Plan Especial de Reforma Interior APR A Vigo Iniciativa do Concello de Vigo. Documento de Inicio AAE Agosto 2009

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

ESAITP ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

O relevo e as costas de Galicia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Á Mesa do Parlamento

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Programación de proba libre de módulos profesionais

PROPOSTA DE MEMORIA AMBIENTAL

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Mapa de accidentalidade

Laboratorio do Territorio

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Informe mensual do paro rexistrado

WHAT IS AN ALTERNATIVES ANALYSIS STUDY?

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DIA 1 DE XULLO DE DOUS MIL DEZASEIS.

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

PLANO ESPECÍFICO DE INFRAESTRUTURAS DA PARROQUIA DE VERDUCIDO

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

CONCI:LLO DE SANTIAGO

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

A máquina de escribir

PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DAS ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

ECONOMÍA APLICADA 13

3?5'-i. - Servicio Terciario: - Categoría Hospedaxe: grao lo en edificio exclusivo ou compatible co residencial e

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

2. LA REHABILITACIÓN URBANA DE DOS CENTROS HISTÓRICOS: VIGO Y SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

AYUNTAMIENTOS. 4 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 Miércoles 11 enero 2006 V I G O ANUNCIO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO


Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Escavación, traslado e posta en valor do petróglifo de O Viveiro (Moaña, Pontevedra) INTRODUCIÓN 1

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

O TURISMO SOSTIBLE NAS MARCAS TURÍSTICAS DE CATALUÑA

Absorbentes solo aceites

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

RSE. e desenvolvemento sustentable

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

Anexo. Detalle das accións

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

Universidade de Santiago de Compostela, 2012

FUTURE HIGH CAPACITY TRANSIT CORRIDORS FUTUROS CORREDORES DE TRANSPORTE DE ALTA CAPACIDAD

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO, O 13 DE DECEMBRO DE 2012, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Territorios a examen III. Territorios a exame III

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS

Probas dos elementos internos do alternador

TRAXECTORIAS E RETOS

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REHABILITACIÓN

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Revista Galega de Economía Vol (2018

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Transcription:

Plan Especial de Reforma Interior APR A-5-31. Vigo Iniciativa do Concello de Vigo Documento de Inicio AAE 0904 Agosto 2009 MARTA VILAS RODRIGUEZ, arquitecto. Santiago 7, 36202 Vigo

DOCUMENTO DE INICIO ÍNDICE DE CONTIDO 1Obxectivos...2 2Ámbito territorial...3 3Diagnose da situación actual...7 3.1Situación actual...7 3.2Aproximación aos tipos de elementos que teñen implicacións sobre o planeamento ou sobre os que este ten implicación así como a súa vulnerabilidade....7 Avaliación xeral recollida polo PXOM no seu estudo de sostibilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico (ESAITP)...7 Elementos ambientais...12 Pendentes e orientación...13 Paisaxe...14 Ambitos colindantes e viais estructurantes previstos no PXOM...14 Distribución da edificación...14 Conexións viarias existentes...15 Elementos estructurais...16 Ruído...16 Espazo radioeléctrico...16 Elementos territoriais...17 4Descrición do planeamento...17 4.1Función do planeamento...17 4.2Marco Normativo...18 4.3Alcance e contido...18 4.4Alternativas...20 Criterios para a análise e comparación de escenarios alternativos...20 Escenarios estratéxicos...21 Escenarios topolóxicos...22 4.5Tipos de medidas incluídas no planeamento...25 4.6Aproximación aos efectos previsibles...25 Sen intervención...25 Con intervención...25 4.7Plans e directrices xerais e sectoriais relacionadas...25 Efectos previsibles sobre elementos estratéxicos do territorio e sobre as planificacións relacionadas...25 5Descrición dos procesos que se seguirán para a elaboración do plan...26 DOCUMENTO DE INICIO 1/26

DOCUMENTO DE INICIO Fase: Documento de Inicio Avaliación Ambiental Estratéxica Figura de desenvolvemento: PERI Ámbito: APR A-5-31 Poulo. Vigo (Po) Promotor: Concello de Vigo Redactor Coordinador: Marta Vilas Rodríguez, Arquitecto 1 OBXECTIVOS O obxectivo do plan a desenvolver é a ordenación detallada dun ámbito de solo urbano non consolidado consonte á lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), e consonte as directrices e parámetros determinados polo plan xeral de ordenación municipal de Vigo, Pontevedra (PXOM). En concreto este plan terá o carácter de PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR, dos relacionados no artigo 70 da LOUGA, coas finalidades e obxecto descrito no dito artigo da LOUGA, e na súa redacción deberán darse cumprimento e xustificarse todos os parámetros da Ficha de planeamento do Plan Xeral de Ordenación Municipal para este ámbito. O obxectivo principal do PXOM para este ámbito é a súa renovación urbana integral por mor da previsión da obtención dos terreos para un tramo do sistema xeral viario estructurante da Ronda de Vigo. A prioridade dada ó desenvolvemento deste ámbito vén xustificada pola súa posición respecto da Ronda de Vigo, pois contén seu inicio norte, a carón do nó previsto coa autoestrada Rande-Puxeiros, da travesía de Vigo (estrada VigoRedondela) e máis do enlace da autoestrada en Teis. Esta prioridade reflíctese no propio PXOM ó incluílo no primeiro cuadrienio e por iniciativa municipal. A ordenación deberá ter en conta as condicións de contorno na procura dunha acaída integración utilizando tipoloxías acordes coas fortes pendentes existentes. Polo que se exporá neste Documento de Inicio, enténdese, e solicítase consonte ó artigo 16 do real decreto lexislativo 1/2008, polo que se aproba o texto refundido da lei de avaliación ambiental de proxectos, a non necesidade de someter a avaliación de impacto ambiental este plan e mailo proxecto de urbanización que o executará. O sometemento a avaliación ambiental estratéxica segundo á lei 9/2006 vén obrigada pola resolución de 10 de setembro de 2007, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se establecen os requisitos para declarar a inviabilidade do sometemento do plan xeral de ordenación municipal do concello de Vigo ós trámites previstos no artigo 7 da lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Asimesmo, e consonte ó artigo 65 da LOUGA, o sometemento a avaliación ambiental estratéxica do plan exime do estudo de sostibilidade ambiental, impacto territorial 12e/08/2009 paisaxístico. DOCUMENTO DE INICIO 2/26

2 ÁMBITO TERRITORIAL O ámbito do plan será o delimitado no PXOM, nos planos 2, 3, 6, e 7 da serie 1, de clasificación de solo (escala 1/5.000), e nos 5O, 5P, 6O, e 6P da serie 2, de ordenación (escala 1/2000), ámbito situado entre a Rúa Rorís polo Norte, a Rúa Cantabria polo Oeste e o Sur, e o Camiño de Poulo, camiño de Vista do Mar e Camiño de Poulo, na parroquia de Teis. A superficie delimitada polo plan ascende a 129.325 m2. A execución do plan afecta á compleción da trama urbana na que se insire e ó vial estructurante da Ronda de Vigo. Afecta asimesmo á configuración do conxunto do concello ó cólmatar un área xa transformada en beneficio das áreas por transformar. Foto guía DOCUMENTO DE INICIO 3/26

Foto 1 Foto 2 Foto 3 DOCUMENTO DE INICIO 4/26

Foto 4 Foto 5 Foto 6 DOCUMENTO DE INICIO 5/26

Foto 7 Foto 8 Foto 9 DOCUMENTO DE INICIO 6/26

3 DIAGNOSE DA SITUACIÓN ACTUAL 3.1 Situación actual Urbanísticamente correspóndense cun área de solo urbano non consolidado que nas súas zonas edificadas segue unha tipoloxía de vivenda unifamiliar illada. O ámbito esténdese nunha aba de forte pendente (20%) que mira cara o oestenoroeste, con vistas ó monte da Guía e á ría de Vigo. As conexións viarias actuais son insuficientes, con un grao de acabado deficiente, malia súa proximidade ós eixos estructuradores de travesía de Vigo, rúa Cantabria, e autoestrada Rande-Puxeiros. É limítrofe dunha grande superficie comercial que, cando menos, conqueríu darlle á zona uns servicios de consumo e ocio urbanos que cambiaron a percepción da zona, que pasou dunha periferia desatendida a ter un carácter propio de barrio integrado na trama e na cidade. O ámbito soporta unha alta densidade de infraestructuras xerais, pois máis aló dos viais de primer orden que a rodean e que agora pretenden conectarse entre eles e a nova rolda estructurante, seu territorio vese atravesado por liñas principais de abastecemento de auga e electricidade. 3.2 Aproximación aos tipos de elementos que teñen implicacións sobre o planeamento ou sobre os que este ten implicación así como a súa vulnerabilidade. Avaliación xeral recollida polo PXOM no seu estudo de sostibilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico (ESAITP) Resúmense aquí os aspectos cualificadores do ámbito segundo o ESATIP. As imaxes, elaboradas sobre os gráficos do propio ESAITP, sitúan o ámbito e permiten unha letura territorial máis ampla que logo se traslada ó estudo pormenorizado local. Clinometría: 20-30% de pendente. Orientación: vento oeste. Usos e coberturas: urbanización agrícola difusa. Avaliación de unidades ambientais: cualificado como baixo. Áreas protexidas: solo sen protección a carón dun área de protección forestal. Sistemas xerais e infraestructuras: ubica o ámbito no inicio norte da nova rolda estructurante que será a Ronda de Vigo. Capacidade de acollida: a aptitude dos terreos para a súa urbanización cualifícase como "alta" e polo tanto sen restriccións á construción. Clasificación urbanística do solo: zona inserida na estructura da cidade urbanizada ou cuasi-urbanizada, en concreto clasifícase como solo urbano non consolidado. DOCUMENTO DE INICIO 7/26

