UNIVERSIDADE DE VIGO LISTA DE ASISTENTES

Similar documents
O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA


Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Á Mesa do Parlamento

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Consello de Goberno Acordos da reunión do 17 de febreiro de 2005

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

LEI 11/1989, DO 20 DE XULLO, DE ORDENACION DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (D.O.G. 16 DE AGOSTO DE 1989)(1)

XANEIRO - SETEMBRO 2018

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

O relevo e as costas de Galicia

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

informe de actividade issga

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Laboratorio do Territorio

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

Mapa de accidentalidade

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Informe mensual do paro rexistrado

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Os alumnos/as con ACI non deberán mercar os libros ata setembro

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de novembro de 2017

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

ECONOMÍA APLICADA 13

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

Acordos da Comisión Permanente da Escola Internacional de Doutoramento do 28 de xaneiro de 2016

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

Transcription:

1 º UNIVERSIDADE DE VIGO LISTA DE ASISTENTES D. Domingo Docampo Amoedo D. Salustiano Mato de la Iglesia D. Pedro Merino Gómez D. Andrés Mazaira Castro D. Antón Fernández Álvarez D. Mª Teresa Iglesias Randulfe D. Oscar Rubiños López D. Augusto Viso Alonso Dª. Margarita Estévez Toranzo Dª. Mª Luisa Alonso Escontrela Dª. Mª del Carmen Cabeza Pereiro Dª. Mª Victoria Carballo-Calero Ramos D. Victor Cardador González D. Benjamín Pablo Casanova López D. Pablo Javier Cebral Loureda Dª. Mercedes Cendón Falque D. Eusebio Corbacho Rosas Dª. Patricia Corbacho Suso D. Xosé Enrique Costas González D. José Durany Castrillo D. Manuel Fernández Gesto Dª. Ángeles Filgueira Pérez D. José Manuel García Vázquez D. Rubén Garrido Bernárdez D. José Mª. Gil Villanueva D. Luis Gude Troitiño D. José Luis Legido Soto D. Pedro Membiela Iglesia D. Carlos Mollinedo Lois D. Luis Ortiz Torres D. Antonio Pena Giménez D. Alberto Pena Rodríguez D. Cándido Pérez Betanzos D. Jose Pose Blanco Dª. Mª. José Roca Fernández D. Francisco Javier Rodríguez Berrocal D. Patricio Sánchez Bello D. Xoán Xosé Santamaría Conde ( FETE-UXT) D. Rafael Sanz Domínguez D. Iago Soto Mata D. José Tojo Suárez D. Enrique Valero Gutiérrez Del Olmo D. Manuel Velasco Graña DESCULPA A ASISTENCIA Dª. Julia de la Montaña Miguelez D. Manuel Varela Lafuente D. Federico Vilas Martín Acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo, de vinteseis de xuño de dous mil dous, convocada para as 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda, na Sala de Xuntas da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación. O mércores, día 26 de xuño de 2002, ás 10:00 horas, comezou a sesión ordinaria da Xunta de Goberno co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día: 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21-3-2002 ). 2.- Informe do Rector. 3.- Asuntos do Claustro: Proposta de composición do Consello de Goberno provisional e mecanismo de elección dos seus membros. Proposta de composición da mesa de idade. Proposta de creación dunha comisión do Claustro. 4.- Aprobación, se procede, de creación, supresión e modificación de Direccións de Área. 5.- Aprobación, se procede, da convocatoria de prazas de aloxamento. 6.- Asuntos de profesorado: Renovación do acordo de Transformación de Profesores PP1 a profesores asociados T2-TC; solicitudes de ano sabático e de renovación de Comisión de Servicios. 7.- Aprobación, se procede, do acordo asinado o 11 de abril de 2002 entre a Xerencia e a Xunta de Persoal relativo o incremento de complemento específico dos funcionarios de Administración e Servicios. 8.- Resolución do recurso de alzada presentado por Don Ricardo Olabegoya Estrela ( Facultade de Ciencias-Vigo), contra a non admisión a trámite da súa solicitude de avaliación curricular. 9.- Resolución do recurso de alzada presentado por Dona Mª do Carmo Henríquez Salido, en relación co procedimento de revisión de exames de varios alumnos na materia Historia da Lingua Española I.

10.- Toma de acordo ante o recurso de reposición presentado polo Director do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación relativo á transformación da Profesora Mª del Carmen Ricoy Lorenzo de PP1 a PP2 acordada na Xunta de Goberno do día 11 de novembro de 2001. 11.- Aprobación, se procede, da carta fundacional e estatutos da Fundación Milenio 12.- Aprobación do Acuerdo Marco de Cooperación entre a Universidade de Vigo e o Instituto Superior Politécnico José Antonio Echevarria. Aprobación do Protocolo de creación do Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal ( CEER). Convenios entre as universidades galegas para os programas de doutoramento de Historia das Ciencias e das Técnicas, Bioloxía Mariña e Acuicultura e Estatística e Investigación Operativa. Convenio entre as Universidades de Vigo e Santiago para o programa de doutoramento de Endocrinoloxía. 13.- Rogos e preguntas. Punto 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21-3-2002 ). A Secretaria Xeral informa da incorporación á acta do solicitado polo Profesor Sánchez Bello. Acéptase. Apróbase a acta por asentimento. Punto 2. Informe do Rector. O Rector informa de que na última xuntanza do Consello de Universidades emitiuse informe favorable ás directrices xerais das Titulacións de Bioenxeñería e Licenciado en Biotecnoloxía. Así mesmo, transmitíronse á Ministra de Educación algunhas suxestións sobre o proxecto de Decreto de Habilitación do profesorado e trasladóuselle a preocupación sobre a elección do modelo de fundación para a creación da Axencia Nacional de Evaluación da Calidade e Acreditación, pregándolle que ante todo se garantice a independencia do organismo. Informa tamén de que o profesor José Raga é o novo Secretario do Consello e do anuncio, por parte da Ministra de Educación, de que en outubro pasaría a informe algúns anteproxectos de Decretos que emanan da LOU entre os que non está o Decreto de Departamentos, polo que se pode da-lo feito de que o Claustro estea rematando os Estatutos e non dispoñer aínda do devandito Decreto. En relación coa Comunidade Autónoma informa de que hai indicios de diálogo Goberno de Galicia-Universidade no que atinxe ó plan de financiamento, con boas expectativas para estas últimas. Informa tamén de que a Xunta ten ampla información, por parte dos tres Rectores, da solicitude de complemento autonómico para os Profesores Titulares de Universidade e que sería razoable esperar a que a Xunta dea o primeiro paso. Así mesmo, informa sobre a sinatura dun Protocolo de colaboración entre a Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude e a Universidade de Vigo en materia de políticas activas de emprego. Informa do nomeamento de D. Augusto Viso Alonso como Xerente da Universidade, dándolle a benvida a Xunta de Goberno. Dá tamén a benvida ó profesor Andrés Mazaira como Vicerrector de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense e á profesora Teresa Iglesias Randulfe como Secretaria Xeral, aínda que ambos pertencían xa a esta Xunta de Goberno representando a outros Sectores. Por último dá a despedida como membros da Xunta de Goberno ós profesores Juan Manuel Suárez Creo e Manuel Candelas Colodrón agradecéndolles a súa colaboración. 2

