GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PREVENCIÓN DE TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS NO SECTOR DA DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTACIÓN

Similar documents
O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

O relevo e as costas de Galicia

LUGARES DE TRABALLO. PREVENCION NA PREPARACioN DO PRODUTO. FERRAMENTAS MANUAIS

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Mapa de accidentalidade

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Absorbentes solo aceites

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Programación de proba libre de módulos profesionais

Probas dos elementos internos do alternador

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Informe mensual do paro rexistrado

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES EFECTOS DAS ALTAS TEMPERATURAS SOBRE A SAÚDE

CM Cociña e gastronomía

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Revista Galega de Economía Vol (2016)

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

ECONOMÍA APLICADA 13

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

PRÁCTICAS HOTELEIRAS NA XESTIÓN DE CRISE POR CATÁSTROFES: O CASO DE GALICIA

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

RSE. e desenvolvemento sustentable

Guía de Boas Prácticas. Agrícolas, Gandeiras e Forestais

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

XESGALICIA, SOCIEDADE XESTORA DE ENTIDADES CAPITAL RISCO, S.A.

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

ESTUDO DESCRITIVO DO SECTOR DO TRANSPORTE INTERNACIONAL DE MERCADORÍAS POR ESTRADA EN GALICIA

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

LUIS FERNANDO DE CASTRO MEJUTO. Maxistrado especialista da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e doutor en Dereito

A máquina de escribir

A NATUREZA DA COMPETENCIA NO MERCADO DE AUDITORÍA: UNHA AVALIACIÓN DA LITERATURA 1

Servizo de Escolas infantís municipais

TÚMULO 5 DE TORNO DOS MOUROS (ORTIGUEIRA, A CORUÑA). PRIMEIROS RESULTADOS

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

PORTO EXTERIOR ECONÓMICO DO SOBRE O EMPREGO NA CORUÑA E OUTRAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

ANATOMOFISIOLOXÍA E PATOLOXÍA BÁSICAS

Welcome to Greenman and the Magic Forest

Revista Galega de Economía Vol (2018)

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

CALIDADE E ORIXE EUROPA AMPARA OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS

WHAT IS AN ALTERNATIVES ANALYSIS STUDY?

2017 Trussing, Lifting towers and Stage

A DEMANDA DE CRÉDITO HIPOTECARIO EN ESPAÑA: ESPECIAL REFERENCIA Á SITUACIÓN GALEGA

MEMORIA. de actividades

FUTURE HIGH CAPACITY TRANSIT CORRIDORS FUTUROS CORREDORES DE TRANSPORTE DE ALTA CAPACIDAD

O TURISMO SOSTIBLE NAS MARCAS TURÍSTICAS DE CATALUÑA

Ensinanzas Técnicas. Portos. Alberte Castro Ponte, David Cota Mascuñana Emilio F. García García, Alejandro Rey Seoane Jesús Busto Míguez

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

ACTIVIDADE ECONÓMICA, ESTRUTURA PRODUTIVA E EMPREGO NO VAL DO CAUCA 1

Proyectores P NE

O MERCADO DE CRÉDITO HIPOTECARIO NA UNIÓN EUROPEA

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL FRONTE Á AVESPA ASIÁTICA (VESPA VELUTINA) 2016

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

Balance dos rendementos do sistema electoral galego: unha proposta de reforma

Transcription:

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PREVENCIÓN DE TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS NO SECTOR DA DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTACIÓN co financiamento de:

Guía de boas prácticas. Prevención de trastornos musculoesqueléticos no sector da distribución de alimentación. Edita: Confederación de Empresarios de A Coruña Coordinación: CEC UMANA Depósito Legal: C 1770-2014

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS PREVENCIÓN DE TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS NO SECTOR DA DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTACIÓN

Índice

Perspectiva do sector......... 6 A distribución de alimentación.......... 7 Riscos do sector.......... 9 Efectos sobre a saúde..... 11 Boas prácticas...... 12 11 Consellos útiles........ 13 Tarefas con risco de TME..... 14 Tarefas críticas (niveis de risco e factores de risco)............... 15 Táboa de niveis de risco de TME............. 31 Exercicios de quecemento.............. 32 Exercicios de acondicionamento................ 36 Cóidate, non esquezas.......... 40

Perspectiva do sector

A distribución de alimentación O sector da distribución alimentaria engloba a todas aquelas empresas dedicadas á comercialización directa ao cliente final de calquera tipo de alimento para o consumo humano. As empresas que conforman o sector teñen un tamaño moi variable: dende empresas moi pequenas de tres a catro traballadores, ata grandes compañias de máis de setenta mil traballadores. De igual xeito, hai unha enorme variabilidade no tamaño dos centros de traballo: dende pequenos supermercados de apenas 120m 2 ata grandes superficies que poden superar os 10.000m 2, onde é habitual que amais de alimentación se ofrezan outro tipo de produtos: dende equipamentos electrónicos, a mobles, equipamento deportivo, etc. O SECTOR DA DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTACIÓN Trátase polo tanto, dun sector moi heteroxéneo, que aínda así comparte factores comúns, xa que para comercializar alimento precisan de espazos de: aprovisionamento, venda e atención ao publico. 7

O SECTOR DA DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTACIÓN Máis polo miudo, os centros de traballo do sector de distribución alimentaria comparten, en xeral, os seguintes postos de traballo: carnizaría, chacinería, peixaría, froitaría, panadaría, reposición de liñais e mostradores, xestión de envíos e caixa. É complicado cuantificar con exactitude o número de traballadores ocupados nestas actividades (epígrafe 4711 CNAE 2009) xa que as estatísticas dispoñibles non ofrecen tal nivel de detalle. Porén, si é coñecido que o sector de Comercio polo miudo, excepto vehículos de motor e motocicletas (epígrafe 47 CNAE 2009) que inclúe por definición a distribución alimentaria, e sendo esta ademais probablemente a parte mais importante desta actividade, contaba no ano 2012 cun total de 106.002 empregados en Galicia (un 8.5% do total dos 1.243.058 empregos do sector en España). Nas últimas décadas o sector ven sufrindo importantes cambios cunha grande especialización dos pequenos minoristas a nivel produto, calidade e cercanía para loitar pola sua supervivencia fronte á concentración empresarial que ofrece ó cliente mellores prezos, comodidade e outros servizos. FONTE - Guía técnica do ISSGA.Prevención riscos ergonómicos. Actividade da distribución de alimentación. Dep. Legal. C 1007-2014 8

Riscos de seguridade Caídas do persoal ao mesmo nivel, debido ao exceso de auga, e mesmo xeo e despoxos nalgunhas seccións que converten o chan nunha superficie esvaradía. Caídas dende pequenas alturas, debido á realización de esforzos bruscos na manipulación de obxectos de grande volume e masa sobre superficies desiguais (escalóns, obxectos guindados no chan...) Atropelos e choques con obxectos, xeralmente con caixas de produto pousadas no chan, traspalés e carros. Cortes por coitelos e outros útiles manuais, especialmente nas tarefas de carnizaría, chacinaría, peixaría e reposición. RISCOS DO O SECTOR Riscos de hixiene e medio de traballo Condicións termohigrometricas extremas, especialmente na manipulación de cargas en cámaras de frío negativo (risco que tamén se pode facer extensible ás cámaras de frío positivo). Iluminación escasa en almacéns e corredores, o que agrava os riscos na manipulación de cargas. Contacto directo con despoxos que poden ser fonte de doenzas infecciosas ou parasitarias. 9