Clinometría Orientación DOCUMENTO DE INICIO 8/26

Usos e coberturas Avaliación de unidades ambientais DOCUMENTO DE INICIO 9/26

Áreas protexidas Sistemas xerais e infraestructuras DOCUMENTO DE INICIO 10/26

Capacidade de acollida Clasificación urbanística do solo DOCUMENTO DE INICIO 11/26

Elementos ambientais O ecosistema do ámbito é o propio do rururbano en transformación: edificación illada con terreos máis ou menos duros, zonas de cultivo abandonadas ou mínimamente mantidas. Non inclúe elementos de valor ecolóxico que afecten ó plan ou se vexan vulnerados polo mesmo. Non existen zonas verdes públicas, nin equipamentos, pero o ámbito vese atravesado por innumerables liñas aéreas de distribución eléctrica que parten do Troncal, así como o discurrir das liñas principais de abastecemento de auga da cidade, que deu lugar á coñecida como senda da auga. O soterramento das liñas eléctricas suporá unha mellora considerable na zona. Respecto das edificacións e trama existente, haberá que compatibilizar os obxectivos do plan cos ámbitos limítrofes no que respecta ás conexións viarias e mailas tipoloxías edificatorias, evitando o enfrontamento ou o deterioro das calidades xa obtidas. O plan non debe esquecer o seu carácter de compleción dunha trama existente. Nesta liña, buscarase a compatibilidade do existente, evitando na medida do posible a reconfiguración da trama e os derrubos de edificacións. Cómpre salientar a existencia dun elemento catalogado polo concello de Vigo, o hórreo na rúa Rorís (01-0310), e dous inmobles públicos tradicionais de titularidade municipal, que se corresponden cos lavadoiros da Pouleira (L00102) e de Poulo (L00204). O elemento catalogado é a conservar, namentres que os lavadoiros teñen un interese máis antropolóxico, da memoria do lugar. En todo caso, a proximidade dos tres elementos á nova Ronda de Vigo prevista polo PXOM requerirá seu traslado dentro do propio ámbito do PERI. DOCUMENTO DE INICIO 12/26

Pendentes e orientación A forte pendente do ámbito (arredor do 20% bruto) máis os importantes viais propostos polo plan (que incrementan na súa execución a pendente inicial) obrigará a fortes movementos de terra na percura dun escalonamento axeitado á implantación da edificación residencial en altura (máximo VI alturas) e dotacional, así como da zona verde accesible. Dada a posición da aba, a súa orientación (oeste nor-oeste) non é a máis acaída para a edificación, chegando a ser moi molesto o sol da tarde no verán. Esta orientación coincide tamén coa dos ventos dominantes e ó manter unha posición elevada e acomarada carece inicialmente de protección. Por outra banda é unha orientación de vistas magníficas. Tanto a pendente coma a orientación supoñen un serio problema pois resultan desfavorables para a edificación e mailo seu asollamento axeitado. DOCUMENTO DE INICIO 13/26

Paisaxe Posición elevada limítrofe cun área forestal protexida. Este límite ocúpao en grande medida a nova Ronda de Vigo. É visible dende posicións altas alonxadas e suporá un bordo superior da cidade. Ambitos colindantes e viais estructurantes previstos no PXOM Ó sur, sector de solo urbanizable incorporado S-03-R Troncal; oeste, tramo Ronda de Vigo e máis aló centro comercial e estación eléctrica; norte, trama consolidada de vivendas unifamiliares; este, trama consolidada de vivendas unifamiliares e solo de protección forestal pertencente ó sistema xeral de espazos libres. Distribución da edificación Do estudo gráfico da edificación, dedúcese que estamos nun ámbito bastante edificado ó longo dos camiños existentes, e que no entorno conviven a tipoloxia de vivienda unifamiliar, o edifico de vivendas colectiva (na marxe da Tavesía de Vigo), e os espazos comerciais de grande entidade. DOCUMENTO DE INICIO 14/26

As edificacións existentes sobre o trazado da Ronda de Vigo terán que ser demolidas. Veranse así afectadas outras edificacións incompatibles coa necesidade de dar cabida a edificabilidade establecida polo PXOM (0,8 m2/m2) así como as zonas verdes e de equipamentos públicos, que o PXOM estima no mínimo legal segundo a LOUGA. Isto obriga a unha minuciosa planificación no espazo e no tempo das zonas necesarias para o realoxo. É preciso resolver o encontro có tecido de vivendas unifamiliares provocando unha transición suave entre tecidos urbanos necesariamente diversos por xa consolidados. Conexións viarias existentes No gráfico reflíctense as conexións viarias existentes que poden resultar válidas polas súas características para server de soporte á nova ordenación e a súa posición respecto do trazado previsto da Ronda de Vigo. No plano tamén se grafía a posición dos equipamentos existentes respecto ó ámbito de actuación e a súa posible conexión cos edificios e espazos da proposta. DOCUMENTO DE INICIO 15/26

