lombo (norte) PG Serra Calva Pradorramisquedo, Viana do Bolo 30/08/2010 Lagoa do Lombo (sur) PG Serra Calva Pradorramisquedo, Viana do Bolo 30/08/2010 Encoro da Lagoa de Lama da Grúa PG Serra Calva Pradorramisquedo, Viana do Bolo 03/09/2010 Pozo do Lago Maior PH Ancares-Caurel Hospital, Pedrafita do Cebreiro (Lugo) 10/09/2010 Lagoa A Tapada Grande PG Macizo Central Chaguazoso, Vilariño de Conso 10/09/2010 Turbeira augas abaixo do encoro de Cenza PG Macizo Central Chaguazoso, Vilariño de Conso 10/09/2010 Lagoa da Corga Longa PG Macizo Central Chaguazoso, Vilariño de Conso 13/09/2010 Lagoa Herbosa PG Serra Calva Pradorramisquedo, Viana do Bolo 19/09/2010 Lagoa do Lombo (norte) PG Serra Calva Pradorramisquedo, Viana do Bolo 19/09/2010 Lagoa do Lombo (sur) PG Serra Calva Pradorramisquedo, Viana do Bolo Numerosos tandems S. flaveolum. Varios machos de S. sanguineum. 6 tandems e +50 ex. 2 femias S. sanguineum. Varios machos ex. 1 ex. con varios ex. de S. sanguineum. 1 macho. Numerosos S. striolatum. 1 macho. 1 ex. Numerosos S. sanguineum. 1 femia en tandems heteroespecífico con macho de S. sanguineum. S. flaveolum máis abundante que S. sanguineum. Observados bastantes S. flaveolum. Máis abundante que S. sanguineum. Sympetrum flaveolum en Galicia 19

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela Cobertura do do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela ALUMNADO: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA - 4º ESO AB ( 2012-2013). PROFESOR: Leopoldo Bahillo Varela. Departamento: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA do IES de Sar

More information

O relevo e as costas de Galicia

O relevo e as costas de Galicia O relevo e as costas de Galicia As montañas de Galicia, forman o Macizo Galaico. Vanse facendo máis altas a medida que avanzamos cara o leste e cara o sur do país. O pico máis alto é o de Pena Trevinca,

More information

Zygonyx torridus (Kirby 1889) in Almeria Province

Zygonyx torridus (Kirby 1889) in Almeria Province Zygonyx torridus (Kirby 1889) in Almeria Province David Chelmick, FRES, Macromia Scientific, UK Contact: david.chelmick@gmail.com SUMMARY In 2016, Zygonyx torridus was recorded for the first time in the

More information

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA O CASO DE CACHEIRAS RECESENDE 1 GALICIA 29.575 km2 con 93 hab/km2 Xente ocupada en actividades agrarias 7,3 % Tamaño medio de explotación: 10 ha MVMC: 22,4% Propietarios/habitante:

More information

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA Único servizo de documentación especializado en medio ambiente e aberto a todos os públicos

More information

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010 Pacto Territorial de Emprego do Salnés Xaneiro 21 INFORME MENSUAL DO PARO REXISTRADO 3 Evolución interanual...... 3 Taxas de crecemento interanuais... 5 Poboación parada segundo sexo e idade... 7 Evolución

More information

Mapa de accidentalidade

Mapa de accidentalidade Mapa de accidentalidade Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 Período 2009-2013 MAPA DE ACCIDENTALIDADE 2009-2013 Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 XUNTA DE GALICIA

More information

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO O CORPO HUMANO E O MOVEMENTO O APARELLO LOCOMOTOR ÓSOS ARTICULACIÓNS ESQUELETO SEGMENTOS CORPORAIS MÚSCULOS O APARELLO LOCOMOTOR PEZAS DURAS E ESTÁTICAS, FORMADAS POR TECIDO VIVO. 208 ÓSOS NUN ESQUELETO

More information

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010 Pacto Territorial de Emprego do Salnés Febreiro 21 INFORME MENSUAL DO PARO REXISTRADO 3 Evolución interanual...... 3 Taxas de crecemento interanuais... 5 Poboación parada segundo sexo e idade... 7 Evolución

More information

Informe mensual do paro rexistrado

Informe mensual do paro rexistrado Pacto Territorial de Emprego do Salnés INFORME MENSUAL DO PARO REXISTRADO 3 Evolución interanual...... 3 Taxas de crecemento interanuais... 5 Poboación parada segundo sexo e idade... 7 Evolución segundo

