Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

Similar documents

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

XANEIRO - SETEMBRO 2018

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Á Mesa do Parlamento

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Mapa de accidentalidade

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

DATOS IDENTIFICATIVOS

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

XXIX XOGOS GALAICO DURIENSES OURENSE 2015

-ANUNCIO Nº 3- PROBAS SELECTIVAS PARA A CONFECCIÓN DE LISTAS DE AGARDA PARA A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Memoria Escola Galega de Administración Pública

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

REGULAMENTO. 8 de xullo de 2018

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

O relevo e as costas de Galicia

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Programación de proba libre de módulos profesionais

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Transcription:

Anuncio do 7 de decembro 2012 da Fundación Galicia Europa polo que se convocan bolsas para a formación en prácticas de titulados superiores en temas relacionados coa Unión Europea para o ano 2013 en colaboración con Novacaixagalicia I.- Obxecto No marco do Convenio asinado o pasado 24 de xuño de 2011 entre a Fundación Galicia Europa e Novacaixagalicia, para a realización de actividades conxuntas no ámbito da Unión Europea, convócanse cinco bolsas de formación dirixidas a licenciados ou poseedores de grao universitario para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e Bruxelas durante o ano 2013. Esta convocatoria terá por obxecto que os/as beneficiarios/as poidan formarse en temas relacionados co seguimento e a comunicación das políticas comunitarias que máis afectan a Galicia, na captación de financiamento comunitario e na xestión de proxectos europeos. O obxectivo final é facilitar á mocidade galega o acceso ao mercado laboral. II.- Duración e datas Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013. No caso de baixas ou renuncias durante o periodo de prácticas, poderanse conceder bolsas por un tempo que cubrirá unicamente o que reste desde a data de inicio da nova bolsa concedida ata a data de finalización que tivese a bolsa inicial. Para cubrir estas incidencias chamarase por orde de prelación que resulte da lista de reserva publicada dos candidatos que non obtiveron as prazas previstas. Non se concederán bolsas para suplir renuncias ou incidencias por un tempo inferior a un mes. III.- Lugar de realización Dúas bolsas desempeñaranse na oficina da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e as outras tres na oficina de Bruxelas. Os/as aspirantes poderán expresar no modelo de solicitude da convocatoria as súas preferencias polo lugar de realización das bolsas. Esta preferencia terase en conta, non obstante, sen prexuízo da potestade da Fundación de valorar a idoneidade dos beneficiarios para calquera dos destinos, en función dos coñecementos lingüísticos e de formación académica. 1

IV.- Requisitos de admisión Para concurrir a esta convocatoria os aspirantes deberán cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos: Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea. Ter nacido en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia desde antes do 31.12.2010. Ter menos de trinta e cinco anos. Estar en posesión dun título universitario superior (licenciatura ou grao), con posterioridade ao 31.12.2005. Acreditar dominio da lingua galega a través do Celga 4 ou titulación equivalente, segundo a Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo de 2007). V.- Descrición, obxecto e modalidades das cinco bolsas Catro bolsas para a formación no seguimento dos asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas políticas así como á captación de financiamento comunitario e xestión de proxectos europeos, nas que se valorarán preferentemente as seguintes titulacións: grao ou licenciatura en Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas, Ciencias Económicas e Administración e Dirección de Empresas. Destas catro bolsas, dúas estarán destinadas na oficina de Bruxelas e as outras dúas na de Santiago de Compostela. Unha bolsa para a formación en comunicación e información das políticas comunitarias, das actividades da Fundación e da presenza de Galicia nos organismos europeos, con destino na oficina de Bruxelas. Estará reservada para grao ou licenciatura en Xornalismo ou Ciencias da Comunicación. As cinco bolsas estarán particularmente destinadas á identificación de iniciativas e programas europeos de especial interese para a Fundación Galicia Europa e para Novacaixagalicia. Os/as candidatos/as deberán elixir entre presentarse ás bolsas de formación en asuntos e políticas europeas ou á bolsa de formación en comunicación das políticas comunitarias, o que deberán manifestar no modelo de solicitude, sendo excluíntes entre sí. VI.- Contía A contía bruta individual das axudas para todo o período será de 12.050,00 euros para cada licenciado en prácticas en Santiago de Compostela, e de 13.620,00 euros para cada un dos destinados na oficina de Bruxelas. Para estes últimos, establécese unha axuda individual complementaria de 350,00 euros en concepto de gastos de viaxe que se 2

