C O N C E L L O A G U A R D A

Similar documents
ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016


DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

REGULAMENTO DO SERVICIO MUNICIPAL DE RETIRADA E TRANSPORTE DE ENTULLOS E DE EXPLOTACION DO VERTEDOIRO URBANO

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

3?5'-i. - Servicio Terciario: - Categoría Hospedaxe: grao lo en edificio exclusivo ou compatible co residencial e

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

AYUNTAMIENTOS. 4 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 Miércoles 11 enero 2006 V I G O ANUNCIO

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

TAXAS POLOS SERVIZOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS, PREVENCIÓN DE RUÍNAS, DERRIBAS, SALVAMENTOS E OUTROS ANÁLOGOS.

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

DE LA PROVINCIA DE LUGO

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Mapa de accidentalidade

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

Á Mesa do Parlamento

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DIA 1 DE XULLO DE DOUS MIL DEZASEIS.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

DE LA PROVINCIA DE LUGO

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

XUNTA DE GALICIA. Anuncio

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES 2016

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

ourense Benestar Social

Transcription:

ORDENANZA XERAL REGULADORA DA ACTIVIDADE FUNERARIA CAPITULO I DISPOSICIONS XERAIS ARTIGO 1. AMBITO DE APLICACION En aplicación do art. 25.2.j) da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Rexime Local, en relación co art. 84 da mesma, co art. 22 do Real Decreto Lei 7/1996 de 7 de xuño e co art. 1 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais aprobado por Decreto 17 de xuño de 1955, a actividade funeraria terá a consideración de servicio de interese publico e regularase no termo municipal de A Guarda pola presente ordenanza, sen prexuizo da aplicación das disposicións da Comunidade Autónoma Galega (Decreto 134/1998, de 22 de abril) e do Estado (R. Decreto 2.263/74 de 20 de xullo) ARTIGO 2. ACTIVIDADE DE SERVICIOS FUNERARIOS A actividade funeraria é unha actividade integral, constituida polos servicios ou prestacións básicos e complementarios. ARTIGO 3. SERVICIOS BASICOS 1. Son os seguintes: * Xestións ante o medico, xulgados e Rexistro Civil e outros organismos. * Acondicionamento do cadáver (lavado, afeitado, taponado e amortallamento). * Conservación transitoria e/ou embalsamamento do cadaver. * Vestido e enferetramento do cadaver. * Subministro de cadaleito. * Conducción do cadaver, unha vez enferetrado, dentro do termo municipal de A Guarda. 1 2. Os servicios básicos teñen o caracter de prestacións minimas, conforme os usos sociais, e a conciencia civica. ARTIGO 4. SERVICIOS COMPLEMENTARIOS 1.-Son os seguintes: * Velatorio, que comprende instalación de capela ardente, vixiancia do cadaleito e o seu acompañamento. *Boato interior: flores e mesa de sinaturas. *Boato exterior: recordatorios-impresos, e esquelas en prensa. * Xestións perante a Igrexa Católica ou outras organizacións relixiosas. * Axenciado de sepulturas. * Tanatopraxia. * Cremación. * Transporte a outros municipios de persoas falecidas en A Guarda. * Outros servicios ó uso.

2.-Os servicios complementarios seran prestados, no seu caso, de acordo co que os interesados conveñan coas empresas funerarias. ARTIGO 5. EXERCICIO DA ACTIVIDADE FUNERARIA (modifícase este art. quedando coa seguinte redacción) 1.-A actividade funeraria podera ser exercida libremente no termo municipal de A Guarda por tóda-las persoas, fisicas e xurídicas, que soliciten e obteñan do Concello de A Guarda a correspondente autorización previa, de acordo co disposto na presente ordenanza. 2.-Dita autorización tera caracter regulado e outorgarase a todo solicitante que reuna os requisitos previstos nesta Ordenanza e demais normativa que lle sexa de aplicaci6n ós servicios funerarios. 3.-O solicitante de autorización para exercicio da actividade funeraria, con ou sen establecemento, debera acompañar necesariamente á solicitude a documentación seguinte, en todo caso: a) Certificado de estar domiciliada legalmente nun termo municipal. b) Estar provista de autorización de transporte funerario, tarxeta V.F., expedida pola Comunidade Autónoma para cada un dos vehículos cos que se pretenda exercer a actividade c) Certificado médico de defunción, salvo nos casos de intervención xudicial ou cadáveres de persoas falecidas por causa radioactiva ou infecciosa, que supoñan risco sanitario, como o cólera, carbunco ou aquelas outras que, no seu momento, poda deteminar a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, cando excepcionais ciucunstancias epidemiolóxicas o fagan necesario, no que poderá procederse ó transporte inmediato e directo ó domicilio do difunto, tanatorio ou lugar autorizado, polo órgano correspondente. No caso de exercicio da actividade funeraria con establecemento no termo municipal, engadiráse ademáis: 2 1.- Licencia de enterramento. 2.- Cadro de prezos dos servicios que se pretende prestar e compromiso de comunicar ó concello calquera modificación que se produza naquel. 3.- Follas de reclamacións para o seu selado polo Concello, que deberá manterse permanentemente a disposición dos clientes da empresa e dos servicios municipais de inspección. As empresas funerarias que pretendan non só operar, senón tamen establecerse dentro do termo municipal, deberán ademáis, solicitar e obter previamente, a preceptiva licencia de actividade ou apertura e obra no seu caso, tra-la acreditación de que cumpren a presente Ordenanza e demais normativa de xeral aplicación na materia, tal como contempla no Capitulo seguinte. Neste caso a autorización entenderase incluida na licencia de actividade ou apertura. ARTIGO 6. ENTIDADES EXCLUIDAS DA ACTIVIDADE Sempre que se cumpla co articulado desta Ordenanza, poderan exercer a actividade funeraria todalas persoas físicas ou xurídicas que obteñan a correspondente licencia.

CAPITULO II LICENCIA PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE FUNERARIA CON ESTABLECEMENTO ARTIGO 7. REQUISITOS PARA SOLICITAR LICENCIA. O solicitante de licencia para o exercicio da actividade funeraria con establecemento deberá acompañar necesariamente a solicitude unha memoria explicativa dos medios persoais e materiais a utilizar e un proxecto asinado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente, no que describirá con detalle as obras e instalacións do tanatorio afectas a actividade. ARTIGO 8. CONCEPTO B INSTALACIONS DO TANATORIO. 1.-Enténdese por tanatorio o conxunto de instalacións necesarias para o depósito e conservación de cadáveres, sala para a exposici6n, tanatosalas para velación do cadaver previa a inhumaci6n ou cremación, dependencias para a autopsia e tanatopraxia, almacen de cadaleitos, armarios-frigoríficos, dependencias para atender ó público, oficinas administrativas, vestiarios e aseos, e local para a garda de vehiculos da empresa. O tanatorio pode estar dotado de forno crematorio. 2.-Calquera proxecto de tanatorio a presentar perante o Concello de A Guarda, debe suxeitarse a estes parámetros: A) Características mínimas 3 Catro salas velatorio. Cada unha delas disporá de dous espacios diferentes, separados mediante cristaleira. Un espacio e para familiares e achegados; o outro é para ó túmulo no que se exporá o cadaver, contando cos dispositivos necesarios para manter unha temperatura maxima de 4ºC A entrada e circulación de cadaveres sera independiente da reservada para acceso peonal de visitantes. Unha sala de preparación de cadaveres Unha sala de exposición de cadaleitos. Dous armarios-frigorificos. Un almacén para albergar necesariamente stock de cadaleitos en cantidade equivalente ó 10% dos falecementos acontecidos en A Guarda durante a ano anterior. 0 stock debe manterse pola empresa en todo momento durante a ano. Dependencias para atención ó público, que pernaneceran abertas; durante tódalas horas do día e todos os dias do ano. Oficinas administrativas. Vestiarios e aseos.

