Universidade de Santiago de Compostela, 2012

Similar documents
Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Laboratorio do Territorio

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Informe mensual do paro rexistrado

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

Mapa de accidentalidade

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

Programación de proba libre de módulos profesionais

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Revista Galega de Economía Vol (2016)

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Á Mesa do Parlamento

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

O relevo e as costas de Galicia

Proposta de Traballo Fin de Máster (máximo 2 páxinas)

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Visita de Estudo TERRA CHÁ. ÁREA DE COLONIZACIÓN. 29 Marzo, 2006 PROXECTO: RESUMO. Future Approaches to Land Development

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

7 Novembro Netherlands Jan van Rheenen

ECONOMÍA APLICADA 13

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Revista Galega de Economía Vol (2018

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

RESULTS OF THE FIRST MEETING OF THE NAM/CAR REGIONS CIVIL AVIATION TRAINING CENTRES (NAM/CAR/CATC/1) AND CREATION OF THE TRAINING WORKING GROUP

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA


BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

Absorbentes solo aceites

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

MAQUINARIA PARA INSTALACIONES DE GRIFOS Y DISPENSADORES PORTÁTILES

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

RSE. e desenvolvemento sustentable

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

7.1 Os recursos locais

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de novembro de 2017

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Transcription:

Territorios a examen: trabajos de ordenación territorial = Territorios a exame: traballos de ordenación territorial / edición a cargo de Rafael Crecente Maseda, Urbano Fra Paleo. - Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2012 244 p. ; 24 cm. (Cursos e congresos da Universidade de Santiago de Compostela ; 211) D.L. LU 42-2012. ISBN: 978-84-9887-853-0 1. Ordenación do territorio Galicia 2. Urbanismo Galicia 3. Solo, Utilización do Galicia I. Crecente Maseda, Rafael, ed. lit. II. Fra Paleo, Urbano, 1961 -, ed. lit. I. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed. 352(461.1) 630*6(461.1):711.14 711.14(461.1) Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Campus Vida 15782 Santiago de Compostela usc.es/publicacions Imprime Librería Troll Dep. Legal LU 42-2012 ISBN 978-84-9887-853-0

Índice Agradecimientos 7 Introducción 11 O impacto do pagamento único en Galiza 17 Fátima Docío e María do Mar Pérez Caracterización dos procesos de repoboación forestal posteriores á entrada de Galicia na Unión Europea Beatriz Guimarey e Eduardo Corbelle A utilización do espazo polas explotacións gandeiras. Estudio da comarca da Terra Chá, Lugo Manuel Giménez, Eduardo Corbelle e Francisco J. Ónega A consideración dos asentamentos rurais nos procesos de xestión de terras: o caso da concentración parcelaria e a ordenación de núcleos rurais Nieves Pérez,Rafael Crecente e Francisco J. Ónega El entorno inmediato del núcleo en el planeamiento rural. Delimitación como área de transición para aplicar la concentración parcelaria Vasco Barbosa, Eduardo Corbelle y J. Ambrosio Ferreira Estudio da utilización de información catastral para a elaboración das bases definitivas nos procesos de concentración parcelaria en Galicia Dorinda Sarmiento, Francisco J. Ónega e David Miranda Una introducción al Modelado Basado en Agentes para la simulación de cambios de usos del suelo Jeanneth M. Galvez, Eduardo Corbelle e Andrés García 41 57 71 91 115 135 Sintaxis espacial de la ciudad de Lugo 155 José L. de la Barrera y Urbano Fra Escenarios de riesgo de incendio actuales y potenciales en el Municipio de Lugo Ivonne M. González y Urbano Fra Predición de incendios forestais. Análise do índice de risco e metodoloxía alternativa Iván Sánchez, Urbano Fra e Enrique Fernández 177 203

Escenarios actuais e potenciais de risco de inundación costeira na área metropolitana de A Coruña Xurxo Loureiro e Urbano Fra 225

