ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Informe mensual do paro rexistrado

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR


INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Mapa de accidentalidade

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

O relevo e as costas de Galicia

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

XANEIRO - SETEMBRO 2018

Programación de proba libre de módulos profesionais

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

DATOS IDENTIFICATIVOS

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

Laboratorio do Territorio

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

ESTUDO DESCRITIVO DO SECTOR DO TRANSPORTE INTERNACIONAL DE MERCADORÍAS POR ESTRADA EN GALICIA

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

Anexo. Detalle das accións

Revista Galega de Economía Vol (2018)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

Á Mesa do Parlamento

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

Curso ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

OFERTA XERAL DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO. CURSO ELECCIÓN OUTUBRO 2018

Departamento de Musicoloxía

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

A FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO SOCIAL

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

PRÁCTICAS HOTELEIRAS NA XESTIÓN DE CRISE POR CATÁSTROFES: O CASO DE GALICIA

RSE. e desenvolvemento sustentable

A máquina de escribir

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Transcription:

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Edita: ACSUG Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia IES Compostela Rúa Lamas de Abade, s/n Tel.: 981 53 41 73 15702 Santiago de Compostela Maquetación: a ref.erencia, S.L. Edificio Agro do Corgo, esc.-2, 2C Tel.: 981 55 42 32 15883 - Cacheiras-Teo ISBN: 84-689-8312-8 Depósito Legal: C-866-2006

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

AGRADECEMENTOS Os autores deste informe técnico queren agradecer a todas as persoas que participaron e colaboraron neste traballo a súa dedicación e dispoñibilidade, en particular Carina, Lucía, Martín e todo o persoal das oficinas de Relacións Internacionais das. Este informe non podería levarse a bo termo sen a colaboración desinteresada dos estudantes, tanto españois como estranxeiros, así como dos docentes e do resto de membros da comunidade universitaria. Sen a súa participación a través das enquisas, ofrecendo as súas opinións, os seus comentarios e as súas suxestións sería imposible obter unha imaxe completa, real e actualizada da situación cara á adaptación ao Sistema Europeo de Ensino Superior. 2005 Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { }

EQUIPO DE TRABALLO RESUMO

EQUIPO DE TRABALLO Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia D. Julio Ernesto Abalde Alonso Director Dna. Mª Paula Ríos de Deus - Coordinadora de Avaliación Institucional Universidade da Coruña Dna. Sandra King Gouyer - Directora do Servizo de Relacións Internacionais Dna. Carina Mejía Ríos Bolseira Universidade de Santiago de Compostela D. Enrique López Veloso - Xefe da Oficina de Relacións Exteriores Dna. Lucía Castro Souto Bolseira Universidade de Vigo D. Anselmo Seoane Pampín - Director da Oficina de Relacions Internacionais Dna. Amelia Rodríguez Piña Responsable de la Oficina de Relacións Internacionais Dna. Eva Garea Oya Técnica de Relacións Internacionais D. Martín García Pardellas Bolseiro NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña D. Iván Méndez López Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { }

RESUMO Co presente volume, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como os servizos de Relacións Internacionais das tres, queren dar a coñecer o camiño percorrido ata a situación actual na mobilidade internacional universitaria, poñendo en evidencia as súas dificultades e os seus logros. A documentación estruturouse en varios apartados que comezan presentando os fundamentos do. Seguidamente, faise un estudo exhaustivo sobre á mobilidade de estudantes e docentes dentro do programa Sócrates-Erasmus. En referencia aos tres últimos anos académicos e para a nosa comunidade universitaria, achéganse os datos de mobilidade, tanto por países de referencia como por áreas de coñecemento. Tamén se indica a mobilidade por país de orixe e por área de estudo. En todos os casos constátase un incremento constante da mobilidade, a pesar de que as axudas económicas que se reciben da Unión Europea practicamente non aumentaron nos últimos cursos. Nos apartados seguintes, referentes ao estudantado, realizáronse numerosas enquisas atendendo a factores de motivación, á información do plan de estudos, ao emprego do ECTS etc. Coidamos que estas enquisas conseguiron completar axeitadamente a información referente aos condicionantes da mobilidade. Respecto aos docentes, por unha banda estudouse a súa mobilidade e achegáronse datos análogos aos referidos aos estudantes. Por outra, realizáronse enquisas centradas fundamentalmente no e nas. O traballo fai un resumo da percepción e da realidade da implantación do desde os diferentes colectivos universitarios. Recomendamos tamén neste apartado unha táboa que estableza unha equivalencia entre as diferentes cualificacións. O último capítulo insiste nas iniciativas actuais que as tres, xunto coa ACSUG, comezaron a desenvolver para a implantación eficaz do Espazo Europeo de Ensino Superior (EEES). Agardamos que este estudo sexa de utilidade e mostre algo de luz sobre a situación do e o seu futuro desenvolvemento e implantación nas tres. Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 11 }

ÍNDICE

ÍNDICE INTRODUCIÓN........................................... 19 OBXECTIVO DO ESTUDO TÉCNICO................................. 23 FUNDAMENTOS DO SISTEMA ECTS................................. 27 DESENVOLVEMENTO DO ESTUDO TÉCNICO SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DA IMPLANTACIÓN DO SISTEMA ECTS NO SUG........................... 35 4.1. Grupo de traballo e método empregado................................ 35 4.1.1. Plan de selección de colectivos e fontes de información................... 35 4.1.2. Recollida de datos, traballo de campo............................36 4.1.3. Plan de mostraxe...................................... 45 4.1.4. Tratamento, edición e análise dos datos...........................46 4.2. Resultados..............................................46 4.2.1. Percepción e realidade da implantación do desde o punto de vista de estudantes das tres.................46 4.2.2. Percepción e realidade da implantación do desde o punto de vista de estudantes estranxeiros participantes en programas de intercambio nas.......................... 74 4.2.3. Percepción e realidade da implantación do desde o punto de vista dos docentes universitarios..........................79 4.2.4. Percepción e realidade da implantación do desde o punto de vista de docentes coordinadores de programas de intercambio...........98 DIFICULTADES E RECOMENDACIÓNS PARA A IMPLANTACIÓN DO SISTEMA ECTS.......... 105 INICIATIVAS ACTUAIS NAS UNIVERSIDADES GALEGAS....................... 111 CONCLUSIÓNS..........................................125 BIBLIOGRAFÍA...........................................129 ANEXOS............................................. 133 ANEXO I................................................. 135 MODELO DE ENQUISA REALIZADA AOS ESTUDANTES PROPIOS DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS................................ 135 MODELO DE ENQUISA REALIZADA AOS ESTUDANTES ESTRANXEIROS PARTICIPANTES EN PROGRAMAS DE INTERCAMBIO NAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS...... 138 MODELO DE ENQUISA REALIZADA AOS PROFESORES DAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS..... 139 ANEXO II................................................. 140 Listaxe de titulacións con créditos ECTS aprobados.................... 140 ANEXO III................................................. 141 LEXISLACIÓN APLICABLE EN ESPAÑA................................ 141 ANEXO IV................................................. 155 REGLAMENTO DO CEURI...................................... 155 ANEXO V................................................. 160 GLOSARIO DE TÉRMOS....................................... 160 ANEXO VI................................................. 167 PROGRAMA ERASMUS MUNDUS.................................. 167 Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 15 }

1 INTRODUCIÓN

1 INTRODUCIÓN ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Os servizos de Relacións Internacionais das tres enviaron e recibiron estudantes de intercambio desde 1987, seguindo o modelo do, que se adopta despois de 1988 como un sistema de transferencia de créditos académicos para facilitar a mobilidade dos estudantes universitarios en Europa. O (European Credit Transfer System Sistema Europeo de Transferencia de Créditos) constituíuse ao longo dos anos como unha ferramenta útil para discernir a realidade dos diferentes sistemas existentes en toda Europa e facilitar a mobilidade de estudantes entre as universidades europeas. Grazas a programas como Erasmus primeiro e Sócrates-Erasmus despois, numerosas universidades europeas adoptaron o sistema de créditos ECTS para facilitaren o proceso de recoñecemento académico dos seus estudantes de intercambio. A adopción dun sistema estándar de contraste e, en definitiva, unha linguaxe común levou á súa adopción con posterioridade á Declaración de Bolonia, como unha das bases de aplicación dos cambios que están a ter lugar nestes momentos en todos os sistemas de Educación Superior de Europa. Seguindo as recomendacións de Bolonia e de, Praga deséxase conseguir unha aplicación xeneralizada do sistema ECTS, non só para estudantes de intercambio, senón para todo o estudantado da Unión Europea (UE), de modo que os estudos cursados por un estudante sexan doadamente recoñecidos en todos os estados da UE. A propia Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (LOU) adopta o crédito europeo (ECTS) como a base do futuro Sistema Universitario Español, o que se traduce posteriormente no Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Non obstante, formúlase a dúbida da verdadeira aplicación do no Sistema Universitario de Galicia (SUG), á luz dunha lexislación que xa leva certo tempo en vigor, das normativas europeas e da experiencia adquirida neste sentido polas universidades en función de case 15 anos de participación en programas de intercambio de estudantes aplicando teoricamente o para efectuar o recoñecemento dos estudos cursados no estranxeiro. Neste sentido, as persoas responsables de Relacións Internacionais das recibimos o encargo, por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia de elaborarmos este informe técnico que pretende recoller unha foto fixa da situación de implementación do e dos créditos europeos nas tres. Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 19 }

2 OBXECTIVO DO ESTUDO TÉCNICO

2 OBXECTIVO DO ESTUDO TÉCNICO O obxectivo do presente consiste na análise da mobilidade internacional universitaria no SUG (con datos estatísticos anteriores ao ano 2004) como antecedente á situación actual de implantación do entre os diferentes colectivos que o integran, e a elaboración dun documento de traballo que reflicta fielmente o seu grao de implantación no SUG e que recolla as boas prácticas profesionais e as recomendacións que puidesen ser aplicables. ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 23 }

3 FUNDAMENTOS DO SISTEMA ECTS

3 FUNDAMENTOS DO SISTEMA ECTS ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Como un paso previo á recollida de datos e á descrición do desenvolvemento do, convén lembrarmos os fundamentos do seguindo a guía do Usuario ECTS que foi elaborada pola Comisión Europea e que apareceu publicada o 31/03/1998; nela establécese que o recoñecemento dos estudos e os títulos constitúe unha condición previa para a creación dun espazo europeo aberto en materia de educación e de formación, en que o estudantado e o profesorado poidan desprazarse sen obstáculos. O primitivo (unha simple ferramenta de transparencia informativa) transformouse nunha ferramenta, a nivel Europeo, de cambio profundo nos diferentes sistemas universitarios nacionais e especialmente do sistema español. Non obstante, o paso de ECTS á denominación Crédito Europeo non supuxo unha desnaturalización das principais características do sistema que están aínda vixentes. O (crédito europeo) baséase en tres elementos básicos: a información sobre os programas de estudos e os resultados do estudantado, o acordo mutuo entre os centros asociados e o estudantado, e a utilización de créditos ECTS, valores que representan o volume de traballo efectivo do estudante. Estes tres elementos básicos fanse operativos por medio de tres documentos clave: o catálogo informativo (guía ECTS), o formulario de candidatura/contrato de estudos (Learning Agreement), e a certificación académica (Transcript of Records, en canto ao intercambio, un suplemento ao diploma en canto a documentos finais). O ECTS garante, igualmente, a transparencia mediante os seguintes instrumentos: Os créditos ECTS representan, en forma dun valor numérico asignado a cada unidade de curso, o volume de traballo que o estudante debe realizar para superar cada unha das unidades. O catálogo informativo proporciona ao estudante e ao persoal docente as informacións útiles sobre os centros, as facultades e os departamentos, a organización e a estrutura dos estudos, así como sobre as unidades de curso. Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 27 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia A certificación académica presenta, de xeito claro, completo e doadamente transferible entre as dúas institucións, os resultados académicos do estudante. O contrato de estudos describe o programa de estudos que o estudante deberá seguir, así como os créditos ECTS que se lle concederán ao cumprir as condicións requiridas, e ten carácter vinculante tanto para os centros de envío e de acollida como para o estudante. Para facilitar o recoñecemento académico dos estudos emprendidos ou completados no estranxeiro precísase dun alto grao de comunicación e de flexibilidade. A este respecto, as persoas coordinadoras ECTS están chamadas a desempeñar un papel decisivo na súa calidade de responsables principais dos aspectos académicos e administrativos do ECTS. Esta é a base do que se tivo en conta á hora de desenvolver o. Porén, aínda que é unha ferramenta de innovación crucial para o éxito a longo prazo da mobilidade de estudantes, o foi pouco implantado nas. A fase de implementación do ECTS é un reto para as universidades, que precisan máis incentivos para poderen dedicarlle o esforzo requirido e asumido xa en 1999. Na Declaración conxunta dos ministros europeos de educación, do 19 de xuño de 1999, en Bolonia, afirmouse que: as institucións de educación europeas aceptaron o reto e adquiriron un papel principal na construción da área europea de educación superior, tamén na dirección dos principios fundamentais que se recollen na Carta Magna da Universidade de Bolonia de 1988. Isto é de vital importancia, dado que a independencia e a autonomía das universidades asegura que os sistemas de educación superior e de investigación se adapten continuamente ás necesidades cambiantes, ás demandas da sociedade e aos avances no coñecemento científico. A Declaración de Bolonia inclúe entre os seus principais obxectivos: A adopción dun sistema doadamente lexible e comparable de titulacións, mediante a implantación, entre outras cousas, dun suplemento ao diploma. A adopción dun sistema baseado, fundamentalmente, en dous ciclos principais: grao e posgrao. O título concedido ao rematar o primeiro ciclo terá que ter un valor específico no mercado de traballo europeo. O segundo ciclo levará á obtención dun mestrado e/ou doutoramento como acontece en moitos estados europeos. O establecemento dun sistema de créditos, como o. A promoción da cooperación europea para asegurar un nivel de calidade para o desenvolvemento de criterios e de metodoloxías comparables. A promoción dunha necesaria dimensión europea na educación superior con particular énfase no desenvolvemento curricular. Todos estes obxectivos están sendo discutidos, a distintos niveis, na maioría dos estados da Unión Europea, tratando de chegar á desexada harmonización preconizada desde a Declaración da Sorbona. No sistema español, nestes momentos, os esforzos de cara ao 2010 estanse a concentrar en: A implantación dun sistema de créditos europeos. A adopción dun sistema de cualificacións que permitan unha conversión doada ao sistema de cualificacións e graos ECTS. A implantación do suplemento ao Diploma. As universidades europeas involucradas no proceso de Bolonia desde o ano 1999 e que participaban en programas de educación superior europeos tiveron que reafirmar o seu compromiso europeo e presentar, no ano 2002 á Comisión Europea, unha solicitude para obteren o que se denominou a Carta Universitaria Erasmus, un requisito imprescindible, tras a súa concesión, para poder levar a cabo as actividades propostas nas accións do programa Sócrates. Esta solicitude incluía unha declaración de política europea (DPE) que reflectía o compromiso institucional de cada universidade. As solicitudes das tres foron aprobadas e recibiron a Carta Universitaria Erasmus válida desde o curso 2003-2004 ata o curso 2006-2007. { 28 }

Nas súas respectivas declaracións de política europea remitidas á Comisión Europea no ano 2002, as tres indicaron o seguinte en relación ao : Universidade da Coruña: Os obxectivos e as prioridades da Universidade da Coruña para os cursos 2003-2004 a 2006-2007 son os seguintes: 1. Incrementar o número de estudantes Erasmus recibidos para cumprir co obxectivo de chegar, cando menos, á cifra do 10% de estudantes licenciados por ano. En 1999-2000 o número de estudantes recibidos chegou ao 22% do número obxectivo e en 2002-2003 a cifra acadaba o 75% do número obxectivo (225 estudantes). 2. Incrementar o número de estudantes Erasmus enviados para cumprir co obxectivo de chegar, cando menos, á cifra do 10% de estudantes licenciados por ano. En 1999-2000 o número de estudantes Erasmus enviados chegou ao 33% do número obxectivo e en 2002-2003 a cifra alcanzaba o 55% do número obxectivo (164 estudantes). 3. Conseguir un equilibrio entre as facultades e as escolas da Universidade da Coruña para o cumprimento dos obxectivos 1 e 2. Mellorouse notablemente este obxectivo no período comprendido entre 1999-2000 e 2002-2003, coas novas facultades e escolas que estableceron as relacións necesarias e entraron activamente no programa Sócrates/Erasmus. Os exemplos son moitos: Educación Física, Ciencias da Educación, Medicina, Relacións Laborais, Enxeñaría Industrial e Naval, etc. O Servizo de Relacións Internacionais preparou un borrador da declaración de política europea, baseado na experiencia do documento anterior e en consultas extensas realizadas internamente. O borrador foi remitido ao reitor, que indicou as modificacións necesarias despois de consultar cos seus vicerreitores. A versión definitiva da declaración foi preparada polo Servizo de Relacións Internacionais e asinada polo reitor. Foi elaborada nun esforzo conxunto por todos os actores involucrados na Universidade, e coordinada e supervisada polo Servizo de Relacións Internacionais. En particular, a normalización do é unha prioridade necesaria se a Universidade quere alcanzar os seus obxectivos no seguinte período. Isto require accións a nivel central para que as facultades e as escolas preparen, antes dunha certa data límite, as propostas para asignar créditos ECTS ás materias dos seus plans de estudo. Universidade de Santiago de Compostela: A USC participou desde o principio no. Desde a fase piloto ata a actualidade o perfeccionouse, gañou en profundidade e extensión entre a comunidade universitaria e ínteruniversitaria. A USC considera a promoción dos intercambios internacionais de estudantes como un dos obxectivos irrenunciables da súa política exterior. Isto supón, en contrapartida, unha adhesión sen fisuras a un sistema que demostrou a súa capacidade para fomentar a transparencia entre sistemas académicos moi diversos como os existentes na actualidade nos máis de 30 países que participan nos programas educativos da UE. Neste sentido iniciouse un proceso de informatización e de transparencia académica das diferentes titulacións que supuxo unha maior visibilidade da oferta académica da USC cara ao exterior. A USC garante, con anterioridade ao comezo de cada intercambio académico, mediante o correspondente compromiso de estudos, o recoñecemento dos resultados académicos obtidos durante un período de estudos nunha universidade socia. Neste sentido, arbitraranse as medidas precisas para lograr a máxima efectividade, axilidade e rapidez na tramitación dos xa citados recoñecementos, ao mesmo tempo que se potencia a transparencia da oferta académica da USC. A USC arbitrará as medidas necesarias para o recoñecemento a nivel profesional da participación de docentes en misións de mobilidade e de proxectos transnacionais. Por outra banda, potenciaranse as posibilidades de reciclaxe lingüística dos docentes da USC para os efectos de facilitar os contactos internacionais nun plan de mellor aproveitamento académico e científico. Universidade de Vigo: Unha das nosas debilidades é a actualización da información académica que ofrecemos. Por iso, unha das nosas prioridades é impulsar o uso da web para poder facer accesible unha boa información sobre os estudos que os estudantes poden cursar na nosa Institución. Referímonos, claro está, ás information packages de ECTS. Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 29 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Outra das prioridades é a adaptación dos plans de estudo que se ofrecen na Universidade de Vigo á nova situación xerada pola declaración de Bolonia e a tan ansiada converxencia europea mediante a creación dun departamento ou dunha área responsable de impulsar os obxectivos previstos nesta declaración Así mesmo, seguiremos traballando no mantemento da páxina web, na edición de folletos informativos, carteis, etc. Seguindo as directrices da Declaración de Bolonia, o grande esforzo centrarase na plena implantación do, actualizando as guías ECTS xa iniciadas e mellorando a utilización dos documentos ECTS (certificación académica, etc.). A nosa Universidade participa activa e intensamente no proceso de converxencia europea, sendo o reitor neste momento o presidente do grupo de traballo de Bolonia dentro da CRUE. Ata agora, os incentivos eran escasos e pouco beneficiosos para que as universidades incluísen o ECTS nas súas estratexias e políticas que debían seguir. Está claro que o ECTS foi designada para proporcionar os medios para identificar e comparar os currículos a nivel internacional. Mais o ECTS só é efectivo se se implementa e é parte integral do compromiso estratéxico de toda a universidade. Require un alto nivel de compromiso e de apoio do equipo de goberno de cada universidade. O está ben estruturado e están ben definidos os documentos que hai que empregar (o crédito, a guía ECTS, o contrato de estudo, o expediente académico). Un dos puntos fortes do sistema ECTS é a habilidade da institución para manter a súa propia estrutura e sistema e á vez saber comunicar de forma consistente ás outras institucións esta información. Debido aos aspectos administrativos do ECTS considérase un proceso moi burocrático. Porén, é unha percepción falsa, xa que o intercambio debería resultar máis eficaz grazas á transparencia da información. O ECTS contribúe a reducir renuncias na mobilidade de estudantes especialmente cando os que marchan sen un contrato de estudo, volven prematuramente porque á súa chegada á universidade de destino non teñen posibilidade de aproveitaren a súa estancia académica. Tamén o ECTS contribúe significativamente a facer promoción da cooperación entre o profesorado das institucións de educación superior. Proporciona ao profesorado un medio para localizar colegas que imparten cursos similares e, por tanto, teñen intereses profesionais en común. Este aspecto do ECTS beneficia indirectamente á mobilidade de estudantes e de profesores Erasmus. A través e á vez que desenvolven as súas relacións profesionais internacionais, os profesores poden asesorar os estudantes sobre o seu período de estudo no estranxeiro. E, ao mesmo tempo, o profesor pode conseguir realizar estancias docentes no estranxeiro. Respecto ao cambio na metodoloxía docente, resulta significativo rescatar as definicións proporcionadas polo grupo de traballo do proxecto Tunning no informe final do proxecto piloto-fase 1 (editado por Julia González e Robert Wagenaar, Universidade de Deusto, Universidade de Groningen, 2003): No paradigma ensino-aprendizaxe estase a producir un cambio que subliña cada vez máis a importancia dunha educación centrada no suxeito que aprende. Podería dicirse que a necesidade de recoñecer e de valorar a aprendizaxe ten o seu impacto nas cualificacións e na construción de programas educativos que conduzan a titulacións determinadas. Neste contexto, a consideración de competencias xunto coa consideración de coñecementos ofrece innumerables vantaxes que están en harmonía coas demandas que xorden do novo paradigma. Isto supón un desprazamento dunha educación centrada no ensino cara a unha educación centrada na aprendizaxe. Reflexionando sobre os diferentes aspectos que caracterizan esta tendencia, é evidente a relevancia do enfoque centrado nas competencias. O paradigma anterior implicaba unha énfase na adquisición e na transmisión do coñecemento. Os elementos para o cambio deste paradigma inclúen: unha educación máis centrada no estudante, unha transformación do papel do educador, unha nova definición de obxectivos, un cambio no enfoque das actividades educativas, un desprazamento da énfase nas subministracións de coñecementos (input) aos resultados (output) e un cambio na organización da aprendizaxe. { 30 }

O interese no desenvolvemento de competencias, nos programas educativos, concorda cun enfoque da educación centrado primordialmente no estudante e na súa capacidade de aprender que esixe máis protagonismo e cotas máis altas de compromiso posto que é o estudante quen debe desenvolver a capacidade de manexar información orixinal, buscala e avaliala nunha forma máis variada (biblioteca, profesores, Internet, etc.). Este punto de vista fai énfase en que o estudante, o que aprende, é o centro do proceso. Por conseguinte, afecta ao xeito de canalizar as actividades educativas e a organización do coñecemento, que pasan a ser rexidos polas metas do estudante. Afecta tamén a avaliación ao desprazarse da subministración aos resultados (from input to output) e aos procesos e contextos do que aprende. Como se mencionou anteriormente, o ECTS era, na súa orixe, un proceso técnico de transparencia informativa entre as diferentes Universidades Europeas que se adopta, como convención, para facilitar a lexibilidade dos diferentes sistemas académicos nacionais europeos. Non obstante, o recoñecemento da excelencia do ECTS na Declaración de Bolonia supón achegar un compoñente político de que carecía e, por tanto, iniciar unha dinámica de cambio aceptado tanto a nivel nacional coma a nivel europeo. Evidentemente, a Comisión Europea non ten competencias a nivel político, e tampouco foi parte da Declaración de Bolonia (documento intergobernamental mais non comunitario). Neste sentido, a Comisión Europea iniciou unha ambiciosa liña de actuación para apoiar o desenvolvemento do Sistema Europeo de Créditos mediante accións técnicas que afectan a un bo número de programas comunitarios. A valoración positiva da adopción do ECTS durante os procesos de selección de proxectos, a Erasmus Charter (co seu complemento de declaracións de Política Europea das diferentes institucións de educación superior), as medidas transversais e pasarelas horizontais supuxeron que a Comisión Europea dedique unha parte importante do seu presuposto ao apoio dese proceso político de cambio dos sistemas universitarios nacionais. Prodúcese, por tanto, o paradoxo de que unha iniciativa técnica se adopte politicamente e, despois de se adoptar, se transforme de novo nun proceso técnico de adaptación que afecta a todas as institucións de educación superior europeas. Dentro do SUG o proceso foi similar. Pódense diferenciar claramente dúas etapas evolutivas: Unha primeira fase en que o, unicamente, era coñecido e aplicado polos servizos responsables da área internacional ou de relacións institucionais e, fundamentalmente, dirixido aos intercambios de estudantes. Unha segunda etapa en que as diferentes vicerreitorías de Ordenación Académica (como responsables políticos pertencentes a un equipo reitoral) se fixeron cargo do desenvolvemento do sistema, e adoptaron, como decisión primixenia, a volta a un sistema técnico onde maioritariamente estarían implicados os servizos de xestión académica respectivos, quer centrais (horizontais para toda a universidade), quer específicos de centro. Durante esta segunda etapa, as tarefas sobre as que adoptarán competencias serán as de desenvolvemento e de implementación efectiva a nivel técnico do sistema, da mesma forma que viñan desenvolvendo esta tarefa os servizos internacionais das universidades do SUG. Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 31 }

4 DESENVOLVEMENTO DO ESTUDO TÉCNICO SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DA IMPLANTACIÓN DO SISTEMA ECTS NO SUG

4 DESENVOLVEMENTO DO ESTUDO TÉCNICO SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DA IMPLANTACIÓN DO SISTEMA ECTS NO SUG ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia 4.1. Grupo de traballo e método empregado. 4.1.1. Plan de selección de colectivos e fontes de información. O grupo de traballo estivo constituído por persoal das oficinas de Relacións Internacionais das tres, baixo a coordinación do Grupo Compostela de Universidades. O grupo de traballo decidiu, para estudar a implantación do no SUG, ter en conta os diferentes colectivos que integran a comunidade universitaria, mais tratalos por separado xa que os problemas que afrontan son diferentes e, por consecuencia, recibiron uns estímulos e unhas solucións diferentes. Seleccionouse aos seguintes colectivos: Estudantes Erasmus propios. Estudantes estranxeiros participantes en programas de intercambio Erasmus. Docentes universitarios. Docentes coordinadores de programas de intercambio. Prescindiuse, no estudo descritivo transversal, da análise do terceiro grupo integrante da comunidade universitaria, o persoal administrativo. A súa análise non achegaría unha información significativa ao informe ao atopar a súa participación, no ámbito de ECTS, nun estado moi embrionario. { 35 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia 4.1.2. Recollida de datos, traballo de campo. Para reflectir a situación actual da mobilidade internacional nas tres, elaboráronse uns gráficos (gráficos 1 a 14) que demostran a importancia da mobilidade no marco do programa Erasmus (e por extensión do ECTS) con respecto aos outros programas de mobilidade internacional do tipo Intercampus, MAEC, etc. Gráfico 1. Mobilidade de estudantes internacionais (incluído Erasmus). UNIVERSIDADE DA CORUÑA Gráfico 2. Mobilidade de estudantes internacionais propios (non Erasmus) enviados por países de destino. UNIVERSIDADE DA CORUÑA { 36 }

Gráfico 3. Mobilidade de estudantes internacionais estranxeiros (non Erasmus) recibidos por países de orixe. UNIVERSIDADE DA CORUÑA Gráfico 4. Mobilidade de estudantes propios (non Erasmus) por ámbitos científicos. UNIVERSIDADE DA CORUÑA Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 37 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 5. Mobilidade de estudantes estranxeiros por ámbitos científicos. UNIVERSIDADE DA CORUÑA Gráfico 6. Mobilidade de estudantes internacionais (incluídos Erasmus). UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA { 38 }

Gráfico 7. Mobilidade de estudantes internacionais propios (non Erasmus) por países de destino. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS { 39 }

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 8. Mobilidade de estudantes internacionais estranxeiros (non Erasmus) por países de orixe. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA { 40 }

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Gráfico 9. Mobilidade de estudantes propios (non Erasmus) por centros. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 41 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 10. Mobilidade de estudantes estranxeiros (non Erasmus) por centros. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA { 42 }

Gráfico 11. Mobilidade de estudantes internacionais (incluídos Erasmus). UNIVERSIDADE DE VIGO Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 12. Mobilidade de estudantes propios (non Erasmus). UNIVERSIDADE DE VIGO { 43 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 13. Mobilidade de estudantes estranxeiros (non Erasmus) por países de orixe. UNIVERSIDADE DE VIGO ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS { 44 }

Gráfico 14. Mobilidade de estudantes propios (non Erasmus) por titulacións. UNIVERSIDADE DE VIGO 4.1.3. Plan de mostraxe. Para a recollida de datos elaboráronse unhas enquisas (anexo I) dirixidas a cada un dos colectivos mencionados no comezo do apartado 4.1 e analizáronse os resultados. Enviouse por correo postal aos estudantes Erasmus propios das tres que participaron en programas de mobilidade durante os cursos 2001-2004. Enquisas nas que se empregou un modelo estándar facilitado pola Axencia Nacional Erasmus. Nas tres, dun total de 2475 estudantes Erasmus propios que participaron en programas de mobilidade Erasmus nos cursos 2001-2004, recibíronse 2067 enquisas (gráfico 15). Considerouse oportuno realizar un estudo descritivo lonxitudinal da mobilidade de estudantes nas tres nos últimos anos para completar o estudo da implantación do en Galicia. Poden existir lixeiras diferenzas no calculo do número de estudantes participantes debido a dous tipos de causas: renuncias recibidas fóra de prazo (ou non comunicadas aos servizos correspondentes) ou renuncias á metade do período de intercambio debidas a motivos persoais graves. Gráfico 15. Porcentaxe de enquisas recibidas de estudantes das tres. Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 45 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia No caso do estudantado estranxeiro participante en programas de intercambio nas, elaborouse unha enquisa (anexo I) sobre o uso do ECTS nas súas universidades de orixe. O número total de persoas enquisadas nas foi de 1075. Tamén se elaborou unha enquisa (anexo I) sobre a percepción do para os docentes universitarios que se enviou por correo electrónico. O exame da implantación do Sistema Europeo de Créditos nas e a súa percepción por parte do corpo docente debe, necesariamente, partir dunha diferenciación entre docentes e docentes coordinadores de intercambios. Desde hai 20 anos, as universidades utilizaron, como esteos dentro dos seus sistemas de intercambio, o labor dun número elevado de docentes universitarios que actuaron como coordinadores de intercambios a nivel internacional e, por tanto, estiveron en contacto co sistema europeo de créditos durante moito tempo e en moitas máis ocasións que aqueles docentes que non coordinaban ou titoraban estudantes de intercambio. O grupo de traballo decidiu que a enquisa fose idéntica para os dous colectivos de forma que se evidenciasen estas diferenzas. Responderon á enquisa un total de 166 docentes. 4.1.4. Tratamento, edición e análise dos datos. Para o tratamento, a análise e a codificación dos datos creouse unha aplicación informática específica que facilitou a elaboración de gráficos temporais e histogramas de sinxela visualización para mostrar os resultados obtidos das enquisas. 4.2. Resultados. 4.2.1. Percepción e realidade da implantación do desde o punto de vista de estudantes das tres. Desde o inicio dos programas europeos de intercambio (1987), as tres puxeron en marcha unhas estruturas institucionais de apoio (tanto ao docente como ao estudante) para facilitar o bo fin destes, e impulsaron igualmente a implantación e o coñecemento do. Neste sentido, a evolución da mobilidade dos estudantes Erasmus en Galicia reflíctese nos gráficos 16 a 35: { 46 }

Gráfico 16. Mobilidade de estudantes Erasmus recibidos e enviados. Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 17. Mobilidade de estudantes galegos Erasmus con e sen bolsa e meses. { 47 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 18. Estudantes galegos Erasmus por país de destino. ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS { 48 }

Gráfico 19. Estudantes Erasmus en Galicia por país de orixe. Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS { 49 }

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 20. Estudantes galegos Erasmus por área de estudo. { 50 }

Gráfico 21. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus. UNIVERSIDADE DA CORUÑA Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 51 }

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 22. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus por países de destino. UNIVERSIDADE DA CORUÑA { 52 }

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Gráfico 23. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus por países de orixe. UNIVERSIDADE DA CORUÑA Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 53 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 24. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus propios por ámbitos científicos. UNIVERSIDADE DA CORUÑA Gráfico 25. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus estranxeiros por ámbitos científicos. UNIVERSIDADE DA CORUÑA { 54 }

Gráfico 26. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 55 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 27. Evolución da mobilidade de estudantes erasmus por países de destino. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS { 56 }

Gráfico 28. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus por países de orixe. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS { 57 }

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 29. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus propios por centros. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA { 58 }

Gráfico 30. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus estranxeiros por centros. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 59 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 31. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus. UNIVERSIDADE DE VIGO { 60 }

Gráfico 32. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus por países de destino. UNIVERSIDADE DE VIGO Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS { 61 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 33. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus por países de orixe. UNIVERSIDADE DE VIGO ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS { 62 }

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Gráfico 34. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus propios por centros. UNIVERSIDADE DE VIGO Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 63 }

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SUG: UN ANTECEDENTE AO ECTS Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Gráfico 35. Evolución da mobilidade de estudantes Erasmus estranxeiros por centros. UNIVERSIDADE DE VIGO { 64 }

Dos gráficos anteriores dedúcese o seguinte: Un aumento progresivo da mobilidade do estudantado das que tivo que utilizar nos seus desprazamentos ao estranxeiro os mecanismos ECTS. Un aumento progresivo na recepción de estudantado estranxeiro, onde destacan a Universidade de Santiago de Compostela e a da Coruña por seren dúas universidades en que a cifra de estudantado recibido é maior que a do estudantado enviado. Este aumento dos fluxos de estudantes enviados é significativo se se ten en conta, ademais, a diminución da dotación económica. A media nacional da dotación mensual no curso 2003-2004 foi de 95 euros, inferior á media europea. Por outra parte, estes fluxos de mobilidade vense moi pouco afectados polo descenso demográfico da poboación estudantil, imparable desde o ano 2000 (táboa 1. Estatísticas do Ministerio de Educación e Ciencia): ALUMNOS DE PRIMEIRO E SEGUNDO CICLO Evolución do número de alumnos clasificados por tipo de universidade e centro TODAS AS UNIVERSIDADES Universidades públicas Ano académico 1998-99 1999-00 2000-01 2001-02 2002-03 2003-04 1.582.795 1.589.473 1.555.750 1.525.989 1.506.248 1.482.042 1.489.155 1.486.912 1.438.294 1.403.594 1.378.869 1.349.248 Centros propios 1.386.201 1.378.185 1.339.413 1.310.730 1.297.264 1.270.415 Centros adscritos 102.954 108.727 98.881 92.864 81.605 78.833 Universidades privadas e da Igrexa católica 93.640 102.561 117.456 122.395 127.379 132.794 Táboa 1. Evolución do número de alumnos de 1º e 2º ciclo. A comunidade estudantil adoita estar pouco implicada nos cambios estruturais que afectan á realidade das universidades mais, no caso específico da implantación do sistema europeo de créditos, gozouse da vantaxe de ter un número importante de estudantes que se viron expostos ao por participaren durante os últimos anos en programas de intercambio europeo. Para a realización deste estudo, enquisamos ao estudantado que participou no programa Erasmus dos tres cursos académicos 2001-2002, 2002-2003 e 2003-2004. As preguntas máis significativas da enquisa realizada a estes estudantes foron: 1 Cales foron os factores que o/a motivaron para ir ao estranxeiro?. 2 Como obtivo información do programa de estudos da institución de acollida?. 3 Utilidade desta información?. 4 Proporcionóuselle algún acordo de estudos antes do comezo do seu período de estudos no estranxeiro?. 5 Utilizou ECTS?. 6 Obtivo recoñecemento académico do seu período de estudos no estranxeiro?. 7 Obtivo créditos por completar cursos de idiomas?. 8 Valoración académica da súa estancia Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 65 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia 1. CALES FORON OS FACTORES QUE O/A MOTIVARON PARA IR AO ESTRANXEIRO? { 66 }

2. Como obtivo información da institución de acollida?. A través de: Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 67 }

3. Utilidade desta información: Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 68 }

4. proporcionóuselle algún acordo de estudos antes do comezo do seu período de estudos no estranxeiro?: Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 69 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia 5. Utilizou ECTS (Sistema de Recoñecemento de Créditos Europeo?: { 70 }

6. Obtivo recoñecemento académico do seu período de estudos no estranxeiro?: Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 71 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia 7. Obtivo créditos por realizar cursos de idiomas?: { 72 }