Local para a garda de vehículos da empresa. O tanatorio deberá dispoñer dos medios necesarios para a lavado e desinfección de vehículos e estar acondicionado para que as augas de lavado sexan arrastradas os sumideiros sen deixar residuos. O chán estará impermeabilizado. B) Condicións urbanísticas: a) O tanatorio ubicarase dentro do termo municipal de A Guarda en solo permisible polo Plan Xeral de Ordenación Urbana. b) 0 tanatorio instalarase en edificio aillado e exclusivo, En consecuencia a usa do tanatorio non é compatible co de vivendas e actividades agás as relacionadas cas de funeraria. c) Xunto as instalacións do tanatorio, o proxecto deberá prever unha zona para aparcamento de dous vehículos por cada sala-velatoria proxectada. d) A estes efectos o proxecto das instalacións deberá incorporar, ademais do preceptivo plano de situación, un plano a escala 1:100 no que quedarán claramente reflectidas as condicións anteditas. C) Dotación de medios: Para exerce-la actividade funeraria no municipio de A Guarda é tamén requirirásisito indispensable que o empresario dote ó tanatorio dos medios mínimos seguintes: a) Medios personais: 4 Os empregados deberán estar dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, convenientemente identificados e disporán de vestiario e material de traballo adecuado e prendas exteriores protectoras. As roupas e efectos non desvotables deberan ser lavados e desinfectados debidamente. O se solicita-la licencia municipal de actividade, explicaranse na memoria do proxecto de instalacións do tanatario os postos laborais e cobertura dos mesmos de sorte que os servicios sexan prestados durante tódalas horas do dia e tódolos días do ano. O Concello de A Guarda poderá inspeccionar en calquera momento o cumprimento destes requisitos pola empresa funeraria, que ven obrigada a facilita-los datos necesarios para a súa comprobación. b) Medios materiais: Son os vehículos funerarios, cadaleitos, medios para a limpeza e desinfección dos vehículos, enseres, roupas; e demais material funerario necesario para a prestación dos servicios. A empresa disporá en todo momento de vehículos funerarios aptos para ó servicio. O vehiculo funerario é un vehículo especialmente acandicionado para a conducción ordinaria e o traslado de cadaveres. Terá as seguintes caracteristicas: * A separación ou distancia, a contar dende a final da cabina do conductor ata a parte traseira do vehículo, será alomenos de 2,25 metros lineais.

* 0 habitáculo para o cadaleito será construido con material impermeable en alto grao, a poder ser en aceiro inoxidable para permitir un rápido e efectivo lavado e desinfección. Os elementos de adorno deberán igualmente ser impermeables e susceptibles dun rapido lavado e desinfección. * A autorización do vehículo para a posta en servicio corresponde o Servicio Sanitario Provincial da Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuizo do cumprimento doutras disposicións na materia tales coma a necesidade de contar o vehículo coa tarxeta da clase VF. c) Stock mínima de cadaleitos A empresa disporá en todo momento dun stock de cadaleitos equivalente o 10% dos falecementos habidos no municipio de A Guarda durante o ano anterior e dende o primeiro dia do comezo do exercicio da actividade. O cadaleito reunirá, como mínimo, os requisitos do art. 8 do Decreto 108/1983, de 14 de xullo, da Conselleria de Sanidade. ARTIGO 9. LICENCIA MUNICIPAL DE INSTALACION DE TANATORIO PARA 0 EXERCIClO DA ACTIVIDADE FUNERARIA. Outargarase, no seu caso, a Licencia Municipal de Instalación de Tanatario para o exercicio da actividade funeraria, seguindo a Administración o procedemento especial previsto no Regulamento de Actividades Malestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, aprabado por Decreto 2414/1961 de 30 de novembro ARTIGO 10. COMEZO DO EXERCICIO DA ACTIVIDADE 5 Non poderá comezarse a exerce-la actividade funeraria mentres; non se obteña a comprabación favorable da realización das instalacións do tanatorio polos servicios municipais do Concello de A Guarda, conforme os arts. 34 e sucesivos do Decreto de 30 de novembro de 1961 sinalados. ARTIGO 11. LICENCIA DE OBRAS A obtención da licencia de instalación para o exercicio da actividade funeraria regulada nos artigos precedentes, non dispensa os titulares da mesma do deber de solicitar e obte-la licencia de obras. A autaridade municipal procurará outargar, no seu caso, simultaneamente as licencias de instalación e de obra a empresa solicitante.. ARTIGO 12. REXIME DE PREZOS. CAPITULO III FUNCIONAMENTO DAS EMPRESAS FUNERARIAS Os prezos a aplicar anualmente polas empresas autorizadas no municipio de A Guarda, deberán ser comunicados previamente por éstas o propio Concello; e deberán ser expostos no taboleiro de anuncios de cada empresa para coñocimento dos usuarios.

