REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO


BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

Mapa de accidentalidade

Memoria Escola Galega de Administración Pública

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

Á Mesa do Parlamento

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

O relevo e as costas de Galicia

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

C O N C E L L O A G U A R D A

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

Programación de proba libre de módulos profesionais

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

Anexo. Detalle das accións

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 14/2008. PROCURADORA DA ESTRADA.

TAXAS POLOS SERVIZOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS, PREVENCIÓN DE RUÍNAS, DERRIBAS, SALVAMENTOS E OUTROS ANÁLOGOS.

DATOS IDENTIFICATIVOS

A FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO SOCIAL

Transcription:

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL Introdución En orde á realización de actividades diversas para a protección civil en situacións de emerxencia, os concellos e os alcaldes teñen competencias en materia de protección civil, segundo o establecido nos artigos 25.2.c) e 21.1.y) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e artigos 80, 81 e 92 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia. O exercicio destas competencias ten que levarse a cabo fundamentalmente mediante actuacións dos concellos e dos alcaldes coa colaboración dun concelleiro delegado de protección civil, así como coa intervención coordinada dos servizos municipais dedicados de modo ordinario e permanente ao cumprimento de fins coincidentes coas necesidades derivadas das situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública. Así mesmo, nos números 3 e 4 do artigo 30 da Constitución española determínase que poderá crearse un servizo civil para o cumprimento de fins de interese xeral e que mediante lei se regularán os deberes dos cidadás nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, polo que parece necesario que, sen prexuízo do establecido na lexislación reguladora do servizo civil e da protección civil sobre canto antecede, se contemplen os recursos municipais mencionados coa incorporación dos cidadáns ás actividades que desenvolva a protección civil municipal, ofrecéndolles así oportunidades para asumir e realizar, Voluntariamente, o cumprimento dos deberes que a Constitución lles atribúe nas circunstancias aludidas anteriormente. Por outra banda, a Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre protección civil e o Real decreto 407/1992, do 24 de abril, que desenvolve a norma básica, en distintas partes do seu articulado recolle a participación, responsabilidade, competencias das diferentes administracións públicas na protección civil, tendo un papel importante os concellos que por ser a administración máis próxima aos cidadáns se converte na célula básica de protección civil, sendo a primeira en intervir en cantas emerxencias ocorran. Abondando na normativa, temos que recoller o establecido no Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e no Plano Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (PLATERGA), recollido como anexo do citado decreto, onde se establecen, entre outras, as directrices para a planificación de ámbito local, así como os cometidos que poden desenvolver as agrupacións de voluntarios no estudo e desenvolvemento dos distintos planos de emerxencia.

Para articular as oportunidades de colaboración dos cidadáns, individualmente considerados, coa protección civil municipal, parece conveniente regulamentar a organización e funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste concello, que se vinculará aos servizos básicos de intervención en emerxencias dependentes do concello para realizar as tarefas que procedan, sen prexuízo do que poida establecerse nas leis sobre prestación persoal e de servizos con carácter obrigatorio. Segundo o exposto e tralo acordo do concello, apróbase o Regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste Concello, que se transcribe seguidamente. Capítulo I Finalidade Artigo 1º A protección civil municipal ten como fin establecer unha organización baseada nos recursos municipais, contando coa colaboración das entidades privadas e dos cidadáns, para garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos producidos polas situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, sen esquecer todo tipo de emerxencias menores, mediante a realización de actividades que permitan evitalas, reducir os seus efectos, reparar os danos e, de ser o caso, contribuír a corrixir as causas produtoras destes. Artigo 2º A organización e funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, (en diante AVPC), como modalidade de incorporación dos cidadáns ás actividades de protección civil, rexerase polo establecido no presente regulamento, así como polas instrucións e directrices que, a efectos de coordinación xeral e participación no desenvolvemento ou execución dos planos, programas e actividades no sistema económico de protección civil, sexan ditadas polo órgano da Comunidade Autónoma competente coa materia, e demais administracións públicas de ámbito superior conforme se establece na Norma Básica de Protección Civil. Artigo 3º Poderán vincularse á AVPC as persoas físicas que con carácter altruísta se comprometan a colaborar directamente nas actividades dos servizos de protección civil dependentes do concello. Capítulo II Organización

Artigo 4º Un dos cauces para a colaboración voluntaria dos veciños na protección civil municipal, levarase a cabo mediante a incorporación destes á AVPC á que se refire o presente regulamento. Artigo 5º Poderán incorporarse á AVPC como voluntarios operativos todos os veciños maiores de 18 anos que cumpran os requisitos de acceso que poidan establecer as agrupacións, sen que en ningún caso poida facerse discriminación por razóns de sexo, políticas, ideolóxicas, relixiosas ou calquera outra circunstancia persoal ou social. Así mesmo, as persoas maiores de 16 anos e menores de 18 anos, sempre que conste a autorización do que exerza a patria potestade ou a tutela, poderán formar parte da agrupación como voluntarios de apoio. Artigo 6º Os veciños con formación e experiencia suficiente no exercicio profesional ou vocación relacionada con algunha das entidades deste servizo público, e que por determinadas circunstancias non poidan ser voluntarios operativos, poderán estar unidos á agrupación mediante a figura de colaborador en misións de orientación, asesoramento, asistencia técnica ou axuda económica. A figura de colaborador pódese facer extensiva a aquelas entidades locais que desexen colaborar coa agrupación en calquera dos apartados mencionados anteriormente. Artigo 7º A vinculación dos voluntarios co concello non ten o carácter de relación laboral, administrativa, funcionarial ou mercantil, senón tan só de colaboración voluntaria para a prestación de servizos de maneira altruísta como medio de realización de accións humanitarias de solidariedade social e boa veciñanza. Artigo 8º A incorporación á agrupación farase sempre segundo a solicitude do interesado, na que declarará non estar inhabilitado para funcións públicas por sentencia firme e o compromiso de coñecer e aceptar o contido deste regulamento, así como o disposto na normativa vixente sobre protección civil. Artigo 9º A condición de membro da AVPC faculta unicamente para realizar as actividades correspondentes a esta, especialmente en situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública e nos operativos organizados e coordinados pola agrupación. Os voluntarios non poderán realizar actividades de carácter persoal amparándose na pertenza á agrupación.

Artigo 10º As funcións do voluntariado, entre outras, son as de: promoción da prevención e autoprotección cidadá, así como a colaboración, auxilio e apoio dos servizos públicos de protección civil e, en todo caso, serán as indicadas no Plano de Emerxencia Municipal (PEMU) e demais planos de protección civil do sistema autonómico, aprobados pola Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 11º A agrupación estruturarase, orgánica e funcionalmente, en seccións de acordo coas necesidades existentes no concello ou na comarca e, en todo caso, disporá das seccións correspondentes en consonancia coa tipoloxía de riscos definidos o PEMU e, se é o caso, no PLATERGA. Artigo 12º Todas as actuacións que realice a AVPC en materia de protección civil no ámbito local serán sempre autorizadas e coordinadas ou, se é o caso, dirixidas pola autoridade local correspondente. Artigo 13º O presidente da AVPC, e demais cargos que estatutariamente se prevexan, será elixido democraticamente entre os membros que teñan a condición de voluntarios de pleno dereito, de acordo co establecido na lexislación vixente. A duración do mandato será de catro anos, podendo ser reelixido para novos mandatos. Artigo 14º Todos os compoñentes da agrupación mostrarán, sobre o lado esquerdo do peito, o distintivo de Protección Civil da Comunidade Autónoma e no lado dereito a tarxeta de identidade de voluntario, de acordo co disposto na normativa vixente para o efecto. Artigo 15º A AVPC contratará cun seguro de accidentes, así como de responsabilidade civil por danos a terceiros, que ampare os seus membros fronte aos riscos a que están sometidos no exercicio das súas funcións. Artigo 16º O Servizo Municipal de Protección Civil elaborará e formulará propostas para a aprobar as normas de carácter especial ou xeral que sexan necesarias para o desenvolvemento e a aplicación deste regulamento, así como para a regulación da actividade da AVPC. Capítulo III Formación e perfeccionamento Artigo 17º

A formación dos membros voluntarios, baseada nos coñecementos e habilidades relacionadas coas características propias deste servizo público, ten como finalidade facilitar a incorporación destas persoas en condicións de garantía e eficacia, así como contribuír á selección dos aspirantes. Artigo 18º A actividade formativa e de perfeccionamento do persoal voluntario conforme o disposto no Decreto 56/2000, do 3 de marzo, articularase da seguinte maneira: 1) O nivel básico corresponde aos coñecementos mínimos que debe posuír un voluntario de protección civil para o correcto desenvolvemento das súas actividades. 2) O segundo nivel ou nivel operativo corresponde aos coñecementos que deben posuír os compoñentes das distintas seccións ou grupos operativos das AVPC. 3) O terceiro nivel ou nivel de especialidade ten como obxectivo a obtención da titulación oficial en determinadas actividades. Os cursos axustaranse aos oficiais dos organismos que os impartan. 4) Ademais da formación regulada, a AVPC poderá propoñer outros cursos, xornadas e cantas actividades de formación considere oportunas. 5) A actividade formativa complementarase coas seguintes accións: a) Exercicios prácticos con carácter periódico para a mellora permanente da preparación dos compoñentes da agrupación. b) A organización de bibliotecas e fondos de comunicación sobre protección civil e, especialmente, en relación coa organización e funcionamento de agrupacións de colaboradores voluntarios e outras modalidades da participación cidadá nas actividades de protección civil. c) O mantemento de relacións de colaboración mutua con outras Administracións públicas ou entidades privadas relacionadas con protección civil. d) A edición, colaboración, promoción de publicacións e a divulgación de recomendacións á poboación, sobre temas de protección civil. Capítulo IV Dereitos e deberes Artigo 19º Son dereitos dos voluntarios de protección civil no exercicio do seu labor de colaboración: a) Recibir a información, formación, orientación, apoio e, se é o caso, medios materiais necesarios para o exercicio das funcións que se lle asignen. b) Dispoñer dunha acreditación identificativa da súa condición de voluntario de protección civil. c) Empregar a vestimenta homologada polo organismo competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia. d) Realizar a súa actividade nas debidas condicións de seguridade en función da

natureza e características daquela. e) Participar na elección do presidente da AVPC de entre os seus membros e demais cargos que estatutariamente se prevexan. f) Seren tratados sen discriminación, respectando á súa liberdade, dignidade, intimidade e crenzas. g) Non seren asignados á execución de tarefas alleas aos fins e natureza da entidade. Artigo 20º Son deberes dos voluntarios no exercicio do seu labor de colaboración: a) Gardar, cando proceda, confidencialidade da información recibida e Coñecida durante o desenvolvemento da súa actividade como voluntario de protección civil, mantendo segredo análogo ao profesional. b) Rexeitar calquera tipo de contraprestación económica que puidese recibir dos cidadáns afectados directa ou indirectamente polas actividades desenvolvidas. c) Actuar de forma dilixente e solidaria, cumprindo coas indicacións e normas ditadas polos seus mandos naturais e as autoridades de protección civil. d) Participar nas tarefas formativas previstas pola autoridade competente de protección civil ou pola AVPC, así como nas que con carácter permanente se precisen para manter a calidade das prestacións. e) Empregar axeitadamente a vestimenta de protección civil cos seus distintivos, así como levar ben visible a súa acreditación. f) Coidar e utilizar de xeito adecuado os recursos e medios materiais que poña á súa disposición a AVPC ou, de ser o caso, as autoridades de protección civil. g) No suposto de causar baixa na AVPC por calquera circunstancia, entregará a tarxeta de identidade e o uniforme ao responsable da AVPC, así como o material asignado á súa custodia. h) Cumprir os compromisos acordados coa AVPC, respectando o disposto nos seus estatutos. Artigo 21º As AVPC deberán: a) Respostar a principios democráticos e participativos na composición dos seus órganos e no seu funcionamento. b) Proporcionar ás persoas voluntarias a formación específica e a orientación necesaria para o exercicio das súas actividades. c) Garantir aos voluntarios as debidas condicións de seguridade e saúde no desenvolvemento da súa actividade, así como o establecemento das correspondentes medidas de prevención de riscos. d) Certificar a actividade das persoas voluntarias con constancia dos seus datos persoais identificativos e a duración e natureza da actividade desenvolvida. e) Informar ás persoas voluntarias sobre os fins e réxime de funcionamento da AVPC.

f) Facilitar a participación do voluntariado na elaboración, deseño, execución e avaliación dos programas nos que interveñen. Capítulo V Recompensas e sancións Artigo 22º As condutas dos compoñentes da AVPC serán obxecto de valoración polos procedementos que se establezan nas correspondentes instrucións de desenvolvemento deste regulamento. Distinguiranse como proceda as condutas meritorias e sancionaranse, de conformidade co establecido neste regulamento, as infraccións ao previsto nel. As recompensas e sancións anotaranse no expediente persoal do interesado. Artigo 23º As accións meritorias que impliquen un nivel de dedicación superior ás actividades ordinarias do servizo (ou riscos para a vida e a integridade dos voluntarios), poderán ser recompensadas co recoñecemento público mediante o correspondente escrito da Alcaldía ou que formule este a mesma proposta para a concesión das medallas ao mérito, ás placas e diplomas de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, ou outras distincións que poidan conceder as distintas administracións públicas ou o concello, de ser o caso, para premiar actos desta natureza especial. Artigo 24º As infraccións ao disposto neste regulamento sancionaranse trala tramitación do correspondente expediente, unha vez escoitado o interesado que poderá en todo momento facer as alegacións oportunas. As faltas considéranse leves, graves o moi graves. I. Estimaranse como faltas leves e serán sancionadas con apercibimento ou suspensión de ata un mes, atendendo ás circunstancias que concorran, as seguintes: a) O descoido na conservación e mantemento do equipo e material que tivera ao seu cargo no cumprimento das misións encomendadas. b) A desobediencia aos mandos, cando isto supoña mal trato de palabra e obra e non lle afecte ao servizo que deba cumprirse. c) As demais infraccións ou omisións, con carácter leve, ao presente regulamento. II. Consideraranse faltas graves e serán sancionadas coa suspensión dende un a seis meses, atendendo ás circunstancias que concorran, as seguintes: a) Negarse ao cumprimento das misións que lle sexan encomendadas sen causa.

b) A utilización, fóra dos actos propios do servizo, do equipo, material e distintivos de protección civil. c) O deterioro ou perda, por neglixencia, do equipo, material, bens ou documentos do servizo ao seu cargo e custodia. d) As omisións ou infraccións graves ao preceptuado neste regulamento e en particular ao seu artigo 9º. e) A acumulación de tres faltas leves. III. Serán causas de expulsión, como consecuencia de falta moi grave, as seguintes: a) Deixar de cumprir, sen causa xustificada, as esixencias do servizo. b) Observar mala conduta ou ser sancionado reiteradamente por faltas graves. c) Ser condenado por calquera acto delituoso a excepción das condenas derivadas de accidente de circulación. d) Utilizar ou exhibir indebidamente o uniforme e/ou as identificacións do servizo. e) A agresión de palabra ou obra a calquera membro da agrupación e a desobediencia que lle afecte á misión que deba cumprir. f) Negarse a cumprir as sancións de suspensión que lle foren impostas. g) O incumprimento moi grave do establecido no presente regulamento e, en especial, o disposto no artigo 9º. Capítulo VI Rescisión do vínculo coa agrupación Artigo 25º A relación de colaboración voluntaria coa agrupación terminarase por: a) Petición do interesado. b) Falecemento. c) Declaración de incapacidade. d) Solicitude de baixa temporal ou definitiva. e) Perda dalgunha das condicións esixidas para poder ser voluntario. f) Quedar incurso en situación de inhabilitación para o exercicio de cargos públicos por sentencia firme. Artigo 26º Considérase baixa temporal na AVPC a suspensión da actividade nela como consecuencia de sanción ou a ausencia inferior a tres meses que teña motivos xustificados que sexan comunicados oportunamente. Artigo 27º Serán causas de baixa definitiva na agrupación as seguintes: a) A petición do interesado. b) Non comparecencia do voluntario por tempo superior a tres meses, sen causa xustificada, á actividade ordinaria ou especial que lle corresponda.

c) Por incumprimento dos servizos mínimos esixidos. d) Como consecuencia da comisión de falta considerada como moi grave de acordo co recollido no artigo 24º, III, deste regulamento. Artigo 28º Acordada a baixa seralle notificada ao interesado, garantíndolle o dereito de audiencia, e unha vez que sexa feita efectiva, o voluntario procederá á inmediata entrega da documentación de identidade, o distintivo, o uniforme, o equipo e mais o material que lle fose adxudicado pola agrupación. Artigo 29º En todo caso expedirase, a pedimento do interesado, un certificado no que consten os servizos prestados na AVPC e a causa pola que se acordou a baixa. Disposicións finais 1ª.- A Alcaldía, ou o concelleiro delegado de protección civil, ditará as instrucións e as directrices que sexan necesarias para o desenvolvemento e a aplicación deste regulamento. 2ª.- Este regulamento entrará en vigor o día seguinte á aprobación polo Pleno municipal, sendo a dita resolución inserida no taboleiro de anuncios do concello. O Barco de Valdeorras, 15 de marzo de 2001. O alcalde