A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

XANEIRO - SETEMBRO 2018

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

Á Mesa do Parlamento

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

PONTEVEDRA NON-STOP 6-12 HORAS BTT

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

O relevo e as costas de Galicia

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

Programación de proba libre de módulos profesionais


O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

Mapa de accidentalidade

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

REGULAMENTO DO SERVICIO MUNICIPAL DE RETIRADA E TRANSPORTE DE ENTULLOS E DE EXPLOTACION DO VERTEDOIRO URBANO

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Informe mensual do paro rexistrado

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

DE LA PROVINCIA DE LUGO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DIA 1 DE XULLO DE DOUS MIL DEZASEIS.

DE LA PROVINCIA DE LUGO

ACTA DA SESION ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL CORRESPONDENTE O DIA 5 DE MAIO DO

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

FAMILY INDEPENDENCE ADMINISTRATION Seth W. Diamond, Executive Deputy Commissioner

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Transcription:

CONVENIO MARCO DE ACTUACIÓNS MUSICAIS A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA para o ano 2016 Co obxecto de contribuír á promocicón da música e do folclore que se desenvolve no noso Concello, difundir o labor que realizan as agruapacións musicais de persoas afeccionadas, así como colaborar coas diferentes entidades sen ánimo de lucro que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo facilitándolles recursos que enriquezan as súas actividades, proponse á Xunta de Goberno Local que adopte os seguintes acordos: Primeiro.- Aprobar o Convenio marco de Actuacións Musicais a favor de Grupos de Musica e Danza Tradicional, Masas Corais, Orquestras, Conxuntos e Bandas de Musica, que se recolle a continuación: CONVENIO MARCO DE ACTUACIÓNS MUSICAIS A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016 1.- FINALIDADE E OBXECTO Este Convenio ten por obxecto contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no noso Concello, difundir o labor que realizan as agrupacións musicais de persoas afeccionadas, así como colaborar coas diferentes entidades sen ánimo de lucro que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo facilitándolles recursos que enriquezan as súas actividades. Con esta finalidade o Concello de Carballo establecerá convenios específicos de actuacións cos grupos musicais do municipio para que lles oferten as súas actuacións ás asociacións culturais, asociacións de veciños/as, comisións de festas ou outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro. O Concello aboaralles ás agrupacións musicais asinantes deste Convenio un máximo de dúas actuacións segundo os importes dos cachets que se establece no mesmo. As actuacións deben realizarse no termo municipal de Carballo e deberán ser públicas e gratuítas, realizándose en actos de carácter cultural, prioritariamente, e non poderán ser utilizadas en actos políticos, privados ou con ánimo de lucro.

2.- CLASIFICACIÓN DAS AGRUPACIÓNS E IMPORTE DAS ACTUACIÓNS Establécese a seguinte clasificación das agrupacións, con indicación do número mínimo de compoñentes que deben integralas e o importe do cachet por actuación realizada que lles corresponde segundo este Convenio: Grupos de música e danza tradicional (mínimo de 12 compoñentes)... 350 Grupos de gaitas (mínimo de 4 compoñentes)... 260 Grupos de cantareiras (mínimo de 4 compoñentes)... 260 Masas corais (entre 10 e 29 compoñentes)... 260 Masas corais(a partir de 30 compoñentes)... 425 Orquestras, conxuntos e bandas de música (mínimo de 4 compoñentes)... 350 Os anteriores importes terán os impostos incluídos. 3.- SOLICITANTES Agrupacións musicais: Poderán solicitar a súa inclusión neste convenio as agrupacións musicais que teñen o seu domicilio social en Carballo e as súas actividades non persigan finalidades estrictamente de lucro, ou ben que se obteñen beneficios, que estes revertan en actividades culturais. A porcentaxe de membros que pertencen a máis dunha agrupación dentro da mesma modalidade deberá ser inferior ao 50%, e, independentemente da modalidade, un compoñente non pode pertencer a máis de dúas agrupacións. Solicitantes de actuacións: Poderán solicitar actuacións das agrupacións asinantes deste Convenio as asociacións, comisións de festas ou outras entidades culturais e sociais sen ánimo de lucro que teñen o seu domicilio social en Carballo e que organicen e realicen actividades culturais que inclúan actuacións musicais. 4.- CARACTERÍSTICAS DAS ACTUACIÓNS INCLUÍDAS NO CONVENIO Numero de actuacións por agrupacións: As agrupación musicais asinantes de convenios específicos en desenvolvemento deste convenio deberán realizar dúas (2) actuacións durante o ano de vixencia do mesmo, segundo as solicitudes presentadas polas entidades culturais e nos lugares que determine o Concello de Carballo. Lugar de actuación: Co fin de fomentar o máximo intercambio e coñecemento das distintas agrupacións do Concello, as actuacións realizaranse fóra da parroquia na que estean domiciliadas as agrupacións musicais. Se as agrupacións pertencen a umha entidade entenderase como domicilio da agrupación o da dita entidade e, no caso de que o grupo non forme parte de ningunha entidade, considerarase que o domicilio do grupo é o da maioria dos membros que a integran.

No caso de agrupacións musicais con sede no casco urbano de Carballo, a limitación do lugar de actuación circunscribirase ao barrio no que está domiciliada a agrupación. Amplificación: As agrupacións deberán aportar os instrumentos musicais que precisan, así como a amplificación mínima para realizar a actuación. Se o espazo onde se realiza require dunha amplificación especial, esta será responsabilidade da entidade organizadora da actividade. Duración da actuación: O tempo mínimo de duración da actuación será de 30 minutos para todas as agrupacións participantes, excepto para os grupos de gaitas, que deberán actuar durante un mínimo de 50 minutos. No caso de que o tempo de actuación tivera que ser inferior ao establecido deberá comunicárselle ao Concello de Carballo o motivo, que poderá autorizar ou non a realización da actuación. 5.- SOLICITUDE DE INCLUSIÓN DE AGRUPACIÓNS MUSICAIS NO CONVENIO DE ACTUACIÓNS Solicitude: As agrupacións musicais que desexen adherirse ao presente convenio, deberán solicitar a súa inclusión presentando no Rexistro Xeral do Concello de Carballo unha solicitude na que se incluirán o seguintes datos: a) Nome, enderezo,teléfono e CIF da agrupación solicitante. b) Nome e apelidos do representante da agrupación, CIF e enderezo para os efectos de notificación e teléfono. c) Número de membros da agrupación, tipo de agrupación e declaración de compoñentes da agrupación asinante, con indicación do seu domicilio (segundo a tipoloxía establecida neste Convenio marco) d) Lugar, data e sinatura da persoa solicitante. e) Declaración conforme se esta ao corrente nas súas obrigas co Concello de Carballo, a Seguridade Social e a Axencia Tributaria. Prazo: O prazo de presentación destas solicitudes será de 15 días naturais contados desde o día seguinte na publicación na prensa local do anuncio de adhesión ao presente Convenio. 6.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS AGRUPACIÓNS ASINANTES DO CONVENIO Co obxecto de cumprir coa finalidade deste Convenio e para garantir o correcto funcionamento do mesmo, se o número de

solicitudes de agrupacións musicais que queren participar no Convenio supera o presuposto dispoñible,a Concellería de Cultura poderá priorizar as solicitudes e seleccionalas atendendo ás necesidades ou demandas previsibles de actuacións e á distribución equitativa entre as distintas modalidades de grupos, para o que se valorará que as agrupación musicais pertenzan a entidades culturais e a participación activa das agrupacións nos programas de actividades das entidades, asimesmo, que as agrupacións teñan como mínimo o 50% dos membros empadroados no Concello de Carballo e a antigüidade, traxectoria e currículum do grupo e/ou dos seus compoñentes. 7.- SOLICITUDES DE ACTUACIÓNS DO CONVENIO MUSICAL A agrupación deberá presentar nos prazos correspondentes as solicitudes e os certificados de actuación. Limitacións para a solicitude de actuacións: Co obxecto de distribuir territorialmente e entre as entidades solicitantes as actuacións ademais de ter en conta o interese cultural e social da actuación só se autorizará unha actuación do Convenio por cada evento -independentemente da súa duración ou programa e actividades- e esta deberá realizarse nunha parroquia distinta á do ano anterior. Lugar e prazo de solicitude: As solicitudes de actuación deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo no prazo mínimo de 20 días naturais antes da celebración da actuación e, en todo caso, antes do 30 de setembro. No impreso de solicitude, que proporcionará o Concello de Carballo, incluiranse os seguintes datos: a) Nome, enderezo e CIF da entidade solicitante. b) Nome e apelidos do representante da asociación, CIF e enderezo para os efectos de notificación. c) Lugar, data, hora, motivo da actuación, duración e sistema de acceso á actuación. d) Programa de actos previsto, outras agrupacións asinantes deste convenio que teñen previsto solicitar para o mesmo acto. e) Conformidade da agrupación musical coa realización da actuación. f) Lugar, data e sinatura da persoa solicitante. No caso de non celebrar a totalidade das actuacións, tanto por falta de solicitudes ou por outras causas non xustificadas, o Concello resérvase o dereito de distribuír as actuacións onde considere máis axeitado ou mesmo que estas non se celebren. 8.- AUTORIZACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS DO CONVENIO MUSICAL Unha vez presentada a solicitude da actuación, e antes da realización da mesma, a Concellería de Cultura deberá autorizar a súa realización.

A autorización desta actuación estará condicionada ao cumprimento das claúsulas establecidas neste convenio, así como a criterios de distribución territorial e entre entidades solicitantes das actuacións, e ao interese cultural e social da actividade para a que se solicita a actuación. Excepcionalmente e previa solicitude por escrito, e ante motivos de interese xeral, a Concellaría de Cultura poderá autorizar a realización de máis dunha actuación por evento e/ou día, ou na mesma parroquia á que pertence a agrupación musical ou na mesma parroquia que en anos anteriores. Prazo para a autorización da actuación: Dez (10) días despois da presentación da solicitude da actuación, as agrupacións musicais deberán consultar á Concellería de Cultura, se teñen a autorización para realizar a actuación. 9.- DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA Unha vez realizada cada actuación, a efectos de que o Concello de Carballo aboe á agrupación musical o importe das actuacións realizadas, as agrupacións asinantes do Convenio deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Carballo a seguinte documentación: - Certificado da actuación expedido pola entidade solicitante, e coa conformidade da agrupación musical, segundo modelo proporcionado polo Concello. - Factura da agrupación musical emitida pola persoa xurídica á que pertence ou pola persoa física que a represente á que a nome do Concello de Carballo polo importe correspondente á actuación realizada, segundo o tipo de agrupación e os importes previstos na Base 2 deste Convenio. A factura presentarase co detalle dos impostos que sexan de aplicación en cada caso. Se a entidade está exenta de ive deberá acompañar un documento que acredite dita exención. - Certificado bancario que acredite a titularidade da cuenta e o IBAM da mesma. - Autorización para que o Concello de Carballo poida obter a certificación acreditativa de que a entidade está ao corrente nas súas obrigas coa Axencia Tributaria, ou presentación do certificado da Axencia Tributaria. - O Concello comprobará de oficio que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias co Concello de Carballo. 10.- PRAZOS DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN - No prazo de 30 días naturais despois da realización da actuación. - Se a actuación se realizara despois do 16 de outubro, o certificado de actuación deberá presentarse de forma inmediata e, en todo caso, ata o 16 de novembro.

11.- OBRIGAS DAS ENTIDADES PARTICIPANTES 11.1.- As entidades ou agrupacións musicais adheridas ó presente Convenio estarán obrigadas a: a) Realizar durante o ano de vixencia do Convenio específico un máximo de dúas (2) actuacións, segundo as solicitudes presentadas, nos lugares que determine o Concello, dando preferencia a estas actuacións sobre calquera outro compromiso adquirido, segundo as condicións que se establecen no convenio. Dez (10) días naturais despois de presentada a solicitude da actuación, deberán solicitar á Concellería de Cultura a autorización para realizar a actuación solicitada. b) Expedir facturas legais polas actuacións realizadas. c) Facer constar nos materiais de difusión e publicidade a financiación do Concello de Carballo, acompañada, se procede, do logotipo correspondente, nun lugar e tamaño destacado con respecto a outros posibles colaboradores. d) No caso de que se realice, o material gráfico correspondente á publicidade da actividade (carteis, revistas...) estará redactada en galego. e) Colaborar no seguimento ou solicitude de información que realice o Concello. f) Estar ao corrente nas súas obrigas co Concello de Carballo, a Seguridade Social e a Axencia Tributaria. 11.2.- As entidades solicitantes de actuacións estarán obrigadas a: a) Proporcionar locais ou instalacións adecuadas para a realización da actuación e cubrir os riscos de accidentes ou os de responsabilidade civil que se poidan derivar da realización das actuacións. b) Organizar as actuacións velando polo seu correcto desenvolvemento. c) Realizar a difusión da actividade, facendo constar nos materiais de difusión e publicidade a financiación do Concello de Carballo, acompañada se procede, do logotipo correspondente, nun lugar e tamaño destacado con respecto a outros posibles colaboradores. d) Expedir o documento acreditativo da realización das actuacións. e) No caso de que se realice, o material gráfico correspondente á publicidade da actividade(carteis, revistas...) estará redactada en galego. f) Colaborar no seguimento ou solicitude de información que realice o Concello. g) Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e facerse cargo do pago dos Dereitos de Autor xerados na actuación. 12.- RESOLUCIÓN 12.1.- Con cada agrupación musical asinarase un convenio específico en desenvolvemento deste Convenio marco.

12.2.- As solicitudes presentadas serán valoradas de acordo cos criterios especificados neste Convenio. 12.3.- A relación de entidades asinantes deste Convenio farase pública. 12.4.- O pagamento das actuacións realizarase mediante transferencia bancaria, unha vez que a agrupación musical presentade no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa. 13.- REVISIÓN E ANULACIÓN 13.1.- En caso de incumprimento das obrigas por parte das entidades participantes, o Concello procederá á anulación total ou parcial do pagamento das actuacións. 14.- FIN DA VÍA ADMINISTRATIVA O acto de resolución esgota a vía administrativa. De acordo co que dispón o artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Alcalde deste Concello, no termo dun mes a contar desde o día seguinte da recepción da notificación, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña. 15.- OUTRAS DISPOSICIÓNS 15.1.- Este Convenio de actuacións será asinado polo Alcalde do Concello de Carballo e pola persoa que ostente a representación da agrupación, quedando obrigadas as partes ao contido das cláusulas. 15.2.- O Concello quedará exento de calquera responsabilidade civil, mercantil, laboral ou de calquera outra derivada das actuacións ás que estean obrigadas as persoas ou entidades destinatarias do Convenio. 15.4.- De conformidade coa la Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), infórmase que os datos suministrados nos formularios que se presenten a esta convocatoria poden pasar a formar parte dun ficheiro automatizado de titularidade do Concello de Carballo, cuxa finalidade é a xestión da convocatoria para a que se presenta esta solicitude. O responsable do tratamento dos datos recollidos será a Concellaría de Cultura, con enderezo en Praza do Concello, s/n 15100 Carballo. O Concello de Carballo e a Concellaría de Cultura comprométense a adoptar as medidas de seguridade que correspondan en cumprimiento do establecido na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, entregando o formulario disposto para tal finalidade no Rexistro de Entrada Municipal, no enderezo electrónico lopd@carballo.org ou chamando ao tfno.981 704 703.

16.- DISPOSICIÓN TRANSITORIA Para o exercicio 2016, poderánse autorizar actuacións xa realizadas durante o ano 2016 polas agrupacións musicais incluídas neste convenio anteriores á entrada en vigor do mesmo, previo acordo coa agrupación musical e coa entidade solicitante e organizadora da actividade, se se considera de interese cultural e xeral para o Concello de Carballo. Nese caso, a agrupación musical deberá entregar no Rexistro Xeral do Concello a solicitude de actuación de maneira inmediata á sinatura do convenio, e entregará o certificado da mesma unha vez que a Concellería de Cultura lle comunique a aceptación da actuación. As actuacións previstas para unha data anterior aos 20 días desde a sinatura do Convenio, poderán solicitarse, sempre que cumpran co resto dos requisitos establecidos, cun prazo de solicitude mínimo de 3 días hábiles antes da actuación. Segundo.- Aprobar un gasto por un importe total de 21.850 (Retención de crédito núm 201600008569) con cargo á aplicación orzamentaria 3340.- 2260900 dos Orzamentos Xerais do Concello de Carballo, para facer fronte ao pago das actuacións previstas nas bases do Convenio Marco de Actuacións Musicais a favor de Grupos de Musica e Danza Tradicional, Masas Corais, Orquestras, Conxuntos e Bandas de Musica para o ano 2016.