Prof. Dr. Francisco Peña

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

O relevo e as costas de Galicia

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Á Mesa do Parlamento

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

RSE. e desenvolvemento sustentable

Mapa de accidentalidade

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

XLIV CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

Laboratorio do Territorio


PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

MEMORIA DE ACTIVIDADES

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

>> ESPAÑA Reloaded ROUTES

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

Porto-Muíños, Dinahosting e OpSeeker Tech gañan os premios PEL da Deputación ás mellores iniciativas empresariais coruñesas

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

PRIMER BIMESTRE ADM-106 ADMINISTRACION FINANCIERA 3 LU /January/ /February/2018

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

PLAN DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Anexo. Detalle das accións

Curso ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE

TALLER TÉCNICO: ESTUDIO OMT-WTCF sobre RENDIMIENTO DEL TURISMO URBANO

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

COMISION DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS REPRESENTACION EN ESPAÑA

Obra Social la Caixa en Galicia. Resumo anual 2017

Revista Galega de Economía Vol (2018)

PROGRAMME. Day Timetable Agenda 6th. A Xuventude Auditorium. CEUCO General Meeting November (Friday) Opening of the Congress 10:00-10:05

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e socios. Bolsas e vacantes. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Que facemos:

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Os alumnos/as con ACI non deberán mercar os libros ata setembro

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS

informe de actividade issga

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

prioritarios de atención, impulsará a delimitación espacial de proxectos singulares.

ÍNDICE. 1. Escenario Financeiro 2. Análise Ingresos 3. Análise Gastos 4. Plan Estratéxico de Galicia

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

Curriculum Vitae. Contact Information , ext Education

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

NEARCHing FACTORY PROGRAMME

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

PROXECTOS DE LEI. Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano DECRETOS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

CURRICULUM VITAE CURRENT POSITION EDUCATION & QUALIFICATIONS RESEARCH PROJECTS AND GROUPS CARLOS GUILLERMO BENAVIDES-CHICÓN

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

WAY OF ST. JAMES -First European Cultural Route. -Galician, Spanish and International Pilgrimage Routes. -The Product and Brand "Xacobeo.

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Visita de Estudo TERRA CHÁ. ÁREA DE COLONIZACIÓN. 29 Marzo, 2006 PROXECTO: RESUMO. Future Approaches to Land Development

II MEETING LUXEMBOURG VERNE PROYECT: EUROPEAN CULTURAL ROUTES IN GALICIA SPAIN : RESULTS REPORT

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Transcription:

XORNADAS AMBIENTAIS E DE TURISMO SOSTIBLE NO CAMIÑO PORTUGUÉS LVIII Curso de Saúde Ambiental PROGRAMA GALEGO MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2020 Caldas de Reis (Pontevedra), 16-18 outubro 2017 A Coruña (08) 37 Ortigueira (10) 44 32 Viveiro (02) 12 11 Narón (02) Foz (10) 42 Ferrol (09) 40 Ribadeo (05) 23 16 Pontedeume (03) Arteixo (06) 26 22 Betanzos (04) 4 Carballo (00) 19/57 Vilalba (04/17) Cospeito (11) 46 Guitiriz (09) 38 34 Ordes (08) Palas de Rei 53 Santiago (07/12) (14) 33/50 20 Silleda (04) 1 Padrón (00) 9 Noia (01) 7 A Estrada (01) Lalín (07) 30 Burela (07) Lugo (03, 08, 14) Coidar a nosa terra está nas nosas máns 15, 36, 54 48 Sarria (11) Ribeira (02) 13 O Grove (15) 55 Baiona (10) 45 27 Chantada (06) 8/56/58 Caldas de Reis (01/17) 5 Vilagarcía de Arousa (00) 6 Monforte de Lemos (00) 29 Cambados (06) 10 Pontevedra (01) 3 O Carballiño (00) 39 Castro Caldelas (09) 14,43,47 Ourense (02, 10, 11) 25 Cangas (05) 24 Ribadavia (05) 17 49 A Cañiza (11) O Barco de 18,52 Vigo (03, 13) 2/41 Ponteareas (00, 09) Valdeorras (03) 51 O Porriño (12) 28 Allariz (06) 31 Celanova (07) 35 Xinzo de Limia (08) 21 Verín (04) Sede anfitrioa e organizativa Concello de Caldas de Reis Patrocinadores Director académico e científico Prof. Dr. Francisco Peña

