RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 14/2008. PROCURADORA DA ESTRADA.

Similar documents
ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Á Mesa do Parlamento

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO


(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

FUNDAMENTOS DEL MANAGEMENT DEL DISENO (SPANISH EDITION) BY KATHRYN BEST

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

Consello Editorial. Comité Científico

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Proxecto 2016 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016 Memoria I

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

RELACIÓN DE ACORDOS ADOPTADOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO 26 DE FEBREIRO DE 2016

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

18/18.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 DE ABRIL DE 2018

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de novembro de 2017

Mapa de accidentalidade

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

AYUNTAMIENTOS. 4 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 Miércoles 11 enero 2006 V I G O ANUNCIO

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

DE LA PROVINCIA DE LUGO

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

Memoria Escola Galega de Administración Pública

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

DE LA PROVINCIA DE LUGO

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Informe mensual do paro rexistrado

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

ECONOMÍA APLICADA 13

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 9 de marzo de 2018

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

Transcription:

RESOLUCIÓN DE ARQUIVO EXP. RA 14/2008. PROCURADORA DA ESTRADA. Pleno Sres.: D. José Antonio Varela González, Presidente D. Alfonso Vez Pazos, Vogal En Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2008. O Pleno do Tribunal Galego de Defensa da Competencia, coa composición indicada máis arriba e sendo Relator D. José Antonio Varela González, presidente do Tribunal, ditou a seguinte resolución no Expediente RA 14/2008. Procuradora da Estrada (Expediente 14/2008, do Servizo Galego de Defensa da Competencia) tras examinar a proposta de non incoación do citado Servizo. ANTECEDENTES DE FEITO 1.- Con data 10 de xullo de 2008, tivo entrada no Servizo Galego de Defensa da Competencia (SGDC, en diante), procedente do Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC, en diante), a denuncia presentada por D. C. I. M., en relación con posibles prácticas monopolistas dos procuradores dos Tribunais. 2.- Ao abeiro do disposto no artigo 25 do Real Decreto 261/2008, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de defensa da competencia, con data 31 de xullo de 2008, o SGDC solicitou ao interesado información adicional que permitira considerar o seu escrito como denuncia. En concreto, solicitoulle que achegara a seguinte información: 1. Nome ou razón social e domicilio dos denunciados. É dicir, deberá indicar qué persoas ou entidades concretas son obxecto da denuncia. 2.Feitos (concretos) dos que se deriva a existencia dunha infracción e probas, de se-lo caso, destes.

3. Xustificación dos seus intereses lexítimos para ser considerado interesado, de acordo co artigo 31 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 3.- Con data 21 de agosto o SGDC recibiu a resposta do denunciante, na que identificaba como denunciada a dona M. M.-B. G., procuradora, aportando o seu enderezo. Os motivos da denuncia, tal e como se recollen no Informe-proposta elaborado polo SGDC, eran os seguintes: Nas prefacturas achegadas pola procuradora cítanse artigos e importes, pero non se especifica o traballo desenvolto, nin que táboas de honorarios utiliza a procuradora nin como fai o cálculo das cantidades. Non ter recibido facturas polas cantidades de diñeiro entregadas polo denunciante. Imposición obrigatoria e preceptiva dun profesional (enténdese que se está a referir ós procuradores que deben intervir imperativamente nos procedementos xudiciais) e improcedencia do cadro de aranceis, honorarios ou tarifas. Improcedencia da xura de contas dos procuradores, xa que, ó seu entender, vulnera os principios constitucionais de igualdade, tutela xudicial efectiva e legalidade. 4.- Do expediente despréndese que o que se denuncia e a conduta individual dunha procuradora en relación ao cobro duns honorarios, así como a imposición legal, que da lugar a unha práctica monopolista. 5. Tras examinar a documentación, o 9 de outubro de 2008 o SGDC procedeu a realizar o trámite correspondente á determinación da competencia para a resolución do caso, segundo o previsto na Lei 1/2002, do 21 de febreiro de coordinación de competencias del Estado e as comunidades autónomas en materia de defensa da competencia. O SGDC considera que a conduta denunciada non afecta a un ámbito superior ao da Comunidade Autónoma de Galicia. 6.- Con data 23 de outubro de 2008, a Dirección de Investigación da Comisión Nacional da Competencia (en diante CNC), recoñece a competencia dos órganos galegos, se ben sinala:

Sin embargo, en lo que se refiere a la posible impugnación de la normativa reguladora de la actividad de los procuradores, se trataría de un tema de ámbito nacional para el que esa CCAA no sería competente, tratándose un tema además que ya está siendo objeto de análisis por Dirección de Promoción de la Competencia de la Comisión Nacional de la Competencia a instancia del Consejo de la misma por Resolución de 28 de junio de 2008 (Expediente S/0022/07 procurador Madrid) [...] 7.- Na súa proposta, o SGDC considera que a conduta individual da procuradora denunciada non pode incorrer na prohibición do artigo 1.1 LDC, xa que este artigo prohibe todo acordo, decisión ou recomendación colectiva, ou práctica concertada ou conscientemente paralela que teña por obxecto, produza ou poida produci-lo efecto de impedir, restrinxir ou falsea-la competencia en todo ou parte do mercado. E neste sentido, o SGDC sinala textualmente: O extinto Tribunal de Defensa da Competencia e a Comisión Nacional da Competencia, da Administración Xeral do Estado, manifestaron que La convergencia de comportamientos plurales es condición indispensable para que una determinada conducta pueda incurrir en la prohibición del artículo 1 de la Ley de Defensa de la Competencia, ya que el mismo veta las conductas colusorias, es decir, las consistentes en un acuerdo de voluntades entre dos o más agentes económicos con el propósito, el efecto o la aptitud de afectar negativamente a la libre competencia, lo que no sucede cuando los hechos son fruto exclusivo de la voluntad y de la conducta unilaterales de la parte a la que se atribuyen. En este sentido, el tribunal ha mantenido reiteradamente el principio básico de que las disposiciones del artículo 1 de la Ley de Defensa de la Competencia son aplicables exclusivamente a los acuerdos bilaterales o plurilaterales, pero no a las decisiones que, cualquiera que sea su manifestación formal, sean adoptados por un solo sujeto (resoluciones dictadas en los expedientes r 374, r 397 y r 538, entre muchas otras y, en el mismo sentido, Sentencia de la Audiencia Nacional de 22 de septiembre de 2003) [Resolución expediente 596/05, Fabricación máquina herramienta, e Resolución expediente S/0022/07, Procurador Madrid]. 8.- Respecto á práctica monopolística á que se refire o denunciante, o Servizo considera que: pode considerarse unha práctica plural se ben, como se ten recollido no punto 6, este aspecto ten dimensión

