PROTOCOLOS DE VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA SAUDABLE

Similar documents
O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O relevo e as costas de Galicia

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Informe mensual do paro rexistrado

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

Proyectores P NE

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Absorbentes solo aceites

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA OS TRABALLADORES QUE ENTREN EN CONTACTO CON CASOS POSIBLES OU CONFIRMADOS DE ÉBOLA

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PREVENCIÓN DE TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS NO SECTOR DA DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTACIÓN

Apliques A BL

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

Spanish 3rd Grade CCSS Vocabulary Word List. Additive Identity Property of 0 Identidad aditiva de la propiedad de 0

Mapa de accidentalidade

Probas dos elementos internos do alternador

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Welcome to Greenman and the Magic Forest


2017 Trussing, Lifting towers and Stage

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES EFECTOS DAS ALTAS TEMPERATURAS SOBRE A SAÚDE

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

DECLARACIÓN Y PREGUNTAS Y RESPUESTAS DE APOYO SOBRE LA ACTUALIZACIÓN DE LA ALERTA DE VIAJES DEL 20 DE FEBRERO DE 2009

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Á Mesa do Parlamento

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

ACTIVIDADE ECONÓMICA, ESTRUTURA PRODUTIVA E EMPREGO NO VAL DO CAUCA 1

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

REGULAMENTO TÉCNICO SUPERCROSSCAR (SCC) 1.- XENERAL.

ETAPADECONTROLYSENSADODELPOLICROMADORMEMS

Tiñamos constancia por Martínez Santiso da existencia do Cuartel do Reximento de

MAQUINARIA PARA INSTALACIONES DE GRIFOS Y DISPENSADORES PORTÁTILES

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

Balance dos rendementos do sistema electoral galego: unha proposta de reforma

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

REGULAMENTO. 8 de xullo de 2018

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

CEMENTI BLANCO BEIGE PERLA MARENGO NEGRO NATURAL LAPADO ANTIDESLIZANTE. 800x800 mm. 600x600 mm. 24 x24 400x800 mm. 32 x x600 mm. 16 x32.

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

Espacio para la pegatina de su hoja de etiquetas correspondiente a la asignatura indicada en la cabecera del examen: Calificación

USER S MANUAL MANUAL DE USUARIO 3 DMX CHANNELS MODES CONTINUOUS BLINDER EFFECT PREPROGRAMED SPECIAL EFFECTS

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

cristales / verres / glasses tiradores / poignées / handle Ahumado / Fumé / Smoked Blanco / Blanc / White Ónix Mar Aluminio Cemento / Ciment / Cement

90 HECTÁREAS DE PASTOS, JARDINES Y VIÑEDOS

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

KIT S DE CORRER EM ALUMÍNIO PARA PORTAS DE MADEIRA

2. Elsa ( ) Grupo: Andrés Calamaro Álbum: Alta Sociedad Canción: Flaca Puntuación media da canción polos compañeiros: 7.44


Travel Getting Around

burdastyle download 6062

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Curso sobre el Programa de intercambio de datos de inspecciones de seguridad en rampa (IDISR)

tarifas empresa'18 1. servizos combinados 1.1 servizos combinados de acceso directo combo 350 negocio móbilr tarifa cota mensual con IVE sen IVE

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

TÚMULO 5 DE TORNO DOS MOUROS (ORTIGUEIRA, A CORUÑA). PRIMEIROS RESULTADOS

Estabilidad y Control Detallado Derivadas Estabilidad Longitudinal Tema 14.2

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Xestión Sanitaria Integrada na área sanitaria de Ferrol un modelo consolidado, eficaz e eficiente

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

2VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

O TRANSPORTE COMO PRODUTO TURÍSTICO EN GALICIA: UNHA ANÁLISE DA OFERTA ACTUAL

PROCEDEMENTO O DE SONDAXE VESICAL

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

Aluminum Railing INSTALLATION INSTRUCTIONS FOR POST, RAIL AND STAIR RAIL

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

BienvenidosaSevila,capitaldeAndalucíayunadelasciudadesmásbonitasyalegresdelmundo!

