MEMORIA DE ACTIVIDADES

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Mapa de accidentalidade

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES EN LATÍN DE 4º DA ESO

MEMORIA DE ACTIVIDADES

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

MEMORIA DE ACTIVIDADES

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Informe mensual do paro rexistrado

Programación de proba libre de módulos profesionais


O relevo e as costas de Galicia

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

INTER-UNIVERSITY MASTER IN ADVANCED ENGLISH STUDIES AND ITS APPLICATIONS UNIVERSIDADE DE VIGO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Curriculum Vitae Profesional

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

DATOS IDENTIFICATIVOS

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MOBILIDADE INTERNACIONAL UNIVERSITARIA NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: UN ANTECEDENTE AO ECTS

1º ESO CURSO 2017/2018 (Programa de fondo solidario Orde do 16 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia do )

A máquina de escribir

PROXECTO DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA EN LINGUA GALEGA elaborado polo IES "PERDOURO" de BURELA

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO º ESO. Bioloxia e Xeoloxia 1 ESO M.Angeles Ramos Garcia e outros Ed McGraw Hill Madrid,

Á Mesa do Parlamento

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

Anexo. Título, autor, editorial e ano de publicación

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Continuamos sacando á luz a obra

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Materia: Técnicas de estudo científico dos materiais escultóricos e as súas alteracións III

Lingua Inglesa 1 GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO. Francisco Javier Fernández Polo Mario Cal Varela JoDee Anderson

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PARTE COMÚN LENGUA EXTRANJERA INGLÉS

CONSORCIO INSTITUTO DE ESTUDOS TURÍSTICOS DE GALICIA PRESIDENCIA DA XUNTA. Entidades públicas empresariais e consorcios

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

MEMORIA DE ACTIVIDADES

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

PRESENTACIÓN DE RESULTADOS Grupo de Traballo 5 Turismo e Industrias Culturais e Creativas

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

TALLER SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i. Plataforma de Innovación - SERGAS

MANUEL RICO VEREA Xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Xefatura Territorial da Coruña

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

Laboratorio do Territorio

Editado por: Xunta de Galicia Consellería de Economía e Industria Axencia Galega de Innovación Santiago de Compostela Ano: 2014 D.L.

Referentes para a avaliación

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

Transcription:

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2011 Instituto da Lingua Galega

Edita Instituto da Lingua Galega Universidade de Santiago de Compostela Praza da Universidade, 4 15782 Santiago de Compostela A Coruña Correo electrónico: ilgsec@usc.es Páxina web: http://ilg.usc.es/ Teléfonos +34 8818 12810 +34 8818 12802 Fax +34 81572770 Universidade de Santiago de Compostela, xuño de 2012

Limiar O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario propio da Universidade de Santiago de Compostela dedicado á investigación lingüística do galego. De acordo cos requisitos establecidos no artigo 58º dos Estatutos da USC vixentes, relativo aos Institutos Universitarios, é un centro destinado á investigación científica e técnica da lingua propia de Galicia, presta asesoramento técnico sobre esta materia, promove a formación científica e técnica neste ámbito, organiza cursos e encontros de carácter científico e está capacitado para realizar actividades docentes especializadas e de Terceiro Ciclo (http://ilg.usc.es/). O ano 2011, que recolle esta memoria, ten especial significado para nós, pola feliz conmemoración do 40 aniversario. O novo centro botouse a andar, definitivamente, nos primeiros días de maio de 1971, se ben a acta fundacional, que contén os seus primeiros estatutos, é de 26 de xullo. Asistiron á sesión constituínte do padroado, celebrada no Salón Reitoral baixo a presidencia de Manuel García Garrido (Reitor), os seguintes ilustres señores: Constantino García González (Catedrático de Filoloxía Románica, que sería nomeado Director), Manuel Díaz y Díaz (Catedrático de Filoloxía Latina, Subdirector), Ricardo Carballo Calero (representante do Centro de Estudios Fingoi, Secretario), Xosé F. Filgueira Valverde (polo Instituto Padre Sarmiento), Marino Dónega Rozas (pola Real Academia Galega), Xerardo Fernández Albor (pola Fundación Penzol), Xoaquín Arias Díaz de Rábago (pola Fundación Pedro Barrié, Conde de Fenosa ) e Ramón Otero Túñez (Decano da Facultade de Filosofía e Letras). Desde o ano 1984, o ILG ocupa o edificio histórico coñecido como Edificio López Ferreiro, na praza da Universidade. Son, xa que logo, catro décadas de traballo ininterrompido a prol da investigación, divulgación e normalización da lingua galega, unha andadura que o converte no instituto de investigación máis antigo dos creados pola Universidade de Santiago de Compostela, o que equivale a dicir do mapa universitario galego. Catro décadas de traballo indesmaiable a prol da creación máis singular e irrepetible do pobo galego, a súa lingua, o que explica a adhesión e afecto recollidos, desde as máis distintas instancias sociais, ao longo dos meses que durou a conmemoración do aniversario. No lugar de honra, a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, que recollemos en nome de todas e todos os que formaron parte do ILG e o apoiaron durante estas catro décadas de existencia, e en representación de todos os investigadores en humanidades, esa outra metade do mundo científico que tamén é necesaria, tamén contribúe ao progreso, tamén achega un coñecemento vital, porque bota luz sobre nós mesmos, sobre quen fomos e quen somos, sobre quen poderemos ser. Celebramos o 40º aniversario coa publicación de novos traballos e coa renovación de boa parte dos nosos recursos. Confortados polo recoñecemento e o afecto de persoas e institucións, renovamos o noso compromiso de traballo a prol da lingua e da cultura de Galicia, de rigor científico ao máis alto nivel e de proxección do galego dentro e fóra das nosas fronteiras, metas que agardamos alcanzar, unha vez máis, coa axuda de todos. Rosario Álvarez Directora

Memoria de Actividades 2011 Relación de liñas e proxectos de investigación 1. Arquivo do Galego Oral (AGO) IP: Francisco Fernández Rei Membros do equipo: Carme Ares Vázquez, Henrique Costas González (UVigo), Ana García García, Carme García Rodríguez, Carme Hermida Gulías, Xavier Varela Barreiro Informática: César Osorio Peláez Financiamento: Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Páxina web: http://ilg.usc.es/ago/ Desde o 29 de maio do 2007, o proxecto Arquivo do Galego Oral conta con dotación orzamentaria concedida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, segundo o convenio desta coa USC. Durante o ano 2011 traballou no proxecto, como contratada, Ana García García que, baixo a supervisión de Francisco Fernández Rei e Carme Hermida Gulías, participou, xunto cos outros membros do equipo, na realización das actividades que a continuación se especifican. 5 Presentación oficial da páxina web do AGO A páxina web do Arquivo do Galego Oral http://ilg.usc.es/ago/ (realizada por César Osorio Peláez) presentouse oficialmente o 27 de maio de 2011 nun acto no Colexio de Fonseca no que interviñeron Anxo Lorenzo Suárez (secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia), Juan Casares Long (reitor da USC), Francisco Fernández Rei (director do Arquivo) e mais Carme Hermida Gulías (subdirectora do Arquivo). Un dos principais obxectivos do proxecto AGO é achegarlle ao público o material do que dispoñemos. Para acadalo, tratamos de buscar a maneira máis operativa e deseñamos un espazo onde estamos a pendurar as transcricións e os audios. Despois de avaliar as características da plataforma que creamos, e en función das peculiaridades dos documentos que incluímos, continuamos facendo traballo de planificación para minimizar os posibles problemas que poidamos atopar no futuro. Intentamos buscar a mellor fórmula para que os datos sexan accesibles e o manexo da información non lle presente complicacións a quen bote man dela. Neste ano 2011 seguiuse perfeccionando, de cara a que se convertese nun instrumento produtivo. Fixemos traballo de mellora do deseño (para que fose intuitivo e cómodo) e dos contidos (unificación de normas de transcrición, selección de textos acaídos, representatividade dialectal etc.). Como resultado da planificación a que se fixo referencia antes e como presentación do contido incluído na base de datos mencionada, está dispoñible para acceder desde a rede a versión actual da páxina do proxecto. Este sitio web (http://ilg.usc.es/ago) está aloxado no servidor do ILG (http://ilg.usc.es/) e a súa versión definitiva púxose a disposición do público neste último exercicio.

Instituto de Lingua Galega Imaxe actual: Imaxe actual: 6 Imaxe que vai ter proximamente, cando se poñan a disposición dos usuarios e das Imaxe que vai ter proximamente, cando se poñan a disposición dos usuarios e das usuarias os novos textos preparados: usuarias os novos textos preparados: Hai que ter en conta que en moitos deses puntos que se ven sinalados no mapa pode Hai que ter en conta que en moitos deses puntos que se ven sinalados no mapa pode haber dúas ou máis gravacións. Cada un deses sinais correspóndese cun concello. A continuación presentamos algunhas imaxes dos detalles que se poden visualizar na páxina web cando se pon o cursor enriba dalgún punto do mapa ou cando se entra nunha ficha concreta:

Memoria de Actividades 2011 Como vemos nesta imaxe, ao carón do título das dúas transcricións que se presentan canda cada audio, incluímos, por suxestión de varios usuarios, unha icona para descargar os documentos en formato pdf. O reprodutor do audio tamén permite agora, por esa mesma razón, avanzar ou retroceder na reprodución simplemente movendo o indicador do tempo pola barra correspondente. Inventariado, catalogación e clasificación de gravacións Dos 315 concellos galegos contabamos o ano pasado con audios de 305, no subarquivo de comezos da década de 1990 á actualidade, que é co que se está a traballar desde 2007. Este ano incrementamos o fondo do arquivo con gravacións deses dez concellos que faltaban, oito da provincia de Ourense (Larouco, Manzaneda, Padrenda, Petín, Quintela de Leirado, San Xoán Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 7

Instituto de Lingua Galega de Río, Toén e Vilariño de Conso) e dous da provincia da Coruña (Moeche e Sada). Desde este ano 2011contamos así con gravacións da totalidade de concellos galegos. Nos puntos en que fixemos traballo de campo, conseguimos gravar, cando menos, tres xeracións distintas. En moitos concellos xa contamos con mostras orais de tres (ás veces só dúas) xeracións, que pode ser de utilidade no futuro para establecermos diferenzas en función da idade. Ademais das gravacións que completan a representación do territorio galego, membros do AGO fixemos, neste período, recollida de mostras variadas dos falares esencialmente galegos dos somontes da Serra de Gata, en Cáceres. Canda esta que acabamos de especificar temos outra documentación nova, de procedencia variada. Como xa se ten indicado, no subarquivo da década de 1990 á actualidade existen gravacións de falas galegas das comarcas estremeiras de Asturias, León e Zamora. Desta volta incluímos gravacións novas de puntos destas zonas. Ás 1001 fichas catalogadas correspondentes a 305 concellos galegos que se elaboraron nesta fase do proxecto, no 2011 engadíronse 230 novos rexistros relativos a concellos da Galicia administrativa e mais de todos os outros territorios de fala galega, o que dá un total actual de 1231 fichas. Escolma e preparación de textos para internet Esta tarefa constitúe unha das partes máis laboriosas, e á vez das máis importantes, do proxecto. A continuación especifícanse os pasos que se foron dando neste ano 2011. 8 proceso de selección de textos Traballouse na definición dos criterios para escollermos os textos e seleccionarmos modelos que poidan resultar interesantes, tanto polo contido coma pola forma. Procedeuse a escoitar unha boa parte do fondo do arquivo, sobre todo o xa dixitalizado, para atopar textos acaídos. Foi así como se fixo a selección dos exemplos que se presentan. Transcrición e corrección de transcrición Unha vez seleccionados documentos novos, e despois de avaliar as características dos que xa estaban incluídos, decidiuse facer algunha modificación das normas de transcrición pensando sempre na utilidade dos textos e nos seus futuros destinatarios: procedeuse a realizar unha dobre transcrición: semifonolóxica e estandarizada. A transcrición semifonolóxica contén a maior información fonética e fonolóxica posible e está pensada para estudantado e persoal investigador do galego oral e tamén para profesionais da locución dos medios de comunicación, da dobraxe, da interpretación e outros que usan habitualmente o galego oral. A transcrición estandarizada está pensada para estudantado, profesorado e persoal investigador da lingua galega, mais tamén para profesionais da etnografía, da historia, da socioloxía e outras persoas interesadas na Galicia anónima (a de onte e a de hoxe) e na situación sociocultural e sociolingüística galega, presente en moi diversos etnotextos. Eses dous sistemas paralelos de transcrición defínense na propia páxina web do proxecto. Neste momento continúase a traballar na unificación e coherencia das normas de transcrición, dado que os problemas van xurdindo a medida que se tratan novos textos para pendurar en internet. Nunha primeira fase vaise transcribindo (ou dixitalizando e corrixindo as transcricións nos casos en que están recollidas en papel) aplicando os criterios e nunha segunda faise unha supervisión detida de todos os textos. Por outra banda, e dado que a modificación do sistema de transcrición que se realizou neste ano 2011 foi significativa, houbo que refacer toda a documentación que tiñamos xa fichada para unificala coa que se engadiu por primeira vez. Neste momento consideramos que a escolla de criterios está practicamente pechada, agás para cuestións moi concretas.

