REUNIÓN DA COMISIÓN 1.ª, INSTITUCIONAL, DE ADMINISTRACIÓN XERAL, XUSTIZA E INTERIOR. Día: Hora: 10:30

Similar documents
1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Á Mesa do Parlamento

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

Mapa de accidentalidade

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

-Do G.P de En Marea (doc. núm ) -Do G.P Bloque Nacionalista Galego (doc. núm ) -Do G.P dos Socialistas de Galicia (doc. núm.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Informe mensual do paro rexistrado

Anexo II. DECLARACIÓN DE BENS E DEREITOS i

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

O relevo e as costas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de novembro de 2017

Youth Workshop/Taller de Jovenes

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

ECONOMÍA APLICADA 13

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Consello Editorial. Comité Científico

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A máquina de escribir

MEMORIA DE ACTIVIDADES

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Á Mesa do Parlamento

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

informe de actividade issga

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 14/2008. PROCURADORA DA ESTRADA.

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Revista Galega de Economía Vol (2018)

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Memoria Escola Galega de Administración Pública

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

memoria de responsabilidade social corporativa

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

Transcription:

REUNIÓN DA COMISIÓN 1.ª, INSTITUCIONAL, DE ADMINISTRACIÓN XERAL, XUSTIZA E INTERIOR Día: 22.04.2016 Hora: 10:30

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 1.ª, INSTITUCIONAL, DE ADMINISTRACIÓN XERAL, XUSTIZA E INTERIOR POR ORDE ALFABÉTICA Mesa Presidente Agustín Baamonde Díaz Vicepresidente Hipólito Fariñas Sobrino Secretario Ricardo Vicente Docasar Docasar P P S Vogais Noela Blanco Rodríguez César Manuel Fernández Gil Jesús Antonio Goldar Güimil Carmen Iglesias Sueiro Jacobo Moreira Ferro Aurelio Alfonso Núñez Centeno María Tereixa Paz Franco María Julia Rodríguez Barreira José Javier Ron Fernández María Soledad Soneira Tajes Miguel Angel Tellado Filgueira S P P M P P BNG P AGE S P

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 1. Comparecencia en Comisión

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 47805(09/CPC-000291) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Do Sr. secretario xeral para o Deporte, por petición propia, para informar sobre o deporte adaptado en Galicia Publicación da iniciativa, 609, 02.03.2016

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 2. Preguntas orais en Comisión

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 2.1 46679(09/POC-006962) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre a xestión dos complexos deportivos de Elviña, A Sardiñeira e Agra, na cidade da Coruña Publicación da iniciativa, 599, 11.02.2016

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza Á Mesa do Parlamento María Tereixa Paz Franco e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para resposta oral en Comisión, relativa á xestión dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra na cidade da Coruña. Nas bases de contratación do Servizo de Xestión Integral dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra na cidade da Coruña, titularidade da Xunta de Galiza, contémplase o acceso ás instalacións públicas por parte de entidades deportivas federadas e inscritas no rexistro das entidades deportivas da administración deportiva autonómica de acordo cun cadro de tarifas. Ademais permítese o acceso libre ás instalacións públicas baixo o pago da cota establecida. Porén a Asociación Coruñesa de Waterpolo foi vítima dunha serie de abusos por parte da empresa concesionaria da xestión dos devanditos complexos deportivos que claramente vulneran o establecido nas bases de contratación. A Asociación Coruñesa de Waterpolo asinara un convenio coa empresa concesionaria para o uso das instalacións determinadas horas, a cambio de ofrecer waterpolo gratuíto aos seus abonados e abonadas e pagar a cota de abonado/a deportista mensualmente e por un mínimo de 60. Do devandito convenio tivo coñecemento en todo momento o Xefe Provincial do Servizo de Deportes de A Coruña. Porén a empresa concesionaria anulou unilateralmente o convenio e prohibiu a entrada ás instalacións aos deportistas da Asociación Coruñesa de Waterpolo nas condicións establecidas para o conxunto dos/as usuarios/as, anulando sen causa xustificada, e pese a estar ao corrente

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza do pago, todos os abonos. Incluso chegou a vetar o acceso aos/ás deportistas que identificou como membros da asociación cando os/as mesmos/as optaron por adquirir unha entrada individual. A este Grupo Parlamentar cónstalle que estes feitos foron postos en coñecemento do Instituto Galego de Consumo, do Xefe Provincial de Deportes e da Xerencia da Fundación Deporte Galego, sen que houbese resposta ás reclamacións. Doutra banda, o Grupo Parlamentar do BNG ten coñecemento de que a empresa Dobok Escuela de Taekwondo S.L está usando as instalacións deportivas públicas situadas nestes complexos en condicións claramente vantaxosas a respecto das estipuladas para as asociacións deportivas de base e sen ánimo de lucro. Dase a circunstancia de que Dobok Escuela de Taekwondo S.L é unha empresa mercantil e na mesma figura como Presidenta a esposa do Xefe Provincial do Deporte de A Coruña e o propio Xefe Provincial fai labores de preparador, segundo diversas informacións periodísticas. O Grupo Parlamentar do BNG considera escandaloso que se dificulte o acceso a unhas instalacións públicas, por moito que a xestión das mesmas estea concesionada, a asociacións deportivas de base e sen ánimo de lucro, cando unha función básica dos equipamentos deportivos públicos debe ser o fomento e divulgación da práctica deportiva. Consideramos tamén escandaloso que se vete o acceso de xeito totalmente arbitrario a deportistas que pretendían acceder ás instalacións nas condicións establecidas para o conxunto dos/as usuarios/as e consideramos finalmente aínda máis escandaloso o trato de favor a unha empresa mercantil con ánimo de lucro e presidida pola esposa do Xefe Provincial do Deporte e na que o propio Xefe Provincial fai labores de preparador, segundo diversas informacións periodísticas.

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza Polas razóns devanditas, formulamos a seguinte Pregunta para resposta oral en Comisión, relativa á xestión dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra na cidade da Coruña -É coñecedora a Xunta de Galiza do convenio de colaboración existente entre a a empresa Dobok Escuela de Taekwondo S.L e a empresa GAIA-MOVEX VIAL, encargada da xestión dos complexos deportivos de Elviña, Sardiñeira e Agra na cidade da Coruña? -Está autorizado o devandito convenio nas Bases de Concesión? -É coñecedora de que a Presidenta de Dobok Escuela de Taekwondo S.L é esposa do Xefe Provincial do Servizo de Deportes de A Coruña? É coñecedora a Xunta de que o propio Xefe Provincial do Deporte de A Coruña fai labores de preparador na devandita escola, segundo diversas informacións periodísticas? -Considera a Xunta de Galiza un exemplo de transparencia na xestión pública que unha empresa mercantil con ánimo de lucro e presidida por unha persoa con parentesco directo co Xefe Provincial de Deportes, se beneficie do uso de instalacións públicas? -Considera a Xunta de Galiza equitativo e un bo uso de instalacións públicas que a adxudicataria da xestión dos complexos cobre á Asociación Coruñesa de Waterpolo por dar waterpolo gratuíto aos/ás abonados/as e polo contrario o uso das instalacións pola empresa DOBOK sexa na práctica gratuíto, a través dun convenio de arrendamento de servizos?

OFICINA PARLAMENTAR Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es 15702 Santiago de Compostela Galiza -Coñece a Xunta de Galiza que estas reclamacións foron comunicadas á Xefatura Provincial de Deportes de A Coruña e á Xerencia da Fundación Deporte Galego sen que fosen tan sequera respostadas formalmente? -Que opinión lle merecen á Xunta de Galiza estes feitos? -Apoia a actuación da Xefatura Provincial de deportes de A Coruña e da Xerencia da Fundación Deporte Galego? -Vai iniciar accións para depurar responsabilidades? Santiago de Compostela, 4 de Febreiro de 2016 Asdo.: María Tereixa Paz Franco Deputada do G.P do BNG Francisco Xesús Jorquera Caselas Portavoz do G.P. do BNG Asinado dixitalmente por: María Tereixa Paz Franco na data 04/02/2016 17:35:25 Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 04/02/2016 17:35:32

