P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS

Similar documents
Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Informe mensual do paro rexistrado

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

O relevo e as costas de Galicia

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

Revista Galega de Economía Vol (2016)

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

A máquina de escribir

2. LA REHABILITACIÓN URBANA DE DOS CENTROS HISTÓRICOS: VIGO Y SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

ECONOMÍA APLICADA 13

Mapa de accidentalidade

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Programación de proba libre de módulos profesionais

Probas dos elementos internos do alternador

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

EMIGRACIÓN DE RETORNO NA GALICIA INTERIOR. O CASO DE ANTAS DE ULLA

Visita de Estudo TERRA CHÁ. ÁREA DE COLONIZACIÓN. 29 Marzo, 2006 PROXECTO: RESUMO. Future Approaches to Land Development

VIOLENCIA RURAL INTERCOMUNITARIA NO SUESTE DE GALICIA. UN CASO CONCRETO: MOIALDE CONTRA SAN PEDRO DE POUSADA

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ACTIVIDADE ECONÓMICA, ESTRUTURA PRODUTIVA E EMPREGO NO VAL DO CAUCA 1

Revista Galega de Economía Vol (2018

PORTO EXTERIOR ECONÓMICO DO SOBRE O EMPREGO NA CORUÑA E OUTRAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

Universidade de Santiago de Compostela, 2012

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

2VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela

A DEMANDA DE CRÉDITO HIPOTECARIO EN ESPAÑA: ESPECIAL REFERENCIA Á SITUACIÓN GALEGA

ESTUDO DESCRITIVO DO SECTOR DO TRANSPORTE INTERNACIONAL DE MERCADORÍAS POR ESTRADA EN GALICIA

Revista Galega de Economía Vol (2018)

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Absorbentes solo aceites

PRÁCTICAS HOTELEIRAS NA XESTIÓN DE CRISE POR CATÁSTROFES: O CASO DE GALICIA

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

Laboratorio do Territorio

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

FUNDAMENTOS DEL MANAGEMENT DEL DISENO (SPANISH EDITION) BY KATHRYN BEST


ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Escola Superior Gallaecia Mestrado integrado em Arquitectura e Urbanismo Dissertação - Tema sobre Urbanismo

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

PROPOSTA DE MEMORIA AMBIENTAL

Ensinanzas Técnicas. Portos. Alberte Castro Ponte, David Cota Mascuñana Emilio F. García García, Alejandro Rey Seoane Jesús Busto Míguez

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

A NATUREZA DA COMPETENCIA NO MERCADO DE AUDITORÍA: UNHA AVALIACIÓN DA LITERATURA 1

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

MARCO TEÓRICO. Investigación social do fenómeno da catividade de tartaruga moura no sureste Ibérico

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

DATOS IDENTIFICATIVOS

Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña)

Revista Galega de Economía Vol (2016)

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

Balance dos rendementos do sistema electoral galego: unha proposta de reforma

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

3?5'-i. - Servicio Terciario: - Categoría Hospedaxe: grao lo en edificio exclusivo ou compatible co residencial e

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

Transcription:

P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS APROBACIÓN DEFINITIVA Abril 2009 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 1 de 69

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS.. Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 2 de 69