RISCOS DO O SECTOR 10 Riscos ergonómicos e psicosociais Movementos repetitivos, debido ao alto ritmo de traballo e aos ciclos curtos nas tarefas de reposición e nas de atención ao cliente na carnizaría, chacinaría, peixaría, froitaría e caixa. Posturas forzadas, en membros superiores (nas tarefas que esixen técnicas especiais coma o corte, e nas manipulacións de cargas), e en pescozo e lombo (nas tarefas que esixen visualización directa sobre o plano de traballo, e tamén nas de traslado de cargas a distintas alturas). Precisión, especialmente nas actividades de manipulación de ferramentas para corte (en carnizaría, chacinaría e peixaría), e ás veces mesmo con precisións inferiores aos 10mm. Sobreesforzos, con manipulación de cargas que oscilan entre 1kg e 25 kg (ás veces en frío) Vibracións que afectan a MMSS (por manipulación de máquinas e ferramentas de corte) Posturas estáticas de pescozo e lombo, nas tarefas de atención ao cliente en caixa e preparación de produto en carnizaría, chacinaría e peixaría fundamentalmente. Espazo insuficiente nalgunhas zonas de traballo, o que obriga o traballador a adoptar posturas incorrectas, o que aumenta o sufrimento soportado polas estruturas corporais. Outros factores de natureza psicosocial: falta de autonomía, imposibilidade de alterar o ritmo de traballo, presion pola falta de tempo, sistema de remuneracion por primas e traballo arreo.

Efectos sobre a saúde Accidentes de traballo por sobresforzo, debidos xeralmente a unha incorrecta e/ou excesiva manipulación de cargas. Son doenzas que teñen un período de latencia moi curto e adoitan afectar a zona lumbar: - Lumbalxias EFECTOS SOBRE A SAUDE Trastornos musculoesqueléticos dos membros superiores, debidos principalmente á realización de movementos repetitivos de precisión en posturas forzadas. Afectan a man-pulso, cóbado, ombro e mesmo ao pescozo. Os mais comúns no sector son: - Síndrome do tunel carpiano - Epicondilite lateral - Tenosinovite man-pulso - Patoloxía tendinosa do manguiño dos rotadores 11

Boas prácticas

11 Consellos útiles 1 2 3 Realizar exercicios de quecemento articular e estiramento muscular de pescozo, brazos, mans e lombo, antes do inicio do traballo e en calquera das seccións, algo fundamental tendo en conta que case sempre se comeza a xornada con tarefas de reposición e MMCC. Tentar realizar algunha pausa no traballo (pausas de 10 min cada 2h) en calquera das seccións, para descansar e realizar estiramentos da musculatura do pescozo, os brazos, as mans e o lombo, e evitar deste xeito sobrecargas debidas a unha actividade física continuada ao longo da xornada. Facer rotacións dentro das seccións de carnizaría, chacinaría e peixaría, para repartir e alternar no tempo as tarefas que presentan un risco elevado de TME cas que presentan un risco baixo ou medio, co obxectivo de atenuar os riscos acumulados de TME ao cabo da xornada de traballo. 11 CONSELLOS ÚTILES 4 5 6 Na carnizaría, controlar o tempo adicado ao longo da xornada aos procesos de corte e fileteado de carne, e de colocación de pezas troceadas en bandexas, e procurar que non supere os 90 minutos por xornada. Alternar as tarefas de chacinaría cas de atención ao público na panadería, co obxectivo de dar descanso ás estruturas anatómicas do cóbado e man-pulso sancionadas durante os procesos repetitivos de corte na máquina. Na peixaría, controlar o tempo adicado ao longo da xornada aos procesos de despiñar peixe con coitelo, cortar aletas con tesoira, e escamar peixe, e procurar que non supere os 60 minutos por traballador. 7 No posto de froitaría, realizar o pechado (anoado) das bolsas do produto ca bolsa apoiada na mesa ou na propia báscula, para evitar a combinación das posturas forzadas co sobreesforzo derivado de soster peso aire. 8 9 10 Evitar posturas que esixan unha elevación de ombro moi pronunciada nas tarefas de reposición, empregango se é posible unha escada na reposición das zonas altas dos lineais. Alternar o traballo entre brazo esquerdo e dereito nas tarefas de reposición, especialmente nas de abrir e pregar caixas, e nas de colocación de produto nos lineais a diferentes alturas (abaixo, medio e arriba). Incluír nas caixas lectores de códigos de barras con elevada tolerancia ao movemento e á posición angular, reducindo a esixencia de precisión ás caixeras, e polo tanto as posturas forzadas en ombro, cóbado e man pulso. 11 Dispor nas caixas de sistemas de anclaxe que permitan ter a bolsa aberta coa súa boca ao nivel da cinta transportadora, de xeito que se eviten as elevacións pronunciadas de ombro durante a introducción dos produtos nas mesmas. 13

O SECTOR TAREFAS CON RISCO DE TME Tarefas con risco de TME Cortar ou filetear carne sen óso Filetear pezas de carne con óso Encher bandexa con pezas troceadas Rebandar / cortar produto na chacinería Desespiñar peixe con coitelo fino Cortar aletas ó peixe con tesoira Escamar peixe Pechar bolsa de froita Abrir caixa de produto Pregar caixa baleira de produto Colocar produto no lineal arriba Colocar produto no lineal altura media Colocar produto no lineal abaixo Recibir produto Pasar código de barras por escaner Introducir produto na bolsa A análise mostrada a continuación para cada unha destas tarefas está baseada no estudo de parámetros biomecánicos únicamente, excluindo outros factores ergonómicos de risco (risco percibido, limitación de espazo, etc.) que exceden ao alcance desta guía. 14

Factores biomecánicos de risco 15 Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de case 1 movemento por segundo Precisión de ata 5 mm Posturas forzadas de pescozo, con flexión e flexión lateral combinada con elevación de ombro (de ata 90º) de ombro, con abdución (de ata 90º), flexión e rotación interna de cóbado, con supinación (de ata 70º) combinada con flexión de pulso e empuñadura de man-pulso, con flexión e desviación cubital e radial (ambas maiores a 25º) e empuñadura Niveis de risco de TME Pescozo 46 % Cortar ou filetear carne sen óso Ombro Cóbado Pulso Lombo 44 % 49 % 51 % 23 %

Filetear pezas de carne con óso Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de case 1 movemento por segundo Precisión de ata 5 mm Posturas forzadas rotación de pescozo con flexión e combinada con elevación de ombro de ombro, con abdución, flexión e rotación interna de cóbado, con pronación combinada con flexión e extensión de pulso e empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinadas con desviación cubital de ata 40º con empuñadura Niveis de risco de TME Pescozo 46 % Ombro Cóbado Pulso Lombo 41 % 49 % 54 % 28 % 16

Factores biomecánicos de risco 17 Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 1 movemento por segundo Precisión de ata 10 mm Posturas forzadas de pescozo, con flexión de ata 30º de cóbado, con alta pronación combinada con flexión e extensión de pulso e empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinada con desviación cubital de ata 25º e empuñadura Posturas estáticas de flexión de pescozo e lombo en ciclos de como mínimo 20 segundos Niveis de risco de TME Pescozo Ombro 39 % 34 % Encher bandexa con pezas troceadas Cóbado Pulso Lombo 43 % 43 % 16 %

Rebandar / cortar produto na chacinería Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de entorno a 1 movemento por segundo Precisión de ata 10 mm Posturas forzadas de pescozo, con flexión lateral de cóbado, con pronación de ata 90º de lombo, con combinación de flexión e flexión lateral Posturas estáticas de flexión de pescozo e lombo en ciclos que adoitan ser de 30seg Vibración afectando a cóbado e man-pulso Niveis de risco de TME Pescozo Ombro 49 % 39 % Cóbado Pulso Lombo 54 % 54 % 30 % 18

Factores biomecánicos de risco 19 Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 2 movementos por segundo Precisión de ata 10 mm Posturas forzadas de pescozo, con flexión e rotación combinadas con elevación de ombro de ombro, con abdución e flexión combinadas con rotación interna de cóbado, con alternancia de supinación con flexión de pulso e pronación con extensión de pulso ambas combinadas con empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinada con desviación cubital e empuñadura Posturas estáticas de flexión de pescozo e lombo en ciclos de como mínimo 10 segundos Niveis de risco de TME Desespiñar peixe con coitelo fino Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 38 % 35 % 40 % 41 % 35 %

