A ciencia ten nome de muller

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

A investigación feminista e con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:


PRIMARIA CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN PUBLICACIÓN

Mapa de accidentalidade

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

O relevo e as costas de Galicia

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

MEMORIA DE ACTIVIDADES

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

Nº 20- Agosto de 2018

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

SUSO FANDIÑO. Santiago de Compostela, 1971

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

Consello de Goberno Acordos da reunión do 17 de febreiro de 2005

Laboratorio do Territorio

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Os alumnos/as con ACI non deberán mercar os libros ata setembro

FROM TRADITIONAL MUSEUMS TO HYPERCONNECTED MUSEUMS (MURCIA, MAY 18)

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

2011 Master in Biotechnology specialized in Molecular Biology, Universidad Nacional de Quilmes. Score: 9.13/10.00 (cum laude)

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NEARCHing FACTORY PROGRAMME

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

STELLA 2014 Intercontinental Staff Mobility Programme

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

informe de actividade issga

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

Curriculum Vitae Profesional

TALLER SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i. Plataforma de Innovación - SERGAS

the science at the heart of beauty IMCAS Americas centro de convenciones august 1 to 3

MEMORIA ECONÓMICA E DE ACTIVIDADES

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

- IGNACIO EISSMANN ARAYA Phone: EDUCATION

Informe mensual do paro rexistrado

INFORME DO CURSO ACADÉMICO FACULTADE DE MATEMÁTICAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

A máquina de escribir

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

Curso ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE

Date 01/06/2018 Name and surname MERCEDES FERNÁNDEZ PARADAS DNI/NIE/passport L Age 47 Researcher identification number

RELATORES: CURRíCULOS

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao

La Guerra Y La Paz (Spanish Edition) By Leon Tolstoi

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

XANEIRO - SETEMBRO 2018

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Curricula Vitae Antonio Tena Junguito (March /2010)

MARIANA G. IRIARTE MASTRONARDO PO BOX , SAN JUAN, PR Tel

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

Á Mesa do Parlamento

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

Curso Avanzado de Coidados Paliativos Plan Galego de Coidados Paliativos

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

CURRICULUM VITAE CURRENT POSITION EDUCATION & QUALIFICATIONS RESEARCH PROJECTS AND GROUPS CARLOS GUILLERMO BENAVIDES-CHICÓN

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

CONSTITUTIONALIZING THE GLOBALIZATION

Indice Sobre Esclavos Y Esclavitud: (Seccion Civiles- Esclavos) (Biblioteca De La Academia Nacional De La Historia) (Spanish Edition) By Academia

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DA SAÚDE PÚBLICA. Memoria 2014

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

FISHING FOR LIFE SIX MONTHS ON NEWTON FUND-INSTITUTIONAL LINKS PROJECT

Convocatoria Pública 3/2018 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato en réxime temporal

MEMORIA. de actividades

Frontier Therapies in Brain Diseases: Focus on Purinergic Signalling (July 23-27, 2018, Santander, Spain)

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

Consello Editorial. Comité Científico

Transcription:

Descarrega o calendario e imprímeo en follas tamaño A4. Recorta dúas veces sobre un soporte ríxido, como cartón, o troquel da peana. Despois pega e recorta as follas que farán o interior. Encaderna con espiral ou argolas. A ciencia ten nome de muller Corta pola liña descontinua dúas pezas iguais sobre un soporte algo ríxido (cartón...)

A ciencia ten nome de muller

Mª José Alonso Fernández (Carrizo de la Ribera, León, 1958) Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da usc. Traballou na Université Paris-Sud e no mit. Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da usc de 2006 a 2010. Unidade de Igualdade Xaneiro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Desde 1992 dirixe o grupo de investigación de Nanobiofármacos no centro de investigación cimus- Campus Vida da usc. Dirixiu proxectos de investigación financiados pola otan, a oms, a Fundación Bill & Melinda Gates ou a Comisión Europea. É autora de máis de 200 publicacións científicas e inventora de 19 patentes. O impacto destes traballos levouna a ocupar o posto núm. 1 no ámbito de Farmacoloxía no Estado e o núm. 9 a nivel mundial, segundo o Times Higher Education-Thomson Reuters. Membra da Real Academia Nacional de Farmacia, da Academia Galega de Farmacia e da Real Academia Galega de Ciencias. Obtivo numerosos premios, como o Rey Jaime I de Nuevas Tecnologías 2011, o María Josefa Wonenburger 2013 e o premio Maurice Marie Janot da International Association for Pharmaceutical Technology. Webs: http://webspersoais.usc.es/mariaj.alonso http://www.usc.es/cimus/gl As historias da ciencia non recollen as achegas das mulleres nin recoñecen o seu traballo polo que podería parecer que non houbo científicas ou que a participación feminina no desenvolvemento da humanidade se reduce a un par de figuras «excepcionais». Vivimos nunha sociedade machista que establece o masculino como referente universal en todos os ámbitos. A participación feminina na ciencia, igual que noutros moitos campos, foi ocultada reforzando a idea de que todos os descubrimentos para o avance do coñecemento son sempre cousa de homes. Mais si que existiron mulleres protagonistas na historia da ciencia, si hai investigadoras desenvolvendo as súas carreiras profesionais a pesar das eivas de xénero. Este calendario pretende facerlles un recoñecemento recollendo algunhas desas figuras, fundamentais para o desenvolvemento científico e para o avance da sociedade e referentes nas carreiras profesionais das futuras investigadoras.

Febreiro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 Mar Capeáns Garrido (Santiago de Compostela, 1967) Licenciouse en Física no ano 1991 e doutorouse en Física de Partículas en 1995 pola usc. Traballa na Organización Europea para a Investigación Nuclear (cern) en Xenebra desde 1992, cando se incorporou ao grupo do Premio Nobel Georges Charpak a través dun programa para estudantes. Permaneceu alí con contratos de investigación ata 1998, ano no que decidiu trasladarse a Alemaña, primeiro ao desy (Hamburgo) e despois á Universität Heidelberg. En 2001 regresou ao cern para formar parte do persoal investigador do experimento atlas, participando desde entón en varias fases do proxecto lhc (The Large Hadron Collider) en colaboración con grupos científicos de todo o mundo. Actualmente lidera o grupo de Tecnoloxía de Detectores. En 2006 realizou un mba en Xestión de Proxectos Tecnolóxicos para ampliar a súa perspectiva sobre o traballo que leva a cabo. Web: http://ph-dep-dt.web.cern.ch Mª José Alonso Fernández (Carrizo de la Ribera, León, 1958) Xaneiro 29 30 31 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 1 Santo Tomé de Aquino 2 3 4 5

Marzo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Ángela Ruiz Robles (Villamanín, León, 1895 Ferrol, 1975) Mestra e inventora, estudou na Escuela de Magisterio de León, onde impartiu clases ata que en 1918 obtivo a praza e se trasladou a Ferrol. Na década de 1940 deseñou e realizou o atlas científico-gramatical, para dar a coñecer España con gramática, sintaxe, morfoloxía, ortografía e fonética; a máquina taquimecanográfica e, en 1949, unha enciclopedia mecánica, proxecto co que obtivo premios no Estado e en certames internacionais en Paris, Bruxelas ou Xenebra. Impartiu conferencias e escribiu e publicou 16 libros. En 1959 foi nomeada xestora delegada da Agrupación Sindical de Inventores Españoles en Galicia e, desde 1973, foi xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional, a onde pertencía como Enxeñeira en Inventiva e Investigación Científica. En 2011 a Universidad de Granada fíxolle unha homenaxe por ser a precursora do libro electrónico. Mar Capeáns Garrido (Santiago de Compostela, 1967) Febreiro 26 27 28 29 30 31 1 2 3 4 5 6 7 8 contra a mutilación xenital feminina 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 Martes de Entroido. Festivo local Ourense Mércores de Cinza. Festivo local Pontevedra 23 24 25 26 27 28 1 2 3 4 5 europeo da saúde sexual pola igualdade salarial

Abril 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Patricia Sanmartín Sánchez (Salvaterra de Miño, Pontevedra, 1981) Licenciada en Química pola usc, doutorouse en 2012 conseguindo o premio á Investigación 2013 da Deputación de Pontevedra. Realizou estadías en Alacante e Milán e gañou premios como nova investigadora na University uc Davis (California), a Universitat d Alacant, o inibic e a bolsa de posgrao no estranxeiro da Fundación Barrié. Impartiu docencia na usc, na Università degli Studi di Milano e na Universidad Autónoma de Campeche (México). É revisora en varias revistas científicas e autora de máis de 45 publicacións, 23 delas en revistas incluídas no jcr. Membra do grupo de investigación gemap-usc desde 2005, participou en 23 proxectos de investigación, dous deles europeos. Durante o último ano traballou no grupo de Microbioloxía Aplicada ao Patrimonio Histórico e Artístico de Ralph Mitchell na Harvard University e actualmente atópase no departamento de Ciencias para os Alimentos, a Nutrición e o Ambiente (defens) da Università degli Studi di Milano. Ángela Ruiz Robles (Villamanín, León, 1895 Ferrol, 1975) Marzo 23 24 25 26 27 28 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 1 2 Reconquista de Vigo. Festivo local Vigo das mulleres

Maio 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 María S. Soengas González (Agolada, Pontevedra, 1968) Estudou na udc e na Universidad Autónoma de Madrid onde se licenciou en Bioloxía Molecular. Doutorouse con honores polos seus estudos no Centro de Biología Molecular Severo Ochoa dirixido por Margarita Salas. En 1997 trasladouse ao laboratorio Cold Spring Harbor en Nova York, desde onde colaborou co Memorial Sloan Kettering Cancer Center, centro de referencia mundial na loita contra o cancro; en 2002 uniuse á University of Michigan para desenvolver un programa de investigación e creou o seu propio grupo de investigación con só 33 anos. Desde 2008 é a directora do Grupo Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas e desde 2012 coordina o Decanato de Asuntos Científicos deste centro Autora de numerosas publicacións e recoñecida con diferentes premios nacionais e internacionais polos seus estudos na loita contra o cancro. Web: http://www.cnio.es/es/grupos/plantillas/presentacion. asp?pag=903 Patricia Sanmartín Sánchez (Salvaterra de Miño, Pontevedra, 1981) Abril 30 31 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 1 2 3 4 5 6 7

Xuño 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Alicia Estévez Toranzo (Pontevedra, 1955) Catedrática de Microbioloxía e Parasitoloxía da usc e membra do órgano de goberno do Instituto de Acuicultura da usc. Estudou na University of Maryland e na University of Oregon e regresou a Galicia en 1981. Investigadora con sete patentes relacionadas coa acuicultura, o seu traballo céntrase no campo da Biotecnoloxía, concretamente no estudo de patoloxías de peixes ictiopatoloxía e a elaboración de vacinas para acuicultura. Dirixiu 17 teses de doutoramento e publicou preto de 300 traballos de investigación en revistas científicas e numerosos capítulos de libros. Obtivo o Premio Jaime Ferrán que outorga a Sociedad Española de Microbiología, na categoría de nova investigación no ano 1993 e o Título de Excelencia Galega en Investigación 2006 da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña. Catedrática numeraria de Farmacia e Bioloxía da ragc, foi a segunda muller en entrar despois de Pilar Fernández Otero. María S. Soengas González (Agolada, Pontevedra, 1968) Maio 27 28 29 30 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 das mulleres pola paz e o desarme 25 26 27 28 29 30 31 da acción pola saúde das mulleres 1 2 3 4

Xullo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Rocío Sotillo Román (Madrid, 1975) De orixe ourensana, creceu en Vigo e licenciouse en Farmacia pola Universidad ceu San Pablo e doutorouse en Bioloxía Molecular na Universidad Autónoma de Madrid. Traballou no cnio e despois trasladouse ao Memorial Sloan Kettering Cancer Center (Nova York). Desde o ano 2010 forma parte do embl (European Molecular Biology Laboratory) en Monterotondo (Italia) e desde 2011 é investigadora do European Research Council, onde está centrada en estudar como certas anomalías cromosómicas poden influír na recorrencia dos tumores. Acadou numerosos premios pola súa labor, como o Memorial Sloan Kettering Cancer Center Research Fellow Award, o Charles H. Revson Foundation Award, o Thomas G. Labrecque Foundation Award, o Uniting Against Lung Cancer Program ou o European Research Council Investigator. No ano 2011 o Howard Hughes Medical Institute outorgoulle o International Early Career Scientists, un galardón co que recoñece a 28 profesionais da investigación de fóra dos eua con potencial suficiente para converterse en líderes a nivel mundial. Actualmente é catedrática na Universität Heidelberg (Alemaña). Web: http://www.embl.it/research/unit/sotillo/members/?s_ personid=cp-60011933 Alicia Estévez Toranzo (Pontevedra, 1955) Xuño 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 1 2 3 4 5 6 7 8 9 do orgullo lgtbqi

Agosto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Mª del Carmen Martínez Rodríguez (Cangas del Narcea, Asturias, 1961) Licenciada e doutora en Bioloxía pola usc. Iniciou a súa carreira investigadora no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e completou a súa formación con estadías en Francia, Italia e Alemaña. En 1999 obtivo a praza de Científica Titular do csic na Misión Biolóxica de Galicia e fundou o seu equipo de investigación que actualmente é un dos de maior produción científica en viticultura a nivel. Na actualidade é Investigadora Científica e dirixe o Departamento de Viticultura e Forestal. Liderou numerosos proxectos de investigación públicos e privados, foi a responsable de 32 contratos de transferencia e autora da selección de 25 clons de diversas variedades de vide ademais de participar na patente dun lévedo ecotípico. É autora dun centenar de artigos e nove libros, revisora de varias revistas, avaliadora da anep e colaboradora nunha decena de grupos de investigación vitícolas internacionais e en todos os estatais. Participa en numerosas actividades de divulgación científica. Web: http://www.mbg.csic.es/vitis/es/quienes_somos.php Rocío Sotillo Román (Madrid, 1975) Xullo 29 30 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 1 2 3 4 5 6 San Bieito. Festivo local Pontevedra

Setembro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Pilar de Madariaga Rojo (Madrid, 1903 1995) De ascendencia materna lucense e vinculada a Galicia, iniciouse en ciencias no Laboratorio Foster da Residencia de Señoritas. Licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidad de Madrid e obtivo unha bolsa para estudar espectroscopía e óptica física no Vassar College (Nova York), que completou con outra da Junta de Ampliación de Estudios. En 1930 realizou unha estadía na Stanford University e despois estudou na Columbia University, cunha bolsa desa universidade. Bolseira no Instituto Nacional de Física e Química entre 1932 e 1936, traballou no grupo de investigación de Miguel Antonio Catalán e foi profesora de Física e Química nun instituto. Pertenceu á Sociedad Española de Física y Química e á Asociación Española de Mujeres Universitarias. Exiliouse nos eua como profesora de lingua e literatura española no Middlebury College, onde, truncada a súa carreira investigadora pola Guerra Civil, presentou a súa tese de doutoramento sobre a obra de Azorín. En 1968 regresou a España retirada da docencia e da investigación. Mª del Carmen Martínez Rodríguez (Cangas del Narcea, Asturias, 1961) Agosto 27 28 29 30 31 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 San Roque. Festivo local Vigo 24 25 26 27 28 29 30 31 1 2 3

Outubro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Olaia Naveiras Torres-Quiroga (A Coruña, 1977) Estudou Biomedicina na Phillips Academy Andover (Massachusetts) e Medicina na Universidad Autónoma de Madrid, que completou con estadías no verán en Colombia e no Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas. Rematou os seus estudos na Université Pierre et Marie Curie de París, onde acadou o Diploma de Inmunoloxía Xeral e das Infeccións do Institut Pasteur. No ano 2003, como bolseira de posgrao da Fundación Barrié e de La Caixa, iniciou os seus estudos de doutoramento na Harvard Medical School, polos que obtivo o Premio Hauser 2007 desta universidade. Actualmente realiza a súa formación clínica de médica hematóloga en Lausanne (Suiza) e traballa como investigadora no Instituto de Bioenxeñaría da École Polytechnique Fédérale de Lausanne e colabora co laboratorio Swiss Biobank. Web: http://naveiras-lab.epfl.ch/ Pilar de Madariaga Rojo (Madrid, 1903 1995) Setembro 31 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres 28 29 30 1 2 3 4 5 6 7 8

