BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

Similar documents
AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081


ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Informe mensual do paro rexistrado

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

XANEIRO - SETEMBRO 2018

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Á Mesa do Parlamento

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Memoria Escola Galega de Administración Pública

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

Revista Galega de Economía Vol (2018)

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

11 DE JULIO DE 2009 Nº 158

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

Programación de proba libre de módulos profesionais

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

DE LA PROVINCIA DE LUGO

Transcription:

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL PRIMEIRO. Normas Xerais O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante concurso-oposición dun posto de ANIMADOR SOCIOCULTURAL, en réxime laboral. A través da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde de 29 de agosto de 2017, programa APROL RURAL, contrataráse a unha persoa desempregadas a xornada completa por nove meses baixo a modalidade de contrato de traballo temporal con clausulas especificas de traballos de interese social, a fin de dotar o servizo de animación sociocultural para promover a cultura entre o conxunto da veciñanza. As funcións que ten encomendadas son as seguintes: A realización de actividades de carácter socio-cultural dirixidas especialmente a nenos e nenas e a persoas da terceira idade. Colaborar e xestionar a organización das actividades de ocio municipais da programación anual do Concello e en xeral, aquelas que deriven do seu posto de traballo en función das directrices dos seus superiores. SEGUNDO. Modalidade do contrato A modalidade do contrato é contrato de traballo temporal con cláusulas específicas de traballo de interese social. Terá unha duración de nove meses a partir da súa formalización, e en réxime de dedicación a tempo completo, cunha xornada de 40 horas semanais de luns a domingo. 1 / 20

Fíxase unha retribución bruta de 1.098,78 por posto, que inclúe o rateo das pagas extraordinarias, aplicándose o Convenio Colectivo de Ocio Educativo e Animación Sociocultural. TERCEIRA. Condicións de admisión de aspirantes 1, Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro: a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público. e) Titulación de Bacharelato Superior, FP II, semellante ou superior. Ademáis deberá estar en 2 / 20

posesión de calquera das seguintes titulacións, diplomas ou certificados: Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, Monitor de Actividades de Tempo Libre, Animación Sociocultural, Técnico/a de Animación Sociocultural ou Técnico/a de dinamización comunitaria f) Estar en situación de desemprego e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como estar dispoñible para o emprego. g) Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas. h) Estar en posesion do carnet de conducir B vixente. 2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo. 3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. CUARTO. Forma e prazo de presentación de instancias 1.- Segundo o disposto no art. 14.1 da Orde do 29 de agosto de 2017, os traballadores que sexan contratados deberán ser desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego. 2.- O Concello de Trabada convocará ás persoas candidatas mediante a presentación da oferta na oficina de emprego de Ribadeo, a través do modelo normalizado para tal efecto, facendo referencia aos requisitos que deben reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desenvolvemento das funcións propias dos postos de traballo ofertados, debendo 3 / 20

presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación. 3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios e preferencias establecidos na citada Orde, rexedora desta contratación. 4.- Recibida a oferta, o Servizo Público de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes en función das súas características atendendo á maior adecuación ao posto ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de candidatos que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dúas nin superior a dez por posto de traballo, de acordo cos criterios de selección establecidos na Orde. QUINTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1.- As persoas candidatas propostas pola oficina de emprego de Ribadeo deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Trabada as solicitudes e a documentación adicional para participar no proceso selectivo, no modelo que se achega como Anexo I, sendo o último día de prazo o 7/12/2017, ás 15.30 h : 2.- Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade. b) Declaración xurada de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes. c) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme. 4 / 20

d) Declaración xurada de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia. f) Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego. g) Declaración xurada de non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas. h) Copia compulsada do título de Bacharelato Superior, FP II, semellante ou superior e dos diplomas ou certificados: Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, Monitor de Actividades de Tempo Libre, Animación Sociocultural, Técnico/a de Animación Sociocultural ou Técnico/a de dinamización comunitaria que corresponda. i) Fotocopia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos no momento da presentación da instancia j) Carta de presentación da Oficina de Emprego de Ribadeo. k) Copia compulsada do libro de familia, no seu caso. l) Informe dos periodos de inscripción emitido polo Servizo de Emprego Público de Galicia. 5 / 20

m) Acreditación de ser perceptor de prestacions ou subsidios por desemprego ( Servizo Público de Emprego) ou beneficiaria de RISGA ( informe departamento Servizos Sociais municipio de residencia), no seu caso. n) Documentación acreditativa de ser victima de violencia de xénero.a efectos destas bases, entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: 1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. 2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero. 3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios. 4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia. 5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia. o) Documentación acreditativa de discapacidade. 6 / 20

p) Carnet de conducir tipo B vixente. 3.- As persoas candidatas poderán presentar o modelo de declaración xurada que se achega como Anexo III nas presentes Bases. 4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado. 5.- As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no punto 1 desta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza. QUINTO. Admisión de aspirantes Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo de un día hábil, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará na páxina web do Concello e no Taboeiro de Anuncios, e sinalarase un prazo de tres dias naturais s para corrección. Na mesma publicación transcorrido o prazo de corrección aprobarase a lista de aspirantes con carácter definitivo, publicándose o anuncio na páxina web do Concello e Taboeiro de anuncios SEXTA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN 1.- O sistema de selección será o de concurso - oposición. Non se avaliará o non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes. 7 / 20

