ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

Similar documents
4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR


BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Á Mesa do Parlamento

Memoria Escola Galega de Administración Pública

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Programación de proba libre de módulos profesionais

DATOS IDENTIFICATIVOS

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

XANEIRO - SETEMBRO 2018

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

11 DE JULIO DE 2009 Nº 158

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

Mapa de accidentalidade

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Laboratorio do Territorio

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

-ANUNCIO Nº 3- PROBAS SELECTIVAS PARA A CONFECCIÓN DE LISTAS DE AGARDA PARA A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

CONCI:LLO DE SANTIAGO

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

Transcription:

ANEXO I Bases para a cobertura dunha praza de técnico superior de medio ambiente, para a execución do programa temporal Coproduction with nature for city transitioning, innovation and governace (número 730222), no marco da convocatoria Smart and sustainable cities (H2020-SCC-2016-2017), baixo a modalidade de funcionario/a interino/a establecida no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Primeira. As presentes bases teñen por obxecto a cobertura dunha praza de técnico superior de medio ambiente (Subgrupo A1), para a execución do programa temporal Coproduction with nature for city transitioning, innovation and governace (número 730222), no marco da convocatoria Smart and sustainable cities (H2020-SCC-2016-2017), baixo a modalidade de funcionario/a interino/a establecida no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. No non disposto nelas será de aplicación a Convocatoria Unitaria para a provisión de prazas de funcionarios/as de carreira e persoal laboral deste Concello. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41. Terceira. Requisitos: Para tomar parte nas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos todos e cada un á data en que termine o prazo de presentación de solicitudes. a) Estar en posesión das titulacións de licenciatura ou grao universitario en enxeñería de camiños, canais e portos; arquitectura, ciencias ambientais, bioloxía ou químicas. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación. b) Estar en posesión del certificado de Estudos de Nivel Avanzado (B2) en inglés ou equivalente. c) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. d) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. e) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira. f) Non ser separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. g) Estar en posesión do título acreditativo de nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV ou equivalente. As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente deberán facer unha proba de acreditación do coñecemento da lingua galega. Cuarta. Proba de acreditación do coñecemento do galego As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, deberán facer unha proba que se valorará co resultado de apta ou non apta. Esta proba consistirá na tradución directa e/ou inversa de un ou varios textos, en castelán ou galego, e nun tempo máximo de 1 hora. Os textos serán escollidos pola Comisión cualificadora inmediatamente antes de celebrarse a proba, correspondéndolle á Comisión determinar o nivel de coñecemento esixido para superar esta proba. Esta proba realizarase antes de iniciarse a fase de oposición. Páxina 1 de 6

As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente e que non superen esta proba quedarán excluidos do proceso. Quinta. A selección constará de dúas fases, unha primeira fase de oposición (que ten carácter eliminatorio) e unha segunda fase de concurso de méritos. Con carácter xeral en todos os exercicios da fase de oposición teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas no temario que estea en vigor no momento de publicación da relación definitiva de aspirantes admitidos. FASE DE OPOSICIÓN: Primeiro exercicio.- Consistirá en responder por escrito, nun tempo máximo de 90 minutos, un cuestionario tipo test de 80 preguntas, con catro respostas alternativas, sendo só unha delas correcta. Tamén haberá que responder a 8 preguntas de reserva. O cuestionario será determinado polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba e relacionado coas materias comprendidas no temario que se adxunta a esta convocatoria. O exercicio será cualificado de 0 a 80 puntos, sendo necesario alcanzar un mínimo de 40 puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non o obteñan. A puntuación calcularase de acordo cos seguintes criterios: Por cada resposta correcta outórgaselle 1,00 punto. Por cada resposta incorrecta descontarase 0,33 puntos. As respostas en branco non puntúan. Á finalización da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. O seguinte día hábil publicarase o contido do exercicio e o cadro de respostas na páxina web do Concello da Coruña. Segundo exercicio.- De carácter práctico, consistente na realización dun suposto práctico durante un período de 120 minutos. O enunciado do suposto será proposto polo Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio e versará sobre os contidos das materias comprendidas na parte especial do temario que se adxunta a esta convocatoria. Este suposto constará dos dous apartados seguintes: a) O 1º apartado incluirá un cuestionario con 20 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, formuladas sobre enunciado do suposto práctico. Tamén haberá que responder a 2 preguntas de reserva. Este apartado será cualificado de 0 a 20 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de 10,00 puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non o obteñan. A puntuación calcularase de acordo cos seguintes criterios: Por cada resposta correcta outórgaselle 1,00 punto. Por cada resposta incorrecta descontarase 0,33 puntos. As respostas en branco non puntúan. b) O 2º apartado consistirá en desenvolver por escrito 5 cuestións con resposta curta, relacionadas co enunciado do suposto práctico. Valorarase neste apartado a concreción das respostas e a capacidade de redacción e síntese. Este apartado será cualificado de 0 a 20 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de 10,00 puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima. Á finalización da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas do cuestionario tipo test ao que se fai referencia no primeiro apartado. O seguinte día hábil publicarase o contido do exercicio e o cadro de respostas do primeiro apartado na páxina web do Concello da Coruña. FASE DE CONCURSO: Con posterioridade á fase de oposición, o tribunal procederá á baremación da fase de concurso e publicaraa na pagina web do Concello da Coruña, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar Páxina 2 de 6