Memoria de Actividades 2011 Inclusión dos principais datos almacenados na base Como paso previo á publicación dos datos incluíronse estes nunha base creada para recoller todo o material pertinente (topónimos -lugar, parroquia e concello-, temas, subtemas, fichas das gravacións ). A devandita base conta neste momento con 85 fichas doutras t A devandita base conta neste momento con 85 fichas doutras tantas gravacións de informantes distintos que constitúen unha mostra de textos dialectais representativos do dominio lingüístico galego. Forman parte dun abano máis amplo de documentos que pasarán polo mesmo proceso nos vindeiros meses. pasarán polo mesmo proceso nos vindeiros meses. Nas próximas semanas ampliaremos a escolma de textos pendurados na rede con 30 Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 9

Instituto de Lingua Galega Nas próximas semanas ampliaremos a escolma de textos pendurados na rede con 30 novos sobre a guerra civil, o entroido, a emigración, a viña e derivados, o traballo na mina, os casamentos e os xogos tradicionais, que se van engadir aos 43 dispoñibles para a consulta en liña neste momento. Dixitalización das gravacións No proxecto do AGO comezouse no ano 2008 o traballo de dixitalización dos fondos correspondentes a gravacións rexistradas en casetes na década de 1990 e en anos do presente milenio. No 2008 dixitalizáronse 750 gravacións pertencentes a 96 concellos distintos, no 2009 pasaron polo mesmo proceso 807 cintas con audios procedentes de 84 novos concellos e no 2010 dixitalizáronse 1.153 novos documentos correspondentes ás gravacións de 121 concellos. Ano Cintas Concellos Subarquivo 2008 750 96 Anos 90-actualidade 2009 807 84 Anos 90-actualidade 2010 1.153 121 Anos 90-actualidade Total 2.710 301 10 Non se inclúen neste cómputo as gravacións que se doaron xa en formato CD ou en cinta pequena (pendentes) nin as novas incorporacións (ningunha en casete). Con este traballo de dixitalización xa se conta cunhas mil horas en formato electrónico, practicamente toda a sección do arquivo de comezos da década de 1990 á actualidade, sección que segue a incrementarse con doazóns de audios para depositar no AGO e con novas gravacións do equipo investigador. Neste subarquivo tamén figuran gravacións do galego falado nas comarcas estremeiras de Asturias, León e Zamora, que aínda están por dixitalizar. Estamos comezando a preparar, para seguirmos co proceso de dixitalización do fondo, o subarquivo de textos da década de 1980, cuxo tratamento tamén urxe, debido á vulnerabilidade do soporte, maior cando os audios teñen esa antigüidade. Polo momento ficharemos as cintas cos criterios que se seguiron para os outros audios que xa pasaron por ese proceso (subarquivo de etnotextos da década de 1990 á actualidade). A dixitalización está pendente por cuestións de financiamento. Para proceder á dixitalización preparamos previamente o material mediante a etiquetaxe das cintas cun sistema de numeración que impida a confusión. Ademais, vanse etiquetando todas cos topónimos completos de onde proceden. Comprobáronse de cada unha o lugar, a parroquia e o concello e cotexouse cadanseu nome co Nomenclátor de Galicia. Toponimia oficial das provincias, concellos, parroquias e lugares (Xunta de Galicia, 2003). Aproveitamos este traballo para ordenar alfabeticamente o fondo do AGO. Difusión do proxecto A vía principal de difusión do proxecto é precisamente a páxina web, mais as visitas ao edificio do ILG, e nomeadamente ao AGO, foron tamén significativas este ano. Ben en grupos organizados (asociacións culturais, estudantes universitarios, grupos de alumnado de Bacharelato) ou ben a nivel individual, foron moi diversas as visitas que recibimos este ano interesadas no proxecto e mesmo, en casos concretos, en colaboraren connosco. Co gallo da celebración do 40 aniversario da fundación do ILG, no Simposio do ILG 2011 Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística, Francisco Fernández Rei presentou o proxecto AGO. Dentro deste mesmo simposio, tamén expuxemos un panel.

Memoria de Actividades 2011 2. ATLAS LINGÜÍSTICO GALEGO (ALGa) IP: Antón Santamarina (director), Francisco Fernández Rei (coord. equipo 1), Manuel González González (Coord. equipo 2), Rosario Álvarez / Francisco Dubert / Xulio Sousa (coords. equipo 3) Membros do equipo: E1: Raquel Alonso Parada e Carme Hermida Gulías, coa colaboración de Ana García García e Rosa Mouzo Villar E2: Rosa Mouzo Villar e Rosario Álvarez E3: Verónica Rúa Garrido, Raquel Vila Amado Informática: César Osorio Peláez, Xulio Sousa Financimento: Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A Fundación Pedro Barrié de la Maza cobre os gastos de edición dos volumes. Páxina web: http://ilg.usc.es/indices/ Continuáronse os traballos regulares do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), que podemos estruturar nunha serie de fases sucesivas que se retroalimentan e que non constitúen compartimentos estancos, xa que entre elas existe un fluxo constante de comunicación, de xeito que as modificacións realizadas nunha delas levan canda si tamén modificacións nas outras: a. Sistematización do material na base de datos. Os datos dos cadernos das enquisas do ALGa están sendo informatizados e organizados nunha base de datos, da que se pode extraer a información cun suficiente grao de sistematización que permita a realización dunha primeira proposta cartográfica cun certo nivel de automatización. b. A realización dos mapas. Un programa cartográfico realiza unha primeira versión dos mapas, que non pode ser considerada máis ca como unha proposta inicial e groseira do que vai ser o mapa definitivo. Estes mapas necesitan todos adaptacións, correccións, agrupacións de formas, redistribucións, atribucións específicas de símbolos, etc. que é necesario realizar manualmente. c. Unha vez realizadas as agrupacións necesarias, as correccións, a atribución dos signos establécese a lenda do mapa, e redáctanse todas as notas pertinentes a cada un dos fenómenos que merezan ser comentados: notas de tipo fonético, morfolóxico ou léxicosemántico, pero tamén notas que poden facer relación á existencia ou non do concepto mesmo nun punto, ao proceso de recollida dos datos ou a calquera outro aspecto paraxeolingüístico. d. En practicamente todos os mapas, as correccións realizadas no proceso de redacción dos mapas implican a depuración e/ou modificación da información existente na base de datos, co que o proceso se retroalimenta, e obriga á produción dun novo proceso de realización do mapa, que é considerado como a fase dunhas segundas probas, que son de novo revisadas polo coordinador, para proceder á novas propostas de cambio se o considerar necesario. En 2011 continuouse cos traballos de corrección, mantemento e implementación da base de datos. Este ano fíxose no Volume VI, Terra. Plantas e árbores a revisión final da introdución, das lendas de formas dos mapas e das moitas notas dos mapas, reelaboráronse os índices de formas contidas nas notas e revisouse e fixouse a numeración definitiva dos mapas Mantense o acceso aos índices do ALGa a través da páxina http://ilg.usc.es/indices/ e está moi elaborada a páxina web do ALGa, que acolle e difunde información xeral sobre o proxecto e os seus materiais básicos, que será aberta ao publico proximamente, xunto coas doutros proxectos do ILG. Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 11

Instituto de Lingua Galega 3. ATLAS LINGUISTIQUE ROMAN (ALiR) IP: Manuel González González Membros do equipo: Manuel González, Xosé Afonso Álvarez Pérez, Alba Aguete Cagiao Proxectos en cooperación: Participan no proxecto unha trintena de universidades e organismos de investigación de toda Europa, dirixidos por Michel Contini (Univ. Stendhal de Grenoble) Financiamento: O comité galego non conta con financiamento específico Páxina web: http://w3.u-grenoble3.fr/dialecto/alir/alir.htm 12 Balance do ano 2011 Preparación do vol. 4. Revisáronse os mapas e as sínteses románicas das denominacións dos animais, que integrarán o volume 4 do Atlas Linguistique Roman (aínda que formalmente será o vol. 2C), en concreto: renard, blaireau, fouine, sanglier, lièvre, écureuil, souris, taupe, chauvesouris, chardonneret, hirondelle, étourneau, grive, perdrix, caille, pie, corveau, chouette, ruche, taon, sauterelle, vipére, pou/lentes, coccinelle, sangsue. Os datos xeolingüísticos sobre estes conceptos no territorio de fala galega, cos seus oportunos comentarios etimolóxicos, motivacionais e xeográficos, foron enviados no seu día ao Centro de Dialectoloxía da Universidade de Grenoble e aos redactores de cada unha das sínteses románicas, e foron debidamente incorporados tanto á cartografía destes conceptos como aos estudos que acompañan cada mapa. Continúanse elaborando as sínteses galegas, de maneira regular, a medida que avanza a asignación dos redactores románicos, e aténdense puntualmente as consultas efectuadas sobre datos de Galicia polos responsables de cada comentario románico. Manuel González González, como membro do Comité de Redaction do ALiR, realizou a revisión das sínteses románicas do volume 2C, e participou na programación e distribución dos traballos para os próximos volumes. As publicacións e eventos científicos derivados deste proxecto son numerosísimos. Intimamente vinculada a este proxecto está tamén a revista Geolinguistique, pero as publicacións do centenar de investigadores que participan no proxecto aparecen distribuídas por revistas de todo o mundo. Algunhas delas poden consultarse na web arriba sinalada.

Memoria de Actividades 2011 4. CARTOGRAFÍA LINGÜÍSTICA CONXUNTA DE MATERIAIS DO ALGa E DO ALEPG IP: Xosé Afonso Álvarez (CLUL/ILG) Membros do equipo: João Saramago, Gabriela Vitorino, Luísa Segura (CLUL); Rosario Álvarez, Francisco Dubert (ILG); Xosé Afonso Álvarez (CLUL/ILG) Proxecto en cooperación: Centro de Linguística da Universidade de Lisboa Financiamento: Non ten financiamento específico Páxina web: http://www.clul.ul.pt/pt/investigacao/396-linguistic-cartography-of-galicia-and-portugal Este proxecto formalizouse no 2009, como traballo en colaboración entre o Centro de Linguística da Universidade de Lisboa e o Instituto da Lingua Galega (USC). O obxectivo do proxecto é a creación dun atlas que cartografe conxuntamente, nun mesmo mapa, datos galegos e portugueses referidos a diferentes aspectos da lingua, como o léxico, a fonética e fonoloxía ou a morfoloxía. Os mapas irán acompañados de comentarios sobre a vitalidade das designacións, a súa historia, relacións, etc. Os datos primarios proveñen do material fornecido por dous atlas lingüísticos emprendidos polas institucións colaboradoras, o Atlas Lingüístico Galego (ALGa), parcialmente publicado, e o Atlas Linguístico-Etnográfico de Portugal e da Galiza (ALEPG), xa enquisado e actualmente en curso de edición. Este estudo de conxunto, que toma conta dos dous países, sen deterse por causa da fronteira política, ofrecerá unha mellor representación das áreas lexicais, unha comprensión global dos mecanismos de circulación de palabras e a súa distribución co decorrer do tempo, a vitalidade (e movementos) nas isoglosas, esencialmente fonéticas, usadas tradicionalmente para confrontar galego e portugués, etc. Durante o ano 2011, o equipo galego traballou na revisión dun documento que recolle os conceptos comúns aos dous atlas publicados, arredor de 800 correspondencias. Esa revisión permitirá dun lado establecer de forma definitiva a listaxe de preguntas compartidas por ALE- PG e ALGa e, do outro, informar sobre aqueles items de maior interese (pola abundancia de respostas, polos conceptos estudados, etc.) para integrar o corpus do proxecto. 5. EDICIÓN E ELABORACIÓN DOS MATERIAIS GALEGOS DO ALPI (Atlas Lingüístico de la Península Ibérica) IP: Xulio Sousa Fernández Membros do equipo: Rosa Mouzo Villar, David Rodríguez Lorenzo, Carolina Pérez Capelo Proxecto en colaboración: Centro de Humanidades y Ciencias Sociales, CSIC Financiamento (equipo galego): Secretaría Xeral de Política Lingüística Dixitalización de cadernos do ALPI Durante este ano 2011 realizouse a dixitalización e conversión en arquivos PDF do conxunto de cadernos correspondentes aos puntos galegos (100-151) e de parte dos cadernos correspondentes ao territorio de Portugal (200-248). Este traballo supuxo a dixitalización manual de cada unha das páxinas dos cadernos (caderno I, caderno IIE e caderno IIG), a súa clasificación e a conversión de cada caderno nun arquivo PDF multipáxina. Os arquivos resultantes foron remitidos á Unidad TIC del Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC para a súa incorporación ao arquivo xeral do proxecto e á base de datos. A incorporación dos arquivos dixitais á base permitiu iniciar o labor de transcrición dos materiais. Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 13

Instituto de Lingua Galega O traballo de clasificación dos cadernos dixitalizados consistiu na anotación para cada punto do ALPI do número e tipo de cadernos existentes, a anotación de se existían follas complementarias, a indicación de se nos cadernos había debuxos ou gráficos e a anotación das observacións que se consideraron pertinentes (estados dos materiais, contido, etc.). Tratamento da información correspondente aos puntos galegos do ALPI A partir do mes de agosto de 2011 iniciáronse os traballos de tratamento dos materiais correspondentes aos puntos de Galicia do ALPI. Este traballo só puido realizarse unha vez que os cadernos estiveron dixitalizados, incorporados á base e a ferramenta de transcrición estivo dispoñible para os investigadores e colaboradores. O investigador principal do proxecto participou cos outros investigadores no deseño e revisión da aplicación, que foi desenvolta pola Unidad TIC del Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC (Madrid). Na actualidade as aplicacións de introdución de datos da ferramenta están xa en funcionamento. 14 Exemplo de dixitalización, 105-II, páx. 35 Páxina de acceso á aplicación de introdución de datos

Memoria de Actividades 2011 Páxina de introdución de datos; inicio No mes de setembro iniciouse o traballo de transcrición dos materiais correspondentes aos cadernos galegos. O proceso supón unha conversión da complexa transcrición fonética que figura nos cadernos a un sistema de transcrición fonética máis simple baseado no Alfabeto Fonético Internacional. A informatización dos materiais dos cadernos supón: a transcrición fonética, a transcrición ortográfica, a creación dun lema, a transcrición das notas, a clasificación semántica, a clasificación gramatical das formas simples e complexas e a anotación de todos os materiais complementarios que figuran nas marxes e nas páxinas complementarias dos cadernos. A esta altura (novembro 2011) xa están transcritos 21 cadernos (100-120), os previstos no plan presentado para este ano. Para cada unha das preguntas destes cadernos introduciuse a información que se sinalou anteriormente. Só resta por incluír os arquivos correspondentes aos debuxos; este traballo realizarase posteriormente. Ademais da introdución da información Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 15 Ficha completa da pregunta 422a

Instituto de Lingua Galega correspondente a estes materiais iniciouse o traballo de deseño da ferramenta coa que se realizarán as correccións e consultas. Este é un labor de todo o equipo de investigación e no que colabora o investigador responsable do proxecto galego. A aplicación de consultas e revisión aínda non está totalmente deseñada e por agora resulta imposible obter táboas nas que figuren unicamente os materiais galegos. Polo tanto debe advertirse en nas táboas que se ofrecen figuran puntos de todos os lugares da península. 6. Transcrición dos textos orais do arquivo etnográfico do profesor Gustav Henningsen IP: Xulio Sousa Fernández Membros do equipo: Sandra Vázquez Núñez Financiamento: Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario Galego, Axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas 16 Durante o ano 2011 continuouse o traballo de transcrición dos materiais etnográficos doados polo etnógrafo dinamarqués Gustav Henningsen en 2009. Das 105 horas de gravación actualmente están transcritas e parcialmente revisadas 61 horas. Escolleuse unha forma de transcrición simplificada que respecta as características básicas dos textos orais e que permitirá no futuro realizar traballos de carácter gramatical e léxico. O programa que se emprega para a transcrición dos materiais permite xa na actualidade realizar concordancias dos materiais e buscas sobre os textos transcritos. O corpus de textos permitirá tamén realizar análises de variación lingüística, tanto no plano temporal como nos idiolectos dos entrevistados. Ademais do traballo de transcrición iniciouse tamén o labor de clasificación dos contos e lendas que figuran nas gravacións. Logo de separar o corpus de contos e lendas do resto do material (aproximadamente 18 horas de gravacións), estase realizando unha clasificación temática dos contos (de animais, sentenciosos, de burlas, etc.) e das lendas (de mouros, de tesouros e encantamentos, etc.), en liña coas clasificacións empregadas noutras escolmas de contos populares galegos. A maioría dos contos están recollidos na provincia da Coruña, entre os anos 1964 e 1967. Estes materiais gravados en Galicia son unha fonte de información moi interesante tanto desde o punto de vista lingüístico como desde o etnográfico. O roubo dos figos Unha vez eran dous nenos e foron roubar os figos a unha horta. E despois metéronse dentro dun panteón vacío do cementerio e tapárono e estaban: Un para min, outro para ti, un para min, outro para ti. E pasou por alí un señor, escoitou iso e foi correndo avisar a outro e díxolle: Temos que ir avisar a alguén. Vamos escoitar, xa o verás. Un para min, outro para ti, un para min, outro para ti. E despois foron avisar o alcalde e veu todo o pobo e estaban: Un para min, outro para ti, un para min, outro para ti. E terminaron os figos e dixeron: Vamos por eses que quedan fóra. E vai o alcalde e di: Todos a correr!. (Ordes, 1965)

Memoria de Actividades 2011 7. TESOURO DO LÉXICO PATRIMONIAL GALEGO E PORTUGUÉS IP: Rosario Álvarez Blanco Membros do equipo galego: María Álvarez de la Granja, Xosé Afonso Álvarez Pérez (CLUL / ILG), Francisco Fernández Rei, Silvia Figueiredo Brandão (UFRJ), Ernesto Xosé González Seoane, María Pilar López Suárez, Eduardo Louredo Rodríguez, Mónica Martínez Baleirón (IES A Pobra de Trives), Rosa Mouzo Villar, Marta Negro Romero, César Osorio Peláez, João António das Pedras Saramago (CLUL), Xulio César Sousa Fernández (coord.) Proxecto en colaboración: CLUL (Universidade de Lisboa) e CELGA (Universidade de Coimbra). Proxecto TEDIPOR: Tesouro Dialectal Português Financiamento (comité galego): Ministerio de Ciencia e Innovación, FFI2009-12110 O proxecto Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués integra nun único banco de datos informático materiais lexicográficos con referenciación xeográfica procedentes de distintas fontes: traballos de campo, obras dialectais, traballos etnolingüísticos, vocabularios de falas, etc. O obxectivo é crear unha gran base de datos, en acceso libre a través de Internet, con toda a información organizada en lemas, que agrupan as distintas variantes de cada lema (fónicas, morfolóxicas). Os lemas están clasificados semanticamente e dáse a posibilidade de coñecer todos os lemas rexistrados para expresar un concepto. A consulta permitirá non só localizar os lemas e variantes nas distintas fontes, senón obter fielmente en pantalla toda a información bibliográfica e lexicográfica contida nas obras orixinais: autor, título, data, páxina ; formas, categorías, definicións, localización, etnografía, imaxes, usos, fraseoloxía, prexuízos lingüísticos Desde o punto de vista lexicográfico deséñase como un gran dicionario de dicionarios, non como unha simple agregación de glosarios independentes. A presentación permitirá tamén obter a cartografía automática das variantes e dos lemas seleccionados (Galicia, Portugal, Brasil), de forma que axudará a coñecer a distribución xeográfica das formas. O proxecto está coordinado desde o Instituto da Lingua Galega (IP Rosario Álvarez); nel participan tres comités con vida autónoma mais fortemente coordinados: o galego, coordinado por Xulio Sousa; o portugués, coord. por João Saramago (CLUL) e o brasileiro, coord. por Silvia Brandão (UFRJ) e Vanderci Aguilera (UEL). Balance do ano 2011 Durante o ano 2011, o comité galego seguiu dispoñendo datos en táboas, que van sendo progresivamente unidas á base de datos común, e definindo o conxunto do proxecto. En xuño de 2011 tivo lugar na USC o obradoiro Léxico patrimonial: banco de datos e cartografía, ao que asistiron todos os membros dos comités galego e portugués e unha ampla representación do brasileiro, coas dúas coordinadoras e representantes de todas as rexións. Nese marco producíronse os seguintes avances: a. Presentación, discusión e fixación dos criterios e formato do Inventario de fontes para o estudo do léxico patrimonial con referenciación xeográfica. b. Revisión conxunta dos manuais para o traslado dos datos proporcionados polas distintas fontes: un protocolo de tipo xeral, que contén a estrutura e criterios básicos, aplicable á maior parte das fontes; dous documentos complementarios, un para os atlas lingüísticos e outro para as descricións etnolingüísticas. Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 17

Instituto de Lingua Galega c. Presentación, discusión e fixación do manual de lematización. d. Presentación e discusión da proposta de clasificación semántica. e. Presentación e avaliación da aplicación informática, co sistema de buscas que permite recuperar a información: busca por lemas ou variantes, tratamento de unidades complexas, conexión con imaxes, apagamento dun territorio, enlaces por medio de formas remisivas, etc. Acompáñase da interface, tanto para a presentación dos datos lexicográficos coma da cartografía xerada de forma automática. f. Presentación do blog que articula todo o proxecto e permite acceder a todos os documentos xerados polo equipo e mais aos resultados provisionais. Os documentos contan todos con versión galega e versión portuguesa. 18 Celebráronse, ademais, dúas reunións de traballo en Portugal. A primeira en xaneiro, na Univ. de Coimbra, con asistencia de todo o comité portugués e os coordinadores e técnico informático galegos, serviu para afinar máis a definición dos protocolos metodolóxicos e afondar na coordinación. A segunda en novembro, en Lisboa, con asistencia do equipo do CLUL e os coordinadores galegos serviu para programar as actividades e o calendario de resultados para 2012. Durante o curso 2010-2011, o ILG acolleu a doutoranda Mirna Gurgel Carlos da Silva, do equipo do Tesouro na rexión Nordeste (UFC), que contribuíu a definir os métodos de tratamento de datos de atlas lingüísticos, con base no traslado dos do Ceará e da Paraíba. En novembro, o proxecto foi presentado no marco do Simposio ILG 2011. Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística (Santiago de Compostela: Xulio Sousa / Rosario Álvarez); o comité portugués presentou o TEDIPOR no simposio internacional Limits and Areas in Dialectology (Lisboa: Clarinda Maia / Xosé Afonso Álvarez). 8. EDICIÓN DA COLECCIÓN DIPLOMÁTICA DE DOCUMENTOS GALEGOS MEDIEVAIS IP: Ana Boullón Agrelo Membros do proxecto: Ramón Lorenzo, María do Carme Pérez González Financiamento: Secretaría Xeral de Política Lingüística Durante 2011 o proxecto dedicouse á lectura e transcrición das fontes pertencentes ao mosteiro cisterciense de Santa María de Oia (Pontevedra). Os fondos deste mosteiro abranguen desde 1113 ata 1698, aínda que no proxecto reducímonos á súa etapa medieval e, por tanto, a data final poñémola en torno ao 1500. O groso do conxunto documental consérvase no Arquivo Histórico Nacional, en pergamiños soltos almacenados nas carpetas nº1794 1850. Tamén se conservan neste arquivo 4 legaxos: os nº 5462, 5464, 5467 e 5473. O conxunto ascende a uns 1288 documentos en pergamiños soltos. Neste ano 2011 o obxectivo foi a lectura dos documentos soltos para completar a primeira lectura de todo o fondo medieval, mantendo a nosa base de datos actualizada. Este proceso é moi importante para permitirnos o control e estudo dos documentos segundo os diferentes criterios necesarios para proseguir a nosa investigación e poder clasificar os documentos que son do mesmo notario, do mesmo abade, do mesmo rei, etc. Os labores realizados foron: Unha primeira lectura e transcrición das fontes (44 documentos novos lidos neste ano). Unha relectura de corrección para cotexar datos e estilos dos diversos notarios e completar lecturas dubidosas (de 78 documentos lidos durante o 2011). Esta relectura non

Memoria de Actividades 2011 foi lineal, pois consiste nunha continua revisión dos documentos xa transcritos utilizando os datos que van xurdindo ao transcribir os novos. A edición das imaxes dos documentos dixitalizados: 53 imaxes tratadas. Baleirado dos datos relevantes de cada documento nunha base de datos. Ademais intentamos localizar tódolos documentos pertencentes a este fondo publicados por diversos autores coa intención de completar as nosas lecturas e, ao mesmo tempo, de aportar dita información na futura publicación deste corpus. 9. EDICIÓN DE TEXTOS DAS PRIMEIRAS DÉCADAS DO SÉC. XIX IP: Ramón Mariño Paz, Damián Suárez Vázquez Financiamento: Sen financiamento externo No ano 2008 publicamos un volume que contén todos os textos da época coñecidos ata aquel momento, acompañados de cadansúa ficha con información bibliográfica e encadramento histórico. Referímonos ao libro Papés d emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I), editado polo Consello da Cultura Galega e coordinado por Rosa Aneiros Díaz; a edición dos textos, fichas introdutorias e notas son da autoría de Ramón Mariño Paz (ILG), as notas histórico-biográficas de X. R. Barreiro Fernández. Durante o ano 2011 traballamos tamén na preparación do volume en que se recollen as comunicacións presentadas ao simposio Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea (Santiago de Compostela, 2009) e algúns outros traballos. Este volume sairá en breve: R. Mariño Paz (ed.) (2012): Papés d emprenta condenada (II). Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega. Ao longo dos anos 2009, 2010 e 2011 proseguiuse o traballo de busca, catalogación e edición de textos daquela época que aínda non tiñamos rexistrados. Na actualidade está xa a punto de aparecer unha edición destes novos textos realizada por Ramón Mariño Paz e Damián Suárez Vázquez, no volume mencionado. A peza «[Amigo da miñha alma]», recollida nun manuscrito do Archivo Histórico Nacional (AHN) que contén textos elaborados no período traballado, puido ser datada finalmente no ano 1777, polo que foi obxecto de edición e estudo en volume á parte que foi preparado polos os membros do proxecto coa colaboración da historiadora Margarita Sánchez Yánez: R. Mariño Paz / M. Sánchez Yáñez / D. Suárez Vázquez (2012): O romance da urca de Santo Antón (1777): Poesía en galego no Ferrol do século XVIII. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza. 10. PROXECTO SARMIENTO IP: Henrique Monteagudo Membros do grupo: X. A. López Silva, Concepción Varela Orol Proxecto en cooperación: Consello da Cultura Galega Financiamento: Sen financiamento externo. Páxina web: http://consellodacultura.org/sarmiento/ Por medio dun equipo interdisciplinario de especialistas, o proxecto Martín Sarmiento. Obras completas acomete desde 2002 a tarefa de recuperar e editar a obra de Sarmiento. O traballo abrangue a dixitalización, transcrición e estudo do legado do freire, alén da elaboración dun Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 19

