Alegoría do leite ou "Torradas de parida" (Torrijas del puerperio) nun retablo custodiado polo Museo de Pontevedra

Similar documents
O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O relevo e as costas de Galicia

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Continuamos sacando á luz a obra

Mapa de accidentalidade

Tiñamos constancia por Martínez Santiso da existencia do Cuartel do Reximento de

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

La Guerra Y La Paz (Spanish Edition) By Leon Tolstoi

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Absorbentes solo aceites

Welcome to Greenman and the Magic Forest

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

A máquina de escribir

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

Informe mensual do paro rexistrado

THE CENTRE FOR INTERPRETATION AS AN INSTRUMENT FOR HERITAGE AND DEVELOPMENT

COMMUNITY CONVERSATION: POLICE SERVICES AND LEADERSHIP

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.


Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña)

LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO

Youth Workshop/Taller de Jovenes

BienvenidosaSevila,capitaldeAndalucíayunadelasciudadesmásbonitasyalegresdelmundo!

Bolivia: case study of scaling-up and impact. Dra. Ana Maria Aguilar Liendo La Paz Bolivia

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

20 Poemas De Amor (Spanish Edition) By Pablo Neruda READ ONLINE

La Casa De Riverton (Spanish Edition) By Kate Morton READ ONLINE

Castelao En Cuba (Documentos Para A Historia Contemporanea De Galicia) By Xose Neira Vilas READ ONLINE

Á Mesa do Parlamento

Diseno Grafico (Spanish Edition) By Vicente Rojo READ ONLINE

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao

SINALÉCTICA CONCELLOS

20 Poemas De Amor (Spanish Edition) By Pablo Neruda

Informe sobre o antigo mosteiro de Nosa Señora das Donas, de Betanzos: características, evolución e estado actual do edificio

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA OS TRABALLADORES QUE ENTREN EN CONTACTO CON CASOS POSIBLES OU CONFIRMADOS DE ÉBOLA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

2VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

PRÁCTICAS HOTELEIRAS NA XESTIÓN DE CRISE POR CATÁSTROFES: O CASO DE GALICIA

Gravados rupestres no Couto dos Golpes (Santa Cruz do Salto, concello de Cabanas)

Coleccion De Historiadores De Chile Y Documentos Relativos A La Historia Nacional, Issue (Spanish Edition) By Anonymous READ ONLINE

Middle Panel Panneau du milieu Panel medio 1

o sorriso de Daniel la sonrisa de Daniel the smile of Daniel

VIOLENCIA RURAL INTERCOMUNITARIA NO SUESTE DE GALICIA. UN CASO CONCRETO: MOIALDE CONTRA SAN PEDRO DE POUSADA

O pintor Seijo Rubio e Betanzos: A feminidade da paisaxe mariñá

Probas dos elementos internos do alternador


Apliques A BL

a suite of three songs about childhood, for SATB chorus and piano

A PICTURE IS WORTH A THOUSAND WORDS

Notas para o estudo das primeiras arquitecturas industriais na Estrada

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

Historia dos dereitos da infancia

Kindergarten Spanish Curriculum Martha-Julia Renderos. Content Skills Resources/Assessment. September. October

ECONOMÍA APLICADA 13

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

Routes of Santiago de Compostela: Camino Franc s and uitwisseling tussen het Iberisch schiereiland en de rest the Camino de Santiago in Camino de

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Xuntos e case revoltos: os condes de Pallares e Pardo-Bazán na Galiza do progreso indefinido

71248

71248

TM 71251

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

TÚMULO 5 DE TORNO DOS MOUROS (ORTIGUEIRA, A CORUÑA). PRIMEIROS RESULTADOS

MANUAL DE FARMACIA CLINICA Y ATENCION FARMACEUTICA. EL PRECIO ES EN DOLARES BY JOAQUIN HERRERA CARRANZA

O INSTITUTO DE ESTUDIOS GALEGOS PADRE SARMIENTO: A RECUPERACIÓN DA MEMORIA. A MIÑA HOMENAXE A FILGUEIRA VALVERDE

FUNDAMENTOS DEL MANAGEMENT DEL DISENO (SPANISH EDITION) BY KATHRYN BEST

Pedro de Arén, arquitecto de Terra de Montes (c ), e a súa descendencia

Departamento de Geografía e Historia. Curso 2016/2017. Actividades de recuperación de 1º de la ESO Bilingüe Inglés.

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Proyectores P NE

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

DECLARACIÓN Y PREGUNTAS Y RESPUESTAS DE APOYO SOBRE LA ACTUALIZACIÓN DE LA ALERTA DE VIAJES DEL 20 DE FEBRERO DE 2009

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

HONDURAS. Click to edit Master subtitle style

EMPRESARIOS DE GALICIA

A minería do wolframio en Galicia durante o século XX


LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

PRIMARIA CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN PUBLICACIÓN

Historia Del Arte: El Lenguaje Secreto De Los Simbolos Y Las Figuras De La Pintura Universal (Spanish Edition) By Sarah Carr-Gomm

Os restos romanos existentes no solar do Pazo do Bispo de Ourense antes da súa construción

M.Info. M.Info. Pg 1 SÁBADO :00 CASINO POLANA.

Sarmiento. Dous modelos educativos, duas escolas enfrontadas: a escola republicana e a escola nacional-católica 1

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DECRETOS

1.- Begoña ( ) Grupo: Neil Young Álbum: Harvest Canción: Herat of Gold Media das notas outorgadas á canción: 5,8

CASA POPULAR GALEGA TIPOLOXÍA

P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS

Camiños de ida e volta: a emigración herdada

Transcription:

Alegoría do leite ou "Torradas de parida" (Torrijas del puerperio) nun retablo custodiado polo Museo de Pontevedra No Sexto Edificio do Museo de Pontevedra podemos contemplar as tallas do retablo da capela maior da igrexa de Santa María desta cidade, que foi parcialmente destruído a principios do século XX. Os relevos expóñense arredor dun debuxo do antigo retablo no que aparece a posición que ocupaban. O relevo que falta está en restauración. Segundo o profesor Filgueira Valverde, en 1623 os vicarios e confrades do Corpo Santo lograran reunir máis de mil douscentos ducados destinados a sufragar os gastos deste retablo. O proxecto elixido por eles foi o de Francisco de Antas, comprometéndose este, en agosto de 1623, ante o notario Juan de Saá, a levar a cabo a parte arquitectónica da obra no prazo de tres anos, percibindo por iso mil douscentos ducados. O contrato especificaba que o arquitecto só se comprometía á fábrica da arquitectura, coa condición de que as imaxes debía encargalas á súa costa ó mellor mestre escultor que houber. 1

O escultor elixido foi Jácome de Prado (1), ó que se encomendou que tallase cinco "historias" de medio relevo para o retablo contratado, entre elas a que nos ocupa: A Natividade da Virxe. Nela represéntanse dúas escenas domésticas situadas na mesma estancia e divididas en dous momentos próximos no tempo. A primeira escena sitúase na parte superior e a segunda na inferior, compartindo ambas as dúas o mesmo ambiente caseiro. Esta "historia" ten unha lectura iconográfica que se presta a diversas interpretacións. O que máis atrae a nosa atención é a acción dunha muller que derrama o leite do seu peito sobre un prato que, probablemente, contén uns alimentos de cor vermella nos que non se aprecia a cor branca do leite. 2

INTERPRETACIÓN DAS ESCENAS Partindo do título da historia: A Natividade da Virxe, na nosa opinión, a interpretación é a seguinte: Na escena superior está representada a alcoba de santa Ana e esta no seu leito pouco despois do parto, recibindo os coidados dunha parente ou amiga que probablemente exercera de parteira ou comadroa. Esta muller porta na súa man dereita un prato co que podería ser unha torta ou un biscoito para ofrecerlle a parturiente polo éxito do seu alumeamento, aínda que a miña impresión persoal é que se trata dun cubrepratos dos utilizados para preservar os alimentos do aire ou para conservar a súa temperatura. Podemos supoñer que o protexido polo cubrepratos é un alimento que, ademais de cumprir a súa función nutritiva, teña capacidade de estimular a lactación, como era costume na data de realización do retablo. Por detrás, a figura de san Xaquín con barba e turbante supervisando a acción. Á esquerda de ambas as dúas escenas, complementando á segunda escena e abranguendo toda a altura da historia, vese unha muller que está a secar uns cueiros á calor do lume dunha lareira e sobre ela unha cheminea que, na parte superior, ten unha repisa que soporta uns picheis ou xerras de uso doméstico. Na segunda escena podemos ver a santa Ana coa Virxe nos seus brazos profusamente enfaixada (2) e á súa esquerda outra muller cun neno de aproximadamente dous ou tres anos que está de pé suxeitándose ós seus xeonllos. Esta muller comprime a súa mama esquerda coa súa man dereita, deixando a mamila entre os seus dedos índice e medio. Da 3

