AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Similar documents
5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA


BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Á Mesa do Parlamento

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Programación de proba libre de módulos profesionais

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

11 DE JULIO DE 2009 Nº 158

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Memoria Escola Galega de Administración Pública

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Mapa de accidentalidade

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

DATOS IDENTIFICATIVOS

informe de actividade issga

18/18.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 DE ABRIL DE 2018

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Informe mensual do paro rexistrado

Laboratorio do Territorio

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

-ANUNCIO Nº 3- PROBAS SELECTIVAS PARA A CONFECCIÓN DE LISTAS DE AGARDA PARA A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Transcription:

ANUNCIO. CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO AO OBXECTO DE CUBRIR UN (1) EMPREGO DE OPERARIO-CONDUTOR CATEGORIA OFICIAL DE PRIMEIRA PARA O MANEXO DE TRACTOR DESBROZADOR DENTRO DO SERVIZO DE PROTECCIÓN DE ESPAZOS NATURAIS SUBVENCIONADO AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN TIPO ENTRE A EXCMA DEPUTACIÓN DE LUGO E O CONCELLO DE O VALADOURO PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, SERVIZOS E CREACIÓN DE EMPREGO AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO. No Boletín Oficial da Provincia número 077 de data 5 de abril de 2016 publicaronse as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados). Por medio do presente anuncio faise pública a convocatoria e as bases específicas para o proceso selectivo ao obxecto de cubrir con carácter provisional, un (1) emprego de operario-condutor categoria oficial de primeira para o manexo de tractor desbrozador dentro do servizo de protección de espazos naturais subvencionado ao abeiro do convenio de colaboración tipo entre a excma deputación de lugo e o concello de o valadouro para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do programa depuemprego aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local adoptado na súa sesión extraordinaria celebrada o día 15 de marzo de 2017 co seguinte contido integro: BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO AO OBXECTO DE CUBRIR, UN (1) EMPREGO DE OPERARIO-CONDUTOR CATEGORIA OFICIAL DE PRIMEIRA PARA O MANEXO DE TRACTOR DESBROZADOR DENTRO DO SERVIZO DE PROTECCIÓN DE ESPAZOS NATURAIS SUBVENCIONADO AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN TIPO ENTRE A EXCMA DEPUTACIÓN DE LUGO E O CONCELLO DE O VALADOURO PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, SERVIZOS E CREACIÓN DE EMPREGO AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO. 1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Selección de Persoal Laboral Temporal ó abeiro do artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. 2.- RELACIÓN XURÍDICA: Persoal Laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado) 3.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO: 3.1.- DENOMINACIÓN DO POSTO DE TRABALLO: Operario-Condutor para o servizo de protección de espazos naturais. 3.2.- GRUPO DE COTIZACIÓN: 8

3.3.- CATEGORIA PROFESIONAL: Oficial de Primeira. 3.4.- TIPO DE XORNADA: Xornada completa (37,5 horas semanais, segundo se reflicte no convenio colectivo de condicións de traballo do persoal laboral do Concello do Valadouro). 3.5.- RETRIBUCIÓNS: O/A Aspirante seleccionado/a percibirá as retribucións establecidas no convenio colectivo para a regulación das condicións de traballo do persoal laboral ó servizo do concello de O Valadouro co seguinte desglose bruto mensual: a) Salario Base: 688,95 b) Complemento Salarial: 281,53 c) Parte proporcional Paga Extra: 114,82. 4.- ADSCRICIÓN: Ó servizo municipal de protección do medio ambiente, protección civil e prevención e extinción de incendios, competencias atribuidas ás entidades locais ao abeiro dos artigos 80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e 25.2.f) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. A cobertura realizase con carácter excepcional por considera-la urxente e inaplazable dentro do convenio de colaboración tipo asinado entre a Excma Deputación de Lugo e o Concello de o Valadouro para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do PROGRAMA DEPUEMPREGO. 5.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Os incendios son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só o patrimonio forestal público e privado ( tanto montes particulares, montes veciñais en man común e montes de varas), senón tamén aos recursos naturias e ao mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural. Dita ameaza adquire unha especial importancia no caso do Concello de O Valadouro, un concello no que actualmente o sector madeireiro constitúe un sector primordial e estratéxico na economía do mesmo. Así según datos aportados pola Consellería do Medio Rural, os aproveitamentos madeireiros no distrito forestal ascenderon en 2011 a 1.483.082,42 m 3. De estos 1.475.579,06 euros corresponderon a 6.779 solicitudes formulados por propietarios particulares, mentras que 25.503,36 corresponden a aproveitamentos en montes de xestión pública da Xunta. O Concello de O Valadouro dispón dunha extensa rede de camiños rurais que nos últimos anos foron obxecto de importantes actuacións de mantemento, conservación e mellora financiadas coa participación das diferentes administracións públicas e dado que dispón dun tractor desbrozador pretende realizar tratamentos silvícolas de xeito mecanizado en vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal, ou en superficies sobre das cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou desfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 ter da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia co traballador que se contrate.

6.- DURACIÓN DO CONTRATO: 5,5 meses a contar dende a sinatura do contrato, sendo a data prevista de inicio o día 1 de maio de 2017. 7.- REQUISITOS INDISPENSABLES. a) Estar en posesión do Certificado de escolaridade, certificado de estudos primarios ou equivalente. b) Xunto coa solicitude no modelo oficial e demais documentación establecida na Base 5 das bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados) o/a aspirante deberá presentar coa solicitude de participación copia cotexada da seguinte documentación: a. Permiso de conducir clase B. Non poderán participar na presente convocatoria aquelas persoas que teñan prestado servizos no Concello de O Valadouro con carácter temporal por un período de 18,5 meses nos últimos 24,5 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período. 8.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 2. 9.- SISTEMA SELECTIVO: CONCURSO-OPOSICIÓN 9.1.1.- Proba práctica. Consistirá na realización dunha proba práctica relativa a algunha das labores e funcións a levar a cabo no posto de traballo e encamiñada a demostrar a capacidade da persoa para a realización do posto valorándose a calidade e rapidez na execución das tarefas. En concreto dita proba poderá versar sobre a realización de traballos silvícolas de xeito mecanizado con tractor desbrozador, traballos de acoplar a desbrozadora á toma de forza do tractor, enganche de apeiros e máquinas ó traballar, realización de labores de mantemento e conservación de maquinaria, circulación de tractores por rutas e camiños e normas de circulación polos mesmos, normas de seguridade e hixiene de aplicación no traballo en vías públicas e equipo de protección individual. Esta proba é obrigatoria cualificándose ata un máximo de 30 puntos. 9.1.2.- Proba de Galego.

O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que: [ ], para darlle comprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.. A proba consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto. Os/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que remate o prazo de presentación de solicitudes o nivel de galego esixido nas Bases específicas non terán que realizar esta proba. 9.1.3.- Adaptación de probas aos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Aqueles aspirantes con discapacidade que se presenten á cota xeral ou a cota reservada a discapacitados poderán solicitar as adaptacións e axustes razoables e necesarios de tempo e medios para a realización das probas, debendo facelo constar na solicitude. Estas adaptacións realizaranse conforme ao establecido na Orde 1822/2006, de 9 de xuño pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. 9.2.- FASE DE CONCURSO. Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirante/s que superasen a puntuación mínima para superar a fase de oposición. 9.2.1.- Baremo de méritos. O Tribunal puntuará os méritos acreditados polos aspirantes, segundo se determina no apartado 5.3 das Bases xerais, conforme ao sinalado no presente baremo: A) Experiencia profesional.

Valorarase a experiencia profesional segundo os seguintes criterios ata un máximo de 10 puntos. No suposto de relacións laborais ou de servizo de carácter parcial, o cómputo do tempo da concreta relación laboral será a que apareza sinalada no Informe de Vida Laboral. a) Desempeñar ou ter desempeñado a/o praza/posto/emprego ou similar a/o que se convoca, ou realizar as funcións deste, na Administración Pública, ou organismos autónomos de carácter administrativo dependentes desta, como persoal funcionario ou contratado laboral. - No caso de que se desempeñe a mesma praza/posto/emprego, valorarase a razón de 0,35 puntos por mes. - Se a praza/posto/función se considera similar, a puntuación será de 0,25 puntos por mes. Entenderase por posto similar aquel que conteña algunha das funcións do posto que se convoca ou funcións similares dentro dunha área de actividade, escala ou subescala. b) Cando a experiencia profesional acreditada fose desempeñada en Entidades Privadas: - No caso de que se desempeñe a mesma praza/posto/emprego, valorarase a razón de 0,25 puntos por mes. - Se a praza/posto/función se considera similar, a puntuación será de 0,15 puntos por mes. Entenderase por posto similar aquel que conteña algunha das funcións do posto que se convoca ou funcións similares dentro dunha área de actividade, escala ou subescala na que se encadre. B) Formación: Valorarase ata un máximo de 5 puntos. B1) Cursos, xornadas, seminarios, congresos e similares relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta: Valoraranse segundo a seguinte táboa: TIPO DE CURSOS PUNTUACIÓN POR HORA Asistencia. 0,035 Aproveitamento. 0,070 A puntuación máxima neste apartado será de 3 puntos. Non se terán en conta as asignaturas ou materias aprobadas que formen parte de titulacións académicas, incluídos os master oficiais e master e cursos impartidos polas Universidades baixo a denominación de títulos propios. B2) Titulacións académicas:

A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos. As titulacións académicas, incluídos os master oficiais, sempre que o Tribunal considere que están relacionados coas funcións da praza valoraranse a razón de 0,50 puntos por titulación. C) Baremo específico. De conformidade co establecido na cláusula sétima do Convenio de colaboración tipo entre a Excma. Deputación de Lugo e O Concello de O Valadouro para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do PROGRAMA DEPUEMPREGO inclúese o seguinte baremo de puntuación específico que terá unha puntuación máxima de 5 puntos: A) TEMPO DE PERMANENCIA EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO. Por cada seis meses ininterrompidos: 0,5 puntos. Máximo 3 puntos. Para acreditar esta situación achegarase fotocopias compulsadas das certificacións do Servizo Público de Emprego nas que conste a antigüidade como demandante de emprego sen interrupción. B) IDADE: - Por ser o aspirante menor de 30 anos ou maior de 45 anos e atoparse en situación de desemprego: 1 puntos. Para acreditar a situación da idade achegarase fotocopia compulsada do DNI, pasaporte, documento oficial no que conste a idade ou data de nacemento e tarxeta de residente no territorio español. C) POR SER O/A ASPIRANTE BENEFICIARIO DE RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA): 1 puntos. Para acreditar esta situación achegarase Resolución da Consellería de Traballo e Benestar Social. ANEXO I DAS BASES ESPECÍFICAS DOS PROCESOS SELECTIVOS CONVOCADOS AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO. POSTO OPERARIO-CONDUTOR TRACTOR-DESBROZADOR. Situacións que deberán ser acreditados documentalmente segundo se sinala nas bases específicas en relación con o baremo de puntuación específico establecido de conformidade co establecido na cláusula sétima do Convenio de colaboración tipo entre a Exma. Deputación de Lugo e o Concello de O Valadouro para a

execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do PROGRAMA DEPUEMPREGO A) TEMPO DE PERMANENCIA EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO 0,5 por cada seis meses ininterrompidos. Máximo 4,5 puntos N.º de meses: Puntuación: Total: Esta situación acreditarase mediante fotocopias compulsadas das certificacións do Servizo Público de Emprego nas que conste a antigüidade como demandante de emprego sen interrupción. B) IDADE Por ser o aspirante menor de 30 anos ou maior de 45 anos e atoparse en situación de desemprego: 2 puntos SI NO Para acreditar a situación da idade achegarase fotocopia compulsada do DNI, pasaporte, documento oficial no que conste a idade ou data de nacemento e tarxeta de residente no territorio español. C) POR SER O/A ASPIRANTE BENEFICIARIO DE RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA) 2 puntos SI NO Esta situación acreditarase achegando Resolución da Consellería de Traballo e Benestar Social. TOTAL PUNTUACIÓN DO BAREMO ESTABLECIDO EN CONFORMIDADE CO ESTABLECIDO NA CLÁUSULA SÉTIMA DO CONVENIO DO DEPUEMPREGO MÁXIMO DE PUNTUACIÓN DO BAREMO: 10 PUNTOS O Valadouro,.. de de 2017 PUNTUACIÓN DO ASPIRANTE: AO ALCALDE DO CONCELLO DO VALADOURO (LUGO) De conformidade co establecido na Base 4.2 das Bases Xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados) ábrese un prazo de presentación de solicitudes de 10 días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante a Alcaldía deste Concello de O Valadouro, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo

de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente. O Valadouro a 16 de marzo de 2017. O Alcalde-Presidente. Asdo. Edmundo Maseda Maseda. DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE Á MARXE.