TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas

Similar documents
TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

DATOS IDENTIFICATIVOS

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia


CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Á Mesa do Parlamento

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

XANEIRO - SETEMBRO 2018

O relevo e as costas de Galicia

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

Facultade de CC. Económicas e Empresariais

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

Departamento de Musicoloxía

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Facultade de Belas Artes

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

OFERTA XERAL DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO. CURSO ELECCIÓN OUTUBRO 2018

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

Guía do alumnado. Modelo MD85ACO01. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Programación de proba libre de módulos profesionais

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

UNIVERSIDAD AUTÓNOMA DE NUEVO LEÓN FACULTAD DE INGENIERÍA MECÁNICA Y ELÉCTRICA

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

UAV - Unmanned Aerial Vehicles

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

Universitas Castellae SPANISH LITERATURE I (MIDDLE AGES GOLDEN AGE)

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Transcription:

FACULTADE DE FILOLOXÍA TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas Comisión de Títulos de Grao GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2016/2017

FACULTADE DE FILOLOXÍA AUTORES: Comisión de Títulos de Grao da Facultade de Filoloxía. Edición electrónica 2016 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobada no Consello de Goberno do 2 de maio de 2013, o TFG consiste na elaboración dun traballo orixinal no que se acrediten as destrezas e os coñecementos adquiridos durante os estudos realizados na titulación de Grao. No 2.4 da antedita Normativa especifícase que os traballos deberán estar orientados á aplicación das competencias asociadas á titulación, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo. O TFG no Grao en Lingua e Literatura Españolas (GLLE), realizado baixo a dirección dun profesor con docencia no título, serve para a posta en práctica dos coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos no Grao, así como para a comprobación das competencias vinculadas a este. Contidos O TFG debe ser un traballo orixinal e versar sobre un tema relacionado co GLLE. Segundo se recolle no artigo 3 do Regulamento do TFG da Facultade de Filoloxía, tense que adecuar aos contidos do Maior e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación. Debe ser redactado e defendido en. O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas vixente no curso académico 2016-2017. A cada alumno adxudícaselle, previa solicitude, unha liña temática e mais un titor. Posteriormente, o alumno e o titor delimitan o título do TFG, que debe ser aprobado pola Comisión de Títulos de Grao da Facultade. A oferta de liñas temáticas e titores para o curso 2016-2017 está dispoñible en http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/guiacentros/tfg.html desde xullo de 2016. A do GLLE é a seguinte: Liña temática Director Nº TFG Recomendacións Estructuras sintácticas del Tomás Jiménez Juliá 2 Estructuras sintácticas del Emilio Montero Cartelle 2 Estructuras sintácticas del Elena Rivas Muiño 2

Estructuras sintácticas del María José Rodríguez 2 Espiñeira Estructuras sintácticas del Mª Paula Santalla del Río 1 Estructuras supraclausales Morfología Jesús Pena Seijas 2 Lexicografía y Lexicología del Belén López Meirama 1 Lexicografía y Lexicología del Emilio Montero Cartelle 1 Relaciones entre léxico y sintaxis Belén López Meirama 1 en Análisis del discurso Victoria Vázquez Rozas 2 Variación y cambio en Guillermo Rojo 2 Variación y cambio en Mª Teresa Díaz García 1 Lingüística computacional y Pablo Gamallo Otero 2 tecnologías de la lengua Español de América Mª Teresa Díaz García 1 Español de América Inmaculada Mas Álvarez 1 Español normativo Mª Paula Santalla del Río 1 Fonética y Fonología del Inmaculada Mas Álvarez 1 Enseñanza del como Inmaculada Mas Álvarez 1 lengua extranjera Enseñanza del como lengua extranjera Marta Blanco Domínguez 2 Haber cursado la asignatura Enseñanza del como lengua extranjera Literatura a del Siglo de Antonio Azaustre Galiana 3 Oro Literatura a del siglo XVII María José Alonso Veloso 3 Poesía y prosa de los siglos XVI y Soledad Pérez-Abadín Barro 3 XVII Literatura realista del siglo XIX Ermitas Penas Varela 3 Literatura a del Siglo de Santiago Fernández Mosquera 3 Oro Literatura hispanoamericana Luis Martul Tobío 3 Literatura a medieval Juan Casas Rigall 3 Literatura a del siglo XX Margarita Santos Zas 3 Literatura a del siglo XIX Santiago Díaz Lage 3 Poesía de finales del siglo XIX a Rosario Mascato Rey 3 las Vanguardias Ciberliteratura e cibercultura María Teresa Vilariño Picos 1 Ecocrítica César Domínguez 2 Intermedialidade Antonio J. Gil González 1 Intermedialidade María Teresa Vilariño Picos 1 Literatura, cine e televisión. A adaptación Anxo Abuín 1