Presentación Pensar globalmente, actuar localmente O medio ambiente como xerador de actividades capaces de producir emprego, saúde e benestar á poboación Cada día ten maior importancia o coñecemento do medio ambiente dunha comunidade, xa que é un condicionante do seu benestar social, sanitario e económico. A industrialización e a urbanización modificaron o medio ambiente e orixinaron problemas ambientais de primeira orde (o efecto invernadoiro e o cambio climático, a destrución da capa de ozono estratosférica, o transporte de contaminantes, a desertización etc.) que é preciso corrixir, así como evitar que as actividades futuras orixinen máis deterioracións no noso contorno a través dunha política preventiva que permita un desenvolvemento sostido e equilibrado e teña como obxectivos a protección da saúde do home e a conservación de todos os recursos (aire, auga, solo, clima, especies de flora e fauna, alimentos, materias primas, hábitat, patrimonio natural e cultural) que condicionan e sustentan a vida. As interrelacións entre os diversos recursos e a súa xestión fan cada vez máis necesaria a posta en marcha de estratexias globais, entre as que ocupa un papel fundamental o principio de prevención, xa que máis vale previr que curar. A forte conexión entre medio ambiente e saúde recoñeceuse expresamente na 3.ª Conferencia Ministerial do Medio Ambiente e a Saúde (Londres, 1999). O Cume da Terra de Río de Xaneiro (1992), a Conferencia de NNUU sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento de Johannesburgo (2002) e Río+20 (2012), acuñaron a idea de desenvolvemento sostible, que expresa a imposibilidade dun desenvolvemento sen contar co medio ambiente (a protección do medio ambiente e o desenvolvemento económico e social son tres piares inseparables do desenvolvemento sostible). O VII Programa Comunitario de Acción en materia de Medio Ambiente 2014-2020 (7º PMA), resume os obxectivos prioritarios da política de medio ambiente da Unión Europea ata 2020 e introduce unha visión o longo prazo para 2050 coa finalidade de abordar os problemas principais de carácter ambiental. Se basa na creencia de que a prosperidade económica e o bienestar dos cidadáns europeos dependen do estado de saúde do seu capital natural. No título: Vivir ben, respetando os límites do noso planeta, o VII PMA recolle desafío de longo prazo antes de nós, así como o noso obxectivo. En términos económicos, vivir ben significa ter un traballo digno que nos proporcione ingresos suficientes, pero tamén ter acceso a bens e servizos. Desde o punto de vista físico, vivir ben, significa disfrutar dunha vida saudable, sen enfermidade, estrés e ruído, e acceso a auga eo aire limpo. A empresa ten unha especial responsabilidade diante do medio ambiente ao ser consumidora de recursos, ademais de fonte de emisións e residuos; pero tamén é orixe de coñecementos científicos e tecnolóxicos, así como de positivos impactos socioeconómicos; o cal levou a moitas empresas a integrar a política ambiental nas estratexias corporativas adoptando criterios de protección do contorno na planificación de actividades e toma de decisións, o que implica tamén ás asociacións empresariais, xa que a protección do medio ambiente na empresa constitúe unha responsabilidade corporativa. A Oficina Rexional para Europa da OMS, baseándose nas iniciativas de Cidades Saudables, e tendo en conta as experiencias dos plans de sanidade ambiental locais e os programas da Axenda 21 existentes nalgúns países europeos, decidiu apoiar as entidades locais e rexionais para acadar os obxectivos do desenvolvemento sostible, para o cal é necesario impulsar a posta en marcha de medidas de planificación e control do medio ambiente relacionadas cos aspectos sanitarios, xa que para resolver os problemas do medio ambiente, a saúde e o desenvolvemento sostible, é preciso chegar a un acordo e emprender accións non só a nivel nacional e internacional senón tamén a nivel subnacional e local. Na liña das políticas da OMS de propoñer ambientes saudables, e coa esperanza de concienciar os concellos galegos de asumiren esta filosofía na xestión dos aspectos ambientais da saúde e así poder contribuír ao desenvolvemento sostible de Galicia e mellorar as condicións de vida da cidadanía, púxose en marcha en Galicia no ano 2000, o PROGRAMA GALEGO MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2020, que contou cos parabéns do Dr. Agis Tsouros, coordinador no seu momento do proxecto Healthy Cities da Oficina Rexional para Europa da OMS, e desde o ano 2008 vén contando co valioso apoio e a participación activa da Dra. María Neira, director Department of Public Health and Environmental and Social Determinants da OMS. Esta iniciativa itinerante pioneira na UE, ten como obxectivos prioritarios a formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, ademais de foro de debate de todos os axentes sociais implicados na tarefa de protexer e conservar o medio ambiente e promover contornos saudables. A posta en marcha en Galicia deste Programa, no seu periplo itinerante por toda a xeografía galega o longo destes 18 anos, contou coa participación de 263 concellos (255 galegos, 2 leoneses, 1 asturiano, 2 madrileños e 3 portugueses), 5 entidades locais e rexionais portuguesas e 6.008 asistentes nas 57 edicións de Cursos de Saúde Ambiental realizados, o Simposio Internacional Medio Ambiente y Salud: nuevos retos de futuro en colaboración coa Fundación Ramón Areces (Santiago de Compostela, 2015), e o Cumio de Expertos en Medio Ambiente & Saúde (Ponteareas, 2016). No contexto da Axenda 2030 e os ODS das Nacións Unidas, cuio alcance é universal, o Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desarrollo 2017, debería fomentar un cambio nas políticas, as prácticas de empresa e o comportamento dos consumidores para promover un sector turístico máis sostible, ademais de promover unha mellor comprensión entre os pobos, maior conciencia da riqueza do patrimonio das diversas civilizacións e levar a unha mellor apreciación dos valores inherentes das diversas culturas, contribuindo así ao fortalecemento da paz no mundo. Co fin de abordar e debater algúns dos problemas ambientais máis importantes que ten a civilización actual, organízanse as XORNADAS AMBIENTAIS E DE TURISMO SOSTIBLE NO CAMIÑO PORTUGUÉS - LVIII CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL que, deseñadas de acordo cos principios da Carta Europea sobre Medio Ambiente e Saúde e a Carta de Aalborg cara á sostibilidade, teñen entre os seus como obxectivos: avanzar na loita contra o cambio climático cara á saúde ambiental do planeta, fomentar a economía circular na xestión sostible dos residuos e impulsar o turismo sostible no camiño portugués. Finalmente, cómpre destacar a necesidade de unir esforzos por parte de responsables políticos, empresarios, científicos, educadores, profesionais, ecoloxistas, comunicadores, así como a participación activa dos cidadáns e cidadás en prol de conseguirmos un medio ambiente máis saudable e sostible para todas e todos os galegos/as, o mellor legado para xeracións vindeiras. Prof. Dr. Francisco José Peña Castiñeira Fundador Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2020 Director Cursos de Saúde Ambiental www.medioambienteysalud.com