reclamacións ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da baremación. Non terá carácter eliminatorio e consistirá na avaliación por parte do tribunal dos méritos que concorran en cada un dos/as aspirantes que superen algún dos exercicios da fase de oposición, para o que se acompañarán á instancia os documentos xustificativos (orixinais ou fotocopias compulsadas) que estimen oportunos. Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos, no momento da presentación da instancia. Valoraranse os méritos conforme ao seguinte baremo: a) Por servizos prestados a calquera Administración Pública en prazas da mesma categoría que a convocada: 0,15 puntos por mes O máximo de puntuación neste apartado será de 6 puntos. b) Cursos de formación: Valoraranse exclusivamente os cursos de formación relacionados coas funcións a desenvolver na praza convocada realizados nos últimos cinco anos e nos que se expedirá diploma, certificación de asistencia ou, no seu caso, de aproveitamento, expedido ou homologados por Administracións Públicas: Aplicarase o seguinte baremo: - Cursos de menos de 25 horas de duración 0,20 puntos. - Duración comprendida entre 25 e 50 horas 0,40 puntos. - Duración comprendida entre 51 e 75 horas 0,60 puntos. - Duración comprendida entre 76 e 100 horas 0,80 puntos. - Cursos de máis de 100 horas: 1,00 punto. Non se puntuarán os cursos de duración inferior a 10 horas, nin a asistencia a xornadas, congresos e conferencias. O máximo de puntuación neste apartado será de 4 puntos. c) Coñecemento da lingua galega: - Por estar en posesión do título de linguaxe administrativa superior: 2,00 puntos - Por estar en posesión do título de linguaxe administrativa media: 1,00 puntos En caso de acreditar mais dun grado de coñecemento da lingua galega, computarase só o superior. O máximo de puntuación neste apartado será de 2,00 puntos. d) Coñecemento de lingua inglesa: - Por acreditación do subnivel C1 1,50 puntos. - Por acreditación do subnivel C2 2,00 puntos. En caso de acreditar mais dun grado de coñecemento da lingua inglesa, computarase só o superior. O máximo de puntuación neste apartado será de 2,00 puntos. A puntuación obtida nesta fase de concurso será computada na valoración final das persoas que superaron a fase de oposición. Sexta. Solicitudes: Os interesados deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral deste Concello no prazo de DEZ DIAS HABILES, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Páxina 3 de 6