mama xorde un xeneroso chorro de leite que parece dirixido a un prato que a muller suxeita coa súa man esquerda. Os alimentos contidos no prato son de cor vermella. Segundo cremos, son unhas torradas típicas galegas (3) utilizadas para a recuperación das parturientes e para a estimulación da secreción de leite, xa que esta era a dieta que no século XVII se utilizaba con estes fins. Aínda que na maioría das receitas deste prato un dos ingredientes é o leite, en Galicia substituíase por viño tinto, de aí a súa cor vermella. (Receita das torradas de parida": pan, ovo, viño tinto e mel). Alegoría do leite O chorro de leite, que inicialmente interpretaramos como un ingrediente máis do prato, cremos que é unha intencionada imaxe que o artista quere plasmar de forma alegórica, para demostrar así a bondade das torradas para a secreción láctea. O intenso chorro, que mana de forma tan pouco natural (4), dirixe a nosa vista cara ós alimentos do prato, indicando que estes son a causa da súa abundancia. Remarca tamén esta idea a presenza dun neno que segue recibindo a súa porción diaria de leite materno ós dous ou tres anos (5), estimulada, probablemente, polos mesmos alimentos da súa nai durante o puerperio. Discrepamos da opinión doutros autores que interpretan que o leite está destinado á recén nacida xa que, de ser así, non se recollería nun prato nin se mesturaría con outros alimentos. Gonzalo González Lorenzo 4

(1) JÁCOME DE PRADO: A obra deste escultor énos practicamente descoñecida despois de rexistrarse un só contrato en que apareza. Trátase do documento asinado ante o notario Pedro dás Seixas o 1º de xaneiro de 1626 no que Francisco Dantas Franco lle encarga o talle de cinco historias de medio relevo para o retablo de Pontevedra. Segundo se cre, traballou con Mateo de Prado, de quen podería ser parente, no retablo maior da Basílica da nosa Señora da Aciñeira de Ponferrada. (2) É un costume que xa se encontraba descrito na obra de Soranos de Éfeso un médico de orixe grega que viviu na Roma imperial, o cal a describía así: "...empezando polo antebrazo, envolver os dedos separados e despois de novo o antebrazo, o cóbado e o brazo. O tronco envólvese cunha venda máis ancha e as pernas do mesmo xeito que os brazos. Entre os nocellos e os xeonllos ponse un anaco de la para evitar que preman uns contra outros. Despois colócanse os brazos do neno ó longo do corpo, póñenselle os pés de lado e finalmente envólvese todo o neno como unha momia". (3) A torrada, da que se descoñece a súa orixe, aparece documentada xa no século XV, citada por Juan del Encina como prato indicado para a recuperación da parturiente e a estimulación da secreción láctea. Esta indicación mantívose durante varios séculos e aínda hoxe está presente nalgúns pobos de España. Efectivamente, este alimento contén proteínas de orixe vexetal e animal, aminoácidos esenciais, graxas e hidratos de carbono e, no caso das galegas, minerais e múltiples vitaminas no mel, ademais dun elemento euforizante como é o viño. (4) O leite para que saia a chorro debe facelo por "muxidura", é dicir por crear unha presión negativa con respecto á presión interna dos condutos galactóforos. (5) Aleitar durante varios anos ós nenos era un hábito frecuente no século XVII salvo no caso de enfermidade da nai ou no máis probable do nacemento doutro fillo. BIBLIOGRAFÍA José Filgueira Valverde. La Basílica de Santa María de Pontevedra: Fundación Barrié, 1991. E.H. Gombrich. La historia del arte: Editorial Debate, 1995. M.A. Arribas. Historia de la higiene y salud infantil: Editores médicos, 1997. Damián Carbó: Libro del Arte de las comadronas o madrinas del regimiento de las preñadas y de los niños. 1541. National Academy of Sciences. Nutrition during lactation: National Academy Press, Washington D.C. 1991. 5