TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

Similar documents
TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO


A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

DATOS IDENTIFICATIVOS

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

Departamento de Musicoloxía

Facultade de CC. Económicas e Empresariais

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Á Mesa do Parlamento

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Programación de proba libre de módulos profesionais

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

O relevo e as costas de Galicia

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

Guía do alumnado. Modelo MD85ACO01. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

OFERTA XERAL DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO. CURSO ELECCIÓN OUTUBRO 2018

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Facultade de Belas Artes

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Informe mensual do paro rexistrado

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Transcription:

FACULTADE DE FILOLOXÍA TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas Comisión de Títulos de Grao GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 207/208

FACULTADE DE FILOLOXÍA AUTORES: Comisión de Títulos de Grao da Facultade de Filoloxía Edición electrónica 207 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

Obxectivos da materia Segundo se establece no artigo 2 do Real Decreto 393/2007, de 29 de outubro, e posteriores modificacións, as ensinanzas de Grao concluirán coa elaboración e defensa dun TFG, que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título. Tales competencias están recollidas nas memorias de verificación correspondentes. O Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela (en diante, Regulamento da USC), aprobado polo Consello de Goberno de 0 de marzo de 206, indica que o TFG consistirá na elaboración dun traballo académico orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de grao e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, redacción, presentación e defensa. Por traballo orixinal enténdese un traballo de elaboración propia no que se citen debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización. O TFG do Grao en Lingua e Literatura Inglesas realizarase baixo a supervisión dun/dunha titor/a académico/a, que se encargará de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados. Debe ser persoal docente e investigador con docencia no título, agás persoal en formación, profesores/as leitores/as e aquelas figuras que teñan un contrato que remate antes da finalización do curso académico en que se matricule o TFG. Contidos O TFG da titulación de Grao en Lingua e Literatura Inglesas tense que adecuar aos contidos do Maior e debe ser redactado e defendido en inglés. O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas vixente no curso académico 207-208. A cada estudante adxudícaselle, previa solicitude, unha liña temática e mais un/unha titor/a. Posteriormente, o/a estudante, coa orientación do titor/a, delimita o título do TFG e elabora un resumo, que deben ser aprobados pola Comisión de Títulos de Grao da Facultade de Filoloxía. A oferta de liñas temáticas e titores/as para o curso 207-208 está dispoñible en http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia/graos/tfg/index.html desde xullo de 207. A do Grao en Lingua e Literatura Inglesas é a seguinte: Liña temática Titor/a Nº TFG Recomendacións Doval Suárez, Susana M. 3 Adquisición da segunda lingua Gómez González, María de los Ángeles González Álvarez, Elsa 2

Análise do discurso, lingüística textual e pragmática Discurso e sociedade: análise crítica do discurso Estudos de variación e cambio lingüístico con referencia á lingua inglesa Estudos de tradución Acuña Fariña, Carlos 2 Gómez González, María de los Ángeles Sánchez Roura, Teresa 4 Iglesias Rábade, Luis 3 López Couso, María José 2 Méndez Naya, Belén 3 Núñez Pertejo, Paloma 4 Cal Varela, Mario 2 Fernández Polo, Xavier 2 Acuña Fariña, Carlos 2 Gramática inglesa Gómez González, María de los Ángeles López Couso, María José Palacios Martínez, Ignacio M. 2 Inglés como lingua franca Fernández Polo, Xavier 2 Núñez Pertejo, Paloma 2 Lingüística aplicada ao ensino do inglés Palacios Martínez, Ignacio M. Ter cursada/estar a cursar a materia Perspectivas metodolóxicas no ensino do inglés Doval Suárez, Susana M. Lingüística contrastiva Gómez González, María de los Ángeles González Álvarez, Elsa 2 Lingüística de corpus Gómez González, María de los Ángeles Palacios Martínez, Ignacio M. 2

