INFORME DE RESULTADOS do Estudo Integral Preliminar sobre as limitacións antropoxénicas á produción marisqueira na Ría de Arousa.

Similar documents
Cobertura do bosque de ribeira do Sar e Sarela no concello de Santiago de Compostela

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE PONTECESURES. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Xaneiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado CONCELLO DE. Pacto Territorial de Emprego do Salnés. Febreiro 2010

Informe mensual do paro rexistrado

Queres formar parte? Converter Galicia nun destino para gozar en familia

A experiencia do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ana B. Pardo documentalista ambiental do CEIDA

O SIGNIFICADO DO DEBUXO: DETECCIÓN E PREVENCIÓN DE POSIBLES TRASTORNOS OU MALOS TRATOS NO ÁMBITO SOCIOFAMILIAR

Mapa de accidentalidade

O relevo e as costas de Galicia

O CO CO PO HUMANO E O MOVEMENTO

O SOFTWARE LIBRE NAS EMPRESAS INFORMÁTICAS DE GALIZA

Absorbentes solo aceites

A DEMANDA TURÍSTICA EN GALICIA. O PROBLEMA DA CONCENTRACIÓN

MARCO XERAL I + i Catalizador: Recursos Públicos CRECEMENTO UNIVERSIDADES CENTROS DE INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA /VALORIZACIÓN INTERNACIONALIZACIÓN AS

El Mapa Gallego de Radón Residencial. Una clasificación de Galicia según los niveles de riesgo de contaminación por radón de los domicilios.

ORDENANZA 3.30 TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

MAQUINARIA PARA INSTALACIONES DE GRIFOS Y DISPENSADORES PORTÁTILES

Institute for Public Opinion Research, Florida International University The Brookings Institution Cuba Study Group

Documento Executivo. Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago

O día 12 de marzo de 2018, reúnense os membros do tribunal:

Resto de Europa. Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Decembro de 2006.

AS RUTAS DO ROMÁNICO. Las Rutas del Románico The Romanesque Routes

ANEXO D. XUSTIFICACIÓN TÉCNICA AVALIACIÓN FINAL

Wildlife and Vegetation Fauna y Vegetación

Desarrollo Web en Entorno Cliente. Curso

CHESTERFIELD COUNTY BOARD OF SUPERVISORS Page 1 of 1 AGENDA. Item Number: 15.C.

O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

CONCENTRACIÓN PARCELARIA PERIURBANA

FAMILY INDEPENDENCE ADMINISTRATION Seth W. Diamond, Executive Deputy Commissioner

Rede de Estacións de Referencia GNNS en Tempo Real RTK

Youth Workshop/Taller de Jovenes

Revista Galega de Economía Vol (2018

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE MARZO DE 2015

Travel Accommodations

76 praias galegas teñen alto risco de sufrir inundacións

COMMUNITY CONVERSATION: POLICE SERVICES AND LEADERSHIP

Villasante, C.S.; García Negro, M.C.; Carballo, A. Rodríguez, G.

Climate Risk Management: Perspectives from South America

7.1 Os recursos locais

Para ser tomadas en cuenta las tareas deben de ser presentadas con las siguientes características:

FLOW AND CLIMATIC VARIABILITY ON A SOUTHAMERICAN MID-LATITUDE BASIN: RÍO ACONCAGUA, CENTRAL CHILE (33ºS)

The Digital Transformation of Managing Aviation Data A Commercial Data Supplier View

PARTE II: Análise dos Sistemas de Administración de Terras en Galicia e diagnose de estado para o apoio á Xestión de Terras

O USO DUNHA COTA VARIABLE DE ROYALTY PARA PRESERVAR AS RESERVAS DE PETRÓLEO

FUTURE HIGH CAPACITY TRANSIT CORRIDORS FUTUROS CORREDORES DE TRANSPORTE DE ALTA CAPACIDAD

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Degree in Business Administration and Management

BÁSICAS/BASIC 5 CLÁSICAS/CLASSIC 8 MODERNAS/MODERN 11 ESCLUSIVAS/EXCLUSIVE 14 TEMÁTICAS/THEMED 20 MARINERAS/NAUTICAL 30 ALAMBIQUES/STILLS 33

Networking Showcase Festival Trade Fair Conference Film Screenings Awards virtualwomex

WHAT IS AN ALTERNATIVES ANALYSIS STUDY?

Fecha: Socialización final de la tesis de grado.

A Coruña, 13 de maio Pablo Arias. Docente e Investigador UDC Grupo de Neurociencia e Control Motor. NEUROcom UDC

ACTUACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA FRONTE AOS POSIBLES EFECTOS DAS ALTAS TEMPERATURAS SOBRE A SAÚDE

ECONOMÍA APLICADA 13

A DEMANDA DE CRÉDITO HIPOTECARIO EN ESPAÑA: ESPECIAL REFERENCIA Á SITUACIÓN GALEGA

ANALYSIS OF THE INTEGRATION OF PHOTOVOLTAIC SOLAR GENERATION AND THE ELECTRIC VEHICLE FOR A RESIDENTIAL CONSUMER ABSTRACT

2 Universidad Cooperativa de Colombia. Sede Bogotá. Correspondence:

La Casa De Riverton (Spanish Edition) By Kate Morton READ ONLINE

PROCEDEMENTO P -PRL 21 ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DE OBXECTIVOS DO SISTEMA DE XESTIÓN PRL

a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en galicia

Comisión de usuarios. 9 de DECEMBRO de 2010 Orden do día:

High Capacity Transit System Sistema de Transporte de Gran Capacidad

La Guerra Y La Paz (Spanish Edition) By Leon Tolstoi

Ata onde chegan os modelos. Xornada do Consello da Cultura Galega 7 Nov 2013 Maria Loureiro

A minería do wolframio en Galicia durante o século XX

INTER-AMERICAN TROPICAL TUNA COMMISSION COMISIÓN INTERAMERICANA DEL ATÚN TROPICAL

OS ÚLTIMOS ANOS DA FORMACIÓN DO PROFESORADO DE SECUNDARIA NO INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PLAN PROXECTA: XERMOLÓN 1º DE ESO IES ANXEL FOLE


MA PROGRAMME IN ENGLISH LITERATURE AND LINGUISTICS CALENDAR AND SCHEDULE LAST UPDATE: 2 de October de 18, 9:55

A lexislación que regula a formación profesional inicial en Galicia: cambios e novas propostas

Manual de usuario GaIA eempresas. Manual de usuario do módulo eempresas de GaIA Elaborado por Teimas Desenvolvemento.

A LIBERALIZACIÓN DO MERCADO DO GAS

TALLER TÉCNICO: ESTUDIO OMT-WTCF sobre RENDIMIENTO DEL TURISMO URBANO

Safety Automation Builder

THE CENTRE FOR INTERPRETATION AS AN INSTRUMENT FOR HERITAGE AND DEVELOPMENT

DOWNLOAD OR READ : LAS CIUDADES CITIES CITIZENS AND CIVILIZATIONS COLECCION PDF EBOOK EPUB MOBI

WATERS GLOBAL SERVICES CUSTOMER FOCUS/OPERATIONAL EXCELLENCE PROGRAM

Proyectores P NE

XEFATURA DO ESTADO LEI 39/2006, do 14 de decembro, de promoción. Disposición adicional quinta. Protección de datos de carácter persoal.

Tourism planning, promotion and environmental sustainability: the case of Spain

ETAPADECONTROLYSENSADODELPOLICROMADORMEMS

St. Stephen s News WEEK AT A GLANCE ATTACHMENTS THE GOOD NEWS IN KINDERGARTEN. BLESSING OF THE ANIMALS Tuesday, October 4th 8:05am

A NATUREZA DA COMPETENCIA NO MERCADO DE AUDITORÍA: UNHA AVALIACIÓN DA LITERATURA 1

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2015 e primeiro semestre do Informe sobre a situación da competencia en Galicia

BienvenidosaSevila,capitaldeAndalucíayunadelasciudadesmásbonitasyalegresdelmundo!

El Mundo Del Petróleo. Origen, Usos Y Escenarios (La Ciencia Para Todos / Science For All) (Spanish Edition) By Ortuño Arzate Salvador

Sumario. Nº11 /Juniode2008. Página1. Página3 Porquébajaeldólarysubióla tasa? PorLeonardoPerichinsky

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

ACTIVIDADE ECONÓMICA, ESTRUTURA PRODUTIVA E EMPREGO NO VAL DO CAUCA 1

Curriculum Vitae. Contact Information , ext Education

Apliques A BL

III DÚATLON ELEUTERIO BALAYO CONCELLO DE MUROS REGULAMENTO

... CUARTOCONGRESOINTERNACIONALDEINVESTIGACIÓNdelaFacultaddePsicologíadelaUniversidadNacionaldeLaPlata

PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE...

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS PAPELIÑOS-4 ANOS- MÉTODO COMPLETO. EDITORIAL XERAIS. CAMPUZANO Mª DOLORES. ANO ISBN:

EMIGRACIÓN DE RETORNO NA GALICIA INTERIOR. O CASO DE ANTAS DE ULLA

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2017 (1º semestre) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25081

O PAPEL DA EMPRESA PÚBLICA INDUSTRIAL NO DESENVOLVEMENTO REXIONAL

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Transcription:

INFORME DE RESULTADOS do Estudo Integral Preliminar sobre as limitacións antropoxénicas á produción marisqueira na Ría de Arousa. Miniproxecto 3: Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro dos lombos do Ulla; modelado da relación salinidade mortalidade e estima do impacto económico 11 Decembro 2015

Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla Autores: José Manuel Parada Encisa Doutor en Bioloxía Sebastián Villasante Grupo de Investigación Análisis e Investigación de Mercados e Instituciones Universidad de Santiago de Compostela Manuel Antelo Grupo de Investigación Análisis e Investigación de Mercados e Instituciones Universidad de Santiago de Compostela Ricardo Beiras coordinador 1

Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla ÍNDICE DE CONTIDOS 1. Resumo executivo.....3 2. Eventos de salinidades baixas que puideran ter influído nas mortalidades rexistradas.4 3. Estimación das perdas económicas....20 2

Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla 1. Resumo executivo A presente memoria recolle os resultados das variacións de salinidade ocorridas nos Lombos do Ulla entre 2012 e 2014 e rexistradas por un sensor do Centro de Investigacións Mariñas (Parada et al., en prensa), e as compara coas variacións de salinidade esperables en función das variables meteorolóxicas. As discrepancias encontradas entre ámbalas dúas series de datos foron asociadas ás variacións do nivel de ocupación do encoro de Portodemouros. En termos de salinidade derivada exclusivamente da meteoroloxía, o ano hidrolóxico de 2013 foi especialmente abondoso en eventos de salinidades críticas, e equivalente a 2006 e 1993. En 2014, o número de eventos de salinidades críticas esperados en función da meteoroloxía foron equiparables aos de anos sen eventos especiais de mortalidade. Sen embargo, a regulación de caudais dos encoros da bacía puido ter incrementado o número de eventos de salinidades críticas. Deste xeito, a situación das poboacións de moluscos bivalvos púidose ver agravada non só polas chuvias de 2013, senón tamén pola evolución da salinidade en 2014 e a súa influencia sobre as poboacións xa mermadas. Partindo dos topes diarios de capturas para cada unha das especies, os permex autorizados e os días máximos de extracción establecidos nos Planes Específico de Explotación de Moluscos Bivalvos para o ano 2014, obtense o total de capturas esperadas para dito ano. A estimación de perdas económicas anuais para o marisqueo nos Lombos do Ulla correspóndese coa afectación de todas as especies, acadando os 1.499.092. Esta estima basease en perdas económicas directas derivadas da mortalidad de moluscos bivalvos observadas durante o período 2013 2014, excluíndo as perdas económicas indirectas, así como as perdas financeiras e as perdas futuras. 3

Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla 2. Eventos de salinidades baixas que puideran ter influído nas mortalidades rexistradas 4

Rexistro de eventos de salinidades baixas que pudieran ter influído nas mortalidades rexistradas no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla. 1.- RESUMO En 2012 foi desenrolado no Centro de Investigacións Mariñas da Consellería de Pesca un modelo capaz de explicar a salinidade na auga de fondo do esteiro do río Ulla en función da precipitación neta na bacía do río Ulla; a dirección e forza do vento no esteiro e a amplitude da marea. As estimacións de salinidade do período 1961 2009 foron asociados aos episodios de mortalidade de bivalvos registrados no mesmo periodo nos bancos marisqueiros e parques de cultivo dos Lombos do Ulla. Como resultado daquel estudio (Parada et al., 2012) foron identificados determinados umbrais de salinidade, en intensidade e duración, asociados a diferentes rexistros de mortalidade. O modelo foi aplicado como ferramenta de identificación de episodios de salinidade baixa causada polas variables meteorolóxicas, capaces de explicar eventos de mortalidade sobrevenidos. A presente memoria recolle os resultados das variacións de salinidade ocurridas nos Lombos do Ulla entre 2012 e 2014 e rexistradas por un sensor do Centro de Investigacións Mariñas (Parada et al., en prensa), e as compara coas variacións de salinidade esperables en función das variables meteorolóxicas. As discrepancias encontradas entre ámbalas dúas series de datos foron asociadas ás variacións do nivel de ocupación do encoro de Portodemouros. Durante o inverno de 2012 2013, rexistrouse unha sucesión de até 5 eventos de salinidades críticas que, inda que probablemente moderados, ao ser tan próximos e sucesivos no tempo puideron ter causado, en conxunto, unha mortalidade severa no banco. Durante o inverno de 2013 2014, a salinidade estivo por debaixo de 30 unidades durante un periodo de, como mínimo 63 días só interrumpido en 3 ocasións illadas dun só día. Ademais acadáronse valores de salinidade 0 na auga de fondo durante a pleamar en, polo menos, 4 ocasións de entre 2 e 3 días consecutivos. Esta situación é equiparable á doutros episodios rexistrados nos anos 70 e 80 e no ano 2000, nos que as mortalidades no banco foron prácticamente totais. En termos de salinidade derivada exclusivamente da meteoroloxía, o ano hidrolóxico de 2013 foi especialmente abondoso en eventos de salinidades críticas, e equivalente a 2006 e 1993. En 2014, o número de eventos de salinidades críticas esperados en función da meteoroloxía foron equiparables aos de anos sen eventos especiais de mortalidade. Sen embargo, a regulación de caudais dos encoros da bacía puido ter incrementado o número de eventos de salinidades críticas. Deste xeito, a situación das poboacións de moluscos bivalvos púidose ver agravada non só polas chuvias de 2013, senón tamén pola evolución da salinidade en 2014 e a súa influencia sobre as poboacións xa mermadas. 1

2.- OBXECTIVOS Analizar as variacións de salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla. Identificar episodios de salinidade baixas susceptibles de ter causado mortalidades no banco marisueiro. Estudiar as discrepancias dos episodios de salinidade baixa observados frente aos esperados en función das condicións oceanográfico meteorolóxicas e a relación coa dinámica de retención de caudais do encoro de Portodemouros. 3.- METODOLOXÍA 3.1.- Series de datos As series de datos empregadas agrúpanse en tres conxuntos en función da súa utilización para esta memoria. Rexistros de salinidade media diaria da auga de fondo durante a pleamar nos Lombos do Ulla. Esta serie de datos foi recollida de Parada et al. (en prensa). No citado artículo recóllense os rexistros de salinidade e temperatura en diferentes bancos marisqueiros realizados no Centro de Investigacións Mariñas da Consellería do Medio Rural e do Mar. A salinidade da auga de fondo durante a pleamar foi determinada como a salinidade crítica na supervivencia dos moluscos bivalvos en eventos de elevadas precipitacións (Parada et al., 2012). Esta serie de datos será referida na presente memoria como salinidade observada. Datos para a estimación da salinidade. O modelo de salinidade empregado para estimar a salinidade esperada no banco marisqueiro require varias variables: precipitación neta na bacía do Ulla (calculada a partir dos datos de precipitación bruta recollidos de Meteogalicia nas estacións de Mouriscade e Corón, e das características xeográficas e edafolóxicas da bacía); dirección e forza do vento no esteiro (datos de Metogalicia na estación meteorolóxica de Corón) e amplitude da marea (datos do mareógrafo do porto de Vilagarcía). O modelo foi desenvolvido tomando como referencia datos empíricos da salinidade da auga de fondo durante a pleamar nos Lombos do Ulla entre decembro de 2002 e novembro de 2003 e validade cunha serie de datos obtidos de igual xeito entre decembro de 2003 e xaneiro de 2006 (Parada et al., 2012). Variación da porcentaxe de ocupación no encoro de Portodemouros. Esta serie de datos, mantida por Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras), foi empregada para intentar dilucidar a influencia do encoro no réxime de caudais do río Ulla. Sen embargo, é unha medida indirecta do mesmo e non 2

sempre está relacionado co réxime de precipitacións xa que a retención ou liberación de augas no encoro depende non só das precipitacións, senón tamén da ocupación previa do mesmo, das pevisións de precipitación e das necesidades enerxéticas. Inda que augas abaixo deste encoro se atopa outro encoro máis (Touro) a capacidade deste segundo é moi reducida frente á do primeiro, de xeito que podería asumirse que o de Portodemouros ten maior influencia no réxime de caudais do río Ulla. 3.2.- Episodios de mortalidade O modelo de salinidade foi empregado para reconstruír a evolución da salinidade no banco marisqueiro dende 1961 e poder así catalogar os episodios de mortalidade rexistrados dende 1977 segundo as características dos eventos de salinidades baixas coincidentes con eles (Parada et al., 2012). No citado estudio os diferentes episodios de mortalidade rexistrados no banco marisqueiro dende 1977 foron catalogados en dos grupos: mortalidade severa e moderada. Definíronse como episodios de mortalidade severa os que tiveran implicado tasas de mortalidade de berberecho e/ou ameixa babosa superiores ao 50% e superiores ou iguais ao 15% para ameixa fina e/ou ameixa xaponesa. Foron consierados episodios de mortalidade moderada os que implicaron taxas de mortalidade de berberecho inferiores ao 50% e ao 15% para as ameixas fina e xaponesa. Os episodios de mortalidade moderada poden coincidir con moi altas taxas de mortalidade de ameixa babosa, consideradas normais en esteiros someros durante outono e inverno (Sebe et al. 2001) De xeito resumido, os episodios de salinidade moderada coincidiron con salinidades da auga de fondo durante a pleamar inferiores a 10 UPS durante 1 día ou inferiores a 15 durante 3 días consecutivos (Táboa 1). Os episodios de salinidade severa coincidiron con valores de salinidade inveriores a 10 e 15 UPS durante 7 e 9 días respectivamente. Sen embargo valores mínimos de salinidade máis elevados que os anteriores tamén estiveron asociados a episodios de mortalidade cando persistían durante un período máis longo de días (Táboa 1). Os episodios de mortalidade severa tamén poden ser clasificados en dous tipos (tipo I e II) segundo a intensidade da baixada de salinidade (Táboa 1). 3

Tabla 1.- Valor medio e límites do intervalo de confianza ao 95% (L1 e L2) das variables que definen os períodos de baixa salinidade previos a cada grupo de episodios de mortalidade. MIN, salinidade mínima; <5; <10; <15; <20 y <25, máximo número de días consecutivos con salinidade inferior a 5, 10, 15, 20 e 25 UPS respectivamente. Mortalidade Moderada MIN <5 <10 <15 <20 <25 Salinidade media 11.2 0 1 3 6 18 L1 15.1 1 2 4 8 22 L2 7.3 0 0 1 3 15 Mortalidade Severa Salinidade media 2.0 4 7 9 13 24 L1 3.5 6 8 11 14 28 L2 0.4 2 5 7 11 20 Mortalidade Severa de tipo I Salinidade media 3.8 1 5 9 13 29 L1 5.1 2 6 11 14 31 L2 2.6 0 4 6 12 27 Mortalidade Severa de tipo II Salinidade media 0.1 7 9 10 12 19 L1 0.2 8 10 13 15 23 L2 0.0 6 7 7 10 15 4.- RESULTADOS Co obxectivo de visibilizar a época de chuvias no seu conxunto, expóñense os datos por periodos de 13 meses (de xuño a xuño) de dous anos consecutivos. 4.1.- Salinidades observadas Durante o periodo 2011 2012 non foi rexistrado ningún evento de salinidades que puideran resultar perigosas (Figura 1A). Entre decembro de 2012 e abril de 2013 rexistráronse 5 eventos de salinidades baixas susceptibles de causar mortalidades no banco marisqueiro. O evento sinalado na figura 1B como evento 1 acadou, na súa primeira fase (1a) unha salinidade mínima de 2.2 unidades o 22 de decembro e na segunda (1b) un valor mínimo de 8.2 o 31 de decembro. Tomado no seu conxunto, o evento 1 extendeuse dende o 15 de decembro ao 2 de xaneiro. Neste periodo, en ningún momento a salinidade na pleamar subeu de 25 unidades durante 19 días consecutivos, polo que pode ser considerado un evento susceptible de ter causado mortalidades moderadas no banco. A pesar dos valores mínimos acadados, os valores de salinidade por debaixo dos demais umbrais non se mantiveron sostidos durante o tempo necesario para poder considerar a este evento como posible causante de mortalidades severas (Táboa 2). Entre os días 18 e 25 de xaneiro, rexistrouse outro evento de salinidades baixas (evento 2 na figura 1A). Neste evento a salinidade da auga de fondo durante a pleamar 4

mantívose 8 días consecutivos por debaixo de 25 unidades e 5 días por debaixo de 20 (Táboa 2), co que podería ser considerado susceptible de ter causado mortalidades moderadas, sobre todo, o estar intercalado nun periodo de tiempo moi curto entre o evento 1 e o 3. Durante o evento 3 a salinidade permaneceu por debaixo de 25 unidades durante 7 días (do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro) e por debaixo de 5 (valor mínimo de 3.1) durante 2 días consecutivos. Este evento pode ser considerado susceptible de ter causado mortalidades moderadas ou incluso severas (tipo I), debido a que a salinidae entrou no rango do intervalo de confianza dos eventos de mortalidade severa de tipo I, pero, sobre todo, pola súa proximidade aos eventos 1 e 2 (Táboa 2). No evento 4 a salinidade acadou un valor mínimo de 2.6 un único día e se mantivo por debaixo de 25 dende o 20 de marzo até o 4 de abril de 2013 (16 días consecutivos), dous días por debaixo de 10 e 1 día por debaixo de 5. Este evento pode considerarse tamén nunha situación intermedia entre os causantes de mortalidades moderadas e mortalidades severas de tipo I (Táboa 2). O evento 5 extendeuse dende o 8 ao 17 de abril de 2013 con salinidades inferiores a 25 unidades (10 días). Neste evento acaudouse unha salinidade mínima de 2.6 e as saliniades foron inferiores a 5 durante un único día. Atendendo aos umbrais de salinidade sostida no tempo, pode considerarse un evento probablemente causante de mortalidades moderadas. Táboa 2.- Eventos de mortalidade no inverno 2012 2013 e número de días consecutivos nos que a salinidade estivo por debaixo dos umbrais de 5, 10, 15, 20 e 25 unidades. A numeración dos eventos correspóndese coa da figura 1. Evento Inicio <5 <10 <15 <20 <25 Tipo de Mortalidade 1 15/12/2012 1 3 7 8 19 Moderada 2 18/01/2013 0 0 1 5 8 Moderada 3 27/01/2013 2 3 4 7 7 Moderada 4 20/03/2013 1 2 2 6 16 Moderada 5 08/04/2013 1 3 5 7 10 Moderada No inverno de 2013 2014 rexistráronse 3 eventos de salinidades baixas potencialmente causantes de mortalidades no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla. O primeiro evento, denominado evento 6 na figura 2A, rexistrou salinidades por debaixo de 25 unidades a partir do día 23 de outubor de 2013 e consecutivamente durante 6 días. Inda que o valor mínimo acadado foi de 13.2, a salinidade so permaneceu por debaixo de 15 unidades durante 1 día (Táboa 3). Podería considerarse un evento susceptible de ter causado mortalidades moderadas pero con baixa probabilidade ao estar illado doutros eventos. O segundo evento dese inverno sinálase como evento 7 na figura 2A. Consta de tres picos pero o máis destacable é o terceiro (7c) no que a salinidade baixou de 25 unidades o día 30 de decembro de 2013 e permaneceu por debaixo de 15 durante 7 días consecutivos, por debaixo de 10 durante 5 días e por debaixo de 5 durante 3 días. Este evento foi susceptible de ter causado mortalidades severas no banco (Táboa 2), máxime ao estar precedido por dous picos de posible mortalidade moderada. 5