Programa 16.00 h Benvida aos congresistas: acreditación e entrega de documentos. 16.30 h Acto inaugural das xornadas/curso a cargo de: LUNS, 16 DE OUTUBRO - D. Juan Manuel Rey Rey, alcalde do Ilmo. Concello de Caldas de Reis. - D.ª Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra. - D. Alfredo García Rodríguez, presidente da Fegamp. - D.ª María Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia. - D. Rafael Sánchez Bargiela, xerente Xacobeo; en representación de Turismo de Galicia. - D. Ángel Gómez Amorín, en representación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. - D. José Vicente Martí Boscà, presidente honorario da Sociedad Española de Sanidad Ambiental. - D. José Antonio Sánchez Loureda, en representación de Gas Natural Fenosa. - D. Francisco Peña, director das xornadas. - D. José Luis González Paz, coordinador das xornadas. Río Umia o seu paso por Caldas de Reis Casco histórico-monumental de Caldas de Reis

17.00 h I Mesa redonda: Novos retos na loita contra o cambio climático cara á saúde ambiental do planeta: pulo ás enerxías alternativas e ao pacto dos alcaldes para o Clima e a Enerxía Moderador: Cambio climático e saúde en España: situación actual e perspectivas de futuro Prof. Dr. D. José Vicente Martí Boscà Coordinador de Sanidade Ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública da Generalitat Valenciana. Profesor asociado de Saúde Pública da Universitat de Valencia. Presidente honorario da Sociedad Española de Sanidad Ambiental. Director do libro: Cambio Global España 2020/50. Cambio Climático y Salud. Relatores: Estratexia Galega do Cambio Climático e Transición Enerxética 2050 D.ª María Luz Macho Eiras Subdirectora xeral de Meteoroloxía e Investigación da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia. Actuacións de saúde pública na adaptación ao cambio climático en Galicia D. Ángel Gómez Amorín Subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Os concellos galegos ante o cambio climático: pulo ao pacto dos alcaldes para o Clima e a Enerxía D. Alfonso Villares Bermúdez Vicepresidente Primeiro da FEGAMP, alcalde de Cervo e presidente da Comisión de Medio Ambiente da FEMP. As empresas de servizos enerxéticos ante o cambio climático: a súa contribución ao desenvolvemento sostible de Galicia D. David Alejandro Pérez Rodríguez Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Adxunto á Delegación de Vendas e Operacións de Gas Natural Fenosa en Galicia e Asturias. Vehículo eléctrico + enerxías renovables: pezas clave na loita contra o cambio climático Prof. Dr. D. Francisco Silva Castaño Delegado de Iberdrola en Galicia. Doutor Enxeñeiro de Minas pola UPM. Máster of Science (Massachusetts Institute of Technology, MIT). Profesor de Enxeñaría Ambiental na UDC durante 14 anos. O compromiso empresarial ante o cambio climático: cumprimento dos compromisos internacionais derivados de París (COP21) e Marrakech (COP22) D. José Enrique Rodríguez Coello Responsable Desarrollo de Negocio da Delegación de Aenor en Galicia. MARTES, 17 DE OUTUBRO 16.30 h Conferencia monográfica: O turismo sostible en Galicia: posta en valor do patrimonio natural no Camiño de Santiago nas diversas rutas D. Rafael Sánchez Bargiela Xerente Xacobeo -Turismo de Galicia. 17.15 h II Mesa redonda: A economía circular na xestión sostible dos residuos Moderador: Prof. Dr. D. Felipe Macías Vázquez Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Relatores: Actuacións da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia en materia de economía circular D.ª Verónica Tellado Barcia Subdirectora xeral de Residuos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia. Plan Revitaliza: xestión de proximidade para a reciclaxe do lixo orgánico nos concellos da provincia de Pontevedra D.ª María Martínez Abraldes Técnico de Medio Ambiente do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra.