Literatura comparada César Domínguez 2 Literaturas europeas Fernando Cabo 1 comparadas Socioloxía da literatura e da cultura Teoría literaria Fernando Cabo 1 Teorías da lírica e estudos sobre María do Cebreiro Rábade 1 poesía Teorías da lírica e estudos sobre Arturo Casas 1 poesía Linguística e procesamento das Milagros Fernández Pérez 2 linguas. Aplicacións Linguas e comunicación. Teresa Moure Pereiro 1 Aplicacións Linguas e comunicación. Juan José López Rivera 2 Aplicacións Linguas e comunicación. Gabriela Prego Vázquez 1 Aplicacións Linguas e comunicación. Luz Zas Varela 1 Aplicacións Linguística e procesamento das Francisco García Gondar 1 linguas. Aplicacións Relaciones entre las literaturas hispánicas (siglos XV-XVI) Maria Mercè López Casas 2 Arturo Casas 1 É conveniente estar matriculado/a na materia Socioloxía da literatura do Minor TLLC. Nº total de TFG ofertados 81 No caso de que un alumno, por causas debidamente xustificadas, non puidese defender o seu TFG en ningunha das oportunidades do curso académico 2015-2016, poderá solicitar que a asignación que entón se lle fixo se prorrogue ata este curso. No artigo 10 do Regulamento do TFG da Facultade de Filoloxía indícase que, de modo excepcional, o estudante e/ou o titor poden solicitar a anulación da asignación do TFG, ou ben o cambio de proxecto, mediante escrito razoado remitido á Comisión de Títulos de Grao e presentado na Secretaría da Facultade antes da conclusión das actividades docentes do primeiro semestre do curso. Así mesmo, se precisa facer algún cambio menor no título, debe solicitalo mediante escrito razoado remitido á Comisión ata o 15 de xuño. Tal e como se especifica na Memoria do GLLE, a extensión do TFG será de entre 65.000 e 120.000 caracteres con espazos, excluídos apéndices. O TFG deberá incluír na súa estrutura os seguintes elementos:

Portada e primeira páxina. Índice paxinado. Introdución. Contidos / Desenvolvemento. Conclusións. Bibliografía consultada. Apéndices (se os hai). Bibliografía básica e complementaria O titor de cada TFG proporcionaralle ao alumno unha bibliografía inicial que deberá ser completada coa indagación do estudante. Competencias Ser capaz de definir os obxectivos do traballo. Ser capaz de deseñar e organizar as tarefas para alcanzar os obxectivos previstos e desenvolver o traballo de acordo cos mesmos. Saber buscar e seleccionar información relevante. Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida. Ser capaz de organizar a información da que dispón e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas. Saber identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propoñer nas conclusións suxestións de cara ao futuro. Dominar a expresión oral e escrita en distintos contextos. Metodoloxía do ensino Segundo se explica no 5.1 da Normativa, o TFG debe ter un titor que asista ao estudante na realización do mesmo. O titor planificará sesións de traballo, nas que establecerá a programación das tarefas e orientará o TFG. Será responsable de asesorar ao estudante no desenvolvemento do traballo e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir un informe preceptivo e confidencial sobre o mesmo antes da súa defensa. Sistema de avaliación A avaliación dos TFG realízase por un ou varios tribunais dependendo do número dos traballos que se teñan presentado formados por tres profesores da USC que impartan docencia no GLLE, excluído o titor. Deben nomearse tamén dous suplentes para cada tribunal. O tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde conforme aos criterios de

avaliación recollidos máis abaixo e axustados ao disposto na memoria de verificación do título, outorgando a cualificación conforme á seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa: ü ü ü ü ü Non Presentado 0-4,9: Suspenso 5,0-6,9: Aprobado 7,0-8,9: Notable 9,0-10: Sobresaliente Os membros do tribunal de avaliación realizarán un informe, segundo o modelo elaborado para estes efectos, no que avaliarán os seguintes aspectos: a) Calidade do TFG: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións. b) Presentación escrita do TFG: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica. c) Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua. O informe do titor será tido en consideración no momento de cualificar o traballo. A cualificación final outorgada ao TFG por cada membro do tribunal obterase de acordo coa seguinte ponderación: a) Contido: 65%. b) Presentación escrita: 15%. c) Presentación oral: 20%. A cualificación final resultará de aplicar a media aritmética entre as notas atribuídas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. A mención de Matrícula de Honra (MH) poderá outorgarse a aqueles TFG que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder do 5% do alumnado matriculado nesta materia no curso académico 2016-2017. Se o número de alumnos é inferior a 20, poderase conceder unha MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. Naquelas titulacións nas que se constituíse un único tribunal en todas as oportunidades, será este o que outorgue as MH que correspondan. No caso de existiren dous ou máis tribunais avaliadores, a atribución desta cualificación corresponderá realizala á Comisión de Títulos de Grao, oídas as propostas dos diferentes tribunais actuantes.

Este sistema será válido para as dúas oportunidades a que dá dereito a matrícula do TFG. Tempo de estudo e traballo persoal Na Memoria de verificación do GLLE atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do estudante, polo que ao TFG, materia de 12 créditos, correspóndenlle 300 horas de dedicación (aproximadamente 20 horas semanais nun cuadrimestre). Procedemento xeral para elixir, elaborar e defender o TFG MATRÍCULA 1. Para matricularse do TFG só se poden ter pendentes, como máximo, 75 créditos, excluídos os correspondentes ao TFG. 2. A matrícula dá dereito a dúas oportunidades por curso académico, e hai tres opcións para elixir: febreiro, xullo ou setembro. É importante ter en conta que a oportunidade de febreiro unicamente poderá ser empregada por aqueles alumnos que se gradúen ao remate do primeiro cuadrimestre. SELECCIÓN DE LIÑA TEMÁTICA E TITOR 3. Os departamentos ofertan cada ano unha serie de liñas temáticas e titores, que se coñecen con tempo suficiente. 4. No mes de setembro hai que entregar na secretaría da Facultade, no prazo que se fixe, un formulario para a solicitude de asignación de traballo coas propostas de liña temática e titor que máis interesen, por orde de preferencia. Se un alumno matriculado do TFG no curso anterior non o puidese ter defendido en ningunha das oportunidades por causas debidamente xustificadas, pode solicitar neste mesmo prazo que se lle prorrogue a asignación de liña temática e titor. 5. Cando varios estudantes solicitan a mesma liña e titor, teñen prioridade aqueles con mellor expediente académico, polo que é MOI IMPORTANTE que a solicitude inclúa un número suficiente de propostas, para evitar que a Comisión de Títulos de Grao teña que asignalos de oficio. 6. É ACONSELLABLE poñerse en contacto previamente co titor ou titores das liñas que máis interesen para clarificar o tipo de traballo que se podería elaborar, sobre todo se a liña temática é de carácter moi xeral. SELECCIÓN DE TEMA E TÍTULO 7. Unha vez que se asigne a proposta, o alumno debe contactar co seu titor a fin de delimitar o tema concreto e o título do TFG. 8. No prazo máximo dun mes desde a asignación, debe entregarse na secretaría da Facultade un formulario, que levará o visto e prace do titor, no que se incluirá o

título e unha breve descrición do contido do TFG. DEFENSA 9. Pódese presentar a solicitude de defensa pública do TFG aínda que haxa algunha materia pendente de ser avaliada na segunda oportunidade. 10. Para a defensa pública do TFG é imprescindible ter superados todos os créditos da titulación. 11. O TFG debe contar co visto e prace do titor (vid. infra, Observacións, x). 12. Debe cubrirse o documento Solicitude de defensa cos datos do alumno e os do TFG. É IMPRESCINDIBLE incluír o título do traballo nas tres linguas que se solicitan. 13. O documento debe enviarse no prazo establecido, en formato DOC e sen asinar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: tfg.filoloxia@usc.es O nome do documento debe conter a denominación abreviada do Maior en Lingua e Literatura Españolas e os apelidos do estudante, como no seguinte exemplo: _rodriguez_lopez.doc 14. No mesmo prazo, entréganse na secretaría do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral (despacho 121) os seguintes documentos: Unha copia en papel do documento anterior (Solicitude de defensa), asinada polo estudante e mais polo titor. Unha copia en papel do documento coa autorización de difusión e a declaración de que se trata dun traballo orixinal, asinado unicamente polo estudante. Unha copia en papel actualizada do expediente do alumno, extraído da súa secretaría virtual. Se algunha materia está pendente de ser avaliada na segunda oportunidade, a Normativa da USC dispón que o/a secretario/a do Centro solicitará do profesorado encargado das materias que informe sobre as cualificacións do alumnado que vaia presentar os traballos na mesma convocatoria (artigo 4, 4.3). Tres copias en papel encadernadas do TFG, asinadas polo estudante e polo titor. Unha copia electrónica do TFG en CD-ROM, en formato PDF, tamén asinada por ambos os dous na primeira páxina. 15. Días despois o tribunal anunciará con antelación suficiente o lugar e a hora en que se

realizará o acto de defensa do TFG. Observacións É conveniente que, antes de iniciar o proceso, se lea con atención a Normativa vixente da USC e mais o Regulamento para a elaboración do TFG da Facultade, dispoñible en http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/guiacentros/tfg.html. Recoméndase a consulta frecuente desta páxina, onde hai información completa e actualizada sobre todo o proceso de elaboración e defensa do TFG, ademais dos formularios que se precisan ao longo do mesmo. É RESPONSABILIDADE DO ALUMNO: i. Asistir ás sesións de traballo concertadas co titor. ii. Desenvolver o traballo conforme á planificación acordada co titor e, de non ser así, xustificar as desviacións. iii. Atender ás indicacións do titor. iv. Tomar a iniciativa na resolución de problemas. v. Cumprir cos prazos, requisitos formais e de presentación establecidos na normativa e nesta guía docente. Debe lembrarse que o TFG supón unha dedicación de 300 horas. É RESPONSABILIDADE DO TITOR: vi. Reunirse co alumno nas ocasións acordadas. vii. Aconsellar ao alumno sobre as cuestións relativas á realización do traballo. viii. Advertir o estudante cando o progreso do TFG estea por debaixo do estándar esperado e aconsellalo sobre o modo de resolver o problema. ix. Emitir o informe preceptivo. x. Dar o visto e prace ao TFG. Con el, o titor non se responsabiliza da calidade, senón que se limita a dar a súa conformidade aos seguintes aspectos do traballo: Adecúase a contidos do Grao en LLE; máis en concreto, á liña temática asignada, así como ao título e resumo previamente aprobados.

Cumpre os requisitos mínimos esixidos relativos á extensión e á estruturación (vid. supra, Contidos). QUE NON SE DEBE ESPERAR DO TITOR: xi. xii. O labor do titor é meramente orientativo, de xeito que non se debe esperar del que corrixa a redacción e cada unha das incorreccións gramaticais ou ortográficas do TFG; a súa tarefa non é actuar como corrector de probas do traballo. Debe lembrarse que, segundo a Normativa da Planificación Académica Anual do curso 2016-2017, o encargo do titor é de 3,5 horas lectivas e 6,5 de titorías para cada TFG, polo que non se debe esperar del que se ocupe de xeito constante e ininterrompido dos traballos que lle fosen asignados, e tampouco que estea dispoñible en calquera horario, nos días non laborables ou nas súas vacacións.