Procesamento sintáctico e sintaxe en lingua inglesa Sociolingüística inglesa Variedades, xéneros, estilos e rexistros en lingua inglesa Linguas e comunicación. Aplicacións Acuña Fariña, Carlos Iglesias Rábade, Luis 2 Méndez Naya, Belén Cal Varela, Mario 3 Fanego Lema, Teresa 3 López Couso, María José 3 Longa Martínez, Víctor M. Codesido García, Ana 2 Lingüística e procesamento das linguas. Aplicacións Fernández Pérez, Milagros Longa Martínez, Víctor M. Prego Vázquez, Gabriela Estudos en literatura irlandesa Estudos en literatura norteamericana Historia e cultura dos EE. UU. Literatura e cultura británica e irlandesa Estévez Saá, Margarita 2 Palacios González, Manuela Fra López, Patricia González Groba, Constante 3 Jiménez Placer, Susana Mª 2 Fra López, Patricia 2 González Groba, Constante 2 Jiménez Placer, Susana Mª 3 Barbeito Varela, J. Manuel Palacios González, Manuela

Barbeito Varela, J. Manuel 2 Estévez Saá, Margarita 2 Literatura en lingua inglesa Lojo Rodríguez, Laura Mª 3 Míguez Ben, Manuel 4 Palacios González, Manuela Sacido Romero, Jorge Literatura en lingua inglesa e ecocrítica Literatura en lingua inglesa e outras manifestacións artísticas Literatura inglesa e psicanálise Literatura inglesa, sociedade e cultura popular Estévez Saá, Margarita Palacios González, Manuela Barbeito Varela, J. Manuel Estévez Saá, Margarita Sacido Romero, Jorge Sacido Romero, Jorge Literatura irlandesa e galega desde unha perspectiva comparada Palacios González, Manuela Literatura norteamericana: cine, teatro e televisión Fra López, Patricia 2 Narrativa inglesa Sacido Romero, Jorge Estudos teatrais Abuín González, Anxo Estudos filmoliterarios Abuín González, Anxo 2 Intermedialidade Gil González, Antonio 2

Literatura comparada Cabo Aseguinolaza, Fernando Domínguez Prieto, César Ter cursado/estar a cursar o minor en Teoría da literatura e Literatura comparada - Ter cursado / Estar a cursar a materia G5046 - Comentar co profesor o tema Teoría da literatura Cabo Aseguinolaza, Fernando Ter cursado/estar a cursar o minor en Teoría da literatura e Literatura comparada Texto, imaxe, cibertexto Xeografía literaria Vilariño Picos, María Teresa Cabo Aseguinolaza, Fernando Ter cursado/estar a cursar o minor en Teoría da literatura e Literatura comparada No caso de que un/unha alumno/a, por impedimento administrativo ou causa de forza maior debidamente acreditada, non poida defender o seu TFG en ningunha das oportunidades do curso académico no que realizou a matrícula, poderá solicitar que a asignación se prorrogue por un curso. En ningún caso se prorrogará un TFG máis dun curso académico. Esta prórroga da asignación non implica unha prórroga da matrícula, de xeito que o/a estudante deberá realizar unha nova matrícula cando corresponda. Segundo se recolle no artigo 9 da Normativa de TFG dos títulos de Grao da Facultade de Filoloxía, o/a estudante poderá solicitar modificacións menores (axustes no resumo do traballo e matizacións no título) mediante escrito razoado dirixido á Comisión de Títulos de Grao (en diante CTG) ata 30 días naturais antes do comezo do período de solicitude de defensa marcado no calendario anual de TFG do Centro. A CTG será a encargada de aprobar, de ser o caso, as modificacións solicitadas. Así mesmo, de modo excepcional, o/a estudante e/ou o/a titor/a poderán solicitar a anulación da asignación do TFG, ou o cambio de proxecto baixo a mesma ou diferente dirección, mediante escrito razoado remitido á CTG e presentado na Secretaría da Facultade. A CTG analizará o caso e, se procede, realizará unha nova asignación. Tal e como se indica na Memoria do título de Grao en Lingua e Literatura Inglesas, a extensión do TFG será, a modo orientativo, de entre 65.000 e 20.000 caracteres con espazos, excluídos apéndices. O TFG deberá incluír na súa estrutura os seguintes elementos: a) Portada, na que deberán aparecer todos os datos identificativos do traballo: o logo da USC coa indicación da Facultade; a denominación do Grao; o título do traballo; o nome completo do/a autor/a e do/a titor/a e o curso académico correspondente.