Elementos estructurais O desenvolvemento do PERI resulta indispensable para conquerir os terreos necesarios para iniciar a rolda estructrante prevista polo PXOM como eixo de desconxestión do tráfego saturado que padece a área central da cidade, servindo tanto de circunvalación coma sistema de conexión das parroquias do interior. Manteranse as conduccións da rede principal de abastecemento de auga da cidade, así como a rede de distribución eléctrica, pero soterrarase. Consolidarase o tecido urbano no que se insire e, aínda que as reservas previstas para zonas verdes e equipamento público son as mínimas legais, semella que a súa área de influencia irá máis aló da delimitación estricta do ámbito, dada a carencia das mesmas nos ámbitos consolidados que o rodean. Ruído O ámbito está incluído na área de afección acústica da autoestrada AP-9, e o mapa de ruído de Vigo asígnalle uns Lden de 60-65 dba para a zona próxima á travesía de Vigo aínda que a maior parte da zona chega a valores inferiores a 60 dba e incluso de 55 dba. Cómpre suliñar que a autoestrada Rande-Puxeiros non parece afectarlle. En todo caso, a inclusión da Ronda de Vigo será unha fonte de ruído que haberá que reducir mediante masas vexetais, na medida do posible, ou incluso pantallas acústicas prefabricadas. Espazo radioeléctrico A actuación non afectará ó dominio público radioeléctrico e dado que o ámbito se insire no medio urbano, xa están establecidas as medidas de protección sanitaria fronte as emisións radioeléctricas, consonte ó real decreto 1066/2001. Procederase ó soterramento das liñas de distribución eléctrica que parten da estación do Troncal. DOCUMENTO DE INICIO 16/26

Elementos territoriais Deixando aparte o exposto no apartado de obxectivos estructurais, o ámbito territorial de influenza da actuación é basicamente local, cinguido á súa propia delimitación, sen esquecer que, pola súa posición, debe considerarse como o bordo urbano cara á Madroa. 4 DESCRICIÓN DO PLANEAMENTO 4.1 Función do planeamento O planeamento a desenvolver (Plan especial de reforma interior: PERI) ten como finalidade a ordenación detallada a nivel urbanístico do seu ámbito segundo as previsións de edificabilidade, usos e prioridades dictadas polo PXOM. O sistema de actuación previsto é por compensación e a ficha do PXOM establece: Obxectivos: Renovación urbana integral da área por mor da previsión de implantación do Sistema Xeral Viariio (Ronda), que aconsella modificar a intensidade e a tipoloxía edificatoria, ofertando importantes e necesarias dotación urbanísticas hoxe inexistentes na zona. A ordenación haberá atender ás condicións de contorno na procura dunha correcta integración da mesma establecendo novas relación co tecido consolidado e cos ámbitos veciños cos que se deberá desenvolver coordenadamente. A ordenación asentarase no terreo con tipoloxías que podan dispoñer a edificación na forte pendente existente dun xeito racional e respetuoso co entorno. Fíxase un límite de intensidade máxima do 65% para o uso residencial de 2ª Categoría (edificación multifamiliar ou colectivo) Superficie do ámbito: 129.325 m2. Sistemas locais existentes: 10.120 m2 de viario Sistemas xerais existentes: 5.907 m2 de transporte principal Sistemas xerais propostos: 16.890 m2 transporte principal e 2.337 m2 viario estructurante Usos e intensidades: 103.460 m2 edificables de uso Residencial, con tipoloxía de vivenda unifamiliar e colectiva ata 6 alturas. O 42% será vivenda de protección. DOCUMENTO DE INICIO 17/26

Reservas mínimas para sistemas locais: 18.623 m2 de solo de zona verde, 10.346 m2 de solo para equipamento (público e sen contar edificabilidade), 517 prazas de aparcamento. 4.2 Marco Normativo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (PXOM), aprobado definitivamente o 16 de maio de 2008, (DOG 6 /07/2008, BOP nº 150, o 6/08/2008). 4.3 Alcance e contido A proposta tenta dar resposta ós requerimentos do PXOM tendo o máximo coidado na resolución dos problemas detectados na diagnose antes exposta. O ámbito da A-5-31 no PXOM (elaborado sobre o plano 1:5000 PXOM) En verde oscuro zonas verdes e equipamentos. En rosa oscuro vivendas unifamiliares. En rosa claro vivenda colectiva. En gris a Ronda de Vigo proposta polo PXOM DOCUMENTO DE INICIO 18/26