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l Estudio da utilización de información catastral para a elaboración das bases definitivas nos procesos de concentración parcelaria en Galicia Dorinda Sarmiento 31, Francisco J. Ónega, David Miranda Laboratorio do Territorio (LaboraTe),Universidade de Santiago de Compostela Resumo Preténdese diminuír o tempo de execución do procedemento de concentración parcelaria apoiándose na información dispoñible nos sistemas de administración de terras. Por eso o obxectivo principal deste traballo consiste na comprobación do grado de correlación entre a información presente nas bases definitivas de concentración parcelaria e a información catastral. Realizouse un estudio de caso comparando a información contida nas bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Meavía-Quintillán (concello de Forcarei-Pontevedra) e a información catastral gráfica e alfanumérica de dita zona. Para a comparativa gráfica empregáronse ferramentas do software ArcGIS 9.3 e deseñáronse consultas SQL no software Microsoft Access 2007 co obxectivo de definir un indicador de coincidencia e calcular a distancia media entre os centroides de ambas bases de datos. Na comparativa alfanumérica calculouse a porcentaxe do valor absoluto da diferenza entre bases definitivas e información catastral. Como resultado obtivéronse importantes diferenzas na xeometría de ambas bases de datos e na superficie por usos para cada titular polo que se conclúe que a información catastral non presenta a fiabilidade necesaria para substituír á fase de investigación da propiedade e debe empregarse con cautela nos procedementos de concentración parcelaria. Palabras clave propiedade, catastro de rústica, sistemas de administración de terras, concentración parcelaria, tenencia, Meavía-Quintillán Abstract The objective is to reduce the time needed to complete the land consolidation process by relying on the information available within land administration systems. Which is why the main aim of this work consists in verifying the degree of correlation between the information present in land consolidation definitive bases and existing land registry information. We conducted a case study comparing the information provided in the land consolidation definitive bases of Meavía-Quintillán (Forcarei) and the graphic and alphanumeric cadastral information for said area. ArcGIS v9.3 software tools were used for geographical comparisons and SQL consultations were designed using Microsoft Access 2007 software in order to define a matching indicator and calculate the average distance between the centroids of both databases. In the alphanumeric comparison, a 31 email: isabel.sarmientoprieto@gmail.com 115

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l percentage of the absolute value of the difference between the definitive bases and cadastral information was calculated. As a result, significant differences were obtained in the geometry of both databases and land use areas for each owner, concluding that cadastral information is not reliable enough to replace the property research phase and should be used with caution in land consolidation procedures. Keywords land tenure, rural cadastre, land administration systems, land consolidation, Meavía-Quintillán 1. Introdución A elevada fragmentación a nivel de propiedade, parcela e uso en Galicia repercute nunha escasa viabilidade técnica e económica das explotacións, a existencia de superficies infrautilizadas e a dependencia de modelos intensivos. Ante esta situación é necesaria a modificación das estruturas de tenencia para aumentar a base territorial das explotacións agroforestais, frear o abandono produtivo e aumentar en definitiva a mobilidade de terras. Entre os instrumentos que xenuinamente pretenden modificar as estruturas de tenencia como a concentración parcelaria, os bancos de terras, ou os modelos asociativos de xestión e de custodia do territorio, a concentración parcelaria é o máis antigo e o que conta con maior percorrido en Galicia. A concentración parcelaria pretende promover a constitución e o mantemento das explotacións cunhas dimensións suficientes e características axeitadas, tentando mellorar a súa base territorial, manter e incrementar a capacidade produtiva do campo, ordenando axeitadamente as explotacións agrarias, respectando o medio ambiente, tentando reordenar racionalmente os cultivos baixo a perspectiva da utilidade económica e social e tendo en conta o obxectivo de fixar a poboación no medio rural. Este instrumento atópase nun momento delicado debido en gran medida ó orzamento que demanda, pero tamén ós tempos necesarios para a súa consecución. A Lei 32 de concentración parcelaria de Galicia establece que a partir da publicación do Decreto 33 de concentración, as fases posteriores axilizaranse ó máximo para que a tardanza na realización da concentración non signifique unha parálise da posibilidade de 32 Lei 10/1985, de 14 de agosto, de Concentración Parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, de 10 de setembro, de modificación da Lei de Concentración Parcelaria para Galicia. 33 A publicación no Diario Oficial do Decreto representa a declaración de utilidade pública e interese social e de urxente execución da concentración parcelaria da zona de que se trate así como a delimitación do perímetro obxecto de actuación. 116

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l desenvolvemento socioeconómico da zona afectada, fixando a tal fin, un tempo para cada fase, que no conxunto non debería exceder de cinco anos. A pesar desta recomendación a duración media da actuación para Galicia, dende que a zona de concentración parcelaria é decretada ata que se acada a fase de acordo, é de sete anos (Miranda, 2001), sendo o tempo transcorrido entre o Decreto e as bases definitivas (1833 días) superior ó tempo transcorrido entre as bases definitivas e o acordo (1293 días) (Crecente et al., 2002). Segundo estes autores a duración das tres fases principais (decreto, bases definitivas e acordo) ten que ver con factores sociais e psicolóxicos máis que con factores técnicos. Otero (2009) apunta a cuestións económicas como as causantes dos retrasos nas concentracións parcelarias ó encargar a empresas de asistencia técnica os traballos preparatorios de cada fase e a execución de servizos concretos, véndose supeditada a realización dos mesmos ás dispoñibilidades orzamentarias. Resulta evidente a necesidade de modificar o escenario actual de concentración parcelaria fomentando á vez unha maior predisposición da poboación a involucrarse en procedementos ata o de agora considerados tediosos e longos. Co fin de reducir os esforzos económicos e temporais pódese incidir en varios puntos do proceso de concentración parcelaria: o levantamento topográfico, os prazos administrativos e a investigación da propiedade na fase de elaboración das bases definitivas. No primeiro caso, nas zonas onde estean dispoñibles datos LiDAR (Light Detection And Ranging) podería empregarse esta tecnoloxía para obter información altimétrica máis precisa, así como para detectar e cuantificar a vexetación presente na zona de concentración co fin de reducir o traballo de campo. O aspecto relativo ós prazos administrativos foi obxecto de discusión entre varios autores. Palacios (1986) considera que a ralentización é consecuencia das regras do procedemento que tenden á protección dos dereitos dos interesados, aproveitando esta circunstancia para propoñer unha diminución nos tempos de exposición pública reducindo á metade o prazo habilitado legalmente para a presentación de recursos contra as bases e o acordo de concentración. Esta proposta foi criticada por Valencia (2002) ó considerar que a celeridade das actuacións de concentración non se debe conseguir a costa de reducir os prazos das exposicións públicas previstas pola lexislación, porque esta redución afectaría moi negativamente ó dereito fundamental á tutela xudicial efectiva. Outros autores, sen cuestionar directamente os prazos de exposición, propugnan a necesidade dunha reformulación e actualización da normativa actual (Crecente e Miranda, 2002; Crecente et al., 2003), aprendendo de técnicas aplicadas noutros países europeos con políticas similares (Crecente et al., 2002). Nesta liña, Miranda (2001) critica a Lei 117

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l 12/2001 ó considerar que non incorpora a reformulación que precisa o proceso actual debido á carencia de aspectos tan relevantes como a priorización de zonas de concentración parcelaria baseada en análises multicriterio e sempre baixo a tutela dos criterios técnicos, un estudo en profundidade dos traballos previos e investigacións pertinentes que garantan a viabilidade da zona ou unha planificación de usos previa á reorganización parcelaria quen de satisfacer os obxectivos de sustentabilidade e multifuncionalidade. O terceiro argumento responde á necesidade de empregar a información dispoñible noutras fontes para a elaboración das bases definitivas, co obxectivo de reducir os tempos de formulación e abaratar o proceso de concentración. En España, as tarefas de recollida, almacenamento e distribución de información relativa á propiedade, valor e uso da terra e dos seus recursos asociados son levadas a cabo polos sistemas de administración de terras: Catastro e Rexistro da Propiedade. Ambos sistemas, pero particularmente o Catastro, foron evolucionando ó longo da súa historia de xeito paralelo á evolución dos sistemas de información xeográfica (Ting, 2002), ás tecnoloxías da información (Steudler, 2004; Economic Commission for Europe, 2005), ós sistemas de axuda a decisión e ás infraestruturas de datos espaciais. Estes avances tecnolóxicos unidos á información xerada como resultado da actividade catastral contribúen ó desenvolvemento da sociedade da información, fomentando o crecemento económico e a xeración de emprego e destacando como elemento de transparencia para os cidadáns e unha guía para a participación democrática. Recóllense así as pautas establecidas pola Directiva 2003/98/CE relativa á reutilización da información do sector público (DOCE, 2003), a Ley 37/2007 sobre reutilización da información do sector público (BOE, 2007), e a pioneira Declaración de Bathurst (United Nations-International Federation of Surveyors, 1999) que consideraba necesario investir na difusión da información sobre a terra, así como fomentar o fluxo de dita información entre os distintos organismos gobernamentais e o público. Unha das actividades catastrais con potencialidade de xerar información susceptible de ser reutilizada é a renovación do catastro de rústica. Mediante este procedemento administrativo actualízanse todos os datos físicos e xurídicos dos inmobles de natureza rústica dun termo municipal, realizándose durante os traballos de campo a investigación de cultivos, delimitacións de parcelas, subparcelas e construcións existentes e a investigación da titularidade dos bens inmobles, obxecto fundamental das tarefas de renovación do catastro de rústica. Nos últimos anos procedeuse a actualizar os datos de aproximadamente 3500 municipios 34, dos cales 3000, cunha superficie de 19 millóns de ha, 34 http://www.catastro.meh.es/esp/procedimientos1.asp#menu6 118

