PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

Similar documents
ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Á Mesa do Parlamento

Mapa de accidentalidade

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

MEMORIA DE ACTUACIÓN Casa de Acollida para Persoas Afectadas polo VIH-SIDA 2014

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA INGLES. RESTAURACIÓN HOTR043PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13


FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O relevo e as costas de Galicia

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

memoria de responsabilidade social corporativa

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

C O N C E L L O A G U A R D A

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Guía do alumnado. Modelo MD85ACO01. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

PONTEVEDRA NON-STOP 6-12 HORAS BTT

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

TAXAS POLOS SERVIZOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS, PREVENCIÓN DE RUÍNAS, DERRIBAS, SALVAMENTOS E OUTROS ANÁLOGOS.

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Informe mensual do paro rexistrado

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA OS TRABALLADORES QUE ENTREN EN CONTACTO CON CASOS POSIBLES OU CONFIRMADOS DE ÉBOLA

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

Programación de proba libre de módulos profesionais

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 7 de xullo de 2009

Memoria Escola Galega de Administración Pública

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

Comité asesor. SUMARIO Vol. 3 nº 1 marzo Consello de redacción. Presidente Javier Bouzada Romero

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 9 de marzo de 2018

' 11. De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Transcription:

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO 1.- OBXECTO DO CONTRATO. 1.1.- REFERENCIAS LEXISLATIVAS: O contrato ten por obxecto a execución material do servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia, nos termos previstos nestas prescricións técnicas e no prego de cláusulas administrativas,en base ás competencias municipais que establece a Lei /85 de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, nos seus artigos 25.2 K e 26.1.c e de acordo cos criterios establecidos na Lei 13/2008 do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, que no seu artigo 11.1.f establece que lle corresponde ós Servizos socias comunitarios básicos a xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, recollidas na Lei 39/2006 de 14 de Decembro de promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de Dependencia, que introduce importantes cambios que afectan á propia concepción dos servizos de axuda no fogar, ás súas características, e a intensidade dos mesmos. Así mesmo, en concordancia coa Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia, desenvolvese a Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula de forma xeral os servizos de axuda no fogar que se desenvolvan no territorio da nosa Comunidade Autónoma, e posteriormente o Decreto 99/2012 polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. 1.2.- CONTIDO DO SERVICIO. O Servizo de Axuda no Fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás Persoas valoradas como dependentes, no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal. Para o desenvolvemento do servizo e mediante persoal cualificado prestaranse unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial, educativo, preventivo, doméstico e técnico, ás familias e persoas con dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico, proporcionándolle a posibilidade de continuar no seu contorno habitual, mentres isto sexa posible e axeitado, evitando a institucionalización. 1.2.1.- DESTINATÁRIOS DO SERVICIO. Serán destinatarios do servizo as persoas valoradas como dependentes, que accedan ao servizo de axuda no fogar a través do sistema de atención á dependencia. 1.3.- OBXECTIVOS DO SERVICIO. O obxectivo xeral do SAF persegue promover unha mellor calidade de vida das persoas, potenciando a súa autonomía e unhas condicións axeitadas de convivencia no seu propio contorno familiar e socio comunitario.

1.4.- TAREFAS INCLUÍDAS NA EXECUCIÓN DO SERVICIO. A través de persoal cualificado, prestaranse unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial, educativo, preventivo, doméstico e técnico, que de conformidade coa valoración realizada polos servizos sociais, incluirá a seguinte tipoloxía de tarefas: 1.- Atencións de Carácter Básico.- 1.a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como: 1. Asistencia para levantarse e deitarse. 2. Apoio e/ ou realización da hixiene persoal: baño, cambio de roupa, lavado de cabelo e todo aquilo que requira a hixiene habitual, especialmente precisa en persoas encamadas e incontinentes. 3. Control do réxime alimentario e axuda persoal para aqueles/as usuarios/as que non podan comer por si mesmos. 4. Supervisión na toma de medicación e administración, se procede, de medicamentos simples prescritos polos facultativos. 5. Apoio ou axuda para cambios posturais, mobilizacións, orientacións espazo temporais. 6. Apoio para a deambulación e transferencias. 7. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia. 1.b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria,tales como: 1. Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas, tratamentos ou a outras actividades de ocio e/ou convivencia social. 2. Apoio na realización de xestións necesarias. 1.c) Atencións das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como: 1. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda. 2. Adquisición de alimentos e outras compras por conta do/a usuario/a. 3. Preparación dos alimentos no fogar. 4. Lavado, pasar o ferro, repasar e ordenar a roupa. 5. Coidados básicos da vivenda. 6. Realizaranse atencións puntuais para a posta en marcha ou para o mantemento do servizo como pode ser unha limpeza a fondo do fogar. 7. Calquera outra tarefa necesaria para o normal funcionamento do domicilio do usuario, e sinalada no informe social. 1.d) Atencións de carácter psicosocial e educativo tales como: Refírense ás intervencións de apoio ó desenvolvemento das capacidades persoais, da organización da economía doméstica, da afectividade, da convivencia e estrutura familiar, e da integración na comunidade onde se desenvolva a vida do/a usuario/a, tales como: 1. Axuda a integración e socialización do/a usuario/as.

