Centro de Información Europea

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e procura de socios. Bolsas. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Qué facemos:

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e procura de socios. Bolsas. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Qué facemos:

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e socios. Bolsas e vacantes. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Que facemos:

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

Anexo. Detalle das accións

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

TALLER SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i. Plataforma de Innovación - SERGAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Á Mesa do Parlamento

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e socios. Bolsas e vacantes. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Qué facemos:

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Laboratorio do Territorio

Mapa de accidentalidade

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Plataforma de Innovación - SERGAS

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

XANEIRO - SETEMBRO 2018

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

O relevo e as costas de Galicia

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Programación de proba libre de módulos profesionais

prioritarios de atención, impulsará a delimitación espacial de proxectos singulares.

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

A máquina de escribir

Memoria Escola Galega de Administración Pública

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

CALIDADE E ORIXE EUROPA AMPARA OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Obra Social la Caixa en Galicia. Resumo anual 2017

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

DATOS IDENTIFICATIVOS

COMISION DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS REPRESENTACION EN ESPAÑA

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

memoria de responsabilidade social corporativa

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Transcription:

Centro de Información Europea Boletín Semanal nº 148-11/05/2017 Convocatorias Novas Socios Bolsas e Vacantes Cidadanía Europa a fondo Publicacións Axenda Suscrición gratuita ao boletín europedirect@dacoruna.gal www.dacoruna.gal/europedirect

Novas Xa temos aos premiados do IV Concurso de Fotografía Cidadáns Europeos en Galicia 60 anos cambiando vidas. O informe final da investigación no sector do comercio electrónico da Comisión Europea identifica prácticas empresariais que poderían restrinxir a competencia. A Comisión Europea publica a revisión intermedia da súa Estratexia para o Mercado Único Dixital e insta a que se adopten rapidamente as propostas clave. A Comisión Europea pon en marcha unha reflexión sobre o encanamento da globalización. Brexit: como protexer os dereitos dos cidadáns da UE que viven no Reino Unido. Convocatorias CONVOCATORIAS RECENTES Xustiza e Consumidores (JUST) CHAFEA/2017/CP/CPC-JA: Cooperación entre as autoridades nacionais responsables da aplicación da lexislación de protección do consumidor (CPC). CONS-ECC-2017: Acordos marco de asociación 2018-2021 para o establecemento dunha cooperación entre a CE e Chafea e o Ecc-net. Medio (ENV) e Acción polo Clima (CLIMA) LIFE+2017-Environment: Programa LIFE 2017 - Subprograma medio ambiente. LIFE+2017-ClimateAction: Programa LIFE 2017 - Subprograma Acción polo Clima. Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Peme (GROW) COS-TOURCCI-2017-3-03: COSME 2017 - Apoio á Promoción e Desenvolvemento de Produtos Turísticos Temáticos Transnacionais Vinculados a Industrias Culturais e Creativas. Redes de comunicación, contido e tecnoloxías (CNECT) CEF-Energy-2017: Convocatoria para a concesión de subvencións no ámbito das infraestruturas enerxéticas transeuropeas do Mecanismo «Conectar Europa» no período 2014-2020 Outras axudas ORDE do 11 de abril de 2017, conxunta da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2017. Extracto da Resolución do 21 de abril de 2017, da Dirección Xeral da Fundación EOI, pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións para a realización de contratos de mozos de máis de dezaseis anos e menores de trinta anos, para empresas de calquera sector, co fin de que as persoas novas non ocupadas, nin integradas nos sistemas de educación ou formación regulada poidan recibir unha oferta de emprego do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. ORDE do 25 de abril de 2017 pola que se modifica a Orde do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagos directos á agricultura e a gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. ORDE do 28 de abril de 2017 pola que se modifica o prazo de presentación das solicitudes previsto na Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio

aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocadas para o ano 2017. ORDE do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, convocatoria para o ano 2017. ORDE do 24 de abril de 2017 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2017. ORDE do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocadas para o ano 2017. CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réxime de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocadas para o ano 2017. Resolución do 6 de abril de 2017, da Entidade Pública Empresarial Rede.es, pola que se establecen as bases das axudas para o apoio a programas formativos no ámbito da economía dixital. Socios Erasmus+. Finlandia. O centro xuvenil internacional Vasatokka, localizado en Inari, ofrécese como organización receptora de voluntarios no marco de actividades EVS. Erasmus+. Turquía. A Fundación educativa INCI, con sede en Izmir, busca dous voluntarios que toquen instrumentos de corda tales como violín, violoncelo ou contrabaixos, para formar parte da súa orquestra. A actividade terá unha duración de seis meses. LIFE. Dinamarca. A Axencia Danesa da Natureza vai concorrer á convocatoria LIFE para desenvolver un proxecto de restauración dun arrecife de pedra situado no norte de Selandia. Busca socios que lideren ou participen en proxectos afíns para crear un grupo de expertos co obxectivo de compartir e construír coñecemento. Patrimonio Europeo. Francia. O Consello Departamental de Seine-et-Marne, propietario do castelo medieval Blandy-lles-Tours, busca socios para o seu proxecto de creación de Living Labs, que teñen como misión repensar parte ou a totalidade dos circuítos turísticos dun monumento histórico ou dun museo europeo, co fin de facelos máis accesibles a todos os públicos. H2020. Lituania. A cidade de Vilnius busca proxectos no ámbito da mobilidade sustentable para unirse como socio. As súas áreas de interese abarcan desde a aplicación de pavimentos innovadores para bicicletas ata a implementación dun sistema de e-ticketing intelixente e integrado.

