XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Similar documents
CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio


Á Mesa do Parlamento

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

XUNTA DE GALICIA. Anuncio

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

DE LA PROVINCIA DE LUGO

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Mapa de accidentalidade

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 7 de xullo de 2009

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

18/18.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 DE ABRIL DE 2018

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

ACTA DA SESION ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL CORRESPONDENTE O DIA 5 DE MAIO DO

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Transcription:

SÁBADO, 17 DE DICIEMBRE DE 2016 Nº 288 XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA INFORMACIÓN PÚBLICA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Begasa solicita de Augas de Galicia autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.54512 As obras solicitadas consisten no soterramento de 3 tramos de LMT en zona de policía do Rego Recimil con cruzamento soterrado desta nun dos tramos na vila de Lourenzá (Lugo). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 28 de novembro de 2016.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 3786 CONCELLOS FRIOL No concello tramítase expediente, á vista do escrito presentado por Emilia María Valín Roca, propietaria das fincas no polígono 290 parcelas 2 e 3 e polígono 293 parcela 46, entre as que transcorre o camiño de Serén a Santa Marta, de titularidade municipal. Engade que lindando co camiño existen edificacións de carácter tradicional, algunas delas están a ser gravemente danadas até o punto de correr perigo de derrubamento polo paso de maquinaria agrícola pesada e outros vehículos de gran tamaño. Solicita a desafección dun tramo de camiño público e posterior permuta do tramo por propiedade privada, co fin de mellorar a seguridade e funcionalidade viais, e protexer o patrimonio de arquitectura tradicional existente na linde do camiño. Adxunta planos do estado actual e o proposto, memoria descritiva, sinaturas dos veciños e acreditación de titularidade, pregando se someta ao Pleno do Goberno municipal. No expediente consta que, polo equipo redactor do planeamento, considérase que no Plan Xeral en tramitación poderían introducirse modificacións, por razóns de interese xeral, como a que se deriva do expediente incoado, que ademais da protección da arquitectura tradicional que se atopa á beira do camiño, mellora a seguridade e funcionalidade respecto ao vial existente. Considérase ademáis a conveniencia de acordar un período de información pública ao respecto. O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o dous de decembro do actual, por unanimidade, adoptou o acordo do que se transcribe a continuación a súa parte dispositiva: - Aprobar a inclusión na documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal en tramitación, a modificación de trazado de camiño de Serén a Santa Marta, proposta por dona Emilia Valín Roca. - Que se somete ao trámite de información pública, mediante a publicación de anuncios no Boletín Oficial da Provincia, para que no prazo de un mes, a partir do seguinte ao da data da publicación, calquera persoa física ou xurídica poida examinar o expediente. Os anuncios publicaranse ademais no taboleiro e na web do Concello.

2 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo - Unha vez que se remate a tramitación do planeamento e se aprobe definitivamente o Planeamento Xeral, no que se recolla a devandita modificación, someterase á consideración do Pleno do Concello, en canto órgano competente, a desafectación e permuta co camiño que figura co núm. 270 do Inventario de Bens Municipais, de conformidade coa tramitación establecida na lexislación vixente ao respecto, así como a autorización preceptiva da administración autonómica, competente en materia de protección do patrimonio,ao atoparse o ámbito da actuación no contorno de protección da Igrexa e de un hórreo con mais de 100 anos de antiguedade. - Dar traslado do presente acordo á dona Emilia Valín Roca, aos efectos oportunos En cumprimento do acordado, sométese ao trámite de información pública, xunto co expediente do que trae razón, polo prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. No devandito prazo os/as interesados/as poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. No caso de non presentarse, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional. Friol a 5 de decembro de 2016.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez. R. 3789 A Xunta de Goberno local, na sesión celebrada o 5 de decembro de 2016 adoptou o seguinte acordo de iniciación de expediente de investigación: - Incoar expediente de investigación, aos efectos de determinar se procede acreditar a existencia de un camiño público que atravesa o río Narla entre o punto B do camiño 853 do Inventario ao sur e o punto B do camiño 511 ao norte, no lugar de Vilapedre, parroquia de Devesa, de conformidade co disposto no art. 281 da Lei 5/97 de 22 de xullo de administración local de Galicia e no art. 44 do Real Decreto 1372/86 de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. - Ordear a publicación da presente no Boletín Oficial da Provincia e no tablón de edictos da Corporación durante quince días, así como a súa notificación á Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma e aos interesados no expediente, a fin de que poidan alegar por escrito canto estimen conveniente aos seus dereitos ante a Corporación, así como a documentación na que funden as súas alegacións. - Nomear instructor do expediente ao concelleiro don Jesús Julio Cortiña López, advertindo que está suxeito ás causas de abstención e recusación contempladas na Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. O que se fai público en cumprimento do establecido no art. 49.1 do Real Decreto 1372/86, significando que no prazo de un mes, desde que deba darse por rematada a publicación dos anuncios no tablón de edictos do Concello poderán os interesados alegar o que estimen conveniente ante a Corporación. Friol a 6 de decembro de 2016.- O Alcalde, José Angel Santos Sánchez R. 3790 LUGO No Pleno ordinario deste Concello, na sesión celebrada o día 24 de novembro de 2016, tomouse razón do Decreto número 16008543 do Libro único de resolucións, do 9 de novembro deste ano, no que se aclara e se da unha nova redacción ao réxime de suplencias dos/as tenentes/as de Alcalde no decreto de organización municipal. O que se fai público para xeral coñecemento coa publicación íntegra da devandita resolución (que figura como Anexo), de conformidade co previsto no artigo 7 do Regulamento Orgánico Municipal do Goberno e Administración do Concello de Lugo. Lugo, 7 de decembro de 2016.- A VICESECRETARIA, María García Ferro. ANEXO MARÍA GARCÍA FERRO, VICESECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, CERTIFICO: Que o Excmo. Concello Pleno, en sesión ORDINARIA celebrada o día vinte e catro de novembro de dous mil dezaseis, adoptou, entre outros, o acordo seguinte:

3 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo 18/239 DACIÓN DE CONTA DO DECRETO NÚMERO 16008543, DO 9 DE NOVEMBRO DE 2016, RELATIVO Á NOVA REDACCIÓN DO RÉXIME DE SUPLENCIAS DOS TENENTES/AS DE ALCALDE NO DECRETO DE ORGANIZACIÓN MUNICIPAL.- Examinado o expediente tramitado para estes efectos, cuxa elevación ao pleno foi ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas e Permanente Ordinaria de Desenvolvemento Económico, Protección da Comunidade e Concello e Cidadanía, na sesión celebrada o día 18 de novembro de 2016, e vista a proposta da Alcaldía, do 11 do mesmo mes, ao Excmo. Concello Pleno DÁSELLE CONTA do Decreto número 16008543, do 9 de novembro de 2016, cuxo teor é o seguinte: Excma. Sra. D.ª Lara Méndez López, Alcaldesa Presidenta do Excmo. Concello de Lugo. Visto o Decreto número 16005312 do Libro único de resolucións, do 5 de xullo de 2016, no que se recolle a organización municipal existente neste Concello ata esta data. Tras detectarse contradición entre o apartado dispositivo OITAVO, no que se determinaba o réxime de suplencias das e dos tenentes de Alcalde, e o último parágrafo do apartado dispositivo NOVENO, que indicaba que o exercicio das atribucións delegadas nas e nos tenentes de Alcalde nos supostos de ausencia por mor de vacacións, viaxes ou asistencia a actos institucionais, enfermidade e similares, sempre que estas ausencias sexan superiores a 24 horas, asumirao a Alcaldesa ou Alcalde, sen necesidade de avocación expresa e con independencia da persoa que, en concreto, estea no exercicio do cargo -isto é, tanto se se trata da/o titular, como da/o tenenta/e de Alcalde que legalmente a/o substitúa-, e sen prexuízo de que por decreto da Alcaldía poida acordarse en tales supostos a suplencia daquelas ou daqueles por outra tenenta ou tenente de Alcalde. Á vista do anterior, é necesario solucionar as dúbidas que puidesen xurdir e aclarar o réxime de suplencias das e dos tenentes de Alcalde, concretando o réxime de substitucións destes titulares das distintas áreas de goberno cando están ausentes, todo isto co fin de axilizar e facilitar o funcionamento da Administración municipal. Tendo en conta o exposto, esta Alcaldía, de conformidade co establecido nos artigos 124 e 126 do texto vixente da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local (LRBRL) e concordantes do Regulamento orgánico municipal do goberno e administración do Concello de Lugo (ROMGA), RESOLVE modificar o Decreto número 16005312, do 5 de xullo de 2016, que contiña as disposicións vixentes ata esta data en materia de organización municipal, debendo quedar redactado como segue: DECRETO NÚMERO 16005312 DO 05/07/2016 Excma. Sra. D.ª Ana Prieto Nieto, Alcaldesa Presidenta en funcións do Excmo. Concello de Lugo. Visto o Decreto número 15010037 do Libro único de resolucións, do 7 de decembro de 2015, no que se recolle a organización municipal existente neste Concello ata a presente data. Visto que, con data do 30 de xuño de 2016, o Excmo. Concello Pleno adopta o acordo número 7/122 e, en consecuencia, créase dentro da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal o posto directivo de Director Xeral de Recursos Humanos; o que fai necesario incluír esta nova figura na organización municipal. Tendo en conta o exposto, esta Alcaldía, de conformidade co establecido nos artigos 124 e 126 do texto vixente da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local (LRBRL) e concordantes do Regulamento orgánico municipal do goberno e administración do Concello de Lugo (ROMGA), RESOLVE: PRIMEIRO.- Deixar sen efecto o Decreto número 15010037, do 7 de decembro de 2015, que contiña as disposicións vixentes ata esta data en materia de organización municipal. SEGUNDO.- Nomear, de conformidade co establecido nos artigos 126 e concordantes do texto vixente da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 12 e concordantes do ROMGA, baixo a presidencia da Excma. Sra. Alcaldesa, dona Lara Méndez López, membros da XUNTA DE GOBERNO LOCAL os seguintes: - Sra. D.ª Ana Prieto Nieto - Sr. D. Miguel Fernández Méndez - Sra. D.ª María del Carmen Basadre Vázquez - Sra. D.ª Ana María González Abelleira - Sr. D. Xosé Daniel Piñeiro Villares - Sra. D.ª Rosana Rielo Rozas - Sr. D. Manuel Núñez López TERCEIRO.- Designar Concelleiro Secretario da Xunta de Goberno Local a DON MIGUEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ e primeira e segunda suplentes deste ás concelleiras DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ e DONA ANA MARÍA GONZÁLEZ ABELLEIRA, respectivamente. Ás súas sesións -cando sexan convocadas/os ou a súa presenza sexa requirida pola Presidencia deste órgano municipal- asistirán a persoa titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno e ao seu Concelleiro Secretario e o Interventor Xeral Municipal (ou funcionarias/os ás/aos que se lles encomenden estes cometidos).

4 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo CUARTO.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria todos os mércores ás nove horas e trinta minutos, en primeira convocatoria, e unha hora despois en segunda convocatoria. Se o día fixado para a celebración da sesión ordinaria fose festivo ou inhábil, celebrarase sesión o seguinte día hábil. QUINTO.- Nomear, de conformidade co establecido no artigo 124.e) do vixente texto da LRBRL e 28 do ROMGA, tenentas e tenentes de Alcalde, as seguintes concelleiras e concelleiros, quedando establecida a seguinte orde para as TENENTAS E TENENTES DE ALCALDE: 1ª Tenenta de Alcalde: Ilma. Sra. D.ª Ana Prieto Nieto 2º Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Miguel Fernández Méndez 3ª Tenenta de Alcalde: Ilma. Sra. D.ª María del Carmen Basadre Vázquez 4ª Tenenta de Alcalde: Ilma. Sra. D.ª Ana María González Abelleira 5º Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Xosé Daniel Piñeiro Villares 6ª Tenenta de Alcalde: Ilma. Sra. D.ª Rosana Rielo Rozas 7º Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Manuel Núñez López As tenentas e os tenentes de Alcalde substituirán a Alcaldesa ou Alcalde pola orde do seu nomeamento, nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou abstención legal. SEXTO.- Determinar a denominación e ámbito material das áreas de goberno, segundo o seguinte detalle: ÁREAS DE GOBERNO MUNICIPAL A organización municipal estrutúrase nas seguintes áreas: ÁREA DE ALCALDÍA Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias: - plan estratéxico; - goberno municipal; - representación municipal; - organización dos servizos administrativos; - relacións institucionais; - relacións coa universidade; - fe pública e asesoramento legal preceptivo; - exercicio de accións xudiciais e administrativas e defensa do Concello; - protocolo; - prensa e medios de comunicación; - médico municipal; prevención de riscos: - protección da comunidade; - servizos de prevención e extinción de incendios; - protección civil; - transporte público de viaxeiras/os e - parque móbil municipal. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes órganos directivos: - Secretaría Xeral do Pleno. - Asesoría Xurídica. - Vicesecretaría. Dentro desta área inclúense os seguintes servizos e dependencias municipais: - Servizo de Actas e Goberno e Normalización Lingüística, Asesoría Xurídica, Servizo de Protocolo, Gabinete da Alcaldía e Oficina de Prensa; Servizo Médico; Servizo de Prevención de Riscos Laborais; Conserxería e Notificadores; Policía Local e os seus auxiliares e Negociado de

5 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo Sancións; Sección de Policía, Tráfico e Transportes; Servizo de Extinción de Incendios e Parque Móbil municipal. ÁREA DE ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias: - xestión e xeración de recursos; - control e fiscalización interna da xestión económica, financeira e orzamentaria; - contabilidade; - tesourería; - recadación; - facenda local; - inspección de facenda; - contratación local; - patrimonio municipal; - fomento e promoción da actividade económica; - fomento e promoción do comercio; - formación e fomento do emprego; - formación e orientación laboral; - Espazo Lab e - desenvolvemento local. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes órganos directivos: Intervención Xeral e Xestión Económico-Financeira (Tesourería), así como os seguintes servizos e dependencias municipais: - Facenda Local; Inspección de Tributos; Recadación; Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento, Sección de Patrimonio, Sección de Fomento, Departamento de Planificación e Control de Concesións; Espazo Lab, Plan Urban, talleres e obradoiros de emprego, Axencia de Desenvolvemento Local e CEI-NODUS. ÁREA DE MEDIO RURAL E DEPORTES Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias: - zona rural; - proxectos de obras ordinarias en vías públicas do ámbito rural; - obras locais do ámbito rural; - vías públicas e infraestruturas municipais do ámbito rural (iluminación pública, redes de auga potable); - reparación, conservación, mantemento e limpeza das infraestruturas e bens municipais do ámbito rural e - actividades, instalacións e equipamentos deportivos. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse incluídos nesta área de goberno municipal e compartidos coa Área de Educación e Infraestruturas Urbanas os seguintes servizos e dependencias municipais: - Negociado da Zona Rural así como as antigas escolas rurais desafectadas do ensino, sitas no termo municipal, Servizos Electromecánicos e Industriais, a Brigada Municipal de Vías e Obras e, funcionalmente, a Sección de Xestión (no que atinxe á tramitación de obras ordinarias); Servizo de Enxeñería, Topografía e Valoracións e Parque Móbil, Brigada e Parque de Maquinaría adscritos a Zona Rural, Sección de Deportes, actividades e instalacións de equipamentos deportivos e fomento do deporte, instalacións deportivas municipais: piscinas, pistas, polideportivos, campos de deporte, canchas, etc. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, XUVENTUDE E PROMOCIÓN DA LINGUA Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias: - convenio Lugo Cultural; - actividades e instalacións e equipamentos culturais;