A recollida selectiva e reciclaxe dos residuos domésticos en Galicia D. Marcial Alonso Crespo Enxeñeiro de Minas. Responsable de Operacións e Comercial no Área de Residuos de Soil Recovery. A economía circular na xestión biolóxica de residuos D. Sergio Horacio Quiroga Rivero Enxeñeiro Agrónomo pola Universidad de Morón-Argentina. Director de I + D e Produción de Ecocelta. MIÉRCOLES, 18 DE OUTUBRO 10.00-14.00 h Roteiro verde polo Camiño Portugués de Caldas de Reis a Padrón: - Balneario Dávila: catedral de Bambú - Parque-Xardín e Carballeira: Paraxe Pintoresco e Xardín Histórico - Casa de Rosalía: Horta da Paz e Xardín da Galeguidade) a cargo do Prof. Dr. D. Carlos Rodríguez Dacal, doutor en Bioloxía, catedrático de Ciencias Naturais, botánico especialista en xardinería e flora ornamental. Parque-xardín e Carballeira de Caldas de Reis Casa de Rosalía en Padrón

16.30 h III Mesa redonda: Pulo ao turismo sostible no Camiño Portugués como factor de desenvolvemento socioeconómico Moderador: D. Juan José Lirón Lago Exdirector da Agrupación Europea de Cooperación Galicia-Norte de Portugal. Subdirector xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Relatores: Contribución da ecopsicoloxía á vida en plenitude como fillos da Terra: experiencias que conectan o desenvolvemento humano coa conciencia medioambiental cara a unha cultura planetaria D. Edward Winfield Coordinador internacional de Asoprovida (Suiza). O turismo termal en Caldas de Reis: situación actual e perspectivas de futuro D. Juan Manuel Rey Rey Alcalde do Ilmo. Concello de Caldas de Reis. A xestión das augas nos albergues do Camiño de Santiago D. Juan José Somoza Rodríguez Enxeñeiro industrial. Director Servizos de Augas de Espina & Delfín, S.L. Pasado, presente e futuro do Camiño Portugués D. Celestino Lores Rosal Presidente da Fundación Camino Portugués de Santiago Amigas y Amigos del Camino Portugués a Santiago. O cambio climático e a rede de neveiras na Galicia moderna ao pé dos camiños xacobeos: a súa contribución ao turismo e ao desenvolvemento socioeconómico D. Andrés Sampedro Fernández Filólogo, investigador e divulgador en etnografía, historia e antropoloxía. 20.00 h Acto de clausura das xornadas/curso e entrega de diplomas acreditativos a cargo de: - D. Juan Manuel Rey Rey Alcalde do Ilmo. Concello de Caldas de Reis - D. Celestino Lores Rosal Presidente da Fundación Camino Portugués de Santiago Amigas y Amigos del Camino Portugués a Santiago - D. Francisco Peña Director das xornadas - D. José Luis González Paz Coordinador das xornadas Información xeral OBXECTIVOS Integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual, para que contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana da cidadanía. Establecer un foro de debate que contribúa a avanzar na loita contra o cambio climático cara á saúde ambiental do planeta, fomentar a economía circular na xestión sostible dos residuos e impulsar o turismo sostible no camiño portugués, ademais de permitir a cooperación e o diálogo entre todos os axentes sociais implicados no tema. DESTINATARIOS/AS Técnicos/as, funcionarios/as e responsables políticos da Administración local, provincial e autonómica que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo. Profesorado da universidade, de ensino secundario e formación profesional que desenvolva a súa actividade ou estea relacionado/ interesado nas áreas obxecto de estudo.

Técnicos/as e xestores de empresas que desenvolvan a súa actividade nos departamentos de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais. Técnicos/as de turismo, promotores de negocio, axencias de viaxes, operadores turísticos. Profesionais libres, titulados superiores e diplomados, técnicos superiores e de grao medio que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo. Axentes da conservación da natureza e medio ambiente, dos recursos hidráulicos, da riqueza cinexética, piscícola e forestal (axentes do Seprona-Garda Civil, axentes de policía autonómica, axentes de policía local, axentes forestais, axentes de gardacostas, voluntarios de protección civil, etc.). Representantes de asociacións ecoloxistas, asociacións de montes, asociacións de consumidores, asociacións veciñais. Estudantes universitarios e dos ciclos formativos de formación profesional relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo (saúde ambiental, química ambiental, xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, traballos forestais e de conservación do medio natural, explotacións agrarias extensivas). METODOLOXÍA Tres mesas redondas, conferencia monográfica e roteiro verde configuran a estrutura das xornadas/curso, nas que os relatores farán unha exposición sintética de carácter técnico acompañada de casos prácticos e co apoio de medios audiovisuais (PowerPoint), cun debate ao remate de cada sesión, no que tamén intervirán activamente os participantes amosando as súas experiencias. NÚMERO DE PRAZAS E DEREITOS DE INSCRICIÓN Número de prazas: limitadas a 100, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Cota de inscrición: gratuita. Forma de inscrición: cubrir o boletín de inscrición, que deberá achegar e presentarase/enviarase por correo electrónico á Secretaría Técnica. O prazo para formalizar a inscrición abrirase o luns día 4 de setembro, fixándose a data límite de formalizala o venres día 13 de outubro as 14.00 horas. DOCUMENTACIÓN Entregarase unha carpeta e material didáctico diverso. DIPLOMA ACREDITATIVO O alumnado que participe con regularidade nas sesións programadas das xornadas/curso, que consta de 16 horas lectivas, recibirá un diploma acreditativo de asistencia. LUGAR DE CELEBRACIÓN, DATAS E HORARIO Lugar de celebración: Auditorio municipal do Concello de Caldas de Reis (Caldas de Reis - Pontevedra). Datas: do 16 ao 18 de outubro de 2017. Horario: de 16.30 a 20.30 horas (luns, martes e mércores). O mércores de 10.00 a 14.00 horas terán lugar un roteiro verde (limitado a 50 prazas).

Organismos, entidades e empresas colaboradoras U SECRETARÍA TÉCNICA (información e inscricións) Coordinador: D. José Luis González Paz (responsable do Departamento de Medio Ambiente do Concello de Caldas de Reis) Secretarios: D. José Pérez Vázquez (graduado en ciencias ambientais) e D.ª Luján López Gutiérrez (enxeñeira superior de minas) Fachada do Concello de Caldas de Reis R/ Ferrería, 1 36650 Caldas de Reis (Pontevedra) E-mail: jperev01@gmail.com / lujan.lpz.g@gmail.com / mambientecaldas@yahoo.es / profdrfp@icloud.com http://www.caldasdereis.com http://www.medioambienteysalud.com AXENCIA DE VIAXES VIAJES TROTTA, S.A. D.ª Emma González Vázquez R/ General Pardiñas, 10-16 (Local 15) - 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) Tel.: 981 577 577 / E-mail: emma@viajestrotta.com IMPRESO EN PAPEL RECICLADO