ARTIGO 13. SITUACIONS DE EMERXENCIA. En caso de catástrofes, as empresas funerarias estarán obrigadas a poñer tódolos seus medios e instalacións a disposición das autaridades, que poderán xirar instruccións directas o persoal. ARTIGO 14. LIBRO DE RECLAMACIONS. Cada empresa funeraria terá a disposición dos usuarios e do público un libro de reclamacións, selado pola Alcaldia. 0 libro poderá ser examinado en calquera momento polos axentes da Autoridade gubernativa, sanitaria e municipal. ARTIGO 15. REXISTRO DE SERVICIOS. Cada empresa funeraria levará un cumprido rexistro dos servicios prestados a efectos estadisticos do Concello, distinguindo entre as inhumacións realizadas dentro do municipio de A Guarda e as conduccións e traslados fora do mesmo. ARTIGO 16. HORARIO DE ENTERROS. As empresas funerarias suxeitaranse o horario de enterros que fixe a Autoridade municipal. ARTIGO 17. ACTIVIDADE FUNERARIA DENTRO DO TERMO DE A GUARDA A actividade funeraria dentro do termo de A Guarda somente poderá realizarse en empresas funerarias autarizadas polo Concello conforme o Capítulo II. 6 ARTIGO 18. CONDUCCIONS E TRASLADOS DENDE A GUARDA A OUTROS MUNICIPIOS OU VICEVERSA Calquera empresa funeraria poderá transportar un cadaver dende A Guarda a outro municipio, ou viceversa, sempre que cumpra as seguintes condicións: Que conte con autorización de transporte do Estado ou da Comunidade Autónoma a que perteneza o municipio onde esté establecida, sempre que aquela asumise esta competencia. Que os seus vehículos funerarios conten con autorizaci6n dos Ministerios de Industria e Enerxia e de Sanidade e Consumo. Que previamente realizaran as prestacións basicas a que se refire o art. 3.1 desta Ordenanza, previa obtención da correspondente autorización municipal contemplada no seu art. 5. ARTIGO 19. DEREITOS ECONOMICOS. Previamente a expedición dos documentos de licencia de actividade e obra, o peticionario deberá satisface-los dereitos económicos na forma que regulen as correspondentes ordenanzas municipais.

CAPITULO IV ARTIGO 20. DEBER DE COLABORACION Os centros hospitalarios, clínicas e residencias da 3ª idade deberán poñer de inmediato o feito do falecemento en conecemento do Concello e esixir a empresa funeraria a que lle encomenden o servicio a exhibición da correspondente autorización municipal, previamente a que aquela realice as prestacións basicas. ARTIGO 21. INSPECCION MUNICIPAL CAPITULO V INSPECCION, FALTAS E SANCIONS O Concello podera inspecciona-las obras e instalacións do tanatorio e o desenvolvemento da actividade de calquera empresa funeraria radicada no termo de A Guarda a luz desta Ordenanza e doutras normas aplicables. O Concello de A Guarda poderá inspeccionar tamén os vehículos funerarios, cadaleitos e persoal conductor das empresas funerarias que, procedentes doutros municipios, transiten polo termo de A Guarda por conducción ou traslado de cadaveres e restos cadavéricos a este municipio. As inspeccións a que se refire o paragrafo anterior, axustaranse as normas xerais aplicables da Comunidade Autónoma de Galicia, Real decreto 2263/1974 de 20 de xullo, Regulamento estatal de policia sanitaria mortuoria, e outras disposicións. 7 ARTIGO 22. FALTAS. 1.- As infraccións que podan cometerse no exercicio da actividade funeraria regulada nesta Ordenanza, clasificanse en faltas leves, graves e moi graves, atendendo os criterios de intencionalidade ou culpabilidade, risco ou dano para a saude, prexuizo do servicio e reiteración. 2.- Consideranse faltas leves as seguintes: a) A falta de limpeza e condicións hixiénicas dos vehículos, locais, enseres propios do servicio, cando pola súa escasa importancia non supoñan perigo para a saúde. b) Defecto de ata o 10% no stock de cadaleitos. c) Alteración das instruccións dadas polos clientes a empresa e que, non afecten os elementos esenciais da prestación do servicio. 3.- Consideraranse faltas graves as seguintes: a) Deficiencia ou falta de elementos ou prendas protectoras do persoal que manipule os cadáveres e que non sexan motivo de perigo hixiénico-sanitario. b) Prestación deficiente, omisión de servicios básicos ou complementarios. c) Falta de funcionamento permanente da oficina de despacho o publico.