Fronte a unha posible alternancia ou combinación tipolóxica en todo o ámbito de actuación, proponse un uso intencionado dos dous tipos de edificación previstos: vivenda unifamiliar e vivenda colectiva cuantificados porcentualmente polo PXOM. Proponse a utilización da tipoloxía de vivenda unifamiliar para rematar e dar continuidade á trama consolidada da mesma tipoloxía dentro e fóra do ámbito, trama destinada a perdurar e completarse segundo as previsións do Plan (zonas Norte e Sur). A través dunha Ordenanza que dote de compacidade ó tecido e sitúe a edificación á fronte da rúa, búscase consolidar un aspecto contínuo e denso de face ás rúas, redimensionadas adecuadamente, que permita e provoque a localización de usos compatibles: tendas, talleres, etc. A diferenza de pendente será resolta así na traseira das parcelas. A tipoloxía de vivenda colectiva, entre os ramais da Ronda de Vigo, servirá para conseguir maior densidade de poboación ao redor da zona verde e de equipamentos, adecuarse á escala da Ronda, e resolverá as alteracións da pendente do terreo natural que unha actuación destas características inevitablemente provocará. Esta formulación consegue un mellor axuste das distintas escalas ás que se enfronta a actuación polos tecidos urbanos diferentes que debe soldar. Unha zona verde única (practicamente, xa que tamén se prevén franxas verdes nas transicións topográficas da Rolda), con carácter de centralidade e na que os equipamentos sitúanse libremente, servirá de centro da actuación e mellorará (ben comunicada no aspecto viario) as prestacións do tecido urbano situado ao Norte e Sur. Óptase por non utilizar os ramais da Rolda como acceso nin apoiarse neles para o acceso interior, excepto un punto de conexión previsto nunha das rotondas secundarias. Exponse un percorrido interno, en semi-anel. Estes ramais conectan co viario preexistente ao Norte do ámbito en zonas en que non está demasiado asfixiado polas edificacións e presenta unha sección suficiente. Consolídase tamén outro dos viarios existentes que cruza o ámbito en dirección norte-sur. Proponse para o semi-anel unha sección que no referente ao tráfico rodado sirva tanto para o acceso aos edificios dotacionais como para o acceso ás vivendas de tipoloxía colectiva, soporte o aparcadoiro en superficie e presente amplas beirarrúas peonís en continuidade coa zona verde e os espazos dotacionais. Os ramais longos do anel sitúanse sobre as curvas de nivel presentando un trazado bastante horizontal, o que permite o seu uso para o paseo e a práctica de deportes. DOCUMENTO DE INICIO 19/26

4.4 Alternativas Criterios para a análise e comparación de escenarios alternativos Coherencia externa e interna: - Percepción do ámbito como conxunto, con identidade propia (concepto de vecindade, de coparticipación nos equipamentos locais) evitando o illamento ou a segregación respecto da trama urbana a completar - Resolución de bordos - Transicións cos tecidos consolidados de cidade densa en altura e de vivenda unifamiliar - A conexión coa Ronda de Vigo como facilidade para as comunicacións e non o barrio como mero residuo da consecución do seu trazado Eficiencia, resposta ós obxectivos desexados: - Consecución de terreos para a Ronda de Vigo - Consecución de vivendas (ó redor de 1000, co 42% de vivenda protexida) - Mellora da calidade urbana: zonas verdes, equipamentos, rúas axeitadas (pendentes, beirarrúas, iluminación, aparcamento), conexións cos tecidos circundantes e co barrio en xeral - Mellora da calidade ambiental: soterramento liñas eléctricas, control de ruído do tráfico, dotación de zonas verdes, control de ventos, chuvia e asollamento, aproveitamento da proximidade de sistemas xerais de zonas verdes Eficacia, recursos e costes consumidos: - Control de alteracións do terreo - Soporte axeitado para a edificación - Control enerxético mediante a axeitada orientación da edificación residencial, de equipamentos e zonas verdes - Minimización de espazo para a circulación rodada e aproveitamento do existente - Aproveitamento de tecido existente compatible (unifamiliares) - Densificación e mistura de usos do espazo non edificado: lecer, acceso a equipamentos, acceso a outros usos compatibles da edificación - Nivel de dotacións e configuración urbana axeitadas para o acceso peonil as necesidades básicas do vecindario - Deseño funcional da configuración urbana e dos espazos libres respecto ó control de ruído e os factores climatolóxicos Efectos ambientais, económicos e sociais: - Minimizar o solo a transformar para o crecemento ou renovación da cidade - Presenza de zonas verdes públicas - Creación de espazos de convivenza, de vecindade - Facilitar o acceso á vivenda - Mistura do tecido social (42% de vivenda protexida) - Sentimento de pertenza real e activa á cidade e posibilidade de aproveitamento dos seus recursos - Posibilidade de normalización do transporte público - O desenvolvemento dun plan posibilita (precisa) da participación activa e consensuada dos veciños, converténdoo en causa común Complexidade técnica: - Instrumentos a desenvolver: comprobar e asumir a validez do planeamento de rango superior que lle afecta permite un desenvolvemento máis rápido e menos custoso. Asimesmo comprobar a concordancia cos planeamentos de desenvolvemento limítrofes evitará problemas na tramitación - A execución prevista polo sistema de compensación esixe dos propietarios vontade de chegar a rápidos acordos sobre o reparto de beneficios e cargas, doutro xeito, ademais dos custes financieiros ó retardar ó beneficio, pode,2 obrigar a actuar a administración para cambiar o sistema, o que xa de porvdsi093973 2009 8/ /0 12 supón novas tramitacións e a conseguinte perda económica ó non participar na execución. Cómpre salientar que será o PERI o que decida finalmente o sistema de xestión, polo que os veciños deberán, nos procesos de exposición pública, comunicar as súas intencións para non ter que cambiar o sistema a posteriori DOCUMENTO DE INICIO 20/26