2. Cambio de hábitos de orde e limpeza. 3. Informar e orientar sobre aspectos de carácter preventivo e hábitos de vida saudables. 4. Apoio na organización do orzamento familiar. 5. Apoio e orientación nos cambios da dinámica familiar e na estruturación familiar, relacionados coa súa normalización. 6. Práctica en habilidades sociais. 7. Facilita actividades de ocio no propio fogar. 8. Axuda no manexo da correspondencia, teléfono, etc. 9. Comunicación e dialogo co/a usuario/a durante o tempo que dure a prestación. 2.- Atencións de carácter complementario.- Inclúense aquelas xestións ou actuacións que se avalíen precisas e axeitadas, ben para a posta en funcionamento do servizo, para a mellora das condicións do mesmo, e que a empresa adxudicataria puidese prestar como melloras. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida, e que a empresa adxudicataria puidese presentar como melloras. 1.5.- EXCLUSIÓN DE TAREFAS. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo: 1. A realización de actividades que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo. 2. Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo. 1.6.- DEREITOS DAS PERSOAS USUARIAS. As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable, artigo 6 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, e normativa vixente terán dereito: 1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade. 2. A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso. 3. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo. 4. A coñeceren a situación do seu expediente. 5. Ao tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. 6. A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo. 7. A presentar queixas e suxestións ante a empresa adxudicataria do servizo. Neste caso o persoal coordinador da mesma ten a obriga de comunicar ditas queixas ou suxestións ó Concello de RIBADEO puntualmente. 1.7.- DEBERES DAS PERSOAS USUARIAS O RECIBIR O SERVIZO. As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se recollen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais e normativa vixente, terán os seguintes deberes:

1. Residir e estar empadroado/a no termino municipal de RIBADEO. 2. Cumprir coas condicións do servizo, facilitándolle a execución das tarefas ao persoal a cargo e poñendo á súa disposición, se é o caso, os medios materiais necesarios. 3. Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso. 4. A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo. 5. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais. Observar unha conduta baseada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración. 6. Informar dos cambios de calquera circunstancia que impliquen unha modificación que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo. 7. Manter informado sobre os aspectos relativos á súa saúde para mellorar a súa atención, e permitir adoptar as medidas preventivas que se requiran. 8. Participar no pagamento do servizo nos termos que se estableza na súa norma reguladora. 9. Poñer a disposición do persoal do programa os medios, útiles ou ferramentas necesarios e imprescindibles para a prestación do servizo (deterxentes, utensilios de limpeza.. 10. Manter animais domésticos libres de parasitos e debidamente vacinados. 11. Comunicar enfermidades infecto contaxiosas para tomar medidas de protección necesarias para os profesionais e facilitar datos médicos co obxecto de cumprir a normativa de prevención de riscos laborais. 12. A comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con dez días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo. 1.8.- OBRIGAS DA EMPRESA ADXUDICATARIA. 1. A entidade adxudicataria, deberá estar debidamente autorizada de conformidade co establecido no Decreto 143/2007 do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorizacións e acreditación dos programas e centros de servizos sociais, e demais normativa que sexa de aplicación. 2. A empresa adxudicataria deberá acreditar unha estrutura organizativa sólida que faga viable o cumprimento dos compromisos que vai adquirir en canto á responsabilidade xurídica, económica e técnica. 3. A entidade adxudicataria asumirá co inicio do contrato, a prestación do servizo aos usuarios do servizo de axuda no fogar, de dependencia, que se atopen de alta nese momento, segundo a relacion que ao efecto lle faciliten os Servicios Sociais do Concello de Ribadeo. 4. A entidade adxudicataria comprométese a realizar a xestión anteriormente exposta, coa dilixencia e coordinación necesaria a fin de que o programa de axuda no fogar e os usuarios atendidos nese momento non se vexan afectados polos cambios, con total garantía de continuidade do servizo coa mesma cobertura e características en canto a intensidades, horarios e tipoloxía de atencións que viñan recibindo. 5. A entidade adxudicataria non poderá subcontratar a execución da prestación principal do servizo de axudan o fogar, entendendo por tal a atención regular e continuada realizada no fogar da persoa ou unidade de convivencia usuaria, en aplicación do proxecto de intervención deseñado par acada caso. 6. O persoal que preste atención directa nos domicilios dos usuarios estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que deberán estar en posesión do título de

formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade. En todo caso estarase o disposto no artigo 12.2º da orde de 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar. 7. O servizo estará cooordinado por persoal técnico, cunha diplomatura en Traballo Social. A ratio de profesionais necesarios en función dos beneficiarios atendidos, será a seguinte: 8. A entidade adxudicataria facilitará a auxiliar o equipamento necesario para o desenvolvemento da súa actividade, que como mínimo incluirá os uniformes precisos para traballar, que deberán levar adherido un distintivo no que se ilustren as siglas da entidade titular do servizo: Concello de RIBADEO. O concello de RIBADEO facilitará o logotipo referido anteriormente. 9. A empresa adxudicataria contará cun seguro de responsabilidade civil, co obxecto de cubrir todas as continxencias que puidesen sobrevir coa execución do servizo. As contías das pólizas de responsabilidade civil terán unha cobertura mínima de 600.000 por sinistro e 150.000 por vítima, en todo caso, serán acordes á entidade do contrato que se vai materializar, atendendo tanto á súa contía, como á tipoloxía e características dos servizos que se van a prestar, así como ó número de persoas ás que se vai a dar cobertura. 10. A empresa adxudicataria adoptará as medidas laborais necesarias que favorezan a permanencia dos traballadores, tratando de garantizar a continuidade do servizo evitando as rotacións e cambios de auxiliares ós usuarios do servizo, circunstancia que produce desasxustes, desorientación e pode interferir na intimidade do usuario. 11. A empresa adxudicataria está obrigada ó cumprimento e melloras das disposicións vixentes en materia laboral e de seguridade social, así como nas relacionadas coa seguridade e saúde no traballo. A empresa está obrigada ó cumprimento do convenio colectivo laboral que sexa de aplicación en cada momento. Deberá dispoñer dos recursos necesarios para garantizar a aplicación do Plan de Prevención de Riscos Laborais, cumprindo co establecido na normativa que sexa de aplicación. 12. A entidade adxudicataria deberá cumplir coa normativa protectora dos datos de caracter persoal, e non poderá transferir información dos datos persoais dos usuarios a persoas ou entidades sin consentimento do departamento de servicios sociais, previa autorización dos usuarios. 13. Os traballadores/as da empresa non poderán aceptar contraprestacións económicas dos usuarios ó materializar os servicios. 14. A empresa deberá facilitar a localización teléfonica do/a técnico/a no horario ordinario da prestación do servizo por si houbera alguna incidencia de carácter urxente ou grave.