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l realizáronse ó amparo do Programa Operativo de Actualización de Datos do Territorio para Rexións Españolas do Obxectivo 1, aprobado pola Unión Europea en outubro de 1996 e finalizado en 2001. Este programa destinado a varias comunidades autónomas entre as que se atopa Galicia, pretendía impulsar o proceso de actualización do catastro de rústica no tocante ós datos físicos, xurídicos e económicos dos bens inmobles e a obtención de cartografía dixital dos catastros rústico e urbano. Para completar todo o territorio cunha información actualizada e homoxénea, e garantir o acceso ás vantaxes da sociedade da información a todos os cidadáns e empresas, a Dirección Xeral do Catastro promoveu novas iniciativas incorporadas ó Marco Comunitario de Apoio 2000-2006 ó abeiro do Programa Operativo de Actualización e Xestión Automatizada de Información Territorial (Ministerio de Hacienda, 2001) que se comezaron a executar en 2001. Debido en parte ós fondos destinados a estas accións, así como ós resultados acadados sería interesante aproveitar ditos resultados e facelos extensibles a outros organismos (Administración Xeral do Estado, Comunidades Autónomas, concellos e demais entidades locais, empresas, notarios, rexistradores da propiedade, cidadáns, ) e a outros ámbitos. Deste xeito, a información derivada da renovación do catastro de rústica, especialmente a investigación da titularidade e a delimitación das parcelas e subparcelas, pode ser de gran interese na fase de elaboración das bases provisionais e definitivas no proceso de concentración parcelaria. Esta afirmación non é compartida por algúns autores ó considerar que o catastro e o rexistro da propiedade non se axustan ás necesidades do procedemento pola discordancia entre estas fontes e a realidade en case todas as zonas de concentración (Sanz, 1961), nin en canto á superficie real das fincas, nin no que respecta ós dereitos e cargas que sobre elas recaen (Valencia, 2002), debido á escasa porcentaxe de propiedade rústica que se inscribe en Galicia e a unha realidade catastral a miúdo anacrónica (Otero, 2009). Pola súa parte, Crecente (1998) alude ás vantaxes de dispoñer dun catastro actualizado e fiable para o procedemento de concentración, de forma que posibilite a elaboración das bases definitivas, non debendo imputarse como custe da concentración a investigación da propiedade que debería corresponder a catastro ou ó rexistro da propiedade. Na literatura revisada constátase que a existencia dun catastro actualizado e fiable nalgúns países europeos permite a realización de estudos previos fiables, sen necesidade de proceder á investigación da propiedade e valoración de parcelas (Crecente e Álvarez, 1999). En concreto, en Alemaña os datos relativos á clasificación e valoración das terras, propiedade, arrendatarios, levantamentos topográficos, 119

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l construcións e outros equipamentos das parcelas, son subministrados en primeira instancia polo Catastro (Crecente e Álvarez, 2000). Polo tanto, neste traballo estableceuse como obxectivo principal a comprobación do grao de correlación entre a información presente nas bases definitivas da concentración parcelaria e a información catastral para coñecer en que medida esta información pode ser empregada no procedemento de concentración parcelaria. 2. Material e métodos Co fin de levar a cabo unha comparativa gráfica e alfanumérica entre a información recollida nas bases definitivas e a información catastral realizouse un estudio de caso nunha zona de concentración parcelaria en Galicia. 2.1. Material Solicitáronse as bases definitivas dunha concentración parcelaria á Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, recomendándose dende este organismo o estudo da concentración parcelaria de Meavía- Quintillán (Táboa 1) por atoparse esta concentración sen finalizar o que supón que a reorganización da propiedade derivada da mesma non foi aínda remitida ó catastro nos termos que indica o Decreto 118/1973 (BOE, 1973) e o Real Decreto 417/2006 (BOE, 2006). Táboa 1. Datos básicos da concentración parcelaria de Meavía-Quintillán. Nome da zona Meavía-Quintillán Tipo Pública Última fase aprobada Bases definitivas Superficie 2399 ha Número de propietarios 592 Número de parcelas (antigas) 14266 Número de fincas (novas) 2998 Número de Decreto 60/2000 (DOGA, 2000) Data de aprobación do Decreto 16/03/2000 (DOGA, 2000) Data de aprobación das Bases Definitivas 16/11/2007 (DOGA, 2007) Fonte: http://mediorural.xunta.es/nc/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/buscador/ Segundo estas normativas a ordenación da propiedade resultante da concentración e as súas sucesivas alteracións serán inescusablemente reflexadas no Catastro de Rústica e este haberá de coordinarse ou gardar paralelismo co Rexistro da Propiedade. As administracións públicas actuantes nos procedementos de concentración parcelaria están obrigadas 120