Xunto coa instancia, deberá presentarse inexcusablemente a seguinte documentación: - Fotocopia do DNI - Fotocopia compulsada do título esixido como requisito na base terceira. - Fotocopia compulsada da certificación esixida como requisito na base terceira - Fotocopia compulsada da acreditación do coñecemento da lingua Galega. - Relación dos méritos que aleguen co fin de valoralos na fase de concurso. Os méritos serán enumerados segundo a orde establecida nesta convocatoria, acompañados dos documentos orixinais ou fotocopias xustificativas. - Declarar si desexa o texto dos exames en galego ou en castelán. Toda a documentación anteriormente indicada deberá posuírse na data de finalización do prazo de presentación das instancias Sétima. Publicidade do proceso selectivo. A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse na páxina web do Concello da Coruña (www.coruna.es) na pestana Concello opción Selección de Persoal. Oitava. Cualificación final.- As cualificacións dos aspirantes en cada un dos exercicios publicaranse na páxina web do Concello da Coruña. A orde de prelación dos aspirantes que superen o proceso selectivo realizarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios da fase de oposición. En caso de empate na puntuación final do proceso selectivo establécese a seguinte orde de prioridade: 1º A nota máis alta no primeiro exercicio da fase de oposición. 2º A nota máis alta no segundo exercicio da fase de oposición. 3º Maior número de preguntas acertadas no primeiro exercicio. Novena. O tribunal propoñerá a contratación das persoas que obteñan a máxima puntuación conforme á cualificación final obtida neste proceso. Para eventuais substitucións, nesta ou en futuras contratacións, poderá acudirse a lista resultante deste proceso selectivo, sempre que haxa aspirantes que, superando algún dos exercicios, non fosen contratados inicialmente, debendo optarse polos aspirantes que superasen o maior número de exercicios e que acumulen unha mellor puntuación. Páxina 4 de 6 TEMARIO Tema 1. A Constitución española de 1978. Dereitos e deberes da cidadanía. O Goberno e a administración. Tema 2. O Estatuto Básico de Autonomía de Galicia. As institucións da Comunidade Autónoma: O Parlamento. O consello da Xunta. O/a Presidente/a. Tema 3. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administraciones Públicas. Dos actos administrativos. Concepto e clases. Elementos. Requisitos dos actos administrativos. A notificación. Nulidade e anulabilidade. Tema 4. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administraciones Públicas.O procedemento administrativo: Iniciación, ordenación, instrución e terminación. A obriga de resolver. O silencio administrativo. Tema 5. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administraciones Públicas Eficacia dos actos administrativos. Notificacion e Publicación. Tema 6. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administraciones Públicas Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Os recursos ordinarios. Tema 7. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de rexime local.organización municipal. Órganos necesarios e órganos complementarios. As competencias do municipio.

Tema 8. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de rexime local. Municipios de gran poboación. O/a alcalde/sa: competencias, forma de elección e cesamento. Os/as tenentes de alcalde/sa. A Xunta de Goberno Local: composición e atribucións.o Concello Pleno: composición e competencias. As comisións informativas. TEMA 9. A Organización do Concello da Coruña. Distritos. Comisión de Suxestións e Reclamacións. Consello Social da cidade. O Tribunal Económico-Administrativo. Órganos superiores e directivos. TEMA 10. Ley de Administración Local de Galicia: Estruturas supramunicipais. A Bisbarra. As Mancomunidades. As Áreas Metropolitanas. Os consorcios locais. Tema 11. Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia. A función pública Local e a súa organización. Dereitos e deberes do funcionariado local. Código de conduta de empregados/as públicos/as. Réxime de incompatibilidades. Tema 12. Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia: clases de funcionarios/as e situacións administrativas. Tema 13. Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia: adquisición e perda da relación de servizo e réxime disciplinario. Tema 14. Ley 9/2017, de 8 de noviembre, de Contratos del Sector Público, por la que se transponen al ordenamiento jurídico español las Directivas del Parlamento Europeo y del Consejo 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febrero de 2014. A contratación administrativa. Contratos del sector público. Disposiciones generales sobre la contratación del sector público. Elementos dos contratos. Partes en el contrato. Objeto, presupuesto base de licitación, valor estimado, precio del contrato y su revisión. TEMA 15. Lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal: lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro e regulamento de desenvolvemento (RD 1720/2007 de 21 de decembro). Tema 16. Marco normativo específico de Prevención de Riscos Laborais. A Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais. Tema 17. Políticas de igualdade de xénero. Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Política contra a violencia de xénero. Tema 18. A lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. A súa incidencia na administración pública. Tema 19. A administración local e o medio ambiente urbano e natural. Competencias locales. Xestión municipal do patrimonio natural; solos e contaminación; calidade do medio hídrico, tratamento de augas residuais e verteduras; residuos sólidos urbanos industriais e domésticos; contaminación atmosférica, lumínica e acústica; fomento de enerxías renovabeis. Tema 20. O termo municipal da Coruña. Espazos verdes urbanos (rúas, xardíns, parques). Espazos Naturais de Interese Local. Tema 21. Solucións baseadas na natureza (NBS) para un desenvolvemento urbano sostible e adaptación ao cambio climático. Concepto e obxectivos das estratexias NBS. Tema 22. Manexo e xestión ecolóxica da biodiversidade nos espazos verdes urbanos e naturais. Criterios para a integración destes espazos na cidade. Tema 23. Infraestrutura verde. Concepto. Deseño, planificación e xestión participativa. Corredores ecolóxicos. Tema 24. Proxectos para zonas verdes urbanas. Deseño de zonas verdes. Procedemento administrativo: memoria, planos, prego e presuposto. Anexos específicos. Tema 25. Rexeneración ambiental mediante a plantación de especies autóctonas. Criterios para unha planificación ecolóxica integral con visión a medio e longo prazo. Tema 26. Hortas urbanas. Concepto e fins. Mecanismos de participación. A horta ecolóxica. Calendario anual. Especies principais e o seu cultivo e coidados. Pragas, enfermidades e loita ecolóxica contra estas. Tema 27. Lagoas e estanques naturalizados. Acondicionamento ambiental de ríos, regatos, humidais e as súas ribeiras. Páxina 5 de 6

