Memoria final do departamento de Física e Química IES A Xunqueira II. Pontevedra.

Similar documents
Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

PRIMARIA CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN PUBLICACIÓN

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA


Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Programación de proba libre de módulos profesionais

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Referentes para a avaliación

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Os alumnos/as con ACI non deberán mercar os libros ata setembro

Mapa de accidentalidade

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

O relevo e as costas de Galicia

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

DATOS IDENTIFICATIVOS

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Informe mensual do paro rexistrado

Á Mesa do Parlamento

UNIVERSIDAD AUTÓNOMA DE NUEVO LEÓN FACULTAD DE INGENIERÍA MECÁNICA Y ELÉCTRICA

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

XANEIRO - SETEMBRO 2018

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

A Facultade dispón de Aula de Informática e Aula de Videoconferencia, situadas no bloque E, planta baixa.

Probas dos elementos internos do alternador

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Laboratorio do Territorio

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

A máquina de escribir

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Welcome to Greenman and the Magic Forest

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

PRO PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CURSO IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES LUGO

Facultade de CC. Económicas e Empresariais

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DA SAÚDE PÚBLICA. Memoria 2014

Obradoiro de enerxía solar

Absorbentes solo aceites

Departamento de Musicoloxía

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PLAN ANUAL DE LECTURA 2017/18 IES LOSADA DIÉGUEZ

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Contido. Profesorado do Contido. Obxectivos da materia. Contidos

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

Universidade de Santiago de Compostela, 2012

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Anexo. Detalle das accións

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Memoria Escola Galega de Administración Pública

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

Transcription:

Memoria final do departamento de Física e Química IES A Xunqueira II. Pontevedra. Asdo. A xefatura de departamento. Dª/D. Mª del Carmen Redondo Pérez. Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 1 de 11

Índice Índice... 2 1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas motivacións.... 3 2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores.... 6 3. Propostas para a revisión de:... 8 a. A programación didáctica para o curso seguinte.... 8 b. A concreción curricular.... 8 4. Funcionamento do departamento.... 8 5. Composición do mesmo.... 8 6. Temas máis importantes tratados nas reunións.... 8 a. Setembro.... 8 b. Outubro.... 8 c. Novembro.... 9 d. Decembro.... 9 e. Xaneiro.... 9 f. Febreiro.... 9 g. Marzo.... 9 h. Abril.... 9 i. Maio.... 9 j. Xuño.... 10 7. Informe de actividades complementarias e extraescolares.... 10 8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave.... 10 9. Libros de texto.... 11 Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 2 de 11

1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas motivacións. Nos cursos de 1º e 2º de bacharelato o cumprimento da programación foi do 100%, pero non deu tempo de traballar en profundidade algúns EA de 1º e que son os seguintes: FQB7.6.1. Comproba as leis de Kepler a partir de táboas de datos astronómicos correspondentes ao movemento dalgúns planetas. FQB7.6.2. Describe o movemento orbital dos planetas do Sistema Solar aplicando as leis de Kepler e extrae conclusións acerca do período orbital destes. FQB7.7.1. Aplica a lei de conservación do momento angular ao movemento elíptico dos planetas, relacionando valores do raio orbital e da velocidade en diferentes puntos da órbita. FQB7.7.2. Utiliza a lei da dinámica para explicar o movemento orbital de corpos como satélites, e planetas, relacionando o raio e a velocidade orbital coa masa do corpo central. FQB7.8.1. Expresa a forza da atracción entre dous corpos calquera, coñecidas as variables das que depende, establecendo como inciden os cambios nestas sobre aquela. FQB7.8.2. Compara o valor da atracción gravitatoria da Terra sobre un corpo na súa superficie coa acción afastados sobre o mesmo corpo. FQB7.9.1. Compara a lei de Newton e a de Coulomb, e establece diferenzas e semellanzas entre elas. FQB7.9.2. Acha a forza neta que un conxunto de cargas exerce sobre unha carga problema utilizando a lei de Coulomb. FQB7.10.1. Determina as forzas electrostática e gravitatoria entre dúas partículas de carga e masa coñecidas e compara os valores obtidos, extrapolando conclusións ao caso dos electróns e o núcleo dun átomo. FQB8.4.1. Asocia o traballo necesario para trasladar unha carga entre dous puntos dun campo eléctrico coa diferenza de potencial existente entre eles permitindo o cálculo da enerxía implicada no proceso. O principal motivo de non traballalos en profundidade foi o número excesivo de actividades extraescolares( saídas de unha semana a Andorra e a Londres, charlas, etc) Neste curso non se puideron realizar prácticas en 1º bacharelato por carecer de profesorado para realizar os desdobres de laboratorio. En 4º ESO non se traballaron en profundidade os seguintes EA: FQB4.13.1. Xustifica razoadamente fenómenos en que se poña de manifesto a relación entre a presión e a profundidade no seo da hidrosfera e a atmosfera. FQB4.13.2. Explica o abastecemento de auga potable, o deseño dunha presa e as aplicacións do sifón, utilizando o principio fundamental da hidrostática. FQB4.13.3. Resolve problemas relacionados coa presión no interior dun fluído aplicando o principio fundamental da hidrostática. Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 3 de 11

