REGULAMENTO DO SERVICIO MUNICIPAL DE RETIRADA E TRANSPORTE DE ENTULLOS E DE EXPLOTACION DO VERTEDOIRO URBANO

Similar documents
Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

artigo 45 da Constitución e ás esixencias ambientais derivadas do ingreso de España na Unión Europea dentro do ámbito da nosa autonomía.

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Decreto 80/2000, de 23 marzo LG 2000\149 Regula los planes y proyectos sectoriales de incidencia supramunicipal.

REGULAMENTO DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

A FAVOR DE GRUPOS DE MUSICA E DANZA TRADICIONAL, MASAS CORAIS, ORQUESTRAS, CONXUNTOS E BANDAS DE MUSICA ANO 2016

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

PREGO DE PRESCRIPCIÓNS TÉCNICAS PARA O CONTRATO DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DO CONCELLO DE RIBADEO

CONCELLO DE FOZ (LUGO) Avd. Álvaro Cunqueiro, Foz (Lugo) Tlf: Fax:

Edificio Administrativo San Lázaro SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: Fax:

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

NORMAS III CONGRESO DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO DE SANTIAGO-BARBANZA

6.864 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 78 Martes, 27 de abril de 2010

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA

5 Núm. 130 Xoves, 8 de xuño de 2017 BOP de Lugo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONCI:LLO DE SANTIAGO

4 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O DE ADMINISTRACION XERAL. C.E. 4/2015 FUNCIONARIO/A DE CARREIRA. PROMOCION INTERNA

C O N C E L L O D A P O N T E N O V A

Absorbentes solo aceites

DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Título de Grao en Enxeñaría de Edificación pola UDC.

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 263 Mércores, 16 novembro EXPÓN

ORDENANZA Nº 2: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

REGULAMENTO DE TÍTULOS, HONRAS E CONDECORACIÓNS DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mapa de accidentalidade

C O N C E L L O A G U A R D A

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Programación de proba libre de módulos profesionais

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL REALIZADA O DIA 1 DE XULLO DE DOUS MIL DEZASEIS.

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VIGO. Ordenanzas e Regulamentos

AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.

Primeiro.- Deixar sen efecto a miña Resolución de data e as súas sucesivas modificacións.

1.- Dirixirse ao Goberno de España para demandarlle a aprobación máis pronta posible de:

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA OS TRABALLADORES QUE ENTREN EN CONTACTO CON CASOS POSIBLES OU CONFIRMADOS DE ÉBOLA

(Aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión de 11 de decembro de 2014)

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.


CONVOCATORIA DE BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES CURSO

PROGRAMACION INICIACIÓN PROFESIONAL A MECÁNICA 3 DA E.S.O. CURSO PROFESOR: Departamento de Automoclón (Eletromecánlca de Vehículos)

Probas dos elementos internos do alternador

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE

ORDENANZA Nº 10: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS TAXAS POLOS DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN DO CONCELLO

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

O relevo e as costas de Galicia

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

as condicións de apertura, funcionamento, modificación, capacitación do persoal e cesamento de actividades dos centros.

3?5'-i. - Servicio Terciario: - Categoría Hospedaxe: grao lo en edificio exclusivo ou compatible co residencial e

PROPOSTA DA CONCELLEIRA DELEGADA ESPECIAL NA ÁREA DE XESTIÓN DE MOCIDADE E INFANCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Organismo: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos SUMARIO: TEXTO:

ANEXO I PROCEDEMENTO: NOME DO PROXECTO: DOCUMENTO: PROGRAMA VIVEIRO DE EMPRESAS NOME/RAZÓN SOCIAL 1º APELIDO 2º APELIDO NIF/CIF

DE LA PROVINCIA DE LUGO

As retribucións estipuladas para este posto son de 1.234,25 brutos (incluído tódolos conceptos salariais e pagas extraordinarias).

CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

DOG Núm. 97 Venres, 20 de maio de 2011 Páx

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS. MP0236 Instalacións de distribución 2013/2014 7

CONCELLOS BARALLA. Anuncio

Á Mesa do Parlamento

REGULAMENTO. 8 de xullo de 2018

1/17.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 5 DE XANEIRO DE 2017

CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA ( ) Nivel de descrición Data UI EXP 1. GOBERNO 1836/

18/18.- ACTA ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 19 DE ABRIL DE 2018

GUÍA PARA UNHA CONTRATACIÓN PÚBLICA ABERTA A PEMES.

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

ASISTENCIA PLENO : Presidente: Don Manuel Muíño Espasandín

Informe mensual do paro rexistrado

REGULAMENTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR (C.I.M.) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

26 DE AGOSTO DE 2009 Nº 195

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

ESTUDO DE MOBILIDADE SOBRE AS ACTUACIÓNS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZO PÚBLICO NO ÁMBITO DA RÚA DE SAN PEDRO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

1.- IDEOLOXÍA. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

AYUNTAMIENTOS. 4 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 7 Miércoles 11 enero 2006 V I G O ANUNCIO

DE LA PROVINCIA DE LUGO

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

TAXAS POLOS SERVIZOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS, PREVENCIÓN DE RUÍNAS, DERRIBAS, SALVAMENTOS E OUTROS ANÁLOGOS.

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Proyectores P NE

1.- DESCRICIÓN DA FINCA E PARCELAS DO CENTRO DE RECRÍA.-

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Transcription:

REGULAMENTO DO SERVICIO MUNICIPAL DE RETIRADA E TRANSPORTE DE ENTULLOS E DE EXPLOTACION DO VERTEDOIRO URBANO Aprobado polo Pleno do Concello de Santiago de Compostela na sesión ordinaria que tivo lugar o día 13 de febreiro de 1995. Publicado no BOP de A Coruña o día 13 de maio de 1995. O presente regulamento ten por obxecto a regulación de todas aquelas actuacións a realizar en relación co depósito e vertido de entullos e outros residuos, así como a fixación das liñas básicas a observar na explotación do vertedoiro urbano sito en Aríns. 1.- RESIDUOS ADMISIBLES. Os materiais que se depositarán no vertedoiro urbano son os procedentes do municipio de Santiago de Compostela, correspondentes ó apartado f) do punto, do artigo 2º da Lei 42/1975, do 19 de novembro, sobre residuos sólidos urbanos. Industriais, agrícolas, de construcción e obras menores de reparacións domiciliarias, coas limitacións que se estabblecen no artigo terceiro. Estas limitacións fan mención, entre outras, á potestade do Concello para esixir que residuos procedentes destas actividades, que presenten características que os fagan tóxicos e perigosos, sexan depositados na forma e lugar adecuados. Polo tanto, non poderán ser depositados neste vertedoiro de residuos inertes. Considéranse como residuos inertes aqueles que poden ser depositados en vertedoiros ou entulleiras ou ser utilizados para recheos de terreos, bases de estradas, etc., sen xerar ningún efecto negativo no medio ambiente salvo, quizais, un maior ou menor deterioro estético se os residuos non se depositan no lugar e da maneira axeitada. Segundo a proposta de directiva do Consello relativa ó vertedoiro de residuos, os residuos inertes son aqueles que, unha vez depositados nun vertedoiro, non experimentan transformacións físicas, químicas ou biolóxicas significativas e que cumpren os criterios de eluato etablecidos no anexo III. No dito anexo indícanse os valores máximos de concentración no eluato (solución obtida por medio dunha proba de lixiviación simulada no laboratorio) para que un resiuo se considere inerte, e que son: Parámetro: Concentración no eluato. - Valor de ph: 4-13 - COT:? 200 mg/l - Arsénico:? 0,1 mg/l - Chumbo:? 5 mg/l - Cadmio:? 5 mg/l - Cromo:? 5 mg/l - Cobre:? 5 mg/l - Níquel:? 5 mg/l - Mercurio:? 5 mg/l