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l a comunicar á Xerencia ou Subxerencia do Catastro competente por razón do territorio a resolución de ditos procedementos. Así, para a realización deste traballo era imprescindible contar simultaneamente coa información gráfica e alfanumérica de ambas fontes (catastro e bases definitivas de concentración parcelaria), pero antes de que catastro tivese actualizado as súas bases de datos coa información procedente de concentración parcelaria, para o cal os ámbitos posibles de estudo redúcense ás zonas de concentración parcelaria que superaron a fase de bases definitivas, pero que aínda non concluíron. Cómpre aclarar que o outro motivo que xustifica isto é a dificultade de conseguir información dixital gráfica e alfanumérica de versións antigas de catastro para unha zona dada. Segundo o Servizo de Infraestruturas Agrarias (2010) a documentación dixital de bases definitivas debe constar de información alfanumérica e información gráfica. A información alfanumérica está constituída pola memoria e anexos das bases definitivas de concentración en formato de texto e os datos de titularidade nunha base de datos dixital recollendo ás táboas ZONA, PROPIETARIO, CÓNXUXEPROPIETARIO, PARCELA, CLASE, CLASEPARCELA, LEIRA, PROINDIVISO E CÓNXUXEPROINDIVISO. A información gráfica de bases definitivas está formada por planos xeorreferenciados en formato de CAD (*.dwg) coas seguintes capas: estradas, pistas, lindes, construcións, números de leira, paraxes, núcleos, regatos e ríos, regos, drenaxes, muros, ribazos, tendidos eléctricos, tendidos telefónicos, canalizacións subterráneas de gas, canalizacións subterráneas de auga, outras canalizacións subterráneas, cartografía administrativa (planos de ordenación municipal, montes veciñais en Man Común, rede Natura 2000 e planos de expropiación de RENFE, Costas, CPTOV, Ministerio de Fomento, Deputación), parcelas excluídas, parcelas exceptuadas e parcelas reservadas. Para realizar a comparación entre as bases definitivas da concentración de Meavía-Quintillán e a información recollida en catastro solicitouse á Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra a información alfanumérica, incluíndo a información catastral protexida, do mapa parcelario do concello de Forcarei, no cal se produciu a renovación do catastro de rústica no ano 2001 (BOE, 2002). A información gráfica do concello de Forcarei (Figura 1) obtívose mediante descarga en formato de ficheiro de xeometrías de ESRI (*.shp) da páxina web da sede electrónica de catastro 35. Neste formato o parcelario catastral represéntase principalmente mediante catro táboas: PARCELA, SUBPARCE, RUSUBPARCELA e CONSTRU, sendo auxiliares o resto de táboas que conteñen outros elementos cartográficos, como mobiliario urbano, límites 35 https://www.sedecatastro.gob.es/ovcframes.aspx?tipo=tit&a=acyc 121

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l administrativos, rótulos cos nomes das rúas, etc (Dirección General del Catastro, 2011). Figura 2. Situación da concentración parcelaria de Meavía-Quintillán. 2.2. Métodos 2.2.1. Preparación da información A información gráfica de bases definitivas recibida en formato CAD (.dwg), exportouse a shapefile e convertéronse as xeometrías lineais en xeometrías poligonais, eliminando do perímetro da concentración aquelas parcelas excluídas da mesma. O procesamento da información gráfica de catastro consistiu en primeiro lugar na selección da cartografía histórica a día 01/01/2008 co obxectivo de que dita cartografía coincidira coa información alfanumérica enviada pola Xerencia Territorial de Pontevedra correspondente ó ano 2008, comprobándose que entre a data de aprobación das bases definitivas (16/11/2007) e a data seleccionada (01/01/2008) non se produciran modificacións na información catastral. A continuación seleccionouse a información catastral usando o perímetro da concentración parcelaria 122

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l proporcionado nas bases definitivas, e por último elimináronse aquelas parcelas excluídas da concentración. 2.2.2. Comparativa da información xeográfica Para realizar a comparativa espacial entre a información gráfica de ambas bases de datos executouse a operación de análise espacial intersect contida no software Arcgis v9.3 obtendo como resultado unha relación 1:n con todas as posibles interseccións entre as bases definitivas e as parcelas catastrais. Calculouse a superficie de cada rexistro e exportouse esta información en formato de dbase (*.dbf) ó software Microsoft Access 2007. Empregando a linguaxe estruturada de consultas (SQL) seleccionouse para cada identificador diferente de bases definitivas aquela parcela catastral intersectada que presentaba maior superficie coincidente, conseguindo deste xeito pasar da relación 1:n anterior a unha nova relación 1:1 entre as bases definitivas e as parcelas catastrais. Sobre esta relación 1:1 definiuse un indicador de coincidencia consistente no sumatorio entre a superficie coincidente e a superficie recollida en cada unha das bases de datos empregadas para a análise [1]. Este indicador aproxímase ó valor 2 canto maior sexa a coincidencia espacial (Figura 2). [1] Figura 3. Esquema do indicador de coincidencia. 123

