ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 7 de xullo de 2009

Similar documents
ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Á Mesa do Parlamento

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia


46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 9 de marzo de 2018

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

18/18.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 DE ABRIL DE 2018

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

XUNTA DE GALICIA. Anuncio

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

1/17.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 5 DE XANEIRO DE 2017

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

ACTA DA SESION ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL CORRESPONDENTE O DIA 5 DE MAIO DO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

DE LA PROVINCIA DE LUGO

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

Mapa de accidentalidade

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

O relevo e as costas de Galicia

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

AYUNTAMIENTOS. 4 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 Miércoles 11 enero 2006 V I G O ANUNCIO

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

Memoria Escola Galega de Administración Pública

UNIVERSIDADE DE VIGO LISTA DE ASISTENTES

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Transcription:

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 7 de xullo de 2009 ASISTENTES: Membros : NON ASISTEN: D. Abel Caballero Álvarez D. Xulio Calviño Rodríguez Dª Isaura Abelairas Rodríguez D. Francisco Xabier Alonso Pérez D. Santiago Domínguez Olveira D. Carlos López Font D. Eudosio Álvarez Álvarez Dª Mª Xosé Méndez Piñeiro D. Santos Héctor Rodríguez Díaz D. José Manuel Mariño Mendoza Invitados: Dª Laura López Atrio Dª Raquel Díaz Vázquez D. Angel Rivas González Dª María Jesús Lago Rey D. Xesús López Carreira Dª Iolanda Veloso Ríos Na Casa do Concello de Vigo, ás nove horas e quince minutos do día sete de xullo de dous mil nove e baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, Sr. Caballero Alvarez, coa asistencia dos concelleiros/as anteriormente citados, actuando como Secretaria a concelleira, Sra. Abelairas Rodríguez, constitúese a Xunta de Goberno Local desta Corporación co obxecto de realizar sesión EXTRAORDINARIA E URXENTE de acordo coa orde do día remitida a tódolos membros coa antelación legal precisa. Están tamén presentes por invitación, o titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno Local, Sr. Lorenzo Penela, o interventor xeral, Sr. González Carnero, titular da Asesoría Xurídica, Sr. González Yebra-Pimentel.. A Xunta de Goberno Local adopta os seguintes acordos: 1(958).- RATIFICACIÓN DA URXENCIA. A Xunta de Goberno local ratifica a urxencia da sesión. S.extr. 7.07.09

2(959).- EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS PARA AS ES- COLAS INFANTÍS MUNICIPAIS (PERSOAL PARA DOCENCIA, SERVIZO COME- DOR, SERVIZOS NUTRICIÓN, MANTEMENTO CONSERVACIÓN, LIMPEZA E MATERIAL DIDÁCTICO). EXPTE. 10715/332. Examinadas as actuacións do expediente, visto o informe xurídico do 29.06.09, o informe de fiscalización do 3.07.09, e de acordo co informe-proposta do xefe da Oficina Administrativa de Contratación, do 1.07.09, conformado pola concelleira delegada da Área de Educación, a Xunta de Goberno local acorda: 1º.- Declarara a urxencia na tramitación do expediente 10175-332 polas razóns expostas polo Xefe do servizo de Educación de 05-06-2009. 2º.- Aproba-lo gasto de 2.718.868 euros para a contratación dos servizos para as escolas infantís municipais consistentes en aportación do persoal necesario para a docencia e coidado integral dos nenos matriculados, servizo de comedor, servizos complementarios de orientación e nutrición, pequeno mantemento, conservación e limpeza dos edificios escolares e do material didactico propiedade do concello de Vigo, situadas en Atalaia-Teis, Costeira de Saians e Santa Cristina de Lavadores que se imputarán as seguintes partida 422.0.227.06.04, 422.0.227.06.07 e 422.0.227.06.08 dos presupostos dos anos 2009 ó 2013. 3º Aproba-lo expediente de contratación por lotes dos servizos para as escolas infantís municipais consistentes en aportación do persoal necesario para a docencia e coidado integral dos nenos matriculados, servizo de comedor, servizos complementarios de orientación e nutrición, pequeno mantemento, conservación e limpeza dos edificios escolares e do material didactico propiedade do concello de Vigo, situadas en Atalaia-Teis, Costeira de Saians e Santa Cristina de Lavadores, que contén o prego de prescripcións técnicas particulares de 05-06- 2009 e o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servizos por procedemento aberto con múltiples criterios de data 18-06-2009. 4º Abri-lo procedemento de licitación na forma legalmente prevista mediante a inserción de anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e o Diario Oficial de Galicia. 3(960).- EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E IMPARTICIÓN DA DOCENCIA PARA OS CURSOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO. EXPTE. 9958/332. Examinadas as actuacións do expediente, visto o informe xurídico do 25.05.09, o informe de fiscalización do 3.07.09, e de acordo co informe-proposta do xefe da Oficina Administrativa de Contratación, do 9.06.09, conformado pola concelleira delegada da Área de Educación, a Xunta de Goberno local acorda:

1º.- Convalidar e confirma-las actuacións preparatorias practicadas no expediente 9958-332, confirmando á orde de inicio do expediente asinada pola Concelleira Delegada de Educación de 08-10-2008. 2º.- Aproba-lo gasto que de 230.000 euros para a contratación do servizo de xestión, desenvolvemento e impartición da docencia para os cursos e actividades de formación teatral que o concello de Vigo acorde coa programación anual da escola municipal de Teatro, que se imputarán a partida 422.0.227.06.03 dos presupostos dos anos 2009; 2010 e 2011. 3º Aproba-lo expediente de contratación do servizo de xestión, desenvolvemento e impartición da docencia para os cursos da escola municipal de teatro, que contén o prego de prescripcións técnicas particulares de 27-04-2009 e o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servizos por procedemento aberto con múltiples criterios de data 29-04-2009. 4º Abri-lo procedemento de licitación na forma legalmente prevista mediante a inserción de anuncios no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e o Diario Oficial de Galicia. 4(961).- PROGRAMA DE REFORZOS DA POLICÍA LOCAL, ANO 2009. EXP- TE. 34002/212. Examinadas as actuacións do expediente, visto o informe de fiscalización do 3.07.09, e de acordo co informe-proposta da técnica de Formación e Avaliación de Recursos Humanos e o técnico de Organizaicón e Planificación de Recursos Humanos, do 25.06.09, conformado pola xefa do Servizo de Recursos Humanos e polo concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal, a Xunta de Goberno local acorda: 1º.-Aproba-lo programa de disponibilidade para a Policía local de Vigo que a continuación se transcribe: PROPOSTA DE ACORDO SOBRE XORNADAS DE DISPONIBILIDADE PARA A POLICÍA LOCAL PARA O ANO 2009. PRIMEIRA.- Obxecto, ámbito de aplicación e período de vixencia. O presente acordo ten por obxecto autoriza-la realización por parte do persoal de cadro da Policía Local, dun total de 700 xornadas, respecto das legalmente previstas, cunha duración cada unha delas de oito (8) horas. Corresponde ao Xefe da Policía Local, en función das necesidades do servizo, distribuir las xornadas de reforzos entre o persoal adscrito ao programa. Ditas xornadas realizaránse dende a súa aprobación pola Xunta de Goberno Local e ata o 31 de decembro de 2009. O custo total do programa non poderá exceder, en ningún caso,de 148.024,00 S.extr. 7.07.09

SEGUNDA.- Voluntariedade. A realización das xornadas adicionais ten carácter voluntario. Unha vez adscritos ó programa, os interesados veñen obrigados ao seu exacto cumprimento nos termos previstos no presente acordo. Dado o carácter voluntario de participación no programa de reforzos deberase realizar a adscripción ao mesmo de forma expresa por escrito, no que se declare o coñecemento das condicións nas que se deberá realizar aquél. A tal efecto, a Xefatura da Policía Local habilitará un prazo de quince días naturais, a contar dende o seguinte á asinatura do presente documento, para que os interesados poidan manifestar o seu interese en adscribirse ao programa, con carácter previo a súa aprobación pola Xunta de Goberno Local. O listado do persoal adscrito e as adhesións individuais ao mesmo, será remitido ao Servizo de Recursos Humanos e deberá figurar inexcusablemente nome e apelidos, grao, número de persoal e sección á que esta adscrito o interesado. Unha vez rematado o prazo non poderá adherirse ao programa ningún funcionario. TERCEIRA.- Retribucions 1. As xornadas de reforzo serán retribuidas en concepto de productividade. O importe de cada xornada será, segundo as categorías profesionais, o seguinte: 1º.- Policía: 208 2º.- Oficial: 221,5 3º.- Inspector: 249 4º.- Inspector principal: 256 O Servizo da Policia Local deberá remitir o listado do persoal que realizou as xornadas indicando nº de persoal, nome e apelidos, sección na que se atopan adscritos e data de realización das mesmas, ao obxecto do correspondente control. CUARTA.- Imposibilidade de continuar prestando a xornada de reforzo. No caso de que durante a prestación dalgunha das xornadas extraordinarias, o funcionario/a sufra algunha continxencia no seu estado de saúde que lle impida a continuación da prestación do servicio, deberá presentar xustificación oficial mediante o documento P-10 ou parte de ILT. Neste casos, o interesado poderá recuperar o tempo restante ata a conclusión da xornada de reforzo no momento en que se lle indique pola Xefatura do Servicio, sen prexuízo do seu dereito a percebir a cantidade correspondente a parte da xornada efectivamente realizada. 1 Contempla a retribución de 2008 máis o IPC previsto na Lei 2/2008, de orzamentos do Estado para 2009

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, se a causa da incapacidade é por accidente de traballo ou enfermidade profesional, someteráse a Comisión de Seguimento a forma de proceder en canto á necesidade de recuperar a parte da xornada non realizada. QUINTA.- Límites As xornadas de reforzo non poderán realizarse en ningún caso durante o período de vacacions do interesado/a. Os/as interesados/as, previa comunicación e conformidade da Xefatura, poderán intercambiar os seus días de disponibilidade por interés particular, sempre que se trate de funcionarios/as da mesma categoría y sección. SEXTA.- Exceso na duración das xornadas extraordinarias e outras circunstancias. 1 No caso excepcional de que a xornada exceda das oito horas, a diferencia aboaráse segundo os seguintes parámetros: Policía: 26 /h Oficial: 27,7 /h Inspector: 31,20 /h Inspector Principal: 32,30 /h. SÉTIMA.- Exclusividade retributiva As xornadas extraordinarias non devengarán concepto retributivo algún distinto dos expresados no presente Acordo. En todo caso, respetaranse as gratificacións previstas no art. 16 B, subapartado a) do vixente Acordo Regulador (24 e 31 de decembro). No caso excepcional de que o persoal adscrito as quendas de maña ou tarde se lle sexa asignado una xornada de disponibilidade na quenda de noite, devengará o recargo en concepto de nocturnidade. OITAVA.- Permisos oficiais e xornadas de reforzo. No caso de coincidir no día sinalado para a realización dunha xornada de reforzo, un permiso oficial do interesado/a segundo a normativa vixente, éste terá que recuperar a xornada no momento e na forma acordada pola Xefatura do Servicio. NOVENA.- Circunstancias de execución. Corresponde exclusivamente ao Xefe da Policía Local organizar a prestación das xornadas extraordinarias, en función das necesidades de servizo. Os servizos de reforzo comunicaránse, de ser posible, cunha antelación mínima de catro (4) días, salvo circustancias excepcionales ou de forza maior. 1 Contempla a retribución de 2008 máis o IPC da lei de orzamentos de 2009 S.extr. 7.07.09