- Cinc:? 5 mg/l - Fenois:? 10 mg/l - Fluoruro:? 5 mg/l - Amonio:? 50 mg/l - Cloruro:? 0,5 mg/l - Cianuro (2):? 0,1 mg/l - Sulfato (3):? 1,0mg/l - Nitrito:? 3 mg/l - AOX (4):? 0,3 mg/l - Solventes:? 10? g/l - Plaguicidas:? 0,5? g/l - Substancias lipófilas:? 1 mg/l (1).- E ningún valor superior ó mínimo fixado para residuos perigosos. (2).- Librado con facilidade (3).- Se é posible? 500 mg/l (4).- Compostos organohaloxenados absorbidos (5).- Clorados. Os residuos inertes ADMISIBLES son: - Residuos procedentes da derruba de vellos edificios e estructuras. - Residuos procedentes da rehabilitación e restauración de edificios estructuras existentes. - Residuos procedentes de construcción de novos edificios e estructuras. - Residuos procedentes do arranxo de rúas. - Residuos procedentes da producción de materiais de construcción, por exemplo residuos dunha formigoneira, compoñentes do formigón, artigos de madeira, etc. - Residuos procedentes de industrias extractivas. - Residuos de caucho en forma de productos acabados usados, ou non conformes nin recuperables. - Refractarios. - Residuos plásticos ou polímeros en forma de productos acabados, ou non conformes nin recuperables. Esta relación poderá ser ampliada para aqueles residuos que superaran as oportunas determinacións que confirmen a súa condición de inertes. Excepción: materiais procedentes de desmontes e movementos de terra, etc. Non obstante, o Concello poderá autoriza-lo depósito de productos que, aínda que non estean previstos no proxecto inicial, poidan favorecer unha máis rápida recuperación do medio. Non serán adminisibles, en ningún caso, aqueles residuos que estean tipificados como tóxicos ou perigosos na lexislación medioambiental vixente en cada momento ou, de se-lo caso, resultaran non adminisibles trala realización das probas oportunas. 2.- USUARIOS DO VERTEDOIRO a) A empresa concesionaria do servicio de recollida de colectores do Concello. b) Usuarios privados, é dicir, todos aqueles industriais e contratistas de obras productores de residuos inertes que polos seus propios medios ou mediante contrata, de forma habitual, e logo da autorización expresa do Concello de Santiago, utilicen o vertedoiro. c) Usuarios non habituais, que precisarán, para cada unha das descargas, unha autorización estendida polo responsable da explotación do vertedoiro (R.E.V). d) O Concello, que poderá depositar no vertedoiro de forma gratuíta os entullos inertes das súas obras. O adxudicatario está obrigado a recibilos e tratalos sempre que conten coa debida autorización.

3.- HORARIO DE RECEPCIÓN DOS RESIDUOS A zona de depósito está aberta de 6 a 20 horas, de luns a venres. 4.- RETIRADA E TRANSPORTE DOS ENTULLOS A) RETIRADA E TRANSPORTE 1.- A retirada dos entullos realizarase mediante colectores que disporán de tapa ríxida con fin de impedi-la súa utilización por persoas alleas ó solicitante do servicio. Estes colectores contarán tamén cos enganches e elementos de suxeición e cerramento necesarios. Para a zona monumental disporase un modelo especial de colector que, atendendo ás características especiais desta zona, minimice o choque estético e entorpeza o menos posible a funcionalidade da zona. 2.- O transporte ó vertedoiro por parte do concesionario do servicio realizarase mediante vehículos de tracción mecánica especialmente concebidos para este fin. Os vehículos e colectores utilizados no servicio levarán a inscrición Concello de Santiago. Servicio de vertedoiro urbano co escudo do anagrama do Concello. B) FORMA DE PRESTACIÓN DO SERVICIO 1.- Os colectores situaranse na vía pública exclusivamente nas seguintes zonas: a) zonas de aparcamento ou carga e descarga autorizadas. b) Beirarrúas de ancho maior a tres metros e medio, situándose xunto ó bordo co obxecto de deixar libre, como mínimo, un paso de metro e medio para o tráfico peonil. Nas demáis zonas poderán instalarse sempre que o tráfico rodado e peonil se realice con total seguridade. c) Para a colocación dos colectores na vía pública, o adxudicatario terá a obriga de comunicar ó Concello cun prazo de antelación mínimo de 24 horas os puntos en que se van situar. 2.- O apoio dos colectores na calzada e na beirarrúa dispoñéndose en caso necesario os elementos de protección que impidan o deterioro dos pavimentos. 3.- A situación de colectores no interior das obras, en predios ou en terreos sen edificar esixirá a entrada do camión portador por unha zona autorizada e, polo tanto, reforzada para o paso destes vehículos pesados. En caso contrario, só se autorizará a situación nesas zonas se a carga e descarga dos colectores se produce sen apoio do vehículo na beirarrúa. 4.- En caso de que se derramen ou voen materias na vía pública ó desenvolvérense as tarefas necesarias, o responsable do transporte deberá limpalos inmediatamente. 5.- Situado o colector na vía pública e co obxecto de evitar malos olores e, consecuentemente, a posibilidade de focos de infección, será substituído no prazo máximo de 72 horas. Unha vez ceho o colector- entendéndose por iso o enrase do mesmo- non poderá permacer na vía pública por tempo maior de seis horas salvo no suposto de que estea situado nunha rúa que teña fixado un horario específico de retirada. Neste caso a praza será de 24 horas. En tódolos supostos, a retirada dos colectores estará sometida ó indicado no punto 8 deste apartado. 6.- Tódolos colectores situados na vía pública poderán dispor de elementos de sinalización consonte á lexislación vixente sobre a materia co obxecto de evitar accidente. Tódolos colectores situados na vía pública permanecerán tapados cos seus elementos de cerre fóra da xornada laboral.

