E S T A M O S E N W W W. R E V I S T A A F R I G A. C O M, F A C E B O O K E T W I T T E R P R O D U C I Ó N D E L E I T E

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

ANEXO I PROCEDEMENTO CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN DE RECURSOS XENÉTICOS NA AGRICULTURA/CULTIVOS Submedida

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Mapa de accidentalidade

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Informe mensual do paro rexistrado

O relevo e as costas de Galicia

Absorbentes solo aceites

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Guía de Boas Prácticas. Agrícolas, Gandeiras e Forestais

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

MAQUINARIA PARA INSTALACIONES DE GRIFOS Y DISPENSADORES PORTÁTILES

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Programación de proba libre de módulos profesionais

Visita de Estudo TERRA CHÁ. ÁREA DE COLONIZACIÓN. 29 Marzo, 2006 PROXECTO: RESUMO. Future Approaches to Land Development

Á Mesa do Parlamento

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

Proyectores P NE

Probas dos elementos internos do alternador

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

RSE. e desenvolvemento sustentable

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

ECONOMÍA APLICADA 13

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

7.1 Os recursos locais

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

PLANTAS INVASORAS. materia Malherboloxía. titulación. Ramón Alberto Díaz Varela

Apliques A BL

La Casa De Riverton (Spanish Edition) By Kate Morton READ ONLINE

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES EFECTOS DAS ALTAS TEMPERATURAS SOBRE A SAÚDE

Youth Workshop/Taller de Jovenes

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

Revista Galega de Economía Vol (2018)

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Laboratorio do Territorio

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación


ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

A máquina de escribir

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL FRONTE Á AVESPA ASIÁTICA (VESPA VELUTINA) 2016

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA Memoria 2013

Especies invasoras: cambios na investigación ecolóxica ao longo de medio século

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

MARCO TEÓRICO. Investigación social do fenómeno da catividade de tartaruga moura no sureste Ibérico

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

Revista Galega de Economía Vol (2018

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Informe sobre: Concello de Teo

PORTO EXTERIOR ECONÓMICO DO SOBRE O EMPREGO NA CORUÑA E OUTRAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

Transcription:

E S T A M O S E N W W W. R E V I S T A A F R I G A. C O M, F A C E B O O K E T W I T T E R Nº 124 A N O X X I I Agosto - Setembro 2016 A F R I G A P R O D U C I Ó N D E L E I T E D O S S I E R : C U L T I V O S P R A T E N S E S AGROPECUÁRIA MONTE INGLÊS: UNHA PRODUCIÓN SUSTENTABLE DOSSIER: ENSILADO DO MILLO