Ditas xornadas realizaránse con carácter xeral en servicios na rúa, e inexcusablemente nas datas fixadas pola Xefatura en aplicación das cláusulas do presente acordo, salvo causa de forza maior. Nos casos excepcionais en que a prestación das xornadas de reforzo non se realicen en servizos na rúa, o Superintendente da Policia Local deberá facer constar no seu informe as circunstancias que deron lugar a elo. DÉCIMA.- Participación do Persoal. Co fin de garantizar o correcto cumprimento por amba-las dúas partes das cláusulas do presente acordo e as súas vicisitudes, constitúese unha Comisión integrada polo Presidente do Comité de Persoal e un representante de cada sindicato no Comité de Empresa; o concelleiro-delegado de Seguridade, Mobilidade e Transportes, o concelleiro delegado da área de Xestión Municipal, o Xefe do Corpo e un funcionario/a, técnico/a de administración xeral, que fará as veces de secretario. En cada reunión levantarase acta con contido dos asuntos tratados e, no seu caso, dos acordos acadados. DECIMO-PRIMEIRA.- Memoria do programa Na primeira semana do mes de decembro, o Xefe da Policía Local remitirá a Xunta de Goberno local memoria detallada e explicativa do grado de execución e cumprimento dos obxectivos previstos no programa de reforzos que se aproba. 2º.- Autorizar o gasto de 148.024,00 con cargo a partida orzamentaria 121.0.150.00.00- PRODUCTIVIDADE, destinado ao aboamento da realización do presente programa de disponibilidade do Servizo da Policía Local. 3º.- A Xunta de Goberno Local poderá autorizar a ampliación da realización de xornadas de disponibilidade ata un máximo de 1.750, dentro do período de vixencia do programa previa acreditación da sua necesidade.. 5(962).- RECEPCIÓN DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN DO POLÍGONO 1 DO PERI 4 BARREIRO 2. EXPTE. 4885/401. Examinadas as actuacións do expediente, dáse conta do informe-proposta do técnico de Admón. Xeral do 3.07.09, conformado polo director adxunto dos Servizos Técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, o director da Oficina de Planeamento-Xestión, e o director dos Servizos Técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, que di o seguinte: I. ANTECEDENTES I.1. O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Excmo. Concello de Vigo, na súa sesión do 10.10.2002, adoptou o seguinte acordo:

«PRIMEIRO: Aprobar definitivamente o Proxecto de Urbanización da Polígono 1 do PERI "4-Barreiro-2", de iniciativa municipal, na súa última versión, de setembro de 2001, con Memoria e Planos asinados polo enxeñeiro D. Santiago N. López Fontán (expte. 4375/401). SEGUNDO: Incorporar ó expediente núm. 7050/411 do PERI "4-Barreiro-2" os escritos de alegacións interpostos por D. José García Diéguez, Dª Mercedes Feijoo Segovia e Dª Digna Castro Vales, toda vez que non se refi - ren a este Proxecto de Urbanización senón única e exclusivamente ó PERI. Ditos escritos serán examinados nese outro expediente, no que se deberon incluír dende un principio. TERCEIRO: Durante a execución das obras deberá darse cumprimento ó especificado polos enxeñeiros municipais de Parques e Xardíns e Servicios Electromecánicos nos seus respectivos Informes, obrantes no expediente. CUARTO: No momento inmediatamente anterior ó do inicio das obras efectuarase un replanteo das mesmas en coordinación cos técnicos do departamento de Vías e Obras do Concello. Tamén debe comunicarse o inicio e finalización das obras ó departamento municipal de Servicios Electromecánicos, para a comprobación da rede de iluminación pública. QUINTO: Publíquese este Acordo no BOP e no DOG. Notifíquese ó departamento municipal de Vías de Obras, e ós interesados afectados, con indicación de que contra o mesmo cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo máximo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses». I.2. Posteriormente, a Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 16.10.2006 decidiu adxudicar as obras correspondentes ó proxecto de urbanización das Fases I e II do Polígono 1 do PERI 4 BARREIRO 2 á empresa Movex Vial, S.L. por importe de 2.584.410 (Exp. nº 1641/407; BOP nº 230, do 30.11.2006). I.3. O 12.11.2008 tivo entrada no Rexistro xeral da XMU (Doc. nº 80143407) a solicitude do contratista de recepción das obras correspondentes ó proxecto modificado das obras de urbanización de referencia. I.4. Constan no expediente nº 4885/401 os seguintes informes favorables: - Do Servizo de Electromecánicos, do 26.12.2008. - De Gas Galicia SDG, S.A., do 16.01.2009. - De Telefónica de España, S.A., do 19.01.2009. - De Aqualia, Gestión Integral del Agua, S.A., do 13.02.2009. - De R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A., do 11.03.2009. - De Unión Fenosa, S.A., de acordo coa comunicación remitida o 16.06.2009 e os informes do Director adxunto dos Servizos técnicos da XMU de datas 19.06.2009 e 03.07.2009, dos que resultaría a viabilidade de que, desde a rede actual, se dea servizo ó edificio de vivendas promovido pola Federación de AAVV Eduardo Chao. - Do Servizo de Montes, Parques e Xardíns, do 29.06.2009. I.5. Advírtese, con todo, que o informe favorable da empresa Unión Fenosa, S.A. estaría condicionado a que, para garantir a potencia por subministrar ó resto de dotacións e edificacións do ámbito (p.ex. a piscina olímpica), o Concello se faga cargo das obras incluídas no expediente nº 248107110309, cuxo importe estimado non vinculante para o Concello- ascendería a 247.386,10 (Informe do Director dos Servizos técnicos da XMU do 14.04.2009; Exp. nº 56/403). S.extr. 7.07.09

Segundo informa o Director adxunto dos Servizos técnicos da XMU o 19.06.2009, as unidades de obra civil as realizaría o Concello de Vigo, ó seu cargo (e ós prezos establecidos por esta Admón.), seguindo o esquema deseñado pola compañía eléctrica, encargándose ésta das incluídas como obra eléctrica. I.6. Para os efectos do disposto no Art. 4.3.4.2. do PXOM, achégase tamén informe do Enxeñeiro técnico de OO.PP. e do Director adxunto dos Servizos técnicos da XMU de data 19.06.2009 no que se indica que: «Duran - te la ejecución de las obras de urbanización cuya recepción se propone, y con cargo al correspondiente porcen - taje estimado para el preceptivo Control de Calidad, la empresa GALAICONTROL llevo a cabo los ensayos e informes que la Dirección de Obra solicitó. En el expediente constan las copias de dichos informes y ensayos, que avalan la idoneidad de las obras, salvo vicios ocultos».tales ensaios e informes obran na documentación técnica relativa á execución deste proxecto de urbanización. II. NORMATIVA EXAMINADA TRLS/2008 (RDLex. 2/2008, do 20 de xuño, Texto Refundido da Lei do Solo). LOUGA (L.9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación urbanística e Protección do medio rural de Galicia). RDLex.1/2008, do 11 de xaneiro, Texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de pro - xectos. L.9/2006, do 28 de abril, sobre Avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. L.6/2007, do 11 de maio, de Medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. LRBRL (L.7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime local). LRX-PAC (L.30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico da Admóns. públicas e do Procedemento administrativo común). LCSP (L.30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector público). RD.1098/2001, do 12 de outubro, Regulamento xeral da Lei de contratos das Admóns. públicas. RD.817/2009, do 8 de maio, Regulamento de desenvolvemento parcial da LCSP L.8/1997, do 20 de agosto, de Accesibilidade e supresión de barreiras na CA de Galicia. D.35/2000, do 28 de xaneiro, de desenvolvemento e execución da L.8/1997. RDUGal (D.28/1999, do 21 de xaneiro, Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia). RXU (D.3288/1978, do 25 de agosto, Regulamento de Xestión urbanística). RPU (D.2159/1978, do 23 de xuño, Regulamento de Planeamento urbanístico). RD.1093/1997, do 4 de xullo, Regulamento sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de actos de natureza urbanística. Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo (A.D. Pleno 29.07.1996, BOP 04.09.1996; modificación: A.D. Pleno 20.10.2000, BOP 06.11.2000). PXOU-93 (Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo; A.D. Consello da Xunta 29.04.2003; DOG 10.05.1993; normas urbanísticas, BOP nº 133, 14.07.1993). PXOM 2008 (Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo; A.D. parcial: Orde Conselleira CPTOPT do 16.05.2008; DOG nº 106, do 03.06.2008; BOP nº 151, do 06.08.2008). III. DEREITO/VALORACIÓN XURÍDICA

