A máquina de escribir

Similar documents
Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

O relevo e as costas de Galicia

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Mapa de accidentalidade

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Informe mensual do paro rexistrado

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

BÁSICAS/BASIC 5 CLÁSICAS/CLASSIC 8 MODERNAS/MODERN 11 ESCLUSIVAS/EXCLUSIVE 14 TEMÁTICAS/THEMED 20 MARINERAS/NAUTICAL 30 ALAMBIQUES/STILLS 33

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Á Mesa do Parlamento

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Welcome to Greenman and the Magic Forest

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EU TAMÉN PODO SER ARTISTA

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

SUMMER CAMP STAFF REGISTRATION 2018 REGISTRACION PARA EL CAMPAMENTO DE VERANO 2018

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

EMIGRACIÓN DE RETORNO NA GALICIA INTERIOR. O CASO DE ANTAS DE ULLA

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

CALIDADE E ORIXE EUROPA AMPARA OS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

the science at the heart of beauty IMCAS Americas centro de convenciones august 1 to 3

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

PRÁCTICAS HOTELEIRAS NA XESTIÓN DE CRISE POR CATÁSTROFES: O CASO DE GALICIA

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

SERVICIO GA16DE PRODUCTS MANUAL E- BOOK

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

MAQUINARIA PARA INSTALACIONES DE GRIFOS Y DISPENSADORES PORTÁTILES

ESTUDO DESCRITIVO DO SECTOR DO TRANSPORTE INTERNACIONAL DE MERCADORÍAS POR ESTRADA EN GALICIA

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

International Exhibitors

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

2. LA REHABILITACIÓN URBANA DE DOS CENTROS HISTÓRICOS: VIGO Y SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-8 DE MARZO

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

La Guerra Y La Paz (Spanish Edition) By Leon Tolstoi

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014

MANUAL DE FARMACIA CLINICA Y ATENCION FARMACEUTICA. EL PRECIO ES EN DOLARES BY JOAQUIN HERRERA CARRANZA

P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS

Programación de proba libre de módulos profesionais

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

La Casa De Riverton (Spanish Edition) By Kate Morton READ ONLINE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Outubro Convocatorias: A.H B.Outras.4. 2.Novas.5. 3.Eventos.8. 4.ProcuradeSocios Servizos.14

2VINTE E CINCO ANOS DE AUTONOMÍA EN GALICIA: MUDANZAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS

Notas para o estudo das primeiras arquitecturas industriais na Estrada

A minería do wolframio en Galicia durante o século XX

Coleccion De Historiadores De Chile Y Documentos Relativos A La Historia Nacional, Issue (Spanish Edition) By Anonymous READ ONLINE

PORTO EXTERIOR ECONÓMICO DO SOBRE O EMPREGO NA CORUÑA E OUTRAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

CPN. O Acordo do Cº de Ministros sobre o sector de defensa e as súas posíbeis consecuencias sobre NAVANTIA Algunhas notas e comentarios

A PICTURE IS WORTH A THOUSAND WORDS

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

MINISTERIO DO INTERIOR

ACTIVIDADE ECONÓMICA, ESTRUTURA PRODUTIVA E EMPREGO NO VAL DO CAUCA 1

Indice Sobre Esclavos Y Esclavitud: (Seccion Civiles- Esclavos) (Biblioteca De La Academia Nacional De La Historia) (Spanish Edition) By Academia

os ade u s e s Alberto Martí FOTOGRAFÍAS DE ALBERTO MARTÍ FOTOGRAFÍA: JOSÉ CARUNCHO CONSELLO DA CULTURA GALEGA ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA

SUSO FANDIÑO. Santiago de Compostela, 1971

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS

informe de actividade issga

Camiños de ida e volta: a emigración herdada


XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

1914. De La Paz A La Guerra (Noema) (Spanish Edition) By Margaret MacMillan READ ONLINE

ECONOMÍA APLICADA 13

Xestión Sanitaria Integrada na área sanitaria de Ferrol un modelo consolidado, eficaz e eficiente

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

Exame Final Nacional de Inglês Prova ª Fase Ensino Secundário º Ano de Escolaridade Continuação bienal

O TRANSPORTE COMO PRODUTO TURÍSTICO EN GALICIA: UNHA ANÁLISE DA OFERTA ACTUAL

ESTADO DA CUESTIÓN DA CONSTRUCCIÓN NAVAL GALEGA: OS NOVOS FACTORES DE COMPETITIVIDADE

Curso ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE

Transcription:

0 0 7 0 1 3 0 0 0 2 0 6 0 5 0 4 0 1 5 2 0 2 5 3 0 3 5 4 0 4 5 5 TABU- LADOR RETRO- CESO 2 3 $ 4 % 5 6 & 7 8 ( 9 ) -. Q A W E R T Y U I O P ` S D F G H J K L Ñ : ; MAYUS- CULAS MAYUS- CULAS Z X C V B N M?, /. º ª A máquina de escribir COLECCIÓN SIRVENT Do 12 de febreiro ao 05 de abril de 2015

Sholes & Glidden 1873 Mod. The Type Writer Remington Typewriter Co. En 1867, o xornalista e impresor Christopher Latham Sholes transformou un enxeñoso aparello para a numeración de libros de rexistros que construíra en compañía de Samuel Soule, na primeira máquina de escribir que se fabricou de forma industrial, despois dun a acordo coa firma Remington ao que chega en 1873. A máquina, que se presentaba sobre un soporte similar aos das máquinas de coser, igual que a súa florida decoración, escribía só en letras maiúsculas; de esta peculiaridade derivará o teclado QWERTY. Calcúlase unha fabricación total de cinco mil máquinas The Type Writer, nome que recibiu ata que se comercializou o seguinte modelo xa como máquina Remington.

