OIMBRA. Número 2 Boletín informativo do Concello de Oimbra Inverno 2002/03. Colabor. Baltar e Villarino inauguraron o centro social de San Ciprián

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Mapa de accidentalidade

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Informe mensual do paro rexistrado

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Á Mesa do Parlamento

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO


PROXECTOS DE LEI. Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano DECRETOS

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Boqueixón. Revista Informativa do Concello CONCELLO DE BOQUEIXÓN DECEMBRO Nº 35 IMPRESO SIN DIRECCIÓN. FRANQUEO PAGADO Aut. n.º 150.

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

O relevo e as costas de Galicia

MEMORIA. de actividades

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Mensual independente da Ulloa Ano 7. Nº 77. Setembro O instituto de estudos ulloáns recibe o Premio Son d Aldea 2018

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

XESGALICIA, SOCIEDADE XESTORA DE ENTIDADES CAPITAL RISCO, S.A.

Obra Social la Caixa en Galicia. Resumo anual 2017

A máquina de escribir

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Anexo. Detalle das accións

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Índice. Memoria de Sociedades Mercantís 5

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

prioritarios de atención, impulsará a delimitación espacial de proxectos singulares.

ÍNDICE 1. ESCENARIO FINANCEIRO 2. INGRESOS 3. CRECEMENTO, SERVIZOS E PERSOAS 4. PLAN ESTRATÉXICO DE GALICIA

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DECRETOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS

ÍNDICE. 1. Escenario Financeiro 2. Análise Ingresos 3. Análise Gastos 4. Plan Estratéxico de Galicia

MEMORIA FUNDACIÓN VIGO EN DEPORTE VIDE 2014

COMISION DE LAS COMUNIDADES EUROPEAS REPRESENTACION EN ESPAÑA

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

informe de actividade issga

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

Revista Galega de Economía Vol (2018

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

Prof. Dr. Francisco Peña

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

Transcription:

IMPRESO POSTAL SEN DIRECCIÓN OIMBRA Número 2 Boletín informativo do Concello de Oimbra Inverno 2002/03 No v o Horario: Xunta de Galicia Centro de Información ó Agro Galego 902 112 000 A resposta tela na túa man 8 a 22 horas (lúns a venres). 9 a 14 (sábados, domingos e festivos). Reciclar é tarefa de t o d o s Colabor bora a co noso concello no plano de recollida selectiva de lixo Un Obradoiro facilitará formación a 34 persoas A Consellería de Familia e Promoción do Emprego concedeulle ó Concello de Oimbra un obradoiro de emprego, que permitirá a formación laboral de 34 persoas nas especialidades de albanelería, cantería e medio ambiente. Durante un ano, a partir de febreiro, os alumnos/as, todos eles maiores de 25 anos e inscritos nas oficinas do INEM, completarán unha formación teórica e práctica, ó tempo que desenvolven traballos de adecentamento de espacios e de edificios públicos, e melloran a súa aptitude académica, coa posibilidade de obter un título equiparable ó Graduado Escolar. saúde, sorte, benestar... Z l l l Y Nadal 2002 Aninovo Baltar e Villarino inauguraron o centro social de San Ciprián Os veciños e veciñas de San Ciprián disfrutan xa do novo local social, nas renovadas instalacións da antiga escola unitaria. Ó acto de apertura asistiron o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, o alcalde de Oimbra, Alfonso Villarino, representantes da Corporación, numerosos veciños e os medios de comunicación da nosa comarca. O edificio configúrase como un lugar ben axeitado para celebrar xuntanzas, cursos, charlas divulgativas, proxeccións audiovisuais, etc. Felices festas! Novas infraestructuras A construcción de beirarrúas, a renovación e ampliación das redes de sumidoiros e a mellora da iluminación pública en varios núcleos foron algunhas das actuacións realizadas polo Concello de Oimbra durante o ano 2002. Novos proxectos están a punto de ser realidade. A Feira do Pemento medra A quinta edición da Feira do Pemento de Oimbra volveu ser un éxito. Centos de persoas, da comarca e do Norte de Portugal, achegáronse ata o noso municipio para degusta-las excelencias da nosa horta. Houbo tamén exposicións, actuacións musicias e concursos gastronómicos. paz, amor, solidariedade... É o sincero desexo dos concelleiros, traballadores do Concello e do alcalde para tódolos veciños e visitantes de Oimbra. Alfonso Villarino

Páxina 2 Oimbra quedou integrado, xunto a outros concellos da comarca Monterrei-Verín, no Plan Leader Plus, auspiciado pola Unión Europea, e que terá O Plan Leader Plus, xestionado pola Asociación do Desenvolvemento da Comarca Monterrei-Verín, e que integra a 7 concellos, entreles o noso, abre boas expectativas para o desenvolvemento económico e laboral desta zona, a tenor da experiencia acumulada nos últimos anos co anteriore Plan Leader II. En plena fase de constitución e definición de obxectivos, o noso municipio debe aproveitar esta boa oportunidade para impulsar novas iniciativas públicas que redunden nunha mellora de servicios e infraestructuras e, por ende, na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Pero onde realmente debe incidir o novo programa europeo é, sobre todo, na iniciativa privada, xa que o Leader Plus contempla importantes liñas de subvencións para apoiar proxectos de futuro que deben repercutir nun maior dinamismo da nosa economía. Un exemplo significativo é o do turismo vixencia ata o ano 2006. Esta iniciativa comunitaria, na que tamén participan o Goberno español, a Xunta de Galicia e a iniciativa privada serve O p r o g r e s o d e b e c o n t i n u a r A colaboración da Xunta de Galicia, tanto no Plan Leader Plus como no Plan Interreg III de cooperación transfronteiriza, será clave para o desenvolvemento económico e laboral da nosa comarca. para facilitar recursos que dinamicen o tecido económico e laboral, con especial incidencia nos sectores agropecuario e turístico. rural, xa que ó abeiro do Plan Leader II foron colocándose as bases dunha incipiente rede hosteleira, que servirá para promociona-los encantos paisaxísticos, medioambientais e deportivos (caza e pesca, por exemplo), de amplas zonas da nosa comarca. O Plan Leader Plus trata tamén de motivar á xente emprendendora e con iniciativas a pór en marcha proxectos que ata o de agora estaban aparcados ou eran inviables por falla de respaldo económico (na Casa do Concello pode recabarse toda a información sobre este programa). O Leader Plus é, pois, unha clara oportunidade de progreso, tal vez a derradeira destas características se no ano 2007 Galicia deixa de ter dereito ós fondos estructurais da Unión Europea. Sería bó que dentro de catro anos, á hora de facer balance, poidésemos constatar que este ambicioso proxecto acadou eses obxectivos tamén en Oimbra. O orzamento municipal durante o ano 2002 foi de 643 mil euros Investimentos e servicios acapararon o 55% do gasto As transferencias correntes e as de capital supoñen a principal vía do financiamento do Concello Os investimentos inciden na mellora das infraestructuras públicas en todo o municipio. A adquisición de bens correntes e de servicios supuxo un gasto de 137.400 mil euros. Impostos e taxas municipais son tamén clave para asegura-lo equilibrio económico do Concello. Un ano máis, no 2002 as partidas destinadas a sufraga-los bens correntes e servicios, investimentos reais e persoal foron as que acaparan a maior parte dos gastos do Concello de Oimbra, segundo os orzamentos aprobados en sesión plenaria pola Corporación municipal. Algo máis de 219 mil euros destínanse os proxectos de obras e infraestructuras previstos para o actual exercicio económico. Deste xeito, o noso municipio mantén, como en anos anteriores, un alto nivel de gasto por habitante e ano, sen afecta-lo equilibrio económico e financieiro da institución municipal. Nos capítulos de ingresos, as transferencias correntes e as de capital seguen a se-la principal fonte de financiamento, xa que supoñen o 67,9 por cento do total. Tamén son significativas as aportacións dos impostos directos e das taxas municipais, e, nunha medida moito menor, dos pasivos financeiros e dos ingresos patrimoniais. Orzamento de gastos: 643.000 Gastos financeiros Pasivos financeiros Transferencias de capital Transferencias correntes Gastos en bens correntes e servicios Investimentos reais Gastos de persoal

Páxina 3 2002 Actualidade dun concello dinámico 2002 A travesía de As Chas, con novos servicios Os vecinos e veciñas As Chas comezan a beneficiarse xa do proxecto de mellora das infraestructuras básicas e da construcción de novas beirarrúas, coa lóxica repercusión sobre a seguridade vial no tramo da estrada que atravesa este núcleo de poboación. As obras a realizar consisten tamén na instalación de farolas ornamentais, co cableado subterráneo, a recollida das augas pluviais e a pavimentación dun tramo aproximado de algo máis de cen metros de beirarrúas. A este proxecto do Plan Base 2002, do que é autor o enxeñeiro Pablo Millán Trillo, asignouse unha partida económica de 34.912 euros. Mellora-la iluminación pública, un novo reto No obxectivo de dotar a tódolos núcleos dun eficiente e completo sistema de iluminación pública, o Concello vai continuar coas infraestructuras do alumeado no núcleo de A Granxa, coa instalación de 16 luminarias. Para elo será necesario extender máis de 600 metros de cable conductor aéreo. No mesmo proxecto incluíuse a mellora da iluminación na zona de Rabal, con nove postes de formigón e outras tantas luminarias, reguladas a través dun novo cadro de mando e o módulo trifásico para o contador. En total, empregáronse máis de 500 metros de cableado aéreo. O investimento na mellora da iluminación pública en As Chas, A Granxa e Rabal foi de 60.250 euros. Traballos de construcción das beirarrúas en As Chas, ó tempo que se instalan as canalizacións subterráneas e mellora a iluminación pública. Renovada travesía e a igrexa de Casas dos Montes Nas Casas dos Montes contemplouse a execución de 100 metros liñais de pavimento de beirarrúa, canalización das augas pluviais maila execución do pechamento da igrexa, e a restauración do tellado. Para esta parte do proxecto tiveron que levantarse 33 metros de cimentación, a balaustrada de granito e a colocación de 12 columnas con capitel, tamén de pedra granítica. Outra actuación para mellora-los servicios básicos en Casas dos Montes permitíu instalar novas farolas de iluminación pública, para o que tiveron extenderse as novas liñas da subministración eléctrica, tanto aéreas como subterráneas. As novas farolas e o entorno da igrexa foron obras importantes que cumpriron as expectativas dos veciños. Comeza a segunda fase da estrada Oimbra-Videferre A mellora da estrada de Oimbra a Videferre (CV-411) entrou na segunda fase. Na primeira xa se actuara sobre cinco quilómetros do trazado, quedando pendente o resto, por limitacións económicas, para esta nova actuación. A mellora do firme figura nos planos provinciais de obras de 2002 cun orzamento de 90.152 euros. San Ciprián, con beirarrúas, sumidoiros e alumeado O Concello de Oimbra traballou nos últimos meses na fase final das obras de construcción de beirarrúas no cruce de San Ciprián. Un proxecto importante para os veciños e veciñas deste pobo, xa que tamén se acometeron melloras nas redes de sumidoiros e de alumeado público, con novas farolas ornamentais. O saneamento de O Rosal conecta coa depuradora O plan municicipal de obras incluíu a conexión da rede local de saneamento do pobo de O Rosal coa depuradora de augas residuais de Oimbra. En total, entre ambas actuacións, realizouse un investimento superior ós 275.000.

Páxina 4 O obradoiro e as brigadas de obras, unha aposta do Concello a prol do emprego en Oimbra A política de fomento do emprego que desenvolve o Concello de Oimbra permitíu a contratación de 22 persoas durante o ano 2002. Sete traballadores integraron a brigada contra incendios, a través dun convenio do propio Concello coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Ademáis da extinción dos lumes forestais, estes operarios realizaron un importante labor de prevención en diferentes zonas do noso municipio, sobre todo na parte da montaña. O departamento municipal de Servicios Sociais víuse reforzado con catro auxiliares de axuda no fogar, destinadas a facilita-la convivencia nas súas vivendas de persoas maiores e impedidas. O seu traballo consiste, básicamente, na limpeza, preparación da comida e acompañamento ó médico, etc. Outras dúas persoas contratadas polo Concello desenvolveron as funcións de educadora familiar e de responsable da Oficina de Información Xuvenil. Mención aparte merecen as brigadas de parques e xardíns, integrada por catro persoas, e de obras, con cinco operarios (nas fotos da dereita, durante os traballos na rede de sumidoiros de Bousés). O seu cometido foi o de mantemento de zonas verdes e podas de árbores, no primeiro caso, e de pequenas obras para melloralas infraestructuras básicas dos pobos, no segundo. En Bousés realizáronse canalizacións para a recollida das augas residuais, co que se ampliou a rede de sumidoiros. O Plan Labora abre grandes posibilidades á nosa mocidade (ven da páxina 1). A inauguración do centro social e veciñal de San Ciprián servíu para constata-la boa colaboración institucional entre a Deputación de Ourense e o Concello de Oimbra, como amosaron nos seus discursos José Luis Baltar e Alfonso Villarino. O alcalde de Oimbra manifestou que con esta inauguración, os veciños de San Ciprián dispoñen dun lugar axeitado para fomenta-la unión, a solidariedade e promover actividades lúdicas e culturais. Villarino dixo que esta nova obra ven cumprilo obxectivo de dotar a tódolos pobos de centros sociais. O Concello de Oimbra colabora coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia na difusión do Programa Labora-Xuventude con Experiencia. Vai dirixido a persoas de 16 a 29 anos, que non teñan traballado nos últimos cinco anos, nin por conta propia ou allea, durante seis ou máis meses; e que estean inscritas actualmente como demandantes de emprego cunha antigüidade mínima de 6 meses. Os veciños e veciñas que cumplan estes requisitos poden solicita-la adhesión a este programa a través das oficinas municipais. Polo de agora, son cinco as persoas que cumplen as condicións esixidas e que poderían incorporarse en breve ás tarefas específicas, adaptadas ós seus coñecementos, dentro do organigrama laboral do propio Concello. As posibilidades que se lles ofrecen ós veciños e veciñas interesados neste programa de fomento do emprego inclúen incentivos á contratación indefinida en empresas; apoio á contratación en prácticas, en empresas ou centros de investigación; escolas obradoiro, obradoiros de emprego e programas de cooperación en entidades públicas, universidades e corporacións locais.

Feira do pemento 2002 Páxina 5 A exaltación do pemento, boa excusa para reunir á nosa xente A quinta edición da Festa do Pemento de Oimbra non defraudou ós que participaron nesta xornada festiva (11 de agosto). Centos de persoas do noso municipio e de toda a comarca, moitos deles veraneantes, disfrutaron dunha das excelencias gastronómicas da nosa horta, e que dan sona ó municipio de Oimbra en toda Galicia, a través das informacións de prensa e radio e dos programas especiais das televisións desprazadas para cubrir este evento. A música tivo un oco importante no programa de actos organizado polo Concello de Oimbra, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a Fundación Comarcal de Verín, a Comisión de Veciños de Oimbra, a Asociación Cultural Soutullo maila Asociación de Desenvolvemento da Comarca Monterrei- Verín. A Banda de Gaitas O Son dos Fachucos de Oimbra e os grupos de baile rexional e pandereteiras da Asociación Cultural Soutullo puxeron a nota alegre nunha xornada na que o bo tempo quixo sumarse a esta celebración. Non fallou tampouco nesta ocasión o xa tradicional Concurso de Pratos de Cociña, co pemento como ingrediente principal, con premios para tódolos participantes. A boa acollida que ten a comida popular quedou de manifesto coa venda de tódolos vales con máis dunha semana de antelación. Para os que non puideron entrar no recinto do xantar principal, a organización habilitou na praza do Concello un comedor de degustación. Ademáis do pemento, a xornada servíu para exaltar outros productos importantes da nosa horta, como as cebolas, os tomates e o viño. Os expositores que participaron na Feira do Pemento achegaron ó público un amplo mostrario da artesanía popular, de moderna maquinaria agrícola e dos productos agropecuarios da nosa comarca. Nun dos expositores, a Asociación Cultural Soutullo amosou ós visitantes unha escolma de traballos téxtiles feitos a man e decorativos, dalgúns dos seus asociados. A Feira do Pemento tivo ampla repercusión nos medios informativos. Mesmo, a Cadena Cope realizou parte da súa programación dende o noso municipio (Na foto inferior, entrevista do periodista Feliciano Romero ó alcalde de Oimbra, Alfonso Villarino).

Páxina 6 Concello e Soutullo preparan o programa do Nadal Como tódolos anos por estas datas, o Concello de Oimbra maila Asociación Cultural Soutullo taballan de arreo na organización dos actos lúdicos e culturais que terán na Cabalgata de Reis (5 de xaneiro) o momento culminante. As Súas Maxestades, que o pasado ano achegáronse a Oimbra nun tractor conducido por Papa Nöel, e acompañados pola Banda de Gaitas O Son dos Fachucos, volverán a traer sorpresas e agasallos ós máis pequenos. Estas actividades gozan de grande popularidade entre a nosa xente e contaxian coa súa animación ós veciños e veciñas dos lugares polos que pasan. O segundo lúns de cada mes, na Casa do Concello Servicio de información do catastro A empresa Servicat, contratada polo Concello de Oimbra, encárgase dende hai varios meses de resolverlle-las dúbidas ós nosos veciños e veciñas sobre o catastro, tanto de rústica como de urbana. Este servicio está operativo no primeiro andar da Casa do Concello o segundo lúns de cada mes, ou o seguinte día hábil se cadra en festivo. Para face-lo máis operativo, as persoas interesadas en facer algunha consulta ou realizar cambios de dominio deben pedir cita previa ó número 988 22 25 33. O interese do Concello por contrata-lo novo servicio xurdíu das dificultades que se lles plantexaba a moita xente, e, sobre todo, ós veciños que non tiñan liquidadas as herdanzas. José Luis Fernández González, enxeñeiro técnico agrícola, encárgase de facilitarlles ós veciños tóda a información que lle soliciten. Qué clase de consultas podemos realizar? Calquera sobre titularidade e dereitos de propiedades, e cambios de dominios, tanto de urbana como de rústica. O técnico encargado do servicio analiza e trata de resolve-lo problema eiquí, evitando ós veciños/as o desprazamento ás oficinas do Catastro de Ourense. A partir da cartografía oficial e dos títulos de propiedade, os demandantes de información poden confirmala situación na que se atopan e tramita-los cambios de dominio, cando teñan falecido os anteriores titulares. O prazo de solicitudes estará en vigor ata o ano 2005 Novas axudas para rehabilitar vivendas O Decreto 228/2002, de 20 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia, regula as subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas no medio rural de Galicia, dentro do Plan de Vivenda e Solo para o período 2002/05, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Para ser obxecto das axudas reguladas neste decreto, as vivendas deberán ter máis de 15 anos de antigüidade e adicarse a residencia habitual e permanente do beneficiario. As actuacións refírense a calquera tipo de obra ou acondicionamento das instalacións, sexa interior ou externamente. Poderán ser beneficiarias as persoas físicas, propietarias ou usufructuarias, cuns ingresos familiares ponderados que non excedan de 2,5 veces o salario mínimo interprofesional, e que veñan residindo nos últimos cinco anos no noso municipio. Ós galegos residentes no exterior da Comunidade Autónoma non se lles esixirá a condición de residencia e poderán optar ás axudas sempre que cumplan os demáis requisitos. Ós retornados nos últimos cinco anos esíxeselles o requisito de residencia só dende o seu retorno. Outras das condicións para acceder a estas axudas é a presentación dunha memoria descriptiva do proxecto a realizar e a xustificación dos gastos. Información e solicitudes: Casa do Concello de Oimbra. O Concello colabora coa Cruz Vermella no reparto de alimentos Como en anos anteriores, a Cruz Vermella organizou en Oimbra o reparto de excedentes alimentarios da Unión Europea. Poden ser beneficiarias aquelas persoas ou familias con renda inferior á contía resultante de incrementar nun 30% o Salario Social da Comunidade Autónoma, en función do número de membros. O Concello informou a través de bandos expostos nos puntos informativos de tódolos pobos dos prazos e das condicións económicas esixidas ós posibles beneficiarios para optar a estas axudas, consistentes en lotes de productos alimentarios de primeira necesidade. Unha vez rematado o prazo estipulado (31 de xullo), o departamento municipal de Servicios Sociais remitíulle as solicitudes á Delegación Provincial da Cruz Vermella.

Páxina 7 O Son dos Fachucos, polas rúas de Madrid O Día de Galicia tivo aires de Oimbra na capital do Estado. A nosa agrupación musical, A Banda de Gaitas O Son dos Fachucos, volveu a Madrid, convidada pola Casa de Galicia para ameniza-los actos programados en tan singular data. Os nosos músicos percorreron as rúas céntricas (na foto, diante do Pazo Real, na Praza de Oriente), entre a admiración e os aplausos de moitos madrileños que disfrutaron desta actuación. Encontro musical en Frejenal de la Sierra A nosa banda de música deixa boas lembranzas alí onde actúa. Aconteceu en Madrid, e tamén na localidade extremeña de Frejenal de la Sierra (Cáceres). Por terceiro ano consecutivo, O Son dos Fachucos foi convidada a participar no encontro de música con raíces, un dos máis importantes que se celebran nesta Comunidade autónoma. E volveron repeti-lo éxito das edicións anteriores. Non só a Asociación Cultural Soutullo encárgase de dinamiza-la vida social de Oimbra. En San Ciprián, a Asociación Cultural Santa Cruz, e nas Casas dos Montes, a Asociación de Mulleres Rurais A Peneirada, desenvolven tamén un importante labor neste eido, con diferentes actividades ó longo do ano, como cursos, charlas e viaxes culturais que serven para afonda-los lazos de amizade e solidariedade entre os seus asociados/as. A Asociación Cultural Santa- Cruz organizou unha viaxe a Guimaraes, unha das cidades históricas e berce do país veciño. A estadía servíu para coñece-lo importante patrimonio arquitectónico e artístico que atesoura Guimaraes, pero tamén os costumes e a gastronomía desta zona de Portugal. Boa acollida do transporte público ás piscinas O Concello de Oimbra financia o transporte público ata a piscina climatizada de Verín para as tres asociacións culturais do municipio, e que está a ter moi boa acollida. De feito, entre 35 e 40 persoas de tódalas idades fan uso deste servicio cada semana. Pola súa parte, a Asociación Cultural Soutullo organiza dende mediados de novembro, e durante dous meses, un curso de restauración de mobles e manualidades, no que participan 27 persoas. A Peneirada de Casas dos Montes preparou unha excursión para as súas asociadas ó Penedo do Furado, dentro dun curso de turismo rural. Lendas e tradicións de Casas dos Montes A Asociación de Mulleres Rurais A Peneirada desenvolve un importante labor de recuperación da memoria histórica e Casas dos Montes, mediante a recollida de datos, fotos e lendas, sobre todo entre as persoas de máis idade. Pretenden así transmiti-lo legado dos devanceiros á xente nova, para que non se perda. Teñen previsto, unha vez recopilado o material, publica-lo nunha especie de revista.