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 2.2 48425(09/POC-007239) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Ron Fernández, José Javier e 5 máis Sobre as posibles repercusións da instalación de paneis informativos onde consta "Brión, vila termal", e o investimento realizado pola Xunta de Galicia na súa elaboración Publicación da iniciativa, 620, 22.03.2016

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO Os deputados Xabier Ron Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Sánchez García, Juan Manuel Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla Fernández, membros do Grupo Parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU- ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión I, relativa á existencia de paneis informativos que poden constituír un claro exemplo de publicidade enganosa. Hai escasos días, a veciñanza de Brión deitábase sorprendida por descubrir que, de repente, no seu concello, a Xunta de Galicia atopara augas termais. A sorpresa viña dada pola recorrente presenza de paneis indicativos de grandes dimensións onde consta Brión, vila termal. En Brión, como saben os veciños e veciñas de Brión, hai unhas fontes cuxas augas son consideradas boas para a pel. De feito, a propia toponimia conserva a memoria de ditas augas: Augas Férreas, unha fonte de manantío situada a escasos centos de metros da outra fonte, a que alimenta e emprega o Hotel-Balneario. Nunha páxina web que recolle información (turística) deste Hotel-balneario podemos consultar unha serie de datos sobre as características das súas augas que proceden dunha fonte que foi declarada de utilidade minero-medicinal en 1928. En dita web podemos ler o seguinte: Características e indicaciones: Hotel Balneario 3*** SUP 54 habitaciones. Características del agua: Aguas sulfurosas frías a 17ºC, bicarbonatadas sódicas, silicatadas y fluoradas. Recomendadas para problemas de la piel. Noutras fontes sinálase a súa importancia para problemas de saúde derivados de reumatismo,

respiratorio e aparello dixestivo. Nas diferentes fontes consultadas descríbese sempre a mesma temperatura. Consta, de forma expresa, no inciso que enfatizamos en negriña, que estamos ante augas frías, a 17 graos. Consideramos, ao igual que os veciños e veciñas de vello de Brión, que non estamos ante augas de tipo termal, que son as que saen a unha temperatura superior en cinco graos á auga de superficie. Por citar só un elenco probatorio diremos que as termas do Hotel-Balneario de Lugo teñen unha temperatura de 44 graos; as de Caldas de Cuntis a unha temperatura que vai desde os 34 graos ata os 54 graos; as dúas de Caldas de Reis, de 42 graos e 45 graos; ou as da cidade de Ourense que acollen nos seus diversos treitos temperaturas que van desde os 40 graos ata a máis outa de toda Galicia, 70 graos. Resulta evidente que os 17 do Balneario de Brión non son augas termais, senón augas minero-medicinais. Todo apunta a que estamos ante unha situación que provoca confusión e engana a unha cidadanía que pode pensar que en dita vila vai atopar unhas termas cando non é así. Unha confusión que provén ou ben da ignorancia en que viven os artífices de tal panel informativo, ben nun deliberado engano que pode explicarse, quizais, polo feito de que alguén se beneficiou do encargo publicitario e que, para minimizar os costes, optaron por asimilar as localidades onde hai hoteis-balnearios con fontes de manantío frías, ferruxinosas con aquelas que si teñen hoteis-balnearios con augas termais. Por todo o exposto, o grupo parlamentario de AGE formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión: 1) Canto diñeiro empregou a Xunta de Galicia na elaboración destes paneis publicitarios? 2) Cal é o concepto que ten a Xunta de Galicia de auga termal? 3) Non considera a Xunta de Galicia que este tipo de paneis, nunha vila como Brión, cun hotel-balneario de augas frías, pode conducir ao engano e provocar situacións incómodas na propia veciñanza de Brión? Compostela, 15 de marzo de 2016 Asdo. Xabier Ron Fernández Asdo. Ramón Vázquez Díaz Asdo. Eva Solla Fernández Asdo. Juan Fajardo Recouso Asdo. Antón Sánchez García Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asinado dixitalmente por: Jose Javier Ron Fernandez na data 15/03/2016 12:24:02 Ramón Vázquez Díaz na data 15/03/2016 12:24:09 Eva Solla Fernández na data 15/03/2016 12:24:15 Anton Sánchez García na data 15/03/2016 12:24:21 Juan Manuel Fajardo Recouso na data 15/03/2016 12:24:28 Xosé Manuel Beiras Torrado na data 15/03/2016 12:24:32

