BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Similar documents
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Á Mesa do Parlamento

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Programación de proba libre de módulos profesionais

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Informe mensual do paro rexistrado

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).


MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de novembro de 2017

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DIA 1 DE XULLO DE DOUS MIL DEZASEIS.

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Memoria Escola Galega de Administración Pública

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

MINISTERIO DO INTERIOR

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

REGULAMENTO DO SERVICIO MUNICIPAL DE RETIRADA E TRANSPORTE DE ENTULLOS E DE EXPLOTACION DO VERTEDOIRO URBANO

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DE LA PROVINCIA DE LUGO

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 14/2008. PROCURADORA DA ESTRADA.

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 9 de marzo de 2018

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

C O N C E L L O A G U A R D A

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

Transcription:

Suplemento en lingua galega ao núm. 103 Xoves 29 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO 6754 Real decreto 455/2010, do 16 de abril, polo que se modifica o Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes. A aplicación da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro 2006, relativa aos servizos do mercado interior (Directiva de servizos), que ten por obxecto facilitar o libre acceso á actividade de servizos e ao mesmo tempo poder suprimir as barreiras e reducir as trabas ao acceso da actividade de servizos e o seu exercicio, e que se incorporou ao ordenamento xurídico español mediante a Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, e a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, fai necesario modificar varios artigos e anexos do Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e os seus equipamentos e compoñentes. O tempo transcorrido, así como os avances da técnica desde a entrada en vigor do Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, fan necesario actualizalo e revisar algúns conceptos técnicos non relacionados coa Directiva de servizos. En consecuencia, e mediante este real decreto, faise necesario modificar determinados artigos do Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e os seus equipamentos e compoñentes. A Directiva de servizos abre unha nova dimensión da política económica estatal e comunitaria, ao liberalizar os servizos, polo que o Estado, en definitiva, vén dar cumprimento a ese mandato ao abeiro da súa competencia exclusiva ex artigo 149.1.13.ª da Constitución. Na tramitación deste real decreto deuse cumprimento ao establecido no artigo 24.1.c) da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, e foron oídas as comunidades autónomas, así como as principais entidades do sector afectadas. Ademais, esta disposición foi obxecto do informe previsto no artigo 24.3 da referida Lei do Goberno. Na súa virtude, por proposta do ministro de Industria, Turismo e Comercio, coa aprobación previa da ministra da Presidencia, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 16 de abril de 2010, DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes. O Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes, queda modificado como segue: Un. O segundo parágrafo do artigo 1 queda redactado como segue: «Para os efectos deste real decreto, enténdese por vehículo automóbil todo vehículo de motor que serve, normalmente, para o transporte de persoas ou cousas, ou de ambas asemade, ou para a tracción doutros vehículos con aquel fin, definido no anexo II do Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento

Suplemento en lingua galega ao núm. 103 Xoves 29 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 2 xeral de vehículos. Para os efectos deste real decreto, entenderanse incluídos, así mesmo, as motocicletas, ciclomotores, remolques e vehículos especiais.» Dous. O número 2 do artigo 3 queda redactado como segue: «2. Pola súa rama de actividade, aplicable aos talleres que efectúen traballos de reparación de vehículos, exceptuando os de motocicletas: a) De mecánica: traballos de reparación ou substitución no sistema mecánico do vehículo, incluídas as súas estruturas portantes e equipamentos e elementos auxiliares, agás o equipamento eléctrico. b) De electricidade-electrónica: traballos de reparación ou substitución no equipamento eléctrico-electrónico do automóbil. c) De carrozarías: traballos de reparación ou substitución de elementos de carrozaría non portantes, gornicións e acondicionamento interior e exterior destes. d) De pintura: traballos de pintura, revestimento e acabamento de carrozarías.» Tres. Modifícase o artigo 4, que queda redactado como segue: «Artigo 4. Inicio de actividade. 1. Antes da apertura dun taller de reparación de automóbiles, dada a súa vinculación á seguridade viaria, a persoa física ou xurídica que desexe exercer esta actividade deberá presentar na comunidade autónoma do territorio onde estea situado o taller, unha declaración responsable na que o titular do taller ou o representante legal deste indique a clasificación do taller, manifeste que cumpre os requisitos establecidos nos números 7 e 8 deste artigo, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a manter o seu cumprimento durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución dos traballos se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen neste real decreto. 2. A posta en servizo do establecemento do taller e das instalacións deste sometidas a lexislación específica de seguridade industrial, rexeranse polo previsto nela. 3. As comunidades autónomas deberán posibilitar que a declaración responsable sexa realizada por medios electrónicos. Non se poderá exixir a presentación de documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos xunto coa declaración responsable. Non obstante, esta documentación deberá estar dispoñible para a súa presentación ante a autoridade competente cando esta así o requira no exercicio das súas facultades de inspección, comprobación e control. 4. O órgano competente da comunidade autónoma asignará, de oficio, un número de identificación do taller e remitirá ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio os datos correspondentes para a súa inclusión no Rexistro Integrado Industrial regulado no título IV da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e na súa normativa regulamentaria de desenvolvemento. 5. De acordo coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, a declaración responsable habilita por tempo indefinido para o exercicio da actividade o taller de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes, desde o día da súa presentación. 6. Ao abeiro do previsto no número 3 do artigo 71 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Administración competente poderá regular un procedemento para comprobar a posteriori o declarado polo interesado. A non presentación da declaración, así como a inexactitude, falsidade ou omisión, de datos ou manifestacións que deban figurar na devandita declaración, habilitará a Administración competente para ditar resolución, que deberá ser motivada e con audiencia previa do interesado, pola que se declare a imposibilidade