Páxina 8 Os alumnos/as do colexio amplían a súa formación nunha aula de informática Os 74 alumnos/as do Centro de Encino de Infantil e Primaria de Oimbra amplían a súa formación cunha nova aula de informática que os achega ás novas tecnoloxías. As prácticas con procesadores de texto ou Internet exténdense tamén ó traballo de informatización da biblioteca do colexio. Este programa comezou o curso anterior, aínda que a dotación completa da aula vaise realizar durante o actual. Todo elo como complemento dun programa dirixido a acada-la mellor formación O Nadal é tempo de festa. A ledicia chega tamén ó colexio de Oimbra, no que a comunidade educativa afanouse na preparación do festival. Pais/nais, alumnos e profesores comparten unha fermosa xornada de confraternidade. Ó longo do curso realízanse actividades extraescolares. Nos últimos meses, os alumnos e alumnas participaron no programa O tren da lingua (foto esquerda), cunha viaxe de Ourense a Monforte. Os maiores estiveron no Parque do Invernadeiro (dereita), para coñecer mellor a natureza da nosa comarca. posible dos homes e mulleres de mañá en Oimbra, e no que tampouco fallan as referencias case que continuadas ás tradicións dos nosos devanceiros. Despois dos magostos, chega o tempo do Nadal, na que profesores, alumnos e pais/nais aúnan esforzos nun fermoso festival que, como tódolos anos, inclúe escenificacións, cántigas populares e unha pequena festa. O CEIP de Oimbra participa por terceiro ano nun programa educativo de intercambio con centros de varios países europeos. Máis de 200 veciños/as participaron na campaña de vacinación antigripal As persoas que participaron na campaña de vacinación recibiron dúas doses inxectabeis, unha en cada brazo. Unha vacina foi a antigripal propiamente dita, e a outra, que non se aplica anualmente, protexe fronte ás enfermidades pneumocócicas. A campaña permaneceu en vigor dende o 30 de setembro ata o 22 de novembro. A Consellería de Sanidade desenvolveu no centro de saúde do noso municipio unha nova campaña de vacinación para previ-la gripe e as enfermidades pneumocócicas. Está O Servicio Galego de Saúde agarda que os índices de prevención derivados da actual campaña se movan entre o 30% e o 70%, evitando deste xeito moitas hospitalizacións por gripe e neumonías. Tamén se prevé que a vacinación reduza ata nun 80% as mortes por complicacións derivadas desas patoloxías. En canto á enfermidade pneumocócica, agárdase un 56-81% de eficacia na prevención. Esta recomendación débese a que coa idade e coa presencia de factores de risco auméntase as probabilidades de padecelas xa coñecidas complicacións da gripe ou de sofrir outras enfermidades causadas por un xerme diferente, chamado pneumococo, que é capaz de afectar seriamente á saúde dos que a padecen, xa que orixina pneumonías, meninxites e outras infeccións xeralizadas e graves. dirixida especialmente a tódalas persoas maiores de 65 anos e aquelas que pertencen a outros grupos de risco. Máis de 200 veciños pensaron que era mellor previr que curar. Edita: Concello de Oimbra - Imprime: GrafoDos. - Dep. Legal: OU-225/01