15. Cando a empresa adxudicataria admitise a incorporación de alumnos en prácticas, comunicará esta circunstancia ó Departamento de Servicios Sociais, que autorizara dita actividade, logo da consulta e previo consentimento do usuario. Os alumnos en practicas sempre estarán acompañados polos titulares dos servicios, e nunca os poderán sustituir. 16. A empresa adxudicataria está obrigada a asumir tódalas ordenes de alta que se informen, cos contidos, caracteristicas do servicio, intensidades e horarios que se determinen. 17. Mediante informe do departamento de servicios sociais, a empresa esta obrigada a cambiar a auxiliar asignada a un caso, cando se considere que non se adapta ó perfil do usuario. 18. A empresa ten a obriga de acudira as reunións ás que sexa convocada polo Concello. 19. A empresa esta obrigada a presentar unha memoria anual sobre a execución do servicio na primeira quincena do mes de xaneiro. Non obstante o anterior, o departamento de servicios sociais poderá solicitar durante o ano memorias sobre a evolución do servicio, para poder realizar a avaliación do mesmo. 1.9.- OBRIGAS DO CONCELLO. O Concello como entidade responsable da xestión do servicio público de axuda no fogar, correspondelle a planificación e directrices que en cada momento se consideren oportunas para o optimo desenvolvemento do mesmo, o control, a fiscalización, e a evaluación continuada da execución do servicio. Así mesmo correspóndelle: 1. Desenvolver todo o proceso de intervención persoal ou familiar, recibir valorar e informar a demanda. 2. Comunicar por escrito, polos medios telemáticos máis adecuados as solicitude de alta, baixas, ou modificacións. 3. Elaborar o proxecto de intervención adecuado para cada caso, no que se determinaran: Os datos de identificación e todos aqueles que se consideren necesarios para a execución do servicio: Os horarios nos que se vai prestar o servicio Os días de prestación do servicio A intensidade da prestación do servicio As tarefas que se van desenvolver no servicio 4. O Concello está obrigado a supervisar a organización e execución global do servicio, así como a propoñer os cambios que se puidesen considerar co fin de optimizar a execución do mesmo. 5. O Concello está obrigado a supervisar e revisar os servizos concretos que se presten a cada usuario. 6. O Concello será competente para realizar modificacións na execución dos servicios, circunstancia que deberá comunicar a empresa polos medios que se determinen. 7. Concello está obrigado a coordinarse coa empresa adxudicataria, facilitando a execución do servicio. 2.- ORGANIZACION DO SERVIZO. 2.1.- NORMAS XERAIS PARA A EXECUCIÓN DO SERVICIO.

O desenvolvemento do Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia rexerase por unhas normas básicas que atinxen tanto ós/ás traballadores/as como ás persoas usuarias do SAF. Estas normas será o regulamento de funcionamento do programa. Independentemente das normas que poidan ir implantándose no proceso de execución do servizo, por necesidade do mesmo, establécense como normas básicas as seguintes: 1. O tempo de atención en cada domicilio concordará co establecido no Plan Individual de Atención (PIA), agás que o/a usuario/a renuncie a parte das horas outorgadas, e en todo caso ao recollido no proxecto de intervención elaborado pola traballadora social do Concello. 2. O tempo de atención, a marxe horaria a periodicidade e as funcións e tarefas a desenvolver, serán as establecidas no proxecto de intervención. 3. O auxiliar do SAF axustarase ás normas detalladas no acordo do servizo e cando por calquer motivo a/o usuario/a queira modificar algún aspecto do mesmo, deberá informarlle que ten que solicitar a modificación no Concello, nas dependencias de servizos sociais, que iniciará as xestións oportunas que dean lugar, no seu caso, a modificación da prestación. 4. Como norma xeral, a/o auxiliar non traballará no domicilio do/a usuario/a en ausencia deste, salvo por cirunstancias debidamente informadas polo departamento de servicios sociais. Exceptuando a circunstancia anterior, no caso de que o/a usuario/a non se encontre no domicilio no horario de atención, o/a auxiliar non está autorizada a esperar e deberá poñer en coñecemento do/a Departamento de Servicios Sociais Traballador/a social a incidencia. 5. Calquera incidencia ou suxerencia da/o usuario/a respecto do servizo deberá poñelo en coñecemento do/a traballador/a social e non será dirimido entre a/o auxiliar do SAF e a/o usuario/a. 6. Cando por calquer circunstancia fose preciso realizar un cambio de horario ou substitución dunha auxiliar de axuda no fogar, comunicarase ó departamento de servicios sociais e ó interesado na maior brevidade posible. 7. A/O auxiliar do SAF non poderá ser acompañado/a por ninguén alleo ao SAF cando accede ó seu traballo. 8. A auxilar deberá gardar o segredo profesional das súas actuacións. Tódolos datos do usuário e/ou do marco familiar no que se desenvolva o servicio terán un tratamento confidencial de acodo co disposto na Lei orgânica 15/1999, do 13 de Decembro, de protección de datos de caracter persoal. 9. Os/as auxiliares do SAF non lles está permitido recibir ou custodiar diñeiro, xoias nin obxeto algún do/a usuario/a. 10. A/o auxiliar do SAF non disporá de chaves de ningún domicilio, agás cando as condicións da situación concreta así o esixan, sempre coa demanda e consentimento da/o usuario/a, e o coñecemento deste acordo por parte dos servizos sociais comunitarios.

2.2.- COMUNICACIÓN DAS ALTAS E INICIO DO SERVICIO. 1. Os servizos sociais do Concello, comunicará á Empresa por escrito a asignación dos servizos, facendo constar: Datos do/s usuarios/as do servizo Proxecto de intervención, no que conterá, número de horas mensuais de atención, tarefas que se realizarán, dias de servizo e horario de atención. 2. O comezo do servizo levarase a cabo pola empresa adxudicadora dentro dos 5 días laborais seguintes á notificación, que efectuará o Concello para caso de alta. 3. Por parte da empresa adxudicataria, deberase dar conta os técnicos municipais responsables de calquera incidencia ou alteración no estado do usuario e de calquera circunstancia que varíe ou agrave as necesidades persoais dos usuarios, a fin de realizar as oportunas valoracións. 2.3.- HORARIOS PARA A PRESTACIÓN DO SERVICIO. Os servicios poderánse prestar entre as 8:00 da mañán e ata as 21:00 horas da tarde, nos días laborables, e cando así fose preciso polas circunstancias especiais do/a usuario/a tamén poderá comprender fins de semana e días festivos, en función do establecido no proxecto de intervención elaborado para cada caso. Excepcinalmente e por causa motivada poderase solicitar a prestación do servicio fora dos horarios anteriormente establecidos. A efectos de horarios da prestación dos servicios consideraráse hora ordinaria a prestada de luns a venres e hora extraordinaria a prestada os sábados os domingos e os festivos. A empresa adxudicataria ten a obriga de prestar o servicio nos horarios concretos estabrecidos para cada caso no proxecto de intervención. 2.3.1.- INTENSIDADE NA PRESTACIÓN DO SERVICIO. 1. A intensidade do servizo de axuda no fogar ás persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, ten carácter indefinido e estará predeterminada no seu programa individualizado de atención, trala valoración do seu grado e nivel. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de maneira que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria. O servizo poderá prestarse todos os días da semana, incluídos domingos e festivos. 2. A intensidade do servicio será a establecida no proxecto de intervención que se concrete para cada caso. A efectos da prestación do servicio ó usuario, non se computará o tempo destinado ós desprazamentos entre domicilios. 2.4.- FUNCIÓNS DOS COORDINADORES DA ENTIDADE PRESTADORA. 1. Coordinar na empresa a execución do servizo e os recursos humanos necesarios para materializalos.

2. Manter reunións periódicas cos/as auxiliares de axuda no fogar e cos/as traballadores sociais dos servizos sociais comunitarios do Concello, encargados da planificación, coordinación e control do servizo para garantir o correcto funcionamento do mesmo. 3. Reforzo da formación e reciclaxe continua dos auxiliares do SAF. 4. Realizar un seguimento individualizado dos casos con visitas domiciliarias, con unha periodicidade mínima de dous meses. 5. Presentación bimensual dos informes de seguimentos, nos que constarán as incidencias máis significativas, poderán propoñer as modificacións xustificativas do plan de traballo, horario de prestación do servizo de cada usuario/a, e calquera outra modificación que se estime oportuna, que será valorada polo departamento de servicios sociais. 6. Acompañamento das auxiliares ao domicilio o primeiro día da prestación do servizo, así como cando se produzan cambios de auxiliares e tamén para a resolución de posibles incidencias. 3.- DURACIÓN DO CONTRATO. O presente contrato terá unha duración de 18 meses dende a data de inicio, Non se contempla prórroga. 4. SERVICIO NON PRESTADO. No caso de desprazamento ó domicilio do usuario á efectos de prestación do servizo, si este estivese ausente sen preaviso, aboarase igualmente o custo completo do servizo. 4.1.- SUSPENSIÓN DO SERVICIO. No caso de suspensión temporal do servizo, debidamente motivada e informada polo departamento de servizos socias, este comunicará á empresa cun mínimo de 7 días de antelación dita suspensión. Nestas circunstancias a empresa non poderá facturar servizos non prestados. No caso de que a suspensión temporal do servizo, fose sobrevida e urxente, e polo tanto non comunicada coa debida antelación, a empresa poderá facturar un máximo de un día de servizo. Ribadeo, 22 de abril de 2014. O ALCALDE, Asado. Fernando suarez Barcia