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l Outra comparación espacial realizada consistiu no cálculo da distancia media entre os centroides das bases definitivas e os centroides das parcelas catastrais sobre a relación 1:1. O cálculo dos centroides das bases definitivas realizouse no software Arcgis v9.3 empregando a operación xeométrica que calcula a coordenada X e a coordenada Y do centroide do polígono correspondente, exportando posteriormente esta información tabular a elementos puntuais no mapa. O cálculo dos centroides das parcelas catastrais realizouse a partir dos campos coorx e coory existentes na información catastral e exportouse dita información a elementos puntuais como no caso anterior. A continuación empregouse a ferramenta Near de Arcgis 9.3 para determinar a distancia entre cada entidade da capa de bases definitivas e a entidade máis próxima da capa de parcelas catastrais. 2.2.3. Comparativa da información alfanumérica A metodoloxía explicada anteriormente centrábase na comparación espacial de ambas bases de datos, expoñéndose de seguido a metodoloxía aplicada para a comparación da información alfanumérica. Primeiramente procesouse a información catastral recibida en texto plano mediante sentencias de SQL coa fin de extraer a información correspondente a cada campo para cada un dos rexistros almacenados, obténdose unha base de datos para o programa Microsoft Access 2007. Empregando o mesmo sistema xestor de bases de datos e mediante consultas de SQL seleccionáronse en primeiro lugar aquelas parcelas do concello de Forcarei contidas no perímetro da concentración parcelaria de Meavía-Quintillán mediante a comparación da referencia catastral da información alfanumérica e a referencia catastral do ficheiro de xeometrías de parcelas catastrais seleccionado mediante o perímetro da concentración. Para cada titular obtívose unha relación de parcelas, considerando no caso de parcelas proindiviso o coeficiente de participación para o cálculo da superficie real correspondente a cada titular. Por último, realizouse unha agrupación polo campo DNIpropietario co fin de obter para cada titular a superficie correspondente a cada cualificación catastral e intensidade produtiva. A información alfanumérica correspondente ás bases definitivas procesouse do mesmo xeito mediante unha serie de consultas SQL encadeadas, obtendo tamén unha táboa resumo coa superficie por clases de terra e categorías para cada propietario da zona de concentración. Ambas táboas cruzáronse empregando como chave primaria o DNI dos propietarios catastrais e dos propietarios de concentración para avaliar o grado de coincidencia dos valores de superficie total e superficie por usos, 124

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l establecéndose como resultado a porcentaxe do valor absoluto da diferenza entre as bases definitivas e a información catastral [2]. sup erficie Diferencia desup erficie (%) bases definitivas sup erficie sup erficie bases definitivas catastral [2] 3. Resultados e discusión Ó realizar unha comparativa a simple vista entre ambas fontes cartográficas da zona de Meavía-Quintillán e cunha escala de visualización de non moito detalle semella que existe unha boa correspondencia espacial (Figura 3). Non obstante, unha aproximación a unha escala maior permite observar diferenzas na xeometría de ambas bases de datos principalmente nas zonas de parcelas estreitas e alongadas (Figura 4), onde chegan a producirse diferenzas de 90 graos entre a orientación das parcelas das bases definitivas e as parcelas catastrais. Os valores medios de superficie e perímetro das parcelas difiren segundo se obteñan a partir das bases definitivas ou da cartografía catastral (Táboa 2), sendo a superficie media das parcelas en catastro (1751,82 m 2 ) lixeiramente superior á resultante das parcelas de achegas das bases definitivas (1686,55 m 2 ). O mesmo acontece cos valores medios do perímetro, superiores nas parcelas catastrais. Táboa 2. Valores medios de superficie e perímetro das parcelas en ambas bases de datos. Superficie media (m 2 ) Perímetro medio (m) Bases definitivas 1686,55 230,86 Catastro 1751,82 234,32 O estudo do indicador de coincidencia (Figura 5) revela que unha quinta parte dos datos sitúase entre o valor 1,57 e o valor máximo obtido (1,97), presentando máis do 60% dos datos un valor superior a 1. Este valor amosa unha superficie coincidente entre ambas bases de datos da metade da superficie real presente en cada unha das mesmas. A media obtida para o indicador de coincidencia sitúase en 1,22 e a desviación estándar en 0,38. O resultado obtido para a distancia entre centroides indica que no 80% dos casos a distancia entre o centroide de bases definitivas e o centroide máis próximo de parcelas catastrais é superior á 4,25 m, chegando incluso este valor a situarse en 150m naqueles casos en que unha única parcela de bases definitivas aparece dividida en dúas por un camiño na cartografía catastral (Figura 6). 125

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l Hai que sinalar que ambas bases de datos diferéncianse na xeometría das entidades que as compoñen. As bases definitivas presentan xeometrías de liñas mentres que a cartografía catastral contén información xeográfica con xeometrías de puntos, liñas e polígonos. Figura 4. Comparación entre bases definitivas e parcelas catastrais. 126

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l Figura 5. Detalle da comparación entre bases definitivas e parcelas catastrais. 127

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l Figura 6. Indicador de coincidencia. Na cartografía de bases definitivas as parcelas presentan unha xeometría lineal, separándose unhas doutras mediante as capas muros ou alambrada segundo corresponda e o resto de parcelas péchanse coas liñas do perímetro que conforma o polígono de concentración no que se inclúen ditas parcelas. A presenza dunha capa cos muros que dividen as parcelas, non recollida na información catastral, é importante á hora de executar o proxecto de concentración ó dispoñer de información sobre aqueles elementos do patrimonio que deben ser conservados. 128