Cortar aletas ó peixe con tesoira Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 1 movemento por segundo Precisión de ata 6 mm Posturas forzadas de ombro, con abdución, flexión e rotación internas combinadas de cóbado, con pronación de ata 50º combinada con extensión de pulso e empuñadura de man-pulso, con extensión combinada con desviación cubital e empuñadura Posturas estáticas de flexión de pescozo e lombo en ciclos de 10seg Niveis de risco de TME Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 34 % 35 % 41 % 41 % 21 % 20

Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 3 movementos por segundo Precisión de ata 30 mm Posturas forzadas de ombro, con combinación de abdución, flexión e rotación interna de cóbado, con pronación, alternando extensión e flexión de pulso e con empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinada con desviación cubital e empuñadura Posturas estáticas de flexión de pescozo e lombo durante 20 segundos 21 Escamar peixe Niveis de risco de TME Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 40 % 41 % 42 % 44 % 31 %

Pechar bolsa de froita Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 1 movemento por segundo en pescozo e lombo con 1 movemento cada 5 segundos Precisión de ata 10 mm Posturas forzadas de pescozo, con flexión combinada con elevación de ombro de ata 85º de ombro, con abdución, flexión e rotación internas combinadas de cóbado, con pronación de ata 60º combinada con empuñadura e alternancia de flexión e extensión de pulso de man-pulso, con flexión e extensión combinada con desviación cubital e empuñadura Niveis de risco de TME Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 34 % 44 % 39 % 40 % 12 % 22

Factores biomecánicos de risco 23 Repetitividade en cóbado e man-pulso con frecuencias de 1 movemento por segundo en pescozo e ombro con frecuencias de 1 movemento cada 2 segundos en lombo con frecuencias de 1 movemento cada 3 segundos Precisión de ata 10 mm Posturas forzadas de ombro, con flexión e abdución de ata 100º combinadas de cóbado, con alternancia de supinación e pronación, combinadas con flexión e extensión de pulso e empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinada con desviación cubital de ata 25º e durante 40seg, e con empuñadura Abrir caixa de produto Niveis de risco de TME Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 34 % 44 % 44 % 47 % 24 %

Pregar caixa baleira de produto Factores biomecánicos de risco Repetitividade en cóbado e man-pulso con frecuencias de 1 movemento por segundo en ombro, pescozo e lombo con entre 1 e 2 movementos cada 5 segundos Posturas forzadas de pescozo, con flexión de ata 20º combinada con elevación de ombro de ata 70º de ombro, con abdución (de ata 70º), flexión e rotación internas combinadas de cóbado, con pronación combinada con flexión de pulso e con empuñadura de man-pulso, con flexión combinada con desviación cubital e empuñadura Niveis de risco de TME Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 37 % 50 % 33 % 33 % 28 % 24

Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 2 movementos cada 3 segundos en pescozo e lombo con frecuencias de 1 movemento cada 3 segundos Posturas forzadas de pescozo, con extensión combinada con elevación de ombro de ombro, con flexión (de ata 120º) e abdución combinadas con rotación interna de cóbado, pronación, alternancia de flexión e extensión de pulso e empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinada con desviación cubital e empuñadura Niveis de risco de TME 25 Colocar produto no lineal arriba Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 33 % 47 % 28 % 31 % 22 %

Colocar produto no lineal altura media Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 2 movementos cada 3 segundos en pescozo e lombo con frecuencias de 1 movemento cada 3 segundos Posturas forzadas de pescozo, con extensión combinada con rotación e elevación de ombro de ombro, con abdución e flexión combinadas con rotación interna de cóbado, con supinación combinada con flexión e extensión de pulso e con empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinada con desviación cubital e empuñadura de lombo, con flexión e rotación combinadas Niveis de risco de TME Pescozo 37 % Ombro Cóbado Pulso Lombo 43 % 25 % 27 % 42 % 26

Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 2 movementos cada 3 segundos en pescozo e lombo con frecuencias de 1 movemento cada 3 segundos Posturas forzadas de pescozo, con extensión combinada con elevación de ombro de ombro, con flexión e abdución combinadas con rotación interna de cóbado, pronación, alternancia de flexión e extensión de pulso e empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinadas con desviación cubital e empuñadura Niveis de risco de TME 27 Colocar produto no lineal abaixo Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 29 % 43 % 28 % 27 % 32 %

Recibir produto Factores biomecánicos de risco Repetitividade en pescozo, ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 1 movemento en 2 segundos Posturas forzadas de pescozo, con flexión e rotación combinadas con elevación de ombro de ombro, con flexión combinada con abdución (de ata 70º) de cóbado, con ampla pronación (90º)alternadas con extensión e flexión de pulso combinadas con empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión, desviación cubital e radial combinadas con empuñadura de lombo, con flexión e rotación combinadas Posturas estáticas de flexión de pescozo e lombo, con duracións de ata 20 segundos Niveis de risco de TME 28 Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 43 % 43 % 29 % 29 % 38 %

Factores biomecánicos de risco Repetitividade en ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 1 movementos cada 2 segundos Posturas forzadas de pescozo, con flexión combinada con elevación de ombro de cóbado, con pronación e supinación alternadas con extensión e flexión de pulso combinadas con empuñadura de man-pulso, con flexión e extensión combinadas con desviación cubital e empuñadura Posturas estáticas de flexión de pescozo e lombo en ciclos de ata 20 segundos Niveis de risco de TME Pescozo 43 % 29 Pasar código de barras por escaner Ombro Cóbado Pulso Lombo 38 % 38 % 40 % 31 %

Introducir produto na bolsa Factores biomecánicos de risco Repetitividade en pescozo, ombro, cóbado e man-pulso con frecuencias de 1 movemento por segundo Posturas forzadas de pescozo, con flexión e rotación combinadas con elevación de ombro de ombro con flexión combinada con abdución (de ata 70º) de cóbado con supinación e pronación alternadas con extensión e flexión de pulso combinadas con empuñadura de man-pulso con flexión e extensión, desviación cubital e radial combinadas con empuñadura Posturas estáticas de flexión lumbar, con duracións de ata 20 segundos Niveis de risco de TME Pescozo Ombro Cóbado Pulso Lombo 51 % 45 % 26 % 27 % 21 % 30

Táboa resumo Tarefas-Niveis de risco de TME Táboa de niveis de risco de TME TAREFAS CON RISCO ELEVADO DE TME NO SECTOR DA DISTRIBUCIÓN DA ALIMENTACIÓN Movemento Rexións corporais Pescozo Ombro Cóbado Man-Pulso Lombo [2.2] Cortar/filetear peza de carne sen óso 46 44 49 51 23 CARNIZARÍA [2.3] Filetear pezas de carne con óso 46 41 49 54 28 [3.2] Encher bandexa con pezas troceadas 39 34 43 43 16 CHACINARÍA [11.3] Cortar produto 45 39 54 53 30 [16.6] Desespiñar peixe con coitelo fino 38 35 40 41 35 PEIXARÍA [16.8] Cortar con tesoira as aletas 34 35 41 41 21 [16.9] Escamar peixe 40 41 42 44 31 FROITARÍA [19.2] Pechar bolsa de produto 34 44 39 40 12 [20.3] Abrir caixa de produto 34 44 44 47 24 [20.4] Pregar caixa baleira de producto 37 50 33 33 28 REPOSICIÓN [21.2] Colocar produto no lineal altura arriba 33 47 28 31 22 [21.2] Colocar produto no lineal altura media 37 43 25 27 42 [21.3] Colocar produto no lineal abaixo 29 43 28 27 32 [22.1] Recibir produto 43 43 29 29 38 CAIXA [22.2] Pasar escáner código de barras 43 38 38 40 31 [23.2] Introducir produto en bolsa 51 45 26 27 21 31 Táboa resumo Tarefas-Niveis de risco de TME

