Novas estacións rupestres na parroquia de S ta Mª de Ois (Coirós, A Coruña)

Similar documents
Túmulos prehistóricos no concello de Vilarmaior (A Coruña)

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

O relevo e as costas de Galicia

Gravados rupestres no Couto dos Golpes (Santa Cruz do Salto, concello de Cabanas)

Contribución á carta arqueolóxica da Península do Barbanza: dezasete petroglifos e unha mámoa -inéditosdo Concello de Porto do Son (A Coruña)

Túmulos prehistóricos dos concellos de Neda, Fene, Mugardos e Ares (A Coruña)

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Informe mensual do paro rexistrado

Escavación, traslado e posta en valor do petróglifo de O Viveiro (Moaña, Pontevedra) INTRODUCIÓN 1

Os castros do concello de Oleiros

A máquina de escribir

Tiñamos constancia por Martínez Santiso da existencia do Cuartel do Reximento de

Probas dos elementos internos do alternador

TÚMULO 5 DE TORNO DOS MOUROS (ORTIGUEIRA, A CORUÑA). PRIMEIROS RESULTADOS

RECURSOS E INSTRUMENTOS SOCIAIS

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Costas de Galicia route: A Corunya and surroundings

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Continuamos sacando á luz a obra

ECONOMÍA APLICADA 13

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Mapa de accidentalidade

Absorbentes solo aceites

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

Intervención de posta en valor do conxunto parroquial de San Xoán de Fecha, Santiago de Compostela

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

POBOACIÓN LOCAL E AREAS PROTEXIDAS EN NAMIBIA. PERCEPCIÓN SOBRE OS EFECTOS NA SALAMBALA CONSERVANCY.

súa historia: Dos almacéns documentais ás bibliotecas escolares

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

OS ESPAZOS NATURAIS E A CONSERVACIÓN DO MEDIO NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO


Proyectores P NE

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Informe sobre o antigo mosteiro de Nosa Señora das Donas, de Betanzos: características, evolución e estado actual do edificio

Notas para o estudo das primeiras arquitecturas industriais na Estrada

Salceda de Caselas. Á medida dos teus desexos. un concello para coñecer.

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Welcome to Greenman and the Magic Forest

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

La Guerra Y La Paz (Spanish Edition) By Leon Tolstoi

VIOLENCIA RURAL INTERCOMUNITARIA NO SUESTE DE GALICIA. UN CASO CONCRETO: MOIALDE CONTRA SAN PEDRO DE POUSADA

EMIGRACIÓN DE RETORNO NA GALICIA INTERIOR. O CASO DE ANTAS DE ULLA

A minería do wolframio en Galicia durante o século XX

SUSO FANDIÑO. Santiago de Compostela, 1971

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

PASADO E FUTURO DE CASTROLANDÍN (CUNTIS): UNHA PROPOSTA DE RECUPERACIÓN E REVALORIZACIÓN

PATRIMONIO E TURISMO CULTURAL

10. REXENERACION NATURAL E REXE- NERACION FORZADA DA VEXETACIÓN Mercedes Casal

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE

Escola Superior Gallaecia Mestrado integrado em Arquitectura e Urbanismo Dissertação - Tema sobre Urbanismo

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,

Comprising more than 1,200 hectares, the fields and meadows around the Country House in Córdoba are used in a harmonious and diverse way.

A paisaxe patrimonial en Pena Furada

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

Apliques A BL

A FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL (Culturmar)

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Revista Galega de Economía Vol (2016)

THE CENTRE FOR INTERPRETATION AS AN INSTRUMENT FOR HERITAGE AND DEVELOPMENT

Alegoría do leite ou "Torradas de parida" (Torrijas del puerperio) nun retablo custodiado polo Museo de Pontevedra

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

2. Elsa ( ) Grupo: Andrés Calamaro Álbum: Alta Sociedad Canción: Flaca Puntuación media da canción polos compañeiros: 7.44

EXÓTICAS BAIXO MIÑO. Noé Ferreira Rodríguez

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

Presenting our sustainable tourism experience

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Revista Galega de Economía Vol (2018)

Espenuca: inscrición, edificios e lugares máxicos

ARQUEOLOXÍA DENDE O INCIPIT ALÉN EUROPA ARCHAEOLOGY FROM INCIPIT BEYOND EUROPE


O 11Forum Limicorum//

o sorriso de Daniel la sonrisa de Daniel the smile of Daniel

2. LA REHABILITACIÓN URBANA DE DOS CENTROS HISTÓRICOS: VIGO Y SANTIAGO DE COMPOSTELA 1

St. Stephen s News WEEK AT A GLANCE ATTACHMENTS THE GOOD NEWS IN KINDERGARTEN. BLESSING OF THE ANIMALS Tuesday, October 4th 8:05am

O TRANSPORTE COMO PRODUTO TURÍSTICO EN GALICIA: UNHA ANÁLISE DA OFERTA ACTUAL

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Mensual independente da Ulloa Ano 7. Nº 77. Setembro O instituto de estudos ulloáns recibe o Premio Son d Aldea 2018

Transcription:

NOVAS ESTACIÓNS RUPESTRES NA PARROQUIA DE S TA Mª DE OIS (COIRÓS, A CORUÑA) Novas estacións rupestres na parroquia de S ta Mª de Ois (Coirós, A Coruña) GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS* Sumario O presente traballo é a segunda parte do xa realizado en 1998 pola nosa Asociación, sobre os gravados rupestres en S ta M a de Ois-Coirós (A Coruña), coa localización de novos paneis, así como os perigos ós que están expostos estes gravados. Abstract This work is the second part of the one done in 1998 by our association, about the cave paintings in Sta. Maria de Ois-Coirós ( A Coruña), the new cave paintings location and the dangers they are exposed I- INTRODUCCIÓN Ata a última década do século XX, o NL da provincia de A Coruña amosábase coma unha zona estéril, en canto a gravados rupestres se refire; nembargantes dende a aparición en 1990 do petroglifo de Chamorro (Ferrol), saíron a luz unha ducia de paneis con gravados rupestres característicos do denominado Grupo Atlántico, formados por combinacións circulares e outras representacións curvilíneas, destacando pola súa densidade a zona do baixo Eume - concellos de Vilarmaior e Monfero- e a comarca das Mariñas -concellos de Paderne e Coirós- (Figura nº 1). Nesta última zona, a nosa Asociación G.A.T.T, nun traballo publicado en 1998 neste Anuario (nº 21) Gravados rupestres na parroquia de Sta. Mª de Ois (Coirós, A Coruña), dabamos a coñecer os gravados de Fonte do Oso I, compostos de 3 combinacións de Fig. 1.- Plano de situación de círculos concéntricos no Norleste da prov. da Coruña. círculos concéntricos e 7 cazoletas, e os de Fonte do Oso II, Monte de Xora e Revoltas Longas, que como única representación teñen cazoletas. No presente artigo ampliamos os gravados do panel de Fonte do Oso I, xunto con outros que se encontran dispersos por esta interesante parroquia. *A Asociación Cultural Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos constituíuse en Ferrol o 28/10/91, tendo por fins a investigación, inventariado, divulgación e preservación do patrimonio histórico-arqueolóxico. Está formada na actualidade por 15 membros. 33

GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS II- SITUACIÓN XEOGRÁFICA S ta M a de Ois é a parroquia máis oriental do concello de Coirós, sito na bisbarra das Mariñas. Ten como límites naturais os ríos Mandeo polo N-NL e Mendo polo S-SO, mentres que polo SL e L os cordais de Montes do Gato e Costa da Sal; sendo as terras máis altas deste concello (Figuras nº 2 e 3). III- SITUACIÓN E DESCRICIÓN DOS GRAVADOS Fig. 2.- División parroquial do Concello de Coirós: 1) Colantres; 2) Coirós; 3) Santiago de Ois, e 4) S a Mª de Ois. Fonte do Oso Grupo I: (Coordenadas xeográficas 8º07 39 43º13 38 e UTM 570850 4786510). Cota de altitude 372 m. Partindo do lugar do Fontelo (km. 563 450 da estrada N-VI) tomamos unha pista asfaltada que leva cara ó cordal de Montes do Gato, a uns 800 metros atopamos á esquerda un afloramento granítico, ó seu pé atópase o petroglifo, no medio do que foi un antigo camiño. Tal e como indicamos con anterioridade, no momento de realizalo traballo no ano 1998, deste panel tan só se visualizaban 3 combinacións circulares e 7 cazoletas; nunha posterior visita realizada á zona por membros da nosa Asociación, constatamos a presencia de novos gravados, a causa da retirada da cuberta vexetal e terra, que provoca un esconche na parte inferior da pedra (L), Fig. 3.- Localización dos gravados na parroquia de S ta Mª de Ois. deixando ó descuberto unha superficie de 3 m 2, onde se poden apreciar os novos gravados que describimos de S a N (Figura nº 4). Unha combinación circular de 25 cm. de diámetro composta de 2 círculos concéntricos incompletos. Unha combinación circular moi esvaecida de 18 cm. de diámetro con suco de saída e 1 círculo concéntrico. Unha combinación de 3 círculos concéntricos de 42 cm de diámetro, con suco de saída. Esta combinación presenta unas raias de erosión ca cortan de O a L. Con estes novos gravados o panel que actualmente podemos ollar está composto de 6 combinacións circulares e 10 cazoletas (foto nº 1). 34

NOVAS ESTACIÓNS RUPESTRES NA PARROQUIA DE S TA Mª DE OIS (COIRÓS, A CORUÑA) Fig. 4.- Novos gravados de Fonte do Oso I. Fig. 5.- Gravados de Río Seco. Río Seco. (Coordenadas xeográficas 08º06 25.9 43º14 29.5 e UTM 572495 4788110). Cota de altitude 253 m. Este conxunto localizouse meses despois da publicación anteriormente citada, e sitúase ao N do conxunto tumular e cazoletas de Monte de Xora. Partindo da estrada N-VI, km. 563,400, tomamos un desvío á esquerda que leva dirección a Xora; a 1 km. tomamos á esquerda dirección a Aranga, a 700 metros novo desvío asfaltado á esquerda, 50 metros máis adiante tomamos unha corredoira á esquerda, 100 metros despois tomamos outro desvío outra vez á esquerda por unha zona cha que na actualidade está a herba; a pedra sitúase a carón dun eucaliptal. 35

GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS Trátase dunha gran rocha granítica de grao medio, duns 20 metros de longo (O-L) x 7 5 metros de ancho (N-S) e algo máis de 1 80 metros de altura (S), nela pódense ollar, moi erosionados os seguintes gravados, que describimos de O a L (figura nº 5) -Raiando polo N, unha combinación circular de 30 cm. de diámetro, composta por 2 círculos concéntricos (hoxe en día moi esvaecidos, e dos que tan só se aprecia con claridade o exterior) cun suco de saída duns 30 cm. Na parte inferior da mesma existen unha serie de liñas inconexas. -Máis ó L, case no centro da rocha, atópase unha combinación circular de 65 x 60 cm, composta de 5 círculos concéntricos e 2 sucos de saídas, asociados con outros trazos rectilíneos. É sen lugar a dúbida a figura principal deste panel, e polo seu tamaño e aneis, a combinación circular de maior tamaño das atopadas ata o de agora no NL da provincia de A Coruña. Estado actual: remarcado con pintura. -Máis ó S, abaixo dunha cazoleta bastante visible amosase unha combinación circular de 24 cm. de diámetro composta de 3 aneis concéntricos (o exterior moi esvaecido) e suco de saída interrompido que remata na diaclasa que recorre a pedra polo S. -Cara ó L, no medio da pedra, unha combinación circular de 35 cm. (N-S) e 4 aneis incompletos, toda ela moi esvaecida (sobre todo polo O) debido a escorregadeira da pedra. A parte destes gravados existen espallados na pedra polo menos 6 cazoletas de diferentes tamaños e unha serie de raias inconexas, que posiblemente formasen parte doutras figuras, hoxe en día moi erosionadas. Ponte de Xora. (Coordenadas xeográficas 8º06 34.0 43º14 03.3 e UTM 5723150 4787300). Cota de altitude 260 m. Partindo dende o km. 563,400 da estrada N-VI tomamos un desvío á esquerda dirección a Xora; a 1 km. tomamos dirección a Aranga, xusto despois de pasar a ponte sobre o río Xora, atopamos á esquerda unha área recreativa que leva ó muíño de Pérez e á muíño de Roulete, xunto á canle do muíño de Pérez (entre a canle e o río Xora) atópase o afloramento granítico cos gravados, de tipoloxía claramente moderna, que aquí describimos pola súa curiosidade nas formas representadas: Unha figura da planta dun pe esquerdo (talla 40 de 29 cm de longo de punta a tacón) Unha figura da palma dunha man dereita (cos cinco dedos) de 19 x 15 cm. IV-CONCLUSIÓNS As últimas publicacións sobre gravados rupestres veñen referendando, que no NL da provincia de A Coruña a pouco que se investigue, xorden unha serie de gravados de tipo xeométrico, centrados entre os ríos Eume a Mendo con especial densidade na conca do Baxoi e do Mandeo, que é o caso que nos ocupa. Nembargantes o máis importante nestes intres e a conservación e preservación desta arte rupestre. De todos é coñecido, que de xeito atávico un dos deportes preferidos dos galegos, parece se-lo saqueo sistemático de tumbas e poboados dos chamados mouros, quizais polas antigas lendas, quizais polos tesouros que presuntamente alí atopasen agochados; feito lamentable pero común e afín a case toda-las culturas coñecidas, ata tal punto que en determinadas épocas chegou a merece-lo apelativo de minería pola cantidade inxente (segundo se conta) dos materiais preciosos que se acadaron. Co paso dos anos a sociedade foise concienciando da súa propia identidade, feito que tivo un claro reflexo nas autoridades, promulgándose Leis de protección do patrimonio, impedindo a manipulación dos espacios arqueolóxicos con fins destructivos. Sen embargo 36

NOVAS ESTACIÓNS RUPESTRES NA PARROQUIA DE S TA Mª DE OIS (COIRÓS, A CORUÑA) a imposibilidade de operar activamente nos territorios protexidos, implica a súa lenta morte. Xa o mestre Murguía advertíanos do perigo que estabamos a sufrir, solicitando das autoridades a preservación destes xacementos, apuntando que a destrucción dun só, impediría a observación do conxunto deles. Para desgracia de D. Manuel e do pobo galego en xeral, a temida destrucción non só non se detivo, senón que novos factores de influencia pasaron a ser determinantes no desenvolvemento do que sen dúbida é un drama. O caso dos petroglifos é moi significativo, xa que sen afastarnos da zona xeográfica na que centramos os nosos traballos (anque extensible a toda Galicia), observamos agresións propiciadas directa e indirectamente pola man do home. Sirvan como exemplos os seguintes: a) Labouras de extracción da pedra, que levan realizándose na nosa terra dende tempos milenarios, e que afectaron a maior parte dos paneis atopados (Chamorro-Ferrol, Edreiros- Monfero, Rego de Pazos e Monte Grande 3 de Vilarmaior e Fonte do Oso I, Río Seco e Revoltas Longas-Coirós). b) Repoboación de montes con especies arbóreas de rápido crecemento (sobre todo eucaliptos) que coas súas raíces fragmentan e destrúen as rochas, favorecendo o empobrecemento da terra, e o cambio da capa vexetal, coa propagación polas rochas de colonias de algas, liques... (Edreiros-Monfero, Pena Blanca-Vilarmaior, Monte Grande 1 y 2-Vilarmaior, Río Seco-Coirós). c) Os incendios, que en gran parte débense ó exposto no apartado anterior, que debilitan a pedra facilitando a súa erosión (Chamorro-Ferrol, Monte Grande 1,2,3-Vilarmaior). d) A apertura de camiños e pistas nos nosos montes, moitos deles dende tempo inmemoriais (Fonte de Oso I-Vilarmaior), pero outros de nova factura que destrúen todo o que se encontran por diante (Monte Grande 3 e Chaira-Vilarmaior) e) A utilización das pedras como límites de finca, como no caso de Edreiros-Monfero que pásalle un valado por enriba dos gravados, mesmo sepultando parte deles. f) A man do home, que ás veces coa boa intención de preserva-los xacementos deste tipo leva a feitos como o de remarca-los gravados con pintura para identifica-los dun xeito doado, sen decatarse do dano que pode ocasionar co seu acto (Río Seco-Coirós). Sen embargo non debemos perder a esperanza, os gravados de Fonte do Oso I e II, Revoltas Longas e Monte de Xora, xa se encontran recollidos e protexidos dentro do plan urbanístico do concello de Coirós, non así o de Río Seco ou Ponte de Xora. Unha divulgación adecuada, coa concienciación da importancia desta arte rupestre entre os propios veciños e asociacións culturais ou veciñais máis próximas, non só polo seu valor arqueolóxico, artístico e cultural senón coma sinal de identidade, xa que o coñecemento destes valores será un factor decisivo para súa conservación. BIBLIOGRAFÍA GAYOSO BARREIRO, Miguel,2001, «Os Petroglifos», As 4 aldeas, 17: 12-14 GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS (1998) «Gravados rupestres na parroquia de Sta. Mª de Ois (Coirós, A Coruña)», Anuario Brigantino, nº 21. (1999) «Primeros grabados rupestres en el NE de la provincia de A Coruña», Actas del Congreso Internacional del arte rupestre, Concello de Vigo. 37

GRUPO DE ARQUEOLOXÍA DA TERRA DE TRASANCOS Fotos: 1) Fonte do Oso I; 2) Río Seco, e 3) Ponte de Xora. 38