FQB4.13.4. Analiza aplicacións prácticas baseadas no principio de Pascal, como a prensa hidráulica, o elevador, ou a dirección e os freos hidráulicos, aplicando a expresión matemática deste principio á resolución de problemas en textos prácticos. FQB4.14.1. Comproba experimentalmente ou utilizando aplicacións virtuais interactivas a relación entre presión hidrostática e profundidade en fenómenos como o paradoxo hidrostático, o tonel de Arquímedes e o principio dos vasos comunicantes. FQB4.14.2. Interpreta o papel da presión atmosférica en experiencias como o experimento de Torricelli, os hemisferios de Magdeburgo, recipientes invertidos onde non se derrama o contido, etc. Inferindo o seu elevado valor. FQB4.14.3. Describe o funcionamento básico dos barómetros e manómetros, e xustifica a súa utilidade en diversas aplicacións prácticas. FQB4.15.1. Relaciona os fenómenos atmosféricos do vento e a formación de frontes coa diferenza de presións atmosféricas entre distintas zonas. FQB4.15.2. Interpreta os mapas de isóbaras que se amosan no prognóstico do tempo, indicando o significado da simboloxía e os datos que aparecen nestes. FQB5.1.1. Resolve problemas de transformacións entre enerxía cinética e potencial gravitatoria, aplicando o principio de conservación da enerxía mecánica. FQB5.1.2. Determina a enerxía disipada en forma de calor en situacións onde diminúe a enerxía mecánica. FQB5.2.1. Identifica a calor e o traballo como formas de intercambio de enerxía, distinguindo as acepcións coloquiais destes termos do seu significado científico. FQB5.2.2. Recoñece en que condicións un sistema intercambia enerxía en forma de calor ou de traballo. FQB5.3.1. Acha o traballo e a potencia asociados a unha forza, incluíndo situacións en que a forza forma un ángulo distinto de cero co desprazamento, e expresa o resultado nas unidades do SI ou en calorías, kwh ou CV. FQB5.5.1. Explica ou interpreta, mediante ilustracións ou a partir delas, o fundamento do funcionamento do motor de explosión. FQB5.5.2. Realiza un traballo sobre a importancia histórica do motor de explosión e preséntao empregando as TIC. FQB5.6.1. Utiliza o concepto da degradación da enerxía para relacionar a enerxía absorvida e o traballo realizado por unha máquina térmica. FQB5.6.2. Emprega simulacións virtuais interactivas para determinar a degradación da enerxía en distintas máquinas, e expón os resultados empregando as TIC. En 4º ESO non deu tempo ( debido ás actividades extraescolares, charlas, folgas do alumnado) a impartir os EA: FQB5.4.1. Describe as transformacións que experimenta un corpo ao gañar ou perder enerxía, determinar a calor necesaria para que se produza unha variación de temperatura dada e para un cambio de estado, e representar graficamente estas transformacións. FQB5.4.2. Calcula a enerxía transferida entre corpos a distinta temperatura e o valor da temperatura final aplicando o concepto de equilibrio térmico. Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 4 de 11

