Contido. Profesorado do Contido. Obxectivos da materia. Contidos

Similar documents
Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

DATOS IDENTIFICATIVOS

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

Facultade de CC. Económicas e Empresariais

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Guía docente Instrumentos Estatísticos de Investigación Económica

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

OFERTA XERAL DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO. CURSO ELECCIÓN OUTUBRO 2018

Referentes para a avaliación

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Programación de proba libre de módulos profesionais

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Departamento de Musicoloxía

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

A Facultade dispón de Aula de Informática e Aula de Videoconferencia, situadas no bloque E, planta baixa.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

obter grupos de Lie máis interesantes, estudarase S 3 a esfera de dimensión 3 dos cuaternios

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA


O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

UNIVERSIDAD AUTÓNOMA DE NUEVO LEÓN FACULTAD DE INGENIERÍA MECÁNICA Y ELÉCTRICA

OFERTA DE TRABALLOS FIN DE GRAO 2ª CONVOCATORIA CURSO FACULTADE DE MATEMÁTICAS

Mapa de accidentalidade

A NATUREZA DA COMPETENCIA NO MERCADO DE AUDITORÍA: UNHA AVALIACIÓN DA LITERATURA 1

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O relevo e as costas de Galicia

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Facultade de Belas Artes

A Facultade dispón de Aula de Informática e dúas Aulas de Videoconferencia, situadas no bloque E, planta baixa.

Informe mensual do paro rexistrado

Programa docente en créditos ECTS

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Memoria Escola Galega de Administración Pública

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

A Facultade dispón de Aula de Informática e Aula de Videoconferencia, situadas no bloque E, planta baixa.

A máquina de escribir

Á Mesa do Parlamento

TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

Probas dos elementos internos do alternador

Os alumnos/as con ACI non deberán mercar os libros ata setembro

UAV - Unmanned Aerial Vehicles

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Anexo. Detalle das accións

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

OFERTAS DE TRABALLO FIN DE GRAO GRAO EN MATEMÁTICAS CURSO 2012/13

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Laboratorio do Territorio

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Transcription:

Contido Código : G3061105 Nome: Matemáticas para Economistas I Ano Academico : 2012/2013 Créditos ECTS: 6.00 Carácter: Formación básica Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster Profesorado do Contido Nome Categoria Función Mendez Naya,Luciano TIT-UN Profesor/a MIRANDA TORRADO,FERNANDO TIT-UN Profesor/a QUIÑOA LOPEZ,JOSE LUIS CAT-UN Profesor/a Obxectivos da materia Con este programa trátase de introducir ao alumno nos conceptos básicos da Álxebra Matricial e o Cálculo Diferencial dunha variable, con obxecto de dotalo dos instrumentos necesarios para o desenvolvemento daquelas materias que teñan un contido cuantitativo. Contidos Contidos I. ÁLXEBRA LINEAR TEMA I: ESPAZOS VECTORIAIS 1. O espazo vectorial Rn. 2. Dependencia a independencia lineal. 3. Base e dimensión. TEMA II: MATRICES E APLICACIÓNS LINEAIS 1. Revisión de álxebra de matrices: definicións básicas. 2. Operacións con matrices. Rango e inversa dunha matriz. 3. Definición de aplicación lineal. 4. Matriz asociada a unha aplicación lineal. TEMA III: DETERMINANTES 1. Conceptos fundamentais. Propiedades. 2. Inversa dunha matriz. Cálculo. TEMA IV: SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEAIS 1. Introdución. 2. Sistema de Cramer. 3. Sistemas homoxéneos. 4. Caso xeral. II. CÁLCULO DIFERENCIAL TEMA V: O ESPAZO EUCLIDEO N-DIMENSIONAL 1. Produto interior, norma e distancia euclídeas. 2. Nocións topolóxicas en Rn e R. 3. Sucesións de números reais. Límites. 4. Series de números reais. TEMA VI: FUNCIÓNS REAIS DUNHA VARIABLE REAL: LÍMITES E CONTINUIDADE 1. Funcións reais dunha variable real. 2. Concepto de límite dunha función. 3. Operacións con límites e cálculo de límites. 4. Continuidade dunha función. 5. Teoremas específicos de funcións reais de variable real. TEMA VII: FUNCIÓNS DE R EN R DIFERENCIABLES 1. Derivada dunha función nun punto. Interpretación xeométrica da derivada. 2. Cálculo de derivadas. Regras de derivación.

3. Concepto de diferencial dunha función nun punto. 4. Teoremas relativos ás funcións derivables: Rolle, Valor Medio, Regra de L Hopital. 5. Derivadas sucesivas. Funcións de clase n ( Cn ). Fórmula de Taylor. 6. Estudo da curva representativa dunha función: crecemento, decrecemento, extremos, concavidade, convexidade e puntos de inflexión. Bibliografía básica e complementaria Bibliografía básica e complementaria: - Alegre Escolano, P. e outros (1995), Matemáticas empresariales. Ed. AC - Arya, Larner; Matemáticas Aplicadas a la Administración y a la Economía. Ed. Prentice-Hall. - Caballero, R.. e outros (1993). Métodos matemáticos para la Economía. Ed. McGraw-Hill. - Camacho, E. e outros (2005). Fundamentos de Cálculo para Economía y Empresa. Ed. Delta. - Chiang, A.C. (1987). Métodos fundamentales de Economía matemática. Ed. McGraw-Hill. - Jarne, G.; Perz-Grasa, I.; Minguillón, E.(1997): Matemáticas para la Economía. Álgebra Lineal y Cálculo Diferencial. Editorial McGraw-Hill. - López Cachero, M. (1994). Curso básico de matemáticas para la economía y dirección de empresa e mpresas II. Ejercicios. Ed. Pirámide. -Pallas,J; Miranda, F; Ramos, A.; De Miguel, J.C.(2003): Manual de Álgebra Lineal. Tórculo Edicións. - Sydsaeter, K. e Hammond, P. (1998), Matemáticas para el análisis económico. Ed. Prentice-Hall. Nos seguintes libros disporás dunha boa e extensa selección de problemas resoltos de álxebra linear e de cálculo diferencial. -Arvesú, Marcellán, Sánchez; Problemas resueltos de Álgebra Lineal. Ed. Thomson. -Garcís, Ruiz, Saiz; Álgebra. Teoría y Ejercicios. Ed. Paraninfo. - Clavo, Escribano, Fernández y otros; Problemas resueltos de Matemáticas aplicadas a la Economía y la Empresa. Ed, AC. -Aspectos básicos de Matemáticas para la Economía: Un texto virtual y abierto. http://eco-mat.ccee.uma.es/libro/libro.htm Competencias Coñecer os conceptos de álxebra lineal necesarios para a resolución de sistemas de ecuacións lineais e para o desenvolvemento teórico do cálculo diferencial e integral. Manexar e utilizar aplicacións lineais, matrices e determinantes. Comprender os conceptos básicos do cálculo diferencial de funcións dunha variable real e utilizar correctamente o concepto de derivada en aplicacións ao campo da economía. Saber formular e resolver exercicios coas técnicas de álxebra lineal e do cálculo diferencial que aparecen no programa da materia. Metodoloxía da ensinanza As sesións teóricas serán de tipo expositivo e nun grupo grande. As sesións prácticas, en grupos pequenos, serán interactivas e dedicaranse fundamentalmente a resolver exercicios que axuden a comprender e aplicar os conceptos e resultados previamente explicados nas clases teóricas. Estas actividades complementaranse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: búsqueda de material bibliográfico, lectura do mesmo e traballo autónomo que será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Sistema de avaliación da aprendizaxe Os alumnos que asistan a clase con regularidade realizarán tres probas escritas en datas sen determinar. Se a nota media destas probas é maior ou igual que 5 terán aprobada a materia sen necesidade de presentarse ao exame final. Se non superan a materia deste xeito, a nota será a obtida no exame final. Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala Ademais da asistencia ás actividades presenciais, consideramos que se necesita como mínimo 4 horas semanais de traballo

persoal para asimilar os contidos vistos na clase e para facer exercicios; aínda que isto dependerá en gran medida das capacidades e coñecementos previos de cada alumno. Recomendacións para o estudo da materia É convinte que día a día se comprenda o explicado na propia aula ou completando co tempo de repaso que se precise, e coa axuda que se poida recibir tanto do profesor coma dos compañeiros. Debe terse en conta que preguntar na aula as dúbidas que ó alumno lle poidan xurdir durante as explicacións, realizar o traballo e os exercicios propostos, e falar cos profesores e cos compañeiros de calquera cuestión que poida xurdir durante a clase forma parte tanto dos obxectivos do curso como tamén da avaliación. - Débese aprender a diferenciar o que é propiamente estudo e memorización do que é a asimilación e comprensión do explicado. Para dominar os conceptos e as definicións non é suficiente aprendelos de memoria senón que cómpre afondar no seu significado realizando o traballo persoal correspondente. - Os temas que constitúen os diferentes bloques están estreitamente relacionados entre eles e é necesaria que a aprendizaxe sexa progresiva, o que supón a comprensión de conceptos anteriores para poder estudar os novos. - Se o alumno ten dificultade coa formalización matemática dos conceptos, é aconsellable que primeiramente trate de comprendelos intuitivamente para que despois poida familiarizarse coa súa expresión matemática. - Esta materia, e especialmente aqueles conceptos novos que entrañen máis dificultade, debe estudarse con bolígrafo e papel. Consideramos fundamental, para unha axeitada asimilación da materia e o desenvolvemento da intuición, saber escribir correctamente na linguaxe matemática e representar xeometricamente, na medida do posible, todos aqueles conceptos e situacións que se formulen durante o curso. Visualizar xeometricamente calquera novo concepto será dunha grande axuda para a súa comprensión e mellora a capacidade de razoamento lóxico.

Contido Código : G3061110 Nome: Matemáticas para Economistas II Ano Academico : 2012/2013 Créditos ECTS: 6.00 Carácter: Formación básica Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster Profesorado do Contido Nome Categoria Función Mendez Naya,Luciano TIT-UN Profesor/a PEREIRA LOPEZ,XESUS TIT-EU Profesor/a QUIÑOA LOPEZ,JOSE LUIS CAT-UN Profesor/a RAMOS CALVO,AGUSTIN TIT-UN Profesor/a VAZQUEZ RODRIGUEZ,JOSE ANTONIO ASOUX Profesor/a Obxectivos da materia As técnicas de optimización matemática son imprescindibles para a toma de decisións no campo da economía e a empresa. Por este motivo, nesta disciplina desenvólvense os conceptos e as técnicas básicas de optimización matemática co obxectivo de achegar o alumno ao instrumental matemático axeitado para poder abordar un dos problemas máis frecuentes na economía: a asignación eficiente de recursos escasos entre usos alternativos. O temario empeza co estudo das funcións diferenciables, pois o seu manexo é necesario para formular e resolver os problemas de optimización. De seguido, introdúcense os elementos básicos dun problema de optimización e procédese ao seu estudo. A continuación estúdase a integración, ferramenta matemática que o alumno precisa manexar con soltura. Contidos TEMA 1: Funcións reais de varias variables reais: Límites e continuidade 1.1 Funcións escalares e vectoriais. Dominio. Curvas de nivel 1.2 Funcións reais de varias variables. 1.3 Continuidade dunha función real de varias variables Tema 2.- Diferenciación de funcións de varias variables reais 2.1.- Definición de función diferenciable 2.2.- Relación entre continuidade e diferenciabilidade 2.3.- Conceptos de derivada direccional e parcial 2.4.- Vector gradiente Tema 3.- Teoremas relativos á diferenciación 3.1.- Regra da cadea 3.2.- Función homoxénea de grao m. Teorema de Euler 3.3.- Derivadas parciais sucesivas. Exemplos. Matriz Hessiana 3.4.- Teorema de Schwarz 3.5.- Polinomio de Taylor de grao 2 Tema 4.- Convexidade 4.1.- Autovalores, autovectores, polinomio característico e ecuación característica dunha matriz cuadrada. 4.2.- Formas cuadráticas. Concepto e clasificación 4.3.- Conxuntos e funcións convexas 4.4.- Convexidade e diferenciabilidade Tema 5.- Programación estática 5.1.- Presentación formal do problema 5.2.- Tipos de solucións. Solucións óptimas 5.3.- Teorema de Weierstrass 5.4.- Clasificación dos problemas de optimización estática Tema 6.- Optimización sen restricións 6.1.- Condición necesaria para a existencia de extremo local 6.2.- Condición suficiente de óptimo local e global 6.3.- Aplicacións económicas Tema 7.- Optimización con restricións 7.1.- Método dos multiplicadores de Lagrange 7.2.- Condicións necesarias e suficientes para a existencia de óptimo 7.3.- Aplicacións económicas

Tema 8.- Integral de Riemann de funcións dunha variable real 8.1.- Concepto de integral de Riemann 8.2.- Propiedades da integral de Riemann 8.3.- Teorema do valor medio do cálculo integral 8.4.- Regra de Barrow Tema 9.- Cálculo de primitivas 9.1.- Definición de primitiva dunha función 9.2.- Concepto de integral indefinida 9.3.- Cálculo de primitivas Tema 10.- Integral de Riemann para funcións de varias variables 10.1.- Función integrable nun rectángulo 10.2.- Funcións integrables nun conxunto medible 10.3.- Integración reiterada Bibliografía básica e complementaria - Alegre Escolano, P. e outros (1995), Matemáticas empresariales. Ed. AC - Arya, Larner; Matemáticas Aplicadas a la Administración y a la Economía. Ed. Prentice-Hall. - Balbás, A., Gil, J. A., Gutiérrez, S. (1988) Análisis Matemático para la Economía II. Editorial A.C. - Barbolla, R., Cerdá, E. e Sanz, P. (2001), Optimización. Cuestiones, ejercicios y aplicaciones a la economía. Ed. Prentice- Hall. - Barrios García, J. A. e outros (2005), Análisis de funciones en Economía y Empresa. Un enfoque interdisciplinar. Ed. Díaz de Santos. - Borrell, J., (1990) Métodos matemáticos para la economía. Ed. Pirámide. - Caballero, R.. e outros (1993). Métodos matemáticos para la Economía. Ed. McGraw-Hill. - Camacho, E. e outros (2005). Fundamentos de Cálculo para Economía y Empresa. Ed. Delta. - Chiang, A.C. (1987). Métodos fundamentales de Economía matemática. Ed. McGraw-Hill. - Guerrero Casas, F. M. (1994). Curso de optimización: Programación matemática. Ed. Ariel. - López Cachero, M. (1994). Curso básico de matemáticas para la economía y dirección de empresas II. Ejercicios. Ed. Pirámide. - Pérez-Grasa, I., Minguillón, E. e Jarne, G. (2001), Matemáticas para la economía. Programación matemática y sistemas dinámicos. ED. McGraw-Hill. - Sydsaeter, K. e Hammond, P. (1998), Matemáticas para el análisis económico. Ed. Prentice-Hall. Competencias -Coñecer o concepto de diferenciabilidade e utilizar correctamente o concepto de derivada en aplicacións ao campo da economía e a empresa. - Manexar funcións compostas e homoxéneas (especialmente as súas aplicacións ás funcións de produción) como ferramentas indispensables na análise económica. - Coñecer o concepto de convexidade e ser capaces de formular e resolver problemas de optimización. - Aprender as técnicas para o cálculo da integral definida, de maneira que poidan ser empregadas tanto en problemas económicos como noutras materias de índole cuantitativa. Metodoloxía da ensinanza A materia consta de 6 ECTS distribuídos aproximadamente en 12 sesións de clases teóricas de 2 horas cada unha e outras tantas de clases prácticas. As sesións teóricas serán de tipo expositivo e nun grupo grande. A explicación de cada tema do programa por parte do profesor irá precedida dunha presentación-esquema e dos obxectivos que se pretenden conseguir. As sesións prácticas serán interactivas e dedicaranse fundamentalmente a resolver exercicios que axuden a comprender e aplicar os conceptos e resultados previamente explicados nas clases teóricas. Estas actividades complementaranse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: búsqueda de material bibliográfico, lectura do mesmo e traballo autónomo que será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Sistema de avaliación da aprendizaxe O 30% da obterase mediante probas escritas que se realizaran en datas indeterminadas o longo do curso. O 70% restante a partir da realización dun exame final Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala Ademais da asistencia ás actividades presenciais, consideramos que se necesita como mínimo 4 horas semanais de traballo persoal para asimilar os contidos vistos na clase e para facer exercicios aínda que isto dependerá en gran medida das capacidades e coñecementos previos de cada alumno.

Recomendacións para o estudo da materia Os coñecementos previos en moitos casos son imprescindibles para poder seguir as clases. Por isto é importante que antes dunha clase o alumno teña repasado pola súa conta os conceptos que se traballaron na anterior. Se quedan dúbidas e importante consultalas co profesor nas horas de titorías. Non se deben acumular dúbidas pois ao final o único que se consegue é non entender nada e ter moitas dificultades para superar a materia. Levando ao día o traballo resulta moito mais fácil. Ademais, é importante resolver puntualmente os exercicios que se propoñan.

Contido Código : G3061103 Nome: Estatística Económica I Ano Academico : 2012/2013 Créditos ECTS: 6.00 Carácter: Formación básica Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster Profesorado do Contido Nome Categoria Función GONZALEZ MURIAS,PILAR TIT-UN Profesor/a Obxectivos da materia Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da estatística económica descriptiva así como a súa aplicación ao análise dos fenómenos económicos. Realizar análises estatísticos básicos utilizando ferramentas informáticas Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas ao análise de cada fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos. Iniciarse na análise dos datos empíricos da realidade económica (obtención dos datos, análise estatístico, interpretación e fiabilidade dos resultados,...) na presentación formal do traballo realizado. Coñecer e avaliar as principais estatísticas existentes sobre a realidade económica. Desenvolver as capacidades de entendemento, razonamento, crítica e expresión oral e escrita, a través da utilización dun léxico estatístico-económico adecuado. Contidos TEMA 1.- INTRODUCIÓN 1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido 1.2.- Conceptos básicos na Estatística Económica 1.3.- Fontes de datos: especial referencia á mostraxe en poboacións finitas TEMA 2.- ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE 2.1.- Os datos estatísticos e as súas clases 2.2.- Estatísticas derivadas. Distribucións de frecuencias 2.3.- Representacións gráficas 2.4.- Medidas que caracterizan a distribución dunha variable 2.4.1.- Medidas de posición 2.4.2.- Medidas de dispersión 2.4.3.- Medidas de forma 2.5.- Medidas de concentración 2.6.- Momentos en distribucións unidimensionais 2.7.- Aplicacións económicas TEMA 3.- ANÁLISE CONXUNTA DE DÚAS VARIABLES 3.1.- Distribucións bidimensionais de frecuencias. Estudo das súas características 3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas 3.3.- Momentos en distribucións bidimensionais 3.4.- Dependencia e independencia estatística 3.5.- Aplicacións económicas TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN 4.1.- Introdución ás teorías da regresión e correlación 4.2.- Regresión linear simple 4.3.- Correlación entre variables. O coeficiente de correlación linear simple 4.4.- Bondade do axuste dunha regresión. Predicións 4.5.- Axustes non lineares. Elasticidade 4.6.- Aplicacións económicas TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES 5.1.- Definición e clasificación dos números índices 5.2.- Índices de prezos, cantidades e valor 5.3.- Propiedades dos números índices. Participación e repercusión 5.4.- Problemas na elaboración de índices complexos. Cambio de base 5.5.- Deflactación de series económicas 5.6.- Aplicacións económicas. TEMA 6.- ANÁLISE CLÁSICA DAS SERIES TEMPORAIS 6.1.- Compoñentes dunha serie. Esquemas de relación

6.2.- Análise das compoñentes. Desestacionalización 6.3.- Aplicacións económicas TEMA 7.- ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS 7.1.- Índices de Prezos ao Consumo 7.2.- Índice de Prezos Industriais 7.3.- Índice de Produción Industrial 7.4.- Enquisa de Poboación Activa 7.5.- Enquisa de Presupostos Familiares 7.6.- Outros indicadores económicos Bibliografía básica e complementaria CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995) Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid. ESTEBAN GARCÍA, J. y otros (2005). Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial.Teoría y práctica. Thomson, Madrid. MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid. Competencias Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios. Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito económico-empresarial, incorporando na elaboración de xuicios e propostas as consideracións pertinentes sobre súa dimensión social, científica ou ética. Elementos básicos de estatística descriptiva. Identificar as fontes de información económica relevante e seu contido. Metodoloxía da ensinanza Dada a ubicación da materia no primer curso da titulación, prestase especial atención as actividades presenciais. As sesións de aula dedicadas as clases expositivas teñen como obxeto a introducción e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Nas clases interactivas pretendese que os alumnos aprendan a aplicar as técnicas estatísticas ao análise da realidade económica, diferenciando qué tipo de técnica utilizar en cada caso, cómo aplicala e qué conclusións se obteñen da análise realizada. Para elo, proporanse problemas e actividades que os alumnos deberán resolver individualmente e/ou en grupos reducidos, fomentando a cooperación e o traballo en equipo. Estas prácticas interactivas se verán complementadas coa realización de prácticas con ordenador, co obxeto de adquirir habilidades de manexo de follas de cálculo e paquetes estatísticos de gran utilidade para a análise de datos. A través das titorías damos aos alumnos asesoramento continuo dos profesores para o desenvolvemento das actividades propostas, moitas delas a realizar de forma autónoma polo alumno/a, así como atender calquer dúbida relacionada coa materia. As actividades programadas para ser realizadas autónomamente polo alumnado pretenden a súa iniciación na análise empírica dos fenómenos da realidade socioeconómica actual, dende un proceso de autoaprendizaxe titorizado, así como a adquisición de habilidades para elaborar e presentar os resultados dos estudios realizados. Sistema de avaliación da aprendizaxe Sistema de avaliación da aprendizaxe A avaliación da materia poderá ser de dúas formas diferentes e alternativas: Opción 1: avaliación mixta - O 80% é avaliación mediante exame escrito. - O 20% restante é avaliación continua en base as actividades feitas na aula (controis, resolución de exercicios na clase,...), que supoñen a asistencia regular as aulas para poder participar en todas elas. Opción 2: avaliación única Consta dun exame escrito sobre o contido, tanto teórico como práctico, da materia segundo o programa e explicacións de clase. Para seguir esta opción todos os alumnos ou alumnas interesadas deben expresalo mediante escrito asinado que debe entregarse antes do 10 de outubro. Se non se entrega en tempo e forma, suponse que segue a opción 1. Para aprobar, por calquera das opcións, hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis. A 2ª etapa de avaliación, a extraordinaria de xullo, faráse para cada alumna ou alumno segundo a opción pola que houbese optado ao inicio do curso. Aos exámes hai que traer un documento identificativo de carácter oficial: DNI, Tarxeta Universitaria, pasaporte, etc. O exame final ten lugar na data e hora que fixa a Facultade.

Os controis de avaliación continua faranse no transcurrir das clases e non teñen máis avisos que as posibles indicacións que se podan dar nelas. Outros matices sobre istos criterios básicos poden darse nas clases. Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala A materia ten unha carga de 6 créditos ECTS, e como cada crédito estímase en 25 horas de traballo para o alumno, a carga total é de 150 horas repartidas entre horas de clase, tempo de traballo personal, horas de titorías e horas de avaliación. As horas de clase repártense entre horas de expositiva (en grupos máis grandes), horas de interactiva (grupos máis pequenos) segundo o horario da Facultade. O tempo de traballo personal é o que en media o alumno ten que dedicar de xeito autónomo para conquerir o aprendizaxe: preparación de clases, estudio, resolución de exercicios. O alumno pode acudir a profesora para resolver dudas, buscar orientación nas activdades da materia, etc. no tempo das titorías. Recomendacións para o estudo da materia A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que ista é na que se expresa a Estatística. Neste senso o alumno/a ten que facer un esforzo ao comenzo do curso habituándose ao emprego dunha linguaxe precisa. O alumno/a debe adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos en outras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia. Observacións A información complementaria para seguir a materia indicarase na clase.

Contido Código : G3061224 Nome: Estatística Económica II Ano Academico : 2012/2013 Créditos ECTS: 6.00 Carácter: Obrigatorio Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster Profesorado do Contido Nome Categoria Función CHAS AMIL,MARIA LUISA TIT-UN Profesor/a RIVERA FERNANDEZ,MIGUEL ANGEL ASOUX Profesor/a Obxectivos da materia A inferencia estatística aborda técnicas de grande utilidade no ámbito económico-empresarial, dado que permite obter conclusións válidas sobre o comportamento poboacional a partir de datos mostrais. O obxectivo básico desta materia é que o/a alumno/a coñeza os fundamentos e aplicacións das técnicas de inferencia estatística, así como da teoría da probabilidade e modelos de distribución. Que sexa quen de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada fenómeno e de interpretar os resultados obtidos, iniciándose na análise empírica dos fenómenos da realidade económica e empresarial. Contidos TEMA 1 PROBABILIDADE 1.1 Teorías da probabilidade en estatística: clásica, frecuentista, subxectiva e axiomática. Axiomas de Kolmogorov 1.2 Probabilidade condicionada, conxunta e total. Teoremas. 1.3 Teorema de Bayes 1.4 Independencia de acontecementos. TEMA 2 DISTRIBUCIÓN DE PROBABILIDADE 2.1 Variables aleatorias: discretas e continuas. 2.2 Distribución de probabilidade dunha variable aleatoria. 2.3 Características asociadas ás variables aleatorias. Esperanza, momentos. 2.4 Xeralización ó caso bidimensional e multidimensional. TEMA 3 MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS 3.1 Distribución binomial. 3.2 Distribución de Poisson. 3.3 Distribución normal e normal bivariante. 3.4 Distribucións derivadas da normal: chi cadrado, t, F. TEMA 4 INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA 4.1 Inferencia Estatística: poboacións e mostras aleatorias. 4.2 Estatísticos e estimadores. 4.3 Teorema Central do Límite. 4.4 Distribución da media, varianza e proporción mostrais. TEMA 5 ESTIMACIÓN 5.1 Estimación. Propiedades dos estimadores puntuais 5.2 Métodos de estimación puntual: Método dos momentos e de máxima verosimilitude. 5.3 Estimación por intervalo: Métodos de construción de intervalos de confianza. Intervalos de confianza en poboacións normais. TEMA 6 CONTRASTE DE HIPÓTESES 6.1 Conceptos básicos: tipos de hipóteses, rexión crítica e rexión de aceptación, tipos de erros, potencia do contraste. 6.2 Metodoloxía do contraste de hipóteses. 6.3 Algúns contrastes paramétricos. Bibliografía básica e complementaria Básica Canavos, G.C. (1997). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. Ed. McGraw Hill. Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo, J.A. Sanz. (1994): Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel. Gonick, L. e W. Smith. (2000). Á estatística!en caricaturas!. SGAPEIO. Lind, D.A.; Marchal, W.G. e Wathen, S.A. (2012, 2008): Estadística Aplicada a los Negocios y a la Economía. Ed. McGrawHill. Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1995): Estadística II: Inferencia. Ed. AC. Esta materia contará con materiais elaborados polo profesorado, a disposición do alumnado no CURSO VIRTUAL da materia. http://www.usc.es/campusvirtual/ Complementaria Anderson, D. R.; Sweeney, D.J. e Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed. Berenson, M.L. e Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.

Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces. Durá Peiró, J.M. e J.M. López Cuñat. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ed. Ariel. Freund, J.E.; Miller, I. e Miller, M (2000): Estadística Matemática con aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ed. Ariel. Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. Ed. Mc Graw-Hill. Levin, R.I. e Rubin, D.S. (1996): Estadística para Administradores. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall. Martín Pliego, F.J. e L. Ruiz-Maya. (2006): Fundamentos de Probabilidad (2ª edición). Ed. Thomson-Paraninfo. Newbold, P. (1998): Estadística para los negocios y la economía. Ed. Prentice Hall. Novales Cinca, A. (1998): Estadística y Econometría. Ed. McGraw Hill. Peña, D.; Romo, j. (1997): Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Ed. McGrawHill. Ruiz-Maya, L. e F.J. Martín Pliego. (2004): Fundamentos de Inferencia Estadística (2ª edición). Ed. AC. Sarabia Alegria, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Ed. Civitas. Spiegel, M.R.; Schiller, J. e Alu Srinivasan, R. (2010): Probabilidad y Estadística. Ed. McGraw-Hill. Triola, M.F. (2004): Estadística. Pearson Educación. Websterm A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Ed. Irwin. Libros de exercicios Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Ed. Parramón. Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Ed. Parramón. Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ed. Ariel. Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. Ed. AC. Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. Ed. AC. Parra Frutos, I. (2003): Estadística Empresarial con Microsoft Excel. Problemas de Inferencia Estadística. Ed. AC Competencias Familiarizarse coa teoría do cálculo de probabilidades e a súa aplicación empírica. Aprender o significado empírico e a utilidade instrumental que nos achega o concepto de variable aleatoria e a súa distribución para a análise dos fenómenos empíricos. Coñecer a existencia, manexo e utilidade instrumental dos modelos teóricos de probabilidade máis importantes. Ser quen de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos. Realizar análises estatísticas básicas utilizando ferramentas informáticas. Coñecer os fundamentos e a grande potencialidade das técnicas inferenciais para a análise dos fenómenos empíricos. Isto é, ser quen de identificar e aplicar as ferramentas estatísticas que, a partir dunha mostra, permiten estimar e contrastar características poboacionais de interese. Metodoloxía da ensinanza O curso desenvólvese combinando docencia expositiva e docencia interactiva, complementadas ambas por titorías. Dada a ubicación da materia no segundo curso da titulación e as características dos/as alumnos/as, préstase especial atención ás actividades presenciais. As sesións de aula adicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionándolle información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Nas clases interactivas preténdese que os/as alumnos/as aprendan a aplicar as técnicas estatísticas á análise da realidade económica e empresarial, diferenciando qué tipo de técnica utilizar en cada caso, cómo aplicala e qué conclusións se obteñen da análise realizada. Para isto, proporanse problemas e actividades que os alumnos deberán resolver individualmente e/o en grupos reducidos, fomentando a cooperación e o traballo en equipo. As actividades programadas para ser realizadas autonomamente polo alumnado pretenden a súa iniciación na análise empírica dos fenómenos da realidade socioeconómica actual, dende un proceso de autoaprendizaxe titorizado, así como a adquisición de habilidades para elaborar e presentar os resultados dos estudios realizados. Sistema de avaliación da aprendizaxe O/a alumno/a deberá optar ó inicio do semestre (e sempre antes do 15 de outubro) entre un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. O profesorado da materia recomenda seguir o sistema de avaliación continua. AVALIACIÓN ORDINARIA DE XANEIRO Propóñense dúas vías alternativas para superar a materia: 1.- Sistema de avaliación única: O alumnado obterá a cualificación final en base ao exame oficial final, coa salvedade de que para superar a materia o/a alumno/a necesita obter unha cualificación mínima en cada bloque (bloque 1: temas 1-3, bloque 2: temas 4-6) de 1,5 puntos sobre 10, sendo a suma dos dous bloques maior ou igual a 5 puntos sobre 10. 2.- Sistema de avaliación continua. Avaliarase o traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación na clase, resultados das distintas probas, traballo aplicado. Os instrumentos avaliativos e o seu peso na nota final son como segue: Actividades: Traballos para entregar (lecturas, prácticas de ordenador, resolución de exercicios, etc) 30% Exames: 70% - Exame parcial, aproximadamente na primeira quincena de novembro, que abarcará o primeiro bloque da materia (bloque 1: temas 1-3). No caso de ser superado (mínimo 5 puntos sobre 10) liberará materia dentro da mesma convocatoria. - Exame final (mínimo 4 puntos sobre 10) Para seguir o sistema de avaliación continua é obrigatoria a asistencia a clases interactivas (mínimo 80%) e a realización das tarefas propostas (actividades /traballos /exercicios/...).

As cualificacións obtidas por avaliación continua e polo/s exames teranse en conta para a obtención da nota final que deberá ser maior ou igual a 5 para superar a materia. O/a alumno/a que opte polo sistema de avaliación continua deberá manterse neste sistema na avaliación ordinaria de xaneiro (isto é, seleccionado o sistema de avaliación continua antes do 15 de outubro, en xaneiro a puntuación por exames será do 70% da cualificación total). AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE XULLO O/A alumno/a de avaliación continua poderá optar por manterse neste sistema ou cambiar ao sistema de avaliación única. No momento do exame, cada alumno/a fará constar se se mantén no sistema de avaliación continua (o exame puntuará sobre 7 puntos) ou se opta polo de avaliación única. Neste último caso, para superar a materia o/a alumno/a necesitará obter unha cualificación mínima en cada bloque (bloque 1: temas 1-3, bloque 2: temas 4-6) de 2 puntos sobre 10, sendo a suma dos dous bloques maior ou igual a 5 puntos sobre 10. Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Docencia expositiva 31h Docencia interactiva 17h Titorías 3h Avaliación 5h Total horas traballo presencial na aula 56h TRABALLO PERSONAL DO/A ALUMNO/A Estudo autónomo individual ou en grupo 69h Realización das tarefas encomendadas 25h Total horas traballo persoal 94h TOTAL HORAS DE TRABALLO DO/A ALUMNO/A 150H Recomendacións para o estudo da materia - Ter superada as materias Estatística Económica I e Matemáticas para Economistas I e II. - Traballar na materia a diario para poder aproveitar as clases, tanto para seguir a materia como para expoñer as dúbidas na aula ou en titorías. Observacións Nesta materia avógase moi especialmente por un sistema de avaliación continua no que, de forma continuada, os alumnos vaian adquirindo os coñecementos teóricos e prácticos, así como que sexan quen de pór en práctica o aprendido realizando análises estatísticas con datos reais. Este obxectivo, ó que contribúen maiormente as actividades de avaliación continua programadas, implica un nivel de dedicación horaria profesor/alumno moi superior ó requirido dende o sistema tradicional (pre-eees), polo que se o número de alumnos supera de forma significativa o tamaño estándar dos grupos de clase interactiva (20 alumnos/grupo), a aplicación deste sistema de avaliación continua trocaríase máis e máis inviable a medida que o nº de alumnos aumente. Por isto, de ser o caso, as tarefas deseñadas para a avaliación continua (en especial, as prácticas e probas con ordenador, ), así como a súa puntuación, poderían verse reducidos na medida que o tamaño dos grupos faga inviable a aplicación deste sistema.

Contido Código : G3061101 Nome: Principios de Economía Ano Academico : 2012/2013 Créditos ECTS: 6.00 Carácter: Formación básica Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster Datas de Aprobación Data aprobación Fundamentos da Análise Económica: 24/07/2012 Profesorado do Contido Nome Categoria Función ARJONA BEJAR,LUIS ENRIQUE TIT-UN Profesor/a DIAZ VAZQUEZ,MARIA DEL PILAR TIT-UN Profesor/a Obxectivos da materia O curso ten como propósito introducir o alumno aos conceptos e ao método de análise da economía e capacitalo para aplicar o razoamento económico no estudo de problemas de asignación de recursos ao nivel dos axentes económicos individuais, dos mercados e da economía no seu conxunto. En liña con este propósito xeral, o curso persegue os seguintes obxectivos específicos. Primeiro, que o alumno adquira unha perspectiva ampla das cuestións que aborda a economía. Segundo, que coñeza os conceptos, modelos e resultados básicos que se empregan en cada unha das distintas áreas da economía. Finalmente que, mediante o emprego de modelos sinxelos, o alumno se familiarice coas ferramentas e o método de análise da economía así como coa súa aplicación á análise do comportamento do consumidor e da empresa e ao estudo do funcionamento das economías de mercado. Contidos Definición de economía. Conceptos básicos: escaseza, custo de oportunidade, elección racional, equilibrio, eficiencia. Demanda e oferta. Mercados e intervención pública. Variables e conceptos macroeconómicos. Determinación dá renda. Políticas macroeconómicas. Bibliografía básica e complementaria Bibiografía básica: Begg, D., Fischer, S. y Dornbusch, R. (2006), Economía, 8a. edición, McGraw-Hill. Krugman, P., Wells, R. y Olney, M. (2012), Fundamentos de Economía. 2ª edición, Ed. Reverté. Samuelson, Paul y Nordhaus, William. (2006), Economía. 18a. edición, McGraw-Hill Bibliografía complementaria: Graue, Ana. (2009). Fundamentos de Economía. Pearson. Lipsey, Richard y Chrystal, Alec. (1999), Introducción a la Economía Positiva. 13a. edición, McGraw-Hill. Mankiew, N. G. (2008), Principios de Economía. 4a. edición, Thompson Paraninfo. Mochón, Francisco y Castejón Rafael. (2005), Economía, Teoría y Política. 5a. edición, McGraw-Hill Phelps, Edmund S. (1993). Economía política : un texto introductorio, Antoni Bosch, Barcelona Tugores J. y otros (1993) Introducción a la Economía. Problemas y Cuestiones. 2ª edición. Vincens Vives. Stiglitz, Joseph. y Walsh, Carl. (2009), Microeconomía. Barcelona, 4ª edición. Editorial. Ariel Stiglitz, Joseph y Walsh, Carl. (2004), Macroeconomía. Barcelona, 3ª edición. Editorial. Ariel Zabaleta,A. y Castejón, R. (2009). Introducción a la Economía. 2ª edición. Prentice-Hall. Competencias Competencias da titulación ás que contribúe a materia:. Posuír os coñecementos analíticos básicos para estudar economía e adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando.. Coñecer e comprender analiticamente a nivel básico o concepto de escaseza e a asignación de recursos, o sistema de

prezos, así como o papel que xogan na economía tanto os mercados e dos gobernos en economía.. Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado coma no público.. Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.. Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.. Capacidade de análise e síntese.. Estimulación intelectual. Competencias específicas da materia:. Familiaridade co método económico.. Coñecemento dos conceptos básicos da análise económica: racionalidade, mercados e goberno.. Aplicación da análise económica a problemas actuais.. Capacidade de identificación dos principios fundamentais da análise económica que caracterizan aos problemas económicos reais.. Capacidade de redución dos problemas económicos reais a representacións simplificadas (modelos) sobre a base dos conceptos básicos da análise económica.. Manexo das ferramentas básicas para a análise de modelos formais: Uso tanto da matemática elemental coma do razoamento lóxico e a representación gráfica, na análise de problemas económicos.. Comprender analiticamente as teorías do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.. Definición e medición de variables económicas como produción, emprego e inflación. Metodoloxía da ensinanza As clases de encerado en grupo grande serán clases expositivas que consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de xeito simplificado a realidade usando os conceptos de equilibrio de mercado e comportamento racional dos axentes económicos. Utilizando as ferramentas matemáticas e a dedución lóxica, explicarase como levar a cabo análise económica utilizando estes modelos para comprender ou economía real. As clases de encerado, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito mostrar ao alumno o método e a forma en que traballa un analista económico. Habilidades que o alumno terá que poñer posteriormente en práctica nas clases en grupo reducido e o tempo dedicado a traballar de xeito autónomo. As clases de encerado en grupo reducido estarán destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar caso e exemplos que ilustren as teorías. Esta sesións tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas formuladas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análises introducidas nas clases expositivas en grupo grande. Nestas sesións tamén se inclúen probas de avaliación se as houber. Nas titorías dáse orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso. Sistema de avaliación da aprendizaxe A avaliación de cada materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúa a materia así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía específica ou a participación activa. A avaliación final estará composta por un 30 % de avaliación continua e un 70% que inclúe o exame final e a posibilidade de exame parcial e/ou traballo final. Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala Ademais das 50 horas de traballo presencial, o alumno deberá dedicar 100 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e traballos, a análise de casos, e a preparación de presentacións orais. Recomendacións para o estudo da materia Recomendacións previas: álxebra e cálculo a nivel de Bacharelato. Destreza no razoamento dedutivo e indutivo. Observacións Na nota final do curso só consideraranse como "non presentados" aqueles alumnos que non se presenten a ningunha das actividades académicas avaliables conforme ao establecido na guía docente. O "non presentado" e todo o relativo ao esgotamento de convocatorias se rexe polo establecido no DOG Número 136 do 17 de xullo de 2012.

Contido Código : G3061106 Nome: Microeconomía I Ano Academico : 2012/2013 Créditos ECTS: 6.00 Carácter: Formación básica Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster Datas de Aprobación Data aprobación Fundamentos da Análise Económica: 24/07/2012 Profesorado do Contido Nome Categoria Función RODRIGUEZ SAMPAYO,ANTONIO PC-DOU Profesor/a TRELLES GONZALEZ,RAFAEL INTV-T3 Profesor/a Obxectivos da materia No curso de Microeconomía preténdese ofrecer unha visón completa, pero alcanzable, dos procesos de elección dos axentes económicos e do funcionamento dos mercados en equilibrio parcial. Isto supón, en primeiro lugar, analizar a conduta das unidades económicas individuais, é dicir, o proceso de toma de decisións económicas, facendo fincapé nos obxectivos e restricións. De seguido, trátase de explicar cómo se resolve o problema da distribución de bens e servizos, mediante a interacción no mercado de axentes económicos individuais que actúan racionalmente. Neste contexto, os conceptos de racionalidade, restricións e equilibrio constitúen os principios organizadores da análise. Nesta materia estudaremos os procesos de toma de decisión dos consumidores e produtores así como o funcionamento do mercado para a determinación de prezos e cantidades de bens e servizos intercambiados consumidas e producidas. Cabe sinalar que a análise do funcionamento dos mercados farémola dende unha perspectiva de equilibrio parcial, analizando o funcionamento dun mercado ou, como moito, algúns aspectos da interacción que se produce entre un número reducido de mercados, quedando para cursos posteriores a análise da interacción dos diferentes mercados que constitúen unha economía, perspectiva coñecida como de equilibrio xeral. A análise do funcionamento dun mercado realizarase tanto dende unha perspectiva positiva como normativa. Dende un punto de vista positivo, partindo dunha serie de supostos sobre o comportamento dos axentes produtores e consumidores, así sobre o funcionamento do mercado, do que se trata é de determinar os prezos e a cantidade vendida, así como as variacións nos prezos e nas cantidades cando varían algún dos elementos do entorno (renda dos consumidores, melloras tecnolóxicas, número de produtores, horizonte da análise, etc.). Dende un punto de vista normativo, faremos unha análise sobre a capacidade dun mercado para xerar benestar nos axentes que nel participan. Esta análise desenvólvese en torno ao concepto de eficiencia e serve para analizar a capacidade dos mercados para xerar benestar. Isto permitiranos comparar dúas estruturas de mercado absolutamente opostas en termos de benestar, como son a competencia perfecta e o monopolio, deixando para cursos posteriores a análise de estruturas de mercado intermedias. Outro obxectivo, neste caso transversal, é familiarizar ó alumno co uso dos modelos e as técnicas da microeconomía na análise dos problemas de elección, de funcionamento dun mercado e da análise do benestar derivado das transaccións. Faremos énfase na comprensión dos problemas a través do uso de modelos matemáticos e abordaremos a análise mediante a álxebra, o cálculo, o razoamento lóxico e gráfico. Aínda que o que se pretende e ir ao cerne dos problemas, sintetizando e simplificando a súa presentación co fin de poder extraer e comprender os elementos esenciais, continuamente presentaremos exemplos e exercicios cos que ilustrar as teorías. Contidos Tema 1: O consumidor racional. Restricións e preferencias (6 horas) 1.1 A restrición orzamentaria do consumidor 1.2 As preferencias do consumidor 1.3 Preferencias e función de utilidade 1.4 As curvas de indiferenza 1.5 Exemplos de preferencias: bens substitutivos, complementarios, neutrais, males e bens discretos 1.6 Exemplos de funcións de utilidade Tema 2: Elección óptima e demanda (10 horas) 2.1 A maximización da utilidade 2.2 Variacións na renda e elección óptima. Curva de Engel 2.3 Variacións nos prezos e elección óptima. Ecuación de Slutsky 2.4 Oferta de traballo 2.5 Medición do benestar do consumidor: excedente do consumidor, variación compensatoria e variación equivalente 2.6 A demanda de mercado Tema 3: Elección intertemporal (4 horas) 3.1 Restrición orzamentaria intertemporal 3.2 As preferencias sobre o consumo intertemporal

3.3 Elección consumo aforro 3.4 Variacións nos tipos de xuro e nos prezos Tema 4: Tecnoloxía e produción (3 horas) 4.1 Restricións tecnolóxicas da empresa. Función de produción 4.2 Propiedades da tecnoloxía 4.3 Produto marxinal e relación técnica de substitución. 4.4 Curto e longo prazo. Rendementos de escala Tema 5: A minimización de custos e as curvas de custos (6 horas) 5.1 Minimización de custos no longo prazo 5.2 Minimización de custos no curto prazo 5.3 Función de custos e rendementos de escala 5.4 Curvas de custos medios e marxinais no curto prazo 5.5 Curvas de custos medios e marxinais no longo prazo. Relación coas curvas de custos de curto prazo Tema 6: Maximización de beneficios, oferta da empresa, oferta da industria e equilibrio en competencia perfecta (10 horas) 6.1 A decisión de oferta de unha empresa competitiva no curto e no longo prazo 6.3 A oferta da industria e o equilibrio de mercado na industria no curto prazo 6.4 A oferta da industria e o equilibrio de mercado na industria no longo prazo 6.5 Excedente do produtor. A eficiencia de Pareto en equilibrio parcial e a súa relación co equilibrio 6.6 Incidencia impositiva en equilibrio parcial Tema 7: Monopolio (6 horas) 7.1 A maximización de beneficios dun monopolio 7.2 Monopolio e eficiencia 7.3 Monopolio natural 7.4 Discriminación de prezos 7.5 Efectos da competencia imperfecta no mercado de produto sobre os mercados de factores 7.6 O monopsonio Bibliografía básica e complementaria Bibliografía básica Varian, H. (2011), Microeconomía Intermedia. 8ª edición. Barcelona: Antoni Bosch. Bibliografía complementaria Bergstrom, T. y H. Varian (1999): Ejercicios de Microeconomía Intermedia. 5ª edición, Antoni Bosch. Carrasco, A. De la Iglesia, C., E. Gracia, E. Huergo y L. Moreno (2003), Microeconomía Intermedia: Cuestiones y problemas. Madrid: McGraw Hill. Gravelle, H. y R. Rees (2005), Microeconomía. 3ª edición. Madrid: Pearson Educación. Nicholson, W. (2004): Teoría microeconómica. Principios básicos y aplicaciones. 8ª edición. Madrid: Thomson Editores. Varian, H. (1993): Análisis Microeconómico. 3ª edición. Barcelona: Antoni Bosch. Competencias a. Xenéricas Coñecer e comprender a problemática da escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da produción, o equilibrio competitivo nos mercados de bens e de factores e o equilibrio nos mercados non competitivos. Coñecer e comprender os fundamentos teóricos da toma de decisións. Capacidade para achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica. Capacidade para avaliar consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos. Habilidades necesarias para a resolución de problemas. Habilidade para o traballo en equipo. b. Específicas da materia Manexo das ferramentas fundamentais da análise económica. Coñecemento dos elementos fundamentais da conduta dos distintos axentes económicos. Coñecemento dos mecanismos básicos da interacción dos axentes nos mercados. Aplicación de modelos formais ás cuestións económicas que permitan unha análise cuantitativa. Metodoloxía da ensinanza As aulas de pizarra en grupo grande serán expositivas e consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán dedicadas a representar e explicar de forma simplificada a realidade económica, usando os conceptos de equilibrio e racionalidade individual. Usando as ferramentas matemáticas de álxebra, cálculo e teoría de xogos, así como a dedución lóxica, explicarase como facer análise económica usando estes modelos para entender a economía real. As aulas de pizarra, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito amosarlle ao estudante o método e a forma como traballa un analista económico. Estas habilidades terán que ser postas en práctica polos estudantes posteriormente nas aulas interactivas e durante o tempo dedicado a traballar de forma autónoma. As aulas interactivas están destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios, e a analizar casos e