6 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo - festas; - bibliotecas; - museos e salas de exposicións; - turismo e promoción da cidade; - drogodependencias; - banda municipal de música e Casa da música; - casas das linguas; - xuventude e - todas aquelas xestións de servizos e actuacións que teñan que ver coa xuventude. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes servizos e dependencias municipais: - Sección de Cultura e salas municipais de exposicións; Auditorio Municipal Gustavo Freire; bibliotecas municipais; Oficina de Turismo, Promoción da Lingua, Xuventude, Oficina de Información Xuvenil, puntos de información xuvenil, Casa da Xuventude, casas das linguas, banda de música, Casa da Música e Servizo de Atención a Drogodependentes. ÁREA DE BENESTAR SOCIAL, IGUALDADE E INCLUSIÓN Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias: - prestación dos servizos sociais, de promoción e reinserción social (servizos comunitarios e especializados); - instalacións e equipamentos de carácter social; - intervención na adxudicación das vivendas sociais; - pisos de emerxencia social; - voluntariado social; - organizacións non gobernamentais; - centros de servizos sociais: centros de convivencia, Fogar do Transeúnte; - edificio de vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida e outras discapacidades (Casa Domótica); - plan municipal de infancia e adolescencia; - minorías étnicas e inclusión social; - emigración e inmigración; - centros de dinamización rural; - dinamización e promoción sociocultural (animación sociocultural); - promoción e atención á muller; - promoción da igualdade e - todas aquelas xestións de servizos e actuacións que teñan que ver cos servizos sociais e igualdade. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes servizos e dependencias municipais: - Servizo de Servizos Sociais; centros de servizos sociais: centros de convivencia municipais, centros de dinamización rural, Fogar do Transeúnte, Centro de Atención á Muller, pisos de acollida, etc.; Centro de Día Antonio Gandoy e Casa Clara Campoamor. ÁREA DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E PERSOAL Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias: - ordenación e xestión urbanística e execución do planeamento urbanístico; - proxectos de urbanización; - intervención na regulación do mercado do solo: patrimonio municipal do solo; rexistro do soares; - intervención no exercicio das facultades dominicais relativas ao uso do solo e edificación: licenzas urbanísticas;

7 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo - disciplina urbanística; - proxectos de obras complementarias; - promoción e xestión de vivendas; - patrimonio histórico-artístico; - fomento da conservación e rehabilitación das edificacións; - arqueoloxía; - establecementos industriais, comerciais, de servizos, de espectáculos e actividades recreativas, establecementos públicos e outras instalacións sometidas a autorización municipal; - deberes de conservación: ordes de execución, inspección de edificacións e declaracións de ruína; - arquivo; - protección do medio ambiente; - xestión enerxética; - eficacia enerxética; - cambio climático; - xestión de residuos (RSU); servizos de recollida domiciliaria, recollida selectiva e tratamento; - limpeza viaria; - parques e xardíns e zonas verdes; - Plan especial de protección do río Miño (PEPRIM); - Axenda 21 e - persoal ao servizo da Corporación local. Polo inxente volume de tarefas que vén asumindo esta área, o seu titular estará asistido por un/unha DIRECTOR/A XERAL DE RECURSOS HUMANOS posto directivo creado por acordo número 7/122 da sesión plenaria celebrada o 30 de xuño de 2016- coas funcións que lle atribúe o artigo 56 do ROMGA en materia de recursos humanos. Quedan integrados na citada dirección xeral os postos de traballo e as unidades que forman parte do Servizo de Persoal. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes servizos e dependencias municipais: - Servizo de Urbanismo, Negociado de Planeamento, Negociado de Disciplina e Sección de Xestión; Servizo de Licenzas; Servizo de Arquitectura, Oficina de Rehabilitación e Servizo de Arqueoloxía e Arquivo; Servizo de Medio Ambiente, Brigada de Parques e Xardíns; Servizo de Persoal e Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo, S.A. (EVISLUSA). ÁREA DE CONCELLO E CIDADANÍA Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias: - información e atención á cidadanía e participación cidadá; - orzamentos participativos; - defensa de usuarias/os e consumidoras/es; - atención á saúde; - sanidade e protección da salubridade pública; - funcionalmente, transporte público e tarxeta cidadá; - estatística e padrón municipal; - cemiterio e servizos funerarios; - taboleiro de edictos; - informática e modernización administrativa; - abastos, feiras, mercados e venda ambulante e