Instituto de Lingua Galega rexistro exhaustivo dos fondos manuscritos. Continúa o proceso de actualización da páxina web do proxecto e de edición da Obra de 660 Pliegos. Estase tamén a transcribir o catálogo autógrafo da súa biblioteca (Autores de quien yo tengo obras), baixo a dirección de C. Varela. 11. Transcrición paleográfica de obras medievais IP: Xavier Varela Barreiro Membros do equipo: Mariña Arbor Aldea, María Xosé Carrera Boente, Ramón Mariño Paz, Ricardo Pichel Gotérrez, Lucía Doval Iglesias, Iria Pérez Mariño, Raquel Rodríguez Parada Financiamento: Sen financiamento externo específico Este proxecto ten como finalidade realizar a transcrición paleográfica dos monumentos lingüísticos galegos medievais. Nunha primeira fase abordáronse as obras literarias, históricas, técnicas, relixiosas e xurídicas; nestes momentos está en marcha a edición de obras e coleccións de carácter notarial. Cada obra conta cun arquivo propio, no que se reúnen imaxes dixitalizadas dos manuscritos e a súa transcrición paleográfica. Sobre esta base elaboraranse, cando sexa necesario, edicións interpretativas a partir das cales se poderán facer outros estudos lingüísticos. No ano 2011 centrouse a actividade en catro focos: Continuación da revisión da transcrición dos catro códices das Cantigas de Santa María (século XIII). 20 Prosecución da transcrición do Tombo 1º do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (AHN 977, folios 1-93). Esta actividade desenvólvese no ILG dentro do marco do proxecto Libros, memoria y archivos. Cartularios monásticos del Noroeste peninsular (ss. XII y XIII), dirixido por Ana Suárez González e subsidiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (HAR2009-09529 (subprograma HIST). Revisión da versión paleográfica da multiedición da Historia troiana (século XIV). Comezo da transcrición do Cartulario da confraría de San Xoán Bautista de Pontevedra (século XV) e dunha escolma da documentación da Colexiata de Santa María de Sar (Santiago de Compostela). 12. GRAVACIÓN E POSTA EN REDE DO dicionario de ProNUNCIA DA lingua GAleGA IP: Xosé Luís Regueira Fernández Membros: Carolina Pérez Capelo, César Osorio Peláez (desenvolvemento da páxina web), Luís Iglesia Besteiro (locución), Óscar Otero (deseño da páxina web), Pablo Barreiro Rivas (técnico de son) Outros colaboradores: Matthew Wellins, Merlinda Dalipi, Benedict Buono, Anne Desnos, Katerina Vlasakova, Minako Takahashi (locución en linguas estranxeiras) Financiamento: Secretaría Xeral de Política Lingüística Proxecto en cooperación: Radio Galega, Secretaría Xeral de Política Lingüística Páxina web: ilg.usc.es/pronuncia Este proxecto tiña por finalidade a locución de todas as formas contidas no Dicionario de pronuncia da lingua galega (A Coruña: RAE, 2010). Este dicionario é resultado dun proxecto realizado no ILG nos anos anteriores e contén unha proposta de pronuncia estándar para as 47500 entradas léxicas do Vocabulario ortográfico da lingua galega. Contando coas formas de

Memoria de Actividades 2011 feminino e coa proposta de dobres pronuncias para algunhas voces, o total de locucións é de 60000 formas pronunciadas. Para a realización deste proxecto contamos co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, por medio dunha encarga de servizo, e coa colaboración desinteresada da Radio Galega, que puxo á nosa disposición un estudo de gravación, así como a colaboración de Pablo Barreiro como técnico de son. A locución requiriu un profesional da locución e da dobraxe, que presentase asemade un galego foneticamente exemplar, unha voz de boa calidade e tivese un alto adestramento para poder realizar todas as formas de acordo coa forma transcrita. Unha vez realizada a gravación, foi necesario revisar e segmentar os arquivos de son para separar as realizacións das diferentes pronunciacións, oír coidadosamente cada unha das realizacións para detectar erros, fallos e ruídos. A continuación procedeuse a editar os arquivos de son para eliminar ruídos. As pronuncias que presentaban problemas de calidade ou contiñan erros foron regravadas. A continuación preparouse a base de datos con toda a información: entrada, información gramatical, transcrición, outras informacións (no seu caso) e notas, así coma o link ao arquivo de son. Tras efectuar as probas e as correccións necesarias, o traballo deuse por concluído. Os traballos comezaron a mediados de febreiro e concluíron o 30 de xullo. Nos últimos días de agosto anunciouse publicamente a existencia deste recurso, que foi presentado publicamente na segunda semana do mes de setembro. 13. CORILGA: CORPUS ORAL DA LINGUA GALEGA IP: Xosé Luís Regueira Fernández Membros do equipo: Elisa Fernández Rei, Noemi Basanta Llanes (bolseira de colaboración) Financiamento: Sen financiamento externo. No último trimestre do ano 2011 iniciamos un novo proxecto que ten por finalidade construír un corpus oral aliñado e etiquetado da lingua galega. Neste período de posta en marcha o traballo consistiu fundamentalmente na planificación do traballo e no deseño do corpus. O plan é realizar un corpus colaborativo e multidisciplinar que resulte útil para o estudo da lingua oral nas súas diferentes facetas, desde a fonética segmental, entoación, prosodia, gramática, ata análise da conversa ou a análise de discurso. Este traballo pénsase coma un corpus aberto e flexible, tanto na súa extensión coma na súa explotación, coa colaboración de diferentes lingüistas ao longo do tempo. Para a realización deste corpus tomamos como punto de partida as gravacións existentes neste momento no ILG, que se supoñen varios millares de arquivos de voz e máis de mil horas de gravación. Este corpus, non obstante, deberá ser completado con gravacións novas daquelas variedades e tipos de texto que están pouco representados nas gravacións existentes (especialmente conversación e lingua xuvenil). Decidimos utilizar o programa ELAN (http://www.lat-mpi.eu/tools/elan/), gratuíto e de código aberto, desenvolvido no Instituto Max Planck de Psicolingüística, por considerala unha ferramenta extraordinariamente completa e flexible para o noso propósito, xa que permite a realización de numerosos niveis de anotación, todas aliñadas co arquivo de voz. No mes de decembro transcribimos gravacións realizadas por Noemi Basanta, para poñer a proba os criterios de transcrición utilizados así coma a versatilidade do programa utilizado, en conversas de tres e ata de seis participantes. Os resultados destas probas iniciais resultaron satisfactorios e neste momento continuamos coa transcrición. O proxecto foi presentado na xornada Ahozko corpusak esparru elebidunetan / Corpus orales en ámbitos bilingües, organizado pola Eusko Ikaskuntza ( Un corpus oral de la lengua gallega: Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 21

Instituto de Lingua Galega CORILGA, Univ. de Deusto, 3 de novembro). Tamén se discutiron os criterios e obxectivos no Simposio do ILG 2011 Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística ( CORILGA: novas vías para a creación e explotación dun corpus oral). 14. AMPER GALICIA IP: Elisa Fernández Rei Membros do equipo: Xosé Luís Regueira, Francisco Dubert, Noelia Engroba Vidal, Susana Suárez Recouso Proxectos en cooperación. Coordinación xeral: Université Stendhal-Grenoble III-GIPSA-LAB (Francia) e Università degli Studi di Torino (Italia) Financiamento: MEC: unha bolsa de colaboración; Consellería de Educación da Xunta de Galicia: unha bolsa de colaboración; Grupo de Investigación Lingüística e Filoloxía Galega da Universidad de Santiago de Compostela (GI-1743) Páxina web: http://w3.u-grenoble3.fr/dialecto/amper/amper.htm / ; http://amper.limsi.fr/ 22 Durante o 2011, seguíronse realizando gravacións para completar a nosa base de datos: A Mezquita, A Gudiña, A Pastoriza e Carballo. En canto á análise, está practicamente rematada a dos datos con que contamos actualmente, se ben cómpre completar o corpus nalgún dos puntos de enquisa. Parte do resultado deste traballo pode verse na páxina web do proxecto, onde se poden consultar os datos (sonoros e gráficos) das falantes de Carballo, O Grove e Ribadeo, así como dos informantes masculino e feminino do Incio e Camelle. Así mesmo, tamén se publicou unha versión en CD-ROM da base de datos xeral de AMPER (vid. Mairano 2011). Comezamos o estudo perceptivo, de xeito que realizamos tests perceptivos nos institutos en Lalín e en Viana do Bolo, nos que participaron en total uns 80 alumnos de bacharelato. Os primeiros resultados xa foron presentados no V Congreso de Fonética Experimental en Cáceres e está pendente a publicación doutro traballo a este respecto (en fase de revisión científica). Para estas investigacións contamos coa colaboración do Servizo de Consultoría Estatística da USC. Contamos coa colaboración de alumnas do último curso de Filoloxía Galega, grazas ao financiamento do MEC e da Xunta de Galicia. Participan outras 28 universidades e centros de investigación do resto de Europa e de Sudamérica (dúas italianas, un centro francés, tres portuguesas, nove españolas, unha romanesa, unha norueguesa, sete brasileiras, unha venezolana, dúas arxentinas e unha chilena). 15. GRAMÁTICA DA LINGUA GALEGA IP: Rosario Álvarez Blanco Membros do equipo: Francisco A. Cidrás Escáneo, Ernesto X. González Seoane, Xosé Luís Regueira Fernández, Xosé Xove Ferreiro Proxectos en cooperación: Real Academia Galega Financiamento: Real Academia Galega Este equipo constituíuse hai xa algúns anos, arredor do proxecto Gramática xeral descritiva do galego moderno, nacido no seo do ILG co obxecto de describir o diasistena do galego moderno (séculos XIX-XXI), atendendo ás distintas variantes xeográficas, cronolóxicas, sociais e estilísticas comprobables na actualidade. Indivualmente ou en parcería, os seus membros teñen unha liña de traballo ininterrompida neste campo. Con posterioridade, este equipo de gramáticos, coordinado por Rosario Álvarez, asumiu a encarga de elaborar a gramática institucional da Real Academia Galega. O obxectivo académico é redactar unha gramática descritiva do galego estándar, capaz de orientar sobre o uso e as múltiples opcións lingüísticas, e asemade sobre a corrección gramatical, dirixida a usuarios

Memoria de Actividades 2011 de amplo espectro, con certo nivel cultural pero sen coñecementos técnicos en lingüística. Os criterios foron definidos en Álvarez/Monteagudo 2004. A fins de 2010 redactouse e asinouse un convenio de colaboración entre a RAG e a USC (a través do ILG), que formaliza o compromiso entre ambas as partes. Prevese un prazo de execución de tres anos, polo que a fins de 2013 debería estar entregado o texto definitivo. 16. CONSTRUCIÓNS VERBAIS E SINTAXE DA ORACIÓN IP: Rosario Álvarez Blanco e Xosé Xove Ferreiro Membros do equipo: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Cidrás Escáneo, Ernesto González Seoane, Xosé Luís Regueira Fernández, Xulio Sousa Fernández, Xosé Xove Ferreiro, Luz Varela Armas Data de inicio do proxecto: Xaneiro de 2002 Proxectos en cooperación: Seminario de Gramática da Real Academia Galega Financiamento: Real Academia Galega O proxecto ten como finalidade a descrición das estruturas sintácticas oracionais do galego moderno a partir do verbo, descrición que se presenta en forma de base de datos. O corpus inicial consta duns 100.000 rexistros seleccionados de entre o material ofrecido polo Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). Para os constituíntes de cada oración establécese a función sintáctica, algunhas características semánticas e o tipo de unidade que a manifesta, coas particularidades formais que presenta en cada oración. Ademais destas informacións, a base de datos coa que se traballa contén sempre a acepción semántica do verbo estudado, a secuencia completa de todos os constituíntes da oración da que é núcleo o verbo e o esquema sintáctico dos constituíntes requiridos polo verbo nesa oración. Esta descrición permitirá un uso moi amplo, e en sentidos diferentes, da base de datos. Á parte desta utilidade xeral da base, o obxectivo primeiro do equipo céntrase na descrición dos verbos galegos (de inicio os máis frecuentes) tanto no relativo ás acepcións coma no que se refire ás construcións sintácticas, con vistas á elaboración dun dicionario de verbos, que á súa vez se encaixa dentro dos traballos realizados no seo do ILG e da RAG para a realización dun dicionario xeral do galego. balance do ano 2011 O proxecto conta cunha bolseira da que se require unha alta cualificación dada a natureza do traballo de descrición sintáctico-semántica. A eventualidade de non podermos contar coa persoa idónea ocasionou que o curso dos traballos quedase interrompido temporalmente desde xuño de 2008 ata xuño de 2011, tralas sucesivas saídas das investigadoras Soraia Domínguez Portela (2002-2004) e María Pereira Maceda (2005-2008). Despois de diversas tentativas, finalmente fíxose cargo da continuación do proxecto a investigadora Luz Varela Armas. Desde a data sinalada do 1/06/2011 os traballos avanzaron a bo ritmo, coa descrición dun total de máis de 7.000 rexistros, correspondentes a 22 novos verbos. Resultados e publicacións derivadas Soraia Domínguez Portela está a realizar a tese de doutoramento Construcións verbais en galego: verbos de movemento dirixida por Rosario Álvarez Blanco; en fase de revisión para unha presentación inmediata. Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 23

Instituto de Lingua Galega 17. Gramática histórica da lingua galega IP: Xavier Varela Barreiro Membros do equipo: Amparo Cereixo Silva (IES As Neves), Ramón Mariño Paz, Eduardo Moscoso Mato, Alexandre Rodríguez Guerra (UVigo) Financiamento: Sen financiamento externo específico A realización dunha gramática histórica da lingua galega foi o que motivou a construción dun corpus do galego medieval. Durante bastantes anos quedou relegada a un segundo plano e os esforzos centráronse sobre todo nos traballos do Xelmírez. No ano 2011 centrouse a actividade en tres obxectivos: Nova revisión e mellora dos parámetros de lematización e etiquetación gramatical das obras medievais. A incorporación do programa BConcord permitiu un avance importante na automatización dos procesos para o primeiro grupo de obras preparadas (as codificadas ata 2005). Na segunda metade do ano iniciouse o incorporación das obras do segundo grupo (as codificadas entre 2006 e 2011). Continuación das probas de construción de bases de datos parciais (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas) nas que se recollen e codifican as atestacións textuais dos cambios lingüísticos. Revisión dos parámetros de análise da base de datos de sintaxe do galego medieval (AOGM). 24 18. TESOURO MEDIEvAL GALEGO-PORTUGUÉS IP: Xavier Varela Barreiro Membros do equipo: Véxase a información particularizada en cada un dos subproxectos englobados Financiamento: Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística; Consellería de Innovación e Industria (INCITE08PXIB302185PR) Páxina web: http://sli.uvigo.es/xelmirez/index.html Baixo esta denominación xeral agrúpanse varios proxectos complementarios que o equipo de traballo dirixido por Xavier Varela Barreiro vén realizando no eido da lingüística de corpus desde o ano 1992 no Instituto da Lingua Galega. Teñen en común acoller nas súas bases textos da Galicia e do Portugal medievais e diferéncianse pola lingua que representan (galego-portugués, latín, castelán). A organización xeral do conxunto é a seguinte:

Memoria de Actividades 2011 A) Xelmírez (Galicia) É a ponla galega do Tesouro Medieval Galego-Portugués. Acolle a produción romance (galego e castelán) e latina da Galicia medieval e dentro del conviven o TMILG (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega), o TMILL-G (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Latina-Galicia) e o TMILC-G (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Castelá-Galicia). Está coordinado con outros proxectos propios do ILG e con proxectos doutras universidades. Con todos eles forma unha rede de investigación que conta cunha plataforma propia (RILG) na que conviven e son consultables on line máis dunha ducia de recursos informatizados para a investigación da lingua galega. Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) IP: Xavier Varela Barreiro Membros do equipo: Amparo Cereixo Silva (IES As Pontes), Eduard del Castillo Velasco, Lucía Doval Iglesias, César Osorio Peláez, Iria Pérez Mariño, Iago Santiso Fernández Financiamento: Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística; Consellería de Innovación e Industria (INCITE08PXIB302185PR) Páxina web: http://ilg.usc.es/tmilg Está coordinado con outros proxectos propios do ILG e con proxectos doutras universidades. Da súa parte o equipo do TMILG, xuntamente co do TILG e os dos dicionarios de dicionarios (moderno e medieval), mantén relación estable co equipo do Seminario de Lingüística Informática Universidade de Vigo. O primeiro resultado é a construción da plataforma RILG, na que conviven e son consultables máis dunha ducia de recursos informatizados para a investigación da lingua galega. É, dentro do Xelmírez, a liña máis avanzada e de maior proxección externa. Trátase do subcorpus das obras e coleccións documentais redactadas en romance galego na Galicia medieval. A base do TMILG contén a totalidade das obras non notariais publicadas da Galicia medieval (literarias, históricas, relixiosas, xurídicas e técnicas). Das obras notariais xa está incluída unha boa parte das publicadas (aproximadamente o 95%) e están moi avanzados os traballos para a carga das restantes. Así mesmo están informatizadas ou en proceso de informatización boa parte das coleccións documentais aínda inéditas recollidas en traballos académicos de distinto teor (teses de doutoramento, teses de licenciatura, TITs, etc.). En número, os documentos colectados son 13.591. O arco cronolóxico vai do século XIII a mediados do XVI (con rexistros romances desde o VIII). Está accesible en rede, en acceso gratuíto, unha versión sen lematizar e sen marcaxe onomástica. Para os seus traballos o grupo de investigación dispón xa dunha versión dos textos na que está rematada a marcaxe onomástica e segue o seu curso o proceso de lematización. Durante o ano 2011 desenvolvéronse traballos que foron continuación e reforzamento das liñas iniciadas e atendidas nos exercicios anteriores. Por unha banda, avanzouse na corrección e marcaxe daquelas obras da nosa base textual que, por motivos diversos, foran quedando pendentes ou precisaban de novas correccións; pola outra, foise arrequentando a devandita base cunha importante cantidade de textos novos (11.886.492 de caracteres), a maioría deles de recente aparición no panorama editorial e cuxa relevancia radica basicamente no que representan de enchemento de ocos (na cronoloxía, na diatopía ou na tipoloxía textual) do noso corpus. Ao longo de 2011 sometéronse a revisión, corrección ou segunda corrección un total de 21 novas obras, case todas de extensión moi considerable. Varias delas estarán á diposición do usuario-investigador en Internet nun prazo razoable. A mecánica de traballo no Xelmírez aborda os textos en dúas fases sucesivas. Primeiramente dixitalízanse os textos (vía OCR ou vía picado manual, co conseguinte labor de revisión e corrección) e aplícaselles unha pre-dtd nun formato básico (TXT). Esta versión permite un primeiro e valioso aproveitamento das obras antes de seren preparadas para o seu procesamento masivo; Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 25

Instituto de Lingua Galega este só é posible na segunda fase, na que son sometidos ao estándar XML. No marco da primeira fase (TXT), ao longo do ano 2011, tal e como foi indicado no parágrafo anterior, os membros do equipo someteron a unha coidadosa revisión e corrección ata un total de 30 novas obras. O proceso de conversión de textos ao formato XML leva as obras á versión definitiva para o seu aproveitamento masivo a través de Internet. En 2011 converteuse un total de 6 obras. Está coordinado con outros proxectos propios do ILG e con proxectos doutras universidades. Da súa parte o equipo do TMILG, xuntamente co do TILG e os dos dicionarios de dicionarios (moderno e medieval), mantén relación estable co equipo do Seminario de Lingüística Informática Universidade de Vigo, co que mantén a plataforma RILG. Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Castelá Galicia (TMILC-G) IP: Xavier Varela Barreiro Membros do equipo: Raquel Alonso Parada, Lucía Doval Iglesias, Ramón Mariño Paz, Iria Pérez Mariño, Iago Santiso Fernández Financiamento: Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. 26 A presenza de documentos labrados en castelán entre a documentación procesada estase aproveitando para ir construíndo no ILG un corpus do castelán de Galicia que sexa abranxente de toda a historia. Na actualidade son 2.023 os documentos preparados. No futuro ampliarase o arco cronolóxico, comezando pola Idade Moderna, na procura dun subcorpus en castelán que vai permitir encher algunhas lagoas, sobre todo léxicas e onomásticas, pero tamén fonéticas e morfosintácticas, ás que condena a precariedade do galego escrito no período medio da nosa historia. Está previsto que nese momento o TMILC pase a chamarse CHCG (Corpus Histórico do Castelán de Galicia). En 2011 codificáronse e preparáronse os documentos ou fragmentos en castelán das 21 novas obras incorporadas ao Xelmírez e das 6 convertidas ao formato XML (véxase TMILG). Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Latina Galicia (TMILL-G) IP: Xavier Varela Barreiro Membros do equipo: Xosé Luís Couceiro Pérez, Lucía Doval Iglesias, Iria Pérez Mariño, Iago Santiso Fernández, Xaime Varela Sieiro (Instituto Español Vicente Cañada Blanch - Londres) Financiamento: Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os traballos de preparación dos textos de coleccións documentais plurilingües foi achegando ao Xelmírez un importante número de documentos e obras labrados en latín. Na actualidade a cifra chega aos 10.246, o que fai do TMILL un corpus bastante representativo do latín medieval galaico. Dada a existencia desde hai moitos anos do CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae) e a posiblidade de consultalo on line, non é previsible por agora a posta en rede do TMILL. Mais as facilidades que reporta contar con tantos documentos latinos homologados na súa etiquetación aos do TMILG fan imprescindible continuar arrequentando as súas bases textuais. Sen eles non sería posible avanzar, como se está a facer, nos traballos propios de carácter onomástico (nestes momentos só toponímico) e de sociolingüística histórica (emerxencia do romance fronte ao latín e posterior decadencia do galego fronte ao castelán). Codificáronse e preparáronse os documentos ou fragmentos en latín das 21 novas obras incorporadas ao Xelmírez e das 6 convertidas ao formato XML (véxase TMILG).

Memoria de Actividades 2011 B) Dom Dinís (Portugal) Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Portuguesa (TMILP) IP: Xavier Varela Barreiro Convenio en cooperación: Membros da Academia das Ciências de Lisboa / Centro de Linguística da Universidade Nova de Lisboa Membros do equipo: Lucía Doval Iglesias, Eduardo Moscoso Mato, Iria Pérez Mariño, Iago Santiso Fernández Financiamento: Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística Xa nos inicios, a comezos dos anos 90, estableceuse o obxectivo de construír un corpus que comprendese textos ao norte e ao sur do río Miño e da franxa occidental de Asturias, León e Zamora. En diferentes momentos, como resposta a necesidades concretas dos traballos do equipo na altura, fóronse informatizando e etiquetando obras do Portugal medieval de tipoloxía variada. Na actualidade son máis de 100 as obras que, en diferente fase de preparación, están ao dispor do equipo. Algunhas das máis significativas son: Livros de Linhagens, Tempos dos preitos, Livro dos bens de dom João de Portel, Crónica Geral de 1344, Livro de Joseph de Arimateia, Arte de bem cavalgar toda sela, Demanda do Santo Graal, Foros de Castelo Rodrigo, Foro Real, Primeira Partida, Livro das aves, Cancioneiro Geral de Garcia de Resende, Documentos de Clarinda Maia, Documentos editados por Ana Maria Martins, etc. A codificación empregada é a mesma do TMILG e a súa posta en rede está prevista a medio prazo. Durante o ano 2011 non se arrequentou a base con novas obras. Continúa aberta a colaboración co equipo dos Profesores João Malaca Casteleiro (Academia das Ciências de Lisboa) e Maria Francisca Xavier (Centro de Linguística da Universidade Nova de Lisboa), que dará lugar ao desexable e esperado corpus medieval conxunto galego- -portugués. A colaboración ampliarase no futuro á elaboración do Dicionario medieval galego- -portugués, botado xa andar polo equipo lisboeta co seu Dicionário do Português Medieval e que deberá ser redefinido no futuro para axeitalo ao novo horizonte. Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Latina (Portugal) (TMILP) IP: Xavier Varela Barreiro Membros do equipo: Xosé Luís Couceiro Pérez, Lucía Doval Iglesias, Iria Pérez Mariño, Iago Santiso Fernández, Xaime Varela Sieiro (Instituto Español Vicente Cañada Blanch - Londres) Financiamento: Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística En paralelo co TMILL-G, estanse reunindo e codificando as obras do legado portugués medieval en latín. Durante o ano 2011 non se arrequentou a base con novas obras. 19. TilG. TESouro INForMATIZAdo DA lingua GAleGA. BASE DE DATOS LEXICOGRÁFICA PARA UN DICIONARIO DA LINGUA GALEGA IP: Antón Santamarina Fernández Membros do equipo: Noelia Estévez Rionegro, Lorena López López, Lidia López Teixeiro, María Viturro Piñeiro Informática: César Osorio Peláez Financiamento: Secretaría Xeral de Política Lingüística Páxina web: http://www.ti.usc.es/tilg; http://www.sli.uvigo.es/tilg Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 27

Instituto de Lingua Galega O Tesouro informatizado da lingua galega (TILG) é unha base de datos lexicográfica con entradas en formato KWIC. Está dispoñible en formato base de datos ao dispor dos investigadores na sede do ILG e é consultable a través das webs arriba indicadas. O TILG está incorporado no proxecto RILG. No que atinxe á base de datos lexicográfica coñecida como TILG, o traballo realizado durante o 2011 inclúe os seguintes resultados: 1. 24 novos textos procesados 2. Traballo realizado sobre os textos: a. Lectura por OCR ou mecanografado b. Depuración e marcaxe c. Concordancia d. Lematización (atribución a cada unha das palabras do lema forma non marcada e da categoría gramatical correspondente). Estes traballos foron xa incorporados ao sitio electrónico correspondente (http://sli.uvigo. es/tilg/). 28 20. Dicionarios de dicionarios IP Antón Santamarina Membros do equipo (ILG): María Álvarez de la Granja, Rocío Dourado Fernández, Francisco Fernandez Rei, Ernesto González Seoane, Carme Hermida Gulías, Ramón Mariño Paz, Paulo Martínez Lema, Eduardo Moscoso Mato, Ricardo Pichel Gotérrez, Damián Suárez Vázquez, Xavier Varela Barreiro Proxecto en cooperación: Seminario de Lingüística Informática da UVigo Financiamento: Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia, Programa de promoción xeral de investigación do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite), 2008-2011 (ref. INCITE08PXIB302185PR) Páxina web: http://webs.uvigo.es/sli/recursos.html ı http://sli.uvigo.es/tilg/index.html ı http://sli.uvigo.es/ddd/ ı http:// sli.uvigo.es/xirias/

Memoria de Actividades 2011 O proxecto Dicionarios de Dicionarios inclúe: Dicionario de dicionarios da lingua galega (moderna DdD). Dicionario de dicionarios da lingua galega medieval (DDGM). Dicionario de dicionario: xergas. Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). Tesouro informatizado da lingua medieval (TMILG). Todos estes materiais están aloxados na web http://webs.uvigo.es/sli/recursos. Este ano só se traballou no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (DdD). O labor desenvolvido no ano 2011 para o Dicionario de Dicionarios inclúe o procesado dos seguintes textos de Leandro Carré: Diccionario galego-castelán (1933) e Diccionario galego-castelán (1951). Ademais, realizáronse tamén as seguintes operacións: Lectura por OCR Depuración do texto Marcaxe en XML (conforme á DTD da obra xeral, baseada no estándar TEI). Os dous textos están incorporados no sitio correspondente http://sli.uvigo.es/ddd/index.html. Con esta incorporación, a nómina de autores incluídos no DdD é a seguinte: Real Academia Galega (1928) Acevedo & Fernández Aguirre Aníbal Otero Apéndice a Eladio Rodríguez Carré (1 2 3 4) Constantino García Cuveiro Eladio Rodríguez Elixio Rivas Filgueira e outros Franco Grande Ibáñez Leiras Losada e outros (flora) Payzal Pereda Ríos Panisse Pintos Porto Rey Francisco J. Rodríguez (o editado e o ms) Sarmiento (incluídos os 660 pliegos) Sobreira Valladares Un ms da BN, s. XIX Un ms da BRAH, s. XIX Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 29 Reguera

Instituto de Lingua Galega 21. PORTAL DE XENTILICIOS E ALCUMES GALEGOS IP: Xosé Afonso Álvarez Membros do equipo: David Rodríguez Lorenzo, Damián Suárez Vázquez, César Osorio Peláez Financiamento: Non ten financiamento específico Proxecto en colaboración: Fundación Camilo José Cela Páxina web: http://ilg.usc.es/ditados O obxectivo deste proxecto é reunir nun portal electrónico o que tradicionalmente se denominan ditados tópicos, isto é, xentilicios, pseudoxentilicios (alcumes) e mais refráns e cantigas referidas a algunha localidade galega ou aos seus poboadores. Na súa primeira fase, xa concluída, ofrece as 1212 fichas recollidas en Galicia para a redacción do Diccionario geográfico popular de España de Camilo José Cela. Estas fichas de enquisa foron dixitalizadas e transcritas, e cada unha das respostas foi etiquetada e analizada individualmente. Durante os anos vindeiros incorporarase material procedente doutras fontes. Durante o ano 2011, realizáronse as seguintes actividades: Edición de datos procedentes dos materiais recompilados para o Diccionario de Cela. Revisión final de todos os contidos da base de datos. Creación do portal web, que foi presentado en público en outubro de 2011 (máis información sobre o portal e a súa repercusión pública na web http://ilg.usc.es/ditados). 30 Presentación do proxecto no XXIV ICOS International Congress of Onomastic Sciences celebrado en Barcelona en setembro de 2011. A versión impresa da comunicación aparecerá brevemente nas actas deste encontro. 22. Inventario toponímico da Galicia medieval IP: Xavier Varela Barreiro Membros do equipo: Rocío Dourado Fernández, Lucía Doval Iglesias, Paulo Martínez Lema, Iria Pérez Mariño, Carlos Vázquez García, Amparo Cereixo Silva Informática: César Osorio Peláez Financiamento: Sen financiamento externo Páxina web: http://ilg.usc.es/itgm O Inventario Toponímico da Galicia Medieval (ITGM), botado a andar no ano 2005, foi construído coa intención de que sexa un recurso que lles brinde aos investigadores o acceso e o aproveitamento do noso inmenso e en ocasións pouco coñecido corpus toponímico medieval. Resulta evidente que un proxecto con esta orientación e centrado nun campo de traballo tan concreto non xurdiu de xeito espontáneo, senón que se alicerza nunhas dinámicas de traballo e nunhas liñas de investigación que veñen sendo desenvolvidas desde hai case dúas décadas e das cales o ITGM pode considerarse unha derivación ou subproduto. Faise referencia ao Proxecto Xelmírez (Corpus Lingüístico da Galicia Medieval), nado na sección de Gramática Histórica do Instituto da Lingua Galega. A implementación desa enorme masa textual posibilitou a posta en marcha de novos subproxectos, dos cales é este un dos de maior desenvolvemento e do que se pode dicir que, a xulgar polo elevado número de consultas feitas na súa páxina web, constitúe unha ferramenta de valor non soamente para investigadores e persoas interesadas na lingüística diacrónica, senón, en xeral, para todo tipo de usuarios movidos polos máis variados intereses.

Memoria de Actividades 2011 En anos anteriores levantouse a estrutura de almacenamento e de consulta on line dos datos estudados e fixéronse dúas achegas sucesivas (ata o 2009 e no 2010) coa etiquetación toponímica e importación de unidades dun grupo representativo de coleccións documentais (terras de Bergantiños-Fisterra-Soneira-Xallas, terra de Celanova, diocese de Mondoñedo e diocese de Lugo). En 2011 revisáronse novamente e preparáronse para a aplicación on line os materiais correspondentes á diocese de Lugo e á documentación do século XIII: DGPXII-XIII = Souto Cabo, José António (2008): Documentos galego portugueses dos séculos XII e XIII. A Coruña: Universidade (Área de Filoloxías Galega e Portuguesa) (Monografía nº 5 da Revista Galega de Filoloxía). DMSSC1 = Vaquero, Isabel (ed.) (2004): Colección diplomática do mosteiro de San Salvador de Celanova (ss. XIII-XV). Santiago de Compotela: Tórculo. 23. Dicionario dos apelidos galegos IP: Ana I. Boullón Agrelo Membros do equipo: Gonzalo Hermo González, Gonzalo Navaza Blanco (UVigo), Antón Palacio Sánchez (UVigo), Luz Méndez (TVG) Proxecto en colaboración: Real Academia Galega O Dicionario dos apelidos terá ao redor de 6.000 entradas (contando os lemas principais e os secundarios), ordenadas alfabeticamente e seleccionadas por orde de frecuencia. Os datos parten do Censo proporcionado polo Instituto Nacional de Estadística (Madrid) correspondentes ao ano 2001. Para os lemas escóllese a forma estandarizada entre as variantes existentes, a partir dos criterios publicados no Boletín da Real Academia Galega 370 (2009). Cada entrada inclúe o número de ocorrencias de cada forma, información etimolóxica, documentación histórica (a datación máis antiga que se coñece), e, nos casos que proceda, datos sobre a difusión xeográfica actual, a relación co topónimo correspondente e a representación cartográfica. Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 31

Instituto de Lingua Galega En setembro de 2011, trala sinatura do convenio coa Real Academia Galega, contratouse unha persoa que realiza tarefas de actualización das bases de datos e outros labores auxiliares da confección do dicionario. Ademais de fixarse o modelo de entrada, nestes momentos está redactado un 7% das voces previstas. 24. Dictionnaire historique de l anthroponymie romane (PATrom) IP (comité galego): Ana I. Boullón Agrelo, Ramón Lorenzo Proxecto en cooperación: 18 universidades ou centros de investigación europeos Financiamento: DGCYT (MEC, Madrid) entre 1990 e 1996. Actualmente sen financiamento externo específico Páxina web: http://patrom.fltr.ucl.ac.be/; http://ca.wikipedia.org/wiki/projecte_patronymica_romanica 32 O Dictionnaire historique de l anthroponymie romane é un dicionario etimolóxico, histórico e comparativo da antroponimia románica de orixe léxica. Estuda o proceso de antroponimización de lexemas romances que conduciu á formación de boa parte dos apelidos modernos. É, por tanto, un dicionario de antroponimia, pero inserto na lingüística románica e circunscrito ao ámbito dos dominios lingüísticos romances. Atende ao eixe diacrónico (desde o latín ás correspondentes solucións romances actuais) e diatópico (inclúe as variedades romances), para o que aplica unha metodoloxía específica elaborada con este fin. O resultado será un dicionario panrománico que terá en conta apelidos procedentes do léxico común e que sexan produtivos en polo menos dous grandes dominios lingüísticos romances. Os centros vinculados ao colectivo PatRom son as universidades de Tréveris, Lisboa, Oviéu, Santander, Complutense de Madrid, Sevilla, Vitoria/Gasteiz, Zaragoza, València, Palma de Mallorca, Louvain-la-Neuv, Udine, Pisa, Bari, amais doutros centros de investigación como o Institut d Estudis Catalans (Barcelona), o Institut Nacional de la Langue Française (Nancy) e a Academia Româna (Bucarest). A sección de onomástica do ILG é a encargada de proporcionar os datos correspondentes ao dominio lingüístico galego desde o comezo do proxecto (1990), sexan onomásticos ou bibliográficos. O comité galego está formado por Ana I. Boullón Agrelo (síntese e documentación galega) e Ramón Lorenzo (consultor). 25. Cartografía dos apelidos de Galicia IP: Ana I. Boullon Agrelo, Xulio C. Sousa Fernández Membros do equipo: Miguel Mosquera Fociños, Informática: Ana Isabel Suárez Moreno Páxina web: http://ilg.usc.es/cag/ A aplicación da representación da distribución dos apelidos nos concellos galegos (CAG) leva funcionando desde o ano 2006 como unha das páxinas de resultados de proxectos de investigación do ILG máis consultadas. Neste tempo detectáronse algúns problemas na xestión da información e na presentación da cartografía que levaron o equipo responsable a emprender o desenvolvemento dunha nova versión. Desde os comezos do ano 2008, en colaboración co Departamento de Electrónica e Computación da Escola Técnica Superior de Enxeñería, iniciáronse os traballos para o deseño dunha nova aplicación que mellorará o funcionamento da versión actual. No ano 2011 rematouse a nova versión da CAG e púxose ao dispor de tódolos usuarios na páxina web do ILG. A aplicación foi presentada o 29 de abril de 2011. Modificáronse os intervalos que presentan as porcentaxes, que a partir de agora se calcularán a partir de cada apelido, e non sobre o total de todos eles, mellorouse a presentación da axuda, aumentouse

Memoria de Actividades 2011 a información antroponímica e creouse a posibilidade de descargar os datos nun arquivo en Excel para poder almacenalos e imprimilos. Ademais, posibilitouse o contacto coa sección de onomástica mediante unha dirección de e-mail, a partir do cal se reciben periodicamente consultas sobre diversos aspectos dos apelidos, como a súa estandarización, orixe, frecuencia, etc., o que demostra o interese social que existe sobre a cuestión. 26. Bases de datos onomásticos IP: Ana I. Boullon Agrelo Membros do equipo: Gonzalo Hermo González Financiamento: Sen financiamento externo. Durante o ano 2011 na Sección de Onomástica seguíronse actualizando as bases de datos que alimentan a realización de diversos proxectos, e de forma máis directa os de Dicionario dos apelidos galegos, Estandarización dos nomes e apelidos e PatRom. Traballouse fundamentalmente en dúas direccións, antroponimia e toponimia. Antroponimia histórica Esta base de datos contén varias relacionadas: a antroponimia medieval, a dos séculos XVI- -XVIII, a dos Catastros de Ensenada (s. XVIII), a de censos do séc. XX (INE ano 2001) e a de alcumes modernos. O labor realizado durante o ano 2010 concrétase nos seguintes avances: Proseguiu a introdución de datos antroponímicos medievais. O criteiro fundamental para a selección da fontes é procederen de textos editados con criterios filolóxicos e que conten con fiabilidade editorial. Dada a problemática específica dos nomes, que se escribían na Idade Media con abreviaturas nunha proporción moi alta, é fundamental partir de fontes ben editadas para poder facer un estudo lingüístico sólido; doutra maneira, pódese considerar, por exemplo, como moi temperá a entrada de castelanismos que en realidade non son máis que desenvolvementos erróneos a partir das abreviaturas existentes. No ano 2011 realizouse o baleirado das seguintes fontes, que comportaron un total de 746 rexistros onomásticos novos: Sponer, Margot (1932-1934): Documentos antiguos de Galicia. Anuari de l Oficina Románica de Lingüística i Literatura 7, 113-92. Rodríguez Louredo, Eduardo (inédito): Documento de 1474 do AHDSantiago (Fondo Xeral 70.2, páx. 26 r., papel). Traballo de curso para a materia Crítica Textual Galega, 2010- -2011. Toponimia: estudos toponímicos O proxecto consiste na elaboración dunha base de datos que inclúe a relación dos topónimos estudados polo investigadores máis relevantes. A finalidade da confección desta base de datos é proporcionarlle ao estudoso da toponimia a relación das formas estudadas anteriormente, para centralizar a información correspondente a cada voz. Na primeira fase incluíronse aqueles estudos ou repertorios que se consideraron básicos para o estudo da toponimia galega (Piel, Kremer, Kajanto, Solin/Salomies, Moralejo, Navaz ). Neste momento continúase engadindo máis obras destes autores ou incorporando novidades bibliográficas, no que constitúe unha especie de actualización permanente da bibliografía máis considerada cientificamente. Este ano 2011 continuouse a inclusión dos datos incluídos na seguinte relación de obras: Bascuas_2002 = Bascuas, Edelmiro (2002): Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Anexo 51 de Verba. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. [A numeración remite ao parágrafo] Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 33