O terceiro dos eventos de baixa salinidade producíuse a partir do 13 de xaneiro de 2014. A salinidade estivo dende esa data até polo menos o 24 de febreiro, por debaixo do umbral de 25 unidades (32 días). Este evento estivo formado por unha sucesión de caídas da salinidade, con dous primeiros picos por debaixo de 10 unidades e cunha sucesión de valores de 0, cando menos en tres ocasións. De feito, os rexistros foron interrompidos por valores fóra de rango e o 24 de febreiro o sensor houbo de ser retirado para a súa limpeza e posta a punto. Neste evento chegaron a acumularse valores de salinidade por debaixo de 5 durante 7 días consecutivos (Táboa 2). Pode ser cualificado como un evento susceptible de ter provocado mortalidades severas no banco. Eventos semellantes foron rexistrados con anterioridade no mesmo banco en febreiro de 1977, decembro de 1978, outubro de 1987, decembro de 1989 e decembro de 2000 e en todos rexistráronse mortalidades totales ou superirores ao 90% en tódalas especies de moslucos comerciais (Parada et al., 2007; Parada et al., 2012 ). Táboa 2.- Eventos de mortalidade no inverno 2013 2014 e número de días consecutivos nos que a salinidade estivo por debaixo dos umbrais de 5, 10, 15, 20 e 25 unidades. A numeración dos eventos correspóndese coa da figura 2. Evento Inicio <5 <10 <15 <20 <25 Tipo de Mortalidade 6 23/10/2013 0 0 1 2 6 Moderada 7 30/12/2014 3 5 7 16 18 Severa 8 13/01/2014 7 11 16 22 32 Severa Durante o inverno de 2014 2015 só se rexistrou un evento que acadara salinidades inferiores a 15 unidades e foi curto (7 días por debaixo de 25 e 2 por debaixo de 15) e illado (evento 9 na figura 2B). 4.2.- Correspondencia entre salinidades observadas e as esperadas en función da meteoroloxía As discrepancias observadas entre a salinidade esperada segundo o modelo e as salinidades observadas poden agruparse en 3 tipos diferentes: Eventos non reflectidos: Caídas de salinidades que non se viron reflectidas no rexistro de salinidades observadas. Eventos amortecidos: Caídas de salinidades esperadas segundo o modelo e reflectidas no rexistro de observacións, pero con menor intensidade que a que correspondería segundo a meteoroloxía. Eventos amplificados ou non esperados: Caídas de salinidade no rexistro de valores observados coincidentes con valores crecentes de salinidades ou salinidades altas na serie de datos esperados segundo a meteoroloxía. Inda que polo seu carácter illado e a súa baixa intensidade probablemente non tería causado mortalidade, entre os eventos non reflectidos destacaron os seguintes: 6

- Evento a.- A meteoroloxía rexistrada en outubro de 2011 faría esperar a presenza dun evento de salinidades baixas puntual (Figura 1A) pero susceptible de ter causado mortalidades moderadas; cun valor mínimo de 8.4 e 3 días consecutivos con salinidades por debaixo de 15. - Evento b (Figura 2B).- En setembro de 2014; debería ter acadado unha salinidade mínima de 5.9 e 3 días consecutivos por debaixo de 10 unidades. Podería ter causado unha mortalidade moderada. - Evento c (Figura 2B).- En outubro de 2014; salinidade mínima de 14 unidades e 7 días por debaixo de 25 unidades. Podería ter causado mortalidades moderadas pero con pouca probabilidade - Evento d (Figura 2B) en febreiro de 2015: salinidade mínima de 14.5 e 5 días por debaixo de 25 unidades. Inda que chega ao umbral que define os eventos susceptibles de causar mortalidades moderadas, trátase dun evento moi feble. Tódalas discrepancias desta tipoloxía produxíronse cando a porcentaxe de ocupación do encoro de Portodemouros estaba perto ou por debaixo do 70%. Probablemente non se rexistraron salinidades baixas na serie de datos observados porque as precipitacións caídas na bacía foron retidas e aproveitadas para incrementar a ocupación do encoro. Entre os eventos amortecidos destacan o 1a e o 2 en xaneiro de 2013 (Figura 1B), o 6 en outubro de 2013 que podería ter causado mortalidades severas (Figura 2A) e o 9 en novembro de 2014. Estas discrepancias coincidiron con importantes incrementos na porcentaxe de ocupación do encoro. Probablemente gran parte das precipitacións foron retidas no encoro, pero a súa intensidade foi suficiente como para que se fixeran notar no rexistro de salinidades observadas. Entre os eventos amplificados ou non esperados destacan o 1b en xaneiro de 2013; o 3 en febreiro de 2013; toda a serie de caídas do evento 4 en abril de 2013 e o 5 en maio de 2013 (Figura 1B); o pico principal do evento 7 en xaneiro de 2014 (7c) e tódolos picos do evento 8 en xaneiro e febreiro de 2014 (Figura 2A). Todas estas discrepancias coincidiron con porcentaxes de ocupación do encoro próximas ou por encima do 80%. Algúns destes eventos coincidiron con incrementos da ocupación (tal vez non suficientes), pero os máis graves coincidiron con ocupacións moi próximas ao 100%. Moi probablemente as baixas salinidades rexistradas no banco marisqueiro foron agravadas pola solta de augas dende o encoro debido á coincidencia de fortes precipitacións con taxas de ocupación próximas ao límite da capacidade do encoro. 7

