Salceda de Caselas. Á medida dos teus desexos. un concello para coñecer.

Similar documents
Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O relevo e as costas de Galicia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Mapa de accidentalidade

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Costas de Galicia route: A Corunya and surroundings

>> ESPAÑA Reloaded ROUTES

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Death the last sleep? No, it is the final awakening. Walter Scott

BREATHE. Go with the flow A WORLD NATURE IN THE RÍAS BAIXAS

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

INSCRICIÓN. Xuño. Requerimentos e procedementos de

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Portuguese Way to Santiago HISTORICAL COASTAL FOODIES SUMMER

A máquina de escribir

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela

Informe mensual do paro rexistrado

THE WAY OF ST. JAMES

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

Welcome to Greenman and the Magic Forest

PORTUGUESE WAY CLASSIC SELF-GUIDED

We walk to prepare the future

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

PORTUGUESE WAY PREMIUM SELF-GUIDED

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

ULTREYA TOURS CAMINO FORUM WALK ON THE PORTUGUESE SPIRITUAL WAY. PRICE & DATES FACT FILE

O TRANSPORTE COMO PRODUTO TURÍSTICO EN GALICIA: UNHA ANÁLISE DA OFERTA ACTUAL

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

A PICTURE IS WORTH A THOUSAND WORDS

Mensual independente da Ulloa Ano 7. Nº 77. Setembro O instituto de estudos ulloáns recibe o Premio Son d Aldea 2018

Comprising more than 1,200 hectares, the fields and meadows around the Country House in Córdoba are used in a harmonious and diverse way.

PORTUGUESE SPIRITUAL WAY BY HORSE

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

SINALÉCTICA CONCELLOS

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros

90 HECTÁREAS DE PASTOS, JARDINES Y VIÑEDOS

II AEBR Forum R & D and Innovation in Cross-Border Areas (Vigo, 5 th April, 2011)

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

TRAXECTORIAS E RETOS

Paço dos Duques de Bragança Guimarães

Absorbentes solo aceites

Portuguese Coastal Camino (Lisbon to Santiago)

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

RESTAURANTES, HOTEIS, ALOXAMENTOS RURAIS E INSTALACIÓNS NAÚTICAS

22,23Y24DEAGOSTO REGIÓN DEMURCIA. GranPremioValverdeTeam-TeraFecundis IMemorialPedroGarcíaRuíz MemorialAntonioSarabiaGarcía

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

Territorios a examen III. Territorios a exame III

Contribución á carta arqueolóxica da Península do Barbanza: dezasete petroglifos e unha mámoa -inéditosdo Concello de Porto do Son (A Coruña)

Notas para o estudo das primeiras arquitecturas industriais na Estrada

As orixes da vila da Estrada. I. O factor xeográfico

A FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL (Culturmar)

What to do in Vigo? Day 1. Vigo. Wikipedia

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

Os castros do concello de Oleiros

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

A SPORT/SPA DESTINATION FOR ROAD CYCLING FANS

7.1 Os recursos locais

Routes of Santiago de Compostela: Camino Franc s and uitwisseling tussen het Iberisch schiereiland en de rest the Camino de Santiago in Camino de

ANTAS NO CAMINO. PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA NOS CAMINOS XACOBEOS DO NORTE

CAMINO DE SANTIAGO detailed program Includes:

Tiñamos constancia por Martínez Santiso da existencia do Cuartel do Reximento de

WHAT IS AN ALTERNATIVES ANALYSIS STUDY?

Continuamos sacando á luz a obra

PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REHABILITACIÓN

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

O pintor Seijo Rubio e Betanzos: A feminidade da paisaxe mariñá

TÚMULO 5 DE TORNO DOS MOUROS (ORTIGUEIRA, A CORUÑA). PRIMEIROS RESULTADOS

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-8 DE MARZO

semana musicas das do audiovisual Do 23 ao 30 setembro A coruna ferrol ourense

Probas dos elementos internos do alternador

Santiago. Mmm Yummy! Game-guide to discover Santiago de Compostela and its cooking

MEMORIA FUNDACIÓN VIGO EN DEPORTE VIDE 2014

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Portuguese Camino: Porto to Santiago de Compostela 16-day, 240 Kilometre Pilgrimage through Portugal and Spain

