ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

Similar documents
ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Á Mesa do Parlamento

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 9 de marzo de 2018

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

11 DE JULIO DE 2009 Nº 158

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

DE LA PROVINCIA DE LUGO

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 7 de xullo de 2009

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de novembro de 2017

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

CONCELLO DE CHANTADA BORRADOR ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DO 14 DE MAIO DE 2018

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

Memoria Escola Galega de Administración Pública

DE LA PROVINCIA DE LUGO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 14/2008. PROCURADORA DA ESTRADA.

18/18.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 DE ABRIL DE 2018

ACTA DA SESION ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL CORRESPONDENTE O DIA 5 DE MAIO DO

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

XUNTA DE GALICIA. Anuncio

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

DE LA PROVINCIA DE LUGO

1/17.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 5 DE XANEIRO DE 2017

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Transcription:

ASISTENCIA PLENO 150619: Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín Concelleiros: Don Óscar Lema Romero Dona Yolanda Mourelle González Dona Natalia Espasandín pazos Don Germán Pérez Freire Don Manuel García Velo Dona María Pilar Garcia Garcia Don José Luis Velo Velo Don José David Gomez Brandariz Don Juan Carlos Torres Vila Don José Cotelo Pardiñas Secretaría: Dona María Garrote López Intervención: Dona Laura Rodríguez Arranz BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO DEZANOVE DE XUÑO DE DOUS MIL QUINCE (150619) No Concello de Zas, o dezanove de xuño de dous mil quince, ás catorce horas, reuníronse no salón de sesións habilitado para o efecto, baixo a presidencia do señor alcalde don Manuel Muíño Espasandín, coa asistencia da secretaria e dos señores concelleiros relacionados ao marxe; co obxecto de desenvolver unha sesión extraordinaria do Pleno, en base a Orde do día circulada e para o que foron legalmente convocados. A señora secretaria verifica que na primeira convocatoria existe quórum suficiente de constitución. Unha vez que a Presidencia abriu o acto, pasouse a tratar os asuntos comprendidos na Orde do día. PRIMEIRO: CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS, INTEGRANTES E PORTAVOCES.- Conforme se dispón nos arts. 23, 24 e 25 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( R.O.F.) aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de Novembro, e arts. 74 e 75 da Lei 5/1997, de 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia, dáse conta da constitución dos seguintes grupos municipais da Corporación, os seus integrantes e portavoces R.E.855/2015, de 15 de xuño Constitúese o denominado grupo Bloque Nacionalista Galego sendo os seus integrantes: Manuel Muíño Espasandín Óscar Lema Romero Yolanda Mourelle González Natalia Espasandín Pazos Germán Pérez Freire Manuel García Velo María Pilar García García José Luis Velo Velo Según o escrito presentado o portavoz é don Óscar Lema Romero e os suplentes dona Yolanda Mourelle González e don Germán Pérez Freire. R.E.856/2015, de 15 de xuño Constitúese o denominado grupo Partido Popular, sendo os seus integrantes: José David Gomez Brandariz Juan Carlos Torres Vila José Cotelo Pardiñas Página 1 de 9

