OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Similar documents
Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Informe mensual do paro rexistrado

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )


INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Os alumnos/as con ACI non deberán mercar os libros ata setembro

Mapa de accidentalidade

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

DATOS IDENTIFICATIVOS

PRIMARIA CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN PUBLICACIÓN

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

A máquina de escribir

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

O relevo e as costas de Galicia

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Programación de proba libre de módulos profesionais

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

UNIVERSIDAD AUTÓNOMA DE NUEVO LEÓN FACULTAD DE INGENIERÍA MECÁNICA Y ELÉCTRICA

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

ECONOMÍA APLICADA 13

Á Mesa do Parlamento

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

Probas dos elementos internos do alternador

Guía do alumnado. Modelo MD85ACO01. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Departamento de Musicoloxía

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Balance dos rendementos do sistema electoral galego: unha proposta de reforma

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

CURSO ª ADDENDA ao PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

INFORME DE RENOVACIÓN DE LA ACREDITACIÓN. Graduado o Graduada en Odontología

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

OFERTA XERAL DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO. CURSO ELECCIÓN OUTUBRO 2018

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

ANÁLISE DAFO DE GALICIA

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

Guía do profesorado de nova incorporación

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

MEMORIA DE ACTIVIDADES

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Transcription:

INNOVACIÓN EDUCATIVA, n.º 25, 2015: pp. 111-122 111 OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA THE LAST YEARS OF THE INITIAL TRAINING OF THE SECONDARY SCHOOL TEACHERS IN THE INSTITUTE OF EDUCATION SCIENCE (ICE) OF THE UNIVERSITY OF SANTIAGO DE COMPOSTELA Mª Josefa Mosteiro García Universidade de Santiago de Compostela pepa.mosteiro@usc.es Ana Mª Porto Castro Universidade de Santiago de Compostela anamaria.porto@usc.es RESUMO A formación inicial do profesorado de Educación Secundaria estivo, durante moitos anos, vinculada ao Instituto de Ciencias da Educación, órgano que tiña competencias por lei para a organización do Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP). Neste traballo presentamos algúns datos acerca da Formación do Profesorado de Secundaria levada a cabo no ICE da Universidade de Santiago de Compostela desde o curso 2006-2007 ata o 2008-2009, ano no que se extingue o CAP e se pon en marcha o actual Máster en Profesorado de Educación Secundaria, Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Palabras chave: Formación do profesorado de ensino secundario; Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP); Instituto de Ciencias da Educación (ICE). ABSTRACT The initial training of the Secondary school teachers was, during a lot of years, linked to the Institute of Education Science, for the organisation of the Course of Pedagogical Aptitude (CAP). In this work present some data about the initial training of the Secondary school teachers in the ICE of the University of Santiago de Compostela from the course 2006-2007 until the 2008-2009, year in which it extinguished the CAP and sets up the current Máster in Secondary school teachers, Compulsory and Baccalaureate, Professional Training and Education of Languages. Keywords: Secondary Education Teachers training; Course of Pedagogical Aptitude (CAP); Institute of Education Sciences (ICE). Recibido: 11/XII/2015. Aceptado: XII/2015

112 m.ª josefa mosteiro garcia y ANA PORTO: Os últimos anos da Formación INTRODUCIÓN A formación do profesorado é un dos principais factores de mellora da calidade da educación, un profesorado debidamente formado, será una garantía para desarrollar una enseñanza de calidad en los distintos niveles educativos (Solis, 2012, p. 2). Non é posible unha docencia de calidade sen a formación dos/as docentes, é dicir, sen atender el proceso que mejora los conocimientos referentes a las estrategias, la actuación y las actitudes de quienes desempeñan su profesión (o la desempeñarían, en el caso de la formación inicial) (Imbernón, 2010: 589). No contexto do ensino secundario, o profesorado constitúe un elemento determinante que necesita poñer en práctica unha serie de competencias profesionais para as que ten que estar formado. Non parece suficiente que domine os contidos das materias que imparte; para desenvolver un ensino de calidade o profesorado debe despregar un conxunto de saberes (saber-facer, saber-ser, saber-estar), propios do seu perfil profesional (Delgado, 2013). Debe ser un profesional polivalente, coa suficiente flexibilidade como para adaptarse ás novas e diversas situacións e para responder de modo axeitado ós novos retos e necesidades (García Sanz e Maquilón, 2010). A historia do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela está ligada, indefectiblemente, dende a súa creación, á Formación Inicial do Profesorado de Educación Secundaria. A Ley 14/1970, de 4 de agosto, General de Educación y Financiamiento de la Reforma Educativa 1, no seu artigo 73, encarga a estes institutos la formación docente de los universitarios que se incorporen a la enseñanza en todos los niveles. No ano 1971, a Orden de 14 de julio 2 centra as actividades dos Institutos de Ciencias da Educación, entre outras, na obtención do Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) para o exercicio da docencia nos distintos niveis educativos. A regulación deste curso baséase na idea de que para ser profesor/a de secundaria dunha especialidade, non só é fundamental dominar a materia a ensinar, senón que é necesaria unha formación complementaria para coñecer as características do alumnado desta etapa educativa e dos centros nos que se terá que desenvolver a tarefa educativa, é dicir, unha formación que posibilite a adquisición das competencias necesarias para un exercicio profesional eficiente e satisfactorio. Neste traballo ocupámonos dos tres últimos anos nos que no Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela se organiza o Curso de Aptitude Pedagóxica para o profesorado de Ensino Secundario, antes da súa extinción e substitución polo Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. 1 Ley 14/1970, de 4 de agosto (BOE, del 6 de agosto), General de Educación y Financiamiento de la Reforma Educativa. 2 Orden de 14 de julio de 1971 (BOE, 24 de julio), sobre clasificación de las actividades docentes de los I.C.E.

INNOVACIÓN EDUCATIVA, n.º 25, 2015: pp. 111-122 113 1. A FORMACIÓN INICIAL DO PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO A partir dos anos setenta: las transformaciones socioeconómicas y la falta de profesorado a todos los niveles para poder cubrir las necesidades mínimas del sistema educativo condujeron a la creación de los Institutos de Ciencias de la Educación como organismos encargados de la formación inicial y permanente del profesorado. (Gutiérrez González, 2011, p. 97). O Decreto 1678/1969, de 24 de julio 3, creaba en cada unha das Universidades estatais un Instituto de Ciencias da Educación, órgano encargado da formación pedagóxica dos/as universitarios/as, tanto na etapa inicial da súa incorporación ao ensino, como no ulterior perfeccionamento e readestramento como profesorado en exercicio. Na Orden de 8 de julio de 1971 4 faise referencia, por primeira vez, ás características que deben ter as accións que capaciten pedagoxicamente aos universitarios/as que se integran á docencia. En relación coa formación pedagóxica do Profesorado de Bacharelato, dita orde establece que esta deberá desenvolverse en dous ciclos, un de carácter teórico, consistente no estudo dos fundamentos e principios xerais da educación necesarios para o labor docente, e outro de carácter práctico, que consistirá no exercicio do labor docente dos/as candidatos/as nos centros que cada ICE determine. Tal e como se indica na propia normativa, o ICE de cada universidade terá a súa propia autonomía, en base ao marco mínimo de referencia, para organizar a formación pedagóxica dos/as futuros/as docentes. De acordo con este marco normativo, o ICE da Universidade de Santiago de Compostela organizou os cursos para a obtención do CAP dende o ano académico 1971-72 ata o 2008-09, organización que foi sufrindo modificacións ao longo dos anos e que afectaron tanto ao número de horas do ciclo teórico e/ou práctico, como á denominación dos seminarios, así como ás diferentes especialidades. Estes cambios tamén se viron motivados pola descentralización da Universidade Galega; coa aprobación no ano 1989 da Lei 11/1989, do 20 de xullo de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA) 5, que deu lugar, no curso académico 2003-2004, a que a Universidade de Santiago centrara a actividade do CAP única e exclusivamente no campus de Lugo e o de Santiago de Compostela. No período de 2006-2007 ata 2008-2009, últimos tres cursos académicos nos que se pode realizar o Curso de Aptitude Pedagóxica na Universidade de Santiago de Compostela, a formación do profesorado de Secundaria constaba de dous ciclos; un primeiro de carácter teórico e un segundo de carácter práctico, con tres modalidades organizativas: a ordinaria, a semipresencial e a virtual 6, 3 Decreto 1678/1969, de 24 de julio (BOE, 15 de agosto), sobre creación de los Institutos de Ciencias de la Educación. 4 Orden del 8 de julio de 1971 (BOE, 12 de agosto), sobre actividades docentes de los Institutos de Ciencias de la Educación en relación con la formación pedagógica de los universitarios. 5 Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG, do 18 de agosto), de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia. 6 Modalidade, iniciada de modo experimental no curso 2001-2002, dirixida a aqueles alumnos/as de formación inicial de profesorado de Secundaria que, ben por circunstancias laborais, ben por cuestións persoais, tiñan especial dificultade en realizar un Curso de Aptitud Pedagógica (CAP) convencional ou presencial (Cid, Mendoza e Pernas, 2005, p. 204).

114 m.ª josefa mosteiro garcia y ANA PORTO: Os últimos anos da Formación esta última só ofertada na Didáctica Específica de Física e Química. A carga lectiva da fase teórica tiña unha duración aproximada de 100 horas, distribuídas en dous Bloques, un Común e outro Específico. No Bloque Común abordábanse os fundamentos e principios xerais da educación, o ensino e a profesión docente, distribuídos en diferentes seminarios. No Bloque Específico analizábanse os aspectos propios da didáctica das diferentes áreas ou disciplinas, facilitando a aproximación á situación das mesmas no sistema educativo e na realidade concreta das aulas. O segundo ciclo, de carácter práctico, de 50 horas de duración, realizábase nos centros públicos de Ensino Secundario, e pretendía que os futuros profesores e profesoras tiveran contacto directo coa organización e realidade dos centros de secundaria e co traballo docente, desenvolvendo unha primeira experiencia guiada de ensino neste nivel. Durante estes tres últimos anos do CAP, no ICE da Universidade de Santiago de Compostela a organización dos bloques e/ou ciclos é practicamente igual salvo cambios estruturais que, como dixemos anteriormente, afectan ó número de horas, denominación dos seminarios e duración dos mesmos. Concretamente, no curso académico 2007-2008 engádese un novo seminario ao bloque común baixo a denominación Sociolingüística e Educación, de 4 horas de duración. Este seminario pasará a denominarse no curso seguinte 2008-2009, Educación e Linguas en Galicia e terá unha duración de 8 horas. Do mesmo xeito, no curso 2007-2008 increméntase o número de horas dos seminarios A: Teoría e Socioloxía da Educación, B: Bases Psicolóxicas de Intervención Educativa no Ensino Secundario e D: Titoría e Orientación Educativa no Ensino Secundario que pasan a ter 16, 16 e 14 horas respectivamente, fronte a 15,15 e 10 horas que tiñan no curso 2006-2007. Curso Académico 2006-2007 2007-2008 2008-2009 A: Teoría e Socioloxía da Educación (16 horas) B: Bases Psicolóxicas da Intervención Educativa no Ensino Secundario (16 horas) C: Deseño Curricular e Organización Escolar no Ensino Secundario (20 Bloque horas) Común D: Titoría e Orientación Educativa no Ensino Secundario (14 horas) Primeiro Ciclo Segundo Ciclo Bloque Específico Practicum A: 15 horas B: 15 horas D: 10 horas SL: Sociolingüística e Educación (4 horas) EL: Educación e Linguas en Galicia (8 horas) E: Didáctica Específica da especialidade para Ensino Secundario (40 horas) F: Prácticas en centros Públicos de Ensino Secundario ( 50 horas) Cadro nº 1. Estrutura organizativa do CAP nos últimos tres cursos académicos da súa impartición. Elaboración propia

INNOVACIÓN EDUCATIVA, n.º 25, 2015: pp. 111-122 115 Para cursar o bloque específico o alumnado, en función da súa formación, debía elixir unha das distintas especialidades ofertadas, que recollemos no seguinte cadro. 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Administración de Empresas Bioloxía e Xeoloxía Xeografía e Historia Debuxo Filosofía Física e Química Formación e Orientación Laboral (FOL) Lingua Castelá e Literatura Lingua e Cultura Clásicas Lingua Francesa Lingua Galega e Literatura Lingua Inglesa e Lingua Alemá Matemáticas Música Psicoloxía e Pedagoxía- Orientación Sanitaria Servizos Socioculturais á Comunidade Tecnoloxía Administración de Empresas Bioloxía e Xeoloxía Ciencias Sociais, Xeografía e Historia Debuxo Filosofía Física e Química Formación e Orientación Laboral (FOL) Lingua Alemá Lingua Castelá e Literatura Lingua e Cultura Clásicas Lingua Francesa Lingua Galega e Literatura Lingua Inglesa Matemáticas Música Psicoloxía e Pedagoxía- Orientación Sanitaria Servizos Socioculturais á Comunidade Tecnoloxía Administración de Empresas Bioloxía e Xeoloxía Ciencias Sociais, Xeografía e Historia Filosofía Física e Química Formación e Orientación Laboral (FOL) Lingua Castelá e Literatura Lingua e Cultura Clásicas Lingua Francesa Lingua Galega e Literatura Lingua Inglesa Matemáticas Psicoloxía e Pedagoxía- Orientación Sanitaria Servizos Socioculturais á Comunidade Tecnoloxía Cadro nº 2. Especialidades ofertadas no bloque específico do CAP. Elaboración propia 2. A FORMACIÓN INICIAL DO PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO NO PE- RÍODO 2006-2009 A continuación apartaremos algún datos de interese sobre os derradeiros anos nos que se desenvolveu o Curso de Aptitude Pedagóxica no ICE da Universidade de Santiago de Compostela, cursos previos á entrada en funcionamento do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Co obxecto de ofrecer unha ampla panorámica da demanda nestes anos considerouse conveniente analizala baixo diferentes perspectivas: total alumnado matriculado, alumnado matriculado segundo sexo, modalidade de matrícula, localidade, didáctica específica e alumnado que obtivo o CAP. Na elección destas variables tívose en conta a dispoñibilidade da información necesaria para realizar a análise 7, así como o seu interese para o desenvolvemento deste monográfico da revista Innovación Educativa. 7 Os datos dos cursos tomados como referencia (cursos 2006-2007, 2007-2008 e 2008-2009) foron extraídos das correspondentes fichas dos/as alumnos/as arquivadas no ICE da USC.

116 m.ª josefa mosteiro garcia y ANA PORTO: Os últimos anos da Formación 2.1. Evolución do alumnado do CAP nos últimos años Como pode apreciarse no gráfico nº 1, nos últimos dez anos prodúcese un descenso paulatino no alumnado matriculado no CAP, cunha redución de ao redor do 40% no curso académico 2002-2003. Neste período pásase dunha matrícula de 1.997 alumnos/as (curso académico 2000-2001) a 946 no 2008-2009, último ano de referencia. Este descenso da matrícula vén motivado pola oferta nas outras universidades galegas, A Coruña e Vigo, da formación dirixida ao profesorado de ensino secundario. Nos anos posteriores ao 2002-2003 o crecemento do alumnado non é uniforme, pois ao longo deste período atopámonos cunha recuperación do número de alumnos/as no curso académico 2004-2005, que volverá a descender nos dous cursos seguintes, incrementándose de novo lixeiramente no ano académico 2008-2009. Ao noso xuízo, unha das principais razóns que puido incentivar esta recuperación é o cambio normativo que sucedería posteriormente, coa transformación do CAP nun Máster Universitario, o que supuxo un efecto chamada entre o alumnado. 2.500 2.000 1.500 1.000 500 0 99-00 00-01 01-02 02-03 03-04 04-05 05-06 06-07 07-08 08-09 Gráfico nº 1. Evolución do alumnado do CAP nos últimos dez anos da súa impartición. Elaboración propia 2.2. Alumnado matriculado segundo sexo En relación á distribución do alumnado segundo o sexo, comprobamos como a matrícula no CAP é eminentemente feminina en calquera dos tres últimos cursos académicos do seu funcionamento que tomemos como referencia, algo razoablemente esperable se consideramos que, neste período, as mulleres representan o colectivo maioritario dentro do ensino universitario. Deste xeito, constatamos como no curso académico 2006-2007 están matriculadas un total de 498 mulleres fronte a 223 homes, presenza feminina que se mantén constante nos sucesivos cursos. O crecemento no número de alumnas non só se manifesta en termos absolutos senón tamén relativos.

INNOVACIÓN EDUCATIVA, n.º 25, 2015: pp. 111-122 117 Se no curso académico 2006-2007 o alumnado feminino representaba o 69,1% do total da matrícula do CAP, tres anos despois a proporción é dun 66,1% de mulleres fronte a un 33,9% de homes. 700 600 500 400 300 200 100 0 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Home Muller Gráfico nº 2. Alumnado matriculado segundo sexo. Elaboración propia 2.3. Alumnado matriculado segundo localidade Se temos en consideración a localidade de impartición do CAP, como pode apreciarse no gráfico nº 3, o maior número de alumnos e alumnas concéntrase en Santiago de Compostela. En calquera curso que tomemos como referencia, a porcentaxe de alumnado nesta localidade é do 80%, sendo igual ou inferior ao 20% os/as que constan matriculados/as na localidade de Lugo. 900 800 700 600 500 400 300 200 100 0 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Santiago Lugo Gráfico nº 3. Alumnado matriculado segundo localidade. Elaboración propia

118 m.ª josefa mosteiro garcia y ANA PORTO: Os últimos anos da Formación 2.4. Alumnado matriculado segundo modalidade de matrícula A análise de datos segundo modalidade de matrícula mostra que a maioría do alumnado cursa a ordinaria e semipresencial, con pequenas diferenzas porcentuais entre ambas. Así, podemos comprobar no gráfico seguinte que o alumnado matriculado na modalidade ordinaria rolda os 340 e 440 no tres cursos académicos obxecto de análise, con diferenzas porcentuais dun 3% a un 7% entre un curso e outro. Na modalidade semipresencial este número varía entre os 296 alumnos/as que optan por esta modalidade no curso académico 2006-2007 e os 452 no curso académico 2008-2009. No que respecta á modalidade virtual, a matrícula vaise incrementado ano tras ano (51 matriculados no curso 2006-2007 e 88 no curso 2008-2009), paralelamente ao número de prazas ofertadas, pois temos que ter en conta que, debido ás características desta modalidade, as prazas en cada curso académico era moi inferior ás ofertadas. 500 450 400 350 300 250 200 150 100 50 0 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Ordinaria Semipresencial Virtual Gráfico nº 4. Alumnado matriculado segundo modalidade de matrícula. Elaboración propia 2.5. Alumnado matriculado segundo modalidade de matrícula e localidade En relación ao alumnado matriculado nas distintas localidades segundo modalidade, os datos revelan que en Santiago de Compostela, nos tres anos de referencia, a modalidade ordinaria é a que conta cunha matrícula más elevada, mentres que ocorre o contrario en Lugo, onde o número de alumnos/as que opta pola modalidade semipresencial é algo superior, tal e como se recolle na táboa seguinte.

INNOVACIÓN EDUCATIVA, n.º 25, 2015: pp. 111-122 119 Santiago Lugo 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Ordinaria 322 286 366 Semipresencial 223 241 327 Virtual 51 53 88 Ordinaria 52 61 73 Semipresencial 73 82 125 Virtual - - - Táboa nº 1. Alumnado matriculado segundo modalidade de matrícula e localidade. Elaboración propia 2.6. Alumnado matriculado nas didácticas específicas No curso 2006-2007, tal e como podemos ver na seguinte táboa, a maioría do alumnado matricúlase na didáctica específica de Xeografía e Historia (98/13,7%), Física e Química (92/12,8%) e Sanitaria (81/11,3%). As didácticas específicas con menor número de alumnado corresponden a Música (8/1,1%), Lingua e Cultura Clásicas (5/0,7%) e Debuxo (5/0,7%). Unha tendencia similar atopamos nos seguintes anos. Así, no curso 2007-2008 a maioría do alumnado (17,8%) matricúlase na didáctica específica de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (109), seguida de Bioloxía e Xeoloxía (57/9,3%), Física e Química (61/9,9%) e Tecnoloxía (61/9,9%). As didácticas específicas con menor número de matrícula son: Lingua e Cultura Clásicas (6/0,9%), Debuxo (5/0,8%) e Música (5/0,8%). Unha tendencia similar obsérvase no curso 2008-2009, no que constatamos un maior índice de matrícula nas didácticas específicas de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (150/16,2%), Física e Química (119/12,9%), Formación e Orientación Laboral (105/11,4%) e Bioloxía e Xeoloxía (103/11,1%). As didácticas específicas de Debuxo (13/1,4%), Lingua e Cultura Clásicas (6/ 0,6%) e Lingua Francesa (9/0,9%) son as que teñen unha menor presenza de alumnado.

120 m.ª josefa mosteiro garcia y ANA PORTO: Os últimos anos da Formación Didácticas Específicas 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Administración de Empresas 32 (4,4%) - 64(6,8%) Bioloxía e Xeoloxía 70 (9,7%) 57 (9,3%) 103 (11,1%) Física e Química 92 (12,8%) 61 (9,9%) 119 (12,9%) Ciencias Sociais, Xeografía e Historia - 109 (17,8%) 150 (16,2%) Xeografía e Historia 98 (13,7%) - - Filosofía 12 (1,7%) 22 (3,6%) 23 (2,5%) Formación e Orientación Laboral (FOL) 44 (6,1%) 53 (8,6%) 97 (10,5%) Lingua Castelá e Literatura 57 (7,9%) 37 (6,0%) 34 (3,7%) Lingua e Cultura Clásicas 5 (0,7%) 6 (0,9%) 6 (0,6%) Lingua Francesa 13 (1,8%) 15 (2,4%) 9 (0,9%) Lingua Galega e Literatura 23 (3,2%) 19 (3,09%) 30 (3,2%) Lingua Inglesa - 50 (8,1%) 55 (5,9%) Lingua Inglesa e Lingua Alemá 51 (7,1%) - - Matemáticas 15 (2,1%) 21 (3,4%) 17 (1,8%) Psicoloxía e Pedagoxía-Orientación 25 (3,5%) 13 (2,1%) 26 (2,8%) Debuxo 5 (0,7%) 5 (0,8%) 13 (1,4%) Sanitaria 81 (11,3%) 48 (7,8%) 60 (6,5%) Servizos Socioculturais e á Comunidade 26 (3,6%) 31 (5,0%) 34 (3,7%) Tecnoloxía 60 (8,4%) 61 (9,9%) 83 (8,9%) Música 8 (1,1%) 5 (0,8%) - Táboa nº 2. Alumnado matriculado nas didácticas específicas do CAP. Elaboración propia 2.7. Alumnado que obtivo o Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) Tal e como podemos comprobar no seguinte gráfico o número de persoas que obtiveron o Certificado de Aptitude Pedagóxica e case do 100%. No curso académico 2006-2007 a porcentaxe é do 96,2%, e do 95,6% e 95,1% nos anos 2007-2008 e 2008-2009 respectivamente. A restante porcentaxe correspóndese co alumnado que non superou ou non se presentou aos seminarios correspondentes ao bloque común e específico nin ao práctico. 120 100 80 96,2% 95,6% 95,1% 60 40 20 0 2006-2007 2007-2008 2008-2009 Gráfico nº 5. Alumnado que obtivo o Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP). Elaboración propia

INNOVACIÓN EDUCATIVA, n.º 25, 2015: pp. 111-122 121 EN SÍNTESE Durante case corenta anos, a formación inicial do profesorado de Educación Secundaria de Galicia estivo vinculada ao Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela a través da organización do curso para a obtención do Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP), destinado a dotar ao futuro profesorado da formación pedagóxica previa ao exercicio docente. Nos tres últimos anos do CAP viviuse unha situación de transición e de incerteza acerca de cal sería o novo modelo da formación do profesorado de Educación Secundaria, situación que mudaría coa Ley Orgánica 2/2206, de 3 de mayo de Educación 8, onde xa se lle adxudica a esta formación o carácter de Máster Universitario. O modelo organizativo do CAP durante os anos previos a implantación do Máster de Secundaria sufriu modificacións referidas principalmente á ampliación do número de horas dos diferentes seminarios e a inclusión de seminarios novos para adaptar a formación dos/as futuros/as docentes aos cambios que se ían sucedendo cada pouco tempo. Non podemos esquecer, neste marco, o denominado CAP virtual na modalidade semipresencial, experiencia innovadora na que se introducen as novas tecnoloxías de información e comunicación, a través do uso dun Entorno Virtual de Aprendizaxe. A matrícula no CAP organizado no ICE da Universidade de Santiago de Compostela foi considerablemente elevada, especialmente no curso académico 2008-2009. Na súa maioría, o alumnado foi feminino e cursou as distintas modalidades, sobre todo, na localidade de Santiago de Compostela. Outro aspecto a destacar é o elevado número de persoas que obteñen o certificado que habilitaba para o desempeño do labor docente, que chega case o cen por cen. A nosa intención ao longo das páxinas do traballo que acabamos de presentar non foi outra que facer visible unha parte da historia da formación inicial do profesorado de Educación Secundaria en Galicia, tratando de ofrecer unha panorámica de como estaba configurada esa formación e algúns datos reveladores da situación dese momento. Quedan aínda moitos aspectos por tratar que requiren dun maior espazo do que dispoñemos neste artigo. Finalmente, queremos recordar que dende o ano académico 2008-2009 o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP) deu paso ao Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, pero no arquivo do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela segue presente, pois nel consérvanse os expedientes de miles de universitarias e universitarios que, ao longo de case catro décadas, recibiron neste instituto universitario a formación pedagóxica que os habilitou para o exercicio docente. 8 Ley Orgánica 2/2006 (BOE, 4 de mayo), de 3 de mayo, de Educación.

122 m.ª josefa mosteiro garcia y ANA PORTO: Os últimos anos da Formación REFERENCIAS Cid, R., Mendoza, J. e Pernas, E. (2005). Formación do profesorado e e-learning, o CAP-Virtual do ICE da USC como exemplo de comunidade virtual de aprendizaxe. Innovación Educativa, 15, 199-211. Decreto 1678/1969, de 24 de julio (BOE 15 de agosto), sobre creación de los Institutos de Ciencias de la Educación. Delgado, V. (2013). La formación del profesorado universitario. Análisis de los programas formativos de la Universidad de Burgos (2000-2011). (Tesis doctoral inédita), Universidad de Burgos, Burgos. García Sanz, M. P. e Maquilón, J. J. (2010). El futuro de la formación del profesorado universitario. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado (REIFOP), 14 (1), 17-26. Gutiérrez González, J. Mª. (2011). La formación inicial del profesorado de Secundaria. Del CAP al Máster. CCE Participación Educativa, 17, 96-107. Imbernón, F. (2010). La formación del profesorado y el desarrollo del currículum. En G. Sacristán (Coord.), Saberes e incertidumbres sobre el currículum (pp. 588-603). Madrid: Morata. Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG, do 18 de agosto), de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia. Ley 14/1970, de 4 de agosto (BOE, del 6 de agosto), General de Educación y Financiamiento de la Reforma Educativa. Ley Orgánica 2/2006 (BOE, 4 de mayo), de 3 de mayo, de Educación. Orden del 8 de julio de 1971 (BOE, del 12 de agosto) sobre actividades docentes de los Institutos de Ciencias de la Educación en relación con la formación pedagógica de los universitarios. Orden de 14 de julio de 1971 (BOE, del 24 de julio) sobre clasificación de las actividades docentes de los I.C.E. Pantoja, A. e Campoy, T. (2000). La formación inicial del profesorado de Educación Secundaria. Situación actual y perspectivas de futuro. Revista de Investigación Educativa, 18 (1), 147-173. Solís, E. (2012). La formación del profesorado, la innovación, la investigación y la práctica educativa. Revista digital del Centro del Profesorado e-co. Disponible en: http://revistaeco. cepcordoba.org/index.php?option=com_content&view=article&id=176:la-formacion-delprofesorado-la-innovacion-la-investigacion-y-la-practica-educativa&catid=20:articulos&ite mid=5 [Consulta 08-12-2015]. Tiana, A. (2013). Los cambios recientes en la formación inicial del profesorado en España: Una reforma incompleta. Revista Española de Educación Comparada, 22, 39-58. DOI: http:// dx.doi.org/10.5944/reec.22.2013.9322