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l A cartografía catastral está composta por elementos puntuais (puntos de altimetría con cota e puntos das redes xeodésicas topográficas), elementos lineais (rúas, estradas, límites administrativos) e elementos poligonais (masas, parcelas e subparcelas). Por tanto, as diferenzas substanciais entre ambas bases de datos preséntanse en canto a xeometría das parcelas, lineais nas bases definitivas e poligonais en catastro. Os resultados da comparación alfanumérica obtivéronse só para aqueles titulares que presentaban o DNI na información catastral debido a que a unión da información entre catastro e as bases definitivas fíxose por este campo. A comparación dos datos relativos ós distintos usos para cada titular revela importantes diferenzas entre o catastro e as bases definitivas. Cabe destacar que esta comparación resulta moi complexa posto que as clases presentes en ambas bases de datos son diferentes (Táboa 3) e na zona de estudo as categorías establecidas dentro das clases de bases definitivas tampouco se corresponden coas intensidades produtivas recollidas na base de datos de catastro acorde coa calidade e aptitude das terras para a produción agraria. Na base de datos catastral establécense máis cualificacións catastrais cun menor rango de intensidades produtivas, mentres que nas bases definitivas defínense menos clases de terra pero cunha maior amplitude en canto ás categorías. Esta forma de clasificación pode deberse á dificultosa labor da clasificación cantas máis clases de terra se contemplen, pero á vez, tamén será máis xusta a concentración ó poder afinar máis na reordenación da propiedade (Valencia, 2002). Táboa 3. Clases de terras e categorías (bases definitivas) e cualificación catastral e intensidade produtiva (catastro) presentes na zona de estudo. Bases definitivas Catastro Clase de terra Categoría Cualificación catastral Intensidade produtiva Labradío 2 a 7 Carballeira 1 a 3 Prado regadío 2 a 7 Eucalipto - Pastos 2 a 7 Improdutivo - Monte 2 a 7 Labor ou labradío secaño 1 a 6 Carballeira 2 a 7 Matogueira 1 a 4 Inculto - Pastos 1 e 2 construción Excluído - Piñeiral madeirable - Prado ou praderías de 1 a 3 regadío Prados ou praderías 1 a 3 Souto - 129

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l Por tanto, debido á imposibilidade de establecer unha relación clara entre as clases de terra das bases definitivas e a cualificación catastral decidiuse presentar a diferenza de superficie entre ambas bases de datos sen realizar unha desagregación por usos, obténdose un valor para o primeiro, segundo e terceiro cuartil de 13,20 %, 38,44 % e 93,27% respectivamente. Figura 7. Distancia entre centroides. 130

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l 4. Conclusións Á vista destes resultados confírmase o detectado por Crecente (1998) respecto á estrutura parcelaria e usos. A validez da información catastral para traballos de planificación rural, polo menos do nivel de detalle dun proxecto de concentración parcelaria, é insuficiente. A modo de conclusión cabe resaltar que a expensas de realizar máis estudos de caso para comprobar o grao de correlación entre o catastro e as bases definitivas noutras zonas de concentración parcelaria en Galicia, pode afirmarse que a información catastral non presenta a fiabilidade necesaria para substituír á fase de investigación da propiedade e polo tanto debe empregarse con cautela como base nos traballos de elaboración de bases definitivas e sempre complementada cunha exhaustiva investigación da propiedade. Para a utilización da información catastral como base sería de gran axuda o establecemento dunha relación entre as cualificacións catastrais e as clases de terras presentes nas bases definitivas. Ademais necesitaríase que o fluxo de información actualizada entre catastro e os procedementos de concentración parcelaria fose bidireccional. Na actualidade a reorganización da propiedade derivada das concentracións parcelarias actualiza os datos de catastro pero catastro non constitúe unha fonte de fiabilidade máxima para os procedementos de concentración parcelaria. Esta bidireccionalidade podería conseguirse mediante un cambio na normativa de concentración parcelaria na que se obrigara ós propietarios das parcelas de achega á súa inscrición ou actualización no catastro durante un período determinado co fin de poder basear a investigación de propiedade no propio catastro. Por outro lado, o formato dixital de entrega das bases definitivas debería aproveitar as capacidades dos sistemas de información xeográfica, polo que habería que solicitar ás empresas adxudicatarias dos traballos de concentración a entrega da información gráfica das bases definitivas en formato SIX. Bibliografía BOE. 1973. Decreto 118/1973, de 12 de enero, por el que se aprueba el texto de la Ley de Reforma y Desarrollo Agrario. BOE (Boletín Oficial del Estado), nº 30, 03/02/1973. Madrid, España. BOE. 2002. Resolución de 9 de mayo de 2002, de la Dirección General del Catastro, por la que se publica la relación de municipios a que se refiere la Disposición adicional tercera de la Ley 24/2001, de 27 de diciembre, de Medidas Fiscales, Administrativas y del Orden Social. BOE (Boletín Oficial del Estado), nº 133, 04/06/2002. Madrid, España. 131