Instituto de Lingua Galega 34 Búa_Top-ollo_2007 = Búa, Carlos (2007): Sobre topónimos modernos galegos en ollo de posible orixe prerromana, en Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.): Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega Frei Martín Sarmiento. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica, 391-412. MoralejoÁlvarez_Palaeohispanica_2009 = Moralejo, Juan J. (2009): Toponimia de las vías romanas de Galicia, en F. Beltrán Lloris / J. d Encarnação / A. Guerra / C. Jordán Cólera / B. Díaz Ariño: Acta Palaeohispanica X. Actas do X colóquio internacional sobre línguas e culturas paleo-hispânicas. Zaragoza: Institución Fernando el Católico / Centro de estudos arqueológicos das universidades de Coimbra e Porto, 189-202. MoralejoÁlvarez_Top-bre_2010 = Moralejo Álvarez, Juan J. (2010): Documentación medieval galaica: topónimos en bre, en Francisco Cortés Gabaudan / Julián Víctor Méndez Dosuna (eds.): Dic mihi, Musa, virum. Homenaje al profesor Antonio López Eire. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca, 473-480. Moralejo Álvarez_TopCelt_2010 = Moralejo Álvarez, Juan J. (2010): Topónimos célticos en Galicia, en F. Beltrán Lloris / J. d Encarnação / A. Guerra / C. Jordán Cólera / B. Díaz Ariño (eds.): Serta Palaeohispanica in honorem Javier de Hoz (Palaeohispanica 10 2010). Zaragoza: Institución Fernando el Católico, 99-111. MoralejoÁlvarez_Top-oño_2011 = Moralejo Álvarez, Juan J. (2011): Topónimos galaicos con final oño, en Eugenio R. Luján / Juan Luis García Alonso (eds.): A Greek man in the Iberian Street. Papers in Linguistics and Epigraphy in honour of Javier de Hoz. Innsbrucker Beiträge Zur Sprachwissenschaft, 257-265. Navaza_TopHis_Galicia_2011 = Navaza, Gonzalo (2011): Galicia, en X. Ll. García Arias (coord.), Toponimia hispánica. Origen y evolución de nuestros topónimos más importantes. Valencia: Denes, 13-36. Navaza_TopSaiáns_2011 = Navaza, Gonzalo (2011): O nome dos lugares: Saiáns. Gondomar: Instituto de Estudos Miñoranos. [A numeración remite ao parágrafo] Piel_Biblos25-26_1949-1950 = Piel, Joseph M. (1949-1950): Os nomes dos santos tradicionais hispânicos na toponímia peninsular, Biblos 25-26, 287-353 (nº25), 281-314 (nº26). Piel_Miscelanea_1951 = Piel, Joseph M. (1951): Miscelânea de toponímia peninsular, Revista Portuguesa de Filologia 4, 196-227. Actualmente a base de datos conta con 67.444 rexistros, e contén as formas estudadas e a información bibliográfica correspondente (autor, publicación). Esta base de datos está sendo utilizada, neste momento, polos autores dunha colección toponímica que está sendo planificada pola Asociación Galega de Onomástica. Estase traballando na realización dun convenio con esta Asociación para formaliza-la colaboración do ILG e a RAG para a realización desta colección de toponimia, que nestes momentos xa ten dous números preparados para a imprenta, correspondentes á Toponimia de Begonte e Rábade (da autoría de Paulo Martínez Lema) e a Toponimia do Carballiño (da autoría de Frutos Fernández González). 27. ELABORACIÓN DUNHA GUÍA BIBLIOGRÁFICA DE SOCIOLINGÜÍSTICA GALEGA IP: Henrique Monteagudo Membros do grupo: Susana Guitar Proxecto en colaboración: Consello da Cultura Galega Consiste na documentación e actualización, para a posta en disposición en rede, de traballos de distinto tipo que abordan aspectos relacionados coa situación social do idioma galego.

Memoria de Actividades 2011 28. O PROCESO DE NORMALIZACIÓN DO GALEGO NOS ÚLTIMOS CINCUENTA ANOS: O TESTEMUÑO DOS PARTICIPANTES IP: Henrique Monteagudo Membros do grupo: Xurxo Martínez, Alexandre Vázquez Lorenzo, Francisco Vilabarros Proxecto en colaboración: Consello da Cultura Galega Consiste na gravación en vídeo e audio de entrevistas a persoas significadas pola súa contribución na defensa e promoción do idioma galego, especialmente a partir da súa oficialización, en distintos ámbitos da sociedade: a política, as administracións públicas, o ensino, os medios de comunicación, o ámbito audiovisual, a cultura Realizáronse 30 entrevistas no segundo semestre do ano. Elaboración do traballo A evolución do bilingüismo en Galicia: proxeccións a longo prazo por áreas xeográficas, realizado por Henrique Monteagudo e Hakan Casares en colaboración con Jorge Mira e Luís F. Seoane Iglesias. Relación de liñas e proxectos de investigación Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 35

Memoria de Actividades 2011 Organización de cursos, conferencias e encontros lingúísticos a. Simposios ILG Como xa dixemos, quixemos pór o simposio do 2011 en relación co 40º Aniversario da fundación do ILG, mostrando como os logros do pasado serven de base para o traballo de futuro. Este ano acudiron ao convite do ILG seis participantes na sección de Edición de textos. Presentaron propostas representativas de enfoques diversos, froito dunha longa experiencia editora de textos medievais e modernos. As súas achegas contribuíron a ofrecerlles aos asistentes unha rica panorámica das tendencias actuais e a dar novo alento metodolóxico e técnico aos que nos próximos anos se ocupen de rescatar o noso patrimonio textual antigo con novas edicións. Na sección de Córpora de léxico dialectal participaron especialistas galegos e foráneos que traballan neste campo en proxectos interesantes noutros dominios lingüísticos próximos. A comparecencia conxunta serviu ao propósito de dar continuidade a relacións científicas con grupos e centros de investigación relevantes neste campo, que son sempre enriquecedoras e contribúen á circulación fluída e á difusión dos logros que vaian aparecendo como consecuencia da maduración no proceso de investigación do léxico patrimonial. As voces de moitos galegos perderíanse para sempre se non fose polo traballo que o ILG vén desenvolvendo dende hai décadas, tanto a través da recolleita feita para o ALGa e outros proxectos como, posteriormente, e de maneira máis sistemática, se vén facendo no AGO. Esta preocupación pola conservación do material sonoro permítenos contar cun importante patrimonio que cómpre arrequentar con novas achegas e ao que cómpre tamén tirarlle o máximo partido para que contribúa ao coñecemento do que somos e do que falamos. As contribucións que se presentan na sección de Córpora Orais pretenderon botar unha ollada sobre a importante contribución feita ata o momento, pero tamén sobre as relevantes achegas que podemos facer no futuro. Para iso contamos coa participación de investigadores que en dúas linguas próximas a nós, catalán e portugués, se veñen facendo ao longo dos últimos anos. Como se pode comprobar, pois, o Simposio 2011 concibiuse, sobre todo, como unha aposta e unha mostra do compromiso de traballo que se vai desenvolver no futuro. 37

Instituto de Lingua Galega PROGRAMA DO SIMPOSIO EDICIÓN DE TEXTOS (26 e 27 de outubro) Día 26 Acto de inauguración e presentación do simposio Conferencia inaugural. Ramón Lorenzo (Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela): A edición da colección diplomática do mosteiro de Santa María de Montederramo. Sesión 1. Pedro Sánchez-Prieto Borja (Universidad de Alcalá): La edición como crítica integral del texto: el caso de la General Estoria. Sesión 2. Xavier Varela (Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela): LEMA: multiedición de cartularios medievais do noroeste peninsular. 38 Día 27 Sesión 3. Henrique Monteagudo (Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela): Editar Martín Sarmiento 250 anos despois. Sesión 4. Ernesto X. González Seoane (Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela): GONDOMAR. Repositorio dixital dos textos do galego medio. Sesión 5: Michael J. Ferreira (Georgetown University): O sistema de transcrição eletrônica do Hispanic Seminary of Medieval Studies: 35 anos de filologia e informática. CÓRPORA DE LÉXICO DIALECTAL (3 e 4 de novembro) Día 3 Sesión 1. Guylaine Brun-Trigaud (CNRS - Laboratoire BCL - Université de Nice-Sophia-Antipolis (Francia): Présentation du Thesaurus Occitan. Sesión 2. Janick Le Men Loyer (Universidad de León): Léxico del leonés actual. Día 4 Sesión 3. Hiroto Ueda (University of Tokio): Dialectometría en el proyecto de Varilex (Variación léxica del español en el mundo). Sesión 4. Rosario Álvarez Blanco / Xulio Sousa (Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela): O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. CÓRPORA ORAIS (10 e 11 de novembro) Día 10 Sesión 1. Maria Rosa Lloret (Universitat de Barcelona): Explotació de corpus orals: l experiència del COD (Corpus Oral Dialectal del català). Sesión 2. Francisco Fernández Rei (Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela): Arquivo do Galego Oral (AGO).

Memoria de Actividades 2011 Día 11 Sesión 3. Fabíola Santos (ILTEC, Lisboa): Corp-Oral: Cóorpus oral do português. Sesión 4. Xosé Luís Regueira / Elisa Fernández Rei (Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela): CORILGA: novas vías para a creación e explotación dun corpus oral. Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 39 Organización de cursos, conferencias e encontros lingüísticos

Instituto de Lingua Galega b. Obradoiro Léxico patrimonial: banco de datos e cartografía Os días 13-14 de xuño de 2011 celebrouse no seo do ILG o obradoiro Léxico patrimonial: banco de datos e cartografía, realizado no seo do proxecto Tesouro do Léxico Patromonial Galego e Portugués. O Obradoiro tiña unha finalidade formativa, aberto aos investigadores interesados, pero dirixido fundamentalmente aos colaboradores no proxecto. Asistiron todos os membros do equipo galego, o equipo portugués en pleno e unha ampla representación do brasileiro, entre a que se contaban as dúas coordinadoras federais e as coordinadoras das cinco grandes rexións. En sesións de mañá e tarde, realizamos catro seminarios sobre aspectos metodolóxicos e resolución de problemas, conducidos cada un por un investigador do equipo galego: respectivamente, Rosario Álvarez, Xulio Sousa, María Álvarez de la Granja e Ernesto González Seoane. Noutra sesión, César Osorio e Xulio Sousa presentaron e someteron a avaliación o prototipo do servizo que se vai ofrecer aos usuarios. Finalmente, tomáronse acordos sobre organización interna, convenios recíprocos, procedementos de fluxo de información e programa de traballo para os meses vindeiros. 40

Memoria de Actividades 2011 c. XXIV edición dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia Entre o 2 e o 30 de xullo de 2011 celebrouse en Santiago de Compostela a XXIV edición dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia, coorganizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da USC e financiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Os cursos inauguráronse o 5 de xullo nun acto en que interviñeron o Director dos cursos Francisco Fernández Rei, a Directora do Instituto da Lingua Galega Rosario Álvarez, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Anxo M. Lorenzo, o Tesoureiro da Real Academia Galega D. Manuel González González e o Vicerreitor Adxunto de Investigación e Innovación da USC Pablo Ramil Rego. O acto de clausura tivo lugar o 29 de xullo coas intervencións do Director dos cursos, da Directora do ILG, do Secretario Xeral de Política Lingüística, do Presidente da Real Academia Galega Xosé Luís Méndez Ferrín e do Vicerreitor de Estudantes e Formación Continua da USC Francisco Durán Villa. A secretaria dos cursos foi María Dolores Villanueva Gesteira. Participaron 87 alumnos e alumnas procedentes de 26 países diferentes dos cinco continentes. A maioría viñan de terras europeas (Alemaña, Reino Unido, República Checa, Croacia, España, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Finlandia, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Suecia e Ucraína) e un bo quiñón de terras americanas (Arxentina, Brasil, Chile, Estados Unidos e México). Houbo representación africana (Marrocos), asiática (India e Taiwán) e de Australia; e como nos últimos anos, unha boa porcentaxe do estudantado procedía de moi diversas partes de España. Segundo o seu nivel de coñecemento da lingua galega dividíronse en dous grupos elementais, un medio con dous grupos de prácticas e un Curso Superior de Filoloxía Galega. O nivel Elemental 1 (17 estudantes) estivo a cargo de Ana Fachal Fraguela (teoría) e Noelia Estévez Rionegro (práctica); o Elemental 2 (23 estudantes), a cargo de María Pereira Maceda (teoría) e María Viturro Piñeiro (práctica); e o Medio (30 estudantes, con dous grupos de prácticas de 15 alumnos cada un), a cargo de Carme Pazos Balado (teoría), Carolina Pérez Capelo (práctica) e Luz Varela Armas (práctica). Ademais celebrouse un Curso Superior de Filoloxía Galega (17 estudantes) no que se impartiron catro seminarios sobre Problemas de lingüística galega (Xosé Luís Regueira Fernández), Leccións de literatura galega (Xesús Alonso Montero e Xosé Manuel Salgado), Variación e cambio lingüístico no galego actual (Rosario Álvarez Blanco) e Historia da lingua galega (Carme Hermida Gulías). A docencia complementouse con diversas actividades formativas: 1º) Impartíronse once conferencias a cargo de Ramón Villares: A Galicia autonómica; Begoña Bas: Medio e arquitectura no patrimonio cultural; Xosé Luís Axeitos: A Real Academia Galega e a defensa da identidade de Galicia e da lingua galega, Marcial Gondar: Galicia en cambio. Unha lectura antropolóxica; Víctor Freixanes: A construción da memoria; Xesús Alonso Montero: Memorias lingüísticas 1928-1958; Isabel Blanco: Cando a lingua é sentimento; Augusto Pérez Alberti: As paisaxes de Galicia: Xaquín Xesteira: A música tradicional. O relevo xeneracional dende Os Campaneiros a Treixadura. A docencia e a actividade escénica; X. M. Salgado: Álvaro Cunqueiro, o home das 1000 primaveras; e Fina Casalderrey: A infancia; manancial inesgotable. 2º) Realizáronse seis sesións con proxeccións cinematográficas en galego: Sempre Xonxa (1989, 114 ), de Chano Piñeiro; Romasanta. A caza da besta (2003, 102 ), de Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 Organización de cursos, conferencias e encontros lingüísticos 41

