DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-8 DE MARZO

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

O relevo e as costas de Galicia

MEMORIA DE ACTIVIDADES

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Á Mesa do Parlamento

A máquina de escribir

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Mapa de accidentalidade

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Informe mensual do paro rexistrado


ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

A FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL (Culturmar)

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Welcome to Greenman and the Magic Forest

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

INSCRICIÓN. Xuño. Requerimentos e procedementos de

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Continuamos sacando á luz a obra

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Anexo. Detalle das accións

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

the science at the heart of beauty IMCAS Americas centro de convenciones august 1 to 3

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

XXIX XOGOS GALAICO DURIENSES OURENSE 2015

I Gran Premio Tríatlon Pobra do Caramiñal - 16 Xullo Regulamento

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

semana musicas das do audiovisual Do 23 ao 30 setembro A coruna ferrol ourense

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

A PICTURE IS WORTH A THOUSAND WORDS

A investigación feminista e con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo

Balance dos rendementos do sistema electoral galego: unha proposta de reforma

MEMORIA FUNDACIÓN VIGO EN DEPORTE VIDE 2014

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

CALIDADE E ORIXE EUROPA AMPARA OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

REGULAMENTO. 8 de xullo de 2018

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

informe de actividade issga

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EU TAMÉN PODO SER ARTISTA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

22,23Y24DEAGOSTO REGIÓN DEMURCIA. GranPremioValverdeTeam-TeraFecundis IMemorialPedroGarcíaRuíz MemorialAntonioSarabiaGarcía

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

2. LA REHABILITACIÓN URBANA DE DOS CENTROS HISTÓRICOS: VIGO Y SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

Absorbentes solo aceites

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

MEMORIA. de actividades

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO

Obra Social la Caixa en Galicia. Resumo anual 2017

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Castelao En Cuba (Documentos Para A Historia Contemporanea De Galicia) By Xose Neira Vilas READ ONLINE

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES


6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

ECONOMÍA APLICADA 13

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

Prof. Dr. Francisco Peña

Transcription:

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-8 DE MARZO VIGA. DEREITOS DAS MULLERES. A REVOLUCIÓN CREACTIVA Organizada polo Consello Municipal da Muller, a Praza 8 de Marzo acollerá, o domingo 7 de marzo, unha xornada repleta de actividades de música, títeres, lectura, graffiti, humor e agasallos. Vigo, 1 de marzo de 2010 Con motivo do Día Internacional da Muller, o Consello Municipal da Muller de Vigo celebrará o vindeiro domingo 7 de marzo un encontro na Praza 8 de Marzo co obxectivo de gozar dunha xornada de convivencia e de reivindicación. As actividades previstas, que se prolongarán durante toda a xornada neste espazo (situado entre os números 89 e 91 da rúa Camelias), transformarán esta céntrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral, xa que no programa están incluídos actos para nenas e nenos e persoas adultas. Así, de xeito ininterrumpido de 10.00 a 20.00 horas desenvolverase unha completa programación que persegue a participación activa das persoas que asistan. O público poderá contribuír, coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados relativos á situación da muller. Tamén haberá agasallos para quen asista. Así mesmo, durante toda a xornada poderá visitarse a exposición fotográfica Mulleres 2010, organizada pola Concellería de Igualdade, e na que se amosa un abano de imaxes de mulleres que viven, traballan e medran en Vigo e na súa contorna e que compartiron ás súas experiencias e as súas historias. O obxectivo da mostra é facelas visibéis, recoñecerlles o seu valor e esforzo e crear referentes para outras mulleres que poidan obter delas ánimos e folgos. Ao igual que nas pasadas edicións da festa, varias artistas graffiteiras elaborarán in situ unha grande obra relativa á celebración do 8 de Marzo. Os traballos realizados nas edicións de 2008 e 2009 permañecen na Praza 8 de Marzo e xa forman parte da paisaxe urbana deste espazo. Música e espectáculo para todos os gustos A ambientación musical realizarase no interior dunha carpa instalada na praza e incluirá sesións animadas por Djs, así como actuacións de punk-rock, folk, zanfonas ou pandereteiras. Pola súa parte, as actrices Catuxa e Pituxa, serán as encargadas de dinamizar as actividades que se desenvolverán durante a xornada, a través do seu espectáculo Mandanelas. www.igualdadevigo.org 1

Ás 11.00 horas actuará o grupo de pandereteiras Tarambainas, da AVCD Lavadores e ás 11.30 horas comezará outra actuación musical a cargo dun grupo de zanfonas. Ademais, Sinais no ar é o nome da actuación musical que ofrecerá a violinista Laura Quintillán a partir das 12.45 horas. Ás 13.00 horas, dará comezo a actuación de Lulavai, unda das máis delicadas e intimistas formacións de música galega actual (4 arpas e 4 voces), que interpretará temas tradicionais e de composición propia. As nenas e os nenos que se acheguen á praza tamén poderán participar en diversas actividades, como as que ofrecerán, ás 12.00 horas, as titiriteiras Larraitz e Mirari Urruzola, da compañía Babaluva. A obra que representarán, Marusía, é unha fascinante aventura en teatro de guiñol tradicional. Pola súa parte, ás 17.00 horas, estas artistas porán en escena Lume, unha emocionante aventura en teatro de obxectos. Así mesmo, pequenas e pequenos, recibirán diversos agasallos (globos, contos...). Pola tarde, ás 18.00 horas, soará na praza Agoraphobia, unna banda de punk-rock formada por catro rapazas procedentes de Boiro que teñen amosado unha gran proxección. Tras esta actuación, ás 19.00 terá lugar a lectura do Manifesto do Consello Municipal da Muller co gallo do 8 de Marzo e ás 19.30 horas, o grupo As Routadas ofrecerá a actuación fin de festa na que a música folk será protagonista. VIGA. Dereitos das Mulleres. A revolución creactiva Todos e cada un dos elementos presentes na praza terán a imaxe deste encontro, VIGA, que baixo o lema Dereitos das Mulleres. A revolución Creactiva propón a utilización da creatividade activa na loita cara á igualdade e para rematar coa discriminación que sofren ás mulleres. Pola súa parte, VIGA representa un simbólico cambio de xénero no nome da cidade. Un cambio formalmente pequeno que implica unha revolución. Unha provocación ante os prexuízos. Fronte á conservación incondicional de valores tradicionais, unha mensaxe clara de que todo é susceptible de ser cambiado. Para facer chegar á cidadanía este evento, o Consello Municipal da Muller está a levar a cabo unha campaña informativa que inclúe o reparto de 20.000 folletos, distribuídos en todos os barrios da cidade, así como en entidades veciñais e outros colectivos sociais. Ademais, a campaña está a utilizar outros soportes, como o transporte público urbano. www.igualdadevigo.org 2

Consello Municipal da Muller O Consello Municipal da Muller de Vigo está integrado por un total de 20 entidades, entre as que figuran representantes de asociacións de mulleres, grupos políticos con representación municipal, secretarías da Muller dos sindicatos, a Concellería de Igualdade e o Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia. Na actualidade, conforman o Consello as seguintes asociacións: Asociación de Mulleres Lúa; Asociación de Mulleres Rosalía de Castro; Asociación de Mulleres Dorna; APM Concepción Arenal; Feministas Independentes Galegas; Mulheres Nacionalistas Galegas; Asociación de Mulleres Progresistas; Asociación de Mulleres de Bouzas, Asociación de Mulleres Xestas; Colectivo Violeta; Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo; Vogalía da Muller da Federación Veciñal Eduardo Chao de Vigo; Secretaría da Muller da CIG; Secretaría da Muller de CC.OO; Secretaría da Muller da UGT; Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, Grupo Municipal do BNG; Grupo Municipal do PSdeG-PSOE; Grupo Municipal do PP; Servizo Galego de Igualdade. Outras actividades complementarias Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, a Consello Municipal da Muller tamén organizou un programa de actividades que se desenvolverán durante todo o mes de marzo e que inclúe exposicións, ciclo de cine, proxeccións de documentais e celebración dun pleno no que participarán as integrantes do Consello Municipal da Muller. Así, ata o 5 de marzo permañecerá aberta na Casa das Mulleres (Rúa Romil, 20) a exposisición Feminismo Galego. Cambios Sociais e dereitos das mulleres. A mostra, organizada pola Fundación Galiza Sempre, pode visitarse de luns a venres en horario de 17.30 horas a 21.30 horas. Outra das actividades previstas é un Ciclo de Cine, en colaboración co Cine Clube Lumiere, que se celebrará todos os luns de marzo no Centro Cultural Caixanova e que consta de 4 películas: Día 1 de marzo: Sukkar Banat (Caramel), de Nadine Labaki, ás 20:30 horas (Sala de Conferencias). Día 8 de marzo: En attendant les hommes (Esperando aos homes), de Katy Léna Ndiaye, ás 21:30 horas. (Sala de Conferencias). Día 15 de marzo: Sara (Sara), de Silvia Quer, ás 20:30 horas (Sala de Conferencias). Día 22 de marzo: North country (En terra de homes), de Niki Caro ás 20: 30 horas (Sala de Conferencias). Ademáis, o Consello Municipal da Muller organiza a proxección da película La Isla de Nim, dirixida ao público familiar e infantil, que www.igualdadevigo.org 3

terá lugar na Casa das Palabras-Verbum (Avda. Samil) o sábado, 6 de marzo, ás 12.00 horas. Por outra parte, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) será escenario da proxección de dous documentais: Martes, 2 de marzo: Señora de, da realizadora e guionista Patricia Ferreira. Esta obra, producida por O Raio Verde, amosa a testemuña de trece mulleres galegas de distintas xeracións na España franquista. (19 horas). Martes, 9 de marzo. Talleres Salonarti. Sociedad La Artística. Dirixido por José Gil e producida por Galicia Cinegráfica, é dun dos primeiros documentos que reflicte o traballo das mulleres na industria conserveira. (19 horas) Todas estas actividades, incluídas no programa elaborado polo Consello Municipal da Muller, son gratúitas e con aforo limitado. Así mesmo, co gallo do 8 de Marzo celebrarase no salón de plenos do Concello de Vigo unha sesión plenaria específica na que participarán as integrantes do Consello Municipal da Muller. A sesión, aberta ao público, terá lugar o 8 de marzo, ás 11.00 horas. www.igualdadevigo.org 4

www.igualdadevigo.org 5