5.- DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS Durante o inverno de 2012 2013, a salinidade estivo por debaixo de 30 unidades durante tres periodos de 23, 30 e 35 días, separados entre eles por non máis de 28 días nos que as salinidades tamén baixaron de 30, inda que de xeito puntual. Esta situación constitúe unha sucesión de até 5 eventos de mortalidades que, inda que probablemente moderadas, o ser tan próximos e sucesivos no tempo puideron ter causado, en conxunto, unha mortaliadde severa no banco. Durante o inverno de 2013 2014, a salinidade estivo por debaixo de 30 unidades durante un periodo de, como mínimo, 63 días só interrumpido en 3 ocasións illadas dun só día. Ademais, acadáronse valores de salinidade 0 na auga de fondo durante a pleamar en, polo menos, 4 ocasións de entre 2 e 3 días consecutivos. Esta situación é equiparable á doutros episodios rexistrados nos anos 70 e 80 e no ano 2000, nos que as mortalidades no banco foron prácticamente totais. Sen embargo, moitos destes eventos de salinidades baixas resultaron máis severos que o que cabería esperar atendendo á meteoroloxía e ao réximen de mareas. Os casos máis graves nos que os eventos de baixa salinidade observada resultaron máis acentuados ou máis persistentes no tempo, coincidiron con probables soltas de auga no encoro de Portodemouros, na maioría dos casos, derivados dunha alta ocupación do mesmo. Dende 2005, primeiro ano de disposicón de datos de ocupación na rede, até 2011, o réxime de ocupación do encoro seguía un patrón no que a auga era liberada ao superar entre o 70 e o 80% da ocupación do encoro. Sen embargo, os anos 2013 e 2014, o encoro acumulou auga por encima destes umbrais e, co incremento das precipitacións, perdeuse a capacidade de regulación do caudal (Figura 3). Este cambio no patrón do réxime de funcionamento do encoro puido ter agravado a severidade dalgún dos eventos de baixa salinidade, susceptibles de ter causado mortalidades de moluscos bivalvos no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla. Por outra banda, a salinidade esperada no banco marisqueiro, independentemente do réxime de funcionamento do encoro, depende da meteoroloxía. Cómpre destacar que o número de eventos de salinidades suficientemente baixas para causar episodios de mortalidade amosou un descenso notable nos últimos 53 anos; dende 1961 a 2014 (Figura 4A). Pero, mentres o número de eventos de salinidades susceptibles de provocar mortalidades se víu reducido notablemente, a reducción da duración media dos eventos non foi tan drásticas (Figura 4B) e, ao mesmo tempo, a salinidade mínina esperada en función da meteoroloxía, foise facendo máis elevada nos últimos anos (Figura 4C). Deste xeito, pódese dicir que nos últimos 53 anos houbo unha tendencia á reducción no número e intensidade dos eventos de salinidades perigosas. Os episodios de baixa salinidade cumpren a función de manter o estado de saúde das poboacións de organismos mariños regulando a dinámica das súas enfermidades (La Peyre et al., 2009). A tendencia observada na reducción da frecuencia e intensidade dos eventos de salinidades baixas pode favorecer o incremento da aparición de fenómenos densodependentes, como a competencia intra e interespecífica (André et al., 1993; Montaudouin y Bachelet, 1996), ou incrementos na prevalencia de axentes patóxenos (Lafferty, 2004). 8

En termos de salinidade derivada exclusivamente da meteoroloxía, 2013 foi un ano especialmente afectado por eventos de valores críticos e equivalente a 2006 e a 1993 (Figura 4A). En 2014, o número de eventos de salinidades críticas esperados en función da meteoroloxía foi equiparable aos de anos sen eventos especiais de mortalidade. Sen embargo, a regulación de caudais dos encoros da bacía puido ter incrementado o número de eventos de salinidades críticas. Deste xeito, a situación das poboacións de moluscos bivalvos púidose ver agravada non só polas chuvias de 2013, senón tamén pola evolución da salinidade en 2014 e a súa influencia sobre as poboacións xa mermadas. 9

6.- FIGURAS E TÁBOAS. 10

Figura 1.- Evolución da salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla e porcentaxe de ocupación do encoro de Portodemouros entre xuño de 2011 e xuño de 2013. Sinálanse os umbrais susceptibles de ocasionar episodios de mortalidade. 11