PLANO ESPECÍFICO DE INFRAESTRUTURAS DA PARROQUIA DE VERDUCIDO

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

THE SEA OF ARDORA S SOUNDS

XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA A CORUÑA. Memoria anual 2004

SUSO FANDIÑO. Santiago de Compostela, 1971

Porto - Santiago de Compostela

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

Xuntos e case revoltos: os condes de Pallares e Pardo-Bazán na Galiza do progreso indefinido

Transcription:

Salceda de Caselas un concello para coñecer www.riasbaixas.depo.es Á medida dos teus desexos

O noso concello O Concello de Salceda de Caselas localízase no sueste da Comarca de Vigo. Conta cunha poboación de máis de 8.500 habitantes, que se distribúe ao longo de 36,1 Km2 en sete parroquias: A Picoña, San Xurxo, Santa María de Salceda, Budiño, Soutelo, Parderrubias e Entenza. Terra de Pazos En poucos lugares de Galiza podemos atopar un número tan elevado de Pazos como en Salceda. Erguidos como morada das familias fidalgas nos séculos da Idade Moderna, onde se combina a súa condición residencial e de lecer coa de centros de produción agrícola. En Santa María de Salceda atópanse os dous fermosos pazos de Pegullal e Avalle. En San Martiño da Picoña atópase un dos pazos máis fermosos de Galiza, coñecido co nome da Casa Grande e constitúe a mellor mostra do esplendor dos señores da Picoña, de gran relevancia na comarca. Na parroquia de Entenza, no lugar da Corisca, está a casa que pertenceu ao xeneral Rubio. Actualmente todos están en mans privadas, polo que a súa visita non é posible.

Festas Destacan as citas do Entroido, as Festas do Cristo e a Festa Gastronómica dos Callos. O Entroido comeza o venres co desfile dos Centros Escolares; continúa o domingo co Concurso de carrozas e comparsas e coa verbena na Praza do Concello; segue o luns coa tradicional rivalidade entre os barrios da Feira e Barreiro e acaba o martes, festividade local, coa presentación no casco urbano das carrozas e comparsas realizadas durante meses pola veciñanza dos dous barrios. Aparte das festas, todos os mércores se celebra o popular mercado. Festas do Cristo das Angurias: Terceira fin de semana de xullo Festa dos Callos: Primeiro domingo de setembro Rancho de Reis: 6 de xaneiro Festas parroquiais: Todas as parroquias celebran a súa festa patronal

Un concello para coñecer Sendeiro do río Caselas, fonte de Agüín, ponte do Picado Esta senda transcorre ao carón do río Caselas. Comeza na Fonte de Agüín, no barrio do Cruceiro, e remata na Ponte do Picado, no barrio de Muíños na parroquia de Entenza. Durante o seu quilómetro de lonxitude pasa por tres zonas ben diferenciadas: os Lameiros, as terras da Quinta da Gargantada e a zona coñecida como Illa do Picado, onde se atopa o muíño do mesmo nome, o único de tres moas que se conserva neste Concello. A senda enmárcase no contorno do río Caselas (12 km de lonxitude), que no seu tramo final entronca co LIC (Lugar de Interese Comunitario - Rede Natura 2.000) do río Miño, do que é afluente. O lugar conserva un interesante bosque de ribeira no que destacan fermosos exemplares de freixos, amieiros, salgueiros, loureiros... Aquí habitan interesantes especies da fauna galega como a ra patilonga, o lagarto das silveiras, a garza real, o picapeixe, o aguanón, etc.; e tamén especies piscícolas como as troitas ou as anguías.

Senda fluvial e Parque etnográfico Muíños do río Caselas É un novo espazo de lecer que recupera o entorno do río Caselas. A senda comeza no lugar das Pontes na parroquia de Santa María, pasa pola parroquia de San Xurxo e remata na Picoña, no lugar de Rubal. Ao longo dos seus 2 km de lonxitude a senda fai un percorrido polo Parque etnográfico dos Muíños do río Caselas; onde se rehabilitaron os muíños das Covas, muíño da Laxe ou dos Cregos, muíños de Figueiras (un de xofre e un de gran) e o muíño de Marcial ou Fondóns. No muíño da Laxe rehabilitouse toda a maquinaria e está en funcionamento tras anos de abandono. A través de paneis dáse a coñecer a riqueza do patrimonio vinculado ao río Caselas e tamén ponse en valor o conxunto dos 56 muíños catalogados no concello.

Senda dos Humedais O Lugar de Interese Comunitario (LIC) Gándaras de Budiño é un dos humedais interiores máis interesantes de Galicia, tanto polos hábitats como polas especies que alberga. Ten unha superficie total de 834,17 ha e pertence aos concellos do Porriño, Tui e Salceda de Caselas. A auga é o elemento que define esta ruta. A súa presenza acompañará a nosa andaina e verémola percorrer por regatos, ríos, brañas, gándaras, regos e bosques asolagados. Tamén seguindo as augas, chegaremos aos campos de cultivo e prados, que axudan ao mantemento dunha interesante biodiversidade. Montes de San Cibrán PRG132 Trátase dunha ruta lonxitudinal de 12,83 km. que se inicia no Alto do Confurco e ascende por Couso ata a fervenza da Galomeira, continuando logo ata o alto de San Cibrán. Dende alí descende cara a parroquia de Picoña paralela ao río Caselas, que presenta unha rica vexetación de ribeira e varios muíños. Dende o fondo do val o sendeiro ascende de novo cara os montes comunais de San Xurxo e vaise afastando das leiras e casas para volver a discorrer entre masas de piñeiros e eucaliptos. A ruta finaliza na área recreativa das Conforcadas, onde se pode enlazar con Sendeiro das Greas GR-58 para regresar ao alto de Cans e realizar un percorrido circular.

Sendeiro das Greas GR58 É o máis extenso dos sendeiros de gran percorrido de Galicia. É un percorrido circular duns 250 quilómetros que percorre todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Trátase dun itinerario dunhas 70 horas que comeza no aeroporto de Vigo e atravesa os termos municipais de Redondela, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, Tui, Gondomar, Baiona e Nigrán, para rematar de novo en Vigo. Son moi numerosos os atractivos ambientais deste sendeiro, que atravesa paraxes de gran beleza onde non faltan bos exemplos de arquitectura popular. Ao seu paso por Salceda destacan edificios de singular factura como os pazos de Pegullal, Aballe e Picoña, ademais dunha gran variedade de monumentos populares, de elementos culturais de todo tipo e de paisaxes de extrema beleza. Áreas Recreativas Salceda de Caselas conta con seis áreas recreativas cunhas instalacións onde poder merendar, xantar, ou simplemente descansar. Todas elas teñen acceso para vehículo, e están relativamente próximas ao centro urbano, a máis distante está a 6 Km. Espicho do Faro, Entenza As Conforcadas, San Xurxo O Borralliño, Soutelo Os Agoeiros, Santa María de Salceda Penedo Redondo, Parderrubias Rubindo, Budiño

Escola-Obradoiro o Torron Entenza - Caldelas Parderrubias - Soutelo - Tui Torrón - Entenza Salvaterra - Atios Rúa Lagoela Salvaterra - Atios Piscinas Municipais Centro Social A Devesa Rúa Lugo O Porriño - Vigo Cabreira - Arantei Cabreira - Arantei Salvaterra - As Neves Ponteareas Rúa Gándara Parque da Gándara Campo de Fútbol A Gándara Oficina de Correos Camiño da Pedra Rúa Vigo Av. de Galicia Rúa Arxentina Rúa Brasil Praza da Devesa Rúa Ador Escola Infantil Centro de Saúde Rúa Compostela Praza do Concello Casa da Cultura Biblioteca Rúa Rafael Tilve Adrio Parque Raíña Aragonta Rúa Coruña C.R.A. Raíña Aragonta C.P.I Altamira Pavillón Municipal dos Deportes Casa do Concello Auditorio Municipal Salceda de Caselas Plano do Concello Praza de Abastos Alxén Rúa Dr. Zunzunegui Rúa Rollo Casa da Música A Feira - Barreiro - Picoña Rúa Victoriano Pérez Vidal Cámara Agraria Vendanova O Porriño - Vigo