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

ANATOMOFISIOLOXÍA E PATOLOXÍA BÁSICAS

Programación de proba libre de módulos profesionais

LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO

Transcription:

PROTOCOLOS DE VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA SAUDABLE 6-18 anos Relación de s e proposta de orde de execución 1. Composición corporal 2. Prensión manual 3. Salto de lonxitude pés xuntos 4. Back-saver sit and reach 5. 4x10 metros 6. Suspensión cóbados flexionados 7. Course Navette

1. COMPOSICIÓN CORPORAL VALORAR A COMPOSICIÓN CORPORAL TALLA, PESO, PERÍMETRO DA CINTURA, PERÍMETRO DA CADEIRA PESO. O/a alumno/a sitúase de pé, no medio da báscula, cos pés separados á distancia das cadeiras, e co peso repartido de forma equilibras entre os dous apoios. ALTURA. Coa mirada dirixida ao fronte, o/a neno/a colocarase de pé cos talóns dos pés xuntos. Os talóns, glúteos e o lombo deberanse manter cto co medidor de altura. A cabeza debe situarse no plano de Frankfurt, a liña que pasa pola órbita inferior do ollo e o punto máis alto da orella debe manterse paralela ao chan. Nesta posición o alumno fai una inspiración profunda e nese instante faise a medición. PERÍMETRO CINTURA. Co/coa alumno/a en bipedestación, pés xuntos e abdome relaxado, realízase a medición horizontal na parte máis estreita do torso (normalmente xusto enriba do embigo). PERÍMETRO CADEIRA. Co/coa alumno/a en bipedestación, pés lixeiramente separados (10 cm), realízase a medición horizontal na parte máis ancha por riba do prego glúteo (ACSM, 2010). s Medir la cintura en el punto más estrecho Plano de Frankfurt Proporción= cintura/caderas Medir la cadera en el punto más ancho Peso: báscula. Altura: medidor de altura. Perímetro cintura: cinta métrica. Perímetro cadeira: cinta métrica. Valorar a distribución da masa graxa mediante a relación entre o perímetro da cintura e o da cadeira (ICC), e a relación altura-peso (IMC) dos nenos. Estimación rápida, económica e sinxela da composición corporal. Valores altos de IMC están asociados con peores perfís cardiovasculares. Un valor alto de ICC é un factor de risco de enfermidade cardiovascular. Anotación IMC: kg/ m2 Perímetros: cm. ICC: adimensional. Cociente entre perímetro de cintura e cadeira. As medicións faranse co neno/a descalzo, en con roupa deportiva (camiseta e pantalón curto). Deberase facer nun cuarto cómodo e aclimatado.

2. PRENSIÓN MANUAL VALORAR A FORZA MÁXIMA (ISOMÉTRICA) PRENSIÓN MANUAL (CON CADA UNHA DAS DÚAS MANS) O/a alumno/a agarra o aparato medidor cunha man estando o brazo totalmente estendido ao longo do corpo, pero sen tocar ningunha parte deste. O/a alumno/a debe premer todo o que poida sobre o dinamómetro flexionando os dedos da man. No momento en que acade o seu grao máximo de flexión rexístrase a marca en quilogramos. Admítense dous intentos. Repítese o procedemento coa outra man. Distancia polgar-maimiño: cinta métrica Dinamómetro manual. Valorar a forza isométrica máxima de prensión manual. Achega información sobre a saúde do sistema músculo-esquelético. O acondicionamento músculo-esquelético está inversamente relacionado coa aparición de factores de risco cardiovascular e coa aparición de dolor de lombo. A mellora da condición músculo-esquelética está asociada a una maior densidade e contido mineral óseo. Así mesmo, a mellora da forza en adolescentes está inversamente relacionada co incremento adiposo xeral. Anotación Rexistros man dereita (kg). Rexistros man esquerda (kg). Para que a aplicación determine a anchura de agarre óptimo, débese medir a distancia entre o polgar e o dedo maimiño coa man esquerda completamente estendida. Para iso pódese colocar una cinta métrica sobre a mesa para que o/a neno/a estenda a súa man sobre esta. Tamén se pode empregar unha folla calibrada. Anótase a distancia en centímetros e con unha precisión de 0.5 cm. Débense introducir os valores de cada unha das dúas medicións en cada man. Cálculo de anchura de agarre 6-12 anos (España-Romero et al. 2008) Rapazas: Y = (0.3X) 0.52 Rapaces: Y = (X/4) + 0.44 13-18 anos (Ruiz et al. 2006) Rapazas: Y = (X/4)+1.1 Rapaces: Y = (X/7.2) + 3.1 Y é a anchura de agarre (cm); X é a máxima distancia (cm) medida dende o extremo do dedo polgar ao dedo maimiño da man.