FQB5.4.3. Relaciona a variación da lonxitude utilizando o coeficiente de dilatación lineal correspondente. FQB5.4.4. Determina experimentalmente calores específicas e calores latentes de substancias mediante un calorímetro, realizando os cálculos necesarios a partir dos datos empíricos obtidos. En 3º ESO e en 2º ESO A, B o cumprimento da programación foi do 100%. En 2º ESO adiantouse o bloque de Enerxía por petición do departamento de Música. Nos cursos 2º ESO B e D quedaron sen traballar os seguintes EA: FQB4.1.1. En situacións da vida cotiá, identifica as forzas que interveñen e relaciónaas cos seus correspondentes efectos na deformación ou na alteración do estado de movemento dun corpo. FQB4.1.2. Establece a relación entre o alongamento producido nun resorte e as forzas que produciron eses alongamentos, e describe o material para empregar e o procedemento para a súa comprobación experimental. FQB4.1.3. Establece a relación entre unha forza e o seu correspondente efecto na deformación ou na alteración do estado de movemento dun corpo. FQB4.1.4. Describe a utilidade do dinamómetro para medir a forza elástica e rexistra os resultados en táboas e representacións gráficas, expresando o resultado en unidades do SI: FQB4.5.1. Analiza os efectos das forzas de rozamento e a súa influencia no movemento dos seres vivos e os vehículos. FQB4.6.1. Relaciona cualitativamente a forza de gravidade que existe entre dous corpos coas súas masas e a distancia que os separa. FQB4.6.2. Distingue entre masa e peso calculando o valor da aceleración da gravidade a partir da relación entre esas dúas magnitudes. FQB4.6.3. Recoñece que a forza de gravidade mantén os planetas xirando arredor do Sol, e á Lúa arredor do noso planeta, e xustifica o motivo polo que esta atracción non leva á colisión dos dous corpos. FQB4.7.1. Relaciona cuantitativamente a velocidade da luz co tempo que tarda en chegar á Terra desde obxectos celestes afastados e coa distancia á que se atopan eses obxectos, interpretando os valores obtidos. FQB4.8.1. Realiza un informe empregando as TIC, a partir de observacións ou da procura guiada de información sobre a forza gravitatoria e os fenómenos asociados a ela. Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 5 de 11

2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores. Os resultados académicos alcanzados no curso 2017-18 polos alumnos na convocatoria de xuño se recollen na seguinte táboa: Nº TOTAL ALUMNOS Nº APROBADOS Nº SUSPENSOS % APROBADOS % SUSPENSOS 2º ESO 113 100 13 88,50 11,50 3º ESO 92 66 26 71,74 28,26 4º ESO 50 32 18 64,00 36,00 1º BACHARELATO 50 42 8 84,00 16,00 2º BACH QUÍMICA 31 23 8 74,19 25,81 2º BACH FÍSICA 15 11 4 73,33 26,67 Aprobados e suspensos por nivel Aprobados Suspensos 99 66 14 26 32 18 42 23 8 9 11 4 FQ 2º ESO FQ 3º ESO FQ 4º ESO FQ 1º Bach Química 2º Bach Física 2º Bach Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 6 de 11

IES A Xunqueira II No seguinte cadro recóllense as porcentaxes de aptos dos últimos catro cursos: MATERIA % APTOS % APTOS % APTOS % APTOS Curso 2013-14 Curso 2014-15 Curso 2015-16 Curso 2016-17 FQ 2º ESO 69,70 FQ 3º ESO 72,5 84,4 70,9 82,56 FQ 4º ESO 87,5 92,9 90,0 88,37 FQ 1º BACHARELATO 72,0 83,3 56,6 63,04 FQ 2º BACH QUÍMICA 90,6 78,6 66,7 79,4 FQ 2º BACH FÍSICA 100 94,1 70,6 100 Resultados das materias pendentes na convocatoria de xuño de 2018: PRESENTADOS Nº APROBADOS Nº SUSPENSOS % APROBADOS % SUSPENSOS PENDENTES DE 2º ESO 4 3 1 75 25 PENDENTES DE 3º ESO 1 0 1 0 100 PENDENTES DE 1º BACHARELATO 5 5 0 100 0 Resultados das probas ABAU na convocatoria de xuño de 2018: PRESENTADOS APROBADOS SUSPENSOS % APROBADOS % SUSPENSOS QUÍMICA 20 20 0 100,00 0,00 FÍSICA 9 8 1 88,90 11,10 Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 7 de 11

