CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Similar documents
MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O relevo e as costas de Galicia


Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

XANEIRO - SETEMBRO 2018

PRIMARIA CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN CURSO AREA TÍTULO EDITORIAL ISBN PUBLICACIÓN

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

Mapa de accidentalidade

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

DATOS IDENTIFICATIVOS

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

PROGRAMA PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA. Estratexia de Inclusión Social de Galicia ( )

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

TFG Grao en Lingua e Literatura Españolas

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

TFG Grao en Lingua e Literatura Inglesas

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

MEMORIA PARA LA PROPUESTA DE PROGRAMA DE DOCTORADO EN CIENCIAS DE LA SALUD

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

BAREMO APLICABLE ÁS LISTAS SOMETIDAS AOS CRITERIOS DA OPE 2014

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

Departamento de Musicoloxía

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

Consello de Goberno Acordos da reunión do 17 de febreiro de 2005

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

Á Mesa do Parlamento

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CURSO ª ADDENDA ao PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

boletín de ofertas de emprego

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO LIBROS DE TEXTO CEIP ANEXA LUGO

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

LEI 11/1989, DO 20 DE XULLO, DE ORDENACION DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (D.O.G. 16 DE AGOSTO DE 1989)(1)

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

Laboratorio do Territorio

Proxecto 2017 OS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2017 Memoria I

Os alumnos/as con ACI non deberán mercar os libros ata setembro

DECRETOS CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

Transcription:

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA) O Celga é un sistema de certificación da lingua galega adaptado ó Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL). O Celga ten 5 niveis, do 1 ó 5, por orde de menor a maior dificultade. En canto ós contidos, establécense tres apartados: Lingua e comunicación: funcións comunicativas Lingua e sistema: coñecemento do código Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais. O Celga serve para certificar o coñecemento de galego, para os efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos. Para obter o Celga hai 2 vías: Realización dun exame. Só se realizan exames de Celga 1, 2, 3 e 4. Validación de estudos regrados. Obtención do Celga vía exame Realízanse 2 convocatorias anuais, en maio/xuño e en novembro/decembro. Cada candidato pode presentarse ó nivel de Celga que desexe. Non se esixe a posesión do certificado dun nivel para obter o certificado dalgún nivel superior.

Para poder presentarse ó exame é obrigatorio ser maior de dezaseis anos ou cumprilos no ano natural de convocatoria das probas, hai que facer unha matrícula e paga-la taxa correspondente (para o 2010 é de 15.61 ), no caso de que a persoa padeza unha discapacidade que requira algún tipo de adaptación da proba ten que indicar na solicitude o apoio que precisa para a realización da dita proba. A convocatoria de exames sae sempre publicada no DOG (Diario Oficial de Galicia) normalmente nos meses de xaneiro/febreiro (esta data é aproximada). Na convocatoria aparecen as datas e lugares de realización do exame, contía da taxa, requisitos e prazos de inscrición, documentación a achegar e todo tipo de información sobre a realización dos exames (publicación das listaxes de admitidos, desenvolvemento das probas, publicación dos resultados, expedición e rexistro dos certificados) O exame consta de dúas partes: Parte A: divídese en dúas tarefas: o A.1. comprensión oral + expresión escrita o A.2. comprensión escrita + expresión escrita Parte B. calquera destreza + expresión oral. A parte A realízase co resto dos candidatos e a parte B de maneira individual, cun examinador e un avaliador.

Para prepara-lo exame existen 2 opcións: Asistir ós cursos preparatorios para o nivel do Celga ó que se queira optar. Os cursos teñen unha duración de 75 horas e son totalmente gratuítos. A Xunta de Galicia publica unha convocatoria anual de cursos no DOG sobre o mes de decembro/xaneiro (data aproximada). Preparalo de forma autodidacta. Para iso podes descargar de xeito gratuíto para cada un dos niveis tanto materiais didácticos como escoitas coas súas correspondentes transcricións no seguinte enlace www.xunta.es/linguagalega/celga Obtención do Celga por validación de estudos regrados As validacións das materias de lingua galega de EXB, primaria, secundaria e formación profesional polos niveis de competencia Celga serán expedidas, segundo un modelo oficial da Xunta de Galicia, polos/as secretarios/as dos centros que custodian as cualificacións, logo da correspondente solicitude feito polo interesado/a. Máis abaixo podes consultar as equivalencias dos Celga coa formación regrada. Se cumpres os requisitos de titulación para obter algunha validación só terías que solicitar na secretaría do centro no que cursaches a dita titulación a validación correspondente.

Para as persoas que superaron a materia de lingua galega nas probas libres para o graduado escolar ou nas probas libres para o graduado en educación secundaria obrigatoria podes solicita-la validación na Inspección da Consellería de Educación e ordenación universitaria. As restantes validacións, no seu caso, serán expedidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística trala petición da persoa interesada. EQUIVALENCIAS DOS CELGA COA FORMACIÓN REGRADA A nova orde de validacións (de 16 de xullo de 2007) publicada no DOG do 30 de xullo de 2007 establece: 1. Serán validables polo Certificado de lingua galega 1 (Celga 1): Certificado do curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia. Certificado de curso de lingua galega para non galego-falantes impartidos polas universidades galegas, ata a entrada en vigor desta orde. Certificado do nivel básico dos estudos de galego da UNED ata a entrada en vigor desta orde. 2. Serán validables polo Certificado de lingua galega 2 (Celga 2):

O título de graduado escolar, sempre que se estudase toda a EXB ou primaria en Galicia e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos. O certificado do curso de nivel medio de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia, ata a entrada en vigor desta orde. Certificado do nivel medio dos estudos de galego da UNED ata a entrada en vigor desta orde. Certificado de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego da ESO nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ó programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades. 3. Serán validables polo Certificado de lingua galega 3 (Celga 3): O título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou técnico auxiliar (FP1), sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos. O certificado do ciclo inicial de galego expedido polas escolas oficiais de idiomas. Certificado de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego na ESO e no bacharelato

nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ó programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades. 4. Serán validables polo Certificado de lingua galega 4 (Celga 4): O título de bacharelato (LOXSE ou BUP) ou técnico de FP2, sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos Certificación do curso de especialización en lingua galega para profesores de EXB. 5. Serán validables polo Certificado de lingua galega 5 (Celga 5): O título de licenciado en filoloxía galega ou filoloxía hispánica (subsección de galego portugués) Calquera outro título de licenciatura, diplomatura ou equivalente, sempre que se acompañe de certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega, e se estea en posesión do Celga 4. O certificado do ciclo superior de galego, expedido polas escolas oficiais de idiomas conforme ó programa previsto no Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os contidos

mínimos correspondentes ó ensino especializado das linguas españolas impartidas nas escolas oficiais de idiomas. MÁIS INFORMACIÓN Para calquera información relacionada cos Celga podes contactar cos gabinetes de normalización lingüística provinciais da Xunta de Galicia 981 184 720 Lugo 982 294 163 Ourense 988 386 028 Pontevedra 986 805 971 ou na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega Normativa de interese Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG de 20 de xullo de 2007. Corrección de erros da orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG de 13 de setembro de 2007.