1.... ENQUISA A FAMILIAS DO CASCO VELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS 4 INDICE 1.1. INTRODUCIÓN 5 1.2. A CONFECCIÓN DA ENQUISA. 5 1.2.1. O CONTIDO DA ENQUISA. 5 1.2.2. A FORMA. 5 1.2.3. A FIABILIDADE DOS RESULTADOS. 6 1.3. OS RESULTADOS BÁSICOS DA ENQUISA. 6 A. CARACTERISTICAS FAMILIARES (PREGUNTAS: A01, A02, A03, A04, A05, A06, A07, A08, A09, A10, A11, A12 E A13) 6 B. REXIME DE TENENCIA DA VIVENDA (B01, B02, B03, B04, B05 E B06) 8 C. OS USOS DA VIVENDA (PREGUNTAS: C01, C02, C03 E C04) 8 D. OPINIÓNS SOBRE A VIVENDA (D01, D02, D03, D04, D05, D06 E D07) 9 E. MOBILIDADE (E01, E02, E03, E04 E E05). 9 F. OPINIÓNS SOBRE O CASCO HISTÓRICO (F01, F02, F03, F04, F05, F06, F07 E F08) 10 2.... ANEXO I: MODELO DE ENQUISA 11 3.... ANEXO II: RESULTADOS E GRÁFICOS 18 4.... ANEXO III: RESPOSTAS 37 5.... ANEXO IV: DISTRIBUCIÓN DAS ENQUISAS POR RÚAS E COUZADAS 67 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 3 de 69

1. ENQUISA A FAMILIAS DO CASCO VELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 4 de 69

1.1. INTRODUCIÓN Un labor ordenador en calquera ámbito espacial habitado e cargado de historia, máxime se a ordenación supón ter en conta aspectos de protección e posta en valor de elementos de interese cultural que se atopan nese espazo, require - sempre que se poida acometer- a obtención da máxima información sobre das necesidades e arelas da poboación que alí vive, que alí mora, traballa, estuda ou gorenta do lecer. Por máis que no Casco Vello do Barco (e por sorte) existe unha moi dinámica Asociación de Veciños, e que esta asociación teña amosado moito interese porque se realice o Plan Especial de Protección, o equipo redactor do dito plan entendemos como necesaria a realización dunha enquisa ás familias que moran no ámbito do conxunto declarado, para termos un coñecemento, aínda máis cabal, das necesidades, desexos e aspiracións dos que o habitan; para vincular os moradores deste ámbito coa tarefa da súa recuperación e revitalización. Con este obxectivo elaborouse a mencionada enquisa que se pasou ao total de familias e que tivo, en xeral, unha boa acollida nos habitantes habituais do Casco Vello (só foi rexeitada por 3 familias). Os bosquexos e resultados obtidos da devandita enquisa recóllense de seguido. 1.2. A CONFECCIÓN DA ENQUISA. 1.2.1. O CONTIDO DA ENQUISA. Para a realización do Plan Especial, a maiores dos datos físicos, esencialmente arquitectónicos e urbanísticos, relativos especialmente ao exterior dos edificios e con menos incidencia sobre o que acontece dentro deles, era preciso saber máis cousas sobre os trazos esenciais das persoas (as familias) que desenvolven as súas vidas no escenario do Casco Vello do Barco. Saber cantos son, como son, que fan, a que destinan a vivenda, de que viven, de que nivel de ingresos dispoñen, que opinan sobre o propio escenario, que valoran máis,... Xa que logo, a enquisa deseñouse en diversos apartados, seis en total; a saber: a) Características familiares. b) Réxime de tenencia da vivenda c) Usos da vivenda d) Opinións sobre a vivenda. e) Mobilidade. f) Opinións sobre o Casco Histórico 1.2.2. A FORMA. Para dimensionar adecuadamente a enquisa, ou sexa para poder tirar os datos desexados sen estender en demasía o contido e, polo mesmo, o tempo preciso para a elaboración de cada enquisa, optouse por un deseño de preguntas no que se combinan: - preguntas directas cuantitativas: as respostas son unha cantidade - preguntas directas con resposta simple: unha opción de resposta única fronte a diversas opcións previamente deseñadas - con preguntas directas con posibilidade de respostas múltiples: varias respostas posibles de entre un feixe maior de opcións igualmente creadas con carácter pechado. O modelo de enquisa figura como Anexo nº 1 ao presente capítulo, os resultados e gráficos como Anexo nº 2 e as respostas como Anexo nº 3 ao dito capítulo. Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 5 de 69