More information

ARQUIVOS ENTOMOLÓXICOS, 2: 25-30

ARQUIVOS ENTOMOLÓXICOS, 2: 25-30 ISSN: 1989-6581 Diéguez Fernández et al. (2009) www.aegaweb.com/arquivos_entomoloxicos ARQUIVOS ENTOMOLÓXICOS, 2: 25-30 ARTIGO / ARTÍCULO / ARTICLE Contribución al conocimiento de los Cantharidae (Coleoptera)

More information

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia Converter Galicia nun destino para gozar en familia Clúster Turismo de Galicia Maior difusión do teu negocio + Distintivo de calidade + Máis visibilidade do sector + Promoción específica + Queres formar

More information

Passport Nature Park Network

Passport Nature Park Network Passport Nature Park Network These six natural spaces demand preservation because of their high scenic, ecological, scientific and educational value. All you can imagine: lagoons, crystal-clear rivers,

More information

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR Datas de celebración: 25 e 28 de xuño Dirección: María Lidia Platas Secretaría: Maricarmen

More information

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006. dun concello. Así mesmo, cómpre sinalar a obriga legal das persoas estranxeiras que non sexan residentes de longa duración a confirmar a súa inscrición no Padrón cada dous anos, o que pode supoñer un descenso

More information

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro AXENDA INSTITUCIONAL DE ALTOS CARGOS DA XUNTA DE GALICIA PARA O MÉRCORES 11 DE ABRIL DE 2018 PRESIDENCIA 10,00 h.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, responderá ás preguntas dos grupos

More information

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA 2008 O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA FICHA TÉCNICA Universo: 710 empresas do Directorio de Empresas da Fundación para o Fomento

More information

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.- ANEXO I: FINCA, INSTALACIÓNS E S QUE SE VAN A POÑER A DISPOSICIÓN DA CONCESIONARIA DO CENTRO DE RECRÍA GAYOSO-CASTRO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. 1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

More information

Anales De La Sociedad Científica Argentina, Volume 9 (Spanish Edition) By Sociedad Científica Argentina READ ONLINE

Anales De La Sociedad Científica Argentina, Volume 9 (Spanish Edition) By Sociedad Científica Argentina READ ONLINE Anales De La Sociedad Científica Argentina, Volume 9 (Spanish Edition) By Sociedad Científica Argentina READ ONLINE If looking for a book Anales De La Sociedad Científica Argentina, Volume 9 (Spanish Edition)

More information

PARADOR DE BENAVENTE

PARADOR DE BENAVENTE PARADOR DE BENAVENTE Parador de Benavente Surroundings Situated at one of the most important confluences of communications routes in Spain; its enviable location in the northwestern part of the peninsula

More information

Logistic information for CeDInt visitors: How to get to CeDInt.

Logistic information for CeDInt visitors: How to get to CeDInt. Logistic information for CeDInt visitors: How to get to CeDInt. CeDInt is located in Campus de Montegancedo, 14 Km from the center of Madrid, in a specially protected natural environment. If you drive

More information

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Revista Galega de Economía Vol (2018) O AEDL COMO INSTRUMENTO DO DESENVOLVEMENTO LOCAL EN GALICIA. ANÁLISE DO SEU PERFIL. Marta CAMINO SANTOS Departamento de Organización de Empresas e Comercialización Universidade de Santiago de Compostela,

More information

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña) TÚMULOS PREHISTÓRICOS NO CONCELLO DE VILARMAIOR (A CORUÑA) Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña) GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS * Sumario Co traballo do concello de Vilarmaior

More information

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC A Coruña, 13 de maio 2015 Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC Facultade de Ciencias da Saúde INEF-G Fisioloxía do Sistema Visual Investigación Básica

More information

SINALÉCTICA CONCELLOS

SINALÉCTICA CONCELLOS SINALÉCTICA S A IMAXE TIPOGRAFÍAS CORPORATIVAS DIN Bold DIN Regular abab01 abab01 CORES CORPORATIVAS PANTONE 7420 C CMYK: 13/100/54/30 RGB: 155/34/66 RAL 3027 PANTONE COOL GRAY 9 C CMYK: 30/22/17/57 RGB:

More information

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación 84th Ave Legend/Claves Allen Ditch This graphic shows the various wildlife and vegetation in the project area in relation to the alternatives that are being considered.

