Referentes para a avaliación

Similar documents
Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

DATOS IDENTIFICATIVOS

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Programación de proba libre de módulos profesionais

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

PRO PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CURSO IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES LUGO

RSE. e desenvolvemento sustentable

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

OFERTA XERAL DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO. CURSO ELECCIÓN OUTUBRO 2018

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

Facultade de CC. Económicas e Empresariais

Anexo. Detalle das accións

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

O relevo e as costas de Galicia

Informe mensual do paro rexistrado

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Contido. Profesorado do Contido. Obxectivos da materia. Contidos

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Probas dos elementos internos do alternador

A FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO SOCIAL

A máquina de escribir

Memoria Escola Galega de Administración Pública

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

Laboratorio do Territorio

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

A Facultade dispón de Aula de Informática e Aula de Videoconferencia, situadas no bloque E, planta baixa.

AVALIACIÓN II PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL ENTRE MULLERES E HOMES

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Facultade de Belas Artes

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

Mapa de accidentalidade

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A prensa como recurso nas comunidades de aprendizaxe en educación ambiental Curso Climántica, marzo 2007 María Pilar Jiménez Aleixandre U.S.C.

Á Mesa do Parlamento

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

RECURSOS E INSTRUMENTOS

Nivel de cualificación: 3 INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN


O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

GUÍA DIDÁCTICA DJ AUDIOVISUAL: HOME RECORDING STUDIO

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

ACTIVIDADES DE REFORZO DE 3º DE ESO. XEOGRAFÍA ECONÓMICA APELIDOS : NOME: CURSO:

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EU TAMÉN PODO SER ARTISTA

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

Guía docente Instrumentos Estatísticos de Investigación Económica

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

A Facultade dispón de Aula de Informática e dúas Aulas de Videoconferencia, situadas no bloque E, planta baixa.

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

ECONOMÍA APLICADA 13

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL. Curso: CEIP GREGORIO SANZ. RIBADEO. CURSO

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

PLANTAS INVASORAS. materia Malherboloxía. titulación. Ramón Alberto Díaz Varela

Transcription:

Probas de acceso Ciclos formativos de grao medio de formación profesional Referentes para a avaliación Páxina 1 de 13

Índice 1. Cualificación das preguntas tipo test... 3 2. Referentes para a avaliación... 3 2.1 Competencia en comunicación lingüística... 3 2.1.1 Aspectos da competencia que deberá medir a proba... 3 2.1.2 Criterios de avaliación... 3 2.2 Competencia matemática... 5 2.2.1 Aspectos da competencia que deberá medir a proba... 5 2.2.2 Criterios de avaliación... 6 2.3 Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico... 8 2.3.1 Aspectos da competencia que deberá medir a proba... 8 2.3.2 Criterios de avaliación... 9 2.4 Competencia social e cidadá... 11 2.4.1 Aspectos da competencia que deberá medir a proba... 11 2.4.2 Criterios de avaliación... 11 Páxina 2 de 13

1. Cualificación das preguntas tipo test Nos exames das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio con preguntas tipo test, soamente haberá unha resposta correcta. A cualificación obtida en cada pregunta correctamente contestada será de 0,5 puntos. As respostas incorrectas descontarán 0,125 puntos cada unha. As preguntas non contestadas non descontarán puntuación. 2. Referentes para a avaliación 2.1 Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento, e de organización e autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta. 2.1.1 Aspectos da competencia que deberá medir a proba Habilidade para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións, formarse un xuízo crítico e ético, xerar ideas, estruturar o coñecemento, e dar coherencia e cohesión ao discurso e ás propias accións e tarefas. Habilidade que permite buscar, comprender, compoñer e utilizar distintos tipos de textos con intencións comunicativas ou creativas diversas. Habilidade para seleccionar e aplicar determinados propósitos ou obxectivos ás accións propias da comunicación lingüística, o diálogo, a lectura, a escritura, etc. Habilidade para a reflexión sobre o funcionamento da linguaxe e as súas normas de uso, o que implica a capacidade de tomar a linguaxe como obxecto de observación e análise. 2.1.2 Criterios de avaliación Lingua galega Lingua castelá CA1 Extraer e contrastar informacións concretas e identificar o seu propósito, inferir o tema principal e os secundarios, e distinguir como se organiza a información. Este criterio vai dirixido a comprobar a capacidade para: Extraer informacións concretas expresadas con palabras diferentes ás usadas. Contrastar as informacións procedentes de diversas fontes. Páxina 3 de 13