1.2.3. A FIABILIDADE DOS RESULTADOS. En principio, e dado o cativo tamaño do universo previsible, que só acada 178 parcelas no ámbito do casco histórico, pensouse na comenencia de bosquexar unha identidade entre universo e mostra; ou sexa de realizar a enquisa á totalidade das familias que viven no ámbito do Plan Especial. Os datos reais indican que das 178 parcelas existentes no ámbito do casco vello do Barco están construídas 159 (3 en ruínas e 16 valeiras), que dan lugar a 231 vivendas, dentro destas só están habitadas 150, estando as 81 restantes deshabitadas. Logo de dúas permanencias no Casco do Barco, cunha semana de diferenza, realizando enquisas, e despois de comprobar a case absoluta imposibilidade de poder aumentar o número das materializadas (66), entendemos que a porcentaxe destas (mostra) sobre do teórico total (universo), era abondo significativa como para garantir unha fiabilidade dos resultados Para comprobar o preciso do aserto, recorremos á comparanza entre os datos extrapolables da enquisa e os reais de que se podía botar man. O que nos pareceu máis significativo para a comprobación foi o volume da propia poboación. Vexamos: De acordo co censo de poboación do ano 2006, a poboación residente no ámbito espacial do Plan Especial (ou sexa, a que vive dentro do perímetro do Casco Vello), ascende a 350 habitantes. Extrapolando os datos da enquisa as 66 familias preguntadas representan a un total de 221 habitantes (186 habitantes presentes e 35 ausentes), ou sexa 129 habitantes de diferenza respecto do censo, aplicando a fórmula para o cálculo da porcentaxe de erro, que é: E = [(N-n) / (N-1) n]1/2 x 100 Sendo "E" o nivel de erro máximo, "N" o universo (aquí, 350) e "n" = a mostra (221). Dando valores, temos: E = [(350-221) /(350-1)221]1/2 x 100 = 4,08 Xa que logo, cunha marxe de erro inferior ao 5% podemos considerar que os datos aportados pola esculca entre as familias do Casco Histórico do Barco son ben representativos e que, polo mesmo, cabe tirar conclusións dos seus datos extrapolados, sabendo que serán substancialmente válidos. 1.3. OS RESULTADOS BÁSICOS DA ENQUISA. Os resultados tirados da explotación da enquisa (Anexo nº 2 ao presente capítulo) pódense sintetizar como segue: A. CARACTERISTICAS FAMILIARES (preguntas: A01, A02, A03, A04, A05, A06, A07, A08, A09, A10, A11, A12 e A13) 1.- Tamaño familiar (pregunta A01) De acordo coas respostas dadas á pregunta A01, o tamaño familiar medio é de 3,348 unidades por familia (221/66); este resultado contradí os datos da Memoria Informativa 2,33 unidades por familia (resultado de dividir as vivendas habitadas entre o número de habitantes). Os datos poden estar deturpados en dúas direccións: por un lado é posible que ao responder á enquisa consideren membros da familia a familiares non censados o que aumenta o tamaño familiar. Posiblemente se axusten máis os datos das respostas á pregunta A02 (nº de membros da familia que habitan a cotío) de 2,818 unidades por familia (186/66), con todo segue sendo superior. A outra desviación pode vir da posibilidade de que haxa persoas non censadas en vivendas habitadas. Cremos que podemos considerar como dato máis axustado da media familiar o que corresponde a 2,818 unidades por familia. Como se pode apreciar, trátase dun tamaño familiar excesivamente pequeno, que evidencia unha poboación envellecida. Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 6 de 69