Según o escrito presentado o portavoz é José David Gomez Brandariz e os suplentes Juan Carlos Torres Vila e José Cotelo Pardiñas. SEGUNDO: CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL O Alcalde le a proposta: PROPOSTA DA ALCALDÍA Logo das eleccións locais do pasado 24 de maio e de constituírse a nova Corporación é necesario crear e determinar a composición das comisións informativas de carácter permanente deste concello. Tendo en conta que ao abeiro do disposto na Lei de bases de réxime local, no artigos 20.1.b da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia e no artigo 35.2.d do Regulamento de organización e funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais (ROF), a Xunta de Goberno Local existirá en aqueles concellos de poboación non superior a 5000 habitantes cando o determine o regulamento orgánico ou o acorde o pleno. A Alcaldía, ao abeiro da lexislación exposta proponlle ao Pleno a adopción dos seguintes acordos: Primeiro: Crear a Xunta de Goberno Local. Segundo:No caso de que non se acorde a creación da Xunta de Goberno Local os decretos relativos a composición e periodicidade da mesma quedarán sen efecto.zas, 15 de xuño de 2015O alcalde.manuel Muíño Espasandín. García Velo,dona María Pilar García Garcia e don José Luis Velo Velo ) e 3 abstencións (don José David Gomez Brandariz, don Juan Carlos Torres Vila e don José Cotelo Pardiñas.) a proposta da Alcaldia anteriormente transcrita en todos os seus termos TERCEIRO:PERIODICIDADE DE SESIÓNS ORDINARIAS DE PLENO. O Sr. alcalde le a proposta: PROPOSTA DA ALCALDÍA Logo das eleccións locais do pasado 24 de maio e de constituírse a nova Corporación é necesario establecer as sesións periódicas do Pleno e das Comisións. Tendo en conta que ao abeiro da lexislación vixente o Pleno se reunirá en sesión ordinaria como mínimo cada tres meses nos concellos cunha poboación de ata 5000 habitantes. A Alcaldía, ao abeiro do disposto no artigo 78 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e en concordancia co artigo 46.2.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e co artigo 210 da Lei de administración local de Galicia, proponlle ao Pleno da Corporación o seguinte: Primeiro: Establecer as sesións ordinarias do Pleno do Concello de Zas os últimos martes de cada mes impar ás 13:00 horas. Segundo: O Sr. alcalde está facultado para alterar as sesións plenarias cando coincidan coa Semana Santa, como consecuencia dos períodos vacacionais, sempre que isto non obstaculice a xestión de asuntos municipais. Terceiro: O Sr. alcalde está facultado para adiantar ou atrasar a data de reunión da sesión ordinaria, sen que poida exceder dun prazo máximo de seis días hábiles e sempre que sexa preciso para o correcto funcionamento da xestión municipal. En todo caso daralle, con posterioridade, conta ao Pleno da Corporación dos motivos polos Página 2 de 9

que acordou pospoñer a sesión. Zas, 15 de xuño de 2015.O alcaldemanuel Muíño Espasandín Sometido o tema a consideración do Pleno este aproba por unanimidade dos presentes a proposta de alcaldía anteriormente transcrita CUARTO: CREACIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E DA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS O Sr. alcalde le a proposta: PROPOSTA DA ALCALDÍA Logo das eleccións locais do pasado 24 de maio e de constituírse a nova Corporación é necesario crear e determinar a composición das comisións informativas de carácter permanente deste concello. Tendo en conta que ao abeiro do disposto na Lei de bases de réxime local, nos artigos 66, 68 e 212 da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia e no artigo 123 e seguintes do Regulamento de organización e funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais (ROF), correspóndelle ao Pleno determinar o número e a denominación das comisións informativas de estudo e ditame, tanto cando nacen con vacación de permanencia, por obedecer a estrutura o ámbito competecial do concello, como cando nacen con carácter temporal co obxectivo de tratar temas específicos. Tendo en conta que ao abeiro do artigo 134 do ROF estas comisións estarán integradas polos membros que designen os diferentes grupos políticos do concello, en proporción a súa representatividade no Pleno. A Alcaldía, ao abeiro da lexislación autonómica e dos artigos 123 e seguintes do ROF, proponlle ao Pleno a adopción dos seguintes acordos: Primeiro: Crear as seguintes comisións informativas de carácter permanente: -Comisión Informativa de Facenda e Especial de Contas -Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno Segundo: Establecer a seguinte composición en función da representación que cada grupo ten no Pleno: BNG: 5 concelleiros/as PP: 2 concelleiros/as Terceiro: As funcións destas comisións informativas de carácter permanente serán o estudo e o ditame previo dos asuntos que se sometan a decisión do Pleno ou da Xunta de Goberno e da Alcaldía, nestes dous últimos casos cando estes órganos actúen por delegación daquel, podendo intervir tamén en relación con outros asuntos que non sexan da competencia do Pleno da Corporación cando o órgano competente lles solicite ditame, A Comisión de Contas, órgano necesario no concello, asume as competencias do artigo 116 da Lei de bases de réxime local e do 66 da lei 5/1997. Cuarto: Estas comisións, agás a Especial de Contas, reuniranse segundo se sinala no artigo 134 do ROF. O seu funcionamento axustarase ao previsto no capítulo 2, título 2 da Lei de réxime xurídico das Administración Públicas e do procedemento administrativo común, na Lei 14/1990 e no ROF. Zas, 15 de xuño de 2015.O alcalde. Manuel Muíño Espasandín Sometido o tema a consideración do Pleno este aproba por unanimidade dos presentes a proposta de alcaldía anteriormente transcrita QUINTO: REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS O Sr. alcalde le a proposta: PROPOSTA DA ALCALDÍA Página 3 de 9

