CONCELLOS BARALLA. Anuncio

Similar documents
5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx


1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

XUNTA DE GALICIA. Anuncio

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

DE LA PROVINCIA DE LUGO

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

11 DE JULIO DE 2009 Nº 158

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Á Mesa do Parlamento

-ANUNCIO Nº 3- PROBAS SELECTIVAS PARA A CONFECCIÓN DE LISTAS DE AGARDA PARA A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

DE LA PROVINCIA DE LUGO

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Mapa de accidentalidade

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

CONCI:LLO DE SANTIAGO

TAXAS POLOS SERVIZOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS, PREVENCIÓN DE RUÍNAS, DERRIBAS, SALVAMENTOS E OUTROS ANÁLOGOS.

Memoria Escola Galega de Administración Pública

Transcription:

VENRES, 2 DE MARZO DE 2018 Nº 050 CONCELLOS BARALLA De conformidad co acordo da Xunta de Goberno Local en sesión de data 9 de febreiro de 2018, por medio do presente anuncio efectuase convocatoria por procedemento aberto, oferta económicamente máis vantaxosa, para a adxudicación do contrato de subministro, mediante leasing, dunha varredora aspiradora e un tractor cortacéspede, adscritos aos servizos municipais. 1.- Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Baralla (Lugo) b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría 2.- Obxecto do contrato: a) Subministro b) Descrición: subministro de unha varredora aspiradora e un tractor cortacespede, adscritos aos servizos municipais, mediante a modalidade de arrendamento financiero con opción de compra (leasing). c) División por lotes: -Lote nº1: varredora aspiradora -Lote nº2: tractor cortacespede d) Prazo de execución/entrega: 2 meses para a barredora aspiradora e 1 mes para o tractor cortacespede, dende a formalización do contrato. 3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: Ordinaria b) Procedemento: Aberto c) Criterios de adxudicación: Único: prezo 4.- Valor estimado do contrato: 75.978,24 (IVE excluido). Importe total: 91.933,96 a) Lote nº1: 60.197,76 (IVE excluido) b) Lote nº2: 15.780,48 (IVE excluido) 5.-Orzamento base de licitación: 18.994,56 / anual (IVE excluido). Importe total: 22.983,48 /anual. 6.- Garantías: - Provisional: non se esixe - Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE 7.- Obtención de documentación e información: 1) Entidade: Concello de Baralla 2) Domicilio: R/ Evaristo Correa Calderón, número 48 3) Localidade e código postal: Baralla (Lugo), 27680 4) Teléfono: 982363303 5) Telefax: 982363221

2 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo 6) Correo electrónico: concellobaralla@terra.com 7) Dirección de internet do perfil do contratante: www.concellobaralla.es 8.- Presentación das ofertas: a) Trece (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil do contratante do Concello de Baralla. b) Documentación que hai que presentar: A sinalada na cláusula sétima do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares. c) Lugar de presentación: 1. Dependencia: Concello de Baralla (Lugo) Rexistro Xeral. De 9:00 a 14:00 horas 2. Domicilio: R/ Evaristo Correa Calderón número 48 3. Localidade e código postal: Baralla 27680 4. Dirección electrónica: www.concellobaralla.es 9.- Apertura das ofertas: No Salón de Actos do Concello, ás 12:00 horas do décimo día hábil seguinte, ao da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas. 10.- Outras informacións: Véxase o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas 11.- Gastos de publicidade: Por conta do adxudicatario. Baralla, 22 de febreiro de 2018.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón R. 0543 GUITIRIZ Faise público que por acordo da xunta de goberno local de 8 de febreiro de 2018 adxudicouse o contrato de Servizo de mantemento da iluminación pública e das instalacións eléctricas das dependencias municipais e outros traballos eléctricos e formalizouse o contrato administrativo o 16 de febreiro de 2018. 1.- Entidade adxudicadora a) Organismo : Concello de Guitiriz. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría d) Localidade e código postal: 27300 Guitiriz (LUGO) e) Teléfono: 982370109 f) Fax : 982372178 g) correo electrónico: info@concellodeguitiriz.com g) Dirección de Internet de perfil de contratante: www.concellodeguitiriz.com, www.contratosdegalicia.es 2.- Obxecto do contrato a) Tipo: servizos. b) Descrición: Servizo de mantemento da iluminación pública e das instalacións eléctricas das dependencias municipais e outros traballos eléctricos. c) Prazo de execución: 2 anos prorrogables por outro ano máis ata un máximo de 2 anos. 3.- Tramitación e procedemento. a) Tramitación : ordinaria. b) Procedemento : aberto. 4.- Valor estimado do contrato: Valor estimado máximo de 198.000 durante a duración máxima do contrato (4 anos).