sumario 3 A F R I G A P R O D U C I Ó N D E L E I T E CONVOCATORIAS Concurso Rexional da Raza Holstein Frisia de Murtosa.......................... 10 Concurso de Gando Bovino da Raza Holstein-Frisia dos Azores................... 12 Concurso de Gando Frisón de Irún............................................ 16 Concurso de Gando Vacún Frisón Valle de Carriedo............................. 16 Concurso-Exposición Rexional de Gando Vacún de Llanera....................... 16 EXPLOTACIÓN Casa Gabino (Friol, Lugo).................................................... 20 PANORAMA INTERNACIONAL Nace o Programa de Leite de Vacas Felizes nos Azores.......................... 28 Agropecuária Monte Inglês (San Miguel, Os Azores)............................. 32 ECONOMÍA A crise láctea. Punto e seguido............................................... 38 NOVAS TECNOLOXÍAS A gandería de precisión e o proxecto 4d4f: un enfoque participativo.............. 44 NUTRICIÓN Aspectos básicos da nutrición en base a aminoácidos no gando leiteiro............ 50 SANIDADE Filaria do ubre en vacas de leite: claves para o seu control....................... 60 Paratuberculose bovina: breves apuntamentos da enfermidade................... 66 DOSSIER: ENSILADO DO MILLO Toma de mostras e indicadores de calidade en ensilados......................... 76 Calidade do ensilado de millo nas explotacións leiteiras galegas.................. 86 PRODUCIÓN Estrutura produtiva e sistemas de alimentación das explotacións leiteiras de Galicia.......................................... 98 DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES Sistemas de multiplicación de semente en ambientes controlados: tecnoloxía de microinvernadoiros desenvolvida no CIAM....................... 116 O rendemento de pratenses e cultivos de inverno na produción de leite. Traballos recentes........................... 126 A conservación e o uso de recursos fitoxenéticos de especies pratenses galegas no CIAM..................................... 138 Edita: AFRIGA, Asociación Frisona Galega. Xunta de Goberno de Afriga: PRESIDENTE, Juan Francisco Novo García. VICEPRESIDENTE, Fernando Couto Silva. SECRETARIA, Josefina Iglesia Andión. TESOUREIRO, Manuel Berdomás Tejo. VOGAIS, José Ramón Pazos Fondevila, José Rodríguez Berbetoros e José Mercador Fontenla. Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa. Membro de DIRECTOR EXECUTIVO, José Manuel Gegúndez. DIRECTOR DE ARTE, Marcos Sánchez. DESEÑO-MAQUETACIÓN, Marcos Sánchez, Martín Sánchez. COORDINACIÓN-EDICIÓN, Verónica Rodríguez Gavín. REDACCIÓN, Begoña Gómez Rielo. CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA, Alexandra Cabaleiro Carro. FOTOGRAFÍA E REALIZACIÓN EN AFRIGA TV, Raquel Anido. Enderezo: Ronda das Fontiñas, 272, Entreplanta A. 27002 LUGO. Teléfonos: 982 221 278, 636 952 893, 610 215 366. Email: transmedia@ctransmedia.com. Web: www.transmedia.es Administración: AGER Servicios Empresariais SL. Praza da Mercé de Conxo 1, 1º B. 15706 Compostela. Teléfono: 981 534 350. Email: ager@ager.com.es. Web: www.ager.com.es Tiraxe: 17.000 exemplares Depósito Legal: C-1.292/94 - Afriga non se responsabiliza do contido dos artigos e colaboracións asinados. ISSN: 2444-149X ISBN: 978-84-617-4330-8 ACTUALIZACIÓN! Probade o simulador de custos de produción para granxas! (Desenvolvido por ConsuVet) É o novo servizo gratuíto da app Revista Afriga! Para móbiles e tablets Dispoñible en Outras vantaxes da app! Acceso directo a noticias do sector (sen conexión a Internet!) Acceso directo á revista (co último número visible tamén sen conexión a Internet!) Acceso directo aos vídeos de Afriga.tv Se desexa recibir a revista Afriga por correo electrónico escríbanos a: ou visite a nosa web o visite nuestra web or visit our web Si desea recibir la revista Afriga por correo electrónico escríbanos a: revistaafriga@ctransmedia.com If you would like to receive Afriga magazine via e-mail write to us at: www.revistaafriga.com Síganos tamén en Twitter e Facebook Síganos también en Twitter y Facebook Follow us on Twitter and Facebook

116 DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES SISTEMAS DE MULTIPLICACIÓN DE SEMENTE EN AMBIENTES CONTROLADOS: TECNOLOXÍA DE MICROINVERNADOIROS DESENVOLVIDA NO CIAM Ao ser un sistema permeable, en días de choiva ou néboa a auga penetra a través da malla, así que a cantidade de auga requirida para rega asistida en cultivo é notablemente inferior A multiplicación de sementes é un dos procesos cruciais no mantemento dos bancos de xermoplasma, xa que as accesións son particularmente vulnerables á perda da súa diversidade por contaminacións. Presentámosvos o sistema innovador para pratenses que vén de patentar o INGACAL nas instalacións do CIAM para levar a cabo este proceso con maior eficiencia e menor custo que cos sistemas tradicionais. Julio E. López Díaz 1 e Gonzalo Flores Calvete 2 1 Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) As Mariñas-Betanzos 2 Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. INGACAL Nas condicións de almacenamento dunha cámara de xermoplasma a 2 o C e un 20-30 % de humidade relativa, as sementes poden manter o seu poder de xerminación entre 10 e 30 anos dependendo da especie e da calidade da conservación, así que periodicamente é necesario multiplicar o material considerado estratéxico ou aquel máis antigo. Dos diversos pasos implicados na conservación da diversidade xenética nun banco de xermoplasma (recolección, multiplicación e almacenamento), o factor máis limitador é sempre a multiplicación. En especies autógamas (que se polinizan individualmente entre elas mesmas) é relativamente fácil o mantemento das accesións individuais, xa que non requiren illamento externo. En especies anemófilas alógamas (que se polinizan polo vento e son autoincompatibles), a necesidade de illamento con respecto a outras poboacións naturais próximas restrinxe o número de accesións que poden ser multiplicadas na mesma área sen risco de contaminación. Nas especies entomófilas (que se polinizan por insectos, principalmente abellas) é practicamente imposible o control estrito da polinización, xa que os insectos xa portan pole doutras áreas.

DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES 117 OS SISTEMAS TRADICIONAIS DE MULTIPLICACIÓN DE SEMENTE REALÍZANSE AO AIRE LIBRE EN CAMPOS SEPARADOS E ILLADOS MEDIANTE UNHA BARREIRA DE CEREAL QUE IMPIDE O PASO DE POLE DUNS CAMPOS A OUTROS. ESTE MÉTODO É CUSTOSO E REQUIRE DE GRANDES SUPERFICIES DE CULTIVO E DE MAN DE OBRA A multiplicación é un dos procesos máis cruciais no mantemento dos bancos de xermoplasma, e é un paso no que as accesións son particularmente vulnerables á perda da súa diversidade por contaminacións. Os sistemas tradicionais de multiplicación de semente realízanse ao aire libre en campos separados e illados mediante unha barreira de cereal que impide o paso de pole duns campos a outros. Este método é custoso e require de grandes superficies de cultivo e de man de obra. Por outra banda, a multiplicación vese influída por innumerables factores ambientais que poden afectar á conservación da diversidade xenética. López (2010), e posteriormente López e Oliveira (2012), estudaron como se vía afectada a conservación da diversidade xenética en poboacións naturais de raigrás multiplicadas ao aire libre utilizando estudos agronómicos e de electroforese de isoenzimas, e concluíron que nalgúns casos non se garantía a conservación debido a factores ambientais, como a contaminación por pole externo ou fallos na barreira de illamento. Polo tanto, no CIAM iniciouse unha serie de investigacións para idear metodoloxías máis eficientes de multiplicación de sementes mediante a instalación de sistemas que producen microambientes controlados e illados fisicamente do exterior. A polinización realízase no interior tanto para especies anemófilas coma para entomófilas. No primeiro caso, mediante sistemas de ventilación asistida que permitan o desprazamento do pole e, no segundo, mediante a introdución de colmeas de abellóns no seu interior durante a época de floración da planta para garantir o transporte de pole. En Galicia existen antecedentes satisfactorios con este sistema de multiplicación; por exemplo, na MBG (Misión Biolóxica de Galicia) multiplicáronse accesións de diversas especies hortícolas (principalmente brasicáceas) mediante este método con bos resultados. No que se refire a especies pratenses, moitos dos traballos de multiplicación de Lindner dende os anos 80 (Lindner, 1997) baseáronse nesta técnica utilizando gaiolas grandes de multiplicación de distintos tamaños, aínda que moito máis sinxelas e só para especies anemófilas. pradeiras anuais e perennes Selección de variedades gramíneas e leguminosas, adaptadas ao clima e aos solos das zonas húmidas da Península Ibérica Mesturas de pradeiras dispoñibles en envases de 10 e 25 kg MESTURAS ANUAIS, O MELLOR CULTIVO COMO ALTERNANCIA AO DO MILLO WAMESTRADA S. L. L. Zona industrial de Toedo, 36680 A Estrada, Pontevedra, España Telf. e Fax (0034) 986 572 445 info@semillaswam.com www.semillaswam.com