2.- Residencia (preguntas A02, A03 e A04). O 82,80% (183 de 221) dos activos poboacionais do casco histórico (pregunta A02) residen nel. Fica ausente un 17,20%. (38 de 221) Das 66 unidades familiares enquisadas (pregunta A03) 47 (71,21%) non teñen ningún membro da familia fóra; só un 28,79% teñen algún familiar fóra do Casco Vello do Barco Dos que residen fóra (pregunta A04), o 66,66% fican na comunidade autónoma dos cales a metade (30,30%) non se moven do concello e un 12,12% da comarca; un 24,24% emigra ao resto de España e só o 6,% emigra a Europa. 3.- A actividade da poboación (preguntas A05, A06, A07 e A08). A taxa de actividade da poboación (A05) é mais ben baixa. Só teñen a consideración de activos un de cada tres veciños (ó 36,,61%). Esta porcentaxe é resultante da proporción entre persoas que viven a cotío e traballan (pregunta A05) sobre persoas que viven a cotío (pregunta A02); é dicir 67/183 x 100 = 36,61. É un dato a ter en conta o feito de que máis dun terzo das familias (pregunta A05) (25/64 x 100 = 39,06%) non ten a consideración de pertenza á poboación activa ningún dos seus membros. Esta situación evidencia, outra vez, a condición de ancianidade acusada da poboación, pois un 48,70 % do total dos inactivos (A08) aparece como xubilado ou pensionista. Pero aínda é peor o dato se temos en conta que os inactivos que declaran estar en "outras situacións" e discapacitados, a maioría son persoas igualmente maiores. Verbo dos sectores produtivos nos que se ocupa a poboación activa (A06), máis da metade (53,73%) traballa no sector servizos (sanidade, comercio, administración, etc) e unha cuarta parte (26,87%) na industria (maioritariamente nas fábricas de pizarra) o resto (menos do 20%) distribúese entre a construción, o agro e outros. 4.- Nivel de adscrición ao núcleo (preguntas A09, A10, A11 e A12) Hai que salientar o feito de que só un 25,76% dos habitantes do casco vello do Barco viven nel de toda a vida mentres que máis da metade (56%) instaláronse nel a partir de 1981, dos cales a metade fíxoo na década dos noventa. Esta reocupación do Casco nos últimos 25 anos, débese a tres fenómenos distintos que corresponden con distintos sectores de poboación: 1) parellas mozas que valoran o atractivo de rehabilitar casas con encanto situadas nunha zona privilexiada da vila. 2) Xubilados no rural, do contorno comarcal, que se instalan no Casco Vello onde poden acceder a unha vivenda barata (aínda que en malas condicións) e vivir nunha vila que lle proporciona unha serie de equipamentos (sobre todo sanitarios) que no rural non teñen e 3) Inmigrantes que teñen acceso a unha vivenda de aluguer máis barata que no resto da vila. A pesares de que só o 25% da poboación vive no Casco de toda a vida podemos dicir que o nivel de adscrición ao núcleo é forte; só o 3% ten pensado deixar de vivir nel fronte a un 89% que non pensa en irse; a este nivel de adscrición importante, para acometer calquera proxecto, das familias que teñen o seu proxecto vital vinculado a este espazo súmase o vínculo histórico de recoñecemento e autorrecoñecemento do espazo como algo que transcende aos individuos e que vén de lonxe xa que a maioría dos que se instalaron nel proceden do municipio ou doutra casa do mesmo Casco. Por último hai que dicir que só o 3% % das familias do núcleo ten pensado deixar de vivir aquí; xa que logo, os problemas demográficos do Casco Histórico do Barco non han vir como resultado de procesos migratorios, senón polo envellecemento da súa poboación. É un feito positivo a valorar altamente, esa inequívoca vontade de permanecer no núcleo dos que xa viven nel, e de ir vivir a el por parte de xentes que viven no contorno comarcal. Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 7 de 69