Figura 2.- Evolución da salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla e porcentaxe de ocupación do encoro de Portodemouros entre xuño de 2013 e maio de 2015. Sinálanse os umbrais susceptibles de ocasionar episodios de mortalidade. 12

mm 160.00 140.00 120.00 100.00 80.00 60.00 40.00 20.00 0.00 Precipitación acumulada (mm) % Ocupación Portodemouros - Río Ulla % 100 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 04/12/2005 08/01/2006 05/02/2006 05/03/2006 02/04/2006 01/05/2006 28/05/2006 25/06/2006 23/07/2006 20/08/2006 17/09/2006 15/10/2006 12/11/2006 10/12/2006 07/01/2007 04/02/2007 04/03/2007 01/04/2007 01/05/2007 27/05/2007 24/06/2007 22/07/2007 19/08/2007 17/09/2007 15/10/2007 12/11/2007 10/12/2007 07/01/2008 04/02/2008 03/03/2008 31/03/2008 28/04/2008 26/05/2008 23/06/2008 21/07/2008 18/08/2008 15/09/2008 13/10/2008 10/11/2008 09/12/2008 05/01/2009 02/02/2009 02/03/2009 30/03/2009 27/04/2009 25/05/2009 22/06/2009 20/07/2009 17/08/2009 14/09/2009 13/10/2009 09/11/2009 01/12/2009 28/12/2009 mm Portodemouros - Río Ulla % 250 Precipitación acumulada (mm) % Ocupación 200 150 100 50 0 100 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0 04/01/2010 01/02/2010 01/03/2010 29/03/2010 26/04/2010 24/05/2010 28/06/2010 26/07/2010 30/08/2010 27/09/2010 25/10/2010 22/11/2010 20/12/2010 17/01/2011 14/02/2011 14/03/2011 11/04/2011 09/05/2011 06/06/2011 04/07/2011 01/08/2011 29/08/2011 26/09/2011 24/10/2011 14/11/2011 12/12/2011 09/01/2012 06/02/2012 05/03/2012 02/04/2012 30/04/2012 28/05/2012 25/06/2012 23/07/2012 20/08/2012 17/09/2012 15/10/2012 12/11/2012 10/12/2012 07/01/2013 04/02/2013 04/03/2013 01/04/2013 29/04/2013 27/05/2013 25/06/2013 29/07/2013 26/08/2013 23/09/2013 21/10/2013 18/11/2013 16/12/2013 13/01/2014 10/02/2014 10/03/2014 07/04/2014 05/05/2014 02/06/2014 30/06/2014 28/07/2014 25/08/2014 22/09/2014 20/10/2014 24/11/2014 22/12/2014 Figura 3.- Evolución do réxime de ocupación semanal do encoro de Portodemouros e precipitacións semanais en Mouriscade. A liña vermella sinala o nivel de ocupación do 75%. 13

Nº eventos Días 25 20 15 Eventos por quiquenio B Número eventos Duración eventos 9 8 7 6 5 4 3 2 1 0 A 1961 1964 Eventos de salinidade crítica para mortalidades moderadas 1967 1970 1973 1976 1979 1982 1985 1988 1991 Nº de eventos / ano Tendencia en media móvil Tendencia lineal 1994 1997 2000 2003 2006 2009 2012 10 5 0 0 5 quinquenio 10 15 Salinidade mínima do quiquenio 5 C 4 3 2 1 0 0 5 quinquenio 10 15 Figura 4.- A, Evolución dos eventos de salinidade esperada con valores susceptibles de provocar eventos de mortalidade nos súltimos 54 anos. B, Evolución do número total e duración media dos eventos agrupados por quiquenios dende 1961. C, Evolución da salinidade esperada mínima de cada un dos quinquenios dende 1961, nos Lombos do Ulla durante a pleamar. Os anos fan referencia a anos hidrolóxicos (do 1 de outubro ao 30 de setembro). 14

7.- BIBLIOGRAFÍA Alber, M. 2002. A conceptual model of estuarine freshwater inflow management. Estuaries, 25(6B): 1246 1261. Lafferty, K.D. 2004. Fishing for lobsters indirectly increases epidemics in sea urchins. Ecological Applications, 14 (5): 1566-1573. La Peyre, M.K.; Gossman, B. & La Peyre, J.F. 2009. Defining optimal freshwater flow for oyster production: Effects of freshet rate and magnitude of change and duration on eastern oysters and Perkinsus marinus infection. Estuaries and Coasts. 32: 522 534. Montaudouin, X. & Bachelet, G. 1996. Experimental evidence of complex interactions between biotic and abiotic factors in the dynamics of an intertidal population of the bivalve Cerastoderma edule. Oceanologica Acta, 19 (3-4): 449-463. Parada, J.M.; Molares, J. e Otero, X. 2.007. Episodios de mortalidad en el banco marisquero Lombos do Ulla (Rías de Arousa NO de España) deducidos a partir de datos meteorológicos de los últimos 45 años. En A. Cerviño, A. Guerra y C. Pérez (Eds.), Actas del XI Congreso Nac. Acuicult. 2: 943-946. Parada, J.M.; Molares, J. & Otero, X. 2012. Multispecies Mortality Patterns of Commercial Bivalves in Relation to Estuarine Salinity Fluctuation. Estuaries and Coasts. 35(1): 132-142. Parada, J.M.; No, E.; Iglesias, D.; Miranda, M.; Martínez, G. y García-Alves, L. En prensa. Temperatura y salinidad en los banco marisqueros de Placeres, Cabío, Sarrido, Bohído y Lombos do ulla entre 2011 y 2014. Rías de Pontevedra y Arousa. Galicia. Revista Galega dos Recursos Mariños. Sebe, M.P.; Cabada, A.; Coo, A.; García, A y Martínez, M. 2001. Dinámica de poblaciones naturales de almeja babosa Venerupis pullastra (Montagu, 1803) en la Ría de Arousa. Galicia. Monografías del ICCM 4: 112 117. Asdo. José Manuel Parada Encisa Doutor en Bioloxía, colexiado Nº 15637-X En Padrón, a 25 de setembro de 2015 15

Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla 3. Estimación de pérdidas económicas derivadas de la mortalidad de moluscos bivalvos en los bancos de Lombos de Ulla Grupo de Investigación Análisis e Investigación de Mercados e Instituciones Universidad Santiago de Compostela (USC) (Prof. Sebastian Villasante/Manel Antelo). 3.1. Introducción Este informe tiene como finalidad complementar los resultados alcanzados en Parada (2015) que tuvo como objetivo analizar las variaciones de salinidad en el banco marisquero de Lombos de Ulla e identificar episodios de salinidad bajas susceptibles de generar mortalidades en el banco marisquero. La valoración de daños económicos asociados a eventos naturales con efectos en el desarrollo de actividades económicas puede proporcionar información esencial para la gestión de los recursos. Puede ser, además, un instrumento para la toma de decisiones para evaluar el nivel óptimo de protección de una zona natural (Doldán García et al. 2011). En este sentido, el objeto específico de este informe consiste en estimar las pérdidas económicas directas derivadas de la mortalidad de moluscos bivalvos observadas en los bancos de Lombos de Ulla durante el período 2013 2014, excluyendo las pérdidas económicas indirectas, así como las pérdidas financieras y las pérdidas futuras. Aunque sólo se presentan las pérdidas a corto plazo, hay que tener en cuenta que la valoración de las pérdidas totales debería prestar atención no sólo a un año sino a todo un período temporal mayor, así como al impacto sobre otras actividades económicas que ofertan o demandan bienes y/o servicios al marisqueo que se desarrolla en la zona de estudio. 3.2. Estimación de las pérdidas económicas comerciales directas En este informe sólo se estiman las pérdidas económicas directas como consecuencia de la afectación de la actividad marisquera en la zona de Lombos de Ulla. Pero los recursos naturales afectados eventos de mortalidad natural prestan además servicios no comercializables cuyos valores no se determinan por el juego de la oferta y la demanda (Villasante et al. 2009). Son valores que la sociedad atribuye a estos recursos, pero que por su carácter de bienes públicos no se manifiestan a través de precios de mercado. Los hábitats de las playas y el litoral sirven de soporte a un sin número de actividades que no están sometidas a las leyes del mercado y que, por lo tanto, carecen de un precio cierto (Grigalunas et al. 2001). El medio es además soporte de la vida de numerosos organismos que no se compran ni se venden en las lonjas pero que la sociedad valora. A pesar de no tener precio, el valor social de algunas de esas especies afectadas podría ser muy elevado, precisamente por su escasez en las costas gallegas. No existen mercados para el disfrute de la calidad del agua, del aire, de las playas, etc., en la zona de pesca afectada. Sin embargo, todos estos elementos tienen una 20

Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla expresión económica, al incorporarse en distintos procesos productivos como el turismo, el comercio, etc. Conocer el verdadero coste social de los efectos de eventos naturales exigiría identificar en términos económicos los daños causados tanto a los valores comerciales como a los no comerciales (Outeiro y Villasante, 2013). Nuestra valoración económica de los daños se centra en las pérdidas a corto plazo en los ingresos de los pescadores debido a la reducción de capturas como consecuencia de la mortalidad natural de las especies presentes en los bancos de Lombos de Ulla. Las especies incluidas en la estimación de las pérdidas económicas son almeja babosa, almeja fina, almeja japonesa y berberecho. El valor de los precios medios de estas especies ha sido recogidos de las estadísticas reportadas por la Consellería do Mar (www.pescadegalicia.com) para la lonja de Rianxo, dado que la mayor parte de las capturas procedentes de Lombos de Ulla se han venido tradicionalmente descargando en su mayor parte en este centro de venta durante los meses de septiembre abril de cada año. Partiendo de esta información referida al año 2014, se estimaron las pérdidas anuales como sigue: Donde : Pérdida anual estimada de la especie, (1) : Cantidad (en kg) esperada de producción de la especie : Precio medio ( /kg). de la especie Partiendo de los topes diarios de capturas para cada una de las especies, los permex autorizados y los días máximos de extracción establecidos en los Planes Específico de Explotación de Moluscos Bivalvos para el año 2014, se obtiene el total de capturas esperadas para dicho año. Este cálculo se basa en la consideración de que los topes de capturas establecidos por especie son los máximos que evitan la sobreexplotación del recurso y no los que los mariscadores tendrían la capacidad de extraer. La estimación de pérdidas económicas anuales para el marisqueo se corresponde con la afectación de todas las especies, alcanzando los 1.499.092 euros. A pesar de que este informe se centra en la estimación directa de las pérdidas económicas derivadas de eventos de salinidad y otros factores que pueden provocar un descenso en la biomasa comercial de las especies mencionadas, es importante destacar que el impacto económico directo e indirecto también debería extenderse a otras Cofradías de Pescadores donde pescadores desarrollan el marisqueo en Lombos de Ulla. Asimismo, hemos omitido el cálculo de las pérdidas económicas directa e indirectas ocasionadas en las impacto demás actividades económicas que ofertan o demandan bienes y/o servicios al marisqueo que se desarrolla en la zona de estudio. 21

Mortalidades por baixa salinidade no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla 3.3. Referencias bibliográficas Doldán García, X., Chas Amil, ML, Touza, J. (2011) Estimating the economic impacts of maritime port development:the case of A Coruña, Spain. Ocean and Coastal Management 54(9): 668 677. Grigalunas, TT, Opaluch, JJ, Luo, M. (2001) The economic costs to fisheries from marine sediment disposal: case study of Providence, RI, USA. Ecological Economics 38: 47 58. Outeiro, L, Villasante, S. (2013) Linking salmon aquaculture synergies and trade offs on ecosystem services to human wellbeing constituents. AMBIO 42(8): 1022 1036. Parada, JM (2015) Rexistro de eventos de salinidades baixas que puideran ter influido nas mortalidades rexistradas no banco marisqueiro dos Lombos do Ulla, 16 p. (Presente Informe) Villasante, S, Carballo Penela, A, Rodríguez, G. (2009) Estimating the economic impact of the Prestige oil spill on the Death Coast (NW Spain) fisheries, Marine Policy 33(1): 8 23. 22