A paisaxe patrimonial en Pena Furada

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

O relevo e as costas de Galicia

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Informe mensual do paro rexistrado

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña)

Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

Escavación, traslado e posta en valor do petróglifo de O Viveiro (Moaña, Pontevedra) INTRODUCIÓN 1

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

Novas estacións rupestres na parroquia de S ta Mª de Ois (Coirós, A Coruña)

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Laboratorio do Territorio

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Gravados rupestres no Couto dos Golpes (Santa Cruz do Salto, concello de Cabanas)

Contribución á carta arqueolóxica da Península do Barbanza: dezasete petroglifos e unha mámoa -inéditosdo Concello de Porto do Son (A Coruña)

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

A máquina de escribir

Mapa de accidentalidade

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

Programación de proba libre de módulos profesionais

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

Absorbentes solo aceites

TÚMULO 5 DE TORNO DOS MOUROS (ORTIGUEIRA, A CORUÑA). PRIMEIROS RESULTADOS

Os castros do concello de Oleiros

Escola Superior Gallaecia Mestrado integrado em Arquitectura e Urbanismo Dissertação - Tema sobre Urbanismo

Informe sobre o antigo mosteiro de Nosa Señora das Donas, de Betanzos: características, evolución e estado actual do edificio

P.E.P.R.I. Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO ANTIGO ANEXO ENQUISA A FAMILIAS

FUNDAMENTOS DEL MANAGEMENT DEL DISENO (SPANISH EDITION) BY KATHRYN BEST

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Revista Galega de Economía Vol (2018

Territorios a examen III. Territorios a exame III

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

A NATUREZA DA COMPETENCIA NO MERCADO DE AUDITORÍA: UNHA AVALIACIÓN DA LITERATURA 1

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

RSE. e desenvolvemento sustentable

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

MAQUINARIA PARA INSTALACIONES DE GRIFOS Y DISPENSADORES PORTÁTILES

Welcome to Greenman and the Magic Forest

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

ECONOMÍA APLICADA 13

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS BETANZOS

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

CONCI:LLO DE SANTIAGO

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

10. REXENERACION NATURAL E REXE- NERACION FORZADA DA VEXETACIÓN Mercedes Casal

Referentes para a avaliación


A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

EMIGRACIÓN DE RETORNO NA GALICIA INTERIOR. O CASO DE ANTAS DE ULLA

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Estratexia

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

Tiñamos constancia por Martínez Santiso da existencia do Cuartel do Reximento de

Mensual independente da Ulloa Ano 7. Nº 77. Setembro O instituto de estudos ulloáns recibe o Premio Son d Aldea 2018

Esteiro do Sor 02_02_ EMPRAZAMENTO DATOS XERAIS

Notas para o estudo das primeiras arquitecturas industriais na Estrada

CM Cociña e gastronomía

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

Ensinanzas Técnicas. Portos. Alberte Castro Ponte, David Cota Mascuñana Emilio F. García García, Alejandro Rey Seoane Jesús Busto Míguez

RECURSOS E INSTRUMENTOS

CASA POPULAR GALEGA TIPOLOXÍA

Visita de Estudo TERRA CHÁ. ÁREA DE COLONIZACIÓN. 29 Marzo, 2006 PROXECTO: RESUMO. Future Approaches to Land Development

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

Probas dos elementos internos do alternador

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

PLANO ESPECÍFICO DE INFRAESTRUTURAS DA PARROQUIA DE VERDUCIDO

O TRANSPORTE COMO PRODUTO TURÍSTICO EN GALICIA: UNHA ANÁLISE DA OFERTA ACTUAL

00. PRESENTATION GENERAL INFORMATION OFFICIAL SPONSORSHIP OPTIONS... 5 COMMERCIAL AREA... 5

Sistemas de Información Xeográfica aplicados á arqueoloxía urbana: o SIP de Santiago de Compostela

A minería do wolframio en Galicia durante o século XX

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

Transcription:

A PAISAXE PATRIMONIAL EN PENA FURADA A paisaxe patrimonial en Pena Furada ILDEFONSO GARCÍA DE LONGORIA RAMOS* Sumario Se parte de un estudio técnico «Global» para proponer una intervención práctica «Local», con objeto de mejorar el impacto visual que el yacimiento de Pena Furada ejerce en su territorio, lo que permite una reciprocidad entre lo lejano y lo próximo y la figura y el fondo. La mejora escenográfica nos ha permitido comprobar la posible interacción y conexión visual entre los distintos hitos paisajistas del Concello de Coirós (Pena Furada-Espenuca) un diálogo que posibilita y estructura nuevas intervenciones. Abstract It s part of a technical «Global» study and the purpose of a practical «Local» intervention in order to improve the visual impact of the site of Pena Furada exerts on its territory.the scenic improvement has allowed us to test the possible interation and visual connection between the different landscape milestones of the town hall of Coirós (Pena Furada-Espenuca). A dialogue structure that enables new interventions. 1.- UN CAMIÑO DE IDA E DE VOLTA É moi curioso observar como un mesmo espazo se elixe, se apropia e se vive por distintas sociedades ó longo do tempo. Ás veces son os valores inmateriais os que dan sentido a estes espazos. Outras son os materiais ou os funcionais os que dominan. Desta amalgama ou delimitación difusa e permeable, aparecen na nosa paisaxe uns focos ou * Ildefonso García de Longoria Ramos é arquitecto paisaxista, membro da Asociación Vedoreira... 153

ILDEFONSO GARCÍA DE LONGORIA RAMOS puntos quentes que quedan impresos de forma indeleble no territorio dende a noite dos tempos. En posteriores evolucións culturais estas apropiacións dos lugares e incluso das vías que os poñen en contacto (como, por exemplo, os camiños de Santiago), poden facernos pensar en posibles conexións do cosmolóxico co material. Isto é o que acontece dunha o doutra maneira en Pena Furada. Nunha ocasión ensináronme a ver a paisaxe distinguindo o que é Estrutura do que é Textura. Eu entendino do seguinte xeito: a Estrutura ten unha presenza máis duradeira e estable fronte á Textura que é máis dinámica e variable. Por iso vou comezar cunha visión puramente material da área ocupada polo concello de Coirós. Na Imaxe 1 podemos observar como no concello de Coirós se confronta o granito de dúas micas debilmente deformado do oeste (de cor verde) co ortoneis facies de borde do leste (de cor malva). Este sistema xeolóxico conforma un eixo Norte-Sur que relaciona Pena Furada co Monte da Espenuca dende a súa estrutura litográfica. Por iso tampouco é estrano imaxinar que haxa unha interferencia máxica, espiritual, simbólica, telúrica ou como queira chamarse cando xa existe unha conexión entre estes dos puntos, ó pertencer a un mesmo límite claro entre dúas tipoloxías xeolóxicas. Como pode verse tamén nesta primeira ilustración, a esta escala 1:50.000 amósase a relación entre o entorno próximo de Pena Furada coa súa área administrativa. Nesta delimitación de Coirós é sinxelo observar como esa liña ideal, con fins burocráticos e de xestión, ten moito que ver coa orografía ou morfoloxía deste concello. Chegados a este punto é preciso facer unha pequena reflexión sobre a multiescalaridade como ferramenta que permite ós arquitectos, enxeñeiros, arqueólogos e paisaxistas analizar os seus traballos dende o «Glocal». É dicir, pensando en «Global» para actuar en «Local». Por explicalo dalgunha forma, a escala consiste en escoller esa proporción que nos permite representar un plano de forma adecuada (sen que falte nin sobre nada). Tamén hai que ter en conta que ese plano debe ter unha intención o unha mensaxe clara ó servir para algunha finalidade. Desta forma, iniciar este escrito facendo mención a un plano xeolóxico a escala municipal, non deixa de ser un grave erro (é lóxico pensar que un plano xeolóxico debería abarcar como mínimo unha comarca ou varias unidades paisaxísticas). Existen unha escusa para xustificar isto. Este entorno municipal permítenos presentar de forma óptima a situación de Pena Furada, analizando a súa Estrutura Física e Construída máis próxima, a metade de camiño entre o espazo ocupado por toda a súa comarca e ó do propio xacemento. Como conclusión cabe destacar que este erro é bastante frecuente e orixina o seguinte problema. O salto entre o xenérico e o singular, e entre o singular e o xenérico, pode orixinar a perda ou falta de visibilidade dalgún elemento que lle dé sentido, ou ben a todo o ámbito de influencia, ou ben ó elemento máis obvio e con máis identidade. Esta é sen dubida algunha a gran lección aprendida neste proxecto: é o conxunto o que nos permite comprender as partes o son as partes as que dan sentido á totalidade. Aínda non sabemos a resposta, pero para levar a cabo a tarefa desta posta en valor, fomos quen de repetir varias veces ese camiño de ida e volta. 2.- O PLANO COMO FERRAMENTA DE ANÁLISE E DE TRABALLO Se tras esta introdución poñemos o punto de mira no xacemento arqueolóxico cun criterio «Local» e ampliamos o recadro vermello de PENA FURADA da ilustración anterior pasando da escala 1:50.000 a escala 1:2.000 chegamos á seguinte imaxe. 154

A PAISAXE PATRIMONIAL EN PENA FURADA Neste nova lámina (Imaxe 2) decatámonos de cómo se pode cruzar e sintetizar, mediante o emprego dos actuais Sistemas de Información Xeográfica (SIX), toda á información dispoñible en rede. Con esta ferramenta mesturamos nun mesmo plano información provinte: -Da páxina do Catastro, para localizar as distintas parcelas e coñecer os seus propietarios. Do PXOM, onde figura un catálogo de elementos patrimoniais a súa localización e áreas de respeito e protección integral. -Do visorgis do CMATI onde se poden visualizar os usos forestais e agrícolas, así como a súa evolución dende o vó americano de 1956 ás pendentes, ó relevo, e á incidencia do Sol. Do IGN e do IGME os modelados do terreo (MDT) que nos permitiron sacar as curvas de nivel ou o sombreado do terreo e a xa mencionada estrutura do chan. Este nova ilustración tivo unha dobre operatividade: Por unha banda, converteuse no «Plano Base» que serviu de sistema de análise e síntese co que comezar a discutir e xestionar o proxecto. E por outra, funcionou como ferramenta para o traballo de campo con algún que outro malentendido solucionado cunha App para móbil do IGN coa que operaba a empresa madereira. Nesta representación pódense ver de forma directa as liñas de traballo do grupo pluridisciplinar que se formou para esta posta en valor, que son as seguintes: -Aproveitar a propiedade municipal para estabilizar e restaurar os restos arqueolóxicos cun informe dirixido a Patrimonio para tramitar a súa aprobación. 155

ILDEFONSO GARCÍA DE LONGORIA RAMOS -Limpar, recuperar e sinalizar os camiños de acceso pertencentes a Área de Respecto deste Ben de Interese Cultural (B.I.C.). -Segregar os tráficos: rodado, por un lado, e ciclista e peonil por outro. -Realizar unha limpeza forestal na Área de Respecto para mellorar o carácter bilateral de fito paisaxístico e atalaia deste lugar. -Intentar recuperar un antigo acuífero do que se tiñan testemuñas orais dos máis vellos. -Visualizar e recompoñer a estrutura parcelaria, moi deteriorada por accións, a pequena escala, de apropiacións dos lindeiros e as servidumes, e de ampliación de camiños, a gran escala, para facilitar a entrada de maquinaria pesada. -Analizar en profundidade a Área de Protección Integral para divulgar o coñecemento deste xacemento e os seus petróglifos. Isto mediante un panel informativo in situ, coa finalidade de que sexa valorado, entendido e así conservado por todos e entre todos, dende o seu propio contexto físico. 156

A PAISAXE PATRIMONIAL EN PENA FURADA 157

ILDEFONSO GARCÍA DE LONGORIA RAMOS 3.- O PLANO COMO ANÁLISE DA NOVA REALIDADE Deixando agora os planos como ferramenta, pasamos a un novo capítulo onde prima a realidade. Unha realidade que foi comprendida dende a súa Estrutura «Global» para tan só poder actuar na súa Textura «Local». Os resultados de novo volven a ser moi intuitivos e pretendemos que se entendan a simple vista. Con estas lecturas en paralelo das anteriores fotografías propoñemos agora un análise de cuncas visuais coa mesma lectura temporal que parte do ámbito comarcal da Reserva da Biosfera para chegar ó ámbito municipal do Concello de Coiros. Con esta secuencia de imaxes é preciso insistir unha vez máis en que estamos facendo unha análise en dúas direccións opostas (dende o xenérico ata o singular, e dende o singular ata o xenérico). É dicir, a parella de fotografías estilo panorámico amosa a relación de dominio visual que Pena Furada exerce como punto de observación sobre o seu territorio próximo. E as dúas fotos no formato máis habitual amosan como Pena Furada é un Punto de Referencia nesta mesma área de influencia. Por outra banda, a seguinte serie de planos é un intento de analizar do mesmo xeito esta interacción antes e despois da intervención, mantendo esa visión «Multiescalar», «Glocal» e de «Ida e volta». A conclusión é moi simple: un novo elemento na Textura da paisaxe como é o uso forestal, orixina a ruptura Estruturante, tanto das relacións visuais entre os elementos culturais (a nivel territorial), como do diálogo entre o parcelario e os camiños que aparece no modo de apropiación do chan (a un nivel máis humano). O abandono das actividades agrícolas leva consigo a ruína, tanto das parcelas como dun viario que ten que adaptarse de forma agresiva e sen planificación a unha explotación masiva. A vertixinosa inercia orixinada 158

A PAISAXE PATRIMONIAL EN PENA FURADA polas economías globalizantes obriga ó emprego de maquinaria pesada para a corta e transporte dun arborado de gran porte e rápido crecemento, que pouco ou nada ten que ver co noso minifundio. Por outra banda, as labores tradicionais de mantemento destes camiños, e os seus equipamentos asociados (fontes, manantiais, bancos, regos, lavadeiros ) quedan en desuso e pérdense para sempre por falta de relevo xeracional. Falando claro, a explotación do eucalipto orixina unha eminente barreira visual que racha coas conexións que existen entre elementos naturais e patrimoniais que organizan o territorio. Desta forma, camiños reais, castros, mámoas, petróglifos, torres medievais, igrexas, cruceiros e campos santos, perden a súa continuidade e descontextualízanse dun territorio excesivamente fragmentado, do mesmo xeito que os acuedutos e regos que alimentaban fontes, muíños e batáns. A solución podería estar na multifuncionalidade das especies arbóreas autóctonas tratadas con micorrizas. Con este sistema acadariamos un 3 x 1, de xeito que a explotación de madeiras de alta calidade poderíase enriquecer coa produción de castaña e de seta, dous produtos cun enorme valor gastronómico. Con este posible plan de xestión, poderíase restaurar con moi pouco esforzo unha estrutura agro-forestal que agora mesmo está «a monte» e que presenta unha inercia de desenrolo moi pouco sostible no tempo, pola súa fenda ecolóxica. Volvendo ó caso que nos ocupa, e dende un punto de vista «Patrimonial» - «Global», a mellora das cuncas visuais permite relacionar castros, petróglifos, mámoas e parroquias tanto co Camiño Inglés como coas principais vías de comunicación (estrada nacional e autovía). Todo isto sen esquecer o gran valor que podería ter o trazado tradicional do Ferrocarril nesta área, como percorrido turístico, dende o que coñecer: paraxes de marisma 159