3. SALTO DE LONXITUDE PÉS XUNTOS VALORAR A FORZA EXPLOSIVA DO TREN INFERIOR SALTO HORIZONTAL CON PÉS XUNTOS O/a alumno/a colócase detrás duna liña, cos pés separados á anchura dos ombros. Dende esta posición flexiona os xeonllos se impulse de forma intensa e simultaneamente con ambas as pernas tentando acadar a máxima distancia. Permítese o balanceo dos brazos. O/a participante debe aterrar simultaneamente cos dous pés e manterse de pé. O test repítese 2 veces. A puntuación é a distancia entre a liña de engalaxe e o punto onde aterrou a parte posterior do talón máis próximo á liña de inicio. Permítese un novo salto se o/a alumno/a se desequilibra no intento. Cinta métrica. Pica. Valorar a forza explosiva do tren inferior. Aporta información sobre a saúde do sistema músculo-esquelético. O acondicionamento músculo-esquelético está inversamente relacionado coa aparición de factores de risco cardiovascular e coa aparición de dolor de lombo. A mellora da condición músculo-esquelética está asociada a una maior densidade e contido mineral óseo. A mellora da forza en adolescentes está inversamente relacionada co incremento adiposo xeral. Anotación Distancia en cm de cada un dos 2 intentos (Exemplo: 1m 27cm implica anotar 127). FICHAS COREOGRAFÍA MÓVETE+ Se os dous pés non aterran á mesma altura, anótase a menor das distancias. Recoméndase que o medidor se coloque lateralmente a execución do salto (perpendicular a liña de saída). Para axilizar a medición, colocar unha cinta métrica no sentido lonxitudinal (na dirección do salto) e utilizar unha pica, disposta perpendicularmente á cinta métrica, para marcar o apoio máis retrasado (máis cercano á liña de despegue). Una cinta métrica perpendicular a estas liñas asegura a precisión.

4. BACK-SAVER SIT AND REACH VALORAR A FLEXIBILIDADE PROBA DE FLEXIBILIDADE (BACK-SAVER SIT AND REACH) O Back-Saver Sit and Reach é moi similar ao tradicional sit and reach, excepto que a medición se fai nun lado de cada vez. Faise así para non fomentar nos/as alumnos/as a hiperextensión dos dous xeonllos e para detectar posibles asimetrías. O sit and reach mide predominantemente a flexibilidade dos músculos isquiotibiais. O/a alumno/a, descalzo, séntase no aparato do test. Unha perna debe estar completamente estendida co pé plano contra unha cara da caixa. O outro xeonllo está dobrado coa planta do pé plana sobre o chan e 5-7 centímetros a carón do xeonllo estendido. Os brazos estendidos cara a diante sobre a escala de medir coas mans colocadas unha sobre a outra. Coas palmas cara a baixo, o alumno flexiónase directamente cara a diante coas dúas mans ao longo da escala catro veces, e mantén a posición do cuarto intento polo menos durante 1 segundo. Despois de medir un lado, o/a alumno/a cambia a posición das pernas e repite outra vez. O/a alumno/a pode apartar o xeonllo flexionado, se fora necesario, mentres o corpo se move. Caixón estándar calibrado. Valorar a amplitude do movemento de flexión de tronco para cada membro inferior. Achega información sobre a saúde do sistema músculo-esquelético. Permite detectar asimetrías na flexibilidade do tren inferior. Evita a hiperextensión dos dous xeonllos que pode ter lugar no sit and reach clásico. Anotación Mídese a distancia en centímetros. Anótase o valor acadado con cada perna. As medicións faranse co/coa neno/a descalzo/a. Se algún/algunha neno/a non acada o extremo máis próximo do caixón (o valor 0), pódese medir cunha cinta métrica a distancia e rexistrar este valor como número negativo. En caso de nos facer esta aproximación, pódese anotar simplemente 0. O/a alumno/a debe manter a perna valorada co xeonllo estendido. Para iso, un compañeiro pode premer sobre ela, para evitar a flexión. O caixón de medida debe ter 30.5 cm de alto. Encima pódese colocar fixa unha regra. Coa marca de 23 cm no bordo superior do caixón máis próximo ao alumno. O extremo da regra máis próximo ao/á neno/a é o correspondente o valor 0. Deste xeito, acadar a posición do pé correspondente á perna do xeonllo estendido, correspóndese cun valor de 23 cm.

5. 4x10 METROS VALORAR A VELOCIDADE, A AXILIDADE E A COORDINACIÓN CARREIRA IDA E VOLTA: 4X10 METROS O/a alumno/a fará 4 desprazamentos de 10 metros, en traxectoria de ida e volta No primeiro desprazamento o/a alumno/a desprázase sen esponxa á máxima velocidade dende unha liña de saída ata a de chegada, situada a 10 metros. Alí recolle unha esponxa (A) e volve á máxima velocidade ao punto de partida, onde deixa a esponxa trasladada (A) e colle unha segunda esponxa (B). Realiza un terceiro desprazamento para depositar a esponxa e coller unha última esponxa (C), coa que se desprazará á máxima velocidade ata a liña de saída. Permítense dous intentos. o,5 m 1 m Esponja A Esponja B Esponja C 4x10 m Cronómetro. 3 esponxas. Superficie non escorregadiza. Anotación O resultado anótase en segundos cun decimal (Exemplo: 23.6). Valorar de forma integrada a velocidade de desprazamento, a axilidade e a coordinación. A mellora da velocidade/axilidade parece ter un efecto positivo na saúde esquelética. En cada desprazamento o/a neno/a debe cruzar as liñas cos dous pés. A finaliza cando o/a neno/a supera a última liña cun pé. O test débese levar a cabo con calzado deportivo e nunha superficie non escorregadiza. Recoméndase ir contando en voz alta o número de desprazamento completados.

6. SUSPENSIÓN CÓBADOS FLEXIONADOS VALORAR RESISTENCIA Á FORZA DO TREN SUPERIOR SUSPENSIÓN CON FLEXIÓN DE CÓBADOS A consiste en manterse suspendido cos cóbados flexionados e agarre prono (palmas cara adiante) o máximo tempo posible. O ancho do agarre será aproximadamente o dos ombros. O tempo detense no momento no que o queixo do/a alumno/a descenda por debaixo da barra de suspensión. O/a profesor/a axudaralle ao/á alumno/a a situarse na posición de flexión de cóbados suspendidos. A iníciase no momento no que o/a alumno/a queda suspendido sen axuda. Cronómetro. Barra cilíndrica de aproximadamente 2.5 cm de diámetro. Valorar a resistencia a forza dos tren superior. Achega información sobre a saúde do sistema músculo-esquelético. O acondicionamento músculo-esquelético está inversamente relacionado coa aparición de factores de risco cardiovascular e coa aparición de dolor de lombo. A mellora da condición músculo-esquelética está asociada a unha maior densidade e contido mineral óseo. A mellora da forza en adolescentes está inversamente relacionada co incremento adiposo xeral. Anotación Tempo en segundos e décimas de segundo. Teña preparado o cronómetro para poñelo en marcha en canto o/a neno/a quede suspendido sen axuda. Anime o/a alumno/a durante toda a. Por seguridade, recoméndase ter colchonetas colocadas baixo da barra. A finaliza cando o queixo do/da neno/a se coloca por debaixo da barra. Débese facer con roupa deportiva lixeira.