- O deseño detallado da urbanización correspóndelle ó proxecto de urbanización, consonte a LOUGA, nembargantes, o PERI debe establecer as bases do mesmo Escenarios estratéxicos Alternativa cero: supón o non desenvolvemento do planemento que se pretende. Nesta alternativa manteríase a problemática exposta na análise da situación actual e que pode resumirse nunha ausencia absoluta de calidade urbana, con graves problemas de impacto polas liñas de transporte eléctrico e carente dos servicios básicos para a veciñanza. A paralización do plan non implicaría a paralización da consecución dos terreos para a Ronda de Vigo, pois está previsto este caso na propia ficha de PERI. O non desenvolvemento do plan suporía negar os recursos necesarios para unha mínima transformación do ámbito cara a conseguir os estándares mínimos de calidade urbana. Replantearse o trazado da Ronda de Vigo e mailas determinacións do PXOM sobre o ámbito supón unha revisión do PXOM que paralizaría todo o seu desenvolvemento, o que non parece moi lóxico dada a súa recente aprobación unha vez pasados tódolos trámites de intervención das diversas administracións, e das súas exposicións públicas e participación cidadana. Tendencial: Vigo precisa de 3.000 vivendas/ano para manter (non incrementar) seu parque residencial. Dende hai dez anos (datos do colexio de arquitectos) estas cifras apenas se acadan, polo que, ante a falta de oferta, os prezos se incrementan e o acceso á vivenda complícase. A esto hai que sumar que moito do constuído en Vigo nestes últimos anos é vivenda-inversión, convertendo ó estudo de 26 m2 ou o pequeno apartamento na tipoloxía residencial de éxito. Por outra banda, Vigo conta con moitas áreas semiurbanizadas (o urbano non consolidado do PXOM), que fanna estenderse máis aló do que a racionalidade urbanística-ambiental aconsella. Así pois, completar a cidade mediante a urbanización de calidade desas illas semiurbanizadas da resposta ó futuro da vivenda e á propia sostibilidade de Vigo. Manter o crecemento espontáneo desas áreas que, como a de Poulo, creáronse con tipoloxía de vivenda unifamiliar á carón dos camiños, supón ter que transformar outros solos (o que supón un impacto ambiental non desexable) para conquerir o parque edilicio mencionado, cos problemas de alonxamento, circulación e dotación de suministros que conlevaría; e supón non poder acadar nesas áreas xa semiurbanizadas os mínimos de calidade ó substraer da mesma as capacidades económicas que a transformación urbana xenera. Actuación sobre a oferta: ante as dificultades xa expostas de acceso á vivenda, o desenvolvemento dun área residencial para unhas 1.000 vivendas supón, xunto con outras actuacións que se están a levar a cabo, a posibilidade de facilitar dito acceso. Máis se temos en conta que o 42% da edificabilidade será para vivenda protexida. E é evidente que, dados os plazos desde o inicio do planeamento ata a finalización dos edificios e as propias carencias endémicas da cidade, non vai supor un exceso de oferta. Parece pois razonable ser optimista na execución fructífera deste PERI. A alteración da oferta mediante a alteración da edificabilidade ou os usos suporía, primeiramente, modificar o PXOM. Independentemente deste inconveniente, semella que o uso residencial (tendo en conta que permite os usos propios da cidade: comercio, oficinas...) é o máis axeitado para unha zona xa residencial. Respecto da edificabilidade, baixala impediría a consecución dos obxectivos previstos no PXOM segundo seu estudo económico-financieiro, e incrementala semella moi dificultoso dada a pendente do terreo (en todo caso, non debería supór un incremento do beneficio económico dos propietarios). Por último, modificar a tipoloxía de vivenda colectiva a unifamiliar faría imposible acadar os terreos suficientes para vivendas, equipamentos e sonas verdes, incrementándose moito o espazo destinado a viais; e cambiar a tipoloxía unifamiliar a colectiva impediría a correcta transición de tipoloxías, e a correcta resolución dos bordos. Actuación sobre a demanda: todo semella que a demanda de vivenda en VigoVvai D093973,2 continuar sendo alta. Nembargantes, a execución do PERI pode actuar sobre12a/08/2009 selección da demanda. Nos procesos de crecemento e consolidación débese ter en conta que a demanda non é só un número, senón que a oferta debe definirse uns obxectivos cara a definición do sector de demanda que quere atraer. Neste senso, a calidade urbana (entendida non só como calidade de materiais, senón a oferta de DOCUMENTO DE INICIO 21/26