Te r r i t o r i o s a e x a m e. T r a b a llo s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l BOE. 2006. Real Decreto 417/2006, de 7 de abril, por el que se desarrolla el texto refundido de la ley del catastro inmobiliario, aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo. BOE (Boletín Oficial del Estado), nº 97, 24/04/2006. Madrid, España. BOE. 2007. Ley 37/2007, de 16 de noviembre, sobre reutilización de la información del sector público. BOE (Boletín Oficial del Estado), nº 276, 17/11/2007. Madrid, España. Crecente, R. 1998. La concentración parcelaria en Galicia: validación como instrumento de planificación rural. Tesis doctoral. Universidad de Santiago de Compostela. Crecente, R., Álvarez, C.J. y Fra, U. 2002. Economic, social and environmental impact of land consolidation in Galicia. Land Use Policy, 19: 135-147. Crecente, R. y Álvarez, C.J. 1999. La concentración parcelaria en Europa. Catastro, 35: 35-47. Crecente, R. y Álvarez, C.J. 2000. Una revisión de la concentración parcelaria en Europa. Estudios Agrosociales y Pesqueros, 187: 221-274. Crecente, R., Álvarez, C.J. y Miranda, D. 2003. Concentración Parcelaria e ordenación do territorio en Galicia. Sada: Edicios do Castro. Crecente, R. y Miranda, D. 2002. Ordenación del espacio rural como instrumento de la multifuncionalidad. En Jornadas sobre el Libro Blanco de la Agricultura y el Desarrollo Rural. Santiago de Compostela: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. pp. 52-64. DOGA. 2000. Decreto 60/2000, de 16 de marzo, polo que se declara de utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de Meavía-Quintillán (Forcarei-Pontevedra). DOGA (Diario Oficial de Galicia), nº 64, 31/03/2000. Santiago de Compostela, España. DOGA. 2001. Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da Lei de concentración parcelaria para Galicia. DOGA (Diario Oficial de Galicia), nº 209, 29/10/2001. Santiago de Compostela, España. DOGA. 2007. Resolución do 19 de novembro de 2007, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Meavía-Quintillán (Forcarei- Pontevedra). DOGA (Diario Oficial de Galicia), nº 239, 12/12/2007. Santiago de Compostela, España. DOCE. 2003. Directiva 2003/98/CE del Parlamento Europeo y del Consejo de 17 de noviembre de 2003 relativa a la reutilización de la información del sector público. DOCE (Diario Oficial de la Unión Europea), nº 345, 31/12/2003. Bruselas, Bélgica. 132

Te r r i t o r i o s a e x a m e n. T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l Dirección General del Catastro. 2011. Cartografía catastral en formato shapefile. Versión 1.0. http://www.catastro.meh.es/ayuda/manual_descriptivo_shapefile.pdf Economic Commission for Europe. 2005. Land administration in the UNECE region. Development trends and main principles. Geneva: United Nations Economic Commission for Europe. Ministerio de Hacienda. 2001. Marco Comunitario de Apoyo (2000-2006) para las Regiones Españolas del Objetivo 1. http://ec.europa.eu/regional_policy/funds/prord/document/mca12_es. pdf Miranda, D. 2001. Caracterización y Evaluación de la Concentración Parcelaria en Galicia. Propuesta de un procedimiento integral de ordenación rural basado en métodos avanzados de SIG, Fotogrametría Digital y Análisis Multivariante. Tesis doctoral. Universidad de Santiago de Compostela. Otero, E. 2009. Manual básico de concentración parcelaria para Galicia. La concentración fácil. Madrid: Cultivalibros. Palacios, M.A. 1986. Régimen Jurídico de la Concentración Parcelaria. Tesis doctoral. Universidad de Navarra. Sanz, J.J. 1961. Régimen de concentración parcelaria. Madrid: Ministerio de Agricultura. Servizo de Infraestruturas Agrarias. 2010. Proxecto de colaboración de servizos técnicos para a realización dos estudos sobre preparación das bases definitivas de concentración parcelaria na zona de Perdecanai-Barro II (Barro- Pontevedra). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Steudler, D. 2004. A framework for the evaluation of land administration systems. Melbourne: University of Melbourne. Ting, L. 2002. Principles for an integrated land administration system to support sustainable development. Melbourne: University of Melbourne. United Nations-International Federation of Surveyors. 1999. The Bathurst Declaration on Land Administration for Sustainable Development. Workshop on Land Tenure and Cadastral Infrastructure for Sustainable Development, 18-22 october 1999. Bathurst, Australia. Valencia, E. 2002. La concentración parcelaria eco-compatible, instrumento de desarrollo rural integrado y sostenible. Régimen jurídico de la institucion. Tesis doctoral, Universidad de Lleida. 133