De conformidade co disposto no art. 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (R.O.F.) aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de Novembro, en virtude do cal debe procederse polo Pleno ao nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados que sexan da competencia do mesmo,esta Alcaldía-Presidencia propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: -No Consello Escolar do C.P.I. de Zas: Óscar Lema Romero. Suplente: Manuel García Velo -No Consello Escolar do C.E.I.P. "Labarta Pose". Óscar Lema Romero. Suplente: Manuel García Velo -No Consello Escolar do I.E.S."Maximino Romero de Lema": Óscar Lema Romero. Suplente: Manuel García VeloEn Zas, a 15 de xuño de 2015.O Alcalde,Manuel Muíño Espasandín. García Velo,dona María Pilar García Garcia e don José Luis Velo Velo ) e 3 abstencións (don José David Gomez Brandariz, don Juan Carlos Torres Vila e don José Cotelo Pardiñas.) a proposta da Alcaldia anteriormente transcrita en todos os seus termos SEXTO: DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA SOBRE O NOMEAMENTO DOS MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL O Sr. alcalde le a resolución: DECRETO.- No Concello de Zas (A Coruña) a 15 de xuño de 2015. Á vista do preceptuado nos artigos 20, 21 e 23 da Lei 7/85, de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 65 do Lei 5/1997, de 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia, e os artigos 38, 52, 53, 112 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de Novembro de 1.986, e sendo competencia do Alcalde o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, resolvo: Primeiro: Nomear como membros vocais da Xunta de Goberno Local aos seguintes concelleiros: Óscar Lema Romero, Yolanda Mourelle González e Manuel García Velo. Por tanto a composición é a seguinte: Presidente: Vocais: Manuel Muíño Espasandín. Óscar Lema Romero Yolanda Mourelle González Manuel García Velo Segundo: Notificar a presente resolución aos designados que se considerará aceptada tácitamente se no termo de tres días hábiles desde o día seguinte a notificación non se manifesta o contrario. Terceiro: Remitir a resolución do nomeamento ao B.O.P. da Coruña para a sua publicación, igualmente publicar a resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, sen prexuizo da sua efectividade desde o día seguinte a firma da resolución pola alcaldía. Cuarto: Dar conta ao Pleno da Corporación na sesión extraordinaria que se convoque en cumprimento do previsto no art. 38 do ROF SÉTIMO: DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA SOBRE O NOMEAMENTO DOS TENENTES DE ALCALDE Página 4 de 9

