CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Similar documents
ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Á Mesa do Parlamento

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

Mapa de accidentalidade

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

Índice. Memoria de Sociedades Mercantís 5

XANEIRO - SETEMBRO 2018

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de novembro de 2017

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

-Do G.P de En Marea (doc. núm ) -Do G.P Bloque Nacionalista Galego (doc. núm ) -Do G.P dos Socialistas de Galicia (doc. núm.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Memoria Escola Galega de Administración Pública

Informe mensual do paro rexistrado

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 9 de marzo de 2018

O relevo e as costas de Galicia

Transcription:

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7621 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2012 as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, dispón no seu artigo 39 que a Xunta de Galicia establecerá, a través do departamento competente en materia de igualdade, unha prestación económica dirixida ás mulleres que sofren violencia de xénero. A prestación terá en conta a situación socioeconómica das mulleres, irá dirixida a posibilitar a súa autonomía e independencia económica respecto do seu agresor e a tentar axudarlle a romper coa situación de violencia. Indica que se aboará periodicamente, logo da acreditación da situación de violencia de xénero, e que será o departamento competente en materia de igualdade o encargado de regular as bases de convocatoria e as contías das axudas, dentro dos límites orzamentarios de cada anualidade. A través da Resolución do 14 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 12, do 19 de xaneiro, aprobáronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2011 as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. Estas axudas están dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e que se atopan nunha situación de dependencia económica do agresor que as obriga á convivencia e lles impide afrontar o seu futuro con independencia dos seus agresores. Mediante esta resolución procédese a convocar para o ano 2012 as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. Por todo o disposto, e no uso das facultades que teño atribuídas, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto. 1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2012 a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7622 2. A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo. 3. A convocatoria rexerase polas bases reguladoras recollidas na Resolución do 14 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases e se convocan axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero (Diario Oficial de Galicia núm. 12, do 19 de xaneiro). Artigo 2. Lugar e prazo de presentación das solicitudes. 1. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo do anexo I desta resolución, asinadas pola persoa solicitante. O formulario da solicitude así como os demais formularios normalizados referidos nas bases reguladoras e que figuran como anexos desta resolución estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade http://www.mulleresengalicia.es 2. As solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es, de acordo co estipulado na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación electrónica, a solicitante deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3, recoñecido pola plataforma de validación e por sinatura electrónica @firma. Xunto cos formularios de solicitude deberá achegarse a documentación a que se fai referencia no artigo 3 das bases reguladoras da convocatoria, que deberá cumprir os requisitos sinalados no artigo 27 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro. Aqueles documentos non dispoñibles en formato electrónico e que pola súa natureza non sexan susceptibles de achega nun formato electrónico válido deberán presentarse, xunto coa copia do anexo I, a través das vías previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ademais do formato electrónico, admítese igualmente a presentación en formato papel no Rexistro da Secretaría Xeral da Igualdade, sito no edificio administrativo de San

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7623 Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso teñan subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 3. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2012. Artigo 3. Orzamento. Para a concesión destas axudas destinaranse 2.396.650 euros imputables á aplicación orzamentaria 04.40.313D.480.0, de acordo coa seguinte distribución: Ano 2012: 1.276.650 euros. Ano 2013: 1.120.000 euros, para o financiamento das axudas que, pola súa duración, xeren dereitos económicos das beneficiarias durante o exercicio seguinte. Este crédito poderá ser ampliado cando o aumento veña derivado da súa previsión legal ou dalgún dos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento de crédito quedará condicionado á súa declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas no antedito artigo. Artigo 4. Contía das axudas. 1. A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e dos ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2012, de acordo coas seguintes especificacións: 1.1. Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades: a) Con carácter xeral: 600 euros/mes.

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7624 b) Cunha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade 33%: 650 euros/mes. c) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade 33%: 700 euros/mes. d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 700 euros/mes. e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade 33%: 800 euros/mes. f) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes. 1.2. Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades: a) Con carácter xeral: 300 euros/mes. b) Cunha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade 33%: 350 euros/mes. c) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade 33%: 400 euros/mes. d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 400 euros/mes. e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade 33%: 500 euros/mes. f) Cunha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7625 Artigo 5. Instrución e resolución. A instrución e resolución do procedemento axustarase ao establecido nas bases reguladoras destas axudas. Artigo 6. Información ás persoas interesadas. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código SI434A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral da Igualdade, nos servizos de Igualdade das delegacións territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia, http://www.xunta.es/resultados-da-guia-do-cidadan, ou da Secretaría Xeral da Igualdade, http://www.mulleresengalicia.es; do teléfono 981 95 76 99 ou no enderezo electrónico vx.igualdade@xunta.es, ou presencialmente. Disposición adicional. En todo o non previsto nesta resolución aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento e demais normativa de aplicación. Disposición derradeira primeira. Para os efectos desta convocatoria substitúense os formularios normalizados de solicitude publicados como anexos na Resolución do 14 de xaneiro de 2011. Disposición derradeira segunda. A secretaria xeral da Igualdade ditará as instrucións que sexan necesarias para o adecuado desenvolvemento e cumprimento desta convocatoria. Disposición derradeira terceira. Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012. Susana López Abella Secretaria xeral da Igualdade

