PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONCI:LLO DE SANTIAGO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A


CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

OBRADOIRO DE EMPREGO ARQUEO LVCVS.

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS. Anuncio

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

Mapa de accidentalidade

Á Mesa do Parlamento

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

XXIX XOGOS GALAICO DURIENSES OURENSE 2015

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

DE LA PROVINCIA DE LUGO

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

Federación Galega 16 DE MARZO Confrarías DE 2015 (13/12/2016) DA LEI 39/2015 DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 4959

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 9 de marzo de 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XANEIRO - SETEMBRO 2018

INSCRICIÓN. Xuño. Requerimentos e procedementos de

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 7 de xullo de 2009

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 22 de xaneiro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Sesión do 30 de xullo de 2007

ORDE DO DÍA. 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 22 de febreiro de 2018.

REGULAMENTO DO SERVICIO MUNICIPAL DE RETIRADA E TRANSPORTE DE ENTULLOS E DE EXPLOTACION DO VERTEDOIRO URBANO

O relevo e as costas de Galicia

EXCMO. CONCELLO DE TUI Praza do Concello, nº Tui Teléf.: Fax:

EXTRACTO DO BORRADOR DA ACTA

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

Transcription:

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA Asunto: Incoación e informe xustificativo da necesidade do contrato menor de servizos para contratación do PROGRAMA VERÁN DE XOGOS 2016 I.XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE, IDONEIDADE E EFICIENCIA DA CONTRATACIÓN. O obxecto desta proposta é a de iniciar os trámites para celebrar un contrato menor de servizos para a organización do PROGRAMA VERÁN DE XOGOS 2016. O programa ten como finalidade ofertar actividades lúdicas e educativas para o tempo de lecer destinadas a rapaces e rapazas nacidos/as entre os anos 2004 e 2012. O concello non dispón na actualidade de persoal propio cualificado para a prestación integral do servizo que pretende cubrir a contratación proposta. A inminencia da tempada estival xustifica a urxente e inaprazable necesidade da celebración dun contrato menor de servizos para a organización do referido programa. II. ALCANCE DA PRESTACIÓN O servizo a contratar deberá cubrir unha serie de prestacións mínimas para garantir a eficiente prestación do mesmo e que de seguido se relacionan: O servizo consiste na organización dun programa de actividades lúdicas e educativas para o tempo de lecer, destinado a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2004 e 2012, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres (excepto festivos) durante os meses de xullo e agosto de 2016, concretamente dende o luns 4 de xullo ao venres 26 de agosto. O programa desenvolverase nas instalacións do CEIP A Pedra, e o Concello de Bueu encargarase da xestión das inscricións no mesmo a través da oficina municipal de información xuvenil (OMIX). Ofertaranse 60 prazas distribuídas en tres grupos: a) 5 días semanais, 40 prazas. b) 3 días semanais (luns, mércores e venres), 10 prazas. c) 2 días semanais (martes e xoves), 10 prazas. O programa deberá contar cun mínimo de 6 monitores/as para o seu desenvolvemento, os cales terán o título oficial de Monitor/a de Tempo Libre ou equivalente. Son requisitos do programa: Utilizar o galego como lingua principal de comunicación cos participantes. Ofertar unha saída mensual ao Museo Massó ou ao río Bispo. Incluír actividades relacionadas co patrimonio cultural de Bueu. Proporcionar unha camiseta identificativa do programa a cada participante no mesmo. III. FINANCIAMENTO DO CONTRATO MENOR E CÓDIGOS CPV O contrato financiase con cargo aos fondos propios do Concello e a clasificación do servizo consonte ao Vocabulario Común de Contratos (CPV) do Regulamento (CE) nº 2195/2002, modificado polo Regulamento CE nº 213/2008 é a seguinte: CPV 85311300-5 Servizos de benestar social proporcionados a nenos e mozos. IV. CADRO CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO MENOR DE SERVIZOS A través deste cadro quedarían regulados os principais elementos do contrato administrativo menor de servizos a celebrar, sendo de aplicación, en calquera caso e para o non regulado a través do mesmo, o réxime xurídico que resulta de aplicación do TRLCSP e as súas normas de desenvolvemento: - Obxecto - Prezo e Forma de pago - Características do sistema - Prazo de entrega e formación - Mantemento e soporte técnico - Responsable do Contrato - Obrigas Específicas da Execución do Contrato