8 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo - así como todos aqueles que, especificamente, non se integren nas anteriores áreas, sen prexuízo de que, polas súas características, teñan algunha vinculación coas materias, servizos ou actividades asignadas a estas. Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes servizos e dependencias municipais: - Oficina de Información e Atención ao Cidadán- Participación Cidadá; Negociado de Consumo e Oficina Municipal de Información ao Consumidor; Negociado de Rexistro e Información; Taboleiro de Edictos; Sección de Estatística e Padrón Municipal e Negociado de Cemiterio; Servizo de Informática e Encargado e vixilantes de prazas e mercados. ÁREA DE EDUCACIÓN E INFRAESTRUTURAS URBANAS Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias: - proxectos de obras ordinarias en vías públicas do contorno urbano; - obras locais do contorno urbano; - vías públicas e infraestruturas municipais do contorno urbano (iluminación pública e redes de auga potable); - reparación, conservación, mantemento e limpeza das infraestruturas e bens municipais no contorno urbano; - xestión integral do ciclo da auga; - redes de auga potable; - ordenación do tráfico de vehículos e persoas nas vías públicas e sinalización destas; - escola municipal de música; - educación, centros docentes e equipamentos educativos; - garderías infantís e - educación viaria (Parque Infantil de Tráfico) Sen prexuízo da obrigada vinculación daqueloutros que, por mor das tarefas que teñan asignadas, desenvolvan as súas funcións en relación coas materias antes enumeradas, considéranse incluídos nesta área de goberno municipal os seguintes servizos e dependencias municipais: - Parque Móbil, Brigada e Parque de Maquinaria adscritos a Zona Rural (compartidos coa Área de Medio Rural e Deportes); Servizos Electromecánicos e Industriais, a Brigada Municipal de Vías e Obras e, funcionalmente, a Sección de Xestión (no que atinxe á tramitación de obras ordinarias); Servizo de Enxeñería, Topografía e Valoracións; Unidade de Augas, Brigada de Augas e Saneamento; Farmacéutica; Enxeñeiro de Montes; Enxeñeiro Técnico Industrial; ETAP; EDAR e Inspección de Concesións dos servizos desta área; funcionalmente a Sección de Policía, Tráfico e Transportes; pedagogas municipais; garderías municipais; escola municipal de música; celadores de colexios; Parque Infantil de Tráfico e Brigada de Sinalización Viaria SÉTIMO.- De conformidade co disposto no artigo 29 do ROMGA, e coa excepción da Área de Goberno da Alcaldía, a titularidade das restantes áreas de goberno encoméndase do seguinte modo: Á primeira Tenenta de Alcalde, Ilma. Sra. D.ª Ana Prieto Nieto, atribúeselle a titularidade da Área de Goberno de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico. Ao segundo Tenente de Alcalde, Ilmo. Sr. D. Miguel Fernández Méndez, atribúeselle a titularidade da Área de Goberno de Medio Rural e Deportes. Á terceira Tenenta de Alcalde, Ilma. Sra. D.ª María del Carmen Basadre Vázquez, atribúeselle a titularidade da Área de Goberno de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Á cuarta Tenenta de Alcalde, Ilma. Sr. Dª. Ana María González Abelleira, atribúeselle a titularidade da Área de Goberno de Benestar Social, Igualdade e Inclusión. Ao quinto Tenente de Alcalde, Ilmo. Sr. D. Xosé Daniel Piñeiro Villares, atribúeselle a titularidade da Área de Goberno de Desenvolvemento Sostible e Persoal. Á sexta Tenenta de Alcalde, Ilma. Sra. D.ª Rosana Rielo Rozas, atribúeselle a titularidade da Área de Concello e Cidadanía. Ao sétimo Tenente de Alcalde, Ilmo. Sr. D Manuel Núñez López, atribúeselle a titularidade da Área de Educación e Infraestruturas Urbanas.

9 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo De conformidade co disposto nos artigos 29, 37 e 41 do ROMGA, as e os tenentes de Alcalde delegados de área son as xefas e os xefes da área que se lles asigna, e a súa titularidade levará aparellada as funcións de dirección, planificación e coordinación, sen prexuízo das delegacións de atribucións que lles confira a Xunta de Goberno Local ou a Alcaldía. OITAVO.- Determinar o réxime de suplencias das e dos tenentes de Alcalde de acordo co seguinte: As e os tenentes de Alcalde delegados de área, nos supostos de vacante, enfermidade ou impedimento que imposibilite para o exercicio do cargo, ou cando por calquera causa houberan de ausentarse por períodos superiores a 24 horas, e non se ditase acordo ao respecto da súa substitución, serán suplidas/os da seguinte forma: Á TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE GOBERNO DE ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO supliraa o Tenente de Alcalde Delegado da Área de Goberno de Medio Rural e Deportes. AO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DA ÁREA DE GOBERNO DE MEDIO RURAL E DEPORTES suplirao a Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Goberno de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico. Á TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE GOBERNO DE CULTURA, TURISMO, XUVENTUDE E PROMOCIÓN DA LINGUA supliraa o Tenente de Alcalde Delegado da Área de Goberno de Educación e Infraestruturas Urbanas. AO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DA ÁREA DE GOBERNO DE EDUCACIÓN E INFRAESTRUTURAS URBANAS suplirao a Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Goberno de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Á TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE GOBERNO DE BENESTAR SOCIAL, IGUALDADE E INCLUSIÓN supliraa o Tenente de Alcalde Delegado da Área de Goberno de Desenvolvemento Sostible e Persoal. AO TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DA ÁREA DE GOBERNO DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E PERSOAL suplirao a Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Goberno de Benestar Social, Igualdade e Inclusión. Á TENENTA DE ALCALDE DELEGADO DA ÁREA DE GOBERNO DE CONCELLO E CIDADANÍA suplirao o Tenente de Alcalde Delegado da Área de Goberno de Desenvolvemento Sostible e Persoal. No caso de que se atopasen ausentes a tenenta ou o tenente de Alcalde titular dunha área e o seu suplente, a Alcaldesa ou Alcalde asumirá as atribucións de ambas/os as/os delegadas/os, con independencia da persoa que nese momento estea desempeñando a Alcaldía. NOVENO.- DELEGACIÓNS DA ALCALDÍA.- Delegar nas e nos tenentes de Alcalde delegados de área o exercicio das atribucións que lle correspondan a esta Alcaldía, sempre e cando non sexan indelegables ou esta se reservase o seu exercicio, en relación cos servizos, actividades e materias comprendidas nas súas respectivas áreas. A delegación de atribucións efectuada nas tenentas e tenentes de Alcalde abrangue: - a facultade de dirección específica dos servizos incluídos na súa respectiva área; - a xestión dos servizos en xeral, incluída a facultade de resolver mediante actos administrativos, incluso os que afecten a terceiros; - a sinatura de convenios; - a autorización e disposición de gastos nas súas respectivas áreas; - corresponderalle á Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico respecto de todas as facturas tramitadas polo Concello, o recoñecemento e liquidación da obriga así como a ordenación do pagamento, tanto se a súa autorización e disposición lle correspondese a ela ou a outra área; - corresponderalles ás e aos tenentes de Alcalde delegados de área o recoñecemento e liquidación de obrigas así como a ordenación do pagamento do resto dos gastos non incluídos no parágrafo anterior e que correspondan á súa área de goberno. A Alcaldesa reservarase para si as seguintes: - as atribucións que, por disposición legal, sexan indelegables; - a resolución dos recursos de reposición; - o exercicio das atribucións que lle corresponden á Alcaldesa en relación cos servizos, actividades e materias comprendidos na ÁREA DA ALCALDÍA; - a representación do Concello, agás nos supostos en que puntual e expresamente se delegue; - a formalización de escrituras e demais documentos públicos que se refiran a acordos adoptados polo Pleno;