Bolsas 15/05/2017: Prácticas no Parlamento Europeo. As prácticas para titulados universitarios teñen por obxecto permitirlles completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo. 17/05/2017: Bolsas de Internacionalización Empresarial ICEX 2019. Concesión de 285 axudas que permitan a formación de mozos profesionais especializados en internacionalización empresarial. 17/05/2017: Bolsas de formación do Instituto Cervantes. Estas bolsas terán a finalidade de formar especialistas nas distintas tarefas do Instituto Cervantes, relacionadas coa promoción do ensino, o estudo, o uso da lingua e da cultura española e hispanoamericana no exterior. 30/05/2017: Programa HP Academy 2017. A través deste programa, participarase activamente en diferentes módulos de capacitación ao mesmo tempo que se obtén unha visión estratéxica clara do mercado de gráficos, 3D e impresión. 01/06/2017: Bolsas de formación para titulados universitarios, en materia de transparencia, dereito ao acceso á información e bo goberno. As bolsas que se convoquen desenvolveranse dentro dun programa de formación práctica e integral sobre a transparencia da actividade pública, a regulación e garantías do dereito de acceso á información e obrigacións de bo goberno. Premios e Concursos 30/05/2017: Premio Energheia España 2017. O premio está dirixido a escritores entre 18 e 35 anos, de calquera nacionalidade, residentes en España, que tomarán parte no concurso cun conto inédito. 30/06/2017: Concurso EUROPAN 14 para novos arquitectos. EUROPAN 14 diríxese aos novos arquitectos europeos, asociados ou non con mozos profesionais doutras disciplinas. 16/07/2017: Concurso bolsa de aloxamento Uniplaces. Uniplaces convoca un concurso no que poderás gañar unha das 10 bolsas de aloxamento que ofertan para estudantes universitarios. 16/08/2017: Concurso de Historia para Mozas Eustory 2017. O concurso de historia para mozas preuniversitarios Eustory ten como concepto básico aprender investigando. O tema desta edición é Patrimonio Histórico. 06/09/2017: Premio Horizonte 2020 BIRTHDAYPRIZE-2016: Birth Day Redución da morbilidade e mortalidade materna e neonatal. A Fundación Bill e Melinda Gates e Merck Sharp & Dohme Corp., comprometéronse a outorgar premios aos gañadores. O Premio Birth Day é unha iniciativa da Comisión Europea. Vacantes Head of finance and procurement. AD9. Axencia Europea de Seguridade de Redes e Información (ENI- SA). Grao. Data límite: 15/05/2017. Accounting and compliance. AD8. Axencia Europea de Seguridade de Redes e Información (ENISA). Grao. Data límite: 15/05/2017.