Suplemento en lingua galega ao núm. 103 Xoves 29 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 3 de seguir exercendo a actividade e, se procede, se inhabilite temporalmente para o exercicio da actividade. 7. Os talleres deberán dispor da seguinte documentación: a) Proxecto ou proxectos técnicos das instalacións suxeitas ao cumprimento de regulamentos de seguridade se nestes son exixibles, formados por memorias, planos e orzamentos redactados e asinados por técnicos competentes. b) Estudo técnico que incluirá, polo menos, unha relación detallada dos utensilios, equipamentos e ferramentas de que dispoñen, de acordo coas ramas de actividade que vaian desenvolver, así como unha relación detallada dos diversos traballos e servizos que poderá prestar o taller. c) Autorización escrita do fabricante nacional, ou do representante legal do fabricante estranxeiro, no caso de tratarse dos «talleres oficiais de marca» a que se refire o artigo 3.º1.b). 8. Os talleres deberán dispor dos medios técnicos necesarios para realizar a súa actividade en condicións de seguridade que deberán aparecer relacionados nos estudos técnicos. Os instrumentos, aparellos, medios e sistemas de medida que sexan necesarios para facer as reparacións estarán suxeitos á normativa específica de control metrolóxico do Estado que lles sexan de aplicación, e deberán ser calibrados e verificados coa periodicidade establecida por esta. 9. A actividade de asistencia mecánica ou eléctrica en estrada deberá ser realizada como servizo dependente dun taller, por medios propios ou por colaboración de terceiros. O dito taller deberá cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 deste real decreto. En todo caso, o citado taller será responsable da calidade da reparación e do cumprimento da normativa vixente. Non será necesaria a presentación dunha declaración responsable para os prestadores legalmente establecidos noutros Estados membros que exerzan a actividade de asistencia mecánica ou eléctrica en estrada, que estarán suxeitos, en todo caso, ao cumprimento da normativa vixente relativa aos traballos de reparación de vehículos. 10. O incumprimento dos requisitos exixidos, verificado pola autoridade competente, comportará o cesamento automático da actividade, salvo que poida incoarse un expediente de emenda de erros, sen prexuízo das sancións que puideren derivar da gravidade das actuacións realizadas. A autoridade competente, neste caso, abrirá un expediente informativo ao titular da instalación, que terá quince días naturais a partir da comunicación para achegar as evidencias ou descargos correspondentes. 11. En todo caso, o título V da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, será de aplicación cos efectos e sancións que procedan unha vez incoado o correspondente expediente sancionador. 12. O órgano competente da comunidade autónoma dará traslado inmediato ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio da inhabilitación temporal, as modificacións e o cesamento da actividade a que se refiren os números precedentes, para a actualización dos datos no Rexistro Integrado Industrial regulado no título IV da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, tal e como o establece a súa normativa regulamentaria de desenvolvemento.» Catro. O artigo 5 queda redactado como segue: «Artigo 5. Modificacións e cesamento de actividade. O titular do taller de reparación de vehículos automóbiles, ou o seu representante legal, deberá comunicar, ao órgano competente da comunidade autónoma onde presentou a declaración responsable, as modificacións dos datos recollidos na dita declaración, así como o cesamento da súa actividade. A comunicación deberá realizarse no prazo dun mes desde que se produzan as modificacións ou o cesamento da actividade.