8. Valoración académica da súa estancia: Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 73 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia Os gráficos anteriores son claros en canto aos seus resultados e, neste sentido moitas delas non necesitan comentarios. Porén, cómpre salientarmos algúns datos entre os que hai que mencionar que hai unha desproporción entre o estudantado que afirma non utilizar ou non coñecer o, os recoñecementos de estudos e a obrigatoriedade de proporcionar ao estudante un contrato de estudos valido e previo en formato ECTS de acordo ao establecido na ERASMUS CHARTER e as declaracións de Política Europea das tres universidades. 1. Cales foron os factores que o/a motivaron para ir ao estranxeiro?. As tres reciben uns resultados similares que determinan unha curva gráfica parecida onde se destaca a importancia dos factores académicos como a motivación fundamental para iniciar un período de estudos no estranxeiro. 2. Como obtivo información da Institución de acollida?. Fundamentalmente esta información é recibida a través da Institución de orixe, mais vese un claro incremento do uso de Internet para acceder ás informacións (principalmente académicas necesarias). 3. Utilidade desta información. As opinións aquí son diverxentes, non obstante, as respostas recibidas por universidade indícannos unha mesma tendencia en curva. 4. Proporcionóuselle algún acordo de estudos antes do comezo do seu período de estudos no estranxeiro?. (base do ) Na UDC e na USC existe unha tendencia mantida durante os últimos cursos que nos di que o 85% do estudantado recibe un contrato de estudos previo. Na UVI detéctase a tendencia contraria, acadando a porcentaxe do 39% de alumnos que non o recibe. 5. Utilizou o. Debemos ter en consideración que, cando os estudantes responden á pregunta 5, as diferenzas entre as tres universidades son moi acusadas, desde o 34% da UDC, o 67% da USC ou o 68% da UVI. Precisamente este último dato contrasta coa porcentaxe de estudantes da UVI que reciben o compromiso de estudos previo e que apenas é do 53%. 6. Obtención do recoñecemento académico do seu período no estranxeiro. As cifras (en porcentaxe) das tres universidades son moi similares: 77%, 75% e 68%, ao igual que sucede nos resultados da pregunta 7. Obtivo créditos por realizar cursos de idioma?. 8. Valoración posterior á súa estancia. O principal motivo do estudantado para participar nun intercambio son os motivos académicos, e na pregunta 8 constátase unha correspondencia entre esa motivación e a satisfacción final en termos académicos, que polariza entre boa e excelente un 70% das respostas, e que alcanza o 90% no caso de sumar as contestacións que cualifican a parte académica como normal. 4.2.2. Percepción e realidade da implantación do desde o punto de vista de estudantes estranxeiros participantes en programas de intercambio nas. Nos últimos 10 anos as experimentaron un gran crecemento no número de estudantes estranxeiros recibidos, non só de Europa senón tamén de América Latina e dos Estados Unidos. A enquisa elaborada de forma conxunta polas tres entregouse, unicamente, ao estudantado procedente de Europa para non alterar os posibles resultados, dado o gran descoñecemento existente noutras partes do mundo do novo sistema europeo ECTS. Seleccionouse o estudantado do curso académico 2004-2005 e preguntóuselle o seguinte: A. Na túa universidade utilizan o?. B. Facilitáronche na túa universidade un contrato de estudos?. C. Foi antes ou durante a túa estancia en Galicia?. { 74 }

D. Que tipo de créditos utilizas no contrato de estudos: só locais, só ECTS ou os dous?. E. Enviaches á túa universidade de destino en Galicia xunto coa solicitude e o Learning Agreement unha certificación académica?. F. Obterás un recoñecemento académico do teu período de estudos en Galicia?. G. A túa universidade de orixe utilizará o sistema de cualificacións ECTS (A+, A, B,C,D,E,FX,F)?. H. Na túa universidade existe unha guía ou catálogo informativo ECTS?. I. Está dispoñible na páxina web?. J. As materias do plan de estudos da túa universidade teñen asignado un número de créditos ECTS?. Recibíronse un total de 574 enquisas. Un 74% do estudantado confirmou que nas súas universidades si se utilizaba o. Un 83% sinalou que nas súas universidades facilitáranlles un contrato de estudos antes da súa estancia en Galicia. É estraño que un 64% indicou que no contrato de estudos utilizaron créditos ECTS (cando na maioría dos plans de estudo das universidades de Santiago de Compostela e Vigo as materias aínda non teñen asignados os créditos ECTS), fronte a un 13% que sinalou só créditos españois. Na Universidade da Coruña, onde varias titulacións teñen os créditos ECTS aprobados oficialmente, un 80% dos estudantes estranxeiros sinala que utiliza estes créditos ECTS. Tamén se nota a diferenza no envío das certificacións académicas ( Transcript of records ) á universidade de destino, onde o 55% sinalou que enviou estas certificacións á Universidade da Coruña, porén, só un 22% dos estudantes enviounas ás outras (preguntas A a K). A. Na túa universidade utilizan o? B. Facilitáronche na túa universidade un contrato de estudos? Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 75 }

Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia C. Foi antes ou durante a túa estancia en Galicia? D. Indica qué tipo de créditos utilizas no contrato de estudos: E. Enviaches á túa universidade de destino en Galicia xunto coa solicitude e o Learning Agreement unha certificación académica? Respecto ao recoñecemento académico (preguntas F e G), un 73% dos estudantes afirmou que si se lle recoñecería os estudos cursados en Galicia mais só un 11% sinalou que a súa universidade utilizaría o sistema de cualificacións ECTS para recoñecelos. Un 47 % dos estudantes descoñecía o sistema de cualificacións que utilizará a súa universidade. { 76 }

F. Obterás un recoñecemento académico do teu período de estudos en Galicia? G. A túa universidade de orixe utilizará o sistema de cualificacións ECTS (A+, A, B, C, D, E, FX, F)? Un 74% dos estudantes estranxeiros si confirmaba que nas súas universidades se empregaba o sistema ECTS e un 62% descoñece se na súa universidade existe unha guía ou catálogo informativo ECTS (pregunta H). Un 59% afirmou, non obstante que as materias dos planos de estudo das súas institucións si teñen asignado un número de créditos ECTS (pregunta J). Todos os estudantes descoñecían a cantas horas equivalía un crédito ECTS na súa universidade de orixe. H. Na túa universidade existe unha guía ou catálogo informativo ECTS? Desenvolvemento do sobre a no Sistema Universitario de Galicia { 77 }