118 DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES NOS MICROINVERNADOIROS A POLINIZACIÓN REALÍZASE NO INTERIOR TANTO PARA ESPECIES ANEMÓFILAS COMA PARA ENTOMÓFILAS. NO PRIMEIRO CASO, MEDIANTE SISTEMAS DE VENTILACIÓN ASISTIDA QUE PERMITAN O DESPRAZAMENTO DO POLE E, NO SEGUNDO, COA INTRODUCIÓN DE COLMEAS DE ABELLÓNS DURANTE A ÉPOCA DE FLORACIÓN DA PLANTA PARA GARANTIR O TRANSPORTE DE POLE Figura 1. Parte superior: visión xeral do conxunto da instalación; cada compartimento é accesible individualmente e non están comunicados uns cos outros. Parte inferior: instalación do sistema de rega e soportes para ventilación asistida. A dobre porta cruzada en cada compartimento dificulta a entrada de pole externo para evitar contaminacións. No ano 2008 J. Piñeiro, investigador do CIAM, suxería (en comunicación persoal) que os sistemas de multiplicación ao aire libre en especies moi comúns en Galicia coma raigrases, trevos e dactilos poderían entrañar riscos de contaminación externa de pole, precisamente polo carácter minifundista e a gran diversidade autóctona e agrícola desta comunidade autónoma. Por outra banda, estes sistemas requiren de moito espazo e man de obra, fitosanitarios, combustibles etc., e, ademais, o éxito da produción de semente está condicionado a moitas variables, sobre todo ambientais (pragas, inclemencias temporais, man de obra etc.). En varios traballos realizados no CIAM estudouse como se vía afectada a calidade da conservación da diversidade xenética en poboacións naturais de raigrás italiano multiplicadas ao aire libre (especie anemófila autoincompatible), e os resultados foron que no 40 % dos casos non se garantía a súa conservación debido a contaminacións por pole externo, factores ambientais ou erros na barreira de illamento (López e Oliveira, 2012). Daquela, iniciáronse as primeiras investigacións para resolver a multiplicación efectiva de semente nas condicións particulares de Galicia. DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO SISTEMA O conxunto total da instalación dos microinvernadoiros do CIAM sitúase nunha parcela de 60 m (longo) x 9 m (ancho). A estrutura é ríxida con cimentación de 20 cm (fondo) x 20 cm (ancho) con formigón armado e base de bloque. A parte aérea está construída con perfiles K de metal que proporcionan máis protección e resistencia ao vento ou fronte a temporais. O sistema está dividido en 10 compartimentos, con teito en arco para impedir a acumulación de auga. O chan, permeable á auga, revestiuse con malla antiherba resistente ás pisadas. Unha dobre porta cruzada permite individualmente o acceso a cada compartimento, e cada acceso consta de batente ou reembalse por todo o perímetro. Todas as portas abren cara a fóra para crear unha corrente de aire inversa no momento da apertura e así dificultar a entrada de pole externo para evitar contaminacións. As paredes e o teito están revestidos con malla antitrips de calibre 13 x 31 fíos/cm 2 (urdido-trama) para impedir o paso do pole pero que deixa pasar o aire e a auga, e está reforzada para impedir roturas ou danos polo vento. No caso de rotura pode ser perfectamente substituíble. Cada compartimento consta de 10 liñas individuais de rega automática por goteo que se programan electronicamente e que teñen capacidade para 220 macetas por compartimento, o cal significa que a capacidade total é de 2.200 macetas. Para a distribución do pole, no caso de especies anemófilas instálanse ventiladores internos para permitir o movemento de aire e facilitar a dispersión, que contan cun sistema temporizador para maximizar a ventilación nas horas máis axeitadas para cada especie e que proporcionan un caudal de aire mínimo de 400 m 3 /h, así como con selector de velocidades e protector para a choiva. No caso de especies entomófilas, no momento da floración instálanse colmeas de abellóns (Bombus sp.), que son menos agresivos que as abellas, de 50 individuos que posteriormente se liberan. O conxunto da instalación ten 4,5 metros de altura para permitir o libre desprazamento e o voo dos abellóns. Tamén permite fusionar compartimentos mediante a eliminación da malla interna que os separa, no caso de que se requira máis espazo de cultivo da mesma accesión. Debido ao carácter innovador con respecto a outros sistemas, recentemente esta tecnoloxía foi obxecto dunha patente rexistrada polo Ingacal (Instituto Galego da Calidade Alimentaria), dependente da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia), coa referencia P 2015/8756.

120 DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES A SEMENTE RECOLLIDA EN AMBIENTES CONTROLADOS NON SE DISPERSA NO MEDIO NATURAL, E OS RESTOS RESULTANTES SON DESTRUÍDOS NO PROCESO DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN METODOLOXÍA Inicialmente, o material a multiplicar seméntase en bandexas nun invernadoiro convencional, ben manualmente, ben, no caso de ser moitas plantas, coa axuda dunha sementadora automática (figura 2). Posteriormente, unha vez xerminadas, transplántanse a macetas e xa se poden transportar aos compartimentos (figura 3), que previamente deben ser desinfectados e tratados para impedir a proliferación de pragas internas. Alí instálase a rega por goteo. Na época de espigado ou floración instálanse os sistemas de ventilación e as colmeas de abellóns, dependendo da especie. O sistema queda medio desatendido ata a época de colleita, que é cando se corta a parte aérea das plantas e se procesa a semente resultante a través de varios procesos de limpeza e selección, pasando posteriormente a unha cámara de secado para diminuír a humidade e garantir a súa lonxevidade. Por último, cada mostra pésase, etiquétase e informatízase nas bases de datos e, finalmente, introdúcese na cámara de xermoplasma para a súa conservación (figura 4). Figura 2. Arriba: o material xenético a multiplicar en cada ciclo seméntase en bandexas en invernadoiro convencional. Abaixo: unha vez xerminada a semente, as plantas transplántanse a macetas para o seu transporte final á estrutura de microinvernadoiros. Figura 3. Parte superior: fase inicial de instalación das macetas nos compartimentos, aos cales, cando chega a época de espigado, se lles programan os sistemas de ventilación asistida en especies anemófilas. Parte inferior: as leguminosas necesitan vectores para transmitir o pole dunhas plantas a outras, polo tanto, instálanse colmeas de abellóns duns 50 individuos que posteriormente se liberan.