Suplemento en lingua galega ao núm. 103 Xoves 29 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 4 Así mesmo, a comunidade autónoma remitirá ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio esta información para a actualización dos datos do taller no Rexistro Integrado Industrial regulado no título IV da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e na súa normativa regulamentaria de desenvolvemento.» Cinco. O último parágrafo do número 3 do artigo 6 queda redactado como segue: «-A terceira, ou máis baixa, ás siglas da provincia de localización do taller, ao contraste, e ao número de identificación do taller asignado pola comunidade autónoma. En ningún caso a obtención deste número de identificación ou a estampaxe do contraste polo órgano competente poderán constituír un requisito previo para o inicio do exercicio da actividade.» Seis. O número 1 do artigo 7 queda redactado da seguinte forma: «1. Para cada unha das ramas de mecánica, electricidade-electrónica, carrozaría ou pintura do automóbil establécense os símbolos que se indican no anexo II do presente real decreto que consisten nunha chave inglesa, unha frecha quebrada, un martelo e unha pistola de pintar, respectivamente, en cor azul sobre fondo branco.» Sete. O último parágrafo do número 5 do artigo 7 pasa a ter a seguinte redacción: «-A da dereita (do espectador) destinada a estampar o número de identificación do taller asignado pola comunidade autónoma.» Oito. Engádese un novo número 6 ao artigo 12, que queda redactado como segue: «-Todo o anterior enténdese sen prexuízo do disposto no artigo 22 da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que establece as obrigas de información dos prestadores.» Nove. A alínea a) do número 2 do artigo 14 queda redactado como segue: «a) o número de identificación fiscal e o domicilio do taller.» Dez. A alínea a) do número 7.1 do artigo 14 queda redactada como segue: «a) o número de identificación fiscal e o domicilio do taller.» Once. Engádese un número 4 ao artigo 17, que queda redactado como segue: «-Todo o anterior enténdese sen prexuízo do disposto no artigo 23 da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que establece as obrigas dos prestadores en materia de reclamacións.» Doce. Suprímese o anexo I. Trece. Modifícase o título da disposición adicional, que pasa a ser disposición adicional primeira. Catorce. Engádese unha disposición adicional segunda co seguinte contido: «Disposición adicional segunda. Modelo de declaración responsable. Corresponderá ás comunidades autónomas elaborar e manter dispoñibles os modelos de declaración responsable. Para os efectos da inclusión no Rexistro Integrado Industrial regulado no título IV da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, o órgano competente en materia de industria do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio elaborará e manterá actualizada unha proposta de modelo de declaración responsable en formato electrónico, que deberá incluír os datos que se subministrarán

Suplemento en lingua galega ao núm. 103 Xoves 29 de abril de 2010 Sec. I. Páx. 5 ao indicado rexistro, e que estará dispoñible na páxina web do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio www.mityc.es.» Disposición adicional única. Referencias a ministerios. 1. As referencias que no Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, se fan ao Ministerio de Industria e Enerxía entenderanse feitas ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. 2. As referencias que no Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, se fan ao Ministerio de Sanidade e Consumo entenderanse feitas ao Ministerio de Sanidade e Política Social. Disposición transitoria primeira. Talleres de reparación de vehículos automóbiles previamente autorizados. 1. Os talleres inscritos no Rexistro Especial de Talleres de Reparación de Vehículos Automóbiles e dos seus Equipamentos e Compoñentes, ou nos rexistros autonómicos correspondentes, no momento da entrada en vigor deste real decreto, poderán seguir realizando a actividade para a cal foron autorizados sen que deban presentar a declaración responsable exixida no artigo 4 do Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes. Estes talleres serán inscritos de oficio no Rexistro Integrado Industrial regulado no título IV da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e na súa normativa regulamentaria de desenvolvemento, a partir dos datos contidos nos citados rexistros, e remitidos pola comunidade autónoma correspondente. 2. Sen prexuízo do establecido no número anterior, as novas condicións e requisitos establecidos por este real decreto serán en todo caso aplicables aos talleres de reparación de vehículos automóbiles que xa estiveren autorizados na data da súa entrada en vigor. Disposición transitoria segunda. Procedementos en tramitación. 1. Os procedementos de autorización para a apertura dun taller de reparación de vehículos automóbiles iniciados con anterioridade á entrada en vigor deste real decreto tramitaranse e resolveranse pola normativa vixente no momento da presentación da solicitude. Non obstante, o órgano competente para resolver non poderá exixir requisitos suprimidos polo presente real decreto. 2. En todo caso, o interesado poderá, con anterioridade a que se dite resolución, desistir da súa solicitude e optar pola aplicación do disposto por este real decreto. Disposición derradeira primeira. Título competencial. Este real decreto, que ten carácter básico, dítase ao abeiro do disposto no artigo 149.1.13.ª da Constitución española, que lle atribúe ao Estado a competencia exclusiva sobre bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica. Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado». Dado en Madrid o 16 de abril de 2010. JUAN CARLOS R. O ministro de Industria, Turismo e Comercio, MIGUEL SEBASTIÁN GASCÓN http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X