2.- A fase de oposición terá lugar o 12/12/2017 ás 12,00 h na Casa da Cultura do concello de Trabada (Rúa do Concello, 40), e consistirá nun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. Un exercicio para contestar por escrito a un cuestionario tipo test, de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I, durante un período de 40 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo. Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 20 puntos : para superalo deberá sacarse un mínimo de 10 puntos. A puntuación máxima na fase de oposición é de 20 puntos. O aspirante que non supere esta proba non pasará á seguinte 3, Na fase de concurso serán valorados os seguintes méritos: 3,1, Situacion socio-laboral. a) Segundo o establecido no artigo 14 da Orde de 29 de agosto de 2017 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, terán preferencia neste programa á pertenza aos seguintes colectivos: 1, Mulleres 8 / 20

2, Menores de 30 anos, Esta preferencia será valorada con 1,5 puntos por pertenza ao colectivo, ata un máximo de 3 puntos. b) terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, no seu caso, aqueles que tiveran previsto a realizacion de este tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional. Valoraráse un punto por pertenza a cada un dos colectivos, cun máximo de dous puntos: 1, Mulleres que acrediten a condicion de victimas de violencia de xénero. 2, Persoas demandantes de primeiro emprego ou aquelas sin cualificacion profesional. 3, Persoas paradas de larga duración (12 ou máis meses) 4, Persoas con discapacidade 5, Persoas desempregadas que esgotasen as prestacions ou subsidios por desemprego ás que teñan dereito. 6, Persoas de mais de 45 anos 7, integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da risga. 9 / 20

3,2, Estar en posesión dalgunha das seguintes Certificacións en lingua galega (ou equivalentes) Celga 3: 0,50 puntos Celga 4: 1, 00 puntos Será acreditado mediante a correspondente certificación do centro educativo ou da Dirección Xeral de Política Lingüísica. No caso dos cursos equivalentes, mediante os correspondentes diplomas. 4.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración terá en conta o nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como la existencia de responsabilidades familiares, enten dendose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate ao cónxuxe, filos e fillas menores de 26 anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento. No caso de persistir o empate, resolveráse por orden de presentación da instancia por Rexistro. SÉPTIMO.- TRIBUNAL DE VALORACION 7.- O Tribunal de Valoración estará integrado polos seguintes membros: - Presidente/a: D. Ana Gonzalez Díaz, persoal laboral fixo concello de Trabada, traballadora social 10 / 20

- Secretaria: Dna. Ana Barreiro Gómez, secretaria-interventora do Concello de Trabada. - Primeiro Vogal: Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo, Don José Luis Reigosa Espasande. - Segundo vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia. - Terceiro vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia. No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal. No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal. Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home. O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén. A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade coa normativa vixente. 11 / 20

OITAVO. Cualificación A cualificación final será a suma dos puntos obtidos na fase de oposición e a obtida na fase de concurso, aplicando no seu caso, os criterios de desempate acreditados e valorados polo Tribunal. NOVENO. Relación de aprobados, presentación de documentos e formalización do contrato Concluídas as probas, elevarase ao órgano competente proposta de candidatos para a formalización dos contratos, que en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito. O órgano competente procederá á formalización dos contratos previa xustificación das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. DÉCIMO. Incidencias As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común. Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social. Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do 12 / 20

Contencioso-Administrativo de Lugo. Publíquese esta convocatoria de probas selectivas e das súas correspondentes bases na páxina web do Concello e sexan remitidas á Oficina de Emprego de Ribadeo No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local; o Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro; o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro e os pactos de aplicación ao persoal funcionario e convenio colectivo do persoal do Concello. En Trabada, a 24 de novembro de 2017. Alcaldesa, Asdo.: Mayra García Bermúdez. 13 / 20

ANEXO I ANEXO I.-TEMARIO Tema 1 Concello de Trabada. Encuadre territorial e poboación. Coñecemento do tecido económico e social e da distribución das parroquias do Concello de Trabada. Tema 2 Animación sociocultural: Concepto, obxectivos, funcións, modalidades, relacion conconceptos afíns. Animación cultural en equipo. Planificación do traballo, equipo de traballo. Conduta do equipo. 14 / 20

Tema 3 A intervención en animación cultural. Momentos do proceso de intervención. Dinamización sociocultural. O Animador sociocultural: A súa formación e modos de actuación. Tema 4 A infraestrutura para a práctica da animación sociocultural no Concello de Trabada. Instalacións, espazos e equipamentos. ANEXO II INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN 1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: APROL RURAL ANIMADOR SOCIOCULTURAL 15 / 20

2.- DATOS PERSOAIS:......... PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NOME......... DATA DE NACEMENTO LUGAR DE NACEMENTO PROVINCIA DE NA......... DNI DOMICILIO CP E MUNICIPIO......... PROVINCIA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNIC 16 / 20

3.- DISCAPACIDADE Non / Si (Grao..%) 4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA a.-fotocopia do DNI b.-fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos mérit O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude. 17 / 20

Lugar e data: Sinatura: SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA ANEXO III MODELO DE DECLARACIÓN XURADA D./Dna..., con DNI....., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de.. DECLARO BAIXO XURAMENTO: 1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das 18 / 20

Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas. 2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. 3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia. 4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto. 5. Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas. 6. Encontrarme na actualidade en situación de desemprego, inscrito/a como tal no Servizo Público de Emprego, e dispoñible para o posto de traballo ofertado. Lugar e data:. 19 / 20

Sinatura: 20 / 20