10 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo - a presidencia dos órganos colexiados municipais que lle corresponda, agás nos supostos de substitución por razóns de enfermidade, ausencia ou abstención legal ou por ter conferidas delegacións específicas para isto. DÉCIMO.- Co fin de axilizar a tramitación dos expedientes administrativos, delégase nas e nos tenentes de Alcalde delegados de área, en relación cos asuntos propios de cada unha delas, a sinatura dos seguintes documentos: - "visto e prace" das certificacións que deban ser expedidas polos órganos municipais con funcións de fe pública; - os oficios e comunicacións a outras administracións públicas, calquera que sexa o órgano ou unidade administrativa á que vaian dirixidos, así como a xulgados e tribunais; - anuncios e edictos, agás nos supostos contemplados no artigo 122.5 letra d) da Lei 7/1985; - en xeral, todas aquelas actuacións que non impliquen resolución dos expedientes e contribúan a impulsar a súa tramitación. En supostos de urxencia, ausencia ou calquera imprevisto que impida a sinatura polas delegadas ou delegados, e co fin de non demorar os trámites correspondentes, esta Alcaldía, sen necesidade de avocación formal, poderá levar a cabo a sinatura dos documentos indicados. DÉCIMO PRIMEIRO.- VIXENCIA: 1.- Este decreto estará en vigor en tanto non se proceda á súa modificación, producirá efectos dende o día da súa sinatura e seralles notificado ás e aos interesados, e as delegacións de atribucións conferidas para a súa eficacia- requirirán ser aceptadas por parte das/os delegadas/os, aceptación que se entenderá feita polo transcurso de TRES DÍAS DENDE a notificación sen que se fixese manifestación ningunha ao respecto (artigo 7.3 do ROMGA). 2.- Deste decreto daráselle conta ao Excmo. Concello Pleno na primeira sesión que celebre; procederase á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, á súa exposición no Taboleiro de Edictos e á súa comunicación aos servizos municipais. Cúmprase. Cúmprase. De todo o cal a Excma. Corporación municipal quedou informada para os oportunos efectos. E para que así conste no expediente, coa expresa advertencia prevista no artigo 208 do Regulamento de organzación, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais de que a acta da sesión na que foi adoptado o acordo transcrito aínda non foi aprobada, e a reserva dos termos que resulten da aprobación desta, expídese esta certificación de orde da Excma. Sra. Alcaldesa, dona Lara Méndez López, coa súa sinatra e a desta Vicesecretaria. R. 3792 DECRETO NÚMERO 16009425 DO 01/12/2016 Ilmo. Sr. Don XOSE DANIEL PIÑEIRO VILLARES, Tenente de Alcalde-Delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Excmo. Concello de Lugo. A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o día dezaseis de novembro de dous mil dezaseis, someteuse, entre outros, o seguinte asunto: 13/763 BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA INTERINA, NOS SUPOSTOS PREVISTOS NO ARTIGO 10 DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 5/2015, DO 30 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO BÁSICO DO EMPREGADO PÚBLICO, DE PRAZAS DE ORDENANZA. Esta Concellería, en virtude das atribucións conferidas á Alcaldía polo artigo 124 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime Local e tendo en conta o Decreto número 16005312, ditado o 5-07-2016, RESOLVE: Primeiro.- Convocar o proceso selectivo para a cobertura interina, nos supostos previstos no artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, de prazas funcionario/a na categoría de Ordenanza, de acordo coas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión ordinaria celebrada o día dezaseis de novembro de dous mil dezaseis, e que a continuación se transcriben:

11 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. Estas bases teñen por obxecto rexer a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha lista para a cobertura interina de prazas de funcionario/a na categoría de Ordenanza, dende a que se irá chamando os/as candidatos/as pola orde de puntuación obtida por cada un/unha deles/as, cando sexa necesario proceder á cobertura interina, nos supostos previstos no artigo 10 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, de prazas funcionario/a na categoría de Ordenanza. 2.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES Os/as aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se sinalan na data de finalización do prazo de presentación de instancias, tendo en conta que no prazo de corrección de defectos unicamente poderá corrixirse o requisito da non- presentación do DNI e da titulación. Para ser admitido/a a esta convocatoria, as persoas aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos: a) Ser español/a ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea. Así mesmo, poderán participar no proceso selectivo as e os estranxeiros que reúnen a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e as e os seus descendentes e as e os do seu cónxuxe menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, se é o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. b) Estar en posesión do certificado de escolaridade, titulación superior ou equivalente. c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público. e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o normal exercicio da función. 3.- ÁMBITO DE PUBLICIDADE O anuncio de convocatoria farase público no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de s do Concello de Lugo. 4.- PRAZOS E REQUISITOS DE FORMA NA PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS Os/as que desexen tomar parte neste proceso deberán facelo constar na instancia que lles será facilitada no Rexistro Xeral do Concello. As instancias dirixiranse á Excma. Sra. Alcaldesa do Excmo. Concello de Lugo, e nelas farase constar expresa e detalladamente ademais dos datos persoais do solicitante, que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 1. Prazo de presentación: o prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día coincidise en sábado ou festivo o prazo quedará prorrogado ata o seguinte día hábil inclusive. Lugar de presentación: a presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello ou na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (coa excepción establecida na disposición final sétima desta). Documentación que hai que presentar xunto coa instancia. As instancias terán que vir acompañadas dos seguintes documentos: a.- Fotocopia compulsada do DNI. b.- Fotocopia compulsada da titulación esixida. c.- Fotocopia compulsada de toda a documentación que poida serlle puntuada neste proceso. 5.- SISTEMA DE SELECCIÓN A) Realización das seguintes probas:

12 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo a) Proba teórica: consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test composto por 40 preguntas relativas ó temario que figura a continuación. Este cuestionario estará composto por preguntas con tres respostas alternativas, sendo unha delas a correcta. O tempo máximo para a realización deste exercicio é de 30 minutos. Cada pregunta contestada correctamente terá unha puntuación de 0,25 puntos. A mal contestada restará 0,083, puntuando con 0 puntos a deixada en branco. Para superar a proba teórica e pasar a proba práctica deberá acadarse polo menos unha puntuación de 5 puntos. TEMA 1.- O municipio de Lugo. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. Servizos municipais. TEMA 2.- Lei de prevención de riscos laborais: protección de edificios e plans de emerxencia en locais e edificios. TEMA 3.- Notificación de documentos administrativos. Práctica da notificación. TEMA 4.- A guía de rúas da cidade de Lugo. Localización de dependencias municipais, organismos, edificios e centros públicos e de interese da cidade de Lugo. TEMA 5.- Traballos con materiais e maquinaria de oficina. Reprografía. Tipos de papel. TEMA 6.- Persoal ó servizo da Administración local: funcionarios propios das entidades locais. Integración en escalas, subescalas e clases. Dereitos e deberes. TEMA 7.- Rexistro de documentos: concepto. O rexistro de entrada e saída: o seu funcionamento nas corporacións locais. Presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas. TEMA 8.- Dereitos e deberes dos veciños no ámbito local: información e participación cidadá. b) A proba práctica consistirá na realización dun suposto que verse sobre tarefas relacionadas coas funcións que corresponda desempeñar no posto de traballo obxecto da convocatoria. Esta proba serán determinadas polo tribunal inmediatamente antes da súa celebración. c) Coñecemento da lingua galega.- Esta proba unicamente será obrigatoria para o persoal aspirante que non acredite o título de iniciación da lingua galega ou a validación correspondente, ou estar en posesión do Celga 3. O exercicio de galego para os/as aspirantes que deban realizar a proba de coñecemento do idioma galego cualificarase como apto ou non apto. Os que non o superen quedarán excluídos do proceso selectivo. B) Baremo de méritos: Non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito: máximo 6 puntos. a) Experiencia profesional: por cada mes completo de servizos prestados en administracións públicas na categoría de Ordenanza, 0,15 puntos ata un máximo de 4 puntos. - Os servizos deberán acreditarse coa presentación de certificación de empresa por un lado, xuntamente co contrato de traballo ou nomeamento, se é o caso. b) Formación: Por cursos de formación, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, nos que se expediran diploma, certificación de asistencia ou, se é o caso, de aproveitamento ata un máximo de 2 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Ata 14 horas de duración 0,10 puntos. - De 15 a 24 horas de duración 0,20 puntos - De 25 a 39 horas de duración 0,40 puntos - De 40 a 59 horas de duración 0,60 puntos - De 60 a 79 horas de duración 0,80 puntos - De 80 a 100 horas de duración 1 punto - De 101 ou mais horas de duración 1,15 puntos O puntuación final do proceso selectivo será a resultante da suma das puntuacións obtidas nas probas teórica e práctica superadas coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso. De producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte: 1) Puntuación pola orde dos parágrafos anteriores 2) Solicitante de maior idade. En todos os casos será requisito imprescindible a copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos que alega a persoa aspirante. Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, unicamente poderán corrixir os requisitos indispensables para participar no proceso selectivo, pero non os que voluntariamente achegue o/a aspirante, e que queira presentar para ser tidos en conta na fase de concurso. A presentación da documentación acreditativa

13 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo dos méritos que se aleguen para o baremo de méritos, deberá facerse dentro do prazo de presentación de instancias, sen que sexa admisible a súa presentación dentro do prazo de emendas. 6.- TRIBUNAL CUALIFICADOR. O tribunal cualificador estará constituído polos seguintes membros: Presidenta: D.ª María Jesús López Vázquez (Técnica) Xefa de Servizo de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo. Suplente: D.ª M.ª del Carmen Neira Vieito, Técnica de Xestión do Concello de Lugo. Vogais: - D.ª Consuelo Rodríguez Bao, Animadora Sociocultural do Concello de Lugo. Suplente: D.ª Rosa Rodríguez Rodríguez, Técnica Media de Xestión do Concello de Lugo. - D. Jesús Rojo Cabanas, Viceconserxe do Concello de Lugo. Suplente: Don José Luis Bermudez Fernández, Ordenanza do Concello de Lugo. - D. José María Seijas Fernández, Aparellador (Adxunto de Servizo) do Concello de Lugo. Suplente: D. Gerardo Gayoso Somoza, Encargado do Taller de Augas do Concello de Lugo. Secretaria: - D.ª María García Ferro, Vicesecretaria do Concello de Lugo. Suplente: D.ª Mª del Carmen Arias Río, Auxiliar Administrativa do Concello de Lugo. Segundo.- Que se proceda á súa publicación, facendose constar que o presente acto pon fin á vía administrativa e que contra o mesmo, de conformidade co previsto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderá interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado desta orde en Lugo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da notificación. Non obstante poderá interpoñer, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado dende o día seguinte á recepción desta notificación. Contra a resolución expresa do recurso de reposicion podrá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo no devandito prazo de dous meses e, no caso de que non se resolva expresamente, o prazo para interposición será de seis meses, contados dende que se produza o acto presunto. Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que estime conveniente. Lugo, a 01 de decembro de 2016.- O Tte. Alcalde Delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Xosé Daniel Piñeiro Villares R. 3793 A Xunta Goberno Local, na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2016, aprobou a forma de adxudicación mediante procedemento aberto para a CONTRATACIÓN DO PROXECTO DE HUMANIZACION E MELLORA DA PRAZA AGRO DO ROLO (BARRIO DA MILAGROSA-LUGO). (EXP. REF. 45-2016) Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento. 2.- Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: a realización das OBRAS DE HUMANIZACION E MELLORA DA PRAZA AGRO DO ROLO. 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinaria b) Procedemento: aberto

14 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo 4.- Tipo de licitación a) Orzamento máximo do Contrato: O valor estimado do contrato ascende a 252.742,06 euros IVE excluído. polo que tendo en conta o IVE (21%) 53.075,83 euros- o prezo máximo do contrato será de 305.817,89 euros IVE incluído 5.- Garantías: definitiva 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE. 6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio. b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-45. e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.es (perfil do contratante) g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de proposicións. 7.- Requisitos específicos do contratista. a) Outros requisitos: Os sinalados no prego de condicións 8.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: O prazo de presentación de proposicións será de vinteseis días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No suposto que o último día de presentación das proposicións coincidirá en sábado ou festivo prorrogarase ó seguinte día hábil. b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula décima do prego de condicións. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares establecidos no prego de condicións. 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 9.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta) c) Localidade: Lugo d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo. 10.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións. 11.- Gastos dos anuncios: 60,97 euros que serán por conta do adxudicatario. Lugo, 7 de decembro de 2016.- O ALCALDE,TENENTA-ALCALDE DA AREA, DE ECONOMIA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto R. 3794

15 Núm. 288 Sábado, 17 de diciembre de 2016 B.O.P de Lugo Queda aprobada definitivamente a modificación mediante Suplemento de crédito nº 1/2016 do vixente Orzamento Municipal para o 2016, ó non haber reclamacións no prazo de exposición ó publico do acordo inicial de aprobación da mesma adoptado en sesión plenaria do 27 de outubro de 2016, publicado no BOP nº 261 de 14 de novembro de 2016. RESUMO POR CAPÍTULOS ORZAMENTO DA PROPIA CORPORACIÓN ( ) ESTADO DE GASTOS Consignación inicial Modificación (Supl. Cdto.1/2016) Previsións definitivas A) OPERACIÓNS CORRENTES Capítulos: 1.- Gastos de persoal 28.713.087,18 28.713.087,18 2.- Gastos en bens correntes e servizos 42.941.733,45 42.941.733,45 3.- Gastos financeiros 319.100,00 319.100,00 4.- Transferencias correntes 5.895.160,03 5.895.160,03 5.- Fondo de Continxencia e outros imprevistos 75.000,00 75.000,00 B) OPERACIÓNS DE CAPITAL Capítulos: 6.- Investimentos reais 5.722.045,22 5.722.045,22 7.- Transferencias de capital 3.328.549,81 3.328.549,81 8.- Activos financeiros 100.000,00 100.000,00 9.- Pasivos financeiros 3.890.000,00 6.116.531,99 10.006.531,99 TOTAL ORZAMENTO 90.984.675,69 97.101.207,68 ESTADO DE INGRESOS Previsión Inicial Modificación (Supl. Cdto.1/2016) Previsións definitivas A) OPERACIÓNS CORRENTES Capítulos: 1.- Impostos Directos 35.663.258,00 35.663.258,00 2.- Impostos Indirectos 3.150.053,00 3.150.053,00