d) Defecto de mais do l0% no stock permanente de cadaleitos. e) A prestaci6n de servicios con vehiculo non autorizado. f) Non dispoñer das follas de reclamacións; non facilitalas os clientes ou non exhibilas os axentes municipais ou da inspección sanitaria cando o requiran. g) Reiteración de falta leve. h) Non facilitar o Concello os datos estatisticos do rexistro de servicios efectuados pola empresa. i) Non remiti-las tarifas de prezos o Concello. Non publica-los prezos no taboleiro da empresa. j) A desconsideración grave os usuarios ou os axentes da autoridade. k) Incumprimento dos requirimentos formula-dos pola Autoridade municipal 1) Incumprimento de disposicións administrativas ou sanitarias. 4.-Consideranse faltas moi graves: a) A reiteración de falta grave. b) A aplicación de tarifas superiores as autorizadas. c) A negativa absoluta a prestar colaboración os axentes da autoridade municipal. d) As ameazas ou coaccións ó persoal municipal en servicio. e) Incumprimento de disposicións administrativas e sanitarias e xudiciais aplicables o tratamento sanitario e traslado de cadaveres. f) 0 incumplimento por parte dos centros hospitalarios, clínicas e residencias da 3ª idade, das obrigas contidas no art. 20. g) A falsedade na declaración responsable a que se refire o art. 5 da Ordenanza. h) Operar dentro do termo municipal de A Guarda clandestinamente, sen contar coa licencia ou atorización, no seu caso. ARTIGO 23. SANCIONS 8 As faltas leves seran sancionadas pola Alcaldia con multa de ata un maximo de 25.000.- ptas. As faltas graves seran sancionadas pola Alcaldia con multa de 25.001 ptas. a 150.000 ptas. e as moi graves con multa de 150.001 ptas. a 300.000 ptas. ARTIGO 24. OUTRAS ACTUACIONS. A Alcaldia poderá previo procedemento ó caso, sancionar as empresas funerarias coa suspensión temporal ou coa retirada definitiva da licencia de actividade ou da autorizaci6n municipal no seu caso, conforme o Regulamento de Actividades Molestas. DISPOSICION ADICIONAL UNICA. CONTRATACION DE SERVICIOS Os servicios funerarios necesariamente contrataranse con empresa funeraria autorizada polo Concello de A Guarda, coa particularidade do art. 18 sobre transporte de cadaver a outro municipio. 0 contrato formalizarase na sede ou oficinas da empresa. De non se subscribir documento, prestaranse soamente os servicios básicos, que haberán de ser satisfeitos a empresa funeraria por aqueles que en vida tiveran a obriga de alimentar o agora falecido, en aplicaci6n do art. 1894 C. Civil.

O concello sufragará o custo dos servicios básicos os indixentes falecidos no séu termo municipal conforme o art. 9 do Regulamento de Policia Sanitaria 2.263/74 do 20 de xullo. DISPOSICIONS TRANSITORIAS UNICA. REFORMA, AMPLIACION OU TRASPASO Non se concederán licencias de reforma, ampliación nin traspaso das instalacións, a non ser que antes se adecuaran éstas as esixencias da presente ordenanza, coa excepción das esixencias que teñan un contido imposible de cumprir. DISPOSICION FINAL A presenta ordenanza comenzará a rexir o día seguinte de transcorre-los quince hábiles da publicación da mesma no Boletín Oficial da Provincia, conforme o art. 70.2 da Lei 7/85, de 2 de abril. 9