O Sr. alcalde le a resolución: DECRETO.- No Concello de Zas (A Coruña) a 15 de xuño de 2015. De conformidade co disposto nos artigos 20, 21 e 23 da Lei 7/85, de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, arts. 62 e 63 da Lei 5/1997, de 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia, e os artigos 38, 46 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de Novembro de 1.986, e sendo competencia do Alcalde o nomeamento dos Tenentes de Alcalde, de entre os membros da Xunta de Goberno Local, resolvo: Primeiro: Nomear como Tenentes de Alcalde aos seguintes concelleiros na orde que se determina: Primeiro Tenente de Alcalde: Óscar Lema Romero Segundo Tenente de Alcalde: Yolanda Mourelle González Terceiro Tenente de Alcalde: Manuel García Velo Segundo: Notificar a presente resolución aos designados que se considerará aceptada tácitamente se no termo de tres días hábiles desde o día seguinte a notificación non se manifesta o contrario. Terceiro: Remitir a resolución do nomeamento ao B.O.P. da Coruña para a sua publicación, igualmente publicar a resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, sen prexuizo da sua efectividade desde o día seguinte a firma da resolución pola alcaldía. Cuarto: Dar conta ao Pleno da Corporación na sesión extraordinaria que se convoque en cumprimento do previsto no art. 38 do ROF. OCTAVO: DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA REFERENTE AO NOMEAMENTO DE CONCELLEIROS DELEGADOS E ATRIBUCIÓNS CONFERIDAS O Sr. alcalde le a resolución: DECRETO.- No Concello de Zas (A Coruña) a 15 de xuño de 2015. En virtude das atribucións que me confiren os arts. 23 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, art. 61 da Lei 5/1997, de 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia e arts. 43 e 44 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 28 de Novembro de 1.986, e sendo competencia do Alcalde efectuar as delegacións nos Concelleiros que estime pertinente, resolvo: Primeiro: Efectuar delegacións especiais de servizo ao abeiro do art. 43.5.b do ROF nos seguintes concelleiros: CONCELLARÍA DELEGADA DE CULTURA E ENSINO: Manuel García Velo CONCELLARÍA DELEGADA DE SERVIZOS SOCIAIS: Óscar Lema Romero CONCELLARÍA DELEGADA DEPORTES E PROTECCIÓN CIVIL: Óscar Lema Romero CONCELLARÍA DELEGADA DE RÉXIME INTERIOR E RECURSOS HUMANOS: Óscar Lema Romero. CONCELLARÍA DELEGADA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: María Pilar García García CONCELLARÍA DELEGADA DE PLANIFICACIÓN E XESTIÓN URBANÍSTICA: Germán Pérez Freire. CONCELLARÍA DELEGADA DE SERVIZOS MUNICIPAIS E EMPREGO: Natalia Espasandín Pazos CONCELLARÍA DELEGADA DE MULLER E SANIDADE: Yolanda Mourelle González CONCELLARÍA DELEGADA DE MEDIO RURAL: José Luis Velo Velo De conformidade co previsto no art. 43.5 b) do citado R.O.F., as Página 5 de 9

citadas delegacións comprenden a dirección interna e a xestión dos servizos correspondentes, pero non inclúen a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros. A facultade resolutoria corresponde a Alcaldía. Segundo: Realizar delegación xenérica ao abeiro do art.43.3 do ROF, no seguinte concelleiro: Óscar Lema Romero. Certificados de empadroamento e contribución, informes de convivencia, visados de outros certificados, informes. A delegación xenérica comprende a facultade de dirixir os servizos, xestionalos e resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros. Terceiro: Conste a facultade de avocación nos termos establecidos no art. 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Cuarto: Notificar a presente resolución aos designados que se considerará aceptada tácitamente se no termo de tres días hábiles desde o día seguinte a notificación non se manifesta o contrario. Quinto: Remitir a resolución do nomeamento ao B.O.P. da Coruña para a sua publicación, igualmente publicar a resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, sen prexuizo da súa efectividade desde o día seguinte a firma da resolución pola alcaldía. Sexto: Dar conta ao Pleno da Corporación na sesión extraordinaria que se convoque en cumprimento do previsto no art. 38 do ROF. NOVENO: DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA REFERENTE ÁS ATRIBUCIÓNS DELEGADAS A FAVOR DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL O Sr. alcalde le a resolución: DECRETO.- No Concello de Zas (A Coruña) a 15 de xuño de 2015 En uso das facultades que me confiren os arts. 21 e 23 da Lei 7/1.985, de 2 de Abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos arts. 61 e 65 da Lei 5/1997, de 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia e arts. 43 e 44 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2.568/1.986, de 28 de Novembro,resolvo: PRIMEIRO.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións concretas que me asigna como delegables a lexislación vixente: A. Aprobar a oferta de emprego público de acordo co Orzamento e plantilla aprobados polo Pleno, aprobar as bases para as probas de selección do persoal funcionario e laboral fixo e para os concursos de provisión de postos de traballo. B. Sancionar as faltas de desobediencia á súa autoridade ou por infracción das Ordenanzas municipais, salvo nos casos en que tal facultade estea atribuída a outros órganos. C. A adxudicación de concesións sobre os bens das entidades locais e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10 % dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millons de euros, así como a enaxenación do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a cuantía indicadas. D. Adopción dos acordos que procedan en relación coas solicitudes presentadas polos cidadáns, entidades públicas ou privadas relativas a servizos ou actividades municipais, salvo que as Ordenanzas ou as leis sectoriais atribúanas directamente ao Pleno ou á Xunta de Goberno Local. SEGUNDO.- Pór en coñecemento da Xunta de Goberno Local e do Pleno do Concello na primeira sesión que celebren a presente Resolución e ordenar a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Página 6 de 9