b) Primeira páxina, que reproduce a portada, coa sinatura do/a graduando/a. c) Índice paxinado. d) Resumo (copia selada do formulario de delimitación de título e resumo aprobados no seu día). e) Introdución. f) Contidos / Desenvolvemento. g) Conclusións. h) Bibliografía consultada. i) Apéndices (se os hai). Bibliografía básica e complementaria Dadas as peculiaridades desta materia, resulta imposible especificar unha bibliografía xeral básica para todos os TFG que se van desenvolver. En todo caso, tal e como se establece no artigo 2 da Normativa de TFG das titulacións de grao da Facultade de Filoloxía, o traballo debe incluír un apartado de bibliografía consultada. Competencias Ser capaz de definir os obxectivos do traballo. Ser capaz de deseñar e organizar as tarefas para alcanzar os obxectivos previstos e desenvolver o traballo de acordo cos mesmos. Saber buscar e seleccionar información relevante. Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida. Ser capaz de organizar a información e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas. Saber identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propoñer nas conclusións suxestións de cara ao futuro. Dominar a expresión oral e escrita en distintos contextos. Metodoloxía do ensino Tal e como xa se indicou, o TFG realizarase baixo a supervisión dun/dunha titor/a académico/a, que se encargará de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados. O labor do/a titor/a será orientar, asesorar e planificar as actividades do/a estudante, facer un seguimento do traballo e supervisar o seu progreso. En función da natureza do TFG, fixará varias sesións de titoría co fin de discutir o plan inicial de traballo, os resultados parciais das diferentes fases de elaboración e o resultado final. Se o/a estudante simultanea a realización do TFG cunha estadía de mobilidade, debe

consensuar co/a titor/a a forma na que se velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Sistema de avaliación O/A estudante solicitará a defensa do TFG en instancia dirixida á Decana da Facultade no prazo fixado a tal fin no calendario de TFG para cada unha das oportunidades. A solicitude irá acompañada de tres copias encadernadas e dunha copia electrónica en formato PDF. A avaliación do TFG realízase por un ou varios tribunais formado(s) por tres profesores/as que impartan docencia na titulación, excluído o/a titor/a, e que cumpran os mesmos requisitos esixidos para ser titor/a (persoal docente e investigador con docencia no título de Grao en Lingua e Literatura Inglesas, agás persoal en formación, profesores/as leitores/as e aquelas figuras que teñan un contrato que remate antes da finalización do curso académico en que se matricule o TFG). Deberá nomearse un suplente para cada Tribunal. A defensa do TFG realizarase de forma pública e presencial ante o Tribunal e consistirá nunha exposición e unha quenda de preguntas e respostas. Na exposición, o/a estudante deberá presentar, nun tempo aproximado de 0 minutos, os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu TFG, para o cal pode empregar os medios que considere oportunos. Seguirá unha breve quenda de valoracións, comentarios ou preguntas por parte do Tribunal ás que o/a estudante deberá contestar nun tempo aproximado de 0 minutos. En ningún caso o acto de presentación e avaliación pública poderá prolongarse máis de 25 minutos para cada TFG. A cualificación dos traballos realizarase conforme a criterios que permitan comprobar a consecución das competencias asociadas á titulación. O Tribunal de avaliación realizará un informe, segundo o modelo aprobado na CTG (Anexo ), no que avaliará os seguintes aspectos: a) Calidade do TFG: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións. b) Presentación escrita do TFG: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica. c) Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua. O informe do/a titor/a será tido en consideración no momento de cualificar o traballo.