Identificar o tema principal dun texto e os secundarios, non só recoñecendo os enunciados en que aparezan explícitos, senón inferíndoos de informacións que se repiten. Establecer a relación entre os elementos dunha exposición e dunha explicación. Aplicar técnicas de organización de ideas. Saber usar e tirar proveito de sinais semánticos, léxicos, sintácticos e gráficos. CA2 Narrar, expor, explicar, resumir e comentar, organizando as ideas con claridade, ligando os enunciados en secuencias lineais con cohesión, e respectando as normas gramaticais e ortográficas. A proba deberá versar sobre feitos de actualidade social, política ou cultural que admitan diferentes puntos de vista e diversas actitudes ante eles. Con este criterio preténdese avaliar se se é quen de: Redactar os textos cunha organización clara e ligando as oracións nunha secuencia lineal con cohesión. Narrar e comentar con claridade feitos e experiencias, e compor textos propios. Facer resumos, sínteses, comentarios e ampliacións dun texto, sobre todo os expositivos, e cando está a intención de aprender contidos. Expor proxectos de traballo e informar das conclusións. Presentar correctamente os textos escritos respectando as normas ortográficas e gramaticais. CA3 Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas de comprensión de textos escritos, e para a súa composición e a súa revisión. Preténdese valorar a capacidade de utilizar os coñecementos sobre a lingua, e as normas de uso en relación coa comprensión, a composición e a revisión de textos. CA4 Coñecer a terminoloxía lingüística necesaria para o uso da lingua. Con este criterio preténdese avaliar se se é capaz de coñecer e usar a terminoloxía básica para seguir e dar explicacións e instrucións nas actividades gramaticais. Páxina 4 de 13

2.2 Competencia matemática Consiste na habilidade para utilizar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión ou razoamento matemático, tanto para producir e interpretar tipos de información como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida. 2.2.1 Aspectos da competencia que deberá medir a proba Habilidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións. Coñecemento e manexo dos elementos matemáticos básicos (diversos tipos de números, medidas, símbolos, elementos xeométricos, etc.) en situacións simuladas da vida cotiá, así como a posta en práctica de procesos de razoamento que levan á solución dos problemas ou á obtención de información. Uso dos elementos e dos razoamentos matemáticos para se enfrontar a situacións cotiás que os precisan. Xa que logo, a identificación de tales situacións, a aplicación de estratexias de resolución de problemas e a selección das técnicas adecuadas para calcular, representar e interpretar a realidade a partir da información dispoñible nela. Habilidade para comprender unha argumentación matemática e expresarse e comunicarse na linguaxe matemática, utilizando as ferramentas de apoio adecuadas, e integrando o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento para dar unha mellor resposta ás situacións da vida de distinto nivel de complexidade. Habilidade para utilizar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático, tanto para producir e interpretar tipos de información como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e co mundo laboral. Uso de relacións entre variables e a súa representación mediante táboas, gráficas e modelos matemáticos para describir, interpretar, predicir e explicar fenómenos diversos de tipo económico, social ou natural. Estes contidos móvense entre os diversos xeitos de representar unha situación (verbal, numérico, xeométrico ou a través dunha expresión literal) e as maneiras de traducir unha expresión dunha a outra linguaxe. Así mesmo, preténdese que se sexa quen de distinguir as características de determinados tipos de funcións con obxecto de modelizar situacións reais. Uso da estatística, fenómenos aleatorios sinxelos mediante experimentación e tratamento, por medio de táboas e gráficas, de datos estatísticos, para analizar de xeito crítico as presentacións falaces, interpretacións nesgadas e abusos que ás veces contén a información de natureza estatística. Páxina 5 de 13