DÉCIMO: DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA SOBRE A PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL O Sr. alcalde le a resolución: DECRETO.- Zas (A Coruña),a 15 de xuño de 2015 Sendo preceptivo establecer por esta Alcaldía-Presidencia a periodicidade das Sesións Ordinarias a celebrar pola Xunta de Goberno, conforme dispón o art. 112.2 e 112.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (R.O.F.) aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de Novembro, resolvo: PRIMEIRO.- Celebrar as Sesións Ordinarias da Xunta de Goberno Local o primeiro e terceiro martes de cada mes, ás 13,30 horas. No caso de que o día sinalado fose festivo, a sesión celebrarase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. SEGUNDO.- Por en coñecemento da Xunta de Goberno Local e do Pleno do Concello na primeira sesión que celebren, para o seu coñecemento e efectos oportunos. DÉCIMO PRIMEIRO: DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO PLENO NO ALCALDE E XUNTA DE GOBERNO LOCAL.- O Sr. alcalde le a proposta: PROPOSTA DE ALCALDÍA. Visto o artigo 22.4 da Lei 7/1.985, de 2 de Abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, que dispón que o Pleno pode delegar o exercicio das súas atribucións no Alcalde e na Xunta de Goberno Local, salvo as enunciadas no apartado 2, parágrafos a), b), c), d), e), f), g), h), i), l) e p) e no apartado 3. Visto que o Pleno é competente según o art.22.2.ñ) LBRL para: A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a sua contratación ou concesión, e cuando aún non estean previstos nos orzamentos. Sendo así, e sendo necesario dotar da maior axilidade administrativa á tramitación dos expedientes, respectando en todo caso a lexislación vixente en cada momento, conforme ao art. 51.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2.568/1.986, de 28 de Novembro, proponse ao Pleno da Corporación, a adopción do seguinte acordo: Primeiro: Delegar na Alcaldía as seguintes atribucións concretas que asignan ao Pleno da Corporación como delegables a lexislación vixente: - A contratación do sinalado na Disposición Adicional segunda, apartado 2, párrafo primeiro (Corresponde ao Pleno as competencias como órgano de contratación respecto dos contratos no mencionados no apartado anterior que celebre a Entidade Local) do Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Contratos del Sector Público. - A aprobación dos proxectos de obras e servizos (estén ou non, previstos ditos proxectos no orzamento) os que se refire o art.22.2.ñ) da LBRL En Zas, a 15 de xuño de 2015.O Alcalde,Manuel Muiño Espasandín García Velo,dona María Pilar García Garcia e don José Luis Velo Velo ) e 3 abstencións (don José David Gomez Brandariz, don Juan Carlos Torres Vila e don José Cotelo Pardiñas.) a proposta da Alcaldia anteriormente transcrita en todos os seus termos Página 7 de 9