5.- O nivel de ingresos (A13). De acordo cos datos subministrados polas persoas entrevistadas (que, contra o que adoito acontece cando se pregunta sobre esta cuestión contestaron masivamente á enquisa), o nivel medio de ingresos familiares sitúase arredor dos 1.100 euros/mensuais. Sabemos que fronte dunha consulta deste tipo as respostas soen situarse por baixo da realidade. E isto esencialmente, por dúas razóns: a) porque hai unha tendencia xeneralizada a rebaixar cando un ten que dicir o que gaña, por aquilo de que non vaia a ser que logo veñan as consecuencias negativas con impostos ou causas así; e b) porque á hora de precisar os ingresos de todos os compoñentes da familia, e por todos os conceptos, sempre se adoita esquecer algunha partida percibida de forma non periódica. As desviacións sobre da renda familiar declarada adoitan non baixar do 20 %. Se isto se aplica ao caso que nos ocupa, habería que corrixir a cifra para situala arredor dos 1.300 euros/mes. Agora ben, as medias non deixan de ser un simple indicador estatístico xeral que neste caso concreto desvíanos da situación real da maioría da poboación xa que os datos extremos están moi separados entre si e teñen unha participación bastante importante no conxunto (o 22,73% cobran menos de 600 euros/mensuais e o 9,09% cobran máis de 2.100 euros/mensuais). A desagregación por grupos de rendas ofrécenos unha visión máis clara de cal é a situación real do nivel de renda familiar e polo tanto do poder adquisitivo da poboación do Casco Vello do Barco; o grupo máis numeroso (22,73% do total) declara unhas rendas inferiores a 600 euros/mes que, de acordo coa pirámide de poboación corresponde cos maiores de 65 anos e co importe da pensión mínima de xubilación e/ou incapacidade. Máis da metade (57,58%) declara rendas inferiores a 1.200 euros/mes Non é, dende logo a renda que adoita corresponder a unha poboación urbana, pero tampouco se corresponde co que é corrente nos medios rurais onde o peso da economía agraria é aínda forte. Nisto, como non podía ser doutro xeito, reflíctese esa situación a cabalo entre o rural e o urbano que caracteriza a poboación do Casco Vello do Barco. B. REXIME DE TENENCIA DA VIVENDA (B01, B02, B03, B04, B05 e B06) Como adoita acontecer nas pequenas vilas vinculadas ó medio rural, a edificación que acolle a vivenda é propiedade de quen nela vive (87,88 % do total). O aluguer só afecta a 3 vivendas (ó 4,55 % do total dos enquisados), das cales 2 foron alugadas despois do ano 2000. A renda pagada polo aluguer, segundo manifestan os propios arrendatarios entrevistados, sitúase entre 90 e 200 euros/mensuais para as vivendas alugadas no presente decenio; son alugamentos máis baixos ós do resto da vila que se corresponden co mal estado das vivendas alugadas. A opción de alugar, iniciada nesta década, asómase como unha tendencia cara o futuro, protagonizada por inmigrantes e, polo mesmo, non sería raro que na próxima década a porcentaxe de vivenda en aluguer aumentase; de feito, calquera política de axuda á rehabilitación de vivendas vai levar parella a posta no mercado da vivenda de aluguer de moitos edificios hoxe baleiros, por non se atopar en condicións de seren alugados. Con todo, o nivel de intervención fundamental, e dado o nivel de adscrición que os seus habitantes teñen co Casco, pasa pola rehabilitación para o propio uso dos propietarios; este criterio impleméntase, coa pequena porcentaxe que lle corresponde, polo feito que 2 das 5 familias que non teñen unha relación de propiedade coa súa vivenda estarían dispostas a mercalas aínda que por un prezo inferior ós 25.000 euros. C. OS USOS DA VIVENDA (preguntas: C01, C02, C03 e C04) A pesares de que a maioría das edificacións onde residen as familias do Casco Vello do Barco, hoxe en día, ten no uso residencial un uso exclusivo (66,67% do total), aínda se conserva unha porcentaxe importante (30,30%) onde se Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 8 de 69