More information

Conservación. Unexpected low population levels of Podarcis carbonelli in southern Salamanca (Spain)

Conservación. Unexpected low population levels of Podarcis carbonelli in southern Salamanca (Spain) Conservación Unexpected low population levels of Podarcis carbonelli in southern Salamanca (Spain) Neftalí Sillero, Elena Argaña, Cátia Matos, Edna Correia, Camilo Carneiro & Verónica Gomes Centro de Investigação

More information

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes A Estrada, moito máis que Cultura e patrimonio, ocio, gastronomía, pesca, sendeirismo e BTT... Toda a información en www.turismo.aestrada.com A Estrada, mucho más que Cultura y patrimonio, ocio, gastronomía,

More information

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain Retos, nº 15, vol. VIII, 2018 Revista de Ciencias de la Administración y Economía www.retos.ups.edu.ec Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain Planificación turística,

More information

SPAIN'S COASTLINE LAND COVER CHANGES 7VCT VIRTUAL CITIES AND TERRITORIES

SPAIN'S COASTLINE LAND COVER CHANGES 7VCT VIRTUAL CITIES AND TERRITORIES 7VCT SPAIN'S COASTLINE LAND COVER CHANGES VIRTUAL CITIES AND TERRITORIES LISBON October 11TH to 13TH 2011 Introduction PhD THESIS El Urban Sprawl en la Costa Española: El Impacto de las Viviendas de Segunda

More information

Juan L. Martínez Colón

Juan L. Martínez Colón UNIVERSIDAD DE PUERTO RICO RECINTO DE RÍO PIEDRAS SENADO ACADÉMICO Comité de Búsqueda y Consulta del Senado Académico para la Designación del Rector o Rectora del Recinto de Río Piedras DOCUMENTOS SOMETIDOS

More information

INFORME DE RESULTADOS do Estudo Integral Preliminar sobre as limitacións antropoxénicas á produción marisqueira na Ría de Arousa.

INFORME DE RESULTADOS do Estudo Integral Preliminar sobre as limitacións antropoxénicas á produción marisqueira na Ría de Arousa. INFORME DE RESULTADOS do Estudo Integral Preliminar sobre as limitacións antropoxénicas á produción marisqueira na Ría de Arousa. Miniproxecto 3: Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro

More information

FIRST RECORD OF THE PRESENCE OF MANGROVE BORER SPHAEROMA PERUVIANUM RICHARDSON (ISOPODA: SPHAEROMATIDAE) IN THE GULF OF MONTIJO, PANAMA

FIRST RECORD OF THE PRESENCE OF MANGROVE BORER SPHAEROMA PERUVIANUM RICHARDSON (ISOPODA: SPHAEROMATIDAE) IN THE GULF OF MONTIJO, PANAMA FIRST RECORD OF THE PRESENCE OF MANGROVE BORER SPHAEROMA PERUVIANUM RICHARDSON (ISOPODA: SPHAEROMATIDAE) IN THE GULF OF MONTIJO, PANAMA Carlos E. Seixas G. Centro Regional de Veraguas, Universidad de Panamá.

More information

MICHAHELLIS) SOBRE A VEXETACIÓN E O CONTIDO DE NUTRIEN INFLUENZA DA COLONIA DE GAIVOTA PATIAMARELA (LARUS

MICHAHELLIS) SOBRE A VEXETACIÓN E O CONTIDO DE NUTRIEN INFLUENZA DA COLONIA DE GAIVOTA PATIAMARELA (LARUS Chlogloss". 2: 21-26. A Coruña. 2004 INFLUENZA DA COLONIA DE GAIVOTA PATIAMARELA (LARUS MICHAHELLIS) BRE A VEXETACIÓN E O CONTIDO DE NUTRIEN TES NOS LOS DOS ACANTILADOS DAS ILLAS CÍES (SW GALI CIA): DATOS

More information

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN FIDEL MARTÍNEZ ROGET* / JOSÉ CARLOS DE MIGUEL DOMÍNGUEZ** 1 *Departamento de Economía Aplicada Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

More information

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081 ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081 1.- PRESENTACIÓN. O Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2017, aprobado polo Decreto

More information

BOARD OF DIRECTORS PRESIDENT Victor Vazquez vazquez_v@bellsouth.net VICE PRESIDENT Ego Gonzalez egogonza@gmail.com SECRETARY Madeline Vazquez vmadeline38@yahoo.com TREASURER Ziggy Zapata zapmex@hotmail.com

More information

Revista Chilena de Entomología (2018) 44 (4): ZooBank: urn:lsid:zoobank.org:pub:cf46a520-79c4-46ff-bace-b348df7807ef