DÉCIMO SEGUNDO: DEDICACIÓN EXCLUSIVA DO ALCALDE. O alcalde le a proposta: PROPOSTA DE ALCALDÍA. Vista a complexidade e gran cantidade de traballo que leva aparellado o cargo de alcalde do concello. Visto que que a dedicación exclusiva do cargo de alcalde ten como finalidade primordial conseguir un mellor funcionamento de todos os servizos municipais. Considerando que a Lei Reguladora das bases de Réxime Local de 2 de abril de 1985, no seu art.75 e o art.13 do Regulamento de Organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, dispón que os membros das Corporacións Locais percibirán retribucións polo ejercicio dos seus cargos cando os desempeñen con dedicación parcial ou exclusiva. Considerando que no orzamento municipal do presente exercicio, no seu capítulo primeiro existe crédito adecuado e suficiente. Esta alcaldía propón ao Pleno a adopción do seguinte acordo: Primeiro: Determinar cargo electo con dedicación exclusiva ao Alcalde. Segundo: Fixar como retribución o importe consistente en 40.000 brutos anuais, percibindo catorce pagas anuais. Terceiro: Calquera variación da citada retribución deberá ser aprobada polo pleno. Cuarto: Efectuar os trámites que procedan na Tesourería da Seguridade Social. Quinto: Este acordo ten efectos retroactivos dende o 13 de xuño de 2015. Sexto: Publicar este acordo nos termos e extensión previstos no art. 75.5 da Lei de bases de réxime local.en Zas, a 15 de xuño de 2015.O Alcalde,Manuel Muíño Espasandín García Velo,dona María Pilar García Garcia e don José Luis Velo Velo ) e 3 abstencións (don José David Gomez Brandariz, don Juan Carlos Torres Vila e don José Cotelo Pardiñas.) a proposta da Alcaldia anteriormente transcrita en todos os seus termos DÉCIMO TERCEIRO: DEDICACIÓN EXCLUSIVA DO PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE PROPOSTA DE ALCALDÍA Esta Alcaldía-Presidencia, do mesmo xeito que o acordado ao comezo do anterior mandato, considera que existen motivos máis que suficientes para que o Pleno recoñeza a dedicación exclusiva do cargo de Primeiro Tenente de Alcalde. O recoñecemento de devandita dedicación exclusiva ten igualmente como finalidade primordial conseguir un mellor funcionamento de todos os servizos municipais así como lograr unha mellora do benestar social de todos os veciños. Considerando que a Lei Reguladora das bases do Réxime Local de 2 de Abril de 1.985, no seu art. 75, 225 da Lei 5/1997, de 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia e o art. 13 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (R.O.F.) aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de Novembro, dispón que os membros das Corporacións Locais percibirán RETRIBUCIÓNS polo exercicio dos seus cargoscando os desempeñen con dedicación parcial ou exclusiva. Página 8 de 9

Considerando que no Orzamento Municipal do presente exercicio, no seu capítulo primeiro existe crédito adecuado e suficiente. Esta Alcaldía-Presidencia propón ao Concello en Pleno a adopción do seguinte acordo: Primeiro: O recoñecemento e aprobación da dedicación exclusiva do cargo de Primeiro Tenente de Alcalde. Segundo: Fixar como retribución o importe consistente en 38.699,08 brutos anuais, percibindo catorce pagas anuais. Terceiro: Calquera variación da citada retribución deberá ser aprobada polo pleno. Cuarto: Efectuar os tramites que procedan na Tesourería da Seguridade Social. Quinto: Este acordo ten efectos retroactivos dende o 13 de xuño de 2015. Sexto: Publicar este acordo nos termos e extensión previstos no art. 75.5 da Lei de bases de réxime localen Zas, a 15 de xuño de 2015.O Alcalde,Manuel Muíño Espasandín García Velo,dona María Pilar García Garcia e don José Luis Velo Velo ) e 3 en contra (don José David Gomez Brandariz, don Juan Carlos Torres Vila e don José Cotelo Pardiñas.) a proposta da Alcaldia anteriormente transcrita en todos os seus termos Non tendo máis asuntos que tratar, o Sr. alcalde da por terminado o acto, as catorce horas do día da data, do que se estende a presente acta, que eu, a secretaria, certifico e asino, autorizando a mesma, xunto co señor alcalde. Página 9 de 9