3 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo 5.-Adxudicación a) Adxudicatario: Guitec S.L. b) Data : 8 de febreiro de 2018 c) Importe: -Prezo do servizo: 35.100 +IVE 7.371. - Prezo dos materiais: 22.620 + IVA 4.750,20. d) Melloras ou variantes do servizo sen custe para o Concello: -Luminarias: 20. -Reloxios: 10. e) Duración : dous anos, prorrogable por outro máis ata un máximo de dous (4 anos en total 6.-Formalización: a) Data : 16 de febreiro de 2018. Guitiriz, 19 de febreiro de 2018.- A Alcaldesa, Regina Polín Rodríguez. R. 0522 PALAS DE REI Unha vez aprobados definitivamente por resolución desta Alcaldía nº 2018-0023, ditada o 14 de febreiro, os padróns e listas cobratorias dos tributos locais Taxa pola prestación do servizo de saneamento e abastecemento de auga, recollida de lixo e canon da auga, referidos ao exercicio de 4º Trimestre do 2017, expóñense ao público no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro municipal de edictos, por un prazo de quice días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, co fin de que aqueles que se consideren interesados poidan formular todas as observacións, alegacións ou reclamacións que teñan por convenientes. Contra o acto de aprobación dos devanditos padróns e/ou liquidacións contidas neles poderase interpor un recurso previo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da finalización da exposición pública, de acordo co establecido no artigo 14 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo. Polo que respecta ao canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia tamén no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación consonte co disposto no artigo 49,7 do Decreto 136/2012 polo que se aproba o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertido a sistemas públicos de depuración de augas residuais. Conforme o establecido no artigo 62.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ponse en coñecemento dos contribuíntes que se procederá ao cobramento en período voluntario do imposto do día 1 ao 31 de marzo. O pagamentos farase efectivo nas entidades financeiras colaboradoras. Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan adebedados nas contas dos seus clientes. Unha vez transcorrido o prazo de ingreso voluntario sen que se satisfaga a débeda, iniciarase o período executivo, de acordo co teor dos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o que determinará a esixencia dos xuros de mora, así como a das recargas que correspondan e, se é o caso, das custas do procedemento de constrinximento. Polo que respecta ao canon da auga a vía de constrinximento será realizada pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. Palas de Rei, 15 de febreiro de 2018.- O alcalde-presidente, Pablo José Taboada Camoira R. 0515 RIBADEO BASES QUE REXERÁN A BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE RIBADEO PARA POSTOS DE TRABALLO DE CONDUTOR DE MAQUINARIA MUNICIPAL (PALA RETROEXCAVADORA, BARREDORA, TRATOR- ROZADORA, CORTACÉSPEDE, ETC.) 1.- Obxecto da convocatoria.- A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento dunha bolsa de emprego para postos de condutor

4 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo de maquinaria municipal ( pala retroexcavadora, barredora, trator-rozadora, cortacéspede, etc.) para cubrir necesidades urxentes e inaprazables nos sectores que se consideran prioritarios e que afectan ao funcionamiento dos servizos públicos esenciales municipais como poden ser os de obras, medio ambiente, limpeza viaria, etc, mediante a contratación laboral temporal prevista nos supostos dos artigos 2, 3 e 4 do Real Decreto 2720/1988, de 18 de decembro e no artigo 15 do estatuto dos traballadores coa finalidade de substitución naqueles casos en que sexa necesario e/ou urxente a cobertura destes postos pola concorrencia dangunha das seguintes causas: *Situacións de incapacidade temporal do titular do posto *Vacacións, licenzas e permisos. *Xubilación parcial ou anticipada polo período que medie entre a xubilación e a cobertura da dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente. *Acumulación de tarefas de carácter puntual do servizo. *Calquera outra que esixa a inmediatez na contratación para atención do servizo. 2.- Normativa aplicable.- O procedemento rexerase especialmente polo establecido nas seguintes normas: O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións: RDL 5/2015, do Estatuto Básico do Empregado Público; Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións aínda vixentes e que sexan básicas), Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto legislativo 781/1986, de 13 de xuño. Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia. Lei 2/2015, de 25 de abril do emprego público de Galicia. Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local. Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se opoña á Lei 2/2015, de 25 de abril do Emprego público de Galicia. Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables. Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Adminstrativo Común das AA.PP. Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local. 3.- Funcións.- As funcións serán as recollidas na vixente RPT municipal para estes postos, (equiparado ao grupo funcionarial C2), sinalándose xenéricamente a conducción e traballos coa maquinaria municipal existente ( pala retroexcavadora, barredora municipal, trator-rozadora, máquina cortacéspede, etc.) desenvolvendo as funcións propias así como o mantemento mecánico das mesmas coa realización de pequenas reparacións e conservación. Desenvolverá asimesmo calquera outra función propia do cargo ou categoría. 4.- Publicidade.- A presente convocatoria e bases publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ribadeo, sede electrónica da páxina web.do Concello www.ribadeo.gal e BOP de Lugo. 5.- Requisitos dos/as aspirantes.- Poderán participar na Bolsa de Emprego os/as aspirantes que reúnan, á data de remate do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos: A) Xerais: Os establecidos con carácter xeral no artigo 56 e concordantes do Estatuto Básico do Empregado Público para o acceso á función pública. B) Específicos: Estar en posesión do Graduado Escolar, Graduado en ESO, certificado de escolaridade ou de estudios primarios ou calquera titulación equivalente ou superior.

5 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo Igualmente deberán contar cos permisos de conducir das clases B1 e carnet curso de palista. 6.- Presentación de instancias. Os/as interesados/as en participar e formar parte desta Bolsa de Emprego presentarán instancia no modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Ribadeo. Presentaranse debidamente cubertas, no Rexistro Xeral do concello no prazo de VINTE (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases coa convocatoria deste procedemento no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Os sucesivos anuncios en relación con este proceso publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ribadeo e web municipal. A presentación de instancias poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo ou en calquera das formas establecidas na Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das AA.PP. As solicitudes que se entreguen a través da Oficina de Correos deberán presentarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario/a de correos antes de ser certificada. De presentarse noutros rexistros deberá comunicalo oportunamente ao Concello con copia que reflicta a data e hora de presentación. Ás instancias debidamente cubertas, achegaranse os documentos que a continuación se indican e de acordo coa seguinte orde: -Fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte. Ademais, os aspirantes extranxeiros deberán presentar documento que acredite que é nacional da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. -Fotocopia compulsada do carnet de conducir. -Declaración responsable na que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais exixidos na convocatoria (inclúese no modelo de instancia) -Copia compulsada dos méritos e circunstancias alegadas. -Certificado ou informe médico que acredite estar apto para o desempeño das funcións. -Os/As aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude. 7.- Admisión de aspirantes. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de cinco días hábiles pola que se declarará aprobada a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, con especificación no seu caso dos motivos de exclusión. Dita resolución publicarase no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na sede electrónica da páx. web do concello www.ribadeo.gal Na publicación farase constar, apelidos e nome así como o número do DNI e se é o caso, as causas que motivaron a súa exclusión. Os/as aspirantes excluídos disporán dun prazo de (2) dous días hábiles contados a partir da publicación do anuncio no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, para subsanar os defectos que motivaron a súa exclusión ou omisión. Transcorrido o prazo de dous días sen reclamacións a lista de admitidos/as quedará elevada automáticamente a definitiva. No suposto de producirse reclamacións deberá dictarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e publicarase a lista definitiva no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. 8.- Organo de selección.- Presidente: Titular: Un funcionario que terá a categoría como mínimo do subgrupo C2 ou empregado laboral fixo de similar categoría e o seu suplente. Vogais: Titulares: Tres funcionarios coa categoría como mínimo do Subgrupo C2 ou empregados laborais de carácter fixo de similar categoría e os seus suplentes. Secretario con voz e sen voto: Titular: O Secretario Xeral do Concello e o seu suplente correspondente. A composición persoal deste órgano de selección será aprobada por Resolución da Alcaldía que se exporá ao público no tablón de anuncios do Concello aos efectos legais oportunos. 9.- Sistema de selección. O sistema de selección será: Concurso e probas (teórica e práctica)