Revista Chilena de Entomología (2018) 44 (4): ZooBank: urn:lsid:zoobank.org:pub:cf46a520-79c4-46ff-bace-b348df7807ef www.biotaxa.org/rce Revista Chilena de Entomología (2018) 44 (4): 410-415. Research Article First occurrence of Leptoglossus crassicornis (Dallas) (Heteroptera: Coreidae) in Chile, with a key to the species

More information

J.M.Alveirinho Dias * R. Gonzalez * Ó. Ferreira * * Universidade do Algarve Faculdade de Ciências do Mar e do Ambiente

J.M.Alveirinho Dias * R. Gonzalez * Ó. Ferreira * * Universidade do Algarve Faculdade de Ciências do Mar e do Ambiente J.M.Alveirinho Dias * R. Gonzalez * Ó. Ferreira * * Universidade do Algarve Faculdade de Ciências do Mar e do Ambiente 4ª bacia hidrográfica (em área) da Península Ibérica Area: 66 960 km 2 Comprimento:

More information

Grado en Bioloxía. Memoria do Traballo de Fin de Grao

Grado en Bioloxía. Memoria do Traballo de Fin de Grao Grado en Bioloxía Memoria do Traballo de Fin de Grao Estudo da Bioloxía reproductiva de Dactylorhiza cantabrica (Orchidaceae), endemismo das montañas galegas Estudio de la Biología reproductiva de Dactylorhiza

More information

Laboratorio do Territorio

Laboratorio do Territorio Laboratorio do Territorio Grupo de Investigación Territorio- Terreo-Biodiversidade 1934 Dept. Enx. Agroforestal http://laborate.usc.es E-mail: laborate@usc.es LaboraTe. Quienes somos? Universidad Santiago

More information

Park Profile Venezuela. Morros de Macaira Natural Monument

Park Profile Venezuela. Morros de Macaira Natural Monument Park Profile Venezuela Date of last onsite field visit: July 2004 Publication date: December 2004 Location: Guárico State Year created: 1978 Area: 99 hectares Ecoregion: Montane forests of the Cordillera

More information

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA INNOVACIÓN EDUCATIVA, n.º 25, 2015: pp. 111-122 111 OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA THE LAST YEARS

More information

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de: A Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través do seu Portavoz e por iniciativa do deputado Jaime Castiñeira Broz, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes do Regulamento

More information

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019 LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019 Denominación do centro: CPR Plurilingüe Ntr. Sra. de la Asunción Enderezo: Rúa da ASUNCIÓN Concello:

More information

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS JAIME LÓPEZ GOLPE / ADELA REIG BOTELLA Universidade da Coruña RECIBIDO: 26 de marzo de 2012 / ACEPTADO: 31 de xullo de 2012 Resumo: Este traballo trata sobre o sistema público

More information

ECONOMÍA APLICADA 13

ECONOMÍA APLICADA 13 ECONOMÍA APLICADA 13 GRUPO DE ESTUDIO DA PROPIEDADE COMUNAL (GEPC) Equipo de Investigación: Xesús L. Balboa López, Begoña Besteiro Rodríguez, Xaquín Fernández Leiceaga, Lourenzo Fernández Prieto, Manuel

More information

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA EDICIÓN Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia XXVII edición (2-24 xullo 2014) Niveis: Iniciación,

More information

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios. Curso de Formación Continua: El Radón. Exposición de riesgo para la salud Soluciones para su reducción El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de

More information

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela British Spanish Law Association Asociación Anglo-Española de Abogados www.bsla.org.uk IV BSLA CONFERENCE IN SPAIN Santiago de Compostela 18th -21st June 2009 Santiago de Compostela is the capital of Galicia

More information

La gestione della Rete Natura 2000 in Aragona

La gestione della Rete Natura 2000 in Aragona CONVEGNO INTERNAZIONALE La gestione di Rete Natura 2000: esperienze e confronto 20-21 novembre 2008 Genova, Italia La gestione della Rete Natura 2000 in Aragona Jesús A. Insausti International Centre for

More information

CURRICULUM VITAE CURRENT POSITION EDUCATION & QUALIFICATIONS RESEARCH PROJECTS AND GROUPS CARLOS GUILLERMO BENAVIDES-CHICÓN

CURRICULUM VITAE CURRENT POSITION EDUCATION & QUALIFICATIONS RESEARCH PROJECTS AND GROUPS CARLOS GUILLERMO BENAVIDES-CHICÓN CURRICULUM VITAE CARLOS GUILLERMO BENAVIDES-CHICÓN University address: Dpto. de Economía Aplicada (Estructura Económica) Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales Universidad de Málaga Calle Ejido,

More information

XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA A CORUÑA. Memoria anual 2004

XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA A CORUÑA. Memoria anual 2004 XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA A CORUÑA Memoria anual 2004 XUNTA DE GALICIA Xerencia de Atención Primaria A CORUÑA Memoria anual 2004 Ficha técnica SERVIZO GALEGO DE SAÚDE Xerencia de Atención Primaria

More information

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO O 22 DE DECEMBRO DE 2005, BAIXO A PRESIDENCIA DO EXCMO. SR. D. EMILIO PÉREZ TOURIÑO DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS

More information

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia as mulleres na sociedade da información CADERNOS UNIDADE MULLER E CIENCIA Nº 004 2 Edita: Xunta de Galicia Axencia para a Modernización

More information

Achega persoal sobre a degradación do sistema biolóxico galego no século XX Bioloxía fluvial

Achega persoal sobre a degradación do sistema biolóxico galego no século XX Bioloxía fluvial O Antropoceno e a "Gran Aceleración". Unha ollada dende Galicia. Achega persoal sobre a degradación do sistema biolóxico galego no século XX Bioloxía fluvial Prof. Dr. Fernando Cobo Gradín ESTACIÓN DE

More information

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros Asociación cultural Colectivo A Rula RESUMO Nova sobre o descubrimento no lugar das Pedragueiras, no concello coruñés de Muros, dun conxunto de gravados

More information

PARADOR CASTILLO DE MONTERREI

PARADOR CASTILLO DE MONTERREI PARADOR CASTILLO DE MONTERREI Parador Castillo de Monterrei Surroundings The guest rooms of this enchanting hotel offer the best view in the area. The Parador's architectural layout makes it possible for

More information

Miguel Hidalgo, Cuernavaca, Morelos, México. C.P

Miguel Hidalgo, Cuernavaca, Morelos, México. C.P Reintroduction of the Morelos minnow (Notropis boucardi) in the "Barranca de Chapultepec" protected area, Cuernavaca, Morelos, Mexico. Topiltzin Contreras-MacBeath 1,2, Humberto Mejia Mojica 1, Manuel

More information

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA) CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA) O Celga é un sistema de certificación da lingua galega adaptado ó Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL). O Celga ten 5 niveis, do 1 ó 5, por orde

More information

Novas estacións rupestres na parroquia de S ta Mª de Ois (Coirós, A Coruña)

Novas estacións rupestres na parroquia de S ta Mª de Ois (Coirós, A Coruña) NOVAS ESTACIÓNS RUPESTRES NA PARROQUIA DE S TA Mª DE OIS (COIRÓS, A CORUÑA) Novas estacións rupestres na parroquia de S ta Mª de Ois (Coirós, A Coruña) GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS* Sumario

More information

Contribución á carta arqueolóxica da Península do Barbanza: dezasete petroglifos e unha mámoa -inéditosdo Concello de Porto do Son (A Coruña)

Contribución á carta arqueolóxica da Península do Barbanza: dezasete petroglifos e unha mámoa -inéditosdo Concello de Porto do Son (A Coruña) ... DEZASETE PETROGLIFOS E UNHA MÁMOA -INÉDITOS- DO CONCELLO DE PORTO DO SON... Contribución á carta arqueolóxica da Península do Barbanza: dezasete petroglifos e unha mámoa -inéditosdo Concello de Porto

More information

Ben Trott Expert of the Sphingidae Gallery on BiodiversidadVirtual.org Essex (United Kingdom),

Ben Trott Expert of the Sphingidae Gallery on BiodiversidadVirtual.org Essex (United Kingdom), First identified wild shot photographs of Erinnyis yucatana (Druce, 1888) (Lepidoptera: Sphingidae: Macroglossinae: Dilophonotini) on the Internet Primeras fotografías de campo identificadas en la red

More information

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016 CONVENIO MARCO DE ACTUACIÓNS MUSICAIS A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA para o ano 2016 Co obxecto de contribuír á promocicón da música

More information

II AEBR Forum R & D and Innovation in Cross-Border Areas (Vigo, 5 th April, 2011)

II AEBR Forum R & D and Innovation in Cross-Border Areas (Vigo, 5 th April, 2011) II AEBR Forum R & D and Innovation in Cross-Border Areas (Vigo, 5 th April, 2011) We are territories joined together by common interests, by complementary objectives and a similar social and economic situation,

More information

Re-introduction of the Morelos minnow in the "Barranca de Chapultepec" protected area, Cuernavaca, Morelos, Mexico

Re-introduction of the Morelos minnow in the Barranca de Chapultepec protected area, Cuernavaca, Morelos, Mexico Re-introduction of the Morelos minnow in the "Barranca de Chapultepec" protected area, Cuernavaca, Morelos, Mexico Topiltzin Contreras-MacBeath 1,2, Humberto Mejia Mojica 2, Manuel Rivas González 2 & Ignacio

More information

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014) REGULAMENTO INTERNO DE XESTIÓN DE ESPAZOS DE USO ADMINISTRATIVO, DOCENTE E DE INVESTIGACIÓN DA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO de COMPOSTELA (Aprobado en Xunta de

More information

EXÓTICAS BAIXO MIÑO. Noé Ferreira Rodríguez

EXÓTICAS BAIXO MIÑO. Noé Ferreira Rodríguez EXÓTICAS BAIXO MIÑO Noé Ferreira Rodríguez 1 ESPECIES EXÓTICAS NO BAIXO MIÑO 2 Asociación Naturalista Baixo Miño Rúa Calvario 44 Baixo 36780 A Guarda Pontevedra Tel.: +34 986 611 799 www.anabam.org Textos,

More information

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2015

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2015 INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2015 ÍNDICE 1 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES... 3 2 ANOMALÍAS DE PRESIÓN EN SUPERFICIE E ALTURA... 4 3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.... 6 4

More information

Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña)

Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña) TÚMULOS PREHISTÓRICOS DOS CONCELLOS DE NEDA, FENE, MUGARDOS E ARES (A CORUÑA) Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña) GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS *

More information

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Lugo) Manuel Antonio Rodríguez Guitián e Antonio Rigueiro Rodríguez (Coords.) Recursos Rurais - Serie Cursos número 7

More information

Newly discovered breeding sites of Olrog's Gull Larus atlanticus in Argentina

Newly discovered breeding sites of Olrog's Gull Larus atlanticus in Argentina Bird Conservation International (1997) 7:161-165. BirdLife International 1997 Newly discovered breeding sites of Olrog's Gull Larus atlanticus in Argentina PABLO YORIO, GABRIEL PUNTA, DANIEL RABANO FABIAN

More information

MEMORIA DE ACTIVIDADES

MEMORIA DE ACTIVIDADES MEMORIA DE ACTIVIDADES 2017 MEMORIA ACTIVIDADES// 2017 O presente documento recolle a memoria de actividades desenvolvidas durante o ano 2017 pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR,

More information

THE CENTRE FOR INTERPRETATION AS AN INSTRUMENT FOR HERITAGE AND DEVELOPMENT

THE CENTRE FOR INTERPRETATION AS AN INSTRUMENT FOR HERITAGE AND DEVELOPMENT 347 THE CENTRE FOR INTERPRETATION AS AN INSTRUMENT FOR HERITAGE AND DEVELOPMENT Gaspar Muñoz Cosme 1, Cristina Vidal Lorenzo 2 and Ricardo Perelló Roso 1 Instituto Universitario de Restauración del Patrimonio

More information

Highlights of Northern Spain Group Bus Tour from Barcelona

Highlights of Northern Spain Group Bus Tour from Barcelona tours@eatourspecialist.com +34 678 942 319 Highlights of Northern Spain Group Bus Tour from Barcelona 0 User Reviews 8 Days / 7 Nights Barcelona On Request Best Rate.00 Coach Tour from Barcelona to Green

More information

Surname SOCIAL SCIENCE UNIT 1. SPAIN: PHYSICAL ORGANIZATION RELIEF & RIVERS. Exam Date:

Surname SOCIAL SCIENCE UNIT 1. SPAIN: PHYSICAL ORGANIZATION RELIEF & RIVERS. Exam Date: Name Nº Surname SOCIAL SCIENCE UNIT 1. SPAIN: PHYSICAL ORGANIZATION RELIEF & RIVERS Exam Date: UNIT 1. SPAIN: PHYSICAL ORGANIZATION AND RELIEF In this unit we are going to learn about: 1. Spain s localization

More information

FUTURE HIGH CAPACITY TRANSIT CORRIDORS FUTUROS CORREDORES DE TRANSPORTE DE ALTA CAPACIDAD

FUTURE HIGH CAPACITY TRANSIT CORRIDORS FUTUROS CORREDORES DE TRANSPORTE DE ALTA CAPACIDAD FUTURE HIGH CAPACITY TRANSIT CORRIDORS FUTUROS CORREDORES DE TRANSPORTE DE ALTA CAPACIDAD LEGEND/LEYENDA Bell Rd Thunderbird Rd Peoria Ave Northern Ave Bethany Home Rd Indian School Rd McDowell Rd Buckeye

More information

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL FRONTE Á AVESPA ASIÁTICA (VESPA VELUTINA) 2016

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL FRONTE Á AVESPA ASIÁTICA (VESPA VELUTINA) 2016 PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL FRONTE Á AVESPA ASIÁTICA (VESPA VELUTINA) 2016 Xullo 2016 ÍNDICE Páx. 1. INTRODUCIÓN... 2 2. DEFINICIÓN DA ESPECIE... 3 2.1.- DESCRIPCIÓN... 3 2.2.- BIOLOXÍA... 4 2.3.-

More information

Comprising more than 1,200 hectares, the fields and meadows around the Country House in Córdoba are used in a harmonious and diverse way.

Comprising more than 1,200 hectares, the fields and meadows around the Country House in Córdoba are used in a harmonious and diverse way. Comprising more than 1,200 hectares, the fields and meadows around the Country House in Córdoba are used in a harmonious and diverse way. In addition to raising organic livestock and grassland, various

More information

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN E ANTECEDENTES 2. CARACTERIZACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL 2.1 REDE VIARIA E CIRCUNSTANCIAS

More information

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas INNOVACIÓN EDUCATIVA, n.º 20, 2010: pp. 273-285 273 A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas a partir da LOE (2006) Antonio Rial Sánchez Laura Rego

More information

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL CAMPILLO, Ana GONZALO, Martínez BAS, Leticia Universidade de Vigo mendez@uvigo.es Resumo A progresiva conformación

More information

1. O RELEVO ESPAÑOL DIVERSIDADE XEOMORFOLÓXICA

1. O RELEVO ESPAÑOL DIVERSIDADE XEOMORFOLÓXICA 1. O RELEVO ESPAÑOL DIVERSIDADE XEOMORFOLÓXICA O relevo español e a súa diversidade xeomorfolóxica DEFINICIÓNS Aluvión / Foz / Litosfera / Meseta / Penechaira / Somonte / Tectónica de placas / Esteiro

More information

Costas de Galicia route: A Corunya and surroundings

Costas de Galicia route: A Corunya and surroundings Costas de Galicia route: A Corunya and surroundings Day 1 El Ferrol The city of El Ferrol is located in the coastal region Costas de Galicia of Spain. Stands out for its several entertainment places, and

More information

A PICTURE IS WORTH A THOUSAND WORDS

A PICTURE IS WORTH A THOUSAND WORDS Cultural Activities IFPB A PICTURE IS WORTH A THOUSAND WORDS IFPB in Canada A primeira foto foi tirada no primeiro dia em que cheguei em Toronto com Edna na minha homestay. Ela morava sozinha na casa,

More information

Coleccion De Historiadores De Chile Y Documentos Relativos A La Historia Nacional, Issue (Spanish Edition) By Anonymous READ ONLINE

Coleccion De Historiadores De Chile Y Documentos Relativos A La Historia Nacional, Issue (Spanish Edition) By Anonymous READ ONLINE Coleccion De Historiadores De Chile Y Documentos Relativos A La Historia Nacional, Issue 24... (Spanish Edition) By Anonymous READ ONLINE If you are looking for the ebook Coleccion De Historiadores De

More information

Intermodal passenger transport in Spanish high-speed rail stations. Jaro, Lorenzo. Folgueira, César. ADIF Alta VelocidadI 1

Intermodal passenger transport in Spanish high-speed rail stations. Jaro, Lorenzo. Folgueira, César. ADIF Alta VelocidadI 1 25 número 6 - junio - 2018. Pág 25-35 Jaro, Lorenzo Folgueira, César ADIF Alta VelocidadI 1 Abstract This paper analyses the intermodality of different high-speed rail stations, establishing the mode of

More information

A DEMANDA DE CRÉDITO HIPOTECARIO EN ESPAÑA: ESPECIAL REFERENCIA Á SITUACIÓN GALEGA

A DEMANDA DE CRÉDITO HIPOTECARIO EN ESPAÑA: ESPECIAL REFERENCIA Á SITUACIÓN GALEGA A DEMANDA DE CRÉDITO HIPOTECARIO EN ESPAÑA: ESPECIAL REFERENCIA Á SITUACIÓN GALEGA JOSÉ ANTONIO REDONDO LÓPEZ / MARÍA CELIA LÓPEZ PENABAD Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de