española e xa está a ser analizado pola Dirección de Promoción da citada Comisión Nacional da Competencia a instancia do seu Consello. 9.- En coherencia co anteriormente argumentado, o SGDC remite ao TGDC, con data 24 de outubro de 2008 (entrada no TGDC o 28 de outubro de 2008), en aplicación do artigo 49.3 da Lei 15/2007, a súa proposta de non incoar expediente sancionador, co correspondente arquivo da denuncia. 10.- Este Tribunal deliberou e pronunciouse sobre o asunto na súa reunión do 11 de novembro de 2008. FUNDAMENTOS XURÍDICOS PRIMEIRO.- A Lei 15/2007, de Defensa da Competencia (LDC en diante), estabece no artigo 49.3 que o Consello da Comisión Nacional de Competencia poderá acordar non incoar os procedementos derivados da presunta realización de condutas prohibidas polos artigos 1, 2 e 3 LDC, e o arquivo de actuacións cando considere que non hai indicios de infracción da Lei. En virtude da Disposición Adicional Oitava da mesma Lei 15/2007, esta facultade está atribuída tamén aos órganos de resolución das Comunidades Autónomas con competencia na materia, no caso de Galicia, este Tribunal. SEGUNDO.- O SGDC propón a non incoación do expediente argumentando que a conduta considerada constitúe un comportamento unilateral da denunciada, que se atopa fora do campo de aplicación do artigo 1.1 LDC, pois o que se denuncia é unha discrepancia no custo dos servizos prestados pola procuradora no marco da relación profesional/cliente, que ten os seus propios mecanismos de solución, aínda que sexan cuestionados polo denunciante. O TGDC está de acordo coa apreciación do Servizo, xa que na conduta considerada non se identifican indicios de acordo, decisión ou recomendación colectiva, ou práctica concertada ou conscientemente paralela. Por outra banda, tampouco se aprecian indicios de prácticas que vulneren o artigo 2 e o artigo 3 LDC. Consecuentemente, no caso

hipotético de que tal conduta infrinxira algunha norma, non corresponde a este Tribunal a súa avaliación. TERCEIRO.- Respecto da denuncia relativa ao marco normativo, o artigo 4.1. LDC sinala que: Sen prexuízo da eventual aplicación das disposicións comunitarias en materia de defensa da competencia, as prohibicións deste capítulo non se aplicarán ás condutas que resulten da aplicación dunha lei. Neste punto, no escrito denúnciase, por unha banda, a Imposición obrigatoria e preceptiva dun profesional (enténdese que se está a referir ós procuradores que deben intervir imperativamente nos procedementos xudiciais) e por outra, a improcedencia do cadro de aranceis, honorarios ou tarifas. No relativo ao primeiro aspecto, a imposición obrigatoria e preceptiva dun procurador atópase recollida no artigo 43.1 da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, no que se establece que: corresponde exclusivamente aos procuradores a representación das partes en todo tipo de procesos, agás cando a lei autorice outra cosa. E, no segundo, relativo á existencia dun cadro de aranceis, o artigo 242.4 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento civil, sinala que: regularanse con suxeición aos aranceis os dereitos que correspondan aos funcionarios, procuradores e profesionais que a elos estean suxeitos. A aprobación da contía do arancel dos procuradores dos tribunais estableceuse no Real decreto 1373/2003, do 7 de novembro. Consecuentemente, o artigo 43.1 da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, e o artigo 242.4 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento civil, fundamentan á dispensa legal para as actuacións denunciadas.

O anterior débese entender sen prexuízo das actuacións que poda levar a cabo a Comisión Nacional da Competencia, e do alcance da transposición da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (coñecida como Directiva de servizos ) 1. Vistos os preceptos citados e os demais de xeral aplicación, este Tribunal RESOLVE PRIMEIRO.- Admitir a proposta do SGDC de non incoar expediente sancionador polas condutas denunciadas por D. C. I. M. contra a procuradora Dª M. M.-B. G., con enderezo no Concello da Estrada, por presuntas prácticas restritivas da competencia, co correspondente arquivo de actuacións, por non se apreciaren indicios de conduta prohibida pola Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia. SEGUNDO.- Admitir a proposta do SGDC de non incoar expediente sancionador pola práctica monopolista denunciada por D. C. I. M., por existir amparo legal para a mesma. Comuníquese esta Resolución ao SGDC e notifíquese aos interesados, facéndolles saber que contra a mesma non cabe recurso algún en vía administrativa, podendo interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir da data de notificación desta Resolución. 1 DOUE L 376, do 27.12.2006, p. 36.