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 3. Proposicións non de lei en Comisión

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 3.1 44508(09/PNC-003705) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis Sobre a derrogación polo Goberno galego do artigo 11 do regulamento de desenvolvemento da Lei de dereito civil de Galicia, no que se establece que as solicitudes de parella de feito poidan ir acompañadas dun pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella Publicación da iniciativa, 564, 02.12.2015

Grupo Parlamentario Á Mesa do Parlamento Partido dos Socialistas de Galicia O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas e dos seus deputados Patricia Vilán Lorenzo, Mª Soledad Soneira Tajes, José Luis Méndez Romeu e Ricardo Vicente Docasar Docasar, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior. Exposición de motivos A Lei 2/2006 do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, foi entendida por todo o mundo como un grande avance sobre a anterior recompilación do noso dereito foral de 1995. A disposición adicional terceria desa lei de 2006 foi modificada no seguinte ano, regulando as parellas de feito e pasando a facer unha equiparación ao matrimonio subordinada á vontade dos seus membros e á de permanencia. A maiores, esixíase que se tratase de persoas maiores de idade e capaces (con limitacións derivadas de posibles lazos familiares), que se inscribise no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, podendo establecer así en escritura pública os pactos convenientes para as súas relacións económicas. O regulamento de desenvolvemento da lei (Decreto do 20 de decembro de 2007, modificado en 2008), no seu artigo 11, estableceu que as solicitudes poidan ir acompañadas de un pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella, pacto regulador que deberá establecerse en escritura pública e aparecer indicado na propia solicitude. Pese a que esta Lei de dereito civil de Galicia de 2006 (coa súa reforma) supuxo un importante avance sobre a anterior, andada no tempo e tras a súa aplicación, existe moita confusión e téñense formulado, a lo menos, os seguintes problemas: 1. A equiparación que fai a lei entre matrimonio e relación marital, que se estende ao réxime económico matrimonial e que, por defecto, establece como réxime o de gananciais. Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 Fax: 981 551 418 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es

Partido dos Socialistas de Galicia Grupo Parlamentario 2. A súa discutible eficacia fronte a terceiras persoas, diferentes dos membros da parella de feito, ou fronte á AEAT. 3. O gasto de Notaría que supón ter que establecer o réxime de separación de bens (o natural nos casos das parellas de feito) mediante unha escritura pública. Estas cuestións ata teñen orixinado unha cuestión de inconstitucionalidade formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nº 1826/2011. E o motivo non é outro que o feito de que, segundo doutrina do Tribunal Supremo, as parellas de feito non teñen réxime económico matrimonial (posto que non existe matrimonio) e, no peor dos casos, o réxime aplicable por analoxía sería o de separación de bens. Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión: O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a: 1. Derrogar o artigo 11 do regulamento de desenvolvemento da lei (Decreto do 20 de decembro de 2007, modificado en 2008), que establece que as solicitudes e parella de feito poidan ir acompañadas de un pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella, pacto regulador que deberá establecerse en escritura pública e aparecer indicado na propia solicitude. 2. Recoñecer a non existencia de réxime económico na parella de feito. Pazo do Parlamento, 25 de novembro de 2015 Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo Mª Soledad Soneira Tajes Ricardo Vicente Docasar Docasar Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia Asdo.: José Luis Méndez Romeu Deputado portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 Fax: 981 551 418 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es

Grupo Parlamentario Asinado dixitalmente por: Patricia Vilán Lorenzo na data 25/11/2015 18:50:10 María Soledad Soneira Tajes na data 25/11/2015 18:50:19 Partido dos Socialistas de Galicia Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 25/11/2015 18:50:25 Jose Luis Méndez Romeu na data 25/11/2015 18:50:30 Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 Fax: 981 551 418 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 3.2 47865(09/PNC-003985) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Ron Fernández, José Javier e 5 máis Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa aplicación do Pacto internacional de dereitos civís e políticos en todo o ordenamento xurídico do Estado español, así como a elaboración dun procedemento específico de implementación dos ditames do Comité de Dereitos Humanos da ONU Publicación da iniciativa, 613, 09.03.2016

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA) ao través dos seus deputados Xabier Ron Fernández, Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Sánchez García, Ramón Vázquez Díaz, Juan Manuel Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla Fernández, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión I, relativa á vulneración de dereitos humanos no noso país. Exposición de motivos A publicación do último informe sobre dereitos humanos realizado por Amnistía Internacional achega unha serie de consideracións negativas en relación á situación dos dereitos humanos no noso país e dos pasos regresivos que o goberno do PP está a dar nese eido. Abrangue este informe un conxunto de aspectos que recollen vulneracións de dereitos que van da liberdade de expresión ao dereito a vivenda, pasando pola vulneración de dereitos a diferentes colectivos, caso das persoas refuxiadas e migrantes. O conxunto marca unha serie de intolerables retrocesos en materia de dereitos humanos a causa de contrarreformas lexislativas e recortes en servizos públicos que poñen en cuestión aos dereitos humanos no noso país. En relación coas novas restricións ás liberdades de expresión e reunión derivadas da imposición da chamada lei mordaza, a lei 4/2015, o informe menciona a consideración negativa que sobre o texto legal recolleu o Comité de Dereitos Humanos da ONU en xullo do 2015. En particular o Comité considera excesivo o uso das sancións administrativas contidas na lei 4/2015, as cales exclúen a aplicación de certas garantías xudiciais. O recurso dunha terminoloxía vaga e deliberadamente ambigüa nalgunhas disposicións permite unha ampla e indesexable discrecionalidade na aplicación da lei; outrosí da prohibición

de facer uso das imaxes ou datos persoais ou profesionais de autoridades e membros das forzas e corpos de seguridade do Estado. Preocupación do Comité que se fai extensiva a outros artigos da mencionada lei: caso dos que afectan aos rexistros corporais esternos, ao uso das videocámaras, ou ás dilixencias de rexistro, identificación e comprobación. O Comité lamenta que o reino de España non garanta a aplicación directa do Pacto no ordenamento interno do Estado, consonte establece o artigo 10.2 da Constitución que di así: As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución recoñece interpretaránse de conformidade coa Declaración Universal de Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por España. Tamén nese capítulo de eivas, o Comité lamenta que o reino de España careza dun procedemento específico que implemente os dictámenes adoptados polo Comité en aplicación do chamado Protocolo Facultativo. Esa lagoa dificulta que haxa avances significativos en materias e casos que atinxen a dereitos fundamentais. Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE formula a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión: - O Parlamento Galego insta á Xunta a dirixirse ao goberno central para que revise a lei de seguridade cidadá 4/2015 e as subsecuentes contrarreformas do Código Penal, ao obxecto de garantir a máis estricta conformidade cos dereitos e liberdades recollidos no Pacto, segundo reclama o Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas. - O Parlamento Galego insta á Xunta a dirixirse ao goberno central para que elabore un procedemento específico de implementación dos dictámenes do Comité de Dereitos Humanos. - O Parlamento Galego insta á Xunta a reclamar do goberno central que garanta a aplicación directa do Pacto en todo o ordenamento xurídico interno do Estado español. En Compostela, a 29 de febreiro do 2016.