Novembro 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Teresa Miras Portugal (O Carballiño, Ourense, 1948) Comeuzou a estudar Farmacia na usc e rematou na Universidad Complutense de Madrid onde foi premio extraordinario e premio nacional fin de carreira en 1971. Obtivo unha bolsa para o Centro de Neuroquímica de Estrasburgo onde acadou o título de Docteur en Sciences en 1975 e posterioremente doutorouse en Farmacia na Universidad Complutense. É catedrática do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular iv en Veterinaria da Universidad Complutense de Madrid, onde traballa desde 1986, especializándose en receptores de nucleótidos e na súa repercusión en enfermidades neurodexenerativas con numerosas patentes. Ten máis de 200 artigos publicados en revistas de impacto e obtivo, entre outros, o premio de Investigación Miguel Catalán. En 2012 foi nomeada presidenta do Comité de Expertos para o estudo da necesidade de reformas na universidade española. É a presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia, a primeira en todo o Estado, e membra da Académie Nationale de Pharmacie de Francia. Olaia Naveiras Torres-Quiroga (A Coruña, 1977) Outubro 28 29 30 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 de Ada Lovelace (celebración dos logros das mulleres en ciencias, tecnoñoxía das mulleres e matemáticas) rurais 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 1 2 3 4 5

Decembro Susana Martínez-Conde García (A Coruña, 1969) Neurocientífica, estudou Psicoloxía na Universidad Complutense e doutorouse en Medicina e Cirurxía pola usc. En 1997 marchou a facer unha estadía posdoutoral co Premio Nobel David H. Hubel na Harvard University. Dirixiu o seu primeiro laboratorio de investigación no University College London e desde 2004 foi a responsable do laboratorio de Neurociencia Visual no Barrow Neurological Institute (Arizona). Actualmente dirixe o laboratorio de Neurociencia Integrativa do suny Downstate Medical Center da State University of New York. O seu traballo foi portada de revistas internacionais e publica tanto en revistas de investigación científica como de divulgación, ademais é a fundadora e directora executiva da Neural Correlate Society. Polo seu traballo de divulgación acaba de recibir o Science Educator Award da Society for Neuroscience. Teresa Miras Portugal (O Carballiño, Ourense, 1948) Novembro 26 27 28 29 30 31 1 2 3 4 5 6 7 8 da ciencia en galego 9 10 11 12 13 14 15 San Martiño. Festivo local Ourense 16 17 18 19 20 21 22 da solidariedade intersexual 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Organizou o 25 congreso anual da European Conference on Visual Perception e o 11 congreso anual da Association for the Scientific Study of Consciousness. Recibiu importantes premios polas súas investigacións como o Premio Prisma á Divulgación ou o EyeTrack Award. Web: http://smc.neuralcorrelate.com/ 23 24 25 26 27 28 29 de loita contra a violencia de xénero 30 1 2 3

Unidade de Igualdade Susana Martínez-Conde García (A Coruña, 1969) Decembro Índice 30 1 2 3 4 5 6 Xaneiro Mª José Alonso Fernández Xullo Rocío Sotillo Román Febreiro Mar Capeáns Garrido Agosto Mª del Carmen Martínez Rodríguez 7 8 9 10 11 12 13 Marzo Ángela Ruiz Robles Setembro Pilar de Madariaga Rojo Abril Patricia Sanmartín Sánchez Outubro Olaia Naveiras Torres-Quiroga Maio María S. Soengas González Novembro Teresa Miras Portugal 14 15 16 17 18 19 20 Xuño Alicia Estévez Toranzo Decembro Susana Martínez-Conde García Queremos agradecer a todas as mulleres que forman parte deste calendario a súa disposición para colaborar con nós. Tamén nos gustaría recoñecer a axuda que nos prestou Ana Jesús López z. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 1 2 3 Todas as imaxes empregadas foron cedidas polas investigadoras. 4 5 6 7