compaxinan outros usos, onde se desenvolven actividades que perduran ao longo do tempo a pesares do abandono e deterioro sufrido na segunda metade do século pasado e antes dos anos oitenta. Este 30,30%, que compaxina o uso residencial con outros usos, distribúese do seguinte xeito segundo a actividade: comercios (13,14 %), bares (9,09%), talleres (1,52%) e outros usos (6,06%). Para tentar indagar por onde poden ir as cousas no futuro respecto dos usos da edificación, preguntouse á poboación se abordaría cambios, no senso de diversificar a utilización do edificio onde se ten a vivenda, e a resposta reflectiu que nun 21,21% das edificacións se abordarían eses cambios. A distribución que se faría entre os novos usos previstos (se é que tal cousa se chegase a autorizar pola normativa urbanística do Plan) sería: Nun 35,29 % dos casos: para usos comerciais (sen especificar). Nun 11,76 % dos casos para usos hosteleiros (bares). E, nun 29,41 % para outros usos (sen especificar cales). D. OPINIÓNS SOBRE A VIVENDA (D01, D02, D03, D04, D05, D06 e D07) 1) Como elementos positivos son a tranquilidade e estar ben soleada as condicións máis valoradas da vivenda por parte dos usuarios. A metade das familias (50%) coinciden en valorar como tranquila a súa vivenda e unha de cada tres (33,33%) o feito de estar ben soleada. Chama a atención que, a pesares de non ser moitos os edificios rehabilitados, máis dun terzo das familias (34,85%) responden que lles gusta todo, fronte a só un 4,55% que afirma non gustarlles nada. No resto das valoracións hai menos consenso: está ben ventilada (16,67%), é confortable (13,64%), ten un encanto especial (12,12%) e ten habitacións grandes (9,09%). 2) Como elemento máis negativo da vivenda propia, os entrevistados sinalaron a carencia de garaxe (coinciden o 27,27% dos enquistados), seguido da humidade (22,73%) e do feito de estar moi vella (15,15%); a máis distancia do consenso valóranse negativamente outras características da vivenda como: falla de luz (7,58% das consultas), habitacións pequenas e/ou distribución (7,58%), demasiado pequena (3,03%). Chama a atención que a maior porcentaxe (40,91%) dos entrevistados prefire non definirse nas características negativas e un afortunado 7,58% corresponde con familias plenamente satisfeitas das características da súa vivenda. 3) Sobre a previsión de acometer obras de mantemento, reforma e/ou reestruturación da vivenda hai que consignar que teñen esa intención o 37,88 % dos propietarios, pero tamén hai que salientar que no 52 % dos casos, nos que se manifestou a vontade de obrar, só se acometerán as obras se hai axudas ou subvencións públicas e un 28% cando teñan cartos. Os problemas económicos parecen o principal impedimento para realizar reformas e/ou rehabilitar a vivenda xa que tamén un 51;35% dos que non teñen pensado facer obras é por problemas financeiros. 4) Para distribuír o tipo de obra que se ten "in mente", preguntouse aos usuarios se tiñan necesidade de maior superficie para vivenda ou para outros usos a desenvolver no edificio.; a resposta foi negativa no 71,21% dos casos. Xa que logo, parece ser que non é unha maior capacidade volumétrica dos continentes edificatorios o que polo común precisa a veciñanza de o Casco Vello de O Barco de modo xeneralizado Os destinos concretos de novas superficies, en realidade, repártense para todo tipo de pezas dunha casa: máis habitacións, cociña maior, mellores aseos, espazo para aparcadoiro, etc. E. MOBILIDADE (E01, E02, E03, E04 e E05). 1) O 31,82% das familias entrevistadas non posúe coche privado; contan con este medio de transporte o 68,18%. das familias. De acordo co número de vehículos existente, os ratios de coches por vivenda son: 1 (66/66) por cada familia do Casco Vello e 1,46 (66/45) coches por cada casa onde si posúe este medio de transporte. Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 9 de 69