Asdo. Xabier Ron Fernández Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado Asdo. Eva Solla Fernández Asdo. Antón Sánchez García Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso Asdo. Ramón Vázquez Díaz Asinado dixitalmente por: Jose Javier Ron Fernandez na data 29/02/2016 13:59:07 Xosé Manuel Beiras Torrado na data 29/02/2016 13:59:13 Eva Solla Fernández na data 29/02/2016 13:59:14 Anton Sánchez García na data 29/02/2016 13:59:18 Ramón Vázquez Díaz na data 29/02/2016 13:59:20 Juan Manuel Fajardo Recouso na data 29/02/2016 13:59:22

Reunión da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior Día: 22.04.2016 Hora: 10:30 Orde do día 3.3 48023(09/PNC-003997) Grupo Parlamentario Mixto Iglesias Sueiro, Carmen Sobre a actuación policial durante a celebración do Entroido de Ourense Publicación da iniciativa, 613, 09.03.2016

GRUPO MIXTO PARLAMENTO DE GALICIA Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA. O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presentan a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior. O pasado luns de Entroido en Ourense, un mozo disfrazado de titiritero foi identificado por preto de sete ou oito axentes da Policía Nacional porque portaba unha pancarta que puña Gora Alka-ETA, nun xesto de crítica ao encarceramento de dous titiriteros en Madrid, acusados por enaltecemento do terrorismo e, actualmente, en liberdade provisional. Por estar no Entroido e ir disfrazado, nun inicio, o mozo pensou que se trataba dunha broma propia do festexo. Porén, os axentes enseguida levárono ao furgón policial para identificalo e tomar os seus datos. Tamén identificaron a outras tres persoas que se achegaron para interesarse pola situación. A Policía Nacional retiroulle ao mozo a pancarta e realizou o atestado no que facían alusión a un posible delito de enaltecemento do terrorismo pola pancarta en cuestión. A maxistrada do xulgado de Instrución Número 3 de Ourense -no que recaeu o atestado da Policía Nacional- apartouse da causa por falta de competencia para que sexa a Audiencia Nacional quen ditamine si a súa conduta é constitutiva de delito. Desta forma, non entra no fondo da cuestión e limítase a remitilo á Audiencia Nacional, órgano colexiado que levou a causa contra os comediantes identificados en Madrid. Parlamento De Galicia PNC 1

GRUPO MIXTO PARLAMENTO DE GALICIA Todo este procedemento semella unha broma absurda, producido por un descoñecemento profundo da tradición e a cultura ourensá e galega, unha utilización abusiva dos recursos do Estado, un atentado contra a libre expresión e a cultura secular... En definitiva, unha desmesura esperpéntica inxustificable. Non é compresible que en tempos onde a banda terrorista ETA cometía atentados, chegaran á Audiencia Nacional 2 ou 3 asuntos de enaltecemento do terrorismo, e agora, coa banda inactiva, cheguen á Audiencia máis de 30 ao ano. Isto só se explica pola instrumentalización política que as forzas do Estado están facendo destes delitos para controlar, dominar e someter á poboación crítica que lle resulta incómoda ás elites dirixentes e que só serve para axitar e crispar á sociedade. Polo exposto preséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión: O Parlamento de Galicia: Manifesta a súa preocupación polas recentes actuacións das forzas do Estado que instrumentalizan politicamente delitos tan graves como o delito de enaltecemento do terrorismo Reproba a actuación da Policía Nacional na celebración do pasado Entroido en Ourense que amosa un descoñecemento profundo das tradicións, festas e idiosincrasia galega por parte destes servidores públicos. Reclama á Xunta de Galicia que inste ás autoridades pertinentes a que actuacións similares non se volvan repetir por coartar e lesionar os dereitos das persoas como a liberdade de expresión e a seguridade xurídica 2 Parlamento De Galicia PNC

GRUPO MIXTO PARLAMENTO DE GALICIA Santiago de Compostela, 03 de marzo de 2016 Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia Asinado dixitalmente por: Carmen Iglesias Sueiro na data 03/03/2016 13:05:39 3 Parlamento De Galicia PNC