IES A Xunqueira II 3. Propostas para a revisión de: a. A programación didáctica para o curso seguinte. Para o próximo curso académico, terase que seguir mellorando a programación introducindo novas rúbricas e revisando os criterios de cualificación de segundo de bacharelato. Por outro lado, o departamento está moi interesado en colaborar co resto dos departamentos na elaboración do Perfil Competencial do centro, para incluílo na programación. b. A concreción curricular. O próximo curso o Departamento vai asumir a docencia do Ámbito científico de 2º PMAR polo que a programación ten que conter a concreción curricular de dita materia. 4. Funcionamento do departamento. O Departamento a través das súas reunións mensuais e das reunións informais, tivo un funcionamento correcto ao longo do curso. 5. Composición do mesmo. Dª Belén Gosende Bragaña: 1 grupo de Física de 2º Bacharelato, 2 grupos de FQ 4º ESO, 2 grupos de FQ 2º ESO, 2 grupos de desdobre laboratorio de 2º ESO. Dª Vanesa Varela Ramos: 4 grupos de FQ de 3º ESO, 2 grupos de FQ de 2º ESO, 1 grupo de desdobre de laboratorio de 2º ESO, 1 grupo de CN de 1º ESO. Dª Mª del Carmen Redondo Pérez (Xefa do Departamento): 2 grupos de Química de 2º Bacharelato, 2 grupos de FQ de 1º Bacharelato. 6. Temas máis importantes tratados nas reunións. a. Setembro. Constitución do departamento. Reparto de grupos para o curso 2017/18. Aprobación da programación. b. Outubro. Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 8 de 11

IES A Xunqueira II Decídense as experiencias que se van facer na Semana da Ciencia no mes de novembro: Holografía, Sopra e xunta, A cor da lombarda, Péndulo de Newton, xoguete balancín, Xogo de preguntas e respostas sobre mulleres científicas, en colaboración co Departamento de Tecnoloxía. c. Novembro. d. Decembro. e. Xaneiro. Análise dos resultados obtidos na primeira avaliación. f. Febreiro. Seguimento dos alumnos pendentes. Participación nas olimpíadas de Química deste ano. g. Marzo. Incorporación dunha alumna de 2º ESO que ten ACI cos contidos marcados polo centro de referencia. h. Abril. Análise dos resultados da segunda avaliación. Infórmase de que un alumno de segundo bacharelato obtivo medalla de prata nas Olimpíadas galegas de Química. Dito alumno vaise presentar ás Olimpíadas nacionais. i. Maio. Seguimento dos alumnos pendentes. Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 9 de 11

Infórmase de que o alumno Alexander Vidal Zhukova obtivo medalla de bronce nas Olimpíadas nacionais de Química. j. Xuño. Análise dos resultados da avaliación ordinaria. 7. Informe de actividades complementarias e extraescolares. Participación nas Olimpíadas galegas de Química nas que o alumno Alexander Vidal Zhukova acadou o segundo posto no distrito de Santiago de Compostela. Participación nas Olimpíadas nacionais de Química onde o mesmo alumno acadou a medalla de bronce. Celebración da semana da Ciencia no mes de novembro. Participación no proxecto PITEAS cos alumnos de 2º ESO. Participación no Club de Ciencia. 8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave. Neste apartado cumpriuse, en liñas xerais, o programado. O centro dispón de ordenador e canón para cada aula e para os laboratorios que permiten unha conexión directa á rede, sendo posible utilizar imaxes, páxinas web, videos, etc, para apoiar as clases. Utilizáronse os seguintes programas: Programa Excel para a elaboración de táboas e gráficas (LibreOffice Calc). Programa Power Point para a elaboración de presentación (LibreOffice Impress). Programa Canva para a elaboración e edición de póster. Simuladores e laboratorios virtuais, como: goo.gl/cu3rqk. Por outro lado, familiarizouse aos alumnos de ESO coa terminoloxía científica, modo de expresar as unidades, expresión correcta de resultados, etc. Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 10 de 11

9. Libros de texto. EDITORIAL TÍTULO AUTORES I.S.B.N. MATERIA FÍSICA E QUÍMICA 2º DE ESO FÍSICA E QUÍMICA 3º DE ESO SM 2016 VICENS VIVES (CASTELÁN) 2015 FÍSICA Y QUÍMICA FQ-3 JOSÉ G. LÓPEZ DE GUEREÑU ÁNGEL GONZÁLEZ Á. Fontanet Rodríguez Mª.J. Martínez de Murguía 978-84-675-8681-7 978-84-682-3046-7 FÍSICA E QUÍMICA DE 4º DE ESO FÍSICA E QUÍMICA DE 1º DE BACHARELATO VICENS VIVES (CASTELÁN) 2016 ANAYA (GALEGO) 2015 FQ-4 FÍSICA E QUÍMICA 1 Á. Fontanet Rodríguez Mª.J. Martínez de Murguía S. ZUBIAURRE E OUTROS 978-84-682-3664-3 978-84-678-2816-0 QUÍMICA DE 2º DE BACHARELATO BAÍA 2016 QUÍMICA MANUELA DOMÍNGUEZ 978-84-9995-196-6 Departamento de Física e química. MD50XD04G Actualización do 25 de junio de 2018 Páxina 11 de 11