2) Só posúen garaxe para abeirar o coche propio o 36,07 % dos propietarios de coche(s). Un 18,03 % garda o vehículo en garaxes alleos. E a proporción máis alta deixa o coche en rúas ou prazas (39,34 %). 3) Dos que non teñen garaxe propio manifestan ter problemas de aparcadoiro máis da metade (62,79%), practicamente 2 de cada 3 familias. 4) Chama a atención que o 71,21% % das familias entrevistadas se pronuncie a favor da creación dun estacionamento público no núcleo ou nas proximidades del e só un 3% se manifeste en contra. F. OPINIÓNS SOBRE O CASCO HISTÓRICO (F01, F02, F03, F04, F05, F06, F07 e F08) 1) A maioría das familias entrevistadas (65,15%) considera que a altura dos edificios é axeitada; do resto, é maior a porcentaxe dos que consideran que a altura é excesiva (16,67%) fronte ós que considera que é pouca (9,09%). En canto ás valoracións extremas altura moi excesiva ou moi pouca equiparanse e apenas son significativas (1,52% do total). 2) A valoración da cantidade de edificacións interesantes existentes no ámbito do Casco Vello distribúese maioritariamente (56,06%) entre algunhas (34,85%) e bastantes (21,21%). 3) En canto ós aspectos que afectan máis negativamente ao Casco, o maior consenso atópase en valorar negativamente os vehículos estacionados e/ou en tránsito (45;45%), o aspecto das fachadas (40,91%) e a ausencia de espazos públicos (34,85%) 4) Consecuentemente coas respostas á anterior pregunta consideran necesarias, (cunha alta porcentaxe de consenso), as seguintes intervencións: en primeiro lugar (71,21%) as axudas á limpeza e restauración de fachadas, cun 34,85% as axudas á rehabilitación interior, un 33,33% a pavimentación de rúas e prazas, un 28,79% a construción de aparcadoiros e un 25,76 % as axudas a implantación de negocios. 5) En canto ós valores que ofrece agora mesmo o Casco Histórico existe un amplo consenso en valorar positivamente ter un ambiente tranquilo (78,79%) e polas súas vistas (33,33%). 6) As respostas á pregunta que valores se deberían potenciar?, (F06) confirman e validan a pregunta F04, xa que os valores elixidos (escena urbana/fachadas, zona comercial, aparcadoiros, vivendas de calidade) están en consonancia coas liñas de intervención sinaladas. 7) A pesares de que a autodiagnose da situación vital actual do Casco Histórico non é moi optimista; preto da metade das familias que nel habitan valoran a situación como mala (22,73%) ou moi deteriorada (27,27%) e un 30% non pasa de considerar a situación como regular, as respostas dadas á pregunta de cómo se contempla o porvir son, en xeral, moderadamente optimistas: - un 43,94 % responde: "Ben". - Un 19,70 % responde: "Regular". É, pois, esta unha característica moi a ter en conta: a poboación do Casco Vello do Barco está moderadamente ilusionada, de xeito maioritario, co futuro deste ámbito territorial. E esta é unha premisa non suficiente pero si necesaria para encarar calquera proxecto de futuro.. Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 10 de 69

2. ANEXO I: MODELO DE ENQUISA Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 11 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 12 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 13 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 14 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 15 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 16 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 17 de 69

3. ANEXO II: RESULTADOS E GRÁFICOS Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 18 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 19 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 20 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 21 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 22 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 23 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 24 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 25 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 26 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 27 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 28 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 29 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 30 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 31 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 32 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 33 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 34 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 35 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 36 de 69

4. ANEXO III: RESPOSTAS Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 37 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 38 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 39 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 40 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 41 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 42 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 43 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 44 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 45 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 46 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 47 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 48 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 49 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 50 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 51 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 52 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 53 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 54 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 55 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 56 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 57 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 58 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 59 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 60 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 61 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 62 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 63 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 64 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 65 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 66 de 69

5. ANEXO IV: DISTRIBUCIÓN DAS ENQUISAS POR RÚAS E COUZADAS Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 67 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 68 de 69

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 69 de 69