More information

IRD, UMR GET, 14 avenue Edouard Belin, Toulouse, France 2

IRD, UMR GET, 14 avenue Edouard Belin, Toulouse, France 2 Mercury bioaccumulation in high altitude lake ecosystems of the Bolivian Altiplano region (Lake Titicaca endoreic basin) David Point 1 and Carlos. I. Molina 2 1 IRD, UMR GET, 14 avenue Edouard Belin, 31400

More information

Technical and Financial Project Proposal Template 1

Technical and Financial Project Proposal Template 1 Technical and Financial Project Proposal Template 1 Name of the Organization: Grupo Ecologista Antares, A.C Type of Organization: Asociación no lucrativa Brief Description of the Organization: GEA nació

More information

The Digital Transformation of Managing Aviation Data A Commercial Data Supplier View

The Digital Transformation of Managing Aviation Data A Commercial Data Supplier View ICAO - Seminar on SWIM and XML Messages The Digital Transformation of Managing Aviation Data A Commercial Data Supplier View Tyler Schroeder Source Liaison, Jeppesen November 3, 2017 Lima, Peru Jeppesen

More information

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN Catálogo de Investigadores e Grupos de Investigación INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN (Última actualización 03/04/2013) Código: GI-1469 Departamento: Métodos de Investigación e Diagnóstico

More information

00. PRESENTATION GENERAL INFORMATION OFFICIAL SPONSORSHIP OPTIONS... 5 COMMERCIAL AREA... 5

00. PRESENTATION GENERAL INFORMATION OFFICIAL SPONSORSHIP OPTIONS... 5 COMMERCIAL AREA... 5 INDEX 00. PRESENTATION... 3 01. GENERAL INFORMATION... 4 02. OFFICIAL SPONSORSHIP OPTIONS... 5 COMMERCIAL AREA... 5 03. OFFICIAL SPONSORSHIP OPTIONS II... 6 0.4 SPONSORSHIP FORM... 7 2 0.0 PRESENTATION

More information

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO. ANUNCIO. CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO AO OBXECTO DE CUBRIR UN (1) EMPREGO DE OPERARIO-CONDUTOR CATEGORIA OFICIAL DE PRIMEIRA PARA O MANEXO DE TRACTOR DESBROZADOR DENTRO DO

More information

THE IMPORTANCE OF THE RURAL TELEPHONE LINE SATELLITE IN MEXICO

THE IMPORTANCE OF THE RURAL TELEPHONE LINE SATELLITE IN MEXICO THE IMPORTANCE OF THE RURAL TELEPHONE LINE SATELLITE IN MEXICO Cirilo Gabino León Vega, Oscar Dolores Vázquez, Ramón Marín Solís Correo electrónico: cleonv@ipn.mx,oscarvazq@hotmail.com, rmarins@gmail.com

More information

LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO

LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO Lengua Castellana 1º doble pauta 1ºs Pasos Mochila Ligera, Saber Hacer Santillana 978-84-680-1857-7 1º DE PRIMARIA Libro de lectura 1º (Castellano) 12 Colores SM-SABIA 978-84-675-7144-8 Lingua Galega 1º.

More information

LIFE +RED QUEBRANTAHUESOS PROJECT Conservation of bearded vulture as a resource for maintenance of ecosystem services AFTERLIFE COMMUNICATION PLAN

LIFE +RED QUEBRANTAHUESOS PROJECT Conservation of bearded vulture as a resource for maintenance of ecosystem services AFTERLIFE COMMUNICATION PLAN LIFE + Red Quebrantahuesos () is a LIFE Nature project whose main objective is the development of good practices aimed at recovering an extinct population of an endangered species (Gypaetus barbatus),

More information

Á Mesa do Parlamento

Á Mesa do Parlamento Parlamento de Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa da deputada Noa Presas Bergantiños, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento da Cámara,

More information

zoe C o l l e c t i o n INDICE INDEX Zoe contemporáneo 1 40 Zoe essenza Resumen catálogo 1 13 Summary catalogue

zoe C o l l e c t i o n INDICE INDEX Zoe contemporáneo 1 40 Zoe essenza Resumen catálogo 1 13 Summary catalogue zoe C o l l e c t i o n INDICE INDEX Zoe contemporáneo 1 40 Zoe essenza 41 80 Resumen catálogo 1 13 Summary catalogue Catálogo técnico 14 48 Technical catalogue Ejemplos composiciones 49 78 Examples of

More information

Absorbentes solo aceites

Absorbentes solo aceites Absorbentes solo aceites SOLO ACEITES e hidrocarburos, rechaza el agua, por lo que está especialmente indicado para aplicaciones en acuíferos, puertos y lugares donde, en presencia de agua, se requiera

More information