III.1. Dispón o Art. 110.5 da LOUGA que a recepción polo concello das obras de urbanización en execución do planeamento rexerase polo disposto na lexislación de contratos das Administracións públicas e que, para o caso de que a Admón. non resolva expresamente sobre a recepción das obras de urbanización no prazo de tres (3) meses, contado desde que se inste a recepción, abondará co ofrecemento formal de cesión das mesmas pola persoa responsable da execución, para os efectos de entendelas recibidas. III.2. Na actualidade, o Art. 218 da LCSP preceptúa que á recepción das obras á súa terminación concorrerá o responsable do contrato (se existise) ou un facultativo designado pola Admón. representante désta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Se as obras se atopasen en bo estado e axustadas ás prescricións previstas, o funcionario técnico designado pola Admón. contratante e representante désta as dará por recibidas, redactándose a correspondente acta e comezando entón a contar o prazo de garantía que, en principio, non poderá ser inferior a un (1) ano. Durante ese prazo de garantía, o propietario coidará da conservación e policía das obras. Se descoidase a conservación e dese lugar a que periguen as mesmas, executaranse pola Admón. e a custa do contratista os traballos precisos para evitar o dano (Art. 167 RX-TRLCAP). No suposto de vicios ocultos na obra, o prazo para esixir a responsabilidade será de 15 anos (Art. 219 LCSP). III.3. Inclúense no expediente administrativo, como xa se dixo, os informes favorables das distintas compañías prestadoras dos diferentes servizos urbanísticos, así como dos departamentos municipais ós que se lles requiriu. Reitérase, en todo caso, o carácter condicionado da autorización de Unión Fenosa, S.A., supeditado ó compromiso municipal de asumir ó seu cargo as obras incluídas no expediente nº 248107110309 da compañía eléctrica, que deberían executarse con carácter previo á posta en funcionamento das demáis de dotacións e edifica - cións previstas; en enconcreto, da piscina olímpica. Consta tamén o informe do Enxeñeiro técnico de OO.PP. e do Director adxunto dos Servizos técnicos da XMU do 03.07.2009 no que se indica que as obras foron executadas de conformidade cos proxectos aprobados e que non existiría inconveniente en acceder ó solicitado; é dicir, á recepción das obras de urbanización obxecto de informe. III.4. É competente para adoptar o acordo que a seguir se proporá a Xunta de Goberno Local, en virtude do disposto no Art. 127 da LRBRL. IV. PROPOSTA En consecuencia, visto o que antecede e a normativa de pertinente aplicación, propónse á Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo a adopción do seguinte, ACORDO PRIMEIRO: De acordo cos informes técnicos que constan no Exp. nº 4885/401, aceptar a recepción das obras incluídas no proxecto de urbanización do Polígono 1 do PERI 4 BARREIRO 2 (Fases I e II), executadas por encargo municipal- pola empresa Movex Vial, S.L.. SEGUNDO: Notificar o presente acordo ós interesados, coa indicación de que contra o mesmo cabe interpoñer, alternativamente, recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o ditou no prazo de un (1) mes ou recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Vigo no prazo de dous (2) meses, contados desde o dia seguinte ó da súa notificación. S.extr. 7.07.09

TERCEIRO: Dar traslado tamén do contido íntegro deste acordo ó Servizo de Licenzas de obras da Xerencia de Urbanismo, ós Departamentos municipais de Vías e Obras, Electromecánicos, Montes, Parques e Xar - díns, Limpeza, Patrimonio e Estatística, así como á concesionaria "Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A." e ás compañías "Telefónica de España, S.A.", "Unión Fenosa S.A.", "R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A." e "Gas Natural SDG, S.A."» Non obstante, o órgano resolutorio decidirá, co seu superior criterio, o que estime máis conveniente. Acordo A Xunta de Goberno local aproba a proposta contida no precedente informe. E sen ter máis asuntos que tratar, o Sr. presidente rematou a sesión ás nove horas e dezaoito minutos. Como secretaria dou fé. me. A CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, Isaura Abelairas Rodríguez.