Porto-Muíños, Dinahosting e OpSeeker Tech gañan os premios PEL da Deputación ás mellores iniciativas empresariais coruñesas

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

MEMORIA DE ACTIVIDADES

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

O relevo e as costas de Galicia

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

Informe mensual do paro rexistrado

Obra Social la Caixa en Galicia. Resumo anual 2017

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Boletín Informativo de Traballo e Benestar

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

MEMORIA. de actividades

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e socios. Bolsas e vacantes. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Qué facemos:

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Anexo. Detalle das accións

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

TALLER SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i. Plataforma de Innovación - SERGAS

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Prof. Dr. Francisco Peña

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

RSE. e desenvolvemento sustentable

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e socios. Bolsas e vacantes. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Que facemos:

Estratexia

Laboratorio do Territorio

Á Mesa do Parlamento

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Curso ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

prioritarios de atención, impulsará a delimitación espacial de proxectos singulares.

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

CALIDADE E ORIXE EUROPA AMPARA OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

9 UE. Boletín. Novas. Convocatorias e procura de socios. Bolsas. Cidadanía. Europa a fondo. Publicacións. Axenda. Quen somos: Qué facemos:

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

ÍNDICE. 1. Escenario Financeiro 2. Análise Ingresos 3. Análise Gastos 4. Plan Estratéxico de Galicia

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

informe de actividade issga

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

Mapa de accidentalidade

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

memoria cámara oficial de comercio, industria e navegación de santiago de compostela

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

PORTO EXTERIOR ECONÓMICO DO SOBRE O EMPREGO NA CORUÑA E OUTRAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

COMISION DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS REPRESENTACION EN ESPAÑA

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

memoria de responsabilidade social corporativa


Centro de Información Europea

Mensual independente da Ulloa Ano 7. Nº 77. Setembro O instituto de estudos ulloáns recibe o Premio Son d Aldea 2018

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

RECURSOS E INSTRUMENTOS

PRIMER BIMESTRE ADM-106 ADMINISTRACION FINANCIERA 3 LU /January/ /February/2018

AmCham El Salvador AmCham El 3

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

A máquina de escribir

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DECRETOS

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

PROXECTOS DE LEI. Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano DECRETOS

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

Revista Galega de Economía Vol (2018


O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

Transcription:

Porto-Muíños, Dinahosting e OpSeeker Tech gañan os premios PEL da Deputación ás mellores iniciativas empresariais coruñesas Valentín González Formoso destacou a contribución das empresas á diversificación do tecido empresarial e salientou a a orixinalidade das ideas de negocio, que aproveitan os recursos da nosa provincia e buscan novos nichos de mercado Porto-Muíños, con sede en Cerceda, obtivo o galardón á Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada, pola súa traxectoria na transformación e comercialización de algas das costas galegas A empresa amiense OpSeeker Tech recibiu o premio á Mellor Iniciativa Empresarial Nova, en recoñecemento ao seu servizo único no mercado para fomentar as prácticas financeiras responsables A compostelá Dinahosting resultou premiada na categoría de Mellor Iniciativa Socialmente Responsable polo desenvolvemento de proxectos en prol do benestar dos traballadores e a súa colaboración con entidades sociais A Coruña, 23 de marzo de 2018. A Deputación da Coruña concedeu esta noite os galardóns da II Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da Provincia, nun acto celebrado no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO), que contou coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso; o deputado responsable da área de Economía e Emprego, José Luis García; o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, así como numerosos alcaldes e representantes do mundo empresarial da provincia. A empresa OpSeeker Tech, con sede en Ames, foi galardoada co distintivo de Mellor Iniciativa Empresarial Nova, mentres que a cercedense Porto-Muíños recibiu o galardón á Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada e a santiaguesa Dinahosting obtivo o premio á Mellor Iniciativa Socialmente Responsable. Cada unha das premiadas recibiu un trofeo de olería de Buño, un diploma acreditativo e 25.000 euros en metálico. A esta segunda edición dos premios provinciais ás mellores iniciativas empresariais presentáronse un total de 78 candidaturas de toda a provincia e de ámbitos de actividade moi variados, destacando ás dedicadas ás novas tecnoloxías da información e a programación informático, así como as empresas de servizos de enxeñaría e consultoría, comercio online e alimentación, hostalería, cosmética e estética, educación, turismo e actividades de servizos sociais.

A innovación e o emprendemento, claves do futuro O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi o encargado de entregar os galardóns ás tres empresas, das que destacou a "gran capacidade de innovación e unha aposta decidida pola calidade, o fomento de boas prácticas de xestión empresarial, a internacionalización e a aplicación de políticas de responsabilidade social corporativa". González Formoso agradeceu ás tres empresas que plantasen a súa semente na provincia da Coruña, impulsando e diversificando o tecido empresarial e salientou especialmente a orixinalidade das ideas de negocio, que aproveitan os recursos da provincia e buscan novos nichos de mercado. Nun mundo onde parece que todo está inventado, Dinahosting, OpSeeker e Porto-Muíños amosan que arredor de nós aínda temos novas vías que explorar, afirmou. Neste sentido, o presidente provincial explicou que, entre os obxectivos do certame convocado pola Deputación, atópanse o estímulo ao emprendemento e o recoñecemento aos máis de 100.000 emprendedores, autónomos, empresarios e empresarias dos concellos coruñeses, que co seu traballo diario contribúen a xerar emprego, oportunidades e crecemento. Na Deputación da Coruña, queremos que a nosa acción política se entenda indiscutiblemente ligada á creación e promoción do emprego, afirmou o presidente provincial, destacando o Plan de Emprego Local (PEL) no que se inscribe o galardón entregado hoxe. O PEL multiplica por 6 os recursos que a institución provincial viña destinando ao emprego, investindo 30 millóns de euros para apoiar aos concellos na contratación, respaldar o emprendemento e impulsar ás pequenas e medianas empresas en todos os concellos da provincia, explicou González Formoso. Pola súa banda, Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña e tamén presidente do xurado, agradeceu á Deputación da Coruña o impulso a "unha brillante iniciativa que valoriza a innovación, o esforzo e a responsabilidade social das nosas empresas" e destacou o elevado nivel das empresas que concorreron aos premios. Asemade, Fontenla subliñou o "esforzo, imparcialidade e profesionalidade" de todos os membros do xurado, composto por José Manuel Cotos, adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento da USC; José Andrés Faíña, presidente do Grupo de investigación de Competencia e Desenvolvemento da Unión Europea da UDC; Carlos Fernández Bermúdez, vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña; Fernando Barros Fornos, secretario da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; Miguel Miragaya, presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña; Isabel Ferro, xerente de I+D na empresa Calvo e José Sierra, presidente de honra de UROVESA. OpSeeker Tech, Porto-Muíños e Dinahosting, exemplos de innovación e boas prácticas de xestión na provincia

As tres empresas premiadas pola Deputación destacan pola orixinalidade da idea de negocio, as posibilidades de crecemento e expansión e a incorporación de boas prácticas de xestión tanto na inserción laboral das persoas con maior dificultade para atopar un traballo coma na colaboración con asociacións e entidades para promover proxectos que contribúan ao desenvolvemento socioeconómico dos concellos coruñeses. No caso de OpSeeker Tech, destaca por ter como misión a mellora da saúde financeira das empresas e das persoas particulares. Mediante unha serie de ferramentas online, OpSeeker desenvolve un labor pedagóxico para que as persoas comprendan a xestionar de modo responsable os seus aforros. Con este obxectivo, a empresa amiense desenvolveu unha app que simula investimentos en bolsa e movementos de capitais con diñeiro ficticio. Deste modo, establecen patróns de comportamento para cada usuario que axuda a detectar erros e a aprender a investir adoptando boas prácticas financeiras. Ademais este proxecto empresarial foi considerado por Business Insider como unha das 15 startups que se deben seguir en 2018. En canto a Porto-Muíños, trátase dunha empresa familiar situada en Cerceda que comezou a súa andadura en 1998 comercializando algas. Nos seus primeiros anos, procesábanas para a súa venta en deshidratado e conserva. Actualmente tamén se poden atopar os seus produtos en po, salgadura e en fresco. As súas algas distribúense por toda a xeografía española e en distintos países dos cinco continentes. Porto-Muíños dedícase tamén á elaboración doutros produtos autóctonos das costas galegas: conservas de ovas de ourizo de mar, fígado de rape, mexillóns con algas ou infusións, entre outros produtos. Ademais, Porto-Muíños destaca pola súa implicación na conservación da diversidade biolóxica do medio mariño, a súa fonte de subministro. Por este motivo, ten especial coidado na sustentabilidade dos recursos que explota e colabora co Departamento de Bioloxía Vexetal da Universidade da Coruña e co Instituto Oceanográfico de Santander para investigar e desenvolver técnicas de cultivo que contribúan á súa preservación. Por outra banda, a empresa compostelá Dinahosting, premiada na nova categoría de mellor iniciativa empresarial socialmente responsable, dedícase á xestión de aloxamento web e dominios, poñendo á disposición dos usuarios diversas ferramentas e servizos para facilitar a dixitalización e o desenvolvemento de proxectos online. Entre as medidas de responsabilidade social empresarial implantadas por esta empresa destacan o seu Plan de Igualdade, a aposta polo emprego de calidade mediante a contratación indefinida da práctica totalidade da plantilla, a preocupación e o coidado dos seus traballadores, a constitución dun Comité de Ética, a súa colaboración coa Fundación para a discapacidade e emprego Xoán XXIII dándolle aloxamento web gratuíto e facendo unha doazón anual de

20.000 ou a colaboración con Paideia, con numerosos centros de FP e a USC para a inserción da xuventude no mundo laboral. Ademais, Dinahosting vén de lanzar unha campaña de colaboración coa Asociación de Montes do Mancomun de Vincios (Gondomar), para axudar no repoboamento das áreas afectadas pola vaga de lumes que afectou a Galicia, e moi especialmente á provincia de Pontevedra, o pasado ano. Do mesmo modo, Dinahosting ten en marcha accións e proxectos para para loitar contra a violencia machista, promover do deporte, fomentar hábitos alimentarios saudables e patrocinar máis de 300 webs con fins sociais. ACHEGAREMOS FOTOGRAFÍAS DA GALA

Gabinete de Prensa Deputación da Coruña