122 DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES A SUPERFICIE A MANTER É MOI INFERIOR Á REQUIRIDA NO PROCESO DE MULTIPLICACIÓN AO AIRE LIBRE; POR OUTRA PARTE, NON EXISTE TANTO RISCO DE CONTAMINACIÓN DE MALAS HERBAS AO DISPOÑER DUN ESPAZO CONTROLADO E DESINFECTADO NO MOMENTO INICIAL DE CADA CICLO Parte superior: fase de limpeza. A semente trátase nunha columna densimétrica de alta capacidade que mediante correntes de aire e vibración separa as fraccións de po e palla da semente válida. Posteriormente, esta semente procesada e limpa pasa á cámara de secado para diminuír a humidade. Parte inferior: finalmente a produción de semente de cada accesión pésase, informatízase e gárdase na cámara de xermoplasma do CIAM. VANTAXES DESTE SISTEMA Este sistema de multiplicación de semente presenta unha serie de vantaxes respecto dos sistemas tradicionais, entre as que poden sinalarse as seguintes: Eficiencia de produción de semente Unha maior autonomía e un maior control nos procesos de multiplicación de semente sen a dependencia doutros cultivos que se utilizan habitualmente como barreira de illamento. Diminución da superficie requirida para o proceso de multiplicación habitualmente utilizada ao aire libre, debido á separación mínima necesaria entre as mesmas especies (20-50 m de distancia entre campos), e/ou de especies contaminantes. Tamén se simplifica a man de obra necesaria para o mantemento (preparación do terreo, transporte de planta, transplante, mallas antiherbas, control de malas herbas etc.). Outro aspecto importante a ter en conta é que se facilitan os labores de recolección dos cultivos que serven de barreira de illamento ao non existir obstáculos (os propios campos de multiplicación) que dificultan a colleita que compón a barreira. Un mellor control de pragas e enfermidades debido á malla antitrips externa e interna. Ademais, a malla do chan, previamente tratada con herbicidas preemerxentes, prevé a maior parte de danos habitualmente producidos en cultivos ao aire libre debidos a malas herbas. A malla das paredes impide a entrada de insectos, roedores, pequenos moluscos, aves etc., que provocan perdas no cultivo.

124 DOSSIER: CULTIVOS PRATENSES A circulación interna e rotativa do pole mediante ventilación asistida nas especies anemófilas permite unha mellor eficiencia do proceso de polinización, e teoricamente sería moito máis rápida, posto que as flores en antese (fase na que se produce o pole despois da floración) teñen unha vida útil de fecundación relativamente curta debido á gran cantidade de enerxía que consomen as plantas no devandito proceso. Tamén hai que ter en conta que en campos ao aire libre a circulación do pole non é rotativa, senón lineal dependendo da dirección do vento. Isto significa que en campos abertos a panmixia (mestura equilibrada de todos os individuos) non está garantida. Nunha circulación rotativa do aire todas as plantas terían acceso posible ao pole. Cómpre apuntar que ao mesmo tempo que o pole non entra tampouco pode saír, e iso implica que a produción final de semente, aínda que en menor cantidade en superficie, sería máis eficiente dende o punto de vista do consumo de recursos e considerando a calidade estimada da mesma pola emulación dos microambientes necesarios para cada especie a multiplicar. En especies entomófilas o control da polinización por vectores (abellóns) nos compartimentos sería absoluto, xa que ao aire libre innumerables insectos, tanto diúrnos coma nocturnos, proveñen de zonas ás veces próximas e ás veces afastadas, polo tanto, non se pode garantir a pureza da semente obtida, ao achegar estes insectos pole externo, e non é posible un control estrito sobre a semente resultante. Por outra banda, os insectos polinizadores en días de choiva ou excesivo vento diminúen notablemente a súa actividade. Esta situación climática de choiva e vento nordés é moi habitual nos meses de primavera e de verán en Galicia, cando a maior parte das plantas están en floración. Os compartimentos proporcionan certa protección aos insectos, co que poderían exercer a súa función durante máis tempo real. Recreación de diferentes ambientes óptimos para cada especie ou experimento: pódese instalar mallas de sombreado para especies de sombra, aumentar ou diminuír a cantidade de auga de rega ou usar diferentes superficies mediante a unión de compartimentos por eliminación de paredes de malla. Diminución do estrés térmico provocado polas diferenzas de temperatura diarias: en invernadoiros convencionais onde a circulación de aire está moi restrinxida, as variacións térmicas ao longo do día poden chegar a ser moi importantes, sobre todo en datas estivais. Este sistema permeable ao aire e a ventilación asistida proporcionan un ambiente máis estable e similar ao externo para o crecemento das plantas. Estimouse mediante a instalación de sondas que a temperatura interna das estacións individuais está entre 1 e 2 o C por encima da temperatura exterior. A perda de semente no chan pola vibración das máquinas de recolección ou do proceso manual de corte é un feito habitual nos campos de multiplicación ao aire libre. O sistema de microinvernadoiros e a malla do chan permitirían recuperar a semente perdida cun simple varrido e unha limpeza posterior. Diminución de custos Man de obra: diminución da man de obra requirida para o mantemento das plantas en proceso de multiplicación. A superficie a manter é moi inferior á requirida no proceso de multiplicación ao aire libre; por outra parte, non existe tanto risco de contaminación de malas herbas ao dispoñer dun espazo controlado e desinfectado no momento inicial de cada ciclo. Polo tanto, o conxunto do proceso é semidesatendido. Pesticidas e man de obra requirida para o mantemento dos campos de multiplicación: reduciríanse os custos de combustible ao non requirir periodicamente desprazamentos de maquinaria nin de persoal. Os compartimentos poden ser facilmente desinfectados e tratados ao final e/ ou principio de cada ciclo de multiplicación. O persoal de mantemento e a maquinaria non tería que desprazarse xa que a superficie a manter non o require. Beneficios para o medio ambiente Diminución de emisións dos gases de efecto invernadoiro como consecuencia dun menor uso de maquinaria e aforro de enerxía. Aforro de auga: ao ser un sistema permeable, en días de choiva ou néboa a auga penetra a través da malla, así que a cantidade de auga requirida para rega asistida en cultivo é notablemente inferior aos sistemas de rega habitualmente utilizados en invernadoiros convencionais. Prevención da dispersión de especies ou xenes invasores: nas recoleccións ao aire libre sempre hai unha porcentaxe de semente que se dispersa no campo e pode ter capacidade de xerminación, caso especialmente grave en variedades foráneas ou transformadas. A semente recollida en ambientes controlados non se dispersa no medio natural, e os restos resultantes son destruídos no proceso de limpeza e desinfección. NOTA: Este traballo está financiado mediante o proxecto INIA RFP2014-00009-00-00: Conservación e caracterización primaria de accesións de especies pratenses do banco de xermoplasma do CIAM. REFERENCIAS LINDNER, R.; GARCÍA, A., 1997. Geographic distribution and genetic resources of Dactylis in Galicia (northwest Spain). Genetic Resources and Crop Evolution, 44, 449-507. LÓPEZ, J.E., 2010. Estudio de los recursos fitogenéticos del complejo Festuca-Lolium. Tesis doctoral. Universidade de Santiago de Compostela (Ed.), Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Serie Verde: Ciencias Experimentais e Ensinos Técnicos. http://dspace.usc.é/bitstream/10347/2802/1/9788498873740_ content.pdf LÓPEZ, J.E.; OLIVEIRA, J. A., 2012. Conservation of genetic diversity in regenerated landraces of Italian ryegrass. Plant Genetic Resources: Characterization and Utilization (2012) 10 (1), 5 13. http://journals.cambridge.org/action/displayabstract?from Page=online&aid=8509486&fulltextType=RA&fileId=S1479 26211100089X