lles aboará unha vez comezadas as prácticas. O pago da bolsa dividirase en mensualidades. O importe bruto individual estará suxeito ás retencións fiscais e aos gastos de seguridade social correspondentes no seu caso. O/A beneficiario/a non poderá desfrutar doutra axuda de formación durante o período de realización da bolsa da Fundación. VII.- Prazo de presentación das solicitudes A solicitude será remitida por correo certificado con acuse de recibo ou presentada no rexistro da Fundación Galicia Europa (R/ Feáns, 3C baixo 15706) Santiago de Compostela, ou Rue da Loi 38, bte.2 1040 Bruxelles), ata o 26 de decembro de 2012. As solicitudes deberán presentarse no formulario anexo á convocatoria, xunto co Currículum Vitae, e máis a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos de admisión e os méritos que se valorarán no proceso de selección (ver apartado VIII). Non serán computables os méritos que non sexan acreditados documentalmente polos solicitantes, podendo ser rexeitadas as solicitudes presentadas. VIII.- Proceso de selección O proceso de selección desenvolverase de modo simultáneo para as modalidades establecidas no epígrafe V desta convocatoria, e constará de tres fases: 1.- Unha primeira fase de carácter práctico que constará dos seguintes exames (ata 10 ptos): a) Un exame de trinta preguntas tipo test de coñecementos da Unión Europea redactado en lingua galega (ata 6 puntos). b) Un exame de trinta preguntas tipo test en Inglés (ata 2 puntos) c) Un exame de trinta preguntas tipo test en Francés (ata 2 puntos). Dos exames de idiomas, será de carácter obrigatorio a realización alomenos dun deles para pasar á seguinte fase. Cada pregunta dos test constará de catro respostas alternativas sendo soamente unha a correcta. De cada tres respostas erradas descontarase unha acertada, sen que desconten as preguntas deixadas en branco. Soamente pasarán á seguinte fase, que é a de valoración de méritos académicos, os primeiros vinte aspirantes da modalidade de asuntos y políticas europeas e os cinco primeiros da modalidade de comunicación das políticas comunitarias que obteñan a mellor puntuación. 3