NIS Expert. AD6. Axencia Europea de Seguridade de Redes e Información (ENISA). Grao. Data límite: 15/05/2017. Asistente Administrativo. GFIII. Axencia Europea de Seguridade de Redes e Información (ENISA). Heraklion. Data límite: 15/05/2017. Head of Veterinary Medicines Division. Axencia Europea do Medicamento (EMA). Londres. Data límite: 16/05/2017. Security Guard. GFI. Axencia Europea de garda de fronteiras e costas (FRONTEX). Varsovia. Data límite: 18/05/2017. Asistente Administrativo. GFIII. Oficina Europea de Apoio ao Asilo. La Valleta. Data límite: 19/05/2017. Contracts, Procurement, Vendor and Finance Officer. Axencia Europea do Medicamento (EMA). Londres. Data límite 22/05/2017. Apoio á tradución. AD5. Centro de Tradución dos Órganos da Unión Europea (CDT). Luxemburgo. Data límite: 23/05/2017. Information Management Specialist. GFIII. Axencia Europea de Defensa (EDA). Bruxelas. Data límite: 29/05/2017. 45 prazas de Formación Dual: atención a persoas en situación de Dependencia. Alemaña. Data límite: 20/05/2017. Ofertas de Hostalería e Restauración en Baden-Württemberg: camareiros, chefs e recepcionistas. Alemaña. Data límite: 08/08/2017. Condutor C ou CE. Bélxica. Data límite: 09/07/2017. Fontaneiro. Bélxica. Data límite: 09/07/2017. Operador de Máquina Dobradora CNC. Bélxica. Data límite: 09/07/2017. Operario de Industria Cárnica (Vacún). Bélxica. Data límite: 09/07/2017. Operario para colocación de empalizadas en zona marítima. Bélxica. Data límite: 09/07/2017. Soldador TIG. Bélxica. Data límtie: 09/07/2017. Enfermeiros. Bélxica. Data límite. 10/07/2017. Fisioterapeutas para Hospitais Públicos. Francia. Data límite: 30/06/2017. Fisioterapeutas para Clínicas e Hospitais Privados. Francia. Data límite: 30/06/2017. Fisioterapeutas para Establecementos termais. Francia. Data límite: 30/06/2017. Technical Consultant Developer. Grecia. Data límite: 28/05/2017. Software Engineer 24-7 Support. Grecia. Data límite: 28/05/2017.. Delivery Consultant - Project Manager. Grecia. Data límite: 28/05/2017. Application Consultant. Grecia. Data límite: 28/05/2017. Enfermeiras para Hospitais Públicos: entrevistas en Madrid. Irlanda. Data límite: 20/06/2017. Vacantes de primaria e de secundaria para Inglaterra (inmediatas e para setembro 2017). Reino Unido. Data límite: 30/05/2017. NHS nurses in the Leicestershire area. Reino Unido. Data límite: 04/07/2017 Support Worker (Children & Adults). Reino Unido. Data límite: 02/06/2017

Cidadanía Europe Direct A Coruña vístese de gala no #DiaDeEuropa: estreamos nova imaxe nos actos informativos organizados na Deputación provincial e na Biblioteca provincial O centro de información Europe Direct A Coruña aproveitou a conmemoración do Día de Europa para lanzar a nova imaxe, obra do ilustrador Xosé Cobas. O ilustrador galego retomou neste deseño a imaxe narrativa, metafórica, con símbolos referidos á Europa Comunitaria a través dos seus monumentos máis representativos dentro dun escenario naturalista idealizado. Ao ser unha imaxe esencialmente narrativa optei por un formato tira, moi alongado, o que beneficia a súa fragmentación á hora de aplicalo sobre distintos soportes, explica Cobas. Esta imaxe identificará o centro de información Europe Direct A Coruña a partir de agora pois será visible en todos os produtos físicos e dixitais que se editan desde o centro (material promocional marcadores, folletos, etc- e todas as ferramentas de comunicación do centro Boletín 9 UE, páxina web). Este número do boletín incorpora xa o novo deseño. Na portada, explica Cobas, interpretouse a ilustración creada nun movemento ondulante sobre a base dun A-4 e nun contexto atmosférico, en tons azuis, que invade toda a páxina. No centro da devandita páxina puxen luz para que o símbolo 9 destaque e cobre o protagonismo desexado. Deste xeito todos os demais elementos, textuais e gráficos, informan sen competir co mencionado símbolo. No interior do boletín, Xosé Cobas, utiliza o grafismo ondulante exento como nexo para que as seguintes páxinas non queden desvinculadas da portada. Deste xeito conséguese, ao mesmo tempo, dotar o conxunto dunha certa unidade estética, explica o autor. A celebración do Día de Europa comezou á primeira hora da mañá no pazo da Deputación Provincial da Coruña onde o equipo de Europe Direct A Coruña estivo presente para recibir a cidadanía e convidala a participar na enquisa en directo O futuro da Unión Europea. Na entrada do pazo provincial colocouse un panel con información sobre os cinco escenarios que a Comisión Europea propuxo para o futuro dunha Unión Europea dos vinte e sete no ano 2025 e que se desenvolven no Libro Branco sobre o Futuro de Europa, documento presentado no Cume de Roma do 25 de marzo e que supón unha proposta para un novo comezo da Unión Europea a 27 países membros.