A cualificación final outorgada ao TFG polo Tribunal obterase de acordo coa seguinte ponderación: a) Contido: 65%. b) Presentación escrita: 5%. c) Presentación oral: 20%. No caso de que se dea unha das seguintes circunstancias, o TFG será cualificado como suspenso (0): a) Cando os seus contidos non se adecúen aos do Maior correspondente e/ou se afasten manifestamente dos recollidos no resumo aprobado no seu día pola CTG. b) Cando reproduza totalmente, ou nunha parte substancial, un traballo realizado polo/a alumno/a noutras materias ou actividades da titulación (autoplaxio). c) Cando non sexa orixinal en todo ou nunha parte substancial (plaxio). Tal e como sinala o artigo 2.2 do Regulamento da USC, o Tribunal que detecte que un TFG está plaxiado, en todo ou en parte, debe poñelo en coñecemento da Reitoría co fin de que se inicien as accións disciplinarias que procedan, de conformidade coa normativa vixente nesta materia. Segundo a normativa de avaliación vixente, unha vez celebrada a última oportunidade para a presentación dos TFG da titulación correspondentes ao curso académico, e tendo en conta os traballos presentados, o Tribunal poderá outorgar Matrícula de Honra a aqueles TFG que obtiveran unha cualificación igual ou superior a 9, sen que o número de Matrículas de Honra poida exceder do 5% do alumnado matriculado no TFG do título de Grao en Lingua e Literatura Inglesas no correspondente curso académico. Se o número de estudantes é inferior a 20, poderase outorgar unha Matrícula de Honra. Cando se constitúa máis dun Tribunal para avaliar os TFG do Grao en Lingua e Literatura Inglesas, será a CTG, a proposta dos diferentes tribunais, quen, unha vez celebradas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico, outorgue as cualificacións de Matrícula de Honra que correspondan. Este sistema será válido para as dúas oportunidades a que dá dereito a matrícula do TFG. Tempo de estudo e traballo persoal Na Memoria de verificación do Grao en Lingua e Literatura Inglesas atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do estudante, polo que ao TFG, materia

de 2 créditos, correspóndenlle 300 horas de dedicación (aproximadamente 20 horas semanais nun cuadrimestre). Procedemento xeral para as distintas fases do TFG MATRÍCULA. Para matricularse do TFG só se poden ter pendentes, como máximo, 75 créditos, excluídos os correspondentes ao TFG. 2. A matrícula dá dereito a dúas oportunidades por curso académico, e hai tres opcións para elixir: febreiro, xullo ou setembro. SELECCIÓN DE LIÑA TEMÁTICA E TITOR/A 3. Os departamentos ofertan cada ano unha serie de liñas temáticas e titores/as, que se coñecen con tempo suficiente. 4. No mes de setembro hai que entregar na secretaría da Facultade, no prazo fixado no calendario anual de TFG, un formulario para a solicitude de asignación de traballo coas propostas de liña temática e titor/a que máis interesen, por orde de preferencia. Se un/unha alumno/a matriculado/a do TFG no curso anterior non o puidese ter defendido en ningunha das oportunidades por impedimento administrativo ou causa de forza maior debidamente acreditada, pode solicitar neste mesmo prazo que se lle prorrogue a asignación de liña temática e titor/a, sempre que non tivera xa concedida previamente unha prórroga para a mesma liña temática e titor/a. 5. Cando varios/as estudantes solicitan a mesma liña e titor/a, teñen prioridade aqueles/as con mellor expediente académico, polo que é MOI IMPORTANTE que a solicitude inclúa un número suficiente de propostas, para evitar que a CTG teña que asignalos de oficio. 6. É ACONSELLABLE poñerse en contacto previamente co/a titor/a ou titores/as das liñas que máis interesen para clarificar o tipo de traballo que se podería elaborar, sobre todo se a liña temática é de carácter moi xeral. TÍTULO E RESUMO 7. Unha vez que se asigne a proposta, o/a alumno/a debe contactar co/a seu titor/a a fin de delimitar o tema concreto e o título do TFG. 8. No prazo establecido no calendario anual de TFG, debe entregarse na secretaría da Facultade un formulario, que levará o visto e prace do titor/a, no que se incluirá o título e un resumo do contido do TFG. DEFENSA 9. Para a defensa pública do TFG é imprescindible ter superados todos os créditos da titulación. 0. Debe cubrirse o documento Solicitude de defensa cos datos do/a estudante e os do TFG. É IMPRESCINDIBLE incluír o título do traballo nas tres linguas que se solicitan, respectando as normas ortográficas da lingua correspondente. NON

se admiten títulos totalmente escritos en maiúsculas. O título recollido debe ser o aprobado no seu día pola CTG e non pode incluír modificacións non autorizadas.. O documento debe enviarse no prazo establecido no calendario anual de TFG, en formato DOC e sen asinar, ao seguinte enderezo de correo electrónico: tfg.filoloxia@usc.es O nome do documento debe conter a denominación abreviada do Maior en Lingua e Literatura Inglesas e os apelidos do estudante, como no seguinte exemplo: inglés_rodriguez_lopez.doc 2. No mesmo prazo, entréganse na secretaría do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá (despacho 32) os seguintes documentos: Unha copia en papel do documento anterior (Solicitude de defensa), asinada polo estudante. Unha copia en papel do documento coa autorización de difusión e a declaración de que se trata dun traballo orixinal, asinado unicamente polo estudante. Unha copia en papel actualizada do expediente do alumno, extraído da súa secretaría virtual. Se algunha materia está pendente de ser avaliada na segunda oportunidade, o Regulamento da USC dispón que o secretario/a do centro responsable da titulación solicitará do profesorado encargado das materias que informe sobre as cualificacións do alumnado que vaia defender os traballos na mesma convocatoria (artigo 4, 4.4). Tres copias en papel encadernadas do TFG, asinadas polo/a estudante. Unha copia electrónica do TFG en CD-ROM, en formato PDF, tamén asinada polo/a estudante na primeira páxina. 3. O tribunal anunciará, antes da data sinalada no calendario anual de TFG data, lugar e hora en que se realizará o acto de defensa. Observacións É conveniente que, antes de iniciar o proceso, se lea con atención a normativa vixente, dispoñible en http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia/graos/tfg/index.html. Recoméndase a consulta frecuente desta páxina, onde hai información completa e actualizada sobre todo o proceso de elaboración e defensa do TFG, ademais dos formularios que se precisan ao longo do mesmo. É RESPONSABILIDADE DO ALUMNO: i. Asistir ás sesións de traballo concertadas co/a titor/a. ii. Desenvolver o traballo conforme á planificación acordada co/a titor/a e, de non ser así, xustificar as desviacións. iii. Atender as indicacións do/a titor/a.

iv. Tomar a iniciativa na resolución de problemas. v. Cumprir cos prazos, requisitos formais e de presentación establecidos na normativa e nesta guía docente. Debe lembrarse que o TFG supón unha dedicación de 300 horas. É RESPONSABILIDADE DO/A TITOR/A: vi. Reunirse co/a estudante nas ocasións acordadas. vii. Aconsellar o/a alumno/a sobre as cuestións relativas á realización do traballo. viii. Advertir ao/á estudante cando o progreso do TFG estea por debaixo do estándar esperado e aconsellalo/a sobre o modo de resolver o problema. ix. Emitir o informe preceptivo. QUE NON SE DEBE ESPERAR DO/A TITOR/A: x. O labor do/a titor/a é meramente orientativo, de xeito que non se debe esperar del/a que corrixa a redacción e cada unha das incorreccións gramaticais ou ortográficas do TFG; a súa tarefa non é actuar como corrector de probas do traballo. xi. Debe lembrarse que, segundo a Normativa de Planificación Académica Anual para o curso 207-208, o encargo do/a titor/a é de 5 horas lectivas e 2,5 de titorías para cada TFG, polo que non se debe esperar del/a que se ocupe de xeito constante e ininterrompido dos traballos que lle fosen asignados, e tampouco que estea dispoñible en calquera horario, nos días non laborables ou nas súas vacacións.

ANEXO : INFORME DO TRIBUNAL DATOS DO TFG AVALIACIÓN DO TFG CURSO 20 /20 INFORME DO TRIBUNAL GRAO (E, DE SER O CASO, ITINERARIO) EN: NOME DO/A AUTOR/A: NOME DO/A TITOR/A: TÍTULO: DATOS DO TRIBUNAL PRESIDENTE/A: VOGAL: SECRETARIO/A: ASPECTO AVALIADO Presentación escrita (Puntuación máxima:,5) Contido (Puntuación máxima: 6,5) Presentación oral (Puntuación máxima: 2) GLOBAL Observacións: PUNTUACIÓN PRESIDENTE/A VOGAL SECRETARIO/A MEDIA Para cubrir no caso de que a cualificación sexa igual ou superior a 9 ( 9.2 do Regulamento): Matrícula de Honra si non Xustificación: Santiago de Compostela, de 20. O/A presidente/a O/A vogal O/A secretario/a