6 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo 1) PROBAS.- A1) proba teórica Exercicio obrigatorio e eliminatorio. Consistirá nun exercicio tipo test de 20 preguntas que versará sobre aspectos de coñecementos xerais sobre o funcionamento dun concello e procedemento administrativo básico así como sobre coñecementos específicos en relación as funcións a desenvolver no posto de traballo e prevención de riscos laborais, segundo o temario que se indica a continuación: O tempo máximo para realizar esta proba será de 40 minutos. Cualificarase de 0 a 10 puntos. Cada resposta acertada terá un valor de 0,5 puntos. Por cada dúas respostas incorrectas ou en branco descontarase unha correcta. Temario. Tema 1.- A constitución española de 1978. Principios Xerais. Tema 2.-Organización municipal. Competencias dos Concellos. O Pleno, O Alcalde. Especial referencia ao Concello de Ribadeo (Parroquias, núcleos de población,servicios municipais). Tema 3.- Procedemento Administrativo Local. O rexistro de entrada e saída de documentos Tema 4.- Dereitos e deberes dos empregados públicos. Retribucións, permisos, licenzas, incompatibilidades. Tema 5.- Normas de circulación. Maniobras, prioridade de paso, luces nos vehículos. Tema 6.- Sinais de circulación, tipos e características, límites de velocidade Tema 7.- Accidentes de circulación: socorrismo e asistencia de primeiros auxilios. Tema 8.- O Concello de Ribadeo (Parroquias existentes, núcleos de población, rúas da vila, servizos municipais). Tema 9.-Prevención de accidentes laborais: Dereitos e obrigas do empresario e dos traballadores. Tema 10.- Primeiros auxilios no caso de accidentes de traballo. A2) Proba práctica: Este exercicio será tamén obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na a realización dunha proba tendente a, demostrar as habilidades e coñecementos necesarios para a conducción de todos aqueles vehículos municipais que correspondan aos distintos servizos públicos do Concello. Será determinada polo Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio indicándose asimesmo a duración máxima que non excederá de 40 minutos. Este exercicio cualificarase polo tribunal atendendo aos coñecementos, destreza, habilidades e disposición de cada aspirante, sendo a nota de 0 a 10 puntos. Serán eliminados aqueles que non acaden unha puntuación mínima de 5 puntos. 2.- EXERCICIO DE IDIOMA GALEGO. De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na traducción direta do castelán ao galego dun pequeno texto proposto polo organo de selección inmediatamente antes de celebrarse o exercicio, nun tempo máximo de 10 minutos, e sen axuda de diccionario. Este exercicio cualificarase cun máximo de 1 punto, restándose 0,05 puntos por cada falta cometida. *Quedarán exentos de celebrar este exercicio aqueles aspirantes que aporten antes da súa celebración título oficial de coñecemento do idioma galego Celga 2 ou superior que se valorará con 1 punto. O Organo de selección poderá desenvolver e especificar os criterios de valoración e cualificación dos exercicios debendo facelos públicos con antelación á celebración dos mesmos para coñecemento dos aspirantes. 2)FASE DE CONCURSO: Baremo de Méritos. A) Coñecemento e experiencia profesional podendo ser valorada no seu conxunto ata un máximo de 1,5 puntos. 1.) Polo tempo de prestación de servizos como condutor nunha administración pública ou organismos ou entidades dependentes ou participadas pola mesma, a razón de 0, 10 puntos por mes completo. A acreditación da experiencia efectuarase documentalmente mediante certificado de servizos emitido polo órgano competente, non valorándose outro tipo de documentación que se poida aportar.

7 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo B) Cursos: Podendo ser valorados no seu conxunto ata un máximo de 1,5 puntos. 1.- Cursos relacionados co posto de traballo a desempeñar, impartidos pola Administración Pública ou Entidades dela dependentes ou homologados por éstas, coa seguinte valoración, ata un máximo de 2 puntos: Cursos de 100 ou mais horas.... 0,75 puntos. Cursos de 70 a 99 horas. 0,50 puntos. Cursos de 40 a 69 horas.0,20 puntos. Cursos de 15 a 39 horas.0,10 puntos. Non se valorarán outros cursiños que non se ateñan ao epígrafe anterior. 10.- Resolución. O Tribunal emitirá a correspondente acta co establecemento das puntuacións obtidas ao longo do proceso selectivo, sendo a cualificación definitiva o resultado das puntuacións obtidas nas dúas fases (probas e concurso) En caso de empate entre varios candidatos primará o que obteña maior puntuación na fase da proba práctica e se persistise o empate polo que obtivese maior puntuación na proba teórica. A dita acta publicarase no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Ribadeo ordenada de maior a menor puntuación e abrirase un prazo de dous días (2) hábiles para poder presentar cantas reclamacións se estimen oportunas. De producirse algunha reclamación, transcorrido o dito prazo, o tribunal reunirase de novo para resolver as reclamacións presentadas e publicar a lista definitiva de puntuacións obtidas. No caso de que non houbera ningunha reclamación a lista inicial elevarase a definitiva. Coa lista definitiva, o tribunal fará pública a relación de aspirantes que constituirá a Bolsa de Emprego, pola orde de puntuación obtida e elevará a proposta ao Sr. Alcalde do Concello de Ribadeo para que resolva sobre a aprobación da Bolsa de Emprego creada. A orde dos/as integrantes da Bolsa de emprego non será alterada, manténdose na mesma posición e con idéntica puntuación durante o período de vixencia da mesma. Esta Bolsa de Emprego terá unha vixencia de 2 anos dende a data da súa aprobación, prorrogable por outro ano máis salvo acordo expreso contrario do órgano competente. 11.- Funcionamento da Bolsa de Emprego. Cando por razóns de necesidade ou urxencia por calquera dos motivos expresados na Base 1 sexa necesario cubrir algún dos postos de referencia procederase ao chamamento pola rigurosa orde establecida na Bolsa de Emprego. As persoas que figuren na bolsa terán a obriga de concorrer ao chamamento que se realice. Cando sexa necesario proceder ao chamamento para cubrir a praza, ofertarase ao primeiro da lista, realizándose ata dúas chamadas telefónicas ao número de telefóno facilitado e que figure na instancia presentada, cun intervalo de media hora entre cada unha delas, para que acepte ou renuncie ao posto ofertado. Se renuncia ao posto ofertado farao constar por escrito e remitirao por e-mail, fax ou presentandoo persoalmente no rexistro municipal, no mesmo día. Considerarase que renuncia ao posto ofertado se logo do contacto telefónico non se formula renuncia por escrito no referido prazo ou non comparece no Concello no prazo de 24 horas tras da notificación telefónica realizada dende o Concello. Realizado ese trámite e ben por renuncia expresa ou por incomparecencia do chamado, formularase oferta ao seguinte da lista. Unha vez formalizado contrato con algún traballador terá preferencia o seguinte ao último contratado pola orde de puntuación da bolsa nas sucesivas contratacións, pasando o que remate o contrato a ocupar o último posto da lista e así sucesivamente. Non obstante teranse en conta no chamamento as limitacións legalmente establecidas en canto á utilización da contratación laboral temporal nestas modalidades contractuais e en todo caso o límite máximo por contrato será de 6 meses. Renuncias: Con carácter xeral a non aceptación ou renuncia ao chamamento que se produza para cubrir a praza que se convoca levará consigo as seguintes sancións: Primeira renuncia: Un ano de exclusión da bolsa de emprego e imposibilidade de acceso ás ofertas desta. Unha vez finalize este prazo de penalización producirase a reincorporación á Bolsa de Emprego situándose ao final da mesma. Segunda renuncia: Baixa definitiva na bolsa de emprego e imposibilidade de incluirse de novo na mesma.