Rematado o informe do Rector interviron o Sr. Velasco para felicitar o novo Xerente, o profesor Santamaría cuia intervención se recolle no anexo I (punto 2) e o Sr. Garrido que pregunta ó Rector sobre a súa comparecencia na Comisión de Educación do Parlamento. Punto 3. Asuntos do Claustro: Proposta de composición do Consello de Goberno provisional e mecanismo de elección dos seus membros. Proposta de composición da mesa de idade. Proposta de creación dunha comisión do Claustro. O Rector fai unha breve introducción e explica os motivos que levaron a presentación desta proposta. A continuación comeza un debate sobre este punto: O profesor Santamaría fai unha intervención que se recolle no Anexo I (punto 3) A profesora Roca sorpréndese do apartado último da proposta no que a Xunta de Goberno (que é un órgano delegado do Claustro) lle fai un encargo o Claustro (que é o delegante) de crear unha comisión. O Rector di que esta Xunta de Goberno é o órgano delegado dun Claustro que non existe e que segundo a disposición transitoria 2ª (punto 4) da LOU é a Xunta de Goberno a que toma as decisións en tanto non se constitúe o Consello de Goberno provisional, e que non son os Estatutos nin a LRU os que rexen a vida do novo Claustro, senón que é a LOU. Coincide en que a Comisión poida ser obxecto do Claustro pero que en ningún caso se trata de que a Xunta de Goberno lle roube ó Claustro algunha capacidade de decisión, senón que se trata de axudalo a que comece a súa andadura. O profesor Tojo di que lle preocupan os prazos e que imos xa con retraso, ademais di que esta Xunta de Goberno está agotada e que debería resolver só asuntos de trámite. Sobre a proposta di que no que se refire ó Consello de Goberno recolle o que di a LOU. Sobre a mesa de idade considera que é obvia pero que lle gustaría que figurase unha proposta xa sobre a mesa do Claustro e no que se refire á Comisión cre que o Rector debería levala directamente ó Claustro. O profesor Legido di que unha Comisión do Claustro anterior xa decidiu de seguir os Estatutos en todo aquello que non fose en contra da LOU. Pide manter o Regulamento do Claustro actual e adaptalo soamente nos puntos que estean en contra da LOU. O profesor Berrocal felicita ó Rector pola súa elección. Di que o mecanismo proposto é válido e eficaz para axilizar, pero cre que o procedemento poder ser un mal comezo xa que o Claustro pode entender que se lle estea a impoñer pola Xunta de Goberno unha composición do Consello de Goberno e unha Comisión. Propón un procedemento alternativo o seu entender máis elegante: un Claustro o día 11 de xullo no que se constitúa a mesa de idade e que esta convoque un novo Claustro unha semana máis tarde, incluíndo na Orde do Día os puntos primeiro e terceiro da proposta. O Sr. Pajares, membro da candidatura unitaria do PAS, pide que se interprete a LOU dun xeito máis democrático e cre que a proposta sobre a composición e mecanismo de elección do Consello de Goberno aprobada en Xunta de Goberno debería levarse ó Claustro para que a ratifique ou modifique. Respecto á comisión cre que esta Xunta de Goberno non ten facultades para impoñer este punto ó Claustro. O profesor Corbacho chama a atención de que o Claustro aínda non estea constituído e cre que a proposta da Comisión é o Claustro quen a ten que facer. 3