2.2.2 Criterios de avaliación Matemáticas CA1 Utilizar os números, as operacións e as propiedades, para recoller, transformar e intercambiar información, e resolver problemas relacionados coa vida diaria. Este criterio vai dirixido a comprobar a capacidade para: Utilizar o xeito de cálculo acaído (mental, escrito ou con calculadora), e estimar a coherencia e a precisión dos resultados obtidos Expresar os números de forma adecuada á situación suscitada: decimal, fraccionaria ou en notación científica. Comparar, ordenar e representar números enteiros e racionais. Interpretar información expresada en números enteiros e racionais. Saber aplicar en contextos cotiáns as operacións aritméticas con números enteiros e decimais. CA2 Expresar mediante a linguaxe alxébrica unha propiedade ou relación dada mediante un enunciado. Preténdese valorar a capacidade de trasladar unha situación real á linguaxe matemática correspondente, co fin de poder comprendela e inferir nova información. CA3 Resolver problemas da vida cotiá en que cumpra a formulación e a resolución de ecuacións de primeiro e de segundo grado, e resolver incógnitas. Con este criterio preténdese avaliar se se é capaz de: Usar as estratexias e as ferramentas matemáticas para resolver problemas en contextos diferentes. Suscitar un problema a partir dunha situación da vida cotiá e aplicar os coñecementos matemáticos para o resolver. Afrontar situacións problemáticas mediante a formulación e a resolución de ecuacións e proporcións directas e inversas. Resolver problemas relacionados cos xuros, descontos, recargas, compras a prazos, etc. CA4 Estimar e calcular perímetros, áreas e ángulos de figuras planas, e volumes de corpos xeométricos, utilizando a unidade de medida acaída. Este criterio vai dirixido a comprobar a capacidade para: Obter e utilizar representacións planas de corpos xeométricos: prismas, pirámides, cilindros, conos, esferas e poliedros regulares. Aplicar as nocións xeométricas á vida cotiá medindo espazos e volumes. Aplicar e facer estimacións de superficie e de volume en situacións cotiás. Identificar e aplicar fórmulas para o cálculo de superficies planas (limitadas por segmentos e arcos de circunferencia) e de volumes de corpos xeométricos (prismas, Páxina 6 de 13

pirámides, cilindros, conos e esferas), por medio de figuras elementais para o cálculo de áreas de figuras planas do contorno. CA5 Elaborar e interpretar informacións estatísticas tendo en conta a adecuación das táboas e das gráficas empregadas, e analizar se os parámetros son máis ou menos significativos. Extraer a información que achegan os conceptos de uso corrente en estatística: poboación, mostra, media aritmética, moda, mediana e dispersión. Interpretar toda esta información para adquirir criterios e tomar decisións de feitos cotiáns. Páxina 7 de 13

2.3 Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico É a habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos xerados pola acción humana, de modo que se posibilite a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora e á preservación das condicións de vida propia, das demais persoas e do resto dos seres vivos. En definitiva, incorpora habilidades para desenvolverse adecuadamente, con autonomía e iniciativa persoal, en ámbitos da vida e do coñecemento moi diversos (saúde, actividade produtiva, consumo, ciencia, procesos tecnolóxicos, etc.) e para interpretar o mundo, o que esixe a aplicación dos conceptos e os principios que permiten a análise dos fenómenos desde diferentes campos de coñecemento científico involucrados. 2.3.1 Aspectos da competencia que deberá medir a proba Coñecemento do espazo en que se desenvolve a vida e a actividade humana, a gran escala e no contorno inmediato, e habilidade para interactuar co espazo circundante: moverse nel e resolver problemas en que interveñan os obxectos e a súa posición. Coñecemento da influencia das persoas no espazo (asentamento, actividade, modificacións introducidas e paisaxes resultantes), e da importancia de que toda a humanidade se beneficie do desenvolvemento, e de que este procure a conservación dos recursos e a diversidade natural, e se manteña a solidariedade global e entre as xeracións. Coñecemento do corpo humano, a natureza e a interacción das persoas con ela, para argumentar racionalmente as consecuencias dos modos de vida, e adoptar unha disposición a unha vida física e mental saudable nun contorno natural e social tamén saudable. Uso dos elementos que levan a comprender e a tomar decisións sobre o mundo físico e sobre os cambios que a actividade humana produce sobre o medio, sobre a saúde e sobre a calidade de vida das persoas. Habilidades e destrezas asociadas á planificación e ao manexo de solucións técnicas, seguindo criterios de economía e eficacia, para satisfacer as necesidades da vida cotiá e do mundo laboral. Habilidades para o desenvolvemento e a aplicación do pensamento científicotécnico que permite interpretar a información recibida, e predicir e decidir con iniciativa e autonomía nun mundo en que os avances que se producen nos ámbitos científico e tecnolóxico teñen unha influencia decisiva na vida persoal, na sociedade e no medio. Páxina 8 de 13