8 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo O anterior prazo computarase dende a data que se estableza na correpondente resolución de alcaldía que se estableza ao respecto. Quedan excluídos das sancións anteriores e polo tanto seguirán formando parte da Bolsa de Emprego aqueles/as persoas que non acepten ou renuncien ao chamamento para cubrir a praza e se atopen nalgunha das seguintes situacións. -Se atopen traballando nese momento ou estén en situación de activo. -Que acrediten situación de baixa médica. -Que estén realizando cursos de formación relacionados co posto que se oferta. -Calquera outra situación de carácter extraordinario a xuizo da entidade local. O/a aspirante seleccionado/a, de xeito previo á sinatura do contrato deberá xustificar e presentar a seguinte documentación: - Declaración responsable de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. Quedará condicionada a validez e suspendida a eficacia do contrato ata que os aspirantes seleccionados presenten a requirida documentación. Igualmente, deberá ben de xeito previo á sinatura do contrato ou durante o período de probas, no seu caso, realizarse o recoñecemento médico a través dos servicios médicos de prevención do Concello de Ribadeo. 12.- Incidencias. O Tribunal cualificador estará cualificado para resolver as dúbidas e incidencias que se presenten durante o proceso selectivo. 13.- Impugnación. A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven destas poderán ser impugnados polos/as interesados/as da forma legalmente prevista na Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

9 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo ANEXO I MODELO DE INSTANCIA SOLICITUDE PARA TOMAR PARTE NA BOLSA DE EMPREGO PARA PERSONAL LABORAL TEMPORAL.- D./Dª...maior de idade, con DNI... e con domicilio a efectos de notificacións na rúa ou lugar de... número de teléfono...e correo electrónico... EXPON Que estando convocadas probas selectivas para a constitución dunha Bolsa de Emprego na categoría de do Concello de Ribadeo, DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE 1.- Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos nas presentes bases para poder participar na proba selectiva. 2.- Que posúo a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo. 3.- Que non foi separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. 4.- Que non está incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determina a vixente lexislación. SOLICITA: Que se teña por presentada a presente solicitude dentro do prazo concedido ao efecto e ser admitido para tomar parte nas probas selectivas para o acceso á Bolsa de emprego de referencia. Á presente solicitude acompáñase: Uha fotocopia do DNI, unha fotografía a cor tamaño carné,, pasaporte ou documento equivalente, certificado médico e os documentos que acreditan o cumprimento dos requisitos e dos méritos profesionais e académicos requeridos. Ribadeo,... de... de 20... Asdo.:... SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE RIBADEO.-