dotacións, equipamentos, lecer, vienda cómoda, veciñanza), é o fundamento desa selección. Poulo pode converterse nun polo de atracción das familias dalí orixinarias ó manter os vencellos coa trama consolidada nun entorno dotado dos estándares actuais de servizos sen sufrir a conxestión da cidade tradicional. Esta atracción favorecería a veciñanza e a cohesión. Escenarios topolóxicos Distribución tipolóxica: a proporción colectiva/unifamiliar é un obxectivo do plan, pero a súa distribución incide sobre a coherencia interna e externa, a resolución de bordos e a transición de tecidos. Incide tamén nos aspectos de eficacia ó dispór dunha trama de vivenda unifamiliar existente que pode ser aproveitable, minimizando deste xeito os efectos ambientais de transformación do terreo e diminuíndo a complexidade técnica da execución. Distribución vivendas unifamiliares: existentes e propostas A posición das vivendas unifamiliares proposta resolve as distintas escalas ás que se enfronta a actuación, dando continuidade ao tecido existente de vivendas unifamiliares en canto ao tamaño das edifiicaciones e á conservación da trama viaria orixinal, e posibilitando unha transición da tipoloxía unifamilair á colectiva en altura. Asimesmo, esta disposición, que sitúa as edificacións de menor altura na zona máis elevada do ámbito e máis próxima á zona de protección forestal prevista no PXOM, minimiza o impacto paisaxístico, deixando máis visible a masa arbórea. Posición de zonas verdes e equipamento: incide nos aspectos de coherencia interna, pois inicialmente seu ámbito de influenza é local, do propio ámbito do PERI. A súa disposición, concentrada, lineal ou espallada, inflúe sobre a proximidade ás edificacións e desa maneira á percepción de conxunto do ámbito. A concentración aporta centralidade que pode ser negativa se dase unha dispersión e alonxamento da edificación residencial, pero que concentrando edificación aporta cohesión. A vinculación dos equipamentos á estructura da edificación seguendo as mesmas pautas que a tipoloxía residencial aporta mistura de usos pero pode provocar problemas de idoneidade ante usos tan diferentes; vinculalos ás zonas verdes implica que recollen o carácter da súa disposición e, en todo caso, provoca unha mistura de lecer-servizos que reforza a cotidianedade de uso dos mesmos que incrementa a súa eficacia e reforza os lazos de veciñanza. Por outra banda esta disposición permite a resolución sinsela dos equipamentos ó non forzalos a unha tipoloxía concreta. DOCUMENTO DE INICIO 22/26

Proposta ubicación zona verde, equipamentos e vivenda colectiva As zonas verdes e de equipamentos e a vivenda colectiva colócanse entre os dous tramos da Ronda e máis próximos á Travesía de Vigo, o que resolve o encontro coa trama máis urbana que se foi desenvolvendo ao redor desta. A escala da proposta é máis acorde coa escala que supón a implantación da Ronda. Viario e edificación colócanse sobre liñas de mínima pendente, minimizando así as alteracións de terreo e axústando as edificacións ás liñas visuais xa definidas polas edificacións a bordo de Travesía de Vigo e cunha maior posibilidade de vistas a espazos abertos. O afastamento relativo das edificacións respecto da Ronda, permite resolver o encontro e tratar de xeito acaído as alteracións topográficas xeradas polo viario e as posibles perturbacións ambientais que a Ronda, polo tráfico, puidese ocasionar. Viario: o viario relaciónase diretamente coa tipoloxía edificatoria nunha relación cuase que biunívoca. Inflúe na coherencia interna e externa ó formalizar as conexións. Asimesmo ten unha enorme incidencia no aproveitamento do terreo e no caso concreto de Poulo máis, pois as pendentes limitan a súa posición tanto pola súa funcionalidade como ante o control de transformacións do terreo. Conexións viarias DOCUMENTO DE INICIO 23/26