2.3.2 Criterios de avaliación Ciencias da natureza CA1 Utilizar o concepto cualitativo de enerxía para explicar o seu papel nas transformacións que teñen lugar no noso contorno, e recoñecer a importancia e as repercusións para a sociedade para o medio das fontes de enerxía renovables e non renovables. Relacionar o concepto de enerxía coa capacidade de realizar cambios, establecendo a relación entre causa e efecto. Coñecer formas e fontes de enerxía renovables e non renovables, as súas vantaxes e os seus inconvenientes, e algúns dos principais problemas asociados á súa seu obtención, ao seu transporte e ao seu uso. Coñecer o principio de conservación da enerxía e aplicalo nalgúns exemplos sinxelos. Comprender a importancia do aforro enerxético e o uso de enerxías limpas para contribuír a un futuro sustentable. CA2 Resolver problemas sinxelos aplicando os coñecementos sobre o concepto de temperatura e a súa medida, o equilibrio e o desequilibrio térmico, os efectos da calor sobre os corpos e o seu xeito de propagación. Con este criterio preténdese avaliar se se é quen de comprender a importancia da calor e as súas aplicacións, ou distinguir entre calor e temperatura no estudo dos fenómenos térmicos. CA3 Interpretar os aspectos relacionados coas funcións vitais dos seres vivos e o efecto de determinadas variables nos procesos de nutrición, relación e reprodución. Este criterio vai dirixido a comprobar a capacidade para: Coñecer e relacionar as funcións vitais dos seres vivos. Diferenciar entre a nutrición de seres autótrofos e heterótrofos. Coñecer as características e os tipos de reprodución. Identificar os elementos fundamentais que interveñen na función de relación. Identificar os compoñentes e as relacións que se establecen nun ecosistema. Explicar cambios nos procesos dos seres vivos e na dinámica da Terra, con efectos observables. CA4 Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, e relacionar a importancia dos estilos de vida e das principais achegas das ciencias biomédicas coa prevención de doenzas e a mellora da calidade de vida. Establecer relacións entre as funcións do organismo e os factores cunha maior influencia na saúde, como son os estilos de vida. Páxina 9 de 13

Coñecer os conceptos relacionados cos mecanismos de defensa corporal na loita contra a doenza. Coñecer os conceptos relacionados coa saúde e a prevención da doenza, e valorar a súa importancia sobre a saúde: reprodución, sexualidade, hábitos tóxicos, exercicio físico e alimentación. Tecnoloxía CA1 Describir propiedades básicas de materiais técnicos e as súas variedades comerciais (madeira, metais, materiais plásticos, cerámicos e pétreos) e identificalos en aplicacións comúns. Con este criterio preténdese avaliar que se é quen de: Coñecer as propiedades mecánicas, eléctricas e térmicas dos materiais. Relacionar as devanditas propiedades coa aplicación de cada material na fabricación de obxectos comúns. CA2 Representar mediante vistas e perspectivas obxectos e sistemas técnicos sinxelos, aplicando criterios básicos de normalización. Este criterio vai dirixido a comprobar a capacidade para representar obxectos sinxelos en proxección diédrica (alzado, planta e perfil), así como a obtención da súa representación tridimensional tanto a man alzada como mediante instrumentos de debuxo, seguindo os criterios normalizados de acotación e escala. CA3 Representar circuítos eléctricos a partir dun suposto práctico debidamente caracterizado. Representar con simboloxía adecuada a tensión, a corrente, a resistencia, a potencia e a enerxía eléctrica Empregar os conceptos e os principios de medida e cálculo de magnitudes. CA4 Interpretar esquemas en que interveñen operadores mecánicos e resolver problemas de máquinas simples e de mecanismos. Con este criterio preténdese avaliar se se é quen de: Comprender o uso dos mecanismos sinxelos como compoñentes de máquinas complexas. Coñecer os fundamentos das máquinas simples. Valorar o uso das máquinas no noso contorno e a súa importancia no desenvolvemento social. Páxina 10 de 13

2.4 Competencia social e cidadá Esta competencia fai posible comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora. Nela están integrados coñecementos diversos e habilidades complexas que permiten participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións e das decisións adoptadas. 2.4.1 Aspectos da competencia que deberá medir a proba Coñecemento dos trazos das sociedades actuais, a súa crecente pluralidade e o seu carácter evolutivo; comprensión da achega que as culturas lle fixeron á evolución e ao progreso da humanidade; disposición dun sentimento común de pertenza á sociedade en que se vive. Habilidade para valorar as diferenzas, e recoñecemento da igualdade de dereitos entre colectivos, nomeadamente entre homes e mulleres. Uso do exercicio dunha cidadanía activa e integradora, que esixe o coñecemento e a comprensión dos valores en que se asentan os estados e as sociedades democráticas, dos seus fundamentos, os modos de organización e o seu funcionamento. Habilidade para reflexionar criticamente sobre os conceptos de democracia, liberdade, igualdade, solidariedade, corresponsabilidade, participación e cidadanía, con particular atención aos dereitos e aos deberes recoñecidos nas declaracións internacionais, na Constitución española e na lexislación autonómica, así como á súa aplicación por parte de diversas institucións. 2.4.2 Criterios de avaliación Ciencias sociais, e xeografía e historia CA1 Interpretar o contido da información expresada nun mapa. Con este criterio preténdese avaliar se se é capaz de: Localizar lugares ou espazos nun mapa. Utilizar datos de coordenadas xeográficas. Obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e a simboloxía. CA2 Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de Europa e de España (océanos e mares, continentes, unidades de relevo e ríos) caracterizando os trazos que predominan nun espazo concreto. Este criterio vai dirixido a comprobar a capacidade para: Coñecer o mapa físico do mundo, de Europa e de España nos seus trazos básicos. Páxina 11 de 13

Localizar nomeadamente os elementos que representan os mapas e expresar os elementos que predominan en cada territorio. CA3 Comparar os trazos físicos máis salientables que configuran os grandes medios naturais do planeta (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos), con especial referencia a España, localizándoos no espazo representado e relacionándoos coas posibilidades que ofrecen aos grupos humanos. Recoñecer e localizar no espazo os principais medios naturais de España e do mundo. Caracterizar e distinguir os principais medios naturais en función da interacción, con base nos trazos físicos predominantes que conforman paisaxes xeográficas diferenciadas. Relacionar os medios naturais coas formas de vida que posibilitan. CA4 Identificar e explicar, algúns exemplos dos impactos da acción humana sobre o medio natural, analizar as súas causas e os seus efectos, e achegar medidas e condutas que cumprirían para os limitar. Con este criterio preténdese avaliar se se é quen de: Coñecer algúns problemas ambientais salientables, en especial os máis directamente relacionados coas características do medio natural (escaseza de auga, perda de bosques, cambio climático, etc.). Relacionar as causas dos principais problemas ambientais e os seus efectos, así como expor accións que poidan contribuír á súa mellora, a través da ciencia, a tecnoloxía, o consumo responsable, etc. Establecer as relacións entre as características do relevo, as augas, a climatoloxía e as unidades paisaxísticas, a escala rexional e global, así como determinados problemas que xorden pola intervención humana. CA5 Identificar áreas xeoeconómicas e culturais de España, de Europa e do mundo. Este criterio vai dirixido a comprobar a capacidade para: Recoñecer a organización territorial e os trazos básicos da estrutura políticoadministrativa do Estado español, e da súa pertenza á Unión Europea. Localizar nos seus respectivos mapas políticos as comunidades autónomas de España e as súas capitais. Identificar as institucións que rexen o ordenamento territorial de España, así como a súa participación nas institucións da Unión Europea. CA6 Describir algún caso que amose as consecuencias ambientais das actividades económicas e dos comportamentos individuais. Discriminar os xeitos de desenvolvemento sustentable e os que son nocivos para o medio. Páxina 12 de 13

Coñecer os problemas que a ocupación e a explotación do espazo poden xerar no medio. Coñecer formulacións e políticas de defensa do medio. Coñecer as actuacións e as políticas concretas que melloran a calidade ambiental e colaboran na procura dun desenvolvemento sustentable. CA7 Utilizar fontes diversas (gráficos, esbozos, mapas temáticos, imaxes e fontes escritas) para obter e relacionar información sobre feitos sociais, e comunicar as conclusións de xeito organizado e intelixible. Con este criterio preténdese avaliar se se é capaz de: Manexar correctamente os instrumentos gráficos e cartográficos. Ler e interpretar gráficos e mapas temáticos dunha dificultade similar ou inferior á habitual nos medios de comunicación. CA8 Situar no tempo e no espazo períodos e feitos transcendentes e procesos históricos salientables, identificando o tempo histórico no mundo, en Europa e en España, e aplicando as convencións e os conceptos habituais no estudo da Historia. Este criterio vai dirixido a comprobar a capacidade para: Coñecer as etapas e os períodos cronolóxicos máis importantes. Comprender as nocións de simultaneidade e cambio, e os momentos e os procesos que caracterizan o tránsito dunhas etapas a outras, aplicando estas nocións á evolución histórica desde o século XVIII ata o mundo actual. CA9 Identificar as causas e as consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecer conexións entre elas e recoñecer a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais. Explicar os factores que inflúen nun feito ou proceso histórico significativo. Recoñecer a natureza, a relación e a xerarquización das causas que interveñen nos feitos históricos, así como as súas consecuencias a curto e a longo prazo. Describir os grandes cambios e conflitos mundiais, nomeadamente os de relevancia, para entender o mundo actual. Definir os principais problemas dos homes e mulleres no presente, e reaccionar con sensibilidade. Páxina 13 de 13