7. COURSE NAVETTE VALORAR A RESISTENCIA CARDIO-RESPIRATORIA COURSE NAVETTE Test de carreira de 20 metros de ida e volta. A velocidade inicial é de 8.5 km/h e increméntase en 0.5 km/h en cada minuto (1 minuto igual a un período). Os/as alumnos/as deben ser instruídos con respecto á necesidade de correr en liña recta, dun pivote a outro, seguindo o ritmo do sinal sonoro, de maneira que os/as alumnos acaden o final de cada traxecto de 20 metros no momento de emitirse o sinal sonoro, cunha aproximación de 1 ou 2 m. hai que tocar a liña co pé ao final de cada percorrido de 20 m, dar media volta e continuar na outra dirección. O test remata cando o/a alumno/a non é capaz de completar dous percorridos de forma concorrente cos sinais auditivos. 20m Superficie chá, non escorregadiza de 20 metros de lonxitude. CD de audio e lector de CD con suficiente volume. Cinta de medir, conos, lapis e follas de resultados. Os/as alumnos/as deben empregar zapatillas con solas non escorregadizas. O carril polo que correrá cada alumno/a debe ter entre un metro e un metro e medio de ancho. Anotación Último medio periodo completado (exemplo 5.5; 6; 6.5...) Idades 2-7 anos: non recomendado. 8-9 anos: participación submáxima na para coñecer o protocolo. 10-18 anos: realización estándar. Valorar o nivel da condición cardio-respiratoria. Estimar o consumo máximo de osíxeno (VO 2 max). selección da Maiores niveis de condición cardio-respiratoia están fortemente asociados coa saúde cardiovascular e futura do/da neno/a. De 6-9 anos: non levar a cabo a de forma máxima. Os/as alumnos/as simplemente deben facer os desprazamentos a niveis submáximos (Aproximadamente período 1 a 3). A partir de 10 anos: pódese facer a estándar. Alumnos afectados de catarros ou infeccións benignas non deben someterse a esta. Aínda que non se describiron riscos, recoméndase prestarlles especial atención a nenos/as que puidesen ter problemas nesta (sobrepeso, obesidade, asma). Se é posible, e de cara a facilitar o rexistro, solicítelle ao alumno que memorice o número doúltimo medio periodo completado (exemplo 5.5; 6; 6.5...) Fórmulas de estimación do consumo máximo de osíxeno (VO 2 máx) 8-12 anos. Ecuación de Matsuzaka et al. (2004) segundo proposta de Melo et al. (2011) VO 2 máx = [25.9] [2.21 x X(M = 0; F = 1)] [0.449 x I] [0.831 x IMC]+ [4.12 x V] 13-19 anos. Ecuación de Barnett (1993) segundo proposta de Ruiz et al. (2011) VO 2 peak = 24.2 5.0*X (M=0; F=1) 0.8*I + 3.4*V I: idade en anos IMC: índice de masa corporal V: velocidade en km/h (V=8+0.5 x último período completado) X: xénero PC: peso corporal M: Masculino F: Feminino

OFICINA TÉCNICA PLAN GALICIA SAUDABLE Estadio Multiusos de san Lázaro, porta nº 4, CP.15781 Santiago de Compostela T. 881 999 840 Fax. 881 999 842 secretaria-galiciasaudable@xunta.es galiciasaudable.xunta.es