No Libro Branco a Comisión Europea expón cinco posibles escenarios para Europa en 2025: Escenario 1: Seguir igual - A UE dos 27 céntrase no cumprimento do seu programa de reformas de acordo co espírito das orientacións da Comisión de 2014 «Un novo comezo para Europa» e da Declaración de Bratislava, aprobada polos 27 Estados membros en 2016. Escenario 2: Só o mercado único A UE dos 27 céntrase gradualmente no mercado único ao non alcanzar acordos os Estados membros nun número crecente de ámbitos. Escenario 3: Os que desexan facer máis, fan máis. A UE dos 27 segue funcionando como na actualidade, pero permite aos Estados membros que o desexen unha maior colaboración en ámbitos específicos, como a defensa, a seguridade interior ou os asuntos sociais. Escenario 4: Facer menos pero de forma máis eficiente - A UE dos 27 centra a súa atención en aumentar e acelerar os logros nos ámbitos de actuación prioritarios que elixiu, mentres que intervén menos nos que se percibe que non achega valor engadido. Centra a súa atención e os seus recursos limitados nun número reducido de ámbitos políticos. Escenario 5: Facer moito máis conxuntamente Os Estados membros deciden compartir máis competencias, recursos e tomas de decisións en todos os ámbitos. As decisións adóptanse con maior rapidez a nivel europeo e aplícanse con celeridade. Os cidadáns que visitaron a Deputación provincial durante a mañá do 9 de maio puideron votar sobre os escenarios propostos a través dunha enquisa en liña, nos equipos habilitados para o efecto. O resultado final da enquisa arroxou como opción maioritaria o número cinco, pola que votaron o 82 % dos participantes. O embaixador de Italia en España, D. Steffano Sannino, tamén participou na enquisa aproveitando a súa visita á Deputación provincial, onde foi recibido polo presidente, D. Valentín González Formoso, no marco da celebración do Día de Europa, nunha visita institucional na que abordaron o futuro e os retos aos que se enfronta o proxecto común europeo. Ademais, como xa é habitual neste día, situáronse casetas informativas na Biblioteca provincial e na entrada da Deputación da Coruña. Neles, o equipo de Europe Direct A Coruña respondeu ás preguntas dos cidadáns e proporcionou a todos os interesados, publicacións sobre a Unión Europea e material promocional do centro.

Europa a fondo AEROCAR (Tecnoloxías Ligtweight mediante Composite Termoplásticos) O proxecto AEROCAR aspira a crear unha rede de transferencia tecnolóxica entre os sectores da aeronáutica e a automoción e mellorar así a produtividade nos devanditos sectores grazas á implantación e intercambio de novas tecnoloxías, materiais e procesos. Aprobado durante a primeira convocatoria do programa baixo o eixo prioritario nº1, cun presuposto FEDER de 944.910,27, AEROCAR é ante todo un consorcio de entidades francesas, españois e portuguesas que buscan fomentar a innovación en sectores de especial relevancia para o desenvolvemento territorial e dinamización da área Sudoe, debido, entre outras cousas, ás súas altas taxas de empreabilidade. Eixo prioritario: Eixo 1: Investigación e innovación. Obxectivo específico: Obxectivo 1b1: Reforzar o funcionamento sinérxico e en rede da I+D+i a nivel transnacional nos sectores específicos do Sudoe a partir da especialización intelixente. Sector: 0.1 Industria automóbil Convocatoria: Primeira. Data de inicio do proxecto: 01/07/2016 Data de finalización do proxecto: 30/06/2019 Duración: 36 meses Beneficiario principal: Leartiker, S. Coop. (ES) Beneficiarios: Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Industria de Automoción de Galicia (ES) RESCOLL (FR) Instituto de Ciência e Inovação em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial PT Persoa de contacto: Ibán Sánchez (email: isanchez@cdiconsultoria.com) Custo total subvencionable ( ): 1.259.880,36 Axuda FEDER ( ): 944.910,27 Rexións participantes: Aquitaine, Galicia, Norte de Portugal, País Vasco Destinatarios: Asociacións empresariais de produtores e fabricantes Centros e parques tecnolóxicos/científicos Fundacións universidade-empresa / Fundacións universitarias Gran empresa Institutos, laboratorios e centros de investigación Microempresa Outros actores públicos de innovación e transferencia tecnolóxica (Axencias Rexionais de Innovación) Pequena e mediana empresa (PEME)

Publicacións 12 Leccións sobre Europa Dispoñible en PDF Axenda 14/05/2017: Concentración da iniciativa cidadá Pulse of Europe na Coruña 12 e 19/05/2017: Webinar: Elaborating your ideas into a business model-stepping stones to take. Do 15 ao 19/05/2017. Open EUREKA Innovation Week. Barcelona. 18/05/2017. Infoday: JTI de Bioindustrias. Barcelona. 19/05/2017: Xornada informativa sobre o programa Europa cos Cidadáns. Madrid. 22 e 23/05/2017: Opening Energe Horizons: Getting ready for success in the new Horizon 2020 Work Programmes (2018-2020). Bruxelas. 01/06/2017: Foro Económico de Bruxelas #EUBEF2017. Bruxelas. Do 06 ao 07/06/2017: World Circular Economy Forum 2017. Helsinqui. Síguenos en: