Revista Semanal EN PORTADA FORMACION BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO NOVAS DAS OMIX / 2 / 5 / 7 / 9 / 10 / 17

Similar documents
A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

LITERATURA E MEMORIA: CARLOS CASARES NO ENSINO

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Cursos de Formación Continua para traballadores en activo

Erasmus Programas internacionais CIFP COMPOSTELA. Páxina 1 de 13

XANEIRO - SETEMBRO 2018


Revista Semanal EN PORTADA FORMACIÓN BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO / 2 / 3 / 4 / 8 / 8. da Rede Galega de Información Xuvenil

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

Os bolseiros comezarán as súas prácticas o 21 de xaneiro de 2013 e terminarán o 21 de decembro de 2013.

con Discapacidade Intelectual (Aspanais). Na Biblioteca pública Carlos González Garcés. 11,30 h.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Ro

CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

INVESTIGACIÓN, DIAGNÓSTICO EDUCATIVO E AVALIACIÓN

Mapa de accidentalidade

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

BASES CONVOCATORIA ERASMUS + MOBILIDADE DE ALUMNADO PARA PRÁCTICAS (FCT NO EXTRANXEIRO) ABRIL-XUÑO 2018

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2562

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

MEMORIA DE ACTIVIDADES

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

PRESIDENCIA. ORGANIGRAMAS RPT Deputación de Ourense ÁREA DE ÁREA DE FACENDA ADMINISTRACIÓN XERAL ÁREA DE INFRAESTRUTURAS ÁREA DE BENESTAR ÁREA DE

Á Mesa do Parlamento

Axencia Galega de Innovación. 13 de xuño de 2014

GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA, USC

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

Sección: Anuncios por palabras. de Vigo. comerciais. Para

1.- XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2.- Wenceslao González Manteiga, novo membro do IMS

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

boletín de ofertas de emprego / 2

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

1.3.- Descrición dos Servizos de Información Xuvenil.

O relevo e as costas de Galicia

boletín de ofertas de emprego

Informe mensual do paro rexistrado

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - ESO. Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2018/2019

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

As oportunidades sófavorecen a aqueles que están preparados Louis Pasteur 3ª edición INVENTEMOS XUNTOS + FUTURO

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FICHA RESUMO CURSO DE ESPECIALIZACIÓN AUDITORÍA DE CONTAS

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

28.- ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 4 DE XULLO DE 2016.

Memoria de Actividades 2006 e Programa de Obxectivos 2007

Anexo. Detalle das accións

1 PRAZA DE INSPECTOR DA POLICÍA LOCAL. C.E. 11/15 (promoción interna, concurso-oposición) (Funcionario de carreira)

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA DE OBXECTIVOS 7

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

IPLEC_V1 Febreiro 2017 IPLEC_V2 Abril 2017 IPLEC_V3 Novembro 2017

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

INFORME ESTUDIO DE EGRESADOS MÁSTER PLAN DE ACCIÓN TITORIAL MÁSTER PSICOLOXÍA DO TRABALLO E AS ORGANIZACIÓNS, XURÍDICA-FORENSE E INTERVENCIÓN SOCIAL

Lugar: A Coruña, Cuenca y León Referencia: html

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil dezasete REUNIDOS

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A1 nivel 22: 2.350,41.

46.- EXTRACTO DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 2 DE NOVEMBRO DE 2016.

Laboratorio do Territorio

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

INSCRICIÓN. Xuño. Requerimentos e procedementos de

de iniciativas empresariais. Trátase a través deste obxectivo de inten-

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

MEMORIA Escola Galega de Administracio n Pú blica

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

PARQUE TECNOLÓXICO E INDUSTRIAL DE AVIÓNS NON TRIPULADOS DE GALICIA

EDICIÓN. Niveis: iniciación, medio e superior xullo INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

IPLE_V1 Febreiro 2017 IPLE_V2 Abril 2017 IPLE_V3 Novembro 2017

ER-0172/2010. Memoria Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

Memoria Escola Galega de Administración Pública

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DATOS IDENTIFICATIVOS

Transcription:

19 Septiembre de 2011 - Revista 834 Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil EN PORTADA FORMACION BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS EMPREGO NOVAS DAS OMIX / 2 / 5 / 7 / 9 / 10 / 17

EN PORTADA O programa "A Xuventude no Mundo III" de Benestar ofertou 140 prazas de intercambio en 12 países entre febreiro e setembro Mércores, 14 Setembro 2011 15:27 A iniciativa desenvolveu catorce intercambios cunha duración media dunha semana As actividades baseáronse no coñecemento da cultura e no respecto ás distintas tradicións e costumes Hoxe iníciase o último intercambio, que ten como destino Yerevan, a capital de Armenia O programa A Xuventude no Mundo III, da Consellería de Traballo e Benestar, ofertou entre febreiro e setembro de 2011 un total de 140 prazas en catorce intercambios cunha duración media dunha semana en doce países. O último intercambio iníciase hoxe e ten como destino Yerevan, capital de Armenia. A terceira edición do programa galego de mobilidade A xuventude no mundo ofertou no 2011 un total de 140 prazas en Rímini (Italia); Holloko (Hungría); Cartaxena (Colombia); Noyant (Francia); Ceska Trebova (República Checa); Santa Cruz (Chile); Brolo (Italia); Figueira da Foz (Portugal); Chisinau (Moldova); Yaroslav (Rusia); Wakayama (Xapón); Vezprem (Hungría); Iguaçu (Arxentina) e Yeveran (Armenia). As temáticas dos intercambios, organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, foron distintas, variando segundo o destino, pero a maioría deles baseáronse no coñecemento da cultura e no respecto ás distintas tradicións e costumes. Así mesmo abordáronse outros temas como a loita contra a exclusión social, a globalización, a preservación da selva ou a globalización. Este programa de educación non formal destínase a mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos e permite aos participantes coñecer ao longo dunha semana o país elixido e os seus medios de vida, diferentes aos que están acostumados habitualmente. Os obxectivos deste programa son que os mozos e mozas galegos obteñan experiencias de educación non formal no estranxeiro que faciliten a convivencia e a interacción con persoas de distintas rexións, comprendan a diversidade sociocultural, coñezan outras linguas, culturas e costumes, ao tempo que incrementan o seu nivel de independencia e responsabilidade, venzan prexuízos, potenciando a solidariedade, o voluntariado e a tolerancia. A Xunta de Galicia ten como un dos seus eixos prioritarios das políticas de xuventude a promoción da mobilidade xuvenil. Unha mobilidade que se debe entender non coma a participación en viaxes turísticos, xa que os mozos e mozas son acollidos por unha entidade xuvenil do pais de referencia e comparten un amplo programa de actividades, o que supón unha implicación activa dos participantes na vida social, cultural e educativa, da rexión á que temporalmente se van desprazar. Xuventude abre o prazo para inscribirse nos cursos de condución segura da campaña Libre Xoves, 15 Setembro 2011 11:27 Poderán inscribirse nos cursos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos que estean en posesión do carné de conducir B Os cursos impartiranse no Circuíto da Madalena, no concello de Forcarei (Pontevedra), as fins de semana do 15 e 16 de outubro e do 22 e 23 de outubro; e no Circuíto da Pastoriza, no concello da Pastoriza (Lugo), as fins de semana do 29 e 30 de outubro e do 5 e 6 de novembro A actividade organizarase para 64 alumnos cada fin de semana (un total de 256 prazas) en catro quendasa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, abre o prazo de inscrición para os cursos de condución segura, enmarcados na campaña Libre, co obxectivo de que a mocidade non consuma alcohol se vai conducir. Dentro da campaña de sensibilización Libre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aposta novamente polos cursos de condución segura coa finalidade de achegar á mocidade actitudes seguras no uso dun vehículo tomando como base o coñecemento dos factores de risco na condución, dos sistemas de seguridade activa e pasiva do vehículo, así como da técnica de condución. Poderán inscribirse nos cursos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos que estean en posesión do carné de conducir B. Os cursos impartiranse no Circuíto da Madalena, no Concello de Forcarei (Pontevedra), as fins de semana do 15 e 16 de outubro e do 22 e 23 de outubro, e no Circuíto da Pastoriza, no Concello da Pastoriza (Lugo), as fins de semana do 29 e 30 de outubro e do 5 e 6 de novembro. A actividade organizarase para 64 alumnos cada fin de semana (un total de 256 prazas) en catro quendas de sábado pola mañá, sábado pola tarde, domingo pola mañá e domingo pola tarde. As quendas serán de 9,00 a 14,00 horas pola mañá e de 13,30 a 18,30 horas pola tarde. A inscrición é mediante chamada telefónica desde hoxe en horario de 9,00 a 14,00 horas, de luns a venres, nos seguintes números: Para o circuíto da Madalena, no 986 81 70 80; e no da Pastoriza, nos números 982 29 42 24/ 982 29 42 51. EN PORTADA NOVAS E ACTIVIDADES Intercambio en Yerevan (Armenia) dentro do programa "A Xuventude no Mundo III" Martes, 13 Setembro 2011 00:00 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 2

Nove mozos e mozas galegos participarán na terceira edición do programa galego de mobilidade A Xuventude no Mundo dos días 14 ao 21 de setembro nun intercambio en Yerevan, a capital de Armenia, sendo nesta ocasión a entidade de acollida o Ministerio de Deporte e Xuventude da República de Armenia. Durante a súa estadía no pais armeno, os participantes galegos terán un encontro con representantes do Ministerio de acollida, así tamén con mozos e mozas representantes de partidos políticos armenos de Tsakhkadzor. Dentro do programa de actividades están previstas varias visitas, así ao museo de manuscritos antigos, ao Museo da Memoria do Xenocidio de Tsitsernakaberd e ao Lago Sevan, entre outras. Este intercambio é o último da terceira edición do programa A Xuventude no Mundo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que durante o ano 2011 ofertou un total de 140 prazas en 14 intercambios distintos a desenvolverse entre os meses de febreiro a setembro. Xuventude abre o prazo para inscribirse nos cursos de condución segura da campaña Libre Xoves, 15 Setembro 2011 11:27 Poderán inscribirse nos cursos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos que estean en posesión do carné de conducir B Os cursos impartiranse no Circuíto da Madalena, no concello de Forcarei (Pontevedra), as fins de semana do 15 e 16 de outubro e do 22 e 23 de outubro; e no Circuíto da Pastoriza, no concello da Pastoriza (Lugo), as fins de semana do 29 e 30 de outubro e do 5 e 6 de novembro A actividade organizarase para 64 alumnos cada fin de semana (un total de 256 prazas) en catro quendasa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, abre o prazo de inscrición para os cursos de condución segura, enmarcados na campaña Libre, co obxectivo de que a mocidade non consuma alcohol se vai conducir. Dentro da campaña de sensibilización Libre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado aposta novamente polos cursos de condución segura coa finalidade de achegar á mocidade actitudes seguras no uso dun vehículo tomando como base o coñecemento dos factores de risco na condución, dos sistemas de seguridade activa e pasiva do vehículo, así como da técnica de condución. Poderán inscribirse nos cursos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos que estean en posesión do carné de conducir B. Os cursos impartiranse no Circuíto da Madalena, no Concello de Forcarei (Pontevedra), as fins de semana do 15 e 16 de outubro e do 22 e 23 de outubro, e no Circuíto da Pastoriza, no Concello da Pastoriza (Lugo), as fins de semana do 29 e 30 de outubro e do 5 e 6 de novembro. A actividade organizarase para 64 alumnos cada fin de semana (un total de 256 prazas) en catro quendas de sábado pola mañá, sábado pola tarde, domingo pola mañá e domingo pola tarde. As quendas serán de 9,00 a 14,00 horas pola mañá e de 13,30 a 18,30 horas pola tarde. A inscrición é mediante chamada telefónica desde hoxe en horario de 9,00 a 14,00 horas, de luns a venres, nos seguintes números: Para o circuíto da Madalena, no 986 81 70 80; e no da Pastoriza, nos números 982 29 42 24/ 982 29 42 51. Formación a voluntariado de apoio a mulleres xestantes 2011 Mércores, 14 Setembro 2011 07:24 Formación a voluntariado de apoio a mulleres xestantes 2011 O prazo de inscrición abrirá o día 19 de agosto ata o 19 de setembro ás 14:30h. Nº DE HORAS: 20 horas Nº DE EDICIÓNS: 4 (Santiago, Vigo, Lugo e Ourense) Nº DE PRAZAS: Grupos ata 20 persoas máximo CONTIDOS: Presentación dos servizos dos Centros Quérote+ Módulo1. 1.1.Presentación Quérote + 1.2.Marco conceptual do voluntariado 1.3.Dereitos e deberes do voluntariado 1.4. Funcións específicas do voluntariado de apoio a mulleres xestantes Módulo 2. 2.1. Lexislación 2.2. Recursos 2.3. Feito Sexual Humán 2.4. Prácticas conceptivas e anticonceptivas 2.5. Métodos anticonceptivos e de prevención 2.6. Embarazo non desexado Módulo 3. 3.1. Corpo femenino durante o embarazo 3.2. Cambios durante o embarazo a. Aspectos sociais b. Aspectos sanitarios c. Aspectos psicolóxicos 3.3. Papel da parella e o entorno 3.4. Hábitos saudables 3.5. Preparación para o parto Módulo 4. 4.1. Acompañamento en situacións concretas: a. Embarazo e drogodependencias 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 3

b. Embarazo e ITS c. Embarazo múltiple e prematureidade d. Complicacións durante a xestación 4.2. A crianza 4.3. Planificación da nova vida. MODALIDADE: Presencial LUGARES DE IMPARTICIÓN: - Centro LUG II, Rúa Pintor Corredoira nº4, Lugo - Casa da Xuventude, Praza do Matadoiro s/n, Santiago de Compostela - Centro Quérote A Coruña, Plaza de Ourense 7-8, entreplanta dereita. - Centro Querote+, Rúa Ferrería nº41, Vigo Campaña LIBRE: venres 16 de setembro no Carballiño (Ourense) Mércores, 14 Setembro 2011 08:03 Campaña LIBRE: venres 16 de setembro no Carballiño (Ourense) A campaña LIBRE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado desprazarase o venres 16 de setembro ata a localidade do Carballiño na provincia de Ourense, coincidindo coas Festas de San Cibrán, patrón da vila. Un equipo de monitores da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado estará a partir das 21:00 horas nas inmediacións da Pista Roxa, onde explicarán aos mozos e mozas a campaña, facendo probas voluntarias de alcolemia e repartindo material promocional, destacando o cd Flores en la carretera, referente musical da campaña. Simultaneamente os monitores colocarán triángulos amarelos nos teitos dos vehículos estacionados nas rúas da vila ourensá co lema de LIBRE, triángulos que son una chamada á reflexión dos condutores á hora de subir ao coche. A campaña LIBRE está promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para o fomento dunha condución segura e sen alcol entre a mocidade, poñendo de manifesto os perigos de mesturar alcol e condución. É dicir, campaña de concienciación e sensibilización. Dentro desta campaña tamén se levarán a cabo cursos de condución segura no circuíto da Madalena no Concello de Forcarei (Pontevedra) e no circuíto da Pastoriza (Lugo) durante catro fins de semana no mes de outubro e a primeira fin de semana de novembro. En total 256 prazas. Celebra connosco os 3.000 seareiros en Facebook! Mércores, 14 Setembro 2011 15:37 Para darvos as grazas por seguir as nosas novas a través das redes sociais, imos a ter un pequeno detalle cos seguidores da nosa páxina de Facebook. Entra no SORTEO de 2 prazas de Roteiros para Forcarei (fin de semana do 23-25 setembro). So tes que deixarnos un comentario explicándonos CAL É O PROGRAMA OU ACTIVIDADE QUE MÁIS CHE GUSTA DA DX XU- VENTUDE E VOLUNTARIADO. Podedes participar ata o domingo 18! So se aceptará UN COMENTARIO por persoa. O comentario será NA ACTUALIZACIÓN DE ESTADO QUE TEÑA LIGADA ESTA NOVA Esperamos as vosas achegas, porque con elas, podemos mellorar. 3000 mil grazas a cada un dos nosos amigos e amigas de Facebook. Ah, e para os que nos sigan por tuenti e twitter tamén prepararemos alguna sorpresiña REPERKUSIÓN.11 Actuación do grupo musical gañador do Certame Galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2009 Venres, 16 Setembro 2011 10:27 Nova edición do festival que se celebrará á beira do río Arnoia. Tres días de actividades que van dende a formación ata unha sesión ininterrompida de música de diferentes estilos pero co baile como tónica xeral. A Reperkusión de Allariz converteuse co paso dos anos nun referente en materia de festivais. Agardado cada ano por milleiros de galegos que devecen por comezar xa coa temporada de inverno en materia musical, este evento que conta xa con 8 anos de experiencia acumulada, desenvolvese na segunda fin de semana de setembro. Serán os vindeiros días 16 e 17 os do groso das actividades pero xa pola semana e ó longo do domingo ata ben entrada a tarde e a noite continuará a festa. Actuará, entre outros, Chotokoeu, grupo musical gañador do Certame Galego de Creadores 2009, Xuventude Crea. O menú é o seguinte: Venres 16 de setembro (Campo de Vilanova) -Telephunken. -Mamba Beat. -Circo Abusivo. -La akustica asesina. + Telephunken DJ. Sábado 17 de setembro (Campo de Vilanova): -La Fanfare en Petard. -Russkaja. -Nonlinear. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 4

-Os sadomusiquistas. -Hadri Skalta. Sábado 17 de setembro (Praia Acearrica): -Meigas Tribal. -Walkman + Twikiman. -Modulok Trio. -Los Guacamola. Domingo 18 (Praia de Acearrica): -Skarallaos. -Duplo son. -Chotokoeu. Gañadora de 2 prazas no programa Roteiros para a Xuventude co Carné Xove Venres, 16 Setembro 2011 11:48 A gañadora no sorteo realizado este venres, 16 de setembro, dentro do programa do Carné Xove, e no que o premio consistía nun lote de 2 prazas no programa Roteiros para a Xuventude, no Albergue Xuvenil de Pontemaril Forcarei (Pontevedra) do 23 ao 25 de setembro, foi: INMACULADA VIDAL GOMEZ Máis información en: http://xuventude.xunta.es/201109084502/o-programa-roteiros-oferta-aos-mozos-e-mozas-galegos-un-total-de-500-prazas-en-estadias-de-fins-de-semana-multiaventura.html http://xuventude.xunta.es/uploads/roteiros_para_a_xuventude.pdf Entra no sorteo dun lote de 2 entradas para o concerto de Amaral co teu Carné Xove Luns, 19 Setembro 2011 00:00 Desde o luns, día 19 de setembro e ata as 9:00 h. do venres, día 23 de setembro, ábrese o prazo para o novo sorteo do programa Carné Xove. Sortéase un lote de 2 entradas para o concerto de Amaral que terá lugar o 22 de outubro ás 20.00h, no Pazo da Cultura de Narón (A Coruña). Máis información en: http://www.padroadodecultura.es/obras.php?id=144 Para participar tes que cubrir este formulario. Aqui podes consultar as bases do sorteo. FORMACIÓN CURSOS DA DXXV Curso de ANIMACIÓN CULTURAL PARA INFORMADORES XUVENÍS Venres, 16 Setembro 2011 07:30 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Animación Cultural para Informadores Xuvenís. Destinatarios: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mozos e mozas de 18 a 30 anos. O 60% das prazas é para persoal da Rede Galega de Información e Documentación xuvenil e o 40% para mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean en posesión do carné xove. Criterios de admisión: Dentro de cada grupo a prioridade virá dada pola orde de chegada das solicitudes. As prazas non cubertas por algún dos grupos engadirase ao outro. Nº DE HORAS: 160 Nº DE EDICIÓNS: 1 Nº DE PRAZAS: 25 Contidos: Pedagoxía da intervención cultural. Desenvolvemento de proxectos de animación cultural. Recursos de animación cultural. Modalidade: A distancia. Prazo de inscrición: O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2011, e realizarase a traves da Solicitude e Formulario anexo. Data de realización: do 10 de outubro ao 12 de decembro de 2011. Curso de ANIMACIÓN DE LECER E TEMPO LIBRE PARA INFORMADORES XU- VENÍS Venres, 16 Setembro 2011 07:37 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Animación de Lecer e Tempo Libre para Informadores Xuvenís. Destinatarios: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mozos e mozas de 18 a 30 anos. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 5

O 60% das prazas é para persoal da Rede Galega de Información e Documentación xuvenil e o 40% para mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean en posesión do carné xove. Criterios de admisión: Dentro de cada grupo a prioridade virá dada pola orde de chegada das solicitudes. As prazas non cubertas por algún dos grupos engadirase ao outro. Nº DE HORAS: 160 Nº DE EDICIÓNS: 1 Nº DE PRAZAS: 25 Contidos: Pedagoxía do lecer e do tempo libre. Desenvolvemento de proxectos de lecer e tempo libre. Recursos de lecer e tempo libre. Modalidade: A distancia. Prazo de inscrición: O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2011, e realizarase a traves da Solicitude e Formulario anexo. Data de realización: do 14 de outubro ao 14 de decembro de 2011. Curso de ANIMACIÓN E DINÁMICA DE GRUPOS PARA INFORMADORES XUVE- NÍS Venres, 16 Setembro 2011 07:40 A Dirección Xeral de Xuventude e convoca un curso de Animación e Dinámica de Grupos para Informadores Xuvenís. Destinatarios: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mozos e mozas de 18 a 30 anos. O 60% das prazas é para persoal da Rede Galega de Información e Documentación xuvenil e o 40% para mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean en posesión do carné xove. Criterios de admisión: Dentro de cada grupo a prioridade virá dada pola orde de chegada das solicitudes. As prazas non cubertas por algún dos grupos engadirase ao outro. Nº DE HORAS: 110 Nº DE EDICIÓNS: 1 Nº DE PRAZAS: 25 CONTIDOS: Animación como educación non formal. Fundamentos de psicoloxía e socioloxía aplicados á animación. Proceso e métodos de intervención. Proxecto de animación. Animador: modelos e situacións de traballo. Dinámica e dinamización de grupos. Modalidade: A distancia. Prazo de inscrición: O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2011, e realizarase a traves da Solicitude e Formulario anexo. Data de realización: do 7 de outubro ao 25 de novembro de 2011. Curso de DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO PARA INFORMADORES XUVE- NÍS Venres, 16 Setembro 2011 07:43 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Desenvolvemento Comunitario para Informadores Xuvenís. Destinatarios: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mozos e mozas de 18 a 30 anos. O 60% das prazas é para persoal da Rede Galega de Información e Documentación xuvenil e o 40% para mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean en posesión do carné xove. Criterios de admisión: Dentro de cada grupo a prioridade virá dada pola orde de chegada das solicitudes. As prazas non cubertas por algún dos grupos engadirase ao outro. Nº DE HORAS: 160 Nº DE EDICIÓNS: 1 Nº DE PRAZAS: 25 Contidos: i )Intervención comunitaria. i )Desenvolvemento de proxectos de intervención comunitaria. i )Recursos no desenvolvemento comunitario. Modalidade: A distancia. Prazo de inscrición: O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2011, e realizarase a traves da Solicitude e Formulario anexo. Data de realización: do 17 de outubro ao 16 de decembro de 2011. Curso de FORMACIÓN EN ORIENTACIÓN LABORAL PARA INFORMADORES XUVENÍS Venres, 16 Setembro 2011 07:46 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de formación en Orientación laboral para informadores xuvenís. Destinatarios: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mozos e mozas de 18 a 30 anos. O 60% das prazas é para persoal da Rede Galega de Información e Documentación xuvenil e o 40% para mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean en posesión do carné xove. Criterios de admisión: Dentro de cada grupo a prioridade virá dada pola orde de chegada das solicitudes. As prazas non cubertas por algún dos grupos engadirase ao outro. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 6

Nº DE HORAS: 55 Nº DE EDICIÓNS: 1 Nº DE PRAZAS: 25 Contidos: Saúde laboral. Orientación e inserción sociolaboral. Principios de economía. Economía e organización da empresa. O sector produtivo en Galicia. Modalidade: A distancia. Prazo de inscrición: O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2011, e realizarase a traves da Solicitude e Formulario anexo. Data de realización: do 2 de novembro ao 2 de decembro de 2011. Curso de METODOLOXÍA DA INTERVENCIÓN SOCIAL PARA INFORMADORES XUVENÍS Venres, 16 Setembro 2011 07:49 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Metodoloxía da intervención social para Informadores Xuvenís. Destinatarios: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mozos e mozas de 18 a 30 anos. O 60% das prazas é para persoal da Rede Galega de Información e Documentación xuvenil e o 40% para mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean en posesión do carné xove. Criterios de admisión: Dentro de cada grupo a prioridade virá dada pola orde de chegada das solicitudes. As prazas non cubertas por algún dos grupos engadirase ao outro. Nº DE HORAS: 80 Nº DE EDICIÓNS: 1 Nº DE PRAZAS: 25 Contidos: Modelos e programas de intervención social en distintos ámbitos. Avaliación. Outros instrumentos da intervención: investigación e acción. Valores dos profesionais da intervención social. Modalidade: A distancia. Prazo de inscrición: O prazo de inscrición remata o 30 de setembro de 2011, e realizarase a traves da Solicitude e Formulario anexo. Data de realización: do 21 de outubro ao 1 de decembro de 2011. BOLSAS E AXUDAS CONVOCATORIA XERAL Subvencións a Entidades sen ánimo de lucro 2011. Concello de Meis (Pontevedra) Mércores, 14 Setembro 2011 08:37 A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas e subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar as actividades de carácter cultural, deportivo, de interese social ou promoción do concello que promovan as persoas físicas e xurídicas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o concello de Meis, realizadas durante o ano 2011. O importe de cada axuda non poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas superen o orzamento da actividade subvencionada, e en ningún caso excederá de 1.000. Poderán solicitar estas subvencións: as persoas xurídicas, asociacións veciñais, culturais e entidades validamente constituídas, domiciliadas no concello de Meis que realicen actividades de interese municipal. as demais entidades e asociacións públicas que aínda que non estean domiciliadas no concello de Meis, realicen actividades de interese municipal dentro do termo municipal ou de interese para os veciños de Meis. Requisitos dos solicitantes: 1. carecer de ánimo de lucro. 2. Estar debidamente inscritos no Rexistro Municipal de asociacións e Entidades do concello. 3. Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo concello de Meis. 4. atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias (Facenda do Estado e Facenda da Xunta) e coa seguridade social. As entidades interesadas poderán solicitar as subvencións no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Máis información: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), núm. 176, do martes 13 de setembro de 2011. www.depontevedra.es BOLSAS E AXUDAS FORMACIÓN PRACTICA 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 7

Bolsas do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) Mércores, 14 Setembro 2011 08:07 O Instituto Nacional de Administración Pública convoca bolsas de formación práctica: 2 bolsas destinadas a titulados superiores universitarios en Biblioteconomía e Documentación. 2 bolsas destinadas a titulados superiores universitarios en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. 3 bolsas destinadas a titulados superiores universitarios en Dereito, Ciencias Políticas ou Administración Pública. A contía individual das bolsas será de 1.300 mensuais. O período máximo de desfrute da bolsa será dun ano, prorrogable por outro ano máis. O prazo para presentar solicitudes estará abaerto ata o 1 de outubro de 2011. Máis información no BOE do 14 de setembro de 2011 e en http://sede.inap.gob.es Leonardo da Vinci: Inter-Sea: a deep immersion in professional training Mércores, 14 Setembro 2011 09:55 A Universidade de Vigo convoca 23 bolsas do programa Leonardo da Vinci: Inter-Sea: a deep immersion in professional training. Requisitos: Ser titulado/a pola Universidade de Vigo, Santiago de Compostela ou A Coruña dentro dos 18 meses anteriores á convocatoria. Non ter esperiencia laboral. Estar inscrito como demandante de emprego. Posuír a titulación así como o nivel de coñecemento do idioma requirido pola convocatoria e pola empresa / organización de acollida que oferta a praza. Non ter sido beneficiario/a dunha bolsa Leonardo da Vinci con anterioridade. Paises: Alemaña, Austria, Bélxica, Eslovenia, Italia, Paises Baixos, Polonia, Portugal e Reino Unido. As estadías terán 13 semanas de duración e faranse en dúas quendas: - do 6 de febreiro ao 7 de maio de 2012. - do 8 de maio ao 7 de agosto de 2012. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2011 e farase en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo. Máis información na Vicerreitoría de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, teléfonos 986 813592 e 986 811947 e en www. uvigo.es Formación arquivística, documental e bibliotecaria no Senado Venres, 16 Setembro 2011 07:05 O Senado convoca 15 bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, dirixidas a mozos titulados que desexen especializarse nestes campos. As bolsas outórganse cunha duración dun ano (dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2012) e consistirán en doce pagamentos de 800 brutos. Requisitos: Título oficial universitario en Biblioteconomía e Documentación. Licenciados universitarios españois e doutros países membros da Unión Europea que reúnan as tres condicións seguintes: a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1983. b) acreditar ter cursado estudos en materias arquivísticas, bibliotecarias ou documentalistas durante polo menos 200 horas lectivas. c) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de outubro de 2011. Máis información no BOE do 16 de setembro de 2011 e en www.senado.es Bolsas Campus Dixital do Mar. Venres, 16 Setembro 2011 08:53 Convocadas 7 bolsas do Campus Dixital do Mar, destinadas a alumnos das tres universidades galegas que estean cursando estudos de licenciatura ou grao nalgunha das titulacións afíns á formación práctica que se vai desenvolver. O prazo de presentación das solicitudes remata o 27 de setembro. Máis información: http://campusdomar.es/noticias BOLSAS E AXUDAS Subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética Mércores, 14 Setembro 2011 07:48 OUTRAS O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011: 1. Sector industria. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 8

1.A. Auditorías enerxéticas a industrias 1.B. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en industrias 2. Sector transporte. 2.A. Estudos integrais de mobilidade urbana sustentable 2.B. Estudos de viabilidade de actuacións de mobilidade urbana sustentable 2.C. Plans de transporte para empresas 2.D. Xestión de frotas de transporte por estrada 3. Sector edificación. 3.A. Rehabilitación da envolvente térmica dos edificios existentes 3.B. Mellora da eficiencia enerxética de instalacións térmicas nos edificios existentes 3.C. Construción de novos edificios con alta cualificación enerxética 3.D. Auditoría enerxética nos edificios do sector residencial e servizos 4. Sector servizos públicos. 4.A. Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes 4.B. Auditorías enerxéticas a instalacións de iluminación pública 4.C. Proxectos integrais de iluminación pública exterior 5. Sector transformación da enerxía. 5.A. Auditorías enerxéticas en coxeracións 5.B. Estudos de viabilidade para coxeracións 6. Sector agricultura e pesca. 6.A. Auditorías enerxéticas e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector pesqueiro 6.B. Auditorías enerxéticas e proxectos de mellora de eficiencia enerxética no sector agrario As axudas van dirixidas a particulares, comunidades de propietarios, empresas e administracións públicas. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro de 2011. Máis información no DOG do 14 setembro de 2011 e en www.inega.es Convocatoria das Bolsas de Sustentabilidade, Participación e Integración Universitaria da USC Mércores, 14 Setembro 2011 08:30 A oferta é de 21 bolsas para o Campus de Santiago e 6 para o de Lugo. Obxetivo: O desenvolvemento, nas facultades e escolas universitarias da USC, de actividades relacionadas co medio ambiente e o desenvolvemento sostible e difusión de acción solidarias entre os membros da comunidade univesitaria. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o día 7 de outubro. Por outra banda, a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible convoca 9 bolsas (6 no campus de Santiago e 3 no de Lugo) para a colaboración no Programa USC en Transición. A súa finalidade é dinamizar á comunidade universitaria da institución académica para promover modelos de vida máis sostibles que contribúan a reducir a pegada e a débeda ecolóxica da universidade, reforzando a súa vez o sentimento de comunidade. Máis información na páxina web da USC e en concreto na páxina do Plan de Desenvolvemento Sostible. PREMIOS E CONCURSOS Convócanse os Premios á Calidade e innovación en orientación e formación Profesional para o ano 2011 Martes, 30 Agosto 2011 09:55 Resolución do 23 de agosto de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan os Premios á calidade e innovación en orientación e formación profesional para o ano 2011. O obxectivo principal dos premios é recoñecer e valorar actuacións exemplares de innovación e experimentación en orientación e en formación profesional, de maneira que estas boas prácticas, consecuencia do esforzo compartido na busca da mellora na acción educativa e profesional, sirvan de modelo e inspiración a outros profesionais e centros educativos. Búscase estimular a iniciativa do profesorado e do alumnado, recoñecendo e promovendo ou traballo colaborador, a iniciativa e o espírito emprendedor a través de proxectos de innovación e investigación que supoñan un incremento na calidade do proceso educativo e da orientación profesional. Convócanse dúas modalidades de premios: 1. Premios á calidade e innovación en formación profesional do sistema educativo. 2. Premios á calidade e innovación en orientación profesional dende ou sistema educativo. Destinatarios: profesores a título individual ou a equipos de traballo de profesores ou equipos de profesores e alumnos de centros docentes españois sostidos con fondos públicos nos que se impartan ensinanzas de Formación Profesional de grao superior, de grao medio ou Programas de Cualificación Profesional Inicial. No caso de innovación, en orientación profesional tamén se inclúe os orientadores dos centros de Educación Secundaria e Formación Profesional, Centros de Educación de Persoas Adultas e Centros Integrados de Formación Profesional. O prazo de presentación será ata o día 30 de setembro de 2011 inclusive. Máis información: BOE 29 de agosto de 2011. XXIX premio de novela longa Blanco Amor. Luns, 05 Setembro 2011 08:02 O Concello de Santiago convoca o XXIX premio de novela longa Blanco Amor. O premio estará dotado con 12.020 euros. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 9

Poderán participar nel todos os autores e autoras, de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12), por unha soa cara e a dous espazos. As obras presentadas terán que ser inéditas. De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite dirixido á Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela, praza do Obradoiro s/n, 15705 Santiago de Compostela, facendo constar no exterior «Para o XXIX Premio Blanco Amor». Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 30 de setembro de 2011. O ditame do xurado darase a coñecer no mes de novembro de 2011. Máis información no DOG do 5 de setembro de 2011 e en www.santiagodecompostela.org EMPREGO EMPREGO PUBLICO Técnicos de Acción Sociocomunitaria en Ponferrada Martes, 13 Setembro 2011 07:52 O Concello de Ponferrada en León convoca oposición libre para cubrir as seguintes prazas: 4 prazas de Técnico de Acción Sociocomunitaria. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de outubro de 2011 Máis información no BOE do 13 de setembro de 2011. Subalternos para a Universidade de Oviedo Martes, 13 Setembro 2011 08:00 A Universidade de Oviedo convoca concurso oposición para cubrir 42 prazas de subalternos. Requisitos: certificado de escolaridade ou título equivalente. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de outubro de 2011. Máis información no BOE do 13 de setembro de 2011 Docentes para a Universidade de La Laguna Martes, 13 Setembro 2011 08:15 A Universidade de La Laguna convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios nas seguinte áreas de coñecemento: «Parasitoloxía» «Química Inorgánica» «Psicoloxía Social» «Toxicoloxía» «Microbioloxía» «Enxeñaría Agroforestal» «Física Aplicada» «Estatística e Investigación Operativa» «Anatomía e Embrioloxía Humana» «Didáctica da Matemática» O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata ou 3 de outubro de 2011. Máis información no BOE do 13 de setembro de 2011 Técnico en inserción laboral en Castro Caldelas Venres, 16 Setembro 2011 07:29 O Concello de Castro Caldelas convoca proceso de selección por concurso de méritos máis entrevista para cubrir unha praza de técnico en inserción laboral no marco do Programa Clara 2011-2012, en réxime de persoal laboral temporal. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de setembro de 2011. Máis información no BOP de Ourense do 16 de setembro de 2011 e na OMIX de Castro Caldelas, teléfono 988 203 000 Convocadas prazas de administrativo. Venres, 16 Setembro 2011 08:52 O Concello de Pineda de Mar (Barcelona), convoca 4 prazas de administrativo, polo sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE e no DOGC. Máis información BOE do 16 de setembro de 2011. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 10

Convocadas prazas de policía local Luns, 19 Setembro 2011 08:29 O Concello de Badajoz, convoca 6 prazas de axente de policía local, polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE. Máis informacion BOE do 21 de setembro de 2011. Convocadas prazas de policía local. Luns, 19 Setembro 2011 08:31 A Comunidade Autónoma de Castela e León, convoca 10 prazas de policía local, en varios concellos da Comunidade, polo procedemento de concuro-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 4 de outubro de 2011. Máis información BOCyL do 14 de setembro de 2011. documentos, previo á formalización do contrato. -Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou dificulte o desempeño das funcións propias do posto de traballo. Se acreditará mediante certificado médico oficial, sen prexuízo de superalo oportuno recoñecemento médico. Farase constar e valorarase: -Carné de conducir. -Dispoñibilidade de vehículo propio acreditado mediante declaración responsable. As solicitudes se presentarán no prazo dez días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que aparezan publicadas as presentes Bases no Boletín Oficial da Provincia. Ase mesmo serán expostas no taboleiro de anuncios do Concello, no faro de Vigo e na páxina web: www.concello de covelo.es. Máis información: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP),núm. 180, do luns 19 de setembro de 2011. www.depontevedra.es Traballador Social. Concello de Covelo (Pontevedra) Luns, 19 Setembro 2011 08:41 EMPREGO EMPREGO PRIVADO Obxecto desta convocatoria é a provisión con carácter temporal mentres dure a baixa laboral da titular, dun posto de Traballador/a Social no Concello de Covelo (Pontevedra). Estará dotada coas retribucións correspondentes ao titular propias do posto de traballo. A praza desempeñarase en réxime de xornada completa e dedicación exclusiva. A presente convocatoria constituirá tamén bolsa de emprego para substitución de postos de traballo da categoría convocada naqueles outros supostos nos que se produzan vacantes por baixas, ausencias ou calquera outra circunstancia. A contratación se efectuará previa convocatoria publicada no taboleiro de anuncios do concello, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e ademais publicarase un anuncio no faro de Vigo. Requisitos: -Ser español. Os nacionais dos demais estados membros da Comunidade Europea poderán acceder en idénticas condicións cas dos españois a aqueles sectores da función Pública aos que, segundo o Dereito Comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No caso de estranxeiros comunitarios a acreditación da identidade se fará polo documento identificativo expedido pólas autoridades competentes do seu país de orixe. -Ter cumpridos 18 anos de idade. -Os aspirantes deberán estar en posesión do título de Diplomado/a en Traballo Social ou equivalente. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase certificación para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación universitaria ou do Ministerio de Educación e Cultura de se-lo caso, o que se acreditará no momento de presentación de Ofertas do Servizo de Emprego Público do 16/09/2011 Venres, 16 Setembro 2011 10:45 Coidadores/as de minusvalías físicas, psíquicas e sensoriais - localidade: lugo nº oferta: 12/2011/9663 precísase persoa interna para o coidado dunha persoa con minusvalía, con permiso de conducir e experiencia, descanso luns e martes (ata o mediodía) Dependentes/as de carnicería e/ou chacinería - localidade: ourense 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 11

nº oferta: 12/2011/10022 necesítase dependente de carnicería e/ou chacinería con dous anos de experiencia. carné de manipulador de alimentos. Dependentes/as de peixería - localidade: coruña, a nº oferta: 12/2011/10037 necesítase dependente de peixería con dous anos de experiencia. carné de manipulador de alimentos. Encargados/as de tenda - localidade: ourense nº oferta: 12/2011/10071 necesítase encargado/a de tenda. imprescindible experiencia. Dependentes/as de froitería - localidade: ferrol (a coruña) nº oferta: 12/2011/10078 necesítase dependente de froitería con dous anos de experiencia. carné de manipulador de alimentos e certificado de formación en hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos. Carniceiros/as para a venda en comercio - localidade: santiago de compostela (a coruña) nº oferta: 12/2011/10081 necesítanse carniceiros/as para venda en comercios con dous anos de experiencia. carné de manipulador de alimentos. Axentes de seguros - localidade: ourense nº oferta: 12/2011/10091 necesítase axente de seguros para venda de seguros de saúde. necesario permiso de conducir. Camareiros/as de barra e/ou dependentes/as de cafetería - localidade: ourense nº oferta: 12/2011/10120 necesítanse camareiros/as de barra e/ou dependentes/as de cafetería. Soldadores/as de estruturas metálicas pesadas - localidade: sanxenxo (pontevedra) nº oferta: 12/2011/10128 necesítanse soldadores/as de estruturas metálicas pesadas. necesaria experiencia. Podadores/as e/ou motoserristas forestais - localidade: aranga (a coruña) nº oferta: 12/2011/10203 precísase motoserrista forestal con experiencia para zona do concello de aranga Enxeñeiros/as técnicos en mecánica industrial - localidade: ferrol (a coruña) nº oferta: 12/2011/10223 necesitase enxeñeiro/a técnico industrial con 3 meses experiencia e coñecementos en inglés, programación e ofimática Empregados/as de fogar (internos) - localidade: santiago de compostela (a coruña) nº oferta: 12/2011/10253 necesitase empregado/a de fogar interno/a para a zona de santiago. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 12

Maís Información: Teléfono: 902 125 000 Adminstrador de Empresa Luns, 19 Setembro 2011 08:11 Cortizo selecciona un licenciado/a en admón. e dirección de empresas. Se require polo menos tres anos de experiencia en postos adxuntos a dirección de empresas e con tarefas de: supervisión, contabilidade e tesourería. Control de información contable e financeira. Elaboración de informes e reporting. Análises da adecuación e optimización dos procedementos contables e financeiros. Imprescindible dominio do idioma inglés, tanto falado como escrito. Disponibilidade para viaxar. Interesados enviar CV con foto recente a: Aluminios Cortizo SA. Extramundi, s/n, 15901 Padrón (A Coruña). Ref. CONTROLLER. Fax: 981 80 44 54. Email: rrhh@cortizo.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo La Voz de Galicia do domingo 18 de setembro de 2011. 2 Delegados comerciais para Galicia Luns, 19 Setembro 2011 08:12 Grupo CEDEC (Centro Europeo de Evolución Económica SA) para a consultoría e organización de PYMES líder en Europa necesita incorporar dous delegados/as comerciais para Galicia. Co obxectivo único e constante de captación de novos clientes. Contará con apoio para a concertación de citas e xestión personalizada da súa axenda a través so noso Departamento de Secretariado Comercial. Se require: unha persoa maior de 35 anos, con forte carácter, dotes de mando e que teñá unha grande capacidade para escoitar, comprender e persuadir. Nos lle reportaremos a formación e o respaldo necesarios para obter éxito. Se require ademáis coñecementos moi amplos no funcionamento de pequena e mediana empresa para poder comunicarse cos empresarios/responsables deste tipo de empresas. Se lle formalizará un tipo de contrato indefinido e alta na SS. Salario bruto entre 50000 e 70000 mil euros ano máis gastos de viaxe. Requerimos vehículo propio. Interesados chamar ó tfno o luns 19 de setembro ós seguintes tfnos: 686 886 688 Sr. Díaz, ou 660 630 961 Sr. Rodríguez, de 09:00 ata 14:00 hrs. e de 15:00 ata 20:00 hrs. Tamén poden enviar CV s a través da nosa páxina web: www.cedec.es. La Voz de Galicia do domingo 18 de setembro de 2011. Mecánico Luns, 19 Setembro 2011 08:14 Necesitamos mecánico para maquinaria pesada e camións industriais para a illa de Fuerteventura. Poñemos casa. Interesados chamar tfono. de contacto 928 53 15 22. La Voz de Galicia do domingo 18 de setembro de 2011. Representante Luns, 19 Setembro 2011 08:15 Gentina SA/ONTE selecciona representante zona de Galicia, con experiencia no sector da madeira. Interesados enviar CV a gentina@gentina.eseste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo, laboral@gentina.es. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo La Voz de Galicia do domingo 18 de setembro de 2011. Comercial Luns, 19 Setembro 2011 08:16 Fábrica de mobeis de cociña e armarios necesita incorporar un comercial a comisión para toda Galicia. Interesados chamar ó tfno: 689 960 360. Mandar CV a email: azzucena@gmail.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo La Voz de Galicia do domingo 18 de setembro de 2011. Profesional do Rótulo Luns, 19 Setembro 2011 08:17 Empresa de rotulación selecciona profesional do rótulo. Imprescindible experiencia demostrable na fabricación e montaxe. Disponibilidade e carné de conducción B1. Interesados enviar CV ó email: rotugalia@rotugalia.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo La Voz de Galicia do domingo 18 de setembro de 2011. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 13

Profesor de inglés Luns, 19 Setembro 2011 08:17 Se necesita profesor de inglés part-time, para Verín (Ourense). Bos ingresos. Interesados enviar CV ó email: 7kgalicia@gmail.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo La Voz de Galicia do domingo 18 de setembro de 2011. Camareira Luns, 19 Setembro 2011 08:32 Para Tomiño Con experiencia Teléfono: 986622678 Panadeiro Luns, 19 Setembro 2011 08:33 Interesados chamar: 678789353 Recambista Luns, 19 Setembro 2011 08:34 Imprescindible experiencia Enviar c.v a: info@recambiosochoa.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Repartidor autónomo Luns, 19 Setembro 2011 08:34 Con furgón propio Enviar C.V a info@recambiosochoa.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Pasteleiro con experiencia Luns, 19 Setembro 2011 08:35 Teléfono: 986114709 Comercial a comisión Luns, 19 Setembro 2011 08:36 Coñecementos de portas automáticas e automatismos Ofrécese carteira de clientes Teléfono: 605284038 Profesor/a particular Luns, 19 Setembro 2011 08:36 De química orgánica Nivel de universidade Teléfono:699387022 Fisoterapeuta Luns, 19 Setembro 2011 08:37 Con experiencia Para fins de semana Enviar c.v a: direcciontalaso@talasoatlantico.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 14

Operarios de gas Luns, 19 Setembro 2011 08:38 Con ou sen experiencia Entrevistas de luns a venres 9:00. Rúa Martín Echegaray, 7. Correo: gasvanesa@hotmail.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Albanel oficial de primeira Luns, 19 Setembro 2011 08:39 Para construción de granxas Lalín Teléfono: 615636211. Hixienista dental Vigo Luns, 19 Setembro 2011 08:39 Con título Valórase experiencia Enviar c.v a: odontologovigo@gmail.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Persoal de cociña e sala Luns, 19 Setembro 2011 08:40 Restaurante Alcabre Para extras Curriculum: info@apiques.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Teleoperadoras Luns, 19 Setembro 2011 08:41 Empresa orobodas.com Zona Morrazo-Vigo Teléfono: 628089434 Promotores Luns, 19 Setembro 2011 08:42 Xornada completa De luns a venres Don de xentes Teléfono: 986139021 Perruqueira Vigo Luns, 19 Setembro 2011 08:42 Idade entre 18 e 25 anos Zona Travesas- Vigo Teléfono: 698146294. Camareiras e cociner@ Luns, 19 Setembro 2011 08:43 Teléfono: 667729415 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 15

Delegado comercial Luns, 19 Setembro 2011 08:43 Zona Vigo e bisbarra Alta remuneración Teléfono: 651191181. Profesor ballet taekwondo Luns, 19 Setembro 2011 08:44 Para Marín Enviar c.v a: gruppinfo@gmail.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Persoal diferentes postos Luns, 19 Setembro 2011 08:44 Por ampliación Empresa multinacional Teléfono: 986206962 Persoal para despezamento Luns, 19 Setembro 2011 08:45 Con coñecementos de mecánica Interesados enviar c.v con foto a: Apdo correos 1043, Mos. Cociñeiro profesional e axudante Restaurante-tapería Vigo Con experiencia Teléfono: 656571124. 5 comerciais Luns, 19 Setembro 2011 08:46 Menores de 30 anos Para multinacional Soldo fixo máis comisións Interesados enviar c.v a: seleccion.vigo@securitasdirect.es. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Contable fiscal Luns, 19 Setembro 2011 08:47 Experiencia asesoría Enviar curriculum con foto: Tecnas. Camelias, 38 entresollado. Tecnas.otros@live.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Comerciais empresa sector da formación Luns, 19 Setembro 2011 08:48 Para a súa delegación en Vigo Empresa do sector da formación privada e subvencionada Garántense cursos con certificacións oficiais Visitas concertadas Enviar c.v a atorra2008@yahoo.es. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Luns, 19 Setembro 2011 08:46 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 16

Comerciais repartición publicitaria Luns, 19 Setembro 2011 08:49 Con experiencia Enviar c.v a infocomercialesvigo@gmail.com. Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Comercial seguros Luns, 19 Setembro 2011 08:49 Posibilidade de ascenso Fixo e comisións Empresa líder seguros Bacharelato Teléfono: 653857158 Aprendiz dependenta pastelaría Luns, 19 Setembro 2011 08:50 Deixar c.v en Travesía Vigo 181, o luns. Comercial axencia inmobiliaria Luns, 19 Setembro 2011 08:51 Búscase rapaz novo con experiencia en inmobiliarias Teléfono: 670489661. NOVAS DAS OMIX 5º CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIAXANDO Venres, 16 Setembro 2011 07:57 Organizan: Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, a Guarda, O Rosal, O Porriñoa, e a Casa de Xuventude de Tui. - Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. - A temática responderá ao título do Certame VIAXANDO. - As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4. - Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita. - A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI. - As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o venres 30 de setembro de 2011. - Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugurándose oficialmente na OMIX de Baiona o luns 17 de outubro de 2011 ás 20 horas. - O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que se delegue. - O fallo do xurado farase público o 10 de outubro de 2011. Difundirase o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada. - A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello organizador. - O xurado poderá declarar deserto o premio. - Concederase un único premio consistente nunha fin de semana para dúas persoas nunha Casa Rural de Galicia, dentro do programa Outono gastronómico de Turgalicia. - A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado. 12 Septiembre de 2011 - Revista 834 17