PLAN DE SISTEMAS - Estado de Execución -

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Programación de proba libre de módulos profesionais

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

EGAP. 26 de febreiro > 15 de xullo de 2010 EGAP Santiago de Compostela

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

Laboratorio do Territorio

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7


PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

memoria de responsabilidade social corporativa

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Anexo. Detalle das accións

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

1. OBXECTO 2. ANTECEDENTES

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

TEMARIO OPOSICIÓNS INFORMÁTICA

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

XESGALICIA, SOCIEDADE XESTORA DE ENTIDADES CAPITAL RISCO, S.A.

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

O relevo e as costas de Galicia

Informe mensual do paro rexistrado

Mapa de accidentalidade

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

Memoria Escola Galega de Administración Pública

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Á Mesa do Parlamento

TALLER SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i. Plataforma de Innovación - SERGAS

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

RSE. e desenvolvemento sustentable

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS I+D+i, Servizos e Formación. Equipos de Investigación da Universidade de Vigo

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Xestión Sanitaria Integrada na área sanitaria de Ferrol un modelo consolidado, eficaz e eficiente

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA. Memoria

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Índice. Memoria de Sociedades Mercantís 5

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

informe de actividade issga

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

CURSO ª ADDENDA ao PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

A máquina de escribir

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DA SAÚDE PÚBLICA. Memoria 2014

Transcription:

PLAN DE SISTEMAS - Estado de Execución -

INDICE Introdución Plan de Sistemas Proxectos en Curso Proxectos Próximos

Introdución

Obxectivos A Universidade de Vigo definiu un Plan Estratéxico para adaptarse ós novos cambios sociais, económicos e culturais que se están producindo. Estes cambios están relacionados coa incorporación das novas tecnoloxías da información para o desenvolvemento das súas actividades, a rendición de contas, a transparencia como institución pública, a colaboración universitaria no desenvolvemento do país e a configuración do Espazo Europeo de Educación Superior. Estableceuse un Plan de Sistemas cun horizonte de tres anos, cos seguintes obxectivos: Racionalización dos procedementos internos da área. Cobertura dos procesos en todas as áreas de xestión. Servizos de xestión áxiles, totalmente integrados e transparentes. Servizos accesibles, potenciando a prestación de servizos por vía telemática. A percepción que a comunidade universitaria ten dos servizos está claramente influída pola súa inmediatez e accesibilidade. Potenciación dos servizos colaborativos. Implantación de ferramentas que faciliten a toma de decisións e que potencien a dispoñibilidade de información en tempo e forma.

Directrices de Actuación As directrices de actuación en materia informática da Área TIC, cara a unha modernización dos seus sistemas e plataformas tecnolóxicas para a súa adecuación ós novos retos sociais, fíxanse arredor de dous eixos: SERVIZO SEGURIDADE ACCESIBILIDADE XESTIÓN ORGANIZACIÓN INTEGRACIÓN FUNCIONAL INMEDIATEZ SERVICIOS Condicionantes Á Modelo COMUNIDADE UNIVERSITARIA DISPOÑIBILIDADE SEGURIDADE UNHA Condicionantes XESTIÓN Modelo EFICIENTE E EFICAZ INTER OPERATIVIDADE PERSONALIZACIÓN SINXELEZA ALIÑAMENTO TECNOLÓXICO CALIDADE DA INFORMACIÓN DIRECTRICES DE ACTUACIÓN DESENVOLVER UN CENTRO INTEGRADO E MULTICANLE DE SERVIZOS Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA AVANZAR CARA Á CONSTRUCIÓN DUN SISTEMA DE INFORMACIÓN CORPORATIVO ACOMETER A EVOLUCIÓN TECNOLÓXICA DA ARQUITECTURA SOFTWARE ADECUAR A INFRAESTRUTURA DE SISTEMAS E COMUNICACIÓNS DESENVOLVER O MODELO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN INFORMÁTICA

Aspectos Prioritarios Neste documento preséntanse as liñas de actuación e os proxectos abordados para a modernización dos sistemas de xestión da Universidade de Vigo e da súa plataforma tecnolóxica. Defínense os aspectos prioritarios a ter en conta nas dúas áreas: SEIX: Servizos Informáticos de Xestión. Este servizo acomete os proxectos de desenvolvemento de aplicacións informáticas. SEINV: Servizos Informáticos de Investigación. Este servizo acomete os proxectos de Sistemas e de infraestruturas de Redes de comunicación (voz e datos).

Aspectos Prioritarios REDES, SISTEMAS E COMUNICACIÓNS Renovar as redes de comunicación. Optimizar o uso dos servidores. Consolidar os servizos para optimizar os recursos existentes e facilitar a administración dos sistemas. Ampliar o espazo de almacenamento das cabinas de discos para os datos de produción e o espazo das cabinas de cintas para o backup. Proporcionar seguridade física e lóxica. Definir e manter as políticas de seguridade na infraestrutura. Establecer políticas de backups. Elaborar Plans de Continxencia.

Aspectos Prioritarios DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS Administrar e manter sistemas de Xestión relacionados coa docencia e coa investigación. Achegar os servizos telemáticos á comunidade universitaria. Mellorar o servizo ofrecido aos usuarios aliñando a plataforma tecnolóxica cos servizos. Optimizar o uso das ferramentas informáticas. Asegurar o dato único. Asegurar a accesibilidade, dispoñibilidade, integridade e recuperabilidade da información. Reportar información ós órganos de goberno e de xestión. Garantir a seguridade da información.

Plan Sistemas

Plan de Sistemas O Plan de Sistemas describe un escenario obxectivo composto por tres compoñentes: 1. O MODELO DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN OBXECTIVO, no que se identifican as aplicacións e ferramentas coas que se dará resposta no futuro ás carencias funcionais e de integración detectadas no diagnóstico para o actual mapa de sistemas de información. 2. A ARQUITECTURA DE SOFTWARE OBXECTIVO, concibido como o conxunto de elementos software que construirán o sistema integrado de información da Universidade, constituído pola integración de todas as aplicacións que conforman o modelo de aplicacións definido no punto anterior. 3. A PLATAFORMA TECNOLÓXICA OBXECTIVO, no que se identificarán os estándares a adoptar no ámbito da plataforma de sistemas e da plataforma de comunicacións.

XURÍDICO PUBLICACIONS UNIDADE TÉCNICA DEPORTE Área TIC Plan de Sistemas 1. MODELO DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN Na figura preséntanse os obxectivos estratéxicos a nivel de aplicativos de xestión. Novo PORTAL WEB da Universidade. Secretaría Virtual (Portal Corporativo) BUBELA: Integración con XESCAMPUS. Rexistro telemático FAITIC: integración con XESCAMPUS. XESCAMPUS incluíndo o POD. RELACIÓN CON ESTUDANTES/TERCEIROS RELACIÓN CON EMPREGADOS DOCNET (Guías Docentes) SOROLLA WEB Ferramenta de xestión económica XESTICONTA FACTURADOR MÓDULO DE INGRESOS REXISTRO INFORMA. ATENCIÓN XESTIÓN E TRAMITACiÓN APOIO A DOCENCIA XESTIÓN ECONÓMICA XESTIÓN RRHH XESTIÓN ACADÉMICA XESTIÓN INVESTIGACIÓN SECRETARÍA XESTIÓN DA BIBLIOTECA REXISTRO SECRETARÍA VIRTUAL BOLSAS Comedor Residencia Colaboración Máster I2SA CRONOS XESTIÓN CORPORATIVA XESTIÓN DEPARTAMENTAL SUXI: Rexistro Investigadores (RI) Comercialización (COM) Gestión de Contratos (GC) Actividades de Investigación (PI) Patentes (PAT) Convocatorias Axudas (CA) Actividades de Difusión (AD) Meta4 -PeopleNet BI: (DATAWAREHOUSE) Xestión académica. Xestión de investigación. Xestión económica. Xestión de RRHH. APLICACIÓNS CORPORATIVAS BPM e xestión documental: Xestión académica. Secretaría Xeral. Expedientes de contratación. Trámites internos da Bibliotecas. Procedementos de divulgación de documentación. Ferramenta de mantemento de centros (ARCHIBUS).

SEGURIDADE Área TIC Plan de Sistemas 2. ARQUITECTURA DE SOFTWARE A arquitectura de software tenderá a ser un modelo que proporcione unha independencia total entre as aplicacións e os datos, ademais de que permita dispor de servizos reutilizables e compartidos. Vantaxes que se traducen en: Preservar a independencia tecnolóxica. Facilitar a interoperabilidade das aplicacións. Reducir os custos de mantemento e explotación das aplicacións. Facilitar unha transición progresiva e segura a seguintes versións. Potenciar o repositorio de información de datos único CANALES CANLES INTERNOS INTERNOS AUTENTICACIÓN E SINGLE SIGN-ON CANLES CANALES EXTERNOS EXTERNOS Capa de presentación CLIENTES TRADICIONALES TRADICIONAIS SERVIDOR DAS DE APLICACIONES APLICACIÓNS // INTEGRACIÓN LÓXICA LÓGICA FUNCIONAL GESTOR SERVIDOR DE PORTALES WEB Capa da lóxica de negocio ACCESO A DATOS COORPORATIVOS XESTIÓN DOCUMENTAL WORKFLOW WORKFLOW XESTIÓN DE CONTENIDOS CONTIDOS Capa de BACK-END TERCEIROS EXPEDENTES DOCUMENTOS DATOS DE XESTIÓN

Plan de Sistemas 3. PLATAFORMA TECNOLÓXICA O escenario obxectivo para a arquitectura tecnolóxica da Universidade de Vigo está condicionado polas medidas a adoptar para simplificar o mantemento da mesma, potenciar a súa seguridade e o nivel de servizo O obxectivo do Plan de Sistemas en canto á plataforma tecnolóxica é conseguir unha infraestrutura tecnolóxica racional que garanta unha alta dispoñibilidade dos servizos, un rendemento óptimo cun alto nivel de seguridade e que permita o crecemento dos sistemas de información da Universidade de Vigo, de acordo ás súas políticas.

Plan Sistemas. Proxectos a abordar Racionalización de Procedementos da Área TIC Optimizar os trámites racionalizando e informatizando os procedementos. Implantar unha ferramenta de xestión dos procedementos da área: Service Desk Adecuación da infraestrutura Adecuación do cableado de rede Adecuación da arquitectura de rede Adecuación da arquitectura hardware Servizos de Xestión Corporativa Xestión da Investigación: SUXI Xestión Académica: Xescampus, Guías Docentes e Bolsas propias Xestión Económica Xestión de RRHH: Meta4 Rexistro Telemático Informes de Xestión BI-Xestión Académica, Económica, Investigación e RRHH Servizos Comúns de Infraestrutura Servizo autentificacións de usuarios (Xestión Identidades) Portal corporativo (Secretaría Virtual) Acceso a repositorio común Servizo de Xestión Documental Implantación dun BPM (Business Process Management) Servizos á Comunidade Universitaria Portal Web Seguridade Adaptación á LOPD Elaboración dun Plan de Continxencia Aspecto fundamental: A integración.

Proxectos en Curso

Proxectos Internos da Área Definición de procedementos de actuación e Metodoloxías (MUVIGO) Definición dun modelo operativo, que estableza funcións e responsabilidades. Formulación dos principais procedementos operativos asociados á área. Elaboración dun catálogo de servizos da ATIC Establecemento de directrices e políticas de calidade Establecemento de Tipoloxías de Proxectos Manual de normativas e estándares Modelaxe de documentos: catálogo de entregables e formatos Tecnoloxías Preferentes segundo o tipo de proxectos Guía Xeral de Estilos: Web, Secretaría virtual, Xescampus Xestión inventario: GLPI Xestión documental: Alfresco Xestión de proxectos: Teamwork Plan Formación: Reforzo e potenciamento a nivel operativo da Área TIC. Formación on the job : Oracle, Vmware, Opencms, microstrategy Cursos de reciclaxe:.net, Project, Office, MUVIGO, Alfresco, Teamwork

Proxectos Redes, Sistemas e Comunicacións Adecuación da infraestrutura de rede e Telefonía Balanceadores de Carga e Proxy Traslado ao novo CPD Copia de Seguridade (Backup) Mantemento de equipos informáticos, telefonía, redes e sistemas

Redes, Sistemas e Comunicacións Adecuación da Infraestrutura de Rede Adecuación do cableado: Establecemento de canles de rede redundantes entre os edificios principais dos tres Campus. Mellora das liñas de comunicación (voz e datos). Incremento de velocidades de conexión. Adecuación da arquitectura de rede Redeseño da rede e da segmentación en subredes. Establecemento de canles seguras de comunicacións para conexión remota (VPN) Establecemento das políticas de acceso, coas adecuadas garantías de seguridade e redundancia. Adecuación da arquitectura hardware Consolidación e homoxeneización dos servidores. Virtualización dos servidores (VMWARE): redución dos servidores físicos existentes a 5 máquinas nas que se virtualizarán todos os servizos da Universidade. Homoxeneización dos sistemas operativos, tendo en todos os equipos o mesmo software de base instalado, axustándose ao especificado no manual de normativas e estándares. Servidores en alta dispoñibilidade para os servizos críticos da Universidade (Xescampus, SUXI, Portal Web ) Servidores en clúster para base de datos (Oracle, SQL): proporciona alta dispoñibilidade (2 servidores activo-pasivo), de tal forma que se un servidor falla o outro comeza a funcionar, recuperándose automaticamente do mesmo. Consolidación e ampliación da rede de almacenamento (SAN). Dimensionamento axeitado para centralizar a información (bases de datos, ficheiros, documentos ofimáticos, etc.). Ampliouse o espazo dispoñible nas cabinas de cintas (backup) e de discos. Establecemento de contornos de desenvolvemento, produción e pre-produción para todos os sistemas.

Redes, Sistemas e Comunicacións Balanceadores de Carga Instaláronse dous equipos en clúster (alta dispoñibilidade) para efectuar o balanceo de carga (reparto das peticións que chegan aos servidores). Os balanceadores de carga tamén funcionan coma o proxy inverso.todo o tráfico entrante de internet pasa a través dese proxy por motivos de seguridade, cifrado e distribución de carga. Estes equipos empréganse para o Portal Web, o Voto electrónico e calquera outra aplicación que necesite repartir o tráfico para unha optimización do mesmo.

Redes, Sistemas e Comunicacións Traslado ó novo CPD Estase efectuando a reforma e ampliación do Centro de Proceso de Datos (CPD) da Universidade de Vigo, para garantir a seguridade operacional, a continuidade e dispoñibilidade e a solidez do servizo, tendo en conta non só sistemas construtivos e instalacións senón tamén aspectos como planificación de espazo, funcionalidade de cada subsistema, seguridade das persoas e equipos e a eficiencia enerxética. Este proxecto comprende: Obra Civil Instalación Eléctrica Instalación do Sistema de Climatización Instalación do Sistema de Cableado Estruturado Instalacións Especiais: Protección contra Incendios e Control de Accesos

Redes, Sistemas e Comunicacións Copia de Seguridade (Backup) O backup garante a recuperabilidade dos datos frente a posibles perdas ou desastres. O backup dos datos faise noutro edificio diferente ao CPD que é onde están os datos orixinais. Establecemento das adecuadas políticas e procedementos de backup. Probas de restauración de backups: son obrigatorias por LOPD e certifican que o backup estase a realizar correctamente. Elección de software de backup (IBM/HP)

Redes, Sistemas e Comunicacións Mantemento de Equipos, Redes e Comunicacións Seguimento e Resolución de Incidencias relacionadas cos equipos informáticos, servidores, sistemas, e redes de voz (telefonía e telefonía IP) e datos (cableada e sen fíos).

Proxectos Software - Aplicacións Xestión de Identidades (LDAP). Xestión incidencias: Service Desk. Portal Web (Opencms 7.5.2). Xestión da Investigación (SUXI). Xestión Académica:Xescampus. Xestión de Bolsas (Residencia, Máster, Comedor e Colaboración). Guías Docentes (DOCNET). Correo Electrónico e Contornos Colaborativos. Voto electrónico. Xestión da Facturación. Módulo de Ingresos. Integración de aplicacións: Unificación de Servizos Web. Informes e reporting: Datawarehouse de Xestión Académica (Microstrategy/Jportal). Mantemento correctivo e evolutivo de aplicacións corporativas.

Proxectos Software - Aplicacións Xestión de Identidades (LDAP) Creación dun directorio corporativo. Primeiro paso: revisión do sistema e unha limpeza de datos. Optimización da xestión da seguridade dos sistemas corporativos mediante a definición e a xestión de políticas de forma centralizada, así como funcionalidades de auditoría sobre o cumprimento de tales políticas. Xestión de autentificacións para validar aos usuarios que están rexistrados no sistema, e xestionar os controis de contrasinais (niveis de seguridade establecidos e actualización adecuada). Servizo de trazas: rexistro da conexión dun usuario. Ferramenta de administración de usuarios: alta/baixa/modificacións de usuarios, perfís de acceso, modificación privilexios) nos diferentes aplicativos. Sistema de Single-Sign On: función de entrada única que permite a autenticación do usuario unha soa vez e o habilita para acceder a varios sistemas cunha soa instancia de identificación. Módulo de solicitude ou cambio de contrasinal. Módulo de xestión de perfís: mantemento dos perfís dos usuarios da aplicación.

Proxectos Software - Aplicacións Xestión Incidencias: Service Desk Definiuse un catálogo de servizos e un manual de procedementos da Área TIC. Co obxectivo de normalizar a comunicación entre os Servizos de Informática (SI) e os usuarios da comunidade universitaria, mediante o establecemento dun punto central e único de contacto diario entre os usuarios e a Área TIC, escolleuse REMEDY como ferramenta de automatización de procedementos e xestión de servizos TI, facendo especial fincapé nos seguintes procesos: Xestión incidencias Xestión Peticións, Queixas e Suxestións Xestión de Problemas Xestión da Configuración Xestión de Cambios Xestión de Versións Xestión de Niveis do Servizo Xestión do Coñecemento

Proxectos Software - Aplicacións Portal Web Xestor de contidos OpenCMS 7.5.2 Punto de entrada único de acceso aos servizos Funcionalidades avanzadas de personalización, accesibilidade e usabilidade, aplicando os conceptos de web 2.0. Integración de contidos e servizos con orixe nos distintos portais departamentais. Estandarización da presentación Posibilidades avanzadas de edición de contidos Nova imaxe da Universidade de Vigo

Proxectos Software - Aplicacións Xestión da Investigación (SUXI) O Sistema Unificado da Xestión de Investigación (SUXI) é un conxunto de sistemas orientados a dar servizo e a unificar a información de todas as áreas da Universidade de Vigo vencelladas coa xestión da investigación: Xestión de proxecto de investigación: o obxectivo é dotala Universidade de Vigo dunha ferramenta que permita a identificación, creación e mantemento dos proxectos de investigación da propia Universidade, así como o seu seguimento a dous niveis, execución e económico. Xeración do currículo do investigador. Xestión da comercialización: control das diferentes entidades públicas ou privadas coas que ten relación a propia Universidade así coma os contactos que se establecen entre ambas. Xestión de contratos: ten como obxectivo permitir á Universidade de Vigo a xestión integral das oportunidades de negocio da propia Universidade dende a detección das mesmas ata a súa materialización nun contrato. Xestión de patentes: permitir á Universidade de Vigo a xestión integral das solicitudes de patentes nacionais e internacionais realizadas polos investigadores da Universidade. Xestión de convocatorias de axuda: será a base para a xestión de todas as axudas vencelladas coa comunidade investigadora da Universidade de Vigo independentemente da orixe das mesmas (Axudas propias da Universidade de Vigo, axudas da Xunta de Galicia, axudas do Ministerio de Educación, etc.). Difusión das actividades.

Proxectos Software - Aplicacións Xescampus Xescampus é o software de Xestión Académica da Universidade de Vigo que substitúe á ferramenta anterior denominada Xesta. A base de datos empregada é un clúster de base de datos SqlServer 2005.

Proxectos Software - Aplicacións Bolsas Propias As bolsas propias da Universidade de Vigo, non contempladas en Xescampus, desenvolvéronse polo Servizos Informáticos. Estas bolsas son as seguintes: Residencia Mestrados Comedor Colaboración

Proxectos Software - Aplicacións Guías Docentes (DOCNET) DOCNET é unha aplicación Web para que os distintos axentes que interveñen no proceso de ordenación académica poidan participar de xeito ordenado e organizado na xestión e a visualización da oferta académica da UVIGO. Os distintos axentes son: Persoal docente e investigador: Indicacións e apoio pedagóxico. Reforza a planificación da docencia e favorece a coordinación e a colaboración entre os/as docentes. Fomenta o equilibrio entre os programas das diferentes materias. Alumno/a: Información necesaria sobre o contido dos programas para facilitar a toma de decisións, a organización e a aprendizaxe. Docentes: visibilidade e comparabilidade, contribuíndo á coordinación e eficacia do deseño e ao desenvolvemento de programas formativos das diversas titulacións.

Proxectos Software - Aplicacións Plataforma de Correo e Contornos Colaborativos Implantación dunha Plataforma de correo corporativo: Zimbra. Integración có servidor BES de Blackberry. Contornos colaborativos: espazos de traballo en grupo para compartir, almacenar e buscar información (xestión documental, foros, wikis, blogs, calendarios, citas, tarefas e todas aquelas relacionadas coa web 2.0).

Proxectos Software - Aplicacións Voto electrónico O Consorcio das Universidades Galegas adquiriu o software Pnyx para voto electrónico. Voto por internet usable, fiable, auditable e seguro. Voto a través dun navegador coa tarxeta universitaria, un certificado dixital ou dni electrónico. Protección contra ataques externos e internos. Alta dispoñibilidade. Fases da votación: Fase1: Difusión do evento. Fase2: Identificación dos votantes. Fase3: Creación da mesa electoral. Fase4: Proceso de votación. Fase5: Escrutinio do voto. Fase6: Publicación dos resultados. Empregarase nas eleccións a Consello de Departamento en maio de 2010.

Proxectos Software - Aplicacións Xestión da Facturación Xestión integral do proceso de facturación: Xestión de clientes provisionais e definitivos. Xestión de unidades administrativas. Xestión de solicitudes de traballo e conceptos específicos. Emisión borradores de Factura/Cargos internos. Xeración de Facturas/Cargos internos definitivos. Fluxos de validación. Seguimento cobro. Integración con ferramentas como SUXI ou Xesticonta. Intervención de todos os servizos da Universidade para unificar o proceso por consenso.

Proxectos Software - Aplicacións Módulo de Ingresos Análise e definición do novo aplicativo de xestión de ingresos Comezo en breve do desenvolvemento da aplicación

Proxectos Software - Aplicacións Unificación Servicios Web Os servizos web empréganse para a integración entre aplicacións utilizando mensaxes XML intercambiados mediante protocolos de internet. Así distintas aplicación, en linguaxes de programación diferentes, executadas sobre calquera plataforma, poden intercambiar datos. Actualmente cada servizo web atópase nunha tecnoloxía distinta e nunha ubicación diferente. O obxectivo a acadar con este proxecto e dispoñer todos os servizos nun repositorio común coa finalidade de que todos estean accesibles para a integración entre sistemas ao mesmo tempo que se coñeza a súa existencia e as posibilidades de utilización cara dentro e co exterior.

Proxectos Software - Aplicacións Informes e Reporting Xestión Académica Deseño, desenvolvemento e implantación da plataforma Business Intelligence (BI) Microstrategy e Jportal para explotar a información existente no sistema de Xestión Académica. Datawarehouse (almacén de datos), onde se integra toda a información, unha vez depurada e especialmente estruturada para actividades de reporting. ETL (extraer, transformar e carga): Permite extraer a información das diferentes bases de datos para levalas ao datawarehouse. A transformación refírese ao feito de limpar a información incoherente ou non válida, adaptar os tipos de datos, os valores dos campos, etc. Por último a carga refírese ao feito de gardar os datos no formato adecuado dentro do datawarahouse. Definición de indicadores, atributos e informes. Definición de cadros de mando analíticos e integral (ou estratéxico).

SEIX.Proxectos Software - Aplicacións Mantemento Correctivo e evolutivo de aplicacións corporativas O SEIX realiza tarefas de mantemento correctivo e evolutivo das aplicacións de xestión corporativa. Este mantemento consiste no proceso de mellora e optimización do software despois da súa entrega ó usuario final. Mantemento Correctivo: resolución de incidencias consistentes en corrixir errores do produto software. Mantemento Evolutivo: son as incorporacións, modificacións e eliminacións necesarias nun produto software para cubrir a expansión ou cambio nas necesidades do usuario.

Proxectos Próximos

Proxectos Próximos Proxectos Software Aplicacións Plataforma Administración Electrónica (firma electrónica, rexistro telemático, xestión de expedientes ): utilización das TIC xunto cun cambio organizativo para mellorar os servizos públicos, ofrecendo acceso a elas por vía telemática ós membros da comunidade universitaria. Migración de Meta4 á plataforma Web. Xestión Económica Informes e reporting (Datawarehouse) Xestión da Investigación, Xestión económica e de RRHH. Ferramenta BPM (Business Process Management): posibilita a organización automática do traballo, permite a súa supervisión sucesiva, asignar tarefas, avanzalas e monitorizar o seu progreso. Con iso, conséguense as mellores prácticas, buscando a eficiencia nas tarefas de xestión da Universidade e documéntase todo o proceso. Redes, Sistemas e Comunicacións Bus ESB (Enterprise Service Bus): proporcionará as características mediante as cales implementan unha arquitectura orientada a servizos (SOA) mediante o intercambio de mensaxes para a integración de aplicacións. Migración a Oracle de aplicacións (SUXI, META4) Plan Continxencia: incorporando análise de riscos e elaboración dos correspondentes procedementos que garantan a viabilidade e establezan os prazos de recuperación da información ante unha catástrofe ou continxencia determinada.

Xestión Económica O obxectivo deste proxecto e dispor dunha solución financeira totalmente integrada que sexa multicampus, multidivisa e multidimensional, que cumpra todos os requisitos PCGA (principios contables xeralmente aceptados) e ademais permita: Levar a contabilidade xeral. Conciliar balances de situación, contas de perdas e ganancias e estados da tesourería de calquera momento e entre entidades diferentes. Dispor dunha base financeira sólida cun plan contable flexible e definible polo usuario, xestión de contas debedoras e acredoras que automatizan e racionalizan as transaccións chave da Universidade, incluída a reconciliación de transaccións financeiras coas transaccións loxísticas correspondentes. Contemplar a función da contabilidade de unidades de negocio por división entre empresa financeira, do mesmo xeito que a xestión integral de tesourería, a elaboración de orzamentos financeiros, a contabilidade de custos. Xestionar os activos fixos e a recompilación e datos de contabilidade xeral e de presupostación para a elaboración de informes financeiros. Terá os seguintes módulos: Módulo de Finanzas. Módulo de Compras e Aprovisionamento. Módulo de Stocks/Almacéns. Módulo de integración con Xestión da Investigación (SUXI):. Módulo de integración con Sistema de Xestión de Mantemento dos Centros (ARCHIBUS).

Proxectos Software - Aplicacións Xestión RRHH Meta4 Sistema de xestión de RRHH que inclúe: Xestión de prazas (RPT e persoal) e da estrutura da organización. Prevención de riscos laborais. Xestión de persoal e nóminas. Portal do empregado. Selección e formación do persoal. Workflow de peticións de cursos. Desenvolvemento Profesional: Avaliación Formación Desenvolvemento de carreiras Seguridade e Saúde