4 A Sra. Corbacho intervén no mesmo sentido e o Sr. Velasco propón que se retire ese punto da Orde do Día. O Rector contesta ás últimas intervencións indicando que a proposta e unha interpretación da LOU xa que se está a cumprir a transitoria 2ª punto 4, que non se está a facer nada inelegante e que o único que se fai e que cada órgano colexiado cumpra coa súa función. O profesor Membiela defende a proposta en aras de axiliza-lo proceso, e considera que a LOU e moi clara respecto ás competencias da Xunta de Goberno. O profesor Durany fai unha intervención no mesmo sentido e o Sr. Pérez Betanzos incide no solicitado polo profesor Santamaría en relación coa presencia dos tres representantes sindicais no Consello de Goberno. Finalmente intervén de novo o Rector e propón someter a votación o apartado que fai referencia ó Consello de Goberno, deixando que sexa o Claustro o que decida sobre a Comisión pero a condición de que se elixa ese mesmo día. O profesor Tojo anuncia o seu voto en contra.. Sometese este punto a votación. A favor ------------ 29 En contra ---------- 3 Abstencións ------- 7 Apróbase a proposta do Rector. Punto 4. Aprobación, se procede, de creación, supresión e modificación de Direccións de Área. Neste punto o Rector informa da proposta de supresión da Área de Deportes e Participación Estudiantil que dependía do Vicerrectorado de Extensión Universitaria e da creación das seguintes Direccións de Áreas e das súas funcións: * Vicerrectorado de Posgrao e Formación Permanente - Área de Estudios propios e formación contínua Funcións: - Dirección do Centro de Estudios de Posgrao e formación contínua. - Coordinación das distintas seccións do Centro de Estudios de Posgrao e formación contínua.. - Área de Innovación Académica Funcións: - As relativas a educación non presencial. - As relativas o espacio Europeo de educación superior - Área de Coordinación do Campus de Pontevedra

Funcións: - Coordinación daquelas funcións delegadas no Vicerrectorado levadas a cabo no Campus de Pontevedra. - As relativas ó Campus de Pontevedra que lle asigne o Vicerrector de Planificación. * Vicerrectorado de de Organización Académica e Profesorado - Area de Centros Funcións: - Organización Académica, Titulacións e Planos de Estudio, Validacións e Normativa de Permanencia. - Área de Departamentos - Funcións: - Profesorado Funcionario e Contratado. - Estructura Departamental. - Plano de Ordenación Docente. * Vicerrectorado de Relacións Institucionais - Área de Emprego Funcións: Realizar unha política intensa de formación e capitalización dos nosos universitarios mediante o formato, coordinación e apoio de tódalas accións e iniciativas que, directa ou indirectamente, estean relacionadas coa inserción laboral dos nosos titulados.en particular, e sen esgota-lo tema: - Realizar labores de formación, información e orientación dos nosos estudiantes con oficinas abertas en tódolos Campus. - Fomenta-las prácticas e empresas e institucións. - Crear bolsas de emprego e actuar como axencia de colaboración. - Realizar estudios de adecuación de formación universitaria á demanda do mercado de traballo. - Confeccionar Guías de saídas profesionais - Colaborar no deseño e apoio ós estudios de posgrao relacionados coa formación de axentes de emprego e coa inserción laboral. - Apoiar e incentivar a creación de foros de emprego. - Fomentar o autoemprego e as iniciativas empresariais O Profesor Legido e o Sr. Velasco din que non hai información previa ós membros da Xunta de Goberno sobre o tema e dada a importancia do mesmo suxiren deixalo para unha próxima reunión. O Rector di que as Direccións de área ían no seu programa electoral e que non se trata dunha descortesía. Repártese unha fotocopia coa información ós membros da Xunta de Goberno. O Sr. Velasco di que as Direccións dalgunhas Áreas xa existentes como son o CACTI, OTRI ou ORI, deberían profesionalizarse. Tamén di que vota en falta unha Área de Vicexerencia e prégalle ó Rector que estudie o tema. 5 Sométese o punto a votación:

6 A favor --------- 22 En contra ------ 0 Abstencións ---- 8 Punto 5. Aprobación, se procede, da convocatoria de prazas de aloxamento O Vicerrector de Extensión Universitaria e Estudiantes informa do contido da convocatoria sinalando as diferencias coa do ano anterior. A Sra. Corbacho e o Sr. Fernández Gesto fan observacións relativas ós prezos. Apróbase por asentimento a convocatoria. Punto 6. Asuntos de profesorado: Renovación do acordo de Transformación de Profesores PP1 a profesores asociados T2-TC; solicitudes de ano sabático e de renovación de Comisión de Servicios. - Renovación do acordo de Transformación de Profesores PP1 a profesores asociados T2-TC. A Vicerrectora de Organización Académica e Profesorado di que a proposta ten a mesma redacción que a anterior pero actualizada. O profesor Santamaría propón algúns cambios técnicos (ver anexo I, punto 6) que se aceptan. Apróbase por asentimento. - Solicitudes de ano Sabático. A Vicerrectora de Organización Académica e Profesorado informa doutras dúas solicitudes, a maiores das incluídas na documentación, e di que non hai, en tódolos casos, folgura na Área para asumir esa docencia. Fai unha proposta relativa á concesión de anos sabáticos para o curso académico 2002/2003 que consta de tres apartados: 1. Concederase un ano sabático no caso de que na carga docente do conxunto de profesores da Área e Campus (Funcionarios, PP1 e PP2) haxa unha folgura suficiente que permita cubrir (voluntariamente) a docencia asignada á persoa que solicita o ano sabático, debendo constar por escrito a aceptación dos profesores implicados. 2. Se a situación da Área non é a contemplada no punto anterior, o solicitante deberá facer constar por escrito a súa renuncia a percibir a parte do seu salario correspondente ó complemento de destino que permita contratar (ou prorrogar contrato) un profesor asociado de tipo T3-P3 ou T3-P4. 3. Delégase na Comisión de Docencia a concesión das solicitudes de ano sabático que se axusten ós criterios anteriores. A continuación interveñen o profesor Legido, a profesora Roca, o profesor Corbacho, o profesor Santamaría e o profesor Durany. Apróbase a proposta por asentimento. Punto 7. Aprobación, se procede, do acordo asinado o 11 de abril de 2002 entre a Xerencia e a Xunta de Persoal relativo o incremento de complemento específico dos funcionarios de Administración e Servicios

7 O Xerente expón brevemente o acordo, suliñando o máis salientable do mesmo. O profesor Santamaría e o Sr. Velasco adhírense ó acordo (Anexo I, punto 7). O profesor Sánchez Bello felicita ó Xerente polo seu nomeamento, adhírese ó acordo e di que lle gustaría que a xunta de PDI tomase iniciativas deste tipo. O Sr. Cebro felicita ó Xerente polo seu nomeamento e polo seu talante dialogante cando se tratou este tema. Apróbase o acordo por asentimento. Punto 8. Resolución do recurso de alzada presentado por Don Ricardo Olabegoya Estrela ( Facultade de Ciencias-Vigo), contra a non admisión a trámite da súa solicitude de avaliación curricular. A Vicerrectora de Organización Académica e Profesorado explica os antecedentes desta petición. A solicitude de admisión e trámite foi rexeitada pola Comisión Permanente do Centro. Presentado o correspondente recurso en Xunta de Centro, neste órgano non foi acadado o quorum necesario, polo que non hai acordo ó respecto e propón que sexa admitido a trámite. Despois dalgunhas intervencións solicitando aclaracións, apróbase a estimación do recurso por asentimento. Punto 9. Resolución do recurso de alzada presentado por Dona Mª do Carmo Henríquez Salido, en relación co procedimento de revisión de exames de varios alumnos na materia Historia da Lingua Española I. O Rector dalle a palabra á profesora Henríquez Salido quen lle agradece que despois de nove meses teña a ben atender os seus escritos e indica que na documentación da Xunta de Goberno faltan os documentos probatorios dos feitos. A continuación fai unha extensa e detallada exposición dos feitos (ver anexo II). III). A continuación intervén a profesora Quilis que dá lectura a un escrito (anexo A profesora Báez fai unha exposición aclarando os pasos levados a cabo polo tribunal nomeado polodepartamento en relación coa revisión dos exames. O profesor Santamaría fai unha intervención que se recolle no anexo I, punto 9. O profesor Membiela pide ó profesor Santamaría que se absteña de falar como Presidente da Xunta de P.D.I. como se recollera as opinións de tódalas Centrais Sindicais que constitúen dita Xunta e, en todo caso, que cando cite acordos sinale con que apoios se tomaron.. Despois de varias intervencións da profesora Henríquez, a profesora Báez, a Sra. Corbacho e o profesor Santamaría, o Rector propón acepta-lo informe da Asesoría Xurídica e rexeita-lo recurso. Sométese o tema a votación:

8 Votos a favor de desestima-lo recurso ------- 21 Votos en contra ---------------------------------- 0 Abstencións --------------------------------------- 9 Punto 10. Toma de acordo ante o recurso de reposición presentado polo Director do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación relativo á transformación da Profesora Mª del Carmen Ricoy Lorenzo de PP1 a PP2 acordada na Xunta de Goberno do día 11 de novembro de 2001. A Vicerrectora de Organización Académica e Profesorado fixo unha breve exposición dos feitos e o Vicerrector de Posgrao e Formación Permanente (ex Vicerrector de Organización Académica) explicou o procedemento seguido neste caso. Intervén o Director do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación e di que no informe da Asesoría Xurídica que acompaña a documentación indícase o procedemento a seguir nas solicitudes de transformación e que segundo esto, a solicitude presentada pola profesora Ricoy Lorenzo non reunía os requisitos, motivo polo que presentou o recurso. O Vicerrector Antón Fernández aclara que a interesada presentou no seu moment0 a solicitude de transformación ó Departamento, pero no POD do mesmo do curso 2001/2002 non figura a previsión dos 6 créditos de reserva para realizar dita transformación, xa que eso implicaría rescindir un contrato de ASO-T3 P3 ou de rebaixar un ASO T3-P6 a ASO T3-P3. Diante desta non previsión por parte do Departamento a Comisión de Docencia decidiu concede-la transformación. O Rector di que a Xunta de Goberno ten que preservar a política de profesorado que se leva a cabo nesta Universidade e que neste caso a Xunta de Goberno non tivo nunca dúbida sobre a actuación do Comisión de Docencia e propón a desestimación do recurso. rexeitamento. Os profesores Santamaría (anexo I, punto 10) e Durany están de acordo co Apróbase por asentimento a desestimación do recurso. Punto 11. Aprobación, se procede, da carta fundacional e estatutos da Fundación Milenio 11). O profesor Santamaría fai unha intervención que se recolle no Anexo I (punto Apróbase por asentimento. Punto 12. Aprobación do Acuerdo Marco de Cooperación entre a Universidade de Vigo e o Instituto Superior Politécnico José Antonio Echevarria. Aprobación do Protocolo de creación do Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal ( CEER). Convenios entre as universidades galegas para os programas de doutoramento de Historia das Ciencias e das Técnicas, Bioloxía Mariña e Acuicultura e Estatística e Investigación Operativa. Convenio entre as Universidades de Vigo e Santiago para o programa de doutoramento de Endocrinoloxía.

9 12). O profesor Santamaría fixo algunhas suxestións que figuran no anexo I (punto Apróbase por asentimento. Punto 13. Rogos e preguntas. O profesor Durany roga ó Sr. Rector que faga as xestións pertinentes para que os rexistros das Universidades sigan sendo válidos a efectos das solicitudes presentadas a convocatorias externas feitas dende os Ministerios. A profesora Cabeza roga que os presupostos deste ano reflictan a realidade dos tres Departamentos novos que se crean en lugar dos antigos Departamentos de Filoloxía Española e de Lingüística e Teoría da Literatura. A profesora Roca roga conste en Acta o escrito (Anexo IV) no que explica a súa abstención no punto 9. O profesor Corbacho explica a súa abstención por razóns similares. O profesor Santamaría fai un rogo que figura no Anexo I (punto 13). E non habendo máis asuntos que tratar, remata a sesión ás 14:45 horas do día 26 de xullo de 2002 da que eu como Secretaria Xeral dou fe, co visto e prace do Rector. O Rector A Secretaria Xeral Domingo Docampo Amoedo Mª Teresa Iglesias Randulfe