10 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo Ribadeo, 14 de febreiro de 2018.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA R. 0523 SARRIA De conformidade co acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria realizada o 13 de Xaneiro do 2.018, a medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente mais ventaxosa e un criterio de valoración (mellor prezo) das obras correspondentes A SEPARATA CORRESPONDENTE A PRIMEIRA FASE DO PROXECTO BASICO E DE EXECUCION DE AMPLIACION DO CEMITERIO MUNICIPAL DE SARRIA " conforme aos seguintes datos: 1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información: a) Organismo: Concello de Sarria b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria c) Obtención de documentación e información: 1. Dependencia: Contratación 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 3. Localidade e Código Postal. 27.600-SARRIA 4. Teléfono 982-53.50.00 5. Telefax 982-53.09.16 6. Correo electrónico: contratacion@sarria.es;secretaria@sarria.es 7. Dirección de internet do Perfil de Contratante:https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=88&OR=88&SOR T=2&ORDER=2 8. Data límite de obtención de documentación e información: Ata o último día de presentación de proposicions. 2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: A SEPARATA CORRESPONDENTE A PRIMEIRA FASE DO PROXECTO BASICO E DE EXECUCION DE AMPLIACION DO CEMITERIO MUNICIPAL DE SARRIA b) División por lotes e número de lotes: non c) Lugar de execución: Concello de Sarria d) Prazo máximo de execución do contrato: CATRO (4) MESES. 3. Tramitación e procedemento. a) Tramitación:Ordinaria b) Procedemento: Aberto c) Unico Criterio de Adxudicación: Mellor oferta económica. 4.- O orzamento base de licitación: Establécese como prezo tipo de licitación a cantidade máxima de 371.867,77 Euros (IVE INCLUÍDO). 5. Garantía esixidas.definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE 6. Requisitos específicos do contratista: Concello de Sarria Rúa Maior, 14, Sarria. 27600 (Lugo). Tfno. 982535000. Fax: 982530916 Concello de Sarria a) Clasificación: Non se esixe. b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: Acreditaranse conforme ao estipulado nos apartados 13.1 e 13.2 do prego de cláusulas, ou no seu caso cabe substituila pola clasificación no grupo C), subgrupo 4) categoría 4). 7. Presentación de ofertas: a) Presentación de proposicións: No prazo de VINTESEIS (26) DIAS NATURAIS contados a partires do seguinte á derradeiro publicación no BOP de Lugo.