7.- A retirada ou substitución de colectores realizarase de 6 a 20 horas en días laborables, con cexcepción dos situados en vías públicas de preferente uso ó trafico rodado a determinar polo concello, en que unicamente poderán ser retirados ou substituídos de 14 a 17 horas en días laborables. Non obstante, para vías que poidan presentar calquera tipo de conflictividade, o Concello poderá dar instruccións con respecto ós horarios de retirada e instalación de colectores así como do número máximo que poden establecerse simultaneamente na rúa. 8.- Por requirimento do Concello debido a razóns de utilización da vía pública, hixiénico-sanitarias ou seguridade, retiraranse os colectores nun prazo máximo de dúas horas desde que o adxudicatario reciba o aviso. 9.- O Concello, sen prexuízo doutras medidas, poderá instrui-lo oportuno expediente para determinar se as interrupcións que, de se-lo caso, se produzan na prestación do servicio constitúen ou non falta sancionable. 10.- O servicio ostentará en todo momento a cualificación de servicio público de competencia municipal coas consecuencias inherentes a esta cualificación que marca a lexislación vixente. 5.CONTROL DE ENTRADA DE ACCESO Ó VERTEDOIRO Ningún vehículo está autorizado a entrar sin recibir autorización do garda. O garda remitirá ó conductor un vale de depósito. Non se admitirá en ningún caso o acceso ó vertedoiro de persoas non autorizadas. A autorización para acceder será explicitamente facilitada polo responsable da explotación do vertedoiro. 6.- CONDICIÓNS DE ENTREGA DOS RESIDUOS 1.- Non se admitirá a entrega de calquera clase de residuo que non sexa presentada nas condicións que se sinalan no artigo 4. 2.- De calquera accidente ou afección causada nas instalacións do vertedoiro, ó medio ambiente ou a terceiros, como consecuencia dunhas deficiencias condicións no transporte e descarga dos residuos, será responsable, aínda dentro do recinto do vertedoiro, o transportista do residuo. 3.- Se se producisen derrames de residuos nos accesos ou no interior do vertedoiro como consecuencia das deficientes condicións no seu transporte ou descarga, os conductores serán responsables de recollelos e retiralos. O R.E.V. porá a dispor dos conductores os medios e útiles necesarios para recoller e retira-los residuos que se puidesen verter, podendo repercutir nos responsables o custo dos medios utilizados. 4.- Se se producise negativa por parte do contratista a retirar e limpa-los residuos vertidos pola súa causa, o R.E.V. realizará o dito traballo, podendo repercuti-los custos correspondentes da operación ó propietario ou titular do residuo. As visitas que accedan ó vetedoiro serán acompañadas por persoal cualificado do mesmo. Calquera persoa allea que acceda ó vertedoiro, incluídos os conductores habituais dos vehículos de entrega de residuos, están obrigados a seguir puntualmente cantas indicación les sexan facilitadas polo R.E.V.. A contravención do que se expresa no anterior apartado 3 poderá ser sancionada. 5.- O productor dun residuo industrial inerte, antes de transladalo desde o lugar de orixe ata o vertedoiro controlado, terá que contar, como requisito imprescindible, cun compromiso de aceptación por parte da dita instalación. Para iso, o productor do residuo deberá achegar, previamente, unha certificación dun laboratorio oficial sobre a composición do residuo e unha declaración formal da súa calidade de inerte, sendo el mesmo o responsable da conformidade dos residuos.

O responsable da explotación do vertedoiro controlado, materializará o dito compromiso cun número de aceptación. O coxunto destes documentos (aceptación do responsable do vertedoiro, declaración de naturez dos residuos e o número), formará o documento do vertido. O productor incluirá o documento do vertido de cada tipo de residuo na documentación que subministrará ó transportista. O dito documento acompañará ós sucesivos envíos dos ditos residuos, xunto coa carta de porte esixida polos regulamentos de transporte de mercadorías. Existirá unha única entrada para a recepción dos residuos, que se manterá pechada agás durante as horas establecidas para a operación de vertedoiro. 6.- Procedemento de admisión de residuos: 1.- Ben antes, ben no momento de entrega-los residuos, ou da primeira entrega cando se trate dunha serie delas, e sempre que o tipo de residuos non cambie, o posuidor destes ou a entidade explotadora poden demostrar, por medio da documentación adecuada, que os residuos de que se trata poden ser admitidos no dito vertedoiro de acordo coas condicións determinadas. 2.- A entidade explotadora da instalación cumprirá os seguintes procedementos de recepción: a) Control da documentación dos residuos. b) Inspección visual dos residuos á entrada e no punto de depósito e, sempre que proceda, comprobación da conformidade coa descrición facilitada na documentación presentada polo posuidor. c) Mantemento dun rexistro das cantidades e características dos residuos depositados, con indicación da orixe, a data de entrega e a entidade productora ou concesionaria da recollida. d) A entidade explotadora facilitará sempre un certificado escrito de cada entrega admitida no vertedoiro. 7.- RECEPCIÓN DOS RESIDUOS Os residuos poderán ser recibidos no vertedoiro a través das seguintes vías: 1.- Colectores do servicio municipal de retirada e transporte de entullos. 2.- Colectores de empresas privadas que presten o servicio de retirada de transporte de entullos e que deberán reuni-las condicións establecidas no artigo 4. 3.- Vehículos municipais. 4.- Vehículos privados. 8. DESCARGA E DISPOSICIÓN DOS RESIDUOS. Os residuos inertes que cheguen ó vertedoiro, tanto procedentes dos colectores municipais como os transportados directamente polos seus productores, depositaránse na plataforma de recepción. Desde esta plataforma de descarga, utilizando os medios máis adecuados, os residuos transladaranse á zona ou zonas de vertido despois de que o maquinista verifique a súa conformidade co artigo I. Esta verificación realizarase in situ e consistirá en métodos de comprobación rápida para confirmar se os residuos son os mesmos que foron sometidos ás probas de cumprimento e que se desciben nos documentos que os acompañan. Pode consistir simplemente nunha inspección visual dunha carga de residuos antes e despois de descargalos no lugar correspondente do vertedoiro.

9.- CONTROL DE SAÍDA Antes de saír da zona do vertedoiro, o conductor presentará ó garda o vale de depósito asinado polo maquinista testemuñando a conformidade do depósito. 10.- VERTIDOS NON CONFORMES Se despois de baleirados, o maqinista considera que uns residuos non están correctos mencionarao no vale de depósito e o responsable do vertido terá a obriga de levalos inmediatamente. A entidade explotadora notificará ó Concello a dita circunstancia. 11.- SISTEMA DE PAGAMENTO A cantidade a pagar polo usuario do servicio municipal de retirada e transporte de entullos será de 5.000 pts/colector, incluíndo o depósito, transporte e vertido. A cantidade a pagar por terceiros que realicen o transporte de residuos ó vertedoiro será de 800 pts/m3. Estas cantidades serán revisables de acordo co establecido no prego de condicións que rexe a concesión do servicio. Dos novos prezos darase a oportuna publicidade para o coñecemento dos usuarios. O pagamento efectuarase antes do vertido. O comprobante de pago entregarse ó garda do vertedoiro que o cambiará polo vale de depósito a que se refire o artigo 5. 12.- INFRACCIONS E SANCIÓNS 1.- A entidade explotadora notificará ó Concello calquera irregularidade que se produza na operación de vertido, como paso previo á imposición das sancións que, de se lo caso, correspondan. 2.- Considéranse infraccións aqueles actos ou omisións realizadas polos usuarios do servicio que contraveñan o disposto no presente regulamento e na Ordenanza xeral de protección do medio ambiente urbano. En canto á súa tipificación e sanción estarase ó que sinala esta odenanza e as disposicións medioambientais vixentes. O procedemento a seguir para a imposición de sancións será o establecido no Real Decreto 1398/1993 do 4 de agosto. 3.- Os incumprimentos en que puidese incorre-lo concesionario do servicio serán sancionados de acordo co sinalado contractualmente. 13.- PROCEDEMENTOS DE CONTROL E SUPERVISIÓN DURANTE A FASE DE EXPLOTACIÓN A) Correspóndelle ó Concello o control e a inspección facultativa do servicio obxecto deste concurso que será exercida polo alcalde, o concelleiro delegado, os técnicos municipais ou o persoal designado, que dictarán cantas disposicións consideren pertinentes para a mellor prestación do servicio, aínda cando non estean sinaladas. As ditas disposicións serán cumpridas polo contratista sempre que, sen opoñerse á recta interpretación do disposto nos pregos de condicións, lle sexan ordenadas por escrito. B) O persoal do adxudicatario deberá atender con toda corrección ós representantes do Concello en cantas visitas, inspeccións e traballos efectúen na relación co servicio, proporcionándolle así mesmo tódalas informacións que lle requiran. Atenderá tamén de igual forma as visitas autorizadas.