Dende que no 1808 Pellegrino Turri construíra a primeira máquina de escribir da que non nos quedan máis que documentos escritos sobre a súa praticidade ata o 2009, ano no que as máquinas de escribir deixaron de fabricarse, deuse un período de enorme importancia para estes novos enxeños mecánicos en case todos os eidos da vida. A máquina de escribir era utilizada nas contendas bélicas, nas redaccións dos xornais, nos domicilios privados, na industria, e por riba de todo na oficina. Aínda que xurde como artefacto útil a inicios do século XIX, a súa maior importancia social acadouna a partir dos anos oitenta dese século e mantívoa ata cen anos máis tarde, cando os primeiros ordenadores persoais viñeron a suplantala como medio para a escritura. A máquina de escribir. Colección Sirvent é unha exposición que permite ao espectador achegarse ao universo das máquinas en relación a súa importancia histórica no desenvolvemento da industria e o traballo. A través dunha selección de máquinas de escribir escollidas polo seu deseño, funcionalidade e importancia para a propia vida no século xx, a exposición permitiranos gozar de revolucionarios deseños como os da Valentine de Olivetti ou de magníficos exemplares das lendarias Underwood. Xunto ás máquinas, pósters, fotografías, aparellos, xoguetes, materiais de colección relacionados co seu universo e intervencións artísticas coas máquinas como protagonistas, servirannos para achegarnos a unha estética da que participaron algúns dos máis importantes deseñadores gráficos de finais do século XIX e case todo o século XX. A mostra tamén nos deixará ver o que supuxo a aparición da máquina de escribir para a incorporación da muller ao mercado do traballo na empresa privada, e todo o que acontece no interior dos propios aparellos, permitíndonos a través de desmembres, máquinas especiais, ferramentas e imaxes, coñecer o funcionamento das máquinas dende dentro. Os marabillosos elementos que compoñen a exposición, forman parte da Colección Sirvent, unha das máis grandes e importantes coleccións privadas internacionais forxadas arredor do universo da máquina de escribir e que xurde na propia cidade de Vigo, grazas a figura de D. Alfredo Sirvent, que tras o seu paso pola delegación española da empresa americana Underwood, abriu unha empresa propia na cidade en relación coas máquinas de escribir nos anos corenta do século XX e a partir de aí, soubo construír unha colección, continuada polos seus fillos, que conta con máis de 4.000 máquinas e un grande número de obxectos e imaxes relacionadas con este aparello revolucionario, da cal agora podemos gozar na súa propia cidade, como parte mesma da historia do noso Vigo industrial.

Malling Hansen 1867 Foi a primeira máquina de escribir producida en serie. Desta bóla de escritura, suponse a existencia na actualidade dunhas trinta máquinas, case todas en museos. RÉPLICA N.º 13/20, 2000 E. Mekaniske Jürgens Dinamarca The Hall 1881 Mod. New York Hall Typewriter Co. Hammond 1895 Mod. 2 (Ideal) Hammond Typewriter Co.

Oliver 1897 MOD. 2 Oliver Typewriter Co. Williams 1896 Mod. 2 Williams Typewriter Co. Kanzler 1903 Mod. 1 B Dt. Schreibmaschinen GmbH Alemaña Olivetti 1969 Mod. Valentine Cun deseño realizado por Ettore Sottsass e Perry King sae ao mercado a Valentine, que se distingue polo seu aspecto xuvenil, ligado á cultura pop. Hispano Olivetti, S. A. España

UNDERWOOD 1900 Mod. 5 UNDERWOOD TYPEWRITER CO. Casa das Artes Policarpo Sanz 15, Vigo Do 12 de febreiro ao 5 de abril Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h Sábados: de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h Domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 h O 10 de agosto de 1940, e despois de ter dedicado anos ao traballo na delegación española da empresa americana Underwood, Alfredo Sirvent Colomina abriu na cidade un taller de mantemento e servizo técnico de máquinas de escribir. Vinte anos máis tarde, o seu espazo xa se convertera nun lugar clave en todo o relacionado cos servizos técnicos arredor da escritura, como a mecanografía, o aluguer de máquinas, o mantemento, restauración e comercialización. Desa actividade, e da paixón contaxiada aos seus fillos, xurde a Colección Sirvent, unha colección que abrangue non só arredor das 4.000 máquinas de escribir, senón que tamén garda un gran núcleo de carteis e obxectos relacionados coa súa venta, promoción, utilización e reparación, así como moitos elementos que teñen que ver coa máquina como produto e coa influencia da súa imaxe na estética do século xx. Todos os xoves ás 20.00 h visitas guiadas realizadas polo comisario da exposición. Visitas guiadas para grupos polas mañás, reservando no teléfono 986 42 44 22