Tema 28. Costa e praias. Conservación e xestión sostible dende o ámbito local, conforme á Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas. Tema 29. Xardíns e parques. Definición. Tipoloxía segundo o uso a que se destinen, características particulares das plantas que conteñan, e o marco histórico no que se crearon. Tema 30. A xardinaría paisaxista. Características principais, historia e tendencias actuais no deseño e composición de xardíns e parques. Tema 31. Tipos principais de árbores e plantas: árbores de folla caduca e de folla perenne: segundo tamaños, forma de copa, cór estacional das follas, flores, sombra, froitos. Tipos de solo que precisan: secos, húmedos, básicos, ácidos; e emprazamento óptimo en función da especie. Outras plantas: palmeiras, plantas de porte arbustivo, herbáceas, acuáticas, etc. Tema 32. Plantación. Proceso de construción e calendario de plantacións. Movementos de terras e preparación do terreo. Achega de terra vexetal. Planificación dos traballos de acondicionamento previo (albanelería, fontanaría e electricidade). Abonado, apertura de buratos e gabias de plantación. Merca de plantas en viveiros. Transporte e recepción axeitada das plantas. Tema 33. Loita contra a impermeabilización nos parques en xardíns da cidade. Propostas de posibles melloras. Tema 34. Medianas. Plantación de arboredo en medianas aplicando os criterios da solución Estocolmo. Tema 35. Microespazos verdes urbanos na Coruña. Propostas e solucións ecolóxicas a aplicar. Tema 36. Avaliación ambiental de plans e programas. Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental. Sistemas de xestión ambiental: UNE-EN ISO 14001; EMAS. Tema 37. Sistemas informáticos de información xeográfica. Cartografía e fotointerpretación. Conceptos e usos. Modelos de datos vectorial, raster e outros. Características principais de cada modelo. Capas de información e simboloxía. Sistemas de coordenadas e proxeccións. Tema 38. Bases de datos relacionais orientadas a sistemas de información xeográfica. Conceptos e usos. Exportación e importación de importación de arquivos de información espacial de diferentes formatos. Tema 39. CONNECTING NATURE (COproductioN with NaturE for City Transitioning, Innovation and Governance). Guía del Horizonte 2020 (xuño 2017). Annotated model grant Agrement (abril 2017). Tema 40. Programa Marco de Investigación e Innovación de la Unión Europea: Horizonte 2020. Pilares e Acciones Transversais. Proxectos de Horizonte 2020. Financiación e xustificación. Guía del Horizonte 2020 (xuño 2017). Annotated model grant Agrement (abril 2017). Tema 41.Programa LIFE. Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima. Instrumento financeiro para proxectos de conservación medioambientais. Tema 42. Programa FEDER. Instrumento financeiro Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Tema 43. Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Ley 9/2001, de 21 de agosto, de conservación de la naturaleza y normativa de desarrollo. Tema 44. Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras. Tema 45. Real Decreto 139/2011, de 4 de febreiro, para o desenrolo do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e do Catálogo Español de Especies Ameazadas. Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas e se actualiza o dito catálogo. Tema 46. Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia. Catálogo de paisaxes de Galicia. Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. A Coruña 12 de abril de 2018 A XUNTA DE GOBERNO LOCAL, P.D. A Concelleira delegada de Facenda e Administración, María Eugenia Vieito Blanco Páxina 6 de 6