ILDEFONSO GARCÍA DE LONGORIA RAMOS Rochas singulares: 1.- Primeira Porta. 2.- Segunda Porta. 3.- Antropomorfo feminino con rasgos sexuais destacados (A Moura) e pía cuadrangular. 4.- Terceira Porta- Balcón. 5.- Rocha tallada en ángulo recto. Marcas e gravados: 6.- Vea de seixo marcada cun cruciforme na súa parte posterior. 7.- Cruciforme. 8.- Antropomorfo parcial. 9.- Cruciforme. 10.- Antropomorfo moderno e cazoletas. 11.- Perpiaño con marca. Foto aérea realizada con vuelo Dron por David Santos Hernández. 160

A PAISAXE PATRIMONIAL EN PENA FURADA Foto aérea realizada con vuelo Dron por David Santos Hernández. a pé da ría, viñedos e furanchos (local de tempada, entre febreiro e maio, xeralmente habilitado nunha adega particular, onde se venden os excedentes do viño que o propietario elabora para o seu consumo particular) de gran valor etnográfico, e todo o patrimonio cultural medieval, indiano e industrial dispoñible nesta comarca. Un trazado que sen dubida algunha se pode enriquecer enormemente con roteiros intermodais que conecten terra, mar e aire se é preciso. Se a este conxunto de experiencias lle engadimos a fama da nosa gastronomía e paisaxe, o éxito está asegurado. Ademais, dende o punto de vista «Patrimonial» - «Local», se en Coirós recuperamos o bosque caducifolio tan só nas cuncas visuais, poderiamos reconverter lugares como Pena Furada nesa atalaia natural dende a que os vellos lembraban todas as festas patronais da zona ó ter unha multitude de parroquias no seu horizonte próximo e lonxano. De forma paralela, sería posible visualizar aquela relación xeolóxica, xa comentada ó comezo destas liñas, entre este lugar e a outra icona paisaxística, A Espenuca. 4.- POSTA EN VALOR E DIVULGACIÓN DO COÑECEMENTO Para rematar, amosamos a lámina resumo desta intervención, que foi colocada no panel informativo situado nas inmediacións do xacemento. Para a súa elaboración partiuse dos amplos coñecementos xa existentes, que foron actualizados coa valiosa aportación de información obtida despois dos recentes traballos arqueolóxicos. Este é o esquema definitivo que idealiza e permite comprender este conxunto acompañado da seguinte descrición: 161

ILDEFONSO GARCÍA DE LONGORIA RAMOS A Pena Furada está emprazada nun pequeno esporón granítico onde aflora unha veta de seixo facilmente observable. É un espazo que se proxecta sobre o val do río Mendo a 280 m sobre o nivel do mar. O lugar destaca por ter unha visibilidade excepcional, chegando a un radio de 30 Km, que alcanza dende o mar ata as chairas altas, establecendo unha relación bipolar co seu paisaxe próximo: como atalaia natural que domina toda a cunca visual e como icona ou punto de referencia no ámbito territorial. O xacemento de Pena Furada é un outeiro intervido a través de actuacións arquitectónicas ordeadas que monumentalizaron o lugar dunha forma que potencia e realza valores naturais, visuais e cosmolóxicos pola incidencia da luz solar. En todo o conxunto destaca un antropomorfo coñecido como «A Moura», unha figura co sexo feminino moi destacado que podería representar a fertilidade no simbolismo da idade de Ferro. A figura da Moura está orientada ó oeste polo que é no mediodía cando mellor se pode apreciar, pasando desapercibida no mencer e atardecer. Por encima da Moura, un pouco á dereita, atopamos unha pía cuadrangular que podería servir para a realización de ofrendas. Posteriormente o lugar foi cristianizado a través da Igrexa de Santa Marina de Lesa, situada a 800 m e tamén orientada estratexicamente. Mais información en: <www.penafurada.net> A Moura de Pena Furada (Coirós, A Coruña). Foto: Elisardojm <http://commons.wikimedia.org/>. 162