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7626 ANEXO I PROCEDEMENTO AXUDA PERIÓDICA DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO SI434A DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA SOLICITANTE NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO DNI/NIE DATA NACEMENTO ENDEREZO LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO NACIONALIDADE TELÉFONO FIXO TELÉFONO MÓBIL ENDEREZO ELECTRÓNICO A solicitante DECLARA Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se xuntan son certos, que non se omiten datos, que coñece as posibles responsabilidades existentes nos supostos de ocultación, falseamento de datos ou de calquera outra actuación fraudulenta. Que autoriza a Secretaría Xeral da Igualdade solicitar a información adicional que considere necesaria para a estimación adecuada dos ingresos ou recursos económicos da unidade de convivencia independente e, en xeral, para completar o expediente administrativo dirixíndose aos órganos públicos ou privados competentes. Que autoriza a Secretaría Xeral da Igualdade, de conformidade cos artigos 2 e 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, para a consulta dos seus datos de identidade e residencia nos sistemas de verificación de datos de identidade e residencia do Ministerio da Presidencia e para a cesión de datos a outros órganos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou doutras administracións públicas. CENTRO DE REFERENCIA PARA A XESTIÓN DA SÚA SOLICITUDE (CIM, SERVIZOS SOCIAIS, CENTRO DE ACOLLIDA, etc.) NOME DO CENTRO TELÉFONO DO CENTRO En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmoa de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Igualdade, como responsable do ficheiro. DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA (sinalar a que corresponda) Acreditación da condición de vítima de violencia de xénero. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada destes documentos. Sentenza. Informe do Ministerio Fiscal, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios. Informe dos servizos de acollida. Declaración responsable de rendas e ingresos mensuais (anexo II). Acreditación de discapacidade (copia cotexada). Acreditación de fillas/os a cargo (copia cotexada). Tarxeta de residencia (copia cotexada). Declaración de axudas (anexo III). Certificación bancaria orixinal. LEXISLACIÓN APLICABLE Resolución do 27 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocan para o ano 2012 as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. SINATURA DA SOLICITANTE LUGAR E DATA, de de SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE Edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7627 ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INGRESOS Dona, con DNI/NIE n.º DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE OS SEGUINTES BENS, DEREITOS E/OU RENDEMENTOS 1) RENDEMENTOS MENSUAIS, ÍNTEGROS, DO TRABALLO 1 CONTÍA MENSUAL 1 Se non houbese, indicar "NINGÚN" 2) RENDEMENTOS DO CAPITAL MOBILIARIO E INMOBILIARIO 1 (incluíndo os incrementos do patrimonio. Exceptúase a vivenda habitual) CONCEPTO CONTÍA 1 Se non houbese, indicar "NINGÚN" 3) RENDEMENTOS DAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS 1 CONCEPTO CONTÍA 1 Se non houbese, indicar "NINGÚN" 4) INGRESOS DE NATUREZA PRESTACIONAL 1 (agás as asignacións económicas da Seguridade Social por filla/o ou menor acollida/o a cargo) CONCEPTO CONTÍA 1 Se non houbese, indicar "NINGÚN" Asdo.: LUGAR E DATA, de de SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE Edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7628 ANEXO III DECLARACIÓN DE AXUDAS Dona, con DNI/NIE n.º DECLARO Ter solicitado e/ou percibido as axudas seguintes: 1 Descrición da axuda (prestación, subsidio, etc.): Administración, organismo, ente ou sociedade a que se lle solicitou: Data da solicitude: Data de concesión: Contía integral mensual: Período polo que se lle concedeu: desde: ata: 2 Descrición da axuda (prestación, subsidio, etc.): Administración, organismo, ente ou sociedade a que se lle solicitou: Data da solicitude: Data de concesión: Contía integral mensual: Período polo que se lle concedeu: desde: ata: 3 Descrición da axuda (prestación, subsidio, etc.): Administración, organismo, ente ou sociedade a que se lle solicitou: Data da solicitude: Data de concesión: Contía integral mensual: Período polo que se lle concedeu: desde: ata: Non ter solicitado ou percibido ningunha outra axuda das administracións públicas ou entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade. Asdo.: LUGAR E DATA, de de SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE Edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela

DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7629 ANEXO IV DECLARACIÓN RESPONSABLE Dona, con DNI/NIE n.º DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE Que fun vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia. Que con data de de rematei a convivencia co meu agresor. Asdo.: LUGAR E DATA, de de SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE Edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela