PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

A FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO SOCIAL

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

O relevo e as costas de Galicia

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

A máquina de escribir

Welcome to Greenman and the Magic Forest

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

Anexo. Detalle das accións

Territorios a examen III. Territorios a exame III

Informe mensual do paro rexistrado

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Programación de proba libre de módulos profesionais

Á Mesa do Parlamento

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Referentes para a avaliación

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

TRAXECTORIAS E RETOS

Probas dos elementos internos do alternador

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EU TAMÉN PODO SER ARTISTA

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

Mapa de accidentalidade

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

PRÁCTICAS HOTELEIRAS NA XESTIÓN DE CRISE POR CATÁSTROFES: O CASO DE GALICIA

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

DATOS IDENTIFICATIVOS

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

prioritarios de atención, impulsará a delimitación espacial de proxectos singulares.

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

RSE. e desenvolvemento sustentable

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

O TRANSPORTE COMO PRODUTO TURÍSTICO EN GALICIA: UNHA ANÁLISE DA OFERTA ACTUAL

CALIDADE E ORIXE EUROPA AMPARA OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo


2VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

Routes of Santiago de Compostela: Camino Franc s and uitwisseling tussen het Iberisch schiereiland en de rest the Camino de Santiago in Camino de

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

Escola Superior Gallaecia Mestrado integrado em Arquitectura e Urbanismo Dissertação - Tema sobre Urbanismo

MEMORIA DE ACTIVIDADES

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Ensinanzas Técnicas. Portos. Alberte Castro Ponte, David Cota Mascuñana Emilio F. García García, Alejandro Rey Seoane Jesús Busto Míguez

Transcription:

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL SANTIAGO DE COMPOSTELA OVIEDO RONCESVALLES IRÚN

INICIO As FICHAS DE PATRIMONIO que vos presentamos, e que son a base do programa formativo "O Teu Camiño de Santiago, patrimonio de todos", están deseñadas para traballar co voso alumnado diversos aspectos relacionados co patrimonio cultural da ruta xacobea. Cada unha das fichas ordénase nunha secuencia semellante á que se establece nas etapas do Camiño. As conclusións extraídas co traballo de cada unha delas serán abertas e susceptibles de relacionarse coas elaboradas para outros contidos temáticos. Non son un "manual de instrucións" senón que presentan unha serie de pautas para que os docentes poidades tomar o que máis vos conveña en función das características e intereses do grupo ao que vos dirixides. Estrutúranse do seguinte xeito: Nun primeiro momento, e a xeito de treboada de ideas, plantexámosvos unha serie de ítems que o docente pode adaptar ás necesidades educativas da aula. Non se trata de que o alumnado dea unha resposta única a cada unha das cuestións, senón que se chegue, dentro da clase, a respostas globais que se debatan entre diferentes grupos flexibles organizados polo profesor. Tras a posta en común sobre as respostas ás cuestións plantexadas, no apartado PROPOÑEMOS o profesor atopará unha serie de actividades realizables dentro e fóra da aula que completen os coñecementos adquiridos. O plantexamento, tanto de ítems como de actividades, responde aos principios de interdisciplinaridade e aprendizaxe colaborativa. Poderán secuenciarse nas programacións da aula, constituíndo unha xornada final de traballo naquelas unidades didácticas nas que se aluda aos contidos teóricos que explican o Camiño de Santiago nas diferentes materias do currículo. O obxectivo final do traballo cos materiais que aquí presentamos será a elaboración dun traballo de creación artística sobre o Camiño de Santiago. Bo Camiño

Se seguistes as etapas presentadas nas fichas anteriores, o alumnado terá podido comprobar os diferentes motivos polos que o patrimonio cultural relacionado co Camiño de Santiago é importante e que nos dá. Outro dos motivos está relacionado co turismo. O turismo é unha das principais industrias que temos en España e a súa achega á riqueza nacional é incuestionable, xerando grande cantidade de ingresos, cun importante impacto a nivel non só económico, senón tamén cultural e social. O Camiño de Santiago non é alleo a este fenómeno. A ruta xacobea é un dos principais puntos de atracción de turistas ao noso país. Polo tanto, imos aproveitar este feito para coñecer outros vinculados ao Camiño. PATRIMONIO E turismo cultural ETAPA 18 Patrimonio e turismo cultural Poida que o turismo sexa un dos conceptos máis claros para o alumnado de entre todos os que fomos presentando. Seguro que todos/as viaxan por pracer en determinados momentos. Turismo e viaxar adoitan esta ligados, aínda que non sexa preciso ir moi lonxe para facer turismo. Nunha viaxe o compoñente descanso é importante, mais viaxar por outros motivos é moi habitual. Que gustos ou preferencias ten o alumnado? (Deporte, música, cinema, natureza, ler, etc.) Para moitas afeccións hai un tipo de turismo concreto: turismo que acode a festivais de música ou cinema; turismo de natureza ou para practicar deportes; turismo lúdico centrado en parques de atraccións; turismo literario para coñecer espazos vinculados a libros ou autores; turismo de aventura; etc. Polo tanto, comecemos dialogando acerca dos tipos de turismo que pode coñecer o grupo e as súas características. Por que motivo se pode facer turismo? Seguro que o abano que xorde é moi amplo, reparade como moitos deles están relacionados coa cultura. O turismo relacionado coa praia segue a ser o máis demandado, mais cada vez búscanse máis outro tipo de alternativas. O Camiño de Santiago pode circunscribirse a varios dos tipos de turismo que seguro que xurdiron, xa que oferta un amplo abano de posibilidades: natureza, arte, historia, gastronomía, deporte, aventura, etc. Outra aproximación ao Camiño de Santiago desde o punto de vista do turismo pode facerse desde a clasificación de «Camiños Históricos» ou «Itinerarios culturais», como as vías romanas, vías pecuarias, camiños reais, etc. Algún alumno/a ten experiencia neste tipo de rutas? 1

Emprender esta ruta está directamente vinculado coa motivación de cada peregrino á hora de realizala, aspecto que xa tratamos na ficha sobre o Camiño de Santiago, mais quedou algo pendente... Propoñemos I: Nunca saberemos realmente cales son as motivacións dos peregrinos Vai á fin da ficha para coñecer máis... No noso programa formativo centrámonos sempre en aspectos culturais asociados ao Camiño de Santiago, polo tanto neste momento debemos tratar o turismo vinculado a el, o denominado turismo cultural. Que entende o grupo por turismo cultural? Interésalles? Segundo a UNESCO na súa «Carta do Turismo Cultural» publicada polo ICOMOS en 1976, o artigo 13 defíneo como: «Aquela forma de turismo que ten como obxectivo, entre outros fins, o coñecemento de monumentos e sitios histórico-artísticos. Exerce un efecto realmente positivo sobre estes en tanto que contribúe a satisfacer os seus propios fins, ao seu mantemento e protección. Esta forma de facer turismo xustifica, de feito, os esforzos que tal mantemento e protección lle esixen á comunidade, por mor dos beneficios socioculturaise económicos que comporta para toda a poboación implicada». En consecuencia, o turismo cultural serve para dar a coñecer, preservar e gozar do patrimonio de cada localidade relacionando patrimonio, turismo e cultura. Podería parecer paradoxal, xa que o turismo se enmarca nunha actividade económica e o patrimonio non é substituíble nin entra dentro dos bens tradicionais de consumo. Mais unha correcta política de desenvolvemento de turismo cultural, non centrada unicamente na súa expresión mercantil senón conxugada coa conservación e a difusión dos valores que transmite (algúns dos cales traballamos nestas fichas), é positiva. O turismo pode extraer do patrimonio o seu potencial económico, aproveitalo como motor de desenvolvemento e investilo de novo na comunidade que o alberga. Esta debe ser partícipe da súa xestión, facéndoo sustentable para o beneficio de futuras xeracións, contando para iso cos representantes públicos e privados (como empresas e particulares) para chegar a acordos en programas e estratexias. O voso patrimonio nace local mais pode chegar a ser mundial. Polo tanto, vemos como o factor económico no turismo cultural está presente, tamén como elemento de creación de riqueza e emprego. E ao tempo, un maior número de visitantes fai que se coñeza e valore mellor o patrimonio, contribuíndo ao desenvolvemento económico, social e cultural dos pobos. 2

Algún dos alumnos/as coñece persoas que traballen ou teñan vinculación directa co turismo? Que tipo de empregos asocian ao turismo cultural? Saben que formación teñen eses profesionais? Recoñecen o impacto económico do Camiño de Santiago nos lugares por onde pasa? Propoñemos II: No noso percorrido, vimos como o Camiño de Santiago é un elemento complexo Vai á fin da ficha para coñecer máis... Son moitas as administracións públicas que entenderon o potencial turístico do patrimonio e que a promoción dos seus recursos non só debe ter un fin económico, senón que vai máis aló e procura a valoración dos elementos patrimoniais, a súa protección e o maior coñecemento por parte dos cidadáns. Lembrade a súa relevancia como factor de identidade e memoria. De feito, se observamos a promoción do turismo cultural que leva a cabo cada goberno rexional, vemos como se mesturan diversas mensaxes, sen que o factor económico sexa o primordial. Coñecen o principal lema turístico da súa Comunidade? Que lles ofrece? Moitos deles amosan as bondades de cada rexión e xiran arredor de emocións e sensacións únicas. Propoñemos III: Achégate a unha oficina de información e turismo y Vai á fin da ficha para coñecer máis... Co Camiño de Santiago ocorre algo semellante. Por exemplo, cada Comunidade Autónoma pola que pasa a ruta dun xeito diverso, poñendo interese no seu patrimonio e aquilo que considera importante e, aínda que sexa o mesmo Camiño, sempre son distintos os matices ou o xeito de expor a información. Coñece o alumnado como se presenta o Camiño de Santiago na páxina web da súa Comunidade Autónoma? Podedes atopar os enlaces na nosa web. Co que xa coñecen, que lema usarían eles/as para promover o Camiño de Santiago? 3

Indo un paso máis aló na presentación do Camiño de Santiago, algunhas entidades públicas e privadas crean vídeos promocionais sobre el. Propómosvos que os vexades en grupo e reflexionar e debater sobre como se publicitan os recursos turísticos nel, como se comunican os valores e o significado dos seus elementos patrimoniais. Para iso, deixámosvos varios exemplos dos moitos que poderedes atopar en Internet: https://www.youtube.com/watch?v=jgpq54qc5sk (Turismo de Galicia - 2012) https://www.youtube.com/watch?v=n1i0kshjk6y (Xunta de Galicia - 2010) https://www.youtube.com/watch?time_continue=2&v=j_koyfhywcu (La Rioja Turismo - 2017) https://www.youtube.com/watch?v=nbrhpltfspk (Gobierno de Aragón - 2017) https://www.youtube.com/watch?v=adzf7evu9ws (Gobierno de Cantabria - 2017) https://www.youtube.com/watch?v=pj1s3s4ehbe (Spain.info - 2010) https://www.youtube.com/watch?v=sgwfney7a1o (Spain.info - 2010) https://www.youtube.com/watch?v=uceog7ykl4a (Camino de Santiago - Moviebizfilms - 2015) Despois do visionado, analizade as mensaxes que se lanzan respondendo algunhas destas cuestións: Apetéceche ir aos lugares que aparecen? Que valores, sensacións e ideas transmiten? Que é o que máis se ve? Paisaxes, monumentos, persoas, cidades Estiveches nalgún dos lugares que aparecen? Son realmente así? Aparece representado algún costume ou tradición? A que se lle dá máis importancia: gastronomía, arquitectura, arte, compras, lecer, etc. Paréceche axeitada a mensaxe que transcende? Lembrade que unha das categorías do programa formativo é o vídeo. Ocorréusevos algunha idea? E se realizades o voso propio resumo da vosa experiencia no Camiño? Polo tanto, o valor económico asociado do turismo cultural é importante, mais lembrade que non debe ser o primordial, xa que este turismo tamén serve para: difundir e divulgar o coñecemento do patrimonio; contribuír á recuperación, conservación e dinamización do patrimonio de xeito sustentable; mellorar as infraestruturas e servizos locais. concienciar, tanto a comunidade receptora como os visitantes, sobre a necesidade da preservación do mesmo. Este puntos lévanse a cabo mediante unha correcta interpretación do patrimonio e estratexias culturais axeitadas, xa que senón o turismo cultural trae consigo riscos, algúns deles xa os vimos na «Ficha patrimonio e conservación». Lembran os problemas asociados á masificación turística? Propoñemos IV: Tendo presentes as vantaxes e desvantaxes do turismo cultural Vai á fin da ficha para coñecer máis... 4

ETAPA 19 Última etapa: Patrimonio e turismo cultural SODES PARTE DO Camiño de Santiago Estamos a chegar ao final da ruta. Se fostes seguindo os nosos pasos, o voso grupo agora coñecerá mellor que significa o Camiño de Santiago e que aspectos culturais ten asociados. Nunca foi só camiñar por camiñar. Coas preguntas formuladas e as propostas suxeridas, cada centro educativo participante teredes chegado diferentes respostas. Mais todos estabamos a falar do mesmo. Buscabamos reflexión, diálogo, participación e entendemento uns cos outros. Todo arredor do Camiño de Santiago e o seu patrimonio cultural. Despois de todo isto, agora preguntamos: que pensa o grupo que é o Camiño de Santiago? Non o lembraredes, mais era a primeira pregunta da primeira etapa. Mudou a súa resposta? Apetécelles facelo? Non é emocionante pensar como desde fai séculos hai peregrinos que fan o mesmo camiño que vós podedes facer agora? Sentir o mesmo. Compartir o mesmo. Vivir o mesmo. Pensades que o peregrino mudou moito nestes séculos? Propoñemos V: Todo muda co paso do tempo, mais Ve al final de la ficha para conocer más... Como teredes descuberto de outros peregrinos, cada persoa que fai o Camiño ten a súa propia experiencia del. Porque cada Camiño é único. O voso Camiño é único, como o voso patrimonio vinculado a el ou a vosa experiencia nel. E merece que todos o coñezan. Agardamos que o traballo de creación artística que elaborastes o amose. Quen queira, poderá coñecelo grazas a este programa formativo. De entre todas as propostas que vos presentamos, se cadra a máis importante é facer o Camiño. Gozar del. O que aprenderon non pode quedar aí. Se vos gustou o que vistes, agora toca compartilo. Non nos referimos ao traballo de creación artística, senón a compartir a experiencia do aprendido do Camiño con quen eles/as queiran Cantas rutas aprendemos que ten o Camiño de Santiago? E se nas próximas vacacións descubrides outro tramo? 5

PROPOÑEMOS As propostas que presentamos a continuación son actividades de motivación orientadas a complementar as competencias e os contidos do currículo de Educación Secundaria Obrigatoria, dentro do obxectivo que se marca o programa formativo «O Teu Camiño de Santiago, patrimonio de todos». Nesta ficha incluímos propostas para: CIENCIAS SOCIAIS HISTORIA LINGUA ECONOMÍA Proposta I: Entrevista Nunca saberemos realmente cales son as motivacións dos peregrinos ata que o investiguemos, polo tanto imos preguntarlles. Para desenvolvelo, propómosvos traballardes o método científico co alumnado e responder a esa cuestión. Dese xeito, non só aprenderemos sobre o Camiño de Santiago, senón tamén como se leva a cabo unha investigación. En función da idade do voso grupo, poderedes profundar máis ou menos na investigación. Propómosvos varios pasos previos básicos, por se vos serven de apoio: Paso 1. Que queremos coñecer? Podedes variar a pregunta se vos parece que o asunto da motivación dos peregrinos para realizar o Camiño de Santiago non é o axeitado e preferides coñecer outros aspectos sobre eles. Unha vez elixida a pregunta, sería preciso comprobar se existen datos ao respecto. Como xa sinalamos, a Oficina do Peregrino e a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago ofrecen datos estatísticos moi interesantes sobre os peregrinos. Serán de axuda para vós. Paso 2. Como imos responder á nosa pregunta? Por exemplo, mediante unha enquisa para obter os datos. Tede en conta aspectos como a sinxeleza nas preguntas, que non sexan moi longas e que sexan prudentes. Lembrade que é o que queremos pescudar. Unha vez obtido o modelo de entrevista ou enquisa, tócavos buscar peregrinos. Se pola vosa localidade pasa o Camiño de Santiago, tedes a sorte de poder contar con posibles entrevistados; senón, podedes buscar outras persoas que o teñan feito. Seguro que están encantados de participar se lles explicamos o motivo do noso traballo de investigación. Paso 3. Que fago cos datos obtidos? Unha vez conseguida a información, é hora de analizar e interpretalos para chegar a conclusións. 6

Proposta II: Estatística e economía aplicada a casos No noso percorrido, vimos como o Camiño de Santiago é un elemento complexo que pode abordarse desde diversos puntos de vista como o cultural, espiritual, sociolóxico, económico, etc. Propómosvos que tomedes a área económica para enriquecer a visión do fenómeno ao voso alumnado, e entender como a economía está presente en moitos ámbitos da súa vida, mesmo aquí. Podedes tomar como base, adaptando ao alumnado, as estatísticas que se publican sobre os peregrinos ou relacionadas con outros aspectos do Camiño. Ademais, se a vosa localidade forma parte da ruta xacobea, podedes corroborar en diferentes comercios se a economía local se ve afectada por estes visitantes. Con todos os datos, elaborade pequenos informes para coñecer aspectos como, por exemplo: Impacto económico do Camiño de Santiago (na vosa localidade ou en xeral). A influencia do sector terciario na economía local. É interesante comprobar como o turismo non só implica a achega económica dos turistas, senón tamén o desenvolvemento asociado en infraestruturas, servizos, creación de empresas, etc. O incremento de peregrinos en anos xacobeos e o seu impacto. A revista «Peregrino» n.º 171-172, publicada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en agosto de 2017, incluía unha enquisa actual a peregrinos, cunha análise sociolóxica, antropolóxica e económica da peregrinación. Os seus datos poden servirvos de apoio. Proposta III: Cuestionario Achégate a unha oficina de información e turismo y comproba que din sobre a vosa localidade. Previamente, elaborade un cuestionario, traballando todos os aspectos que implica esta técnica, para que vexan a utilidade deste instrumento de traballo de campo. Poden incidir en aspectos como: Tipo de persoas que acoden á oficina. Procedencia. Temas de interese. Material informativo que reparten. Se o Camiño de Santiago pasa pola vosa localidade, aproveitade e compilade que información se ofrece sobre el. Estes servizos públicos son moi importantes para mellorar a calidade da información sobre o Camiño para os visitantes. A información que obteñades é complementaria á elaborada con anterioridade, permitindo ter un maior coñecemento sobre o tema. Como complemento, sería interesante dialogar con algún representante do sector turístico local (axencia de viaxes, comerciante, axente de turismo, etc.) para que o voso grupo poida entender o papel dos diferentes entes que participan no desenvolvemento turístico da localidade. 7

Proposta IV: Traballo comunitario Tendo presentes as vantaxes e desvantaxes do turismo cultural propómosvos levar a cabo unha campaña de dinamización dun ben patrimonial. Para iso, retomaremos a tarefa iniciada co traballo comunitario da proposta IV da «Ficha patrimonio e conservación». Lembrade que propuxemos colaborar coa conservación dun ben patrimonial. Na primeira fase, xa desenvolvemos accións para protexer e conservar un ben escollido polo alumnado. Agora abordamos a segunda fase (estas fases poden ser independentes): difundir ese ben. Dentro dunha estratexia de difusión, o primeiro paso sería deseñar unha campaña, con materiais publicitarios, para explicar a súa importancia e espertar o interese sobre o lugar. Poden facelo dun ben patrimonial ou, se o decide o grupo, facer un proxecto máis amplo. Por exemplo, partindo da idea dun itinerario cultural. O importante é que decidan eles para así vinculalos máis fortemente ao proxecto. O material creado podería ser un folleto virtual ou un vídeo que inclúa a información necesaria: antes, durante e despois da visita. Para realizar de xeito correcto esta actividade, deben ter en conta os seguintes aspectos: que obxectivo se tenta conseguir e cal é a idea principal que queremos transmitir. Imaxinade que tivésedes que falar a alguén que non o coñecese. Que cousas destacariades? Lembrade as vantaxes e desvantaxes do turismo cultural. unha boa base sería unha mensaxe que animase a protexer e gabase as características do patrimonio cultural, dando información responsable sobre a cultura específica da comunidade. creade un lema ou logo ao estilo dos vistos con anterioridade. usade unha linguaxe con fins de difusión turística, utilizando frases curtas e directas. Unha vez creado, comezade unha campaña de comunicación a través de Internet, redes sociais e medios locais aplicando principios de marketing. Tamén se poden desenvolver accións para captar medios económicos para o seu mantemento. O obxectivo é que sexa o alumnado o que cree unha campaña para promover e difundir o seu patrimonio. Deste xeito quedarán plasmadas as súas ideas e a súa visión do fenómeno patrimonial en relación co turismo. Isto dará pé a reflexionar sobre que queremos ofrecer aos turistas que nos visitan, educando na participación e contribuíndo á transformación da súa contorna desde novas formas de pensamento e acción. Cando teñan rematado de facer o seu material, e para rematar esta proposta, propómosvos analizar diversos materiais turísticos que se usan actualmente como folletos, mapas, guías, etc., das diversas rexións polas que transcorre o Camiño de Santiago. Parécense estes materiais promocionais aos que crearon? Así comprobarán o que se lles está a ofrecer actualmente aos turistas que percorren o Camiño. En base a isto, tamén reflexionaremos sobre a importancia que ten a presentación da información do patrimonio cultural aos usuarios de xeito responsable. Para finalizar, é interesante amosar como foi mudando o fenómeno turístico, por exemplo, coa contemplación de imaxes de antigos folletos ou pasados xeitos de difundir o patrimonio do Camiño de Santiago. Co paso dos anos, mudou a imaxe que queremos transmitir do Camiño? Que vos parece? 8

Proposta V: Pasado e presente Todo muda co paso do tempo, mais hai moitos aspectos que se mantiveron. Vimos como diversos elementos identitarios do Camiño son os mesmos desde fai anos, algúns máis antigos que outros. Iso permitiu que o Camiño teña unha personalidade propia. Grazas a algún deles recoñecemos facilmente aos peregrinos. As tradicións tamén se manteñen, como expresión cultural propia, dando unha serie de valores que aprendemos. Ocórrensevos outros elementos vinculados ao Camiño que se manteñan desde sempre? Rematar en Santiago / Visitar a súa Catedral e a tumba do Apóstolo / O trazado do Camiño / Mais algo si mudou: o aspecto dos peregrinos. Lembran na «Ficha patrimonio e memoria» a mudanza que se produciu na súa localidade? Recuperaron testemuños de como eran antes os peregrinos? Agora atopamos moitos máis viaxeiros e mellor preparados. Hai varias décadas, o Camiño de Santiago facíano apenas uns centos de persoas. Hoxe son centos de miles. Como imaxinan que era o aspecto do peregrino da Idade Media? Algúns elementos propios doutras épocas teñen hoxe en día o seu equivalente, facendo evidente a transformación exterior do peregrino. Por exemplo, estas prendas antigas hoxe en día mudaron por: Capa - Bastón - Sombreiro - Cabaza - Alforxa - Sandalias - Que función tiña cada unha delas? Que preparativos e materiais consideran que son precisos hoxe en día para facer o Camiño en óptimas condicións? (Descubre máis na «Ficha patrimonio e conservación» Proposta I) Ninguén obriga un peregrino a facer o Camiño. Descubrimos que cada quen o fai por diversos motivos. Antes e agora, moitos cun sentido espiritual e cada vez máis por outros, como o desexo de coñecer o seu inmenso e rico patrimonio, sendo en ocasións máis excursionistas que peregrinos. O que non mudou é o espírito que move a moitos no comezo. O esforzo. A ilusión. 9