Asemade, xúntase ao presente os documentos acreditativos dos feitos sinalados xunto coa correspondente retención de crédito da Intervención do Concello efectuada con data 16.06.2016. III.1 OBXECTO DO CONTRATO: Ref. S/SC 47-16 Órgano xestor: Alcaldía (consta efectuada Cód. DIR 3:L01360046 delegación) Oficina contable: Intervención Cód. DIR 3:L01360046 Órgano destinatario do obxecto contrato: Concellería delegada especial na área de xestión de Mocidade e Infancia. Delegación xenérica e especial de atribucións e funcións contida nas resolucións de alcaldía núm. 582/15 de 17.06.2015 (BOP núm. 121 de 26/06/2015) e num. 43/2016 de 29.01.2016 Concelleiros/as: Carlos Eirea Eiras (delegación xenérica) e Inmaculada Rodríguez Días (delegación especial). Título: CONTRATO MENOR DE SERVICIOS PARA CONTRATACIÓN PROGRAMA VERÁN DE XOGOS 2016. CPV: CPV 85311300-5 Servizos de benestar social Categoría (anexo II TRLCSP): 25 proporcionados a nenos e mozos Xustificación da necesidade da contratación: Necesidade de organizar o programa e inexistencia de medios materiais e persoais propios para a prestación do servizo. Alcance do servizo: O servizo consiste na organización do programa VERÁN DE XOGOS 2016, incluíndo as seguintes prestacións: O servizo consiste na organización dun programa de actividades lúdicas e educativas para o tempo de lecer, destinado a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2004 e 2012, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres (excepto festivos) durante os meses de xullo e agosto de 2016, concretamente dende o luns 4 de xullo ao venres 26 de agosto. O programa desenvolverase nas instalacións do CEIP A Pedra, e o Concello de Bueu encargarase da xestión das inscricións no mesmo a través da oficina municipal de información xuvenil (OMIX). Ofertaranse 60 prazas distribuídas en tres grupos: d) 5 días semanais, 40 prazas. e) 3 días semanais (luns, mércores e venres), 10 prazas. f) 2 días semanais (martes e xoves), 10 prazas. O programa deberá contar cun mínimo de 6 monitores/as para o seu desenvolvemento, os cales terán o título oficial de Monitor/a de Tempo Libre ou equivalente. Son requisitos do programa: Utilizar o galego como lingua principal de comunicación cos participantes. Ofertar unha saída mensual ao Museo Massó ou ao río Bispo. Incluír actividades relacionadas co patrimonio cultural de Bueu. Proporcionar unha camiseta identificativa do programa a cada participante no mesmo. Lugar de prestación do servizo: CEIP A PEDRA (BUEU) III.2PREZO E FORMA DE PAGO Prezo de adxudicación: 12.396,00- IVE: 21% Importe IVE: 2.603,16 Importe total: 14.999,16, IVE engadido. APLICACIÓN ORZAMENTARIA: 338.226.10 do orzamento prorrogado para o exercicio 2016 (FESTAS POPULARES E FESTEXOS. GASTOS DIVERSOS) FINANCIACIÓN: Fondos propios do concello. FACTURACIÓN: mensual CÓDIGOS DIR 3: BOP núm. 6 de 12.1.2015 e na web municipal III.3.PRAZO CONTRACTUAL DOUS (02) MESES III.4 PROCEDEMENTO E TRAMITACIÓN

PROCEDEMENTO: Contrato menor CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: A valoración das ofertas realizarase atendendo a unha multiplicidade de criterios segundo o disposto no art. 67.2 do TRLCSP. Os criterios de valoración serán os seguintes: - Oferta económica: 10 puntos para a máis económica, outorgando puntos de forma proporcional ao resto de ofertas. - Ampliación de monitores a maiores do mínimo de 6 solicitado: 2 puntos por cada monitor/a. - Proxecto descritivo do servizo a prestar: entregarase unha memoria explicativa do servizo a prestar e do persoal, detallando o programa de actividades que se van desenvolver, definindo como mínimo os obxectivos, a metodoloxía e os materiais utilizados (ata un máximo de 5 puntos). REVISIÓN PREZOS: Non VARIANTES/MELLORAS: SI DOCUMENTACIÓN DA PROPOSICIÓN: Os licitadores deberán presentar a seguinte documentación en sobre pechado: a) Proposición económica segundo Anexos tipo relativo á modelo de oferta económica b) Aceptación do correo electrónico como forma de comunicación/notificación según Anexo tipo relativo á Modelo de aceptación de forma de comunicación/notificacións. c) Proxecto descritivo do servizo a prestar. O proxecto deberá sinalar expresamente a relación do persoal adscrito á prestación do servicio con indicación da titulación académica, formación especializada, experiencia laboral, suficientemente acreditada, na prestación de servizos análogos aos que se pretende contratar (acreditar a través de certificados e/ou contratos expedidos e/ou asinados polas administracións correspondentes). Deberá indicar, así mesmo, as funcións de cada persoa, horarios ou xornada de contratación, recollido en cadro sintético. No proxecto se indicara a persoa que actuará como coordinador do persoal adscrito á prestación do servizo e que será o interlocutor entre o contratista e o Concello de Bueu. d) Documento que detalle melloras ofertadas que deben quedar vinculadas ao obxecto do contrato A documentación que hai que achegar no sobre debe ser a acreditativa dos datos a valorar segundo os criterios de adxudicación sinalados no presente cadro de características, evitándose achegar documentación relativa a xeneralidades sobre a empresa ou a criterios non avaliables co obxecto de garantir a mellor valoración da súa proposta polo órgano de contratación segundo os criterios determinados neste cadro. No sobre figurará externamente o NOME DO LICITADOR e, no seu caso, do REPRESENTANTE, DOMICILIO SOCIAL, TELÉFONO, CORREO ELECTRÓNICO e FAX, a efectos de comunicación, así como o TÍTULO DO SERVIZO OBXECTO DO CONTRATO. DOCUMENTACIÓN PREVIA Á ADXUDICACIÓN: O licitador que concorra en tempo e forma e cuxa proposición sexa declarada a máis vantaxosa deberá aportar, previo requirimento do órgano de contratación, a documentación acreditativa da capacidade e solvencia nos termos que resultan do TRLCSP e normativa de desenvolvemento. FORMA OBRIGATORIA DAS NOTIFICACIÓNS/COMUNICACIÓNS: FAX OU CORREO ELECTRÓNICO sempre que medie aceptación expresa da persoa que concorra. (Segundo dispón o artigo 28 da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos e por mor da urxencia na celebración do contrato para que poda entrar en vigor no prazo de prestación do servizo obxecto do contrato menor). III.5. PROPOSICIÓNS PRESENTACIÓN PROPOSICIÓNS: Poderán presentar proposicións ademais das empresas que sexan invitadas, as que concorran dentro do prazo de 05 días naturais posterior ao da publicación do

correspondente anuncio de licitación no perfil de contratante da web municipal LICITACIÓN ELECTRÓNICA (posibilidade de presentación de ofertas por medios electrónicos): Non se admite TABOLEIRO DE ANUNCIOS ELECTRÓNICO (medio electrónico de comunicación de defectos u omisións subsanables na documentación presentada: SI. A través do Perfil de contratante da web municipal COMUNICACIÓNS E NOTIFICACIÓNS: Uso preferente de FAX e/ou CORREO ELECTRÓNICO previa autorización do licitador ACCESO AO EXPEDIENTE: No perfil de contratante do Concello de Bueu ao que se accede a través do portal da web municipal (www.concellodebueu.org) DÚBIDAS E ACLARACIÓNS AOS PCAP/PPT: Formulación mediante correo electrónico dirixido á dirección contratacion@concellodebueu.org ou secretaria@concellodebueu.org cunha antelación mínima de 48 horas ao remate do prazo de presentación de ofertas. PUBLICIDADE DA RESOLUCIÓN DAS DÚBIDAS E ACLARACIÓNS AO CADRO DE CARACTERÍSTICAS: Anuncio no taboleiro de anuncios do Concello (planta baixa da casa consistorial) e no Perfil de contratante da web municipal garantindo o anonimato da persoa física ou xurídica que formula a consulta e notificación individualizada da resolución ao consultante por correo electrónico. III.6. RESPONSABLE DO CONTRATO RESPONSABLE DO CONTRATO: Concellería delegada especial na área de xestión de Mocidade e Infancia. Delegación xenérica e especial de atribucións e funcións contida nas resolucións de alcaldía núm. 582/15 de 17.06.2015 (BOP núm. 121 de 26/06/2015) e num. 43/2016 de 29.01.2016 Concelleiros/as: Carlos Eirea Eiras (delegación xenérica) e Inmaculada Rodríguez Días (delegación especial). O responsable do contrato terá as facultades sinaladas no artigo 52 do TRLCSP, entre as que cabe sinalar a modo meramente enunciativo e non limitativo, as seguintes funcións: 1. Tramitar cantas incidencias surxan ao longo da execución do contrato. 2. Convocar cantas reunións considere necesarias para a correcta prestación dos servizos contratados e a súa supervisión á que estará obrigada a acudir o contratista. 3. Conformar as facturas correspondentes aos servizos realizados segundo as condicións establecidas nos presentes pregos. 4. Dar as ordes oportunas para acadar os obxectivos do contrato. 5. Informar a proposta de substitución do persoal adscrito á execución do contrato que sexan presentadas polo contratista. 6. Exercerá funcións superiores de dirección, organización, administración e autoridade do servizo. Neste senso, o adxudicatario virá obrigado a desprazar ao Concello, nas horas que se sinale, a un responsable do servizo, quen informará dos traballos realizados e anomalías producidas e recibirá as instrucións pertinentes do director do servizo. 7. Poderán revisar periodicamente os traballos que efectúe o adxudicatario, así como o seu persoal e o estado do material ou instalacións en todo momento. A estes efectos, os servizos técnicos municipais das áreas afectadas pola prestación do servizo terán libre acceso a todas as dependencias do adxudicatario afectadas ao servizo. III.7. OBRIGAS ESPECÍFICAS DA EXECUCIÓN DO CONTRATO Obrigas específicas: - As que resulten do TRLCSP, RLGCAP e do resto da normativa de aplicación en materia de contratación do sector público. - As que resulten das disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo. Neste senso, o incumprimento destas obrigas polo contratista, ou a infracción das disposicións sobre seguridade e saúde polo persoal técnico designado por él non implicará responsabilidade algunha para o concello de Bueu. - As que resulten da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e a súas normas de desarrollo tendo o contratista a consideración de "encargado do tratamento aos efectos sinalados nestas normas someténdose, en cada momento, ás instrucións e