C) O adxudicatario estará obrigado a facilitar ó Concello cantos datos e estatísticas lle sexan solicitados en relación co servicio, debendo, en todo caso, entregar mensualmente un informe resume que conteña os datos necesarios para poder avalialo funcionamento do servicio en canto a rendementos e principais incidencias. A entidade explotadora do vertedoiro levará a cabo durante a fase de explotación un programa de control e supervisión: 1.- CONTROL DA EXPLOTACION O control da explotación comporase de: - Control de recepción. - Control de descarga. - Control de auga da canteira. - Control de enchido - Documentos de explotación: - Rexistro de fichas de mantemento. - Rexistro de follas de seguimento de recepción. - Rexistro de control da contaminación. - Rexistro de planos. - Memorias semestrais e anuais. 1.1.- Control da recepción Realizarase nos termos sinalados no apartado 4. 1.2.- Control da descarga. Realizarase nos termos sinalados no apartado 5. 1.3.- Control da contaminación. 1.3.1.- Control dos residuos recibidos. O persoal encargado da explotación do vertedoiro controlará en tódolos residuos que se entreguen os aspectos que se indican a seguir: - Orixe - Tipo e características. - Cantidade (en peso ou volume) - Documentos identificativos pertinentes. En consecuencia, aceptará ou rexeitará a admisión do residuo, quedando todo isto recollido no libro de rexistro da instalación. A partir destes datos, a empresa responsable da adxudicación redactará un informe mensual dos rendementos e incidencias, así como unha memoria anual da explotación que, en función do número de cargas rexeitadas e das incidencias acaecidas, permitirá extrae-las conclusións oportunas mediante a realización dunha nova campaña de información pública, a instalación dunha báscula ou un pequeño laboratorio, etc. 1.3.2.- Control da calidade de auga enviada ó rego de Fornas. Par isto proponse o seguinte control:

- Control semanal do ph e da conductividade da auga evacuada na cabeceira da drenaxe subterránea. - Estimación do volume evacuado trimestralmente. - Análise trimestral, realizada por un organismo oficial ou entidade colaboradora, dos seguintes parámetros, como mínimo: - Conductividade. - PH. - Cor. - DQO. - DBO. - Cobre. - Cinc. - Ferro. - Sulfuros. - Sulfatos. Se se dese unha variación substancial dos parámetros analizados respecto á situación preoperacional ou se se superasen os límites do vertido fixados no permiso, redactarase un programa de actuación para identifica-la orixe da alteración e modifica-lo mecanismo de control dos residuos, se fose preciso. No segundo dos supostos tomaranse as medidas oportunas para a recollida destas augas e o seu tratamento adecuado, evitándose o seu vertido ó cauce habitualmente receptor. Levarase un rexistro cos resultados de tódalas análises realizadas que estará a disposición da administración competente en calquera momento. A entidade explotadora notificará ó Concello todo efecto negativo significativo sobre o medio ambiente revelado polos procedementos de control e supervisión. Cunha frecuencia que determinará a autoridade competente e, en calquera caso, cando menos, ó final de cada ano civil, a entidade explotadora, baseándose en datos globais, informará ás autoridades competentes de tódolos resultados da supervisión con fin de demostrar que se cumpren as condicións de autorización e mellora-lo coñecemento do comportamento dos residuos nos vertedoiros. Informarase tamén do grao de execución do programa de actuacións simultáneas. Manterase o recinto libre de roedores, plásticos, etc., e en perfecto estado de limpeza.