Anel de circulación, zonas verdes e equipamentos O anel viario interior, ademais de dar autonomía á actuación, permite que vivendas e espazos públicos envórquense a un espazo máis sosegado e de centralidade. O anel, ademais engarza co viario existente, dando continuidade á trama urbana e facendo funcionar o espazo público como servizo de todo o barrio, escaso de equipamentos públicos e de zonas verdes. Os dous ramais longos do semi-anel discorren en mínima pendente, polo que o impacto da explanación será menor. Aproveitar a traza dos camiños existentes tamén minimiza os movementos de terra necesarios e serve de soporte acaído á edificación de vivendas en continuidade que estraga menos espazo en viais. Alteracións do terreo e tipoloxía edificatoria: a forte pendente é un grande problema para a ubicación da edificación. Tendo en conta que o viario ten unhas pendentes máximas funcionais que levan a buscar trazados perpediculares á pendente do terreo, a edificación ben se soporta na súa lonxitude ou ben colócase en bloques perpendiculares á mesma, sendo esta solución a máis complexa pois precisa de escalonamentos que dificultan a ubicación dos núcleos de comunicación ou, se non se escalonan, poden alcanzar unhas alturas de enorme impacto. Pendentes, orientación e edificación DOCUMENTO DE INICIO 24/26

Supostos os movementos de terra ocasionados pola importante sección da Ronda, a pendente media do terreo resultante sitúase entre o 25-30%. A diferencia de cota do terreo permite que todas as edificacións se aproveiten das vistas e dunha situación de isolamento visual entre vivendas, o que permite o aproveitamento visual do exterior dende o interior das viviendas sen perda de privacidade. A orientación dos edificios N-S, coloca as orientacións das estancias das vivendas a Leste e Oeste, aínda que a disposición a media ladera non permita nalgúns casos a dobre orientación. A posibilidade de resolver os edificios con terrazas, ata aterrazando os propios edificios, permitirá aproveitar as vantaxes de vistas que presentan as edificacións así como atenuar a presenza das mesmas dende o punto de vista do impacto visual, presentando unha imaxe máis fragmentada duns bloques longos que compactan a edificabilidade residencial colectiva. 4.5 Tipos de medidas incluídas no planeamento Realoxos: consonte a LOUGA e ó propio PXOM, o plan tentará minimizalos e deseñará unha estratexia temporal e zonal para a minimizar o seu impacto. Ruído: prevense franxas de zona verde entre os dous ramais da Ronda e os edificios. Isto permitirá deseñar unha zona de amortiguación acústica preferentemente a base de elementos vexetais. Electricidade e campos electromagnéticos: previsto xa polo PXOM o soterramento das liñas aéreas de distribución eléctrica baixo a Ronda de Vigo, tanto a contaminación visual que provoca actualmente a súa presenza, como os efectos contaminantes ou de perturbación provocadas por estas poden ser controlados. 4.6 Aproximación aos efectos previsibles Sen intervención Manterase a baixa cualificación urbana do tecido: rúas sen beirís, bosque de torretas eléctricas, ausencia de zonas verdes e equipamentos, problemas de tráfico e aparcamento, dificultade do transporte público. Abandono paulatino, consonte a renovación da poboación, dos escasos cultivos que se manteñen hoxe en día. Manterase a rotura e falta de transición coa cidade consolidada de alta densidade (travesía de Vigo), non só do ámbito, senón das áreas lindantes consolidadas de vivenda unifamiliar que manteñen as súas características. Haberá que transformar outras áreas previsiblemente máis virxes para a consecución de terreos para soportar non só o crecemento de Vigo senón incluso para manter a tasa de renovación da edificación acaída ós estándares actuais. Con intervención Mellora cuantitativa e cualitativa do nivel de servicios e equipamentos na zona. Creación de espacio público como tal e en posición de centralidade, mellorando a identidade de barrio. Mellora medioambiental pola desaparición das liñas aéreas de alta tensión. Mellora medioambiental pola creación de zonas verdes. Remate y soldadura de tecidos urbanos hoxe caóticos. Mellora das infraestructuras de servicios e conexións viarias a nivel municipal. 4.7 Plans e directrices xerais e sectoriais relacionadas Somentes se aprecian vinculacións locais. Efectos previsibles sobre elementos estratéxicos do territorio e sobre 12 as/08/2009 planificacións relacionadas Tendo en conta o carácter estructurante da Ronda de Vigo, o desenvolvemento deste PERI posibilitará o desenvolvemento do PXOM no que atinxe a desconxestión de tráfico, conexión interparroquial e consolidación de áreas semiurbanizadas. DOCUMENTO DE INICIO 25/26

5 DESCRICIÓN DOS PROCESOS QUE SE SEGUIRÁN PARA A ELABORACIÓN DO PLAN Os establecidos no prego de condicións do concello de Vigo, que recolle as disposicións legais de tramitación urbanística (LOUGA) e medioambiental (lei 9/2006). En Vigo, a 30 de xullo de 2009 Fdo: Marta Vilas Rodríguez DOCUMENTO DE INICIO 26/26