Instituto de Lingua Galega Paco Plaza; Mareas Vivas (1998, 55 ), de Chema Gagino, Emilio Mac Gregor, Beatriz del Monte e Antón Reixa; Galego (1988, 122 ), de Manuel Octavio Gómez; Fronteiras. Un percorrido polos límites xeográficos e culturais de Galicia (2007, 58 ), documental de Rubén Pardiñas; e A lei da Fronteira (1995, 115 ), de Adolfo Aristarain. 42 3º) Realizáronse dúas excursións de xornada completa, ás que asistiu a maioría do estudantado, que tiñan como fin coñecer bisbarras da paisaxe galega coa arte e a cultura popular de cada zona, e tamén a gastronomía. A primeira foi á Coruña, Buño e Malpica (9 de xullo), para visitar a sede da Real Academia Galega co seu secretario Xosé Luís Axeitos como guía e o Museo de Dª Emilia Pardo Bazán no mesmo edificio, guiados pola súa directora Xulia Santiso. A seguir o historiador e presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte Xosé María Lema Suárez fixo de guía pola cidade vella da Coruña e pola zona da Torre de Hércules, como o faría pola tarde no porto de Malpica e na costa que leva ao cabo de Santo Hadrián e ás illas Sisargas. Antes visitouse en Buño o Ecomuseo de Forno do Forte, guiados polo seu director Francisco Doval e por Dolores Martínez Villar Lola, a guía habitual. A segunda excursión foi a Pontevedra, Combarro e Cambados (16 de xullo). Visitouse o Museo de Pontevedra e lugares emblemáticos da cidade, como a tumba de Paio Gomes Chariño na igrexa de San Francisco, o literario Café Moderno (e o seu xardín coa descoñecida escultura de Castelao con coroza labrada por Francisco Leiro), as ruínas da igrexa gótica de San Domingos e a basílica de Santa María, guiados pola cidade por Serafín Fontenla. Pola tarde María Dolores Villanueva fixo de guia en Combarro e Francisco Fernández Rei na vila de Cambados, agás no Museo Etnográfico e do Viño, onde a súa guía Verónica Parada Silva explicou a historia, a arte, a xeografía e a cultura popular e literaria relacionado co viño albariño e tratou o valor da industria deste viño no Salnés e nas Rías Baixas. Ademais, o 22 de xullo, despois das actividades da mañá, acudiu ao parque do Xirimbao (Teo), onde o río Ulla fai de estrema (e de unión) das provincias da Coruña e Pontevedra para celebrar alí un Xantar de Irmandade do estudantado co profesorado. Realizáronse diversas actividades extraacadémicas, sempre con carácter voluntario: conferencia Un paseo por unha terra e un tempo, a cargo de Miguel Anxo Seixas, que á vez foi unha visita guiada por prazas e rúas de Compostela (4 de xullo pola tarde); 68 estudantes fixeron unha visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia (12 de xullo); 69 estudantes asistiron en Padrón aos actos de Conmemoración do 126º Aniversario do Pasamento de Rosalía de Castro, organizados pola Fundación Rosalía de Castro (15 de xullo); na mañá do 20 de xullo 10 alumnos foron entrevistados para a TVG para un programa especial da Televisión de Galicia, que se emitiu o 25 de xullo, e pola tarde 60 alumnos coa secretaria dos cursos visitaron a exposición permanente de pintura galega da Fundación Caixanova de Santiago de Compostela; seis alumnos e a secretaria dos cursos foron entrevistados para Voz TV (21 de xullo); catro estudantes e a secretaria dos cursos participaron en directo no programa A tarde da Radio Galega (26 de xullo); e o alumnado das clases prácticas (e voluntariamente o do nivel superior) asistiu na Fac. de Xeografía e Historia da USC á conferencia A música popular en Galicia. Bailamos? de Raquel López Veleiro e de membros da Asociación Cultural Seráns de Compostela e logo a leccións prácticas de baile galego no claustro da facultade, a cargo da mesma asociación (28 de xullo).

Memoria de Actividades 2011 d. Organización do Arquivo Histórico do ILG IP: Francisco Fernández Rei Membros do equipo: María Dolores Villanueva Gesteira, Florentina Xoubanova Montero Financiamento: Sen financiamento externo Proxectos en cooperación: Entidades colaboradoras Os traballos da Organización do Arquivo Histórico do ILG do ano 2011 centráronse, fundamentalmente, na recollida de material de prensa sobre as primeiras publicacións do instituto (método Gallego 1 na primavera de 1971 e libro Lecturas galegas na primavera de 1972), así como documentación inédita ou édita relativa á aparición do método Gallego 1 e os inicios do Instituto. Francisco Fernández Rei e María Dolores Villanueva Gesteira realizaron ese labor por encargo da Comisión Organizadora do 40 aniversario da creación do ILG; e ademais, María Dolores Villanueva dixitalizou todo o material recollido que se pendurarará no sitio web do ILG, xunto con fotos históricas de xente do Instituto. Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 Dixitalización de material de prensa e diversa documentación Do arquivo persoal de Francisco Fernández Rei escaneouse este material: Noticias dos xornais Universidad. Método gallego y varias monografías, primeras obras de la nueva etapa del Secretariado de Publicaciones, El Correo Gallego 15-05-1971, p. 8. El rector de la Universidad de Santiago presentó ayer el Método de Gallego. Es la primera obra de una serie de gran interés para Galicia, El Ideal Gallego 15-05-1971, p. 15. Santiago: Rueda de Prensa en el Rectorado de la Universidad. Se hizo la presentación de trabajos monográficos sobre la región gallega, El Progreso 15-05-1971, p. 7. Presentación de publicaciones de la Universidad, La Voz de Galicia, 15-05-1971, p. 13. Rodrigues Lapa: Lembrança da Galiza, 25-05-1971 [trata a presentación de libros que acababa de facerse na USC, particularmente o 1º volume dum método do ensino do Galego, trabalho bem elaborado de equipa, á vez que daba conta das palestras que organizou o Prof. Constantino García nos días previos á presentación do método de galego nas que Lapa participou]. Jesús Taboada Chivite: La lengua gallega y la Universidad, La Región 26-05-1971, p. 3. Miguel González Garcés: Gallego-1, La Voz de Galicia, 30-05-1971. Documentos varios Memoria das actividades desenvolvidas polo ILG no curso 1971-72 (actos de promoción da lingua galega, seminarios especializados, investigación, publicacións, persoal investigador e recursos económicos). Contén, ademais, os primeiros Estatutos do ILG; e féchase coa relación de membros do primeiro Patronato do Instituto. Carta de Basilio Losada (5 de xuño do 1971), profesor na Facultade de Letras de Barcelona, a Constantino García, director do ILG, agradecéndolle o envío dun exemplar Organización de cursos, conferencias e encontros lingüísticos 43

Instituto de Lingua Galega do método Gallego, parabenceándoo polo resultado e polo feito de que a Universidade mire polo país real. Carta de Evaristo Pérez Valdés (8 de xuño do 1971, secretario do Centro Gallego de Barcelona, a Constantino García para lle manifestar a satisfacción polo método de galego e por ver a Universidade de Galicia encarada realmente cos problemas do pais. Carta do D. Baltar Feixó (9 de xuño do 1971), Vicesecretario da Asociación Amigos da Cultura de Pontevedra, a Constantino García para testemuñarlle, en nome da Xunta Ordinaria da asociación, o fondo recoñecemento pola publicación do método Gallego 1. Do arquivo Fernández Rei proceden tamén os textos dos discursos de Peire Bec e Antón Santamarina, lidos no Paraninfo da USC con motivo do Premio Ossian 1982 que recibiu o Instituto da Lingua Galega. Eses discursos publicáronse no nº 191 da revista Grial (2011), pp. 49-55, en boa parte dedicado a celebrar o 40 aniversario da creación do ILG. Do arquivo persoal de María Dolores Villanueva escanouse: Noticias de prensa Lecturas Galegas, Faro de Vigo 17-04-1972. Libros. Lecturas Galegas, 1, El Progreso 23-04-1972. Novo do trinque. Lecturas Galegas, El Progreso 11-06-1972 Documentos varios 44 Cartas de Ramón Piñeiro (11-04-1971; 10-05-1971 e 27-05-1971) a Basilio Losada relativas ao Departamento de Filoloxía Románica que dirixe Constantino García e o método de galego dese departamento Carta de Basilio Losada (24-05-1971) desde Barcelona, onde comeza informando de que recibiu o Gallego 1 e remata facéndose eco dos que preguntan por ese Constantino García que tanto pulo lle deu á Sección de Románicas. Estas cartas publicáronse no libro Ramón Piñeiro e Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Vigo: Galaxia, 2009, pp. 857-864. Documentación fotográfica María Dolores Villanueva escaneou fotografías de xente do ILG, sobre todo en grupo, traballando no Instituto ou fóra do centro en diversos espazos. O maior quiñón procede do arquivo de Xosé Luís Couceiro Pérez, mais tamén hai fotos do arquivo da Fundación Penzol e dos arquivos de Ana Isabel Boullón. F. Fernández Rei, Ramón Lorenzo e Antón Santamarina. A este corpus fotográfico hai que engadir a reportaxe fotográfica dixital feita por Francisco Fernández Rei e María Dolores Villanueva sobre os actos do 40 aniversario do ILG o 20 de maio do 2011. As fotos fixéronse na praza da Universidade antes e despois da inauguración da placa do aniversario, e posteriormente e no Paraninfo da USC para deixar constancia das diversas intervencións e do público asistente.

Memoria de Actividades 2011 e. 40º Aniversario do ILG Durante o ano 2011 conmemoramos o 40º aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. O ILG naceu como centro de investigación dedicado ao estudo e promoción da lingua de Galicia na Universidade de Santiago de Compostela ao se iniciar a década dos 70, o que o converte no centro destas características máis antigo do sistema universitario galego. Na segunda metade dos anos sesenta comezaran a abrirse fiestras para a lingua galega despois de anos de escuridade e prohibición en ámbitos de transcendencia para o idioma galego. Non foron alleas a este cambio as mobilizacións estudantís de 1968 que convulsionaron a universidade compostelá e repercutiron en Galicia enteira, pois nelas a lingua galega tivo unha presenza significativa e moi simbólica. A semente desta mudanza fórana deitando e agarimando os galeguistas que non desmaiaron durante moito tempo e souberon manter abertos camiños de luz para o futuro. En 1970 apróbase a Lei Xeral de Educación, que prevé a introdución do galego, do catalán e do éuscaro como linguas de estudo no ensino; doutra banda, os Estatutos Provisorios da USC contemplaban a creación de institutos de investigación supradepartamentais. Daquela, Constantino García, catedrático de Filoloxía Románica, soubo tecer todos estes fíos coa súa recoñecida mestría, maior se temos en conta que nin o marco académico nin o político eran favorables, para materializar o proxecto de creación dun instituto dedicado ao estudo do galego. O 14 de maio de 1971 preséntase en rolda de prensa, presidida polo reitor, o Gallego 1, o primeiro método para aprender galego. O acto serviu tamén para dar a coñecer publicamente a creación do Instituto da Lingua Galega, que figuraba como realizador do libro. O borrador inicial de Gallego 1 elaborárano Antón Santamarina, Xosé Luís Couceiro e Guillermo Rojo, axudados por Carme Ríos Panisse, Inés Leis e Luísa Fernanda Pensado. Máis tarde tamén se integraría ao grupo de traballo Ramón Lorenzo. Eles, comandados por Constantino García, foron o verdadeiro xermolo do Instituto que no 2011 cumpriu 40 anos. Na semana anterior á presentación do libro, arroupando o proxecto, celebrárase un ciclo de conferencias sobre cuestións de filoloxía galega e portuguesa. Neste encontro participaron os recoñecidos investigadores Joseph M. Piel, Luis F. Lindley Cintra, Manuel Rodrigues Lapa e José L. Pensado (Dámaso Alonso, tamén implicado, finalmente non puido asistir). O día 26 de xullo de 1971 constitúese o Padroado do Instituto da Lingua Galega e apróbanse os seus primeiros estatutos. Asistiron á sesión constituínte, celebrada no Salón Reitoral baixo a presidencia do Reitor, os representantes da Universidade de Santiago de Compostela e os das fundacións e institucións culturais de maior peso, tamén no plano simbólico, do galeguismo. Formaron parte do primeiro padroado: Don Manuel García Garrido, Reitor da Universidade de Santiago. Presidente. Don Constantino García González, Catedrático de Filoloxía Románica. Don Manuel Díaz y Díaz, Catedrático de Filoloxía Latina e Director do Secretariado de Publicacións da USC. Don Ramón Otero Túñez, Decano da Facultade de Filosofía e Letras. Don Ricardo Carballo Calero, representante do Centro de Estudios Fingoi e profesor de lingua e literatura galegas da USC. Don Xosé Fernando Filgueira Valverde, representante do Instituto Padre Sarmiento. Instituto da Lingua Galega. Memoria 2011 Organización de cursos, conferencias e encontros lingüísticos 45

Instituto de Lingua Galega Don Marino Dónega Rozas, representante da Real Academia Galega. Don Xerardo Fernández Albor, representante da Fundación Penzol. Don Xoaquín Arias Díaz de Rábago, representante da Fundación Pedro Barrié, Conde de Fenosa. Na mesma sesión constituínte quedou nomeado formalmente o primeiro consello de dirección do ILG: director, don Constantino García; subdirector, don Manuel Díaz; secretario, don Ricardo Carballo Calero. Os alicerces estaban postos. Logo virían as Lecturas Galegas 1, a revista Verba. Anuario galego de filoloxía, a grande empresa do Atlas Lingüístico Galego, as Bases e as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, e un longo ronsel de proxectos e publicacións, moitos deles decisivos, que nos foron traendo ata esta conmemoración. 46 Acto conmemorativo Co fin de conmemorar o aniversario, o día 20 de maio celebrouse no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela un acto institucional presidido polo reitor da USC, Juan Casares Long, acompañado polo presidente do Consello Social da Universidade, Manuel Puga. Asistiron tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez; o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo; os ex reitores Darío Villanueva e Senén Barro; o reitor da Coruña, José María Barja; o presidente do Consello da Cultura Galega, ex reitor da USC, Ramón Villares; o vicepresidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta. No acto participou tamén Xerardo Fernández Albor, ex presidente da Xunta de Galicia e membro do primeiro padroado; Antón Santamarina, ex director do ILG, e Rosario Álvarez, actual directora. Placa conmemorativa do 40 aniversario da fundación do ILG