Exercicios de quecemento

Exercicios de quecemento de pescozo e ombro 2x10 xiros 2x10 xiros 2x30 seg 30 seg 2x30 seg Exercicios de quecemento de columna vertebral 2x30 seg 2x10 xiros 33

Exercicios de quecemento de brazos Exercicios de quecemento de cóbado e man-pulso 2x10 xiros 30 seg 2x5x6 seg 30 seg 34 2x30 seg 2x30 seg

Exercicios de quecemento lumbo-abdominal e de tren inferior 2x10 xiros 2x10 xiros 2x10 xiros 2x30 seg 30 seg Exercicios de quecemento de pernas e pés 30 seg 2x30 seg 35

Exercicios de acondicionamento

Exercicios de acondicionamento (día 1) 3x2x10 rep 3x2x10 seg 3x2x10 seg Exercicios de acondicionamento (día 1) 3x2x10 rep 3x10 rep 3x10 rep 3x2x10 rep 37

Exercicios de acondicionamento (día 2) Exercicios de acondicionamento (día 2) 3x2x10 rep 3x10 rep 3x10 rep 3x10 rep 38 3x10 rep 3x2x10 rep

Exercicios de acondicionamento (día 3) 3x10 rep 3x10 rep Exercicios de acondicionamento (día 3) 3x10 rep 3x2x10 rep 3x10 rep 3x2x10 rep 3x2x10 rep 39

Cóidate, non esquezas

Cóidate, non esquezas 1 2 3 Executar rutinas de quecemento articular e estiramento muscular de pescozo, brazos, mans e lombo, antes do inicio do traballo en calquera das seccións, para previr o dano por sobreesforzo, xa que case sempre se comeza a xornada con tarefas de reposición e manipulación de cargas en frío. Efectuar pausas no traballo (de 10 min cada 2h) en calquera das seccións, para descansar e realizar estiramentos da musculatura do pescozo, os brazos, as mans e o lombo, e evitar sobrecargas debidas a unha actividade física continuada ao longo da xornada. Intentar realizar rotacións dentro das seccións de carnizaría, chacinaría e peixaría, para repartir no tempo a as tarefas que presentan maior risco de TME cas que presentan un risco baixo ou medio, a fin de reducir os riscos acumulados de TME ao cabo da xornada de traballo. Cóidate, non esquezas 4 5 6 Na carnizaría, e peixaría controlar o tempo adicado ao longo da xornada ás tarefas con manipulación de coitelo (corte, escamado...), e compartilas equitativamente cos compañeiros ao longo da xornada. No posto de froitaría, ao realizar o pechado (anoado) das bolsas do produto, manter a bolsa apoiada na mesa ou na propia báscula, para evitar a combinación das posturas forzadas co sobreesforzo derivado de soster peso no aire. Evitar posturas con elevación de ombro moi pronunciada nas tarefas de reposición, empregando se é posible unha escada na reposición das zonas altas dos lineais. 7 Alternar, se é posible, o traballo entre brazo esquerdo e dereito nas tarefas de reposición, especialmente nas de abrir e pregar caixas, e nas de colocación de produto nos lineais a diferentes alturas (abaixo, medio e arriba). 8 9 10 Desfrutar dunha alimentación equilibrada, e evitar os hábitos pouco saudables (alcohol, tabaco, etc.) Establecer unha rutina de descanso fora do traballo. Durmir ben é fundamental para que o corpo se recupere e evitar lesións. Mellorar a condición física polo menos 2 días á semana: camiñar, correr, montar en bicicleta, nadar, patinar... 11 Fortalecer o corpo polo menos 3 días á semana: traballar a elasticidade muscular, practicar pilates ou facer exercicios de acondicionamento físico na casa. 41