ordes da concellería corresponde. - As que resulten das esixencias incluídas neste cadro de características. - As que resulten das ordes que ao efecto emita a concellería responsable do contrato. Bueu, 17 de xuño de 2016 A concelleira delegada especial da área de Mocidade e Infancia Inmaculada RodrÍguez Días Visto e prace, O concelleiro delegado xeral da área de Portavocía do Goberno, Educación, Cultura, Políticas Sociais, Obradoiros Socias e Voluntariado Carlos Eirea Eiras

ANEXO MODELO DE OFERTA ECONÓMICA D/Dª....maior de idade, veciño de... e con DNI nº.... en nome propio ou en representación da Empresa,... con domicilio social en...,e NIF nº... ao obxecto de participar no procedemento para a contratación de..., manifesta o seguinte: - Acepta tomar parte na indicada licitación de acordo coas condicións previstas polo Concello de Bueu. - Coñece e acepta de forma plena e sen condición algunha as características e condicións para a contratación que se relacionan no cadro resumo contrato, aceptando integramente os termos, e obrigas contidos no mesmo, sen excepción, así como as obrigas sobre protección do emprego, condicións de traballo, prevencións de riscos laborais e protección do medio ambiente. - Comprométese, en nome propio ou da empresa que representa, a levar a cabo a contratación, con estrita suxeición aos requisitos e condicións esixidas, polo prezo de....(en letra e número) IVE EXCLUIDO. Correspondéndolle a esta cantidade un IVE de... (en letra e número), polo que o importe total, IVE incluído, ascende á cantidade de... (en letra e número). (No suposto de existir na oferta erros aritméticos, materiais ou de feito nos cálculos do IVE do total ofertado, tomarse o valor da base impoñible (importe inamovible) para calcular o importe total da oferta económica consignada na proposición do licitador.) En, a de de 2016 (Lugar, data e sinatura do licitador)

ANEXO DOCUMENTO DE ACEPTACIÓN DE FORMA DE COMUNICACIÓN/NOTIFICACIÓN: Os licitadores presentarán o seguinte documento: D/Dª, no seu propio nome (ou na representación da empresa ), acepto expresamente que as comunicacións e notificacións que realice o Concello de Bueu, en relación coa contratación relativa ao contrato menor CONTRATO MENOR DE SERVICIOS PARA CONTRATACIÓN PROGRAMA VERÁN DE XOGOS 2016, se realicen mediante o seu envío ao fax núm. E/OU ao correo electrónico En, a de de 2016 Selo e sinatura do licitador,