2.- Unha segunda fase de méritos (ata 10 puntos) Polo que se refire á formación académica, atenderase ao seguinte baremo: Expediente académico: Deberase presentar certificado expedido pola universidade no que conste a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no RD 1497/87, modificado polo RD 1267/94. (ata 4 puntos). Licenciaturas denominadas como preferentes no apartado V desta convocatoria: 1 punto por licenciatura (ata un máximo de 2 puntos). Masters universitarios ou cursos de posgrao relacionados con asuntos europeos: 1 punto. Para os aspirantes á bolsa en comunicación das políticas comunitarias valoraránse os másters universitarios ou cursos de posgrao relacionados coa súa titulación. Título superior da Escola Oficial de Idiomas en inglés ou francés, ou títulos de idiomas de institucións oficiais que acrediten un coñecemento de inglés ou francés equivalentes ao nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas do Consello de Europa: 1 punto por título. Valoraránse neste apartado as titulacións superiores dos idiomas referidos (ata un máximo de 2 puntos). Cursos, seminarios e xornadas relacionados cos ámbitos obxecto das bolsas: 0,1 puntos cada curso. Só se valorarán cursos superiores a 20 horas (ata 0,5 puntos). Coñecementos de ofimática: 0,1 puntos cada curso. Só se valorarán cursos superiores a 20 horas (ata 0,5 puntos). Só se aportará a documentación esixida e baremable, sendo suficiente a presentación de copia simple. Soamente pasarán á seguinte fase, que é a de entrevista, os/as primeiros/as doce aspirantes da modalidade de asuntos e políticas europeas e os/as 3 da modalidade de comunicación das políticas comunitarias que obteñan a mellor puntuación no total das dúas fases anteriores. 3.- Unha terceira fase de entrevista (ata 5 puntos) Realizarase unha entrevista na que se valorará o coñecemento xeral e de actualidade sobre asuntos europeos e a capacidade de adaptación e de traballo en equipo, especialmente en ámbitos multiculturais e multilingües. As bolsas concederanse aos/ás candidatos/as que obteñan as catro mellores puntuacións da modalidade de asuntos e políticas europeas e a mellor puntuación da modalidade de comunicación das políticas comunitarias do proceso de selección, tendo sempre en conta as bases da convocatoria. No caso de que algún ou algúns dos concesionarios da bolsa renunciasen á mesma, procederase a conceder esta ao candidato inmediatamente posterior na lista de reserva resultante do proceso de selección. 4

IX.- Lugar e data da proba As probas de carácter práctico desenvolverase simultaneamente en Santiago de Compostela e Bruxelas. Estas probas terán lugar o día 4 de xaneiro de 2013 ás 10,00 horas na sede da Escola Galega de Administración Pública (rúa Madrid 2-4, Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela) e nas oficinas da FGE no caso do exame de Bruxelas (Rue de la Loi 38, bte.2 1040 Bruxelles). Convocaranse a estas probas a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos de admisión antes mencionados. Para este fin, e con anterioridade a esa data, publicarase unha lista de admitidos na páxina web da Fundación Galicia Europa (www.fundaciongaliciaeuropa.eu). X.- Natureza xurídica da relación A aceptación da bolsa non xera ningún tipo de vínculo laboral, administrativo nin de calquera outra natureza contractual entre a Administración autonómica ou a Fundación Galicia Europa e o/a beneficiario/a, agás o disposto no Real Decreto 1493/2011 de 24 de outubro. Os dereitos e as obrigas cínguense en exclusiva ao estipulado na presente convocatoria e nas condicións particulares anexas. Os/As bolseiros/as que concluísen satisfactoriamente o seu período formativo recibirán a correspondente certificación acreditativa, na que constarán todos os termos atribuíbles á estancia de prácticas así como o seu aproveitamento. As condicións particulares que acompañan a estas bases (que poden ser consultadas no portal web da FGE ou solicitarse en calquera das súas oficinas) constitúen parte integrante da convocatoria e son, polo tanto, de obrigado cumprimento para todo aquel que concorra á mesma. Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012 O Secretario Xeral da Fundación Galicia Europa Asdo.: Alfonso Rueda Valenzuela 5

ANEXO I BOLSAS PARA A FORMACIÓN EN PRÁCTICAS DE TITULADOS SUPERIORES EN TEMAS RELACIONADOS COA UNIÓN EUROPEA EN COLABORACIÓN CON NOVACAIXAGALICIA SOLICITUDE DE BOLSA 2013 Datos persoais Apelidos: Nome: Nacionalidade: Data nacemento: / / DNI/Pasaporte: Enderezo: Número: Piso: C.P.: Localidade: Provincia: Teléfono móbil: Teléfono fixo: Outro: Correo electrónico: Formación Licenciatura ou grao: Máster obxecto da bolsa: Modalidade da bolsa Bolsa en asuntos e políticas europeas Bolsa en comunicación das políticas comunitarias Preferencia Santiago Bruxelas Solicita que se lle conceda unha bolsa para realizar prácticas no citado organismo., de de 2012 Sinatura 6