11 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo b) Lugar de presentación: 1. Dependencia: No Rexistro Xeral do Concello de Sarria de 9 a 14 horas. 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 1ª planta. 3. Localidade e Código Postal:27.600 4. Admítese a presentación nas oficinas de corrreos coas formalidades previstas no apartado 6.bÇ) do Anexo I do prego de cláusulas e artigo 80.4 do RXLCP. c) Admisión de variante: Non 8. Apertura de documentación administrativa: a) Data e hora: Será comunicada a traveso do perfil do contratante. b) A apertura das proposiciones económicas, será comunicada a traveso do perfil do contratante. 9. Gastos de Publicidade: Importe máximo de 58,59 euros. Sarria, 5 de febreiro de 2018.- A Alcaldesa-Presidenta, Mª del Pilar, López Yañez R. 0518 VIVEIRO Por acordo do Pleno da corporación de data 7 de febreiro de 2018 establecese un novo prazo de 20 días para a presentación de solicitudes de subvención para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Fase XVI). Este prazo comezará a contar dende a publicación do anuncio do presente acordó no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A presentación de solicitudes realizarase con arranxo á convocatoria publicada no BOP Nº 275 de 30 de novembro de 2017 e ás bases da subvención publicadas no BOP Nº 295 de data 24 de decembro de 2015, e a corrección de erros publicada no BOP Nº 006 de data 09 de xaneiro de 2016. Viveiro, 19 de febreiro de 2018.- A Alcaldesa, María Loureiro García R. 0524 MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO ESTATAL. DIRECCIÓN PROVINCIAL DE LUGO RESOLUCION DE CONCESION DE LA AYUDA ECONOMICA REGULADA EN EL PROGRAMA DE RECUALIFICACION PROFESIONAL El Real Decreto-ley 14/2017, de 6 de octubre, por el que se aprueba la reactivación extraordinaria y por tiempo limitado del programa de recualificación profesional de las personas que agoten su protección por desempleo, establece en su artículo 1.12, que la forma y plazos de presentación de solicitudes y tramitación de las ayudas económicas de acompañamiento se harán de acuerdo con lo dispuesto en la Resolución de 1 de agosto de 2013 del Servicio Público de Empleo Estatal, dictada al amparo del Real Decreto-ley 1/2013, de 25 de enero, dicha resolución ha sido modificada por la Resolución de 9 de octubre de 2017, del Servicio Público de Empleo Estatal, conforme a lo dispuesto en la Disposición final tercera del Real Decreto-ley 14/2017, de 6 de octubre, por la que se faculta al Gobierno para dictar las disposiciones que sean necesarias para el desarrollo y ejecución de lo establecido en el real decreto-ley, y a la persona titular de la Dirección General del Servicio Público de Empleo Estatal, en el ámbito de sus competencias, para dictar cuantas resoluciones sean precisas para el desarrollo de este real decreto-ley. Vistas las solicitudes presentadas, habiéndose observado todos los tramites del procedimiento y verificado el cumplimiento de los requisitos legalmente establecidos, esta Dirección Provincial del Servicio Público de Empleo Estatal por delegación del Director General de este Organismo de conformidad con lo establecido en el artículo octavo, número 5, de la citada Resolución y asimismo, vista la propuesta de concesión y con la fiscalización favorable de la Intervención Delegada competente. ACUERDA conceder a las personas solicitantes que se relacionan en el ANEXO I de la presente resolución, las ayudas que en el mismo se especifican, con expresión individualizada de su cuantía, ascendiendo el importe total de las ayudas a 21.782,52 euros.

12 Núm. 050 venres, 2 de marzo de 2018 BOP de Lugo Según lo previsto en el artículo segundo, número 3, de la citada Resolución, estas ayudas pueden ser objeto de justificación para su cofinanciación por el Fondo Social Europeo, previo cumplimiento de los requisitos establecidos por la normativa nacional y comunitaria. Todo ello con cargo a la aplicación presupuestaria 482.26 del presupuesto de gastos del Servicio Público de Empleo Estatal, en la que existe crédito adecuado y suficiente retenido por el mismo importe antes mencionado. Contra la presente resolución, que no pone fin a la vía administrativa, los interesados podrán interponer recurso de alzada ante la Ministra de Empleo y Seguridad Social, en el plazo y términos establecidos en los artículos 121 y 122 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Publicas. Lugo 14 de febrero de 2018.- La Directora Provincial del SEPE, Mª José Gómez González. ANEXO I de la resolución de concesión correspondiente al mes de ENERO de 2018 Beneficiario Importe ALVAREZ LOPEZ, SILVIA 2420,28 CONESA IGLESIAS, MARIA ROSARIO 2420,28 CORTIÑAS MONTOYA, FERNANDA 2420,28 FERNANDEZ PENA, EVA 2420,28 GOMEZ GOMEZ, LARA 2420,28 NOVO GOMEZ, MONICA 2420,28 OTERO CUBA, RODOLFO 2420,28 PEREZ FERNANDEZ, ESTEFANIA 2420,28 VALLE RODRIGUEZ, RAQUEL 2420